Page 1


2

148x105 celada.indd 1

17/05/16 11:46


Informe pag

5

Infantil pag

6

3 Primaria

Secundaria

Bcharelato

Ă lbum do curso

pag

pag

12

26

pag

pag

18

32


4


INFORME Culminamos a misión. Estivemos con elas exactamente 37 ciclos Rum-de 7 Him-por ½ Cuadrante. As criaturas terráqueas organizan o seu tempo en unidades diferentes. Falan de meses, semanas, días… Algo moi complexo para explicalo nunhas liñas. Os nosos 37 ciclos Rum-de 7 Him-por ½ Cuadrante equivalen máis ou menos a 10 do que chaman “meses”: incomprensible, son consciente. Infiltrámonos, como ordenou o Consello, nun Centro de Desenvolvemento Avanzado do Factor Humano. Convertinme nunha criatura de 154 ciclos Rum-de 8% Him- por 9-3 Cuadrante (a miña aparencia era a dun curioso ser diminuto con mandilón azul) e XZ3, nun rechamante ser de xénero feminino de idade PRSTC (“bendita adolescencia”, en lingua bípede). Aos Centros de Desenvolvemento chámanlles “colexios”, “escolas”. As criaturas máis pequenas din “ocole”, así, como soa. Este, ademais, recibe o sobrenome de “Salesianos”; algúns din, con descaro, “Saletos”. Como conclusión inicial queremos adiantar o que segue: ao contrario do que ocorre nos nosos Centros, neste dáse moita importancia a facetas que nós consideramos francamente irrelevantes. O Principio Marciano Básico, a hipermusculación cerebral, non está tan valorada neste lugar coma outros principios, a saber, o riso

perpetuo de fondo (“felicidade”), o movemento imprevisible da masa corporal e mental ou o cultivo do bosque interior. O que máis sorprende é que algo para nós absolutamente intranscendente como o magnetismo intercriaturas aquí ocupe moitísimo tempo e unha gran profusión de enerxía: teiman unha vez e outra en intercambiar mensaxes. En certas ocasións, como forma de expresión dun sentimento pegañento que chaman “agarimo”, chegan mesmo a rozar os seus membros sen electrocutarse. Atopan unha inexplicable ledicia en todas estas prácticas relacionais. Por iso os Conselleiros observarán nas abundantes imaxes que acompañan este documento como as criaturas terráqueas tenden a aparecer xuntas, en contacto, mesmo revoltas, coa cara contorsionada nese aceno, “o riso”, que nós só podemos executar a duras penas cunha contracción do sobaco. Para terminarmos este prefacio, debemos mencionar un detalle: por toda a instalación encontramos diseminadas durante este tempo unhas misteriosas palabras: “Es máis. Somos máis”. Polo que chegamos a entender, trátase dunha consigna coa que se pretendía lograr que o factor humano das criaturas que nesta Institución se forxaban se desenvolvese axiña e ben. Aínda é cedo para valorarmos se con esta estratexia conseguen o seu obxectivo. Porén, ao menos polo que a simple vista pode verse nas que culminan o proceso (están fotografadas as súas complicadas caras xusto na parte central deste informe) un certo progreso si que logran con tan estrañas formas de regaren o bosque interior. Pero pasemos ao asunto…

5


Exemplo de movemento imprevisible da masa corporal, de nome “inauguración do curso”. Mareeime todo.

Infantil 6

As criaturas terráqueas comezan a súa formación moi baixiñas. A esta idade son extraordinariamente móbiles e abren os ollos case tanto coma a boca. Encántalles o magnetismo intercriaturas, a nocilla e os bambáns.

Proxecto sobre o corpo humano en Infantil. Ou como funciona a criatura terráquea.

Aprenden rápido e, ao contrario do que nós, axiña deixan de meterse obxectos nas orella. Como comprobarán nas imaxes, metamorfoseeime nun deles (son o que xoga entusiasmado con burbullas de cores na foto superior). Nós diríamos que estes pequenos e pequenas fonden meteoritos coa súa sombra. Aquí usan a expresión “son riquísimos”, aínda que non vin a ninguén comerse criatura ningunha. Proxecto sobre o libro. As pequenas e pequenos adoran este obxecto que todo o sabe e nunca che estoupa nas mans


7

Nós aprendemos con salchichas de sabedoría. Na Terra, unhas criaturas encantadoras chamadas “profes” encárganse da misión de educar. Nota: as criaturas terráqueas non as comen.

Froita na escola. Nenas e nenos con riso perpetuo de fondo e pera na man. Esta si que a comen.

Festival de Panxoliñas. Cambian de aspecto para ser elas e eles mesmos doutro xeito, non para infiltrarse noutros planetas como facemos nós.


Nenas e nenos cultivando o bosque interior.

8

Terráquea adulta contaxiando saber.

Museo do mar. Aprenden en mil lugares distintos, dos peixes, se for preciso.

Non son profes, pero ensinan.

Proxecto sobre o corpo humano. O vermello non é de Urano, aínda que o pareza


Exploran o seu planeta a todas horas e sen pistola láser.

O cole está cheo de imaxes que son algo máis importante ca un simple debuxo. Aínda non o entendo ben.

9

Joaquín e Juan Carlos. Dous terráqueos salesianos ou “xefazos” moi xeitosos.

Humanos e humanas de Infantil cos ollos, as mans, as bocas e as orellas en posición de aprender.


Excursión á granxa escola. Ou como cambiar a profe por unha cabra.

