Xanela 35

Page 1

35 O sabor da felicidade


Índice ÍNDICE ..................................... 2 BENVIDOS................................. 3

Orlas 4º ESO............................. 27

BACHARELATO ....................... 28

INFANTIL ................................. 4

Orlas 6 anos.............................. 11

MANDA CARBALLO.................. 34

PRIMARIA ................................ 8

CO SABOR DA FELICIDADE ..... 38

2

SECUNDARIA ......................... 22

1º EP........................................... 8 2º EP......................................... 10 3º EP......................................... 12 4º EP......................................... 14 5º EP......................................... 16 6º EP......................................... 18 Orlas 6º EP................................ 21

Orla 2º BACH............................ 32

E MOITO MÁIS........................ 39

Cine Salesianos........................ 39 Centro Xuvenil Abertal............... 40 Clube deportivo......................... 41 Jose Antonio ............................. 42 Ata sempre................................ 43


5 Benvidos Durante máis de dúas décadas, esta publicación, Xanela, apareceu cada mes de xuño coa humilde intención de converterse en recordatorio do curso que remataba. Polas súas páxinas adoitaban desfilar, ano tras ano, as festas, as celebracións, os actos no teatro, as saídas e viaxes… A nosa vida colexial foise alimentando en todo este tempo, sobretodo, daquelo que se saída da rutina e que acababa converténdose, ou iso criamos, no máis memorable e imperecedeiro da nosa historia. Con todo, quizais mereza a pena cambiar de perspectiva. Quizais resulte interesante comezar a presta atención, non só ao excepcional senon tamén ao que a cotío acontece na nosa escola. Hai uns anos as clases consistían, en grande medida, nunha sucesión de explicacións, exercicios e exames sen máis, o que motivaba que un día lectivo fora irmán xemelgo do seguinte e así durante dez meses, durante quince anos. Hoxe cremos que isto cambiou e por iso atrevémonos a propornos algo distinto nestas páxinas. “ E ademais de todo iso que facedes en Salesianos tendes clase?” Esta frase ou similares forma parte dos tópicos que acompañan a calquera dos nosos colexios. Con esta crónica queremos dar

resposta a esa pregunta cargada de dobres intencións: si, temos clases, ensinamos o currículo, aprendemos as materias. E ademais tentamos que nese proceso resulte tan atractivo e suxerente como eses outros momentos máxicos da nosa vida colexial. As metodoloxías activas, baseadas na aprendizaxe competencial, propician que as rutinas de traballo sexan moito máis atractivas e que, polo tanto, constituan experiencias cheas de intensidade, de imaxinación e de sentido. Convidámosvos, pois, a percorrer algunas das iniciativas didácticas que neste curso iluminaron as nosas aulas. Son soamente unha mostra, pero creo que ilustran de forma suficiente cómo a un tempo novo, a uns nenos e nenas distintas, a unha realidade en plena efervescencia, correspóndelle unha escola que, sen perder as raíces, aposte con entusiasmo por renovarse. Pasade pois. Estades na vosa casa. E non é preciso gardar silencio, que estamos en clase. Jesús Villegas Director do Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Salesianos

3


Infantil Infantil

4

PROXECTO 20000 LEGUAS BAIXO DOS MARES

O proxecto xurdíu pola conmemoración do 150 aniversario da “chegada do Nautilus” a Vigo, reflectida no capítulo 8 do libro “20000 leguas baixo dos mares”, que o xenial escritor Jules Verne dedicou á baía de Vigo, alimentando a lenda sobre o tesouro de Rande a través do popular personaxe do Capitán Nemo e o seu famoso Nautilus.

No proxecto había tempo para a interioridade. E coa nosa botella da calma relaxámonos

Con este proxecto quixemos abrir unha ventá á nosa cidade, aproveitando todas as actividades que arredor desta conmemoriación se organizaron na mesma. Ademais, Vigo é unha cidade sostida en gran medida por actividades relacionadas co mar. Así mesmo vimos a oportunidade de traballar cos nenos e nenas, a riqueza dos fondos mariños, a súa flora e a súa fauna.

As familias tamén foron parte importante do proxecto.

Visita o Blog do proxecto en:

https://infantil.salesianosvigo.es


5

Jules Verne invitounos a facer unha viaxe no Nautilus. O pasamos xenial!

5

Infantil


Infantil A motivación foi fundamental para acadarmos noso obxetivo e, xunto coa implicación das familias convertemos a entrada e o corredor de infantil no fondo do mar.

As diferentes actividades propostas desde os distintos ámbitos (as novas tecnoloxías, a plástica, a lóxica matemática, a interioridade,...) estiven vinculados co tema do fondo do mar. Unha vez traballado, visitamos o Acuario da Coruña, onde vivimos o aprendido durante a duración do proxecto. Mesmo estivemos no Camarote do Capitán Nemo, dende onde poidemos sentirnos como o Capitán navegando polas profundidades do mar.

6

Os cadernos de traballo convertéronse en auténticas bitácoras. A visita ao barco O Nautilus, (invitación chegada directamente de Jules Verne,), pola nosa ría axudounos a profundizar na sobre a historia da nosa cidade e na súa riqueza mariña.


