Programación Xeral Anual 1819

Page 1

A TÚA MISIÓN: POÑERTE EN CAMIÑO

Unha escola para medrar e soñar


WWW.SALESIANOSVIGO.ES Rúa Venezuela, 9 - 36203 Vigo | Tel. 986 433855 - 986 434064 mauxiliadora@salesianosvigo.es


Gustaríame que por un momento pensásedes en dúas palabras. Refírome aos adverbios si? e non?. Fixádevos que se trata de dúas palabras breves, formadas por dous sons en cada caso. Con todo, que sexan breves non significa que sexan pouco importantes, todo o contrario. Dicir “si” ou dicir “non” pode cambialo todo: quéresme? si/non; fuches ti? si/non; atréveste? si/non. Poderiamos dicir destes termos que son dúas palabras pequenas, pero atonas. Fixádevos nos xestos que facemos coa cabeza ao dicir “si” e ao dicir “non”. Para afirmar, movemos a cabeza cara abaixo, coma se levásemos o que garda a nosa boca, os nosos ollos e o noso cerebro cara ao peito. Para negar, movemos a cabeza de esquerda a dereita e viceversa, mandando fóra de nós aquilo que provoca o noso “non”. O meu corpo, ao dicir “si”, conduce cara ao corazón dun abaneo o que acepta, aprópiase diso, interiorízao; o meu corpo, ao dicir non, afasta dunha sacudida aquilo que nega. Cando digo “si” acollo; cando digo “non” coa miña cabeza, expulso. Saber dicir “si” ou saber dicir “non” é toda unha arte. Porque hai moita xente que di “si” cando sente “non” ou que di “non” cando sabe que o correcto é un “si”. O que non é capaz de dicir un “si” de corazón ou un “non” rotundo ás veces enrédase, vai por onde non ten que ir e acaba perdido. Ollo: ás veces o meu corpo pídeme “si” e a miña cabeza

Saúdo aconséllame “non” ; ollo: ás veces todo apunta cara ao “non”, pero, polo outro, merece a pena dicir que “si” . Crecer consiste en aprender a usar estes adverbios con mestría e sen medo en cada situación. Ao longo deste curso imos ter que utilizar todos (familias, alumnado, profesionais do centro) estes dous termos en innumerables ocasións, ás veces de palabra, en moitas máis ocasións de obra. Invítovos a que este exercicio só en aparencia sinxelo se transforme nunha oportunidade para seguir reafirmándonos como colexio, como comunidade educativa, que aposta (que di “si” ) por valores como a xustiza, a autonomía persoal, a acolleita, a sensibilidade, a interioridade ou a participación, mentres rexeita todo aquilo que deshumaniza, aliena ou oprime. Si? Non? Teñen as mesmas letras, pero son palabras moi, pero que moi distintas. Temos todo un ano para comprobalo. Poñamos en marcha esta insospeitada aventura moito máis alá da linguaxe. Feliz curso.


2016 2020 Para avanzar cómpre ter unha meta. E o noso cole, en sintonía co resto das casas salesianas da zona norte de España, marcouse un destino que orientará a súa acción e d u c a t i va , m a r c o u s e u n destino que orientará a súa acción educativa nos vindeiros anos. Ese horizonte final non é novo, resúmese en e d u c a r p e r s o a s comprometidas co mundo, felices e abertas a todas as dimensións do humano. Para non perdernos, queremos que cinco obxectivos nos iluminen na procura dese norte:

Un plan para catro anos OBXECTIVO 1: Actualizar o noso modelo educativo salesiano para que responda ás necesidades da mocidade actual.

OBXECTIVO 2: Coidar e acompañar as persoas para construírmos deste xeito unha auténtica comunidade educativa. OBXECTIVO 3: Responder ás necesidades da mocidade máis desfavorecida e ás propias da nosa zona. OBXECTIVO 4: Preparar a nosa escola para enfrontarse a unha realidade cambiante. OBXECTIVO 5: Aproveitar a riqueza do noso ambiente (centro xuvenil, parroquia, plataformas sociais) e, en xeral, da nosa institución (relación con outros colexios e presenzas, intercambios de experiencias…)


Liñas mestras

2018-2019

Para este curso queremos traducir os cinco grandes obxectivos en dez liñas mestras, dúas para cadanseu obxectivo: OBXECTIVO 1: UN NOVO MODELO EDUCATIVO

1.- Implantación sustentable do traballo cooperativo en todas as etapas educativas do colexio e xeneralización das tarefas integradas e mais os proxectos como opcións metodolóxicas centradas nas competencias.

