Issuu on Google+

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Alumno/a: 1.- Construíuse no Taller de Tecnoloxía un coche que se move cun motor eléctrico. O coche tarda 3 s en recorrer a distancia de 1 m. Se o diámetro das rodas é de 4 cm, calcula a velocidade de xiro das mesmas. Expresa o resultado en r.p.m. e en r.p.s. Solución:  159 r.p.m. 2.- Una alumnos construíron un guindastre que pode levantar unha carga ata unha altura de 65 cm. O fío que levanta a carga enrólase nunha polea de 2 cm de diámetro. Mediron o tempo que tarda a carga en facer o percorrido, sendo este de 22,5 s. Calcula: A velocidade con que o guindastre move a carga. traballo realizado polo motor. número de voltas que da a polea para que a carga ascenda os 65 cm. Solución: 2,89 cm/s; 10,35 revolucións. 3.- Unha rapaza percorreu en bicicleta 5 Km tardando 20 minutos. Calcula as r.p.s. das rodas se o seu diámetro é de 65 cm. Solución: 2 r.p.s. 4.- Para subir unha carga de 4,3 N realizouse un traballo de 1,2 J. Determina: a masa da carga expresada en gramos altura á que subimos a carga, expresada en cm velocidade de subida, se o tempo invertido foi de 15 s a potencia do motor se a altura fose de 120 cm, ¿que tempo invertería en subila supoñendo que sube á mesma velocidade. 5.- Un pai está xogando co seu fillo cun pau de 3 m de lonxitude, tal como mostra a figura. A) ¿que tipo de panca identificas nese xogo? B) se o fillo empurra cunha forza de 100 N, ¿que forza deberá aplicar o pai para contrarrestala?


6.- A maqueta dun guindastre de construcción ten o contrapeso de 600 g colocado a 10 cm do punto de equilibrio. ¿A que distancia do punto de equilibrio pode soportar un peso máximo de 15 N? Solución: 40 cm 7.- Unha carretilla leva unha carga de 50 Kg localizada a 45 cm do eixo da roda. Se a distancia desde o eixo ata a empuñadura é de 1,6 m, calcula a forza que hai que facer para levantala. Solución: 137,8 N


http://parametrodigital.es/cadt/userfiles/files/actividades_reforzo_forzas_e_movimento