7

Infantil


TAREFA QUILABORANDO

8

En decembro “quilaboramos” co Nadal Solidario a través de distintas materias: en natureza estudamos a pirámide de alimentos e elaboramos unha lista da compra equilibrada. En Sociais aprendemos os sinais de tráfico e coñecemos o barrio para logo ir á oficina de Cáritas e ao mercado do Progreso onde compramos alimentos saudables e non perecedoiros. En Matemáticas traballamos co quilo,

DÍA DE ROSALÍA

No día de Rosalía declamamos o seu poema “Miña Santiña” nun vídeo especial co fin de que as persoas que teñen dificultades na linguaxe tamén puidesen gozar da súa obra: transformamos os seus versos en pictogramas que escollemos nós mesmos e trala gravación con comunicación oral e alternativa, adornamos os corredores da nosa planta.

comparando o peso dos produtos; e en clase de Lingua escribimos unha postal para desexar un Bo Nadal ás familias que reciben a nosa axuda.

1º EP


5 PROXECTO VERNE Os últimos meses do curso estivemos inmersos no proxecto “Xulio Verne e a ría de Vigo” baixo o enfoque do traballo cooperativo e integrando as competencias de aprender a aprender, matemática, lingúistica e dixital. Realizamos unha gran labor de investigación na biblioteca e na aula de informática, descubrimos os segredos da nosa ría a bordo do Nautilus, realizamos distintas actividades axudados por ferramentas TIC como plickers e os escornabots e por último plasmamos todo o aprendido nuns vídeos que ocultamos en debuxos ao longo do colexio grazas á realidade aumentada.

9

Primaria


2º EP Sabedes que pasa cando mesturamos Sociais, Matemáticas e Lingua Galega? Pois que podemos traballar o paso do tempo dende moitas perspectivas.

10 O CALENDARIO

Agasallamos aos nosos compañeiros de 1º cun calendario feito por nós e realizamos outro para a nosa clase. Estrear ano ben o merece!

O RELOXO

Que mellor maneira de aprender as horas que xogando cun reloxo moi artesán!

A LIÑA DO TEMPO

Fixemos un percorrido polas etapas da historia e recollemos información por grupos facendo mini-libros.


5 O CHAVEIRO DO GALEGO No último trimestre do curso xuntamos unha chea de vocabulario neste práctico chaveiro que tamén nos serve para xogar.

UNHA VIAXE AO INTERIOR DO CORPO

Coma se tratase dun quebracabezas , puxemos orde nos órganos do corpo humano.

11

A RODA DOS ALIMENTOS

Tamén aprendemos o que aportan os alimentos facendo unha roda xiratoria cos diferentes tipos de nutrientes.

Primaria


LIBRO DE RECEITAS lingua castelá e matemáticas

Con esta tarefa quixemos que o alumnado fose quen de expresar mediante lin-

12

guaxe escrita un texto instrutivo tendo en conta a súa estrutura, a linguaxe utilizada e a súa comprensión por parte dos destinatarios. Entender a importancia da planificación, da organización e da economía cando se fai unha compra. Confeccionar unha táboa de varias entradas co seu diagrama correspondente. Durante o proceso, tras dividir a clase en pequenos equipos, tiveron que buscar cadansúas receitas en internet, ou traer da casa como se facía. Enumerar a lista dos ingredientes necesarios, e redactar as instrucións precisas para levala a cabo. Buscaron en internet os prezos dos ingredientes en distintos supermercados, con cuxos datos confeccionaron unha táboa para comparar os prezos e elixiron o máis económico para poñer o custo estimado da receita. O resultado foi un libro que recolle, en cada páxina as receitas feitas por cada equipo.

Primaria

3º EP


5 CONTO COOPERATIVO Lingua española e lingua galega

O obxectivo fundamental de esta tarefa era que o alumnado fose capaz de inventar unha historia longa e redactala en castelán e galego, con diferentes capítulos, traballando especialmente os tempos verbais e a precisión lingüística, ademais de tipos de texto, a expresión escrita, a lectura mecánica e a comprensiva nas dúas áreas. En primeiro lugar, inventamos unha historia, partindo dun protagonista nunha situación concreta polo que a liña argumental do conto formouse coas achegas de todo o grupo. Despois dividimolo en capítulos como grupos fixeramos no aula. Ao rematar, cada equipo leu o seu capítulo ao resto dos compañeiros, tal e como o escribiran nos dous idiomas, e,

entre todos, corrixiron os erros. Despois, leron o conto completo tamén nos dous idiomas, para ver se os enlaces entre os capítulos tiñan sentido, e se non había saltos argumentais, ou erros na liña da historia. Por último, uniron os capítulos e dexeñaron unha portada e contraportada.

13

MARÍA AUXILIADORA POLIÉDRICA Matemáticas

Intentamos que o alumnado construíse unha María Auxiliadora con dous poliedros que tiñan que formar eles mesmos. Desta maneira, nas datas en que estabamos a celebrar as festas de María Auxiliadora, aproveitamos para traballar a xeometría, relacionándoa co momento que se estaba a vivir no colexio. Así, cada persoa, partindo dun desenvolvemento plano dunha figura xeométrica, pintou cadansúas partes e logo formou dous poliedros para compoñer a figura da patroa do colexio. Para rematalo soamente tiveron que poñerlle un soporte que o mantivese en pé, e o resultado foi unha figura que representa a María Auxiliadora.


PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

O alumnado creou as PIRÁMIDES DOS HÁBITOS SAUDABLES”co OBXECTIVOde ser quen de identificar hábitos de hixiene, descanso, alimentación, ocio e tempo libre… Elaboráronse a través de dinámicas cooperativas e empregando o croomebook como parte das ferramentas. Velaquí o produto final.

COCIÑANDO O NADAL Cociñamos o Nadal preparando unha obra de teatro en lingua castelá, galego e Inglés. Todo iso complementado coa parte musical. O produto final foi un Belén “orixinal”.

14 NA GRANXA SERANTELLOS

Ver animais e elaborar o pan fan que pasar un día na Granxa Serantellos convértense nun día xenial

Primaria


5 NO LABORATORIO O alumnado no laboratorio comparando densidades de diferentes substancias de uso cotiá con respecto á auga.

FROITA NA ESCOLA DA PREHISTORIA Á HISTORIA Vistamos os xacementos do Castro co OBXECTIVO de coñecer de cerca a orixe prehistórica e histórica da nosa cidade e asumir o comportamento que debe cumprirse ao visitar un museo ao aire libre.

Traballamos a froita nas semanas da frotia mediante un collage feito con revistas. O produto final foi a exposición nos corredores das distintas froitas.

4º EP

15


5º EP

En 5º de Primaria comezamos cos chromebooks como ferramenta pedagóxica na aula. Ao longo do curso ímonos familiarizando coas súas posi-

bilidades. Son moitos os criterios que guían as tarefas e actividades que facemos na aula. Velaquí algúns:

EXPERIENCIAS

Vivimos experiencias de aprendizaxe activas que nos fagan pensar e decidir. Con pezas teatrais aprendemos fraseoloxía galega. Protagonismo do alumnado

EN EQUIPO

16

Tivemos que resolver situacións de forma individual, pero tamén traballamos en equipo, en parellas, en grupos grandes e pequenos, ... desenvolvendo a nosa autonomía

ELABORAMOS CONTIDOS

Buscamos, contrastamos e compartimos a información. Máis aló do libro de texto

Primaria


5 E COMUNICAMOS Dedicamos tempos a comunicar o aprendido. Oral, escrita, con apoio gráfico ou audiovisual; en soporte papel, dixital… Elaboramos materiais de apoio. Na foto, exposicións sobre grandes descubrimentos da humanidade

PLANTEXÁMONOS E RESOLVEMOS PROBLEMAS Propuxémonos problemas e situacións reais e contextualizadas. Buscamos e proxectamos solucións. Na foto planificación e construción dun circuito eléctrico para a casa. Momentos, instrumentos e actividades que esixiron a formulación previa e a autoavaliación e coavaliación de todo o grupo.

TAMÉN EN INGLÉSWorking with IT in Art and Music is fun and we learn more”

E EN TÓDOLOS ESPACIOS DO COLE e así convertimos rincóns habituais do cole en espazos prendizaxe...

17


6º EP Kingsgate e Reino Unido

Co obxectivo de coñecer outra cultura a través de distintos temas: comida, música, lugares de interese, política,... fixemos unha presentación usando os chromebooks, elaboraron uns debuxo típicos e característicos do seu topic para fotografiarse estilo photocall. O produto final: vivir in situ a experiencia en Inglaterra e transmitirlles aos seus compañeiros as distintas vivenzas tendo preparado o tema con anterioridade..

18

A dramatización de contos en inglés fomenta a competencia comunicativa dende o enfoque lúdico e motivador. Non só perden o medo a falar noutro idioma senón que ademais a actuación é todo un acontecemento para os seus compañeiros de Primaria!.

THE TASTE OF HAPPINESS Preparamos unha receita, expuxémola na clase empregando todo o vocabulario aprendido este trimestre, o resultado foron todos estos deliciosos manxares que comemos nun periquete


5

COOPERATIVA SOLIDARIA

Presentámosvos o proxecto de 6º de primaria desde as áreas de Naturais ( as mesturas homoxéneas e heteroxéneas, os cambios químicos) , Sociais ( os tipos de empresas, o capital…) e Relixión ( o compatir, a solidariedade…) Creamos unha cooperativa, cun pequeno capital inicial, elaboramos xabóns para experimentar os cambios químicos e as mesturas e fixemos unhas cestas en equipos cooperativos para comercializar o producto: Xabóns solidarios. O Día do Bocata Solidario vendímolos nunha barraca e o diñeiro recadado adicouse a un programa que se está a levar a cabo en Bolivia.

O PARLAMENTO EUROPEO

Na materia de C. Sociais, despois de investigar na Unión Europea, analizamos a súa importanza. Constituimos un parlamento europeo na clase debatindo os problemas máis urxentes de cada país: os incendios de Portu-

19

gal, a corrupción e o nacionalismo en España, o Brexit, o terrorismo ixadista en Francia, a inmigración, os refuxiados en Alemaña, o euroescepticismo...e chegamos a importantes acordos.

Primaria


TODA A ETAPA-

INTERIORIDADE Iniciamos a posta en marcha do plan de interioridade, a través do cal aprendemos ferramentas que nos axuden a xestionar as nosas emocións, e buscar momentos de calma e atención plena.

20 A RECONQUISTIÑA Unha proposta de centro coa que traballamos a historia da cidade dende as diferentes materias, e rematamos cunha xoranda lúdica de descuberta da cidade.