2.- Deseño e aplicación sistemática dun plan de desenvolvemento das competencias dixitais no profesorado e mais no alumando.

OBXECTIVO 2: ACOMPAÑANDO AS PERSOAS

3.- Pulo de novas fórmulas de acompañamento do alumnado, sobre todo aquel que presenta máis dificultades.

4.- Elaboración e posta en práctica dun novo Plan Familia-escola, en colaboración coa ANPA, que potencie a participación das familias na vida do centro.

OBXECTIVO 3: ENRAIZADOS NA NOSA ZONA, AO CARÓN DOS QUE MÁIS NOS NECESITAN

5.- Inclusión na didáctica das materias de iniciativas abertas á nosa contorna.

6.- Mantemento da colaboración con distintas entidades relixiosas e cidadás, así como co resto dos ambientes salesianos

OBXECTIVO 4: PREPARADOS PARA UN MUNDO CAMBIANTE

7.- Reaxuste da xestión económica do centro

8.- Mellora da nosa atención ás familias e ao

aos recursos dispoñibles e procura de novas fórmulas de sustentabilidade.

a l u m n a d o , a t r a v é s d a coordinazión/vertebración horizontal e vertical dos diferentes plans, áreas e materias.

OBXECTIVO 5: TRABALLANDO EN REDE 9.- Participación en iniciativas de reflexión, coordinación e acción do mundo salesiano, sobre todo nas que garden relación con pastoral, formación, innovación e mellora da calidade da xestión.

10.- Actualización do plan de comunicación e marketing.


A TÚA MISIÓN: POÑERTE EN CAMIÑO Un día por las montañas apareció un peregrino apareció un peregrino. Iba diciendo por los caminos: - Amigo soy, soy amigo. (Ricardo Lorenzo Cantalapiedra)

O país dos mil ríos non deixa de ser tamén o país dos mil camiños. Para cadaquén garda una raiola nova o sol, e un camiño virxe, Deus. Cada ser humano, cadanseu camiño: poñámonos a elo! Outra cousa será como andar eses camiños da vida: de todos os xeitos posibles, a nós fainos latexar con entusiasmo a maneira daquel Peregrino por excelencia: Xesús de Nazaré. Convocadas e convocados á construción dunha humanidade plena que sexa boa nova de verdade, sentimos que dentro de cadaquén latexa forte a paixón polo camiño novo, pola andaina que é un camiño por percorrer, por botar a andar a aventura de ser: de ser un mesmo, unha mesma; de ser-con-outros e outras; de ser-para-o-mundo... eila misión! Toda unha aventura, sen dúbida, persoal e grupal, individual e colectiva. Porén, non queremos perder o paso, nin caer na tentación terrible dos agobios. Paseniño, de vagar... coma os bos caldos, máxime cando aínda nos arrecende, cando nos entona, cando nos acouga… o sabor da felicidade. Espabilar os oídos, as mans e o corazón, velaí a misión!


Calendario O calendario é o lugar onde se ubican e se distribúen as diversas accións que levamos adiante na tentativa de d e s e n v o l v e r o n o s o p r oxe c t o educativo. Aparecen só algunhas datas, a meirande parte da Vida do colexio non aparece nel reflectido… As datas apuntadas son unha referencia dalgúns dos elementos que se artellan ao longo do ano escolar.

Moitas das datas irán determinándose e conformándose ao longo do curso, informarase delas, oportunamente, a través das canles habituais de comunicación. A continuación podes observar unha lenda para facilitar a lectura e localización das datas xa establecidas.


setembro

novembro

outubro


xaneiro

decembro

febreiro


abril

marzo


xuño

maio



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.