5

21

Primaria


ARQUEÓLOGOS POR UN DÍA Co obxectivo de comprender mellor a prehistoria, a maneira de recoller, analizar e utilizar información histórica, nas materias de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Lingua Castelá, a partir dunha unidade da primeira, A Prehistoria, realízase unha visita ó parque arqueolóxico de Campo Lameiro, e elabórase un folleto informativo (en galego e castelán) sobre o parque, no que se inclúen definicións de termos históricos, un eixo cronolóxico, centrados na idade de bronce, e fotografías do parque. Trabállase o vocabulario histórico, a interpretación de signos e iconas, a com-

prensión de textos, a redacción, a corrección lingüística, a capacidade de síntese e a utilización de ferramentas dixitais para a elaboración do folleto.

22

PONTES DE PAPEL Co obxectivo de coñecer Estruturas: elementos, tipos e funcións. e os esforzos básicos aos que están sometidas as es-

truturas, experimentamos creando prototipos de pontes de papel en 2º da ESO, na Materia de Tecnoloxia... Incrible o que aguantaron as estruturas.


5

A EXPERIENCIA DO O CAMIÑOcos que non me relaciono habitualmenA experiencia do Camiño como centro dunha tarefa multidisciplinar Co obxectivo de facer unha experiencia de grupo como convivencia, trabállase en catro materias de 3º da ESO, Relixión, Música, Galego e Inglés. Primeiro, trátase de ter momentos para reflexionar sobre un mesmo e coñecerse máis; coñecer máis ós compañeiros, atoparse con aqueles

Gymkana Park Güell, Ramblas e Barrio Gótico de Barcelona

Coa vista posta na viaxe de fin de curso a Barcelona, e co obxectivo de analizar a industrialización en España e en Galicia, as consecuencias da revolución industrial, aprender a analizar cadros, esculturas e exemplos arquitectónicos do século XX,

te, atoparse con Deus no camiño e facer algunha experiencia de oración,buscando o sentido do camiño dende un punto de vista cristiá, como a xente fixo o camiño ó longo do tempo. Ademais trátase a música e os instrumentos do Pórtico da Gloria. Para finalizar, en Galego e Inglés elabórase un tríptico publicitario do camiño de Santiago. e saber utilizar con fluidez e precisión o vocabulario histórico e artístico adecuado, o alumnado de 4º ESO, antes da viaxe, e dentro da materia de Xeografía e Historia, realiza unha tarefa que consiste en elaborar a documentación que sirva para guiar as actividades que se van a realizar na visita á cidade, centrándose no modernismo, coa visita ó Parque Güell, nas vangardas, museo Picasso, a Barcelona urbanita, Plan Cerdá, e a Barcelona industrial, Paseo de Gracia. O traballo vaise facendo na clase, en formato dixital, utilizando un blog para a elaboración da información. O traballo e a viaxe son coroados coa edición dun libro con poesías e pinturas

23

Secundaria


TAREFA SOBRE A CONTAMINACION

1º ESO estudamos como afectan á xerminación e ao crecemento das plantas a ausencia de luz, a frecuencia de rego, a auga salgada, o deterxente... Fixemos hipóteses, tomamos datos, concluimos e comunicamos os resultados. Todo un experimento.

MECANISMOS

24

En 2º da ESO, na materia de Tecnoloxía experimentamos coa creación de máquintas e “mecanismos”

CÓDIGO VERNE En 3º ESO aprendemos programación en Tecnoloxía, e na Semana do Libro preparamos contos interactivos sobre Verne e un videoxogo do Nautilus con scratch. Disfrazaron os Scornabots de submarinos, e fomos xogar cos compañeiros de primaria e compartir o aprendido.

Secundaria


5 DANO CEREBRAL ADQUIRIDO

Cuarto ESO participamos coa asociación Alento no día do Dano Cerebral Adquirido e aprendemos como previlo.

25

COMPETENCIA TIC

Google apps, Chromebooks, aplicacións e espazos de colaboración son ferramentas de uso diario na etapa para a busca de información, elaboracion de contidos e programación


MANDA CARBALLO

Toda a etapa participamos de Manda Carballo: dende a xerminación, a plantación. Traballamos a Unidade Didáctica sobre os incendios forestais, e seguiremos comprometidos co anaco de fraga que acabamos de plantar.

Secundaria

26

E de cando en cando,ata os corredores se converten en espazos para aprender...

TRABALLAMOS A INTERIORIDADE Todos os venres nos Bos Días, en titorías, e no marco de materias. E por suposto nas convivencias.


5

27


ORIENTADOS AO MUNDO LABORAL

Ao longo dos dous anos da etapa de Bacharelato dedicamos moitos momentos a informarnos, coĂąecer e decidir sobre o futuro.

28

Visitamos a Universidade de Vigo e a de Santiago, participamos en xornadas, procuramos informaciĂłn, escoitamos a antigos alumnos....

Dous cursos intensos para decidir o futuro.

Bacharelato


5

ARTE NA HISTORIA

Visita https://www.youtube.com/playlist?list=PLIo5 F6VEreOpWMJwpjBS81kbanztjc0pI

TRAMPANTOJO

Nunha época na que a perspectiva cónica está sendo desprazada polas ferramentas de deseño 3D, co obxectivo de enfrontarse o reto de realizar algunhas intervencións artísticas baseadas na técnica do trampantojo ou perspectiva anamórfica, o mesmo tempo que intentaban reflexionar sobre a nosa sociedade e o modo que temos de ver as cousas que nos rodean, os alumnos e alumnas de 2º Bacharelato de Debuxo Técnico se presentaron ao concurso de Ludantia, a Bienal de Arquitectura e Educación, realizando uns “trampantojos” en algúns espazos do centro, aprendendo os segredos da perspectiva e a mirar a súa contorna con diferentes puntos de vista.

O alumnado de Historia de 1º Bacharelato B, en grupos de tres ou catro membros, realiza un documental de cinco a dez minutos sobre un dos temas relacionados co bloque de arte contemporánea para coñecer e comprender mellor as características dalgún movemento artístico, exemplificándoo con algún autor significativo. O traballo complétase cun documento escrito e a publicación do vídeo na plataforma Youtube.

29


PROXECTO: REFUXIADOS

O alumnado de debuxo de 1º Bacharelato realizaron un proxecto sobre refuxios e refuxiados que rematou coa exposición e coloquio organizado para o Día do bocata solidario, xunto coa comisión de solidariedade do Centro Xuvenil Abertal e a colaboración de Acnur e a súa exposición “The Most Important Thing”

30

Na materia de Xeografía do curso de 2º HISTORIAS de Bacharelato de Humanidades, o alumnado traballa, en grupos de dúas a tres persoas, o tema das migracións históricas, gravando unha entrevista a un familiar ou persoa coñecida que vivira directa ou indirectamente a experiencia da emigración. O formato principal do traballo é audiovisual, vídeo ou son, pero se acompaña tamén dun traballo escrito. Ademais do obxectivo relacionado co coñecemento histórico, outro obxectivo é aprender a traballar con outras fontes históricas menos habituais pero igualmente valiosísimas para o estudo e a investigación nas ciencias sociais. As entrevistas que teñan autorización expresa da persoa entrevistada son subidas Visita a un canal de Youtube...

DA EMIGRACIÓN

https://youtu.be/KiEWmrtPQ2g


5 APRENDIZAXE E SERVIZO A aprendizaxe e servizo é unha proposta para o alumnado de Bacharelato durante todo o ano. Os obxectivos son: coñecer diferentes opcións de voluntariado nas cidades de Vigo e Santiago e animalos a que dediquen parte do seu tempo a facer tarefas de voluntariado. Durante dous días o alumnado vai a diferentes asociacións para facer voluntariado en directo Un día reflexionan sobre o feito e se lles presentan ofertas reais que poden empezar a facer durante o curso (Comisión de solidariedade, Animador Centro infantil, programa Xinxín [clases particulares a rapaces con dificultades escolares e en situación de problemas económicos].

31

Trala experiencia, se lles invita a organizar a Operación Kilo, a colaborar dando clases en Abertal a unirse á comisión de solidariedade do centro xuvenil

Bacharelato




Visita

Benvidos

http://mandacarballo.salesianosvigo.es De como unha pequena idea convértese no bosque de Don Bosco

34

O 15 de outubro ardía Galicia con lume forestal, unha vez máis. Pero desta volta non so ardía o monte. O vermello do sol da tardiña do domingo dun verano alongado no tempo cunha teima inexplicable volvíase laranxa nunha vagada de lumes que se propagaban tamén pola mesma cidade de Vigo e a súa contorna coma nunca antes se vira, chegando incluso ao monte do Castro. Centos de persoas trataban de protexer as súas casas e os seus bens, algunhas perdendo a súa vida, e outras miles, desacougadas polas imaxes que vían na televisión, saíron a axudar como puideron. Nos seguintes días viuse que a dimensión da traxedia fora inmensa, que habería que traballar moitos anos para recuperar o noso monte e que xa había que empezar a pensar en evitar que a catástrofe trouxese outra, pola chuvia que por fin parecía que ía chegar, levándose as cinzas e o solo e podendo estragar tamén parte da ría. E comezaron a aparecer persoas que querían facer algo. Na casa de Pepe, profesor do cole, a súa filla Carla, antiga alumna, non podía esperar para tirar landras ó terreo queimado; o alumnado do cole compartía a mesma inquietude. Falábase de lanzalas con tirapedras, pero el aconsella esperar, e as autoridades recomendan non realizar actuacións inmediatas: non se debe pisar o terreo queimado.

Pensando no longo prazo, seis días despois, con aquela idea na cabeza e coa memoria da experiencia vivida en Turín na súa visita ós lugares de don Bosco, e en particular as Excursións de Outono, nas que o cura de I Becchi levaba ós seus rapaces ó campo para que vivisen unha experiencia de vida natural e ecolóxica, Pepe, conducindo por Beade (Ourense), no corazón do Ribeiro, atopa uns carballos; para e recolle unhas landras que garda nunha luba de plástico que utiliza coma improvisada bolsa. Outro día atopará un novo lugar con mellores exemplares para sementar. Xa tiña decidido pór ao seu alumnado a facer un viveiro de carballos para despois poñérense en contacto coas autoridades e plantalos onde lles indicaran. Todo un reto: xamais fixera nada semellante. Desde ese momento, tres días por semana revisábanse as landras, tirábanse as que tiñan mala aparencia e hidratábanse as sas.


5 20 de decembro. Xa de vacacións de Nadal, chegan a 150 landras. Un grupo de voluntariado de 4º ESO van ao colexio plantalas en xornadas de vacacións. Xa asoman dous pequenos carballos. O obxectivo inicial, cincocentas landras sementadas, inda está lonxe. 3 de xaneiro. Un grupo de 1º de Bacharelato, acompañado por un antigo alumno, inda en xornada de vacacións, van plantar ao colexio. A publicación nas redes sociais fai que unha profesora de primaria Cris Vidal, coñeza o proxecto e se anime a participar. Durante esas vacacións faise un traballo de recompilación de caixas de froita de madeira e porexpan, traballo que continua ata que remata a fase de plantación en briks. 8 de Xaneiro. O proxecto crece moito. Súmase 5º de Primaria trala iniciativa de Cris. Tamén 6º. Luis Quiroga traballa nunha iniciativa para plantar en Chandebrito en colaboración coa Comunidade de Montes desa parroquia. Unifícanse as dúas liñas. O proxecto deixa de ser unha iniciativa dun profesor que planta nas súas horas libres coa colaboración do alumnado fóra de horas de clase, para converterse nun xigantesco proxecto colexial co traballo

desenvolvido en horas lectivas dentro das distintas materias. 15 de xaneiro. Oliver Weiss, enxeñeiro agrónomo e pai dunha alumna do colexio, fai unha visita e indica que os carballos que agroman deben sacarse do laboratorio para que medren baixo a luz directa do sol. Non sobrevirían se medran á sombra. Decídese levalos para a terraza.

30 de Xaneiro. 603. É o número de landras plantadas en bricks na terraza. Xa están plantando rapaces e rapazas desde 5º de Primaria ata 2º de Bacharelato incluídos. 7 de Febreiro. 725. Plantan os rapaces e rapazas de 6º de EP. As gaivotas fan pe-

35


quenos estragos picando os brotes. Gregorio Rosende, responsable do cine Salesianos, presta un moucho que se sitúa fronte á plantación.

36

12 de Febreiro. 775. Neste momento a segunda fase estaba a piques de rematar. Pretendíase ter unha árbore para cada participante. Ademais comezaba a aparecer o cansazo. Plantábanse dúas landras por cada brik para rematar con elas: hai tantas que non hai onde poñelas. 16 de Febreiro. 820. Neste momento dábase por rematada a segunda fase.

24-25 de Abril. Alumnado desde 5º de EP ata 2º Bacharelato soben a Chandebrito para plantar os carballos no monte dirixidos por Oliver Weiss. A cobertura informativa é excepcional. Asisten TVE, RTVG, Valmiñor TV, A Voz de Galicia, Faro de Vigo e Atlántico Diario. 1 de Xuño. Un grupo do profesorado e colaboradores de Abertal plantan en Chandebrito os carballos que quedaran pendentes por falta de tempo. Hai moi poucas baixas: foi arriba unha altísima porcentaxe. Os números finais son abraiantes: en total

27 de Febreiro. Juan Carlos Pérez Godoy, provincial salesiano, planta un carballo na súa visita inspectorial. 15 de Marzo. Rolda de prensa para dar a coñecer o proxecto. Participan Laura Muñoz, alumna de 2º de Bacharelato, Oliver Weiss, Víctor Vidal, presidente da Comunidade de Montes de Chandebrito, e o director do colexio Jesús Villegas. A Comunidade de Montes facilita dúas hectáreas para plantar os nosos carballos. 16 de Marzo. Os antigos alumnos participantes nas Xornadas de Orientación Universitaria plantan un carballo.

xerminan unhas 2000 landras, plántanse algo máis de 1000 bricks. Nuns 100 briks plántanse dúas landras para poder rematar con todas. Replántanse unhas 300


5 polos estragos que as gaivotas provocan na terraza antes de protexelas árbores cunha rede, regálanse unhas 100 para un colexio que desenvolvía un proxecto semellante e tíranse as restantes.

do reto: no montes de Chandebrito, plantáronse para as xeracións futuras, alomenos 1001 carballos, na Carballeira de don Bosco.

Todo os ambientes da obra de Mª Auxiliadora colaboraron no proxecto: Juan Carlos Pérez Godoy, provincial salesiano, o persoal de administración e servizos, Gregorio Rosende como representante do Cine Salesianos, catequistas da Parroquia, Abertal, Teranga, o Clube Salesianos Baloncesto, Antigos Alumnos e o persoal da Librería. Dunha idea que alguén podería pensar utópica ou inviable, en menos dun curso escolar, unha comunidade traballa por un soño que, curiosamente, parece feito para lembrar a frase que o insigne escritor Álvaro Cunqueiro expresou no ano 1980 para a súa Galicia: “Mil primaveras máis” . O 2 de marzo, tras aceptar o reto de Segundo Cousido, un grupo de 2º de Bacharelato remata a fase de plantación: “Mil primaveras mais, pois por que non mil carballos?” Non fai falla contar máis alá

37


Co sabor da felicidade Na arte culinaria –coma en tantas outras cousas e eidos da vida- hai cousas que non se ven… pero que si que se notan. Madialeva!!

38

Unha morea de especias condimentan e ‘cualifican’ os platos dos nosos xantares. Nembargantes, hai un condimento ‘especial’: o sal. O sal ten a finalidade non de mudar o sabor… senón de potenciar o sabor máis xenuino daqueles alimentos nos que se pon. Velaí a mellor definición do que é, ou cando menos do que pretende ser, a “pastoral” no noso cole: o sal potenciador do

máis xenuino da escola, que non é outra cousa que a contribución á educación integral dos membros da comunidade educativa. Unha morea de manifestacións que acontecen ao longo do curso –e moitas delas podedes atopalas nas páxinas desta revista- son a mellor expresión desta afirmación. Do máis cotián ao máis extraordinario, de cada unha das materias ao recreo, dos exames ás festas… o ‘sal pastoral’, o sal de Xesús de Nazaré quere potenciar o sabor dos alimentos que conformamos o exquisito plato de ‘salesianos’. Que aproveite!


5

E moito máis... Cine Salesianos En Xaneiro de 1908 a primeira proxección de imaxes en movemento no colexio, algo case máxico, foi a semente. No 2018 o Cine Teatro Salesianos cumpre 50 anos como cine comercial e ao servizo da cidade. O colexio sempre tivo un teatro, pero foi no 1968 tras o incendio do antigo colexio, cando se inagurou o primeiro “Cine Salesianos”. Accedíase dende o patio do colexio, onde está agora a canha de baloncesto. Sería 10 anos despois, e tras a ampliación da rúa Venezuela, cando se inaugura a sala actual.

Co paso do tempo, e tras algunas transformacións estéticas, o cine convertese nun local emblemático da cidade, un recinto cargado de historia. Ademais de moitas películas, está gravado na retina cultural da cidade o histórico primeiro concerto de Siniestro Total, o concerto en Vigo de Lluis Llach na transición, a única representación na cidade de Carmina Burana, Moncho Borrajo, Arturo Fernández, Noa, El Are More, monologuistas…. , festivais e ciclos de cine, as asembleas máis longas da historia do Celta de Vigo, así como do Sindicato independiente de Citroën, sen esquecere os festivais da maioría dos colexios e academias da cidade; moitos vigueses e viguesas tiveron o seu primeiro bautizo de esceario nas taboas deste teatro canto nenos. A semente plantada fai 110 anos medrou, e converteuse nunha peza emblemática da cidade de Vigo.

39


Centro Xuvenil Abertal A asociación centro Xuvenil Abertal está a piques de entrar nos 40 anos, os novos 20. Non se nos deu por comprarnos unha moto ou facer unha viaxe arredor do mundo, déusenos pola cociña e por iso imos ofrecer unha receita cos ingredientes da casa, os mellores. O ingrediente principal é o tempo libre a prol da infancia e da mocidade. O forno no que se cociña esta receita é o voluntariado, agradecidas polas persoas que agasallan o seu tempo. Coma Xesús no seu tempo e Don Bosco na súa vida, hoxe nós queremos facer que todos e todas se sintan acollidos e queridos.

40

Algunhas das nosas actividades son as Mañás de..., Alternativa Vaivén, Campamento Urbano, Club de Ocio, Xinxín, SVE, etc. Nestas trinta e todas primaveras, descubrimos que as nosas salas son un lugar de encontro , de formación, onde se forxan compromisos que medran máis alá dos muros e trampolín de iniciativas xuvenís. Toda esta tarta que é Abertal, está empapada co almivre da fe, o motor de toda a nosa tarefa. Así podemos ofertar unha xeitosa torta, querendo ser alimento compartido e repartido para todos e todas. A guinda deste pastel es ti.


5 Clube Salesianos

Sección futbol Queremos darvos unha cálida benvida dende a nova coordinación do club na sección de fútbol sala. Neste ano de transición tivemos catro equipos. Dende a dirección movémonos cun obxectivo claro: a formación é máis importante que os resultados. Nese specto estamos moi ledos coa evolución. Animádevos a pro-

bar! O noso contacto é: salesianosvigofutbolsala@gmail.com

Sección Baloncesto O baloncesto en Salesianos acadou os seus mellores rexistros... Temos 18 equipos federados, 8 son femininos; por primeira vez na historia, Salesianos Vigo cubriu tódalas categorías femininas... Contamos con 3 equipos en liga galega (benxamín, alevín e infantil femininos) e 2 equipos na fase de ascenso a 1ª división... Un total aproximado de 240 xogadores e preto do 80% son ou foron alumnos do centro... Unha estadística que

aplaude os nosos esforzos por construír canteira e promover os valores do deporte máis alá de calquera victoria.

41


Jose Antonio Como xurdiu a idea de crear esta revista colexial? A idea xurdiu co obxectivo de facer unha memoria de todas as actividades realizadas ao longo de todo un curso escolar. Dirixida para as familias e para todo o persoal do centro. Foi creada por Agustín Rodríguez (salesiano). Dende que ano está editada?

42

A revista Xanela naceu o 1º de decembro de 1995. O fundador e primeiro director foi o salesiano Agustín Rodríguez. Os primeiros anos realizábase unha tiraxe de tres edicións coincidindo cos tres trimestres do curso escolar. A partir do curso 1999-2000 faise cargo da revista Lupi Peña, pastoralista salesiano. Dende o curso 2001-2002 fíxenme cargo da revista como director da mesma. Cambiamos de formato, actualizamos o deseño, a maquetación... e a revista pasa a ter unha finalidade de Memoria Escolar. Que destacarías deste colexio? Destacaría dous aspectos fundamentais: o ambiente de familia e a proximidade co alumnado. Todo baseado no propio estilo salesiano que nunca debemos perder. Cada alumno debe sentirse a gusto no centro e cunha suficiente confianza cos profesores.

Como valoras o teu paso por este colexio? Valóroo como moi positivo. Fun alumno do colexio e logo profesor durante 40 anos. Durante 10 anos exercín o cargo de Xefe de Estudos (antes chamábase “Director Pedagóxico”). Tentei sempre ser máis ca un bo mestre… un “educador”. Para iso fomentei con moito interese o “teatro” como valor educativo, as “Tertulias Escolares” (TE) de familias interesadas na educación dos seus fillos, os campamentos de verán e lograr un ambiente agradable e de compañeirismo entre o profesorado. Que mensaxe lles deixarías ás novas promocións? E ao profesorado? Aos alumnos: que se esforcen para conseguir uns resultados académicos satisfactorios. Pero, sobre todo, que sexan “boas persoas”... que se leven ben e que se respecten entre todos. Aos profesores: que sintan paixón polo ensino. Que lles contaxien aos seus alumnos a ilusión por aprender e que sempre estean próximos a eles e aos que máis necesitan da nosa palabra e confianza.


5 Dúas lembranzas divertidas. Nunha excursión ao monte dígolles que hai que mancharse e ensuciarse. Volver moi limpo á casa significa non pasalo ben. Colleron a cinza que había nas grellas e botárona pola cara... volveron todos “negriños”. O divertido foi que ao chegar ao colexio, de regreso, algunhas mamás non recoñecían aos seus fillos coa pinta que traían. Foi moi divertido e tanto os rapaces coma os pais o tomaron con moito sentido do humor. Estabamos na clase traballando os refráns. Había un que dicía: “dime con quen andas e direiche quen es”. Entre todos tratábase de comentar o seu significado. Ao fondo da clase un alumno levanta a man e di: “Jose, eu sei un parecido”. Pois veña, dio: “Dime con quen andas e se está boa mándasma”. Anécdota en cuarto de primaria. Pensas que don Bosco pode ser un referente para a mocidade actual? Totalmente. Pero sempre coa prudencia do mundo actual. Se don Bosco vivise na nosa sociedade estou convencido de que seguiría inculcando os valores da amizade, do compañeirismo, da confianza, do respecto, do traballo... O que debemos facer os educadores é introducirnos no seu mundo, nas súas inquedanzas e problemas. E o máis importante... “querelos e que se sintan queridos”.

Fainos unha breve biografía da túa vida. Nacín en Vigo en 1954. Estudei neste colexio dos Salesianos (naquel entón chamábase San Matías, en honra ao seu primeiro director). Tamén fun catequista na Parroquia de María Auxiliadora. Á hora de elixir unha carreira tiña dúbidas entre estudar psicoloxía, xornalismo ou maxisterio. Un profesor que me coñecía moi ben convenceume (e con grande acerto) que tiña que ser mestre... e dicíame: “un bo mestre debe ser psicólogo e escritor”. E o meu gran soño fíxose realidade... “mestre no colexio de toda a miña vida”. E agora, despois de 40 anos, dígolle adeus con agradecemento e emoción. Como te imaxinas o teu último día coma mestre deste colexio? Pois xa o teño pensado algunha vez. Como será o día que entre na aula para dar a miña última clase? Supoño que cunha enorme carga emocional. Os sentimentos en ocasións non son fáciles de explicar nin de entender. Deixareime levar, pero si que me gustaría que fose unha clase distinta, diferente e moi especial. Acabarei cunha palabra proxectada na pizarra: GRAZAS!

43


Paisvi Queres aprender inglés e contar coa certificación oficial por excelencia? En PAISVI, preparamos ao alumnado a tódolos niveis para os exames de Cambridge, utilizando os seus materiais oficiais de preparación. Non tes en mente presentarte a estas probas? PAISVI tamén é para ti! Coas nosas extraescolares, mellorarás o teu dominio de inglés ao tempo que te divirtes. O noso profesorado utiliza un método baseado en xogos e actividades lúdicas adaptadas ás idades dos estudantes. Ademais, traballamos as 7 intelixencias múltiples para adecuarnos a cada un de vós, xa que non todos aprendemos do mesmo xeito.

44

Por que elixir PAISVI: - Clases 100 % en inglés - 100 % de aprobados nos exames de Cambridge en anos anteriores - Grupos reducidos (máximo 10 alumnos por aula) - Profesorado filólogo e nativo Para calquera dúbida, preinscrición, búsqueda de información… escríbenos a ou contacta coa pofesora Mily Miñán no centro. Únete ao #LKWorld con PAISVI! Agardámos-


5 Ata sempre

45

GRAZAS a todos: alumnos, familias e compañeiros polo moito que gozamos durante corenta anos neste colexio. Levamos un bonito recordo e a nosa equipaxe vai cheo dos mellores momentos vividos nesta casa salesiana. Tamén achegamos moita paixón e entusiasmo na nosa tarefa educativa. Con estilo salesiano procuramos deixar pegadas nos nosos alumnos e alumnas para que entendesen que o máis importante é ser boa persoa. Sempre debemos ter presente que “a educación é cousa do corazón”. Este colexio formará parte das nosas vidas… da nosa propia historia. Aquí vivimos e aprendemos a saborear a felicidade. Un abrazo e un sentido GRAZAS. Ata sempre. Sesé, Concha, Salustiano e José Antonio


35


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.