10 Visita do Paxe Real. Pola Terra tamén pasan os Reis Magos! Na Terra a educación é cousa de toda a especie, non só das salchichas. E as nais e os pais son os primeiros e máis importantes profes.

A diferenza do marciano, que só aprende de crequenas, as criaturas terráqueas aprenden sentadas, de xeonllos, de pé ou deitadas no chan.


11


Criaturas terráqueas de Primaria con riso de fondo a flor de pel porque aprenderon moito e ben.

Primaria 12

Nesta etapa as criaturas terráqueas de Salesianos son un chisco máis grandes e móvense máis á présa

Como os seres humanos de Infantil, estes tamén cambian de aspecto a nada que te descoidas.

Gústalles máis aínda, se for posible, o magnetismo intercriaturas. Curiosas, simpáticas, non se van pondo verdes a medida que crecen, como nos pasa a nós, nin lles medra de xeito fermosamente desproporcionado a cabeza por fóra (seica si por dentro). O seu bosque interior espállase e chéiranlles máis os pés, mais, alén desas mutacións, seguen sendo criaturas que fonden meteoritos coa súa sombra. A esta idade comen en abundancia, aínda que seguen respectando o profesorado e nin sequera lles dan mordedelas.


13 Outro espazo onde aprenden: o laboratorio. Non tiĂąan marciano ningĂşn en formol, a Deus grazas.

Movemento imprevisible da masa corporal NÂş 6897.

Preparando o Magosto: outra forma humana de aprenderen sen salchichas, con castaĂąas.


Sección larga Proxecto “Natura”. O ser humano cre que se aprende máis en acción ca en hibernación.

“De excursión”: Expresión equivalente á nosa exploración doméstica da contorna con pistola láser.

14

Salchichas de sabedoría ou “profes”. Estas criaturas de aspecto ordenado, serio e cabal encárganse do desenvolvemento do Factor Humano en Primaria sen necesidade de kétchup.


Critaturas terráqueas de Primaria na súa salsa. Aquí aprender non doe.

15

Facendo pan en Aproinppa. Tamén as mans fortalecen o cerebro humano.

Contacontos: Os humanos, coma os marcianos, quedan petrificados ante unha boa historia. Non moven as tres colas porque non teñen.

Festival de panxoliñas. Emiten sons estrañamente harmónicos pola boca sen que se lles saia co esforzo nin o aparato dixestivo nin o respiratorio.


Sección larga Preparados para saírmos a navegar no Bautismo de Mar. Mareeime enteiro por vixésimo novena vez.

16

Viaxe a Londres. Nin asoularon a cidade ni exterminaron a súa poboación. E logo para que foron? Incomprensible para un marciano.

Son resistentes, brandos e duros a un tempo. Están dispostos a calquera cousa para que o seu Factor Humano brille como unha supernova.


6ยบ EP A

6ยบ EP B

17


Secundaria 18

A seguinte etapa da formación humana recibe o nome de “Secundaria” ou “ESO” Desde o punto de vista físico, a poboación da Terra achégase aos poucos á altura, á largura e á dotación capilar dunha criatura adulta. Cada vez dormen máis, comen en abundancia (“coma limas de Plutón”, diríamos nós) e o cheiro dos seus pés non mellora. Canto ao seu bosque interior,

Inauguración do curso con Chus Lago. A humana grandeira da dereita animou os outros bechos a chegaren máis lonxe, a seren fortes e a subiren máis alto. Coidado en Marte, perigo de invasión!

preséntase tupido, enleado. Por dentro parecen os seus propios cuartos. Aman e odian, son criaturas autónomas e dependentes, tristísimas e ledas, todo a un tempo e en cantidades industriais. Don Bosco, o fundador desta Institución, dicía algo así como “Magnetizádesme porque o voso bosque interior é como é, que raios”.

As e os profes da ESO continúan parecéndose ben pouco ás nosas salchichas de sabedoría. Achegan nutrientes polos ollos, orellas e pataca interior palpitante.


Festival de panxoliñas. O ser humano, ou canta e o seu mal espanta, ou canta mal e espanta o marciano.

19 Enlaza Vigo. Ao alumnado de Secundaria, como ao doutros cursos, encántalle aprender na rúa sen escafandro nin nada.

Ordenadores na aula. E non é Marte!

Convivencia de 4º da ESO. As criaturas maiores desta etapa amosan o riso de fondo que orixina no seu ser o magnetismo intercriaturas (“ledicia de estarmos xuntos”, din).


Visita ao Campo Lameiro. Mans mandando proteínas ao cerebro.

Bailar, unha forma que teñen os seres humanos de soñar cos pés.

20

Máis seres humanos “ledos de estar xuntos”. É o seu estado natural neste Centro.

Visita Salinae. Tres humanos. O do medio era un chisco estraño: non lle cheiraban os pés.

Magosto. Outro xeito de aprender é o que chaman “celebrar”. Cambian “cerebro” por “celebro”.


21

De camiño a Santiago con 3º da ESO. Por sorte, cando se mollan non se disolven.

Convivencias. Reflexionando xuntos a principio de curso. Chaman “reflexionar” a levar o cerebro ao ximnasio interior.

Bautismo de surf. Mareo cuadraxésimo quinto.


Convivencia de 2º da ESO. Experiencia de aprendizaxe sen salchichas 39876.

Alumna de secundaria viaxando ao seu bosque interior montada en papel e boli: a mellor nave espacial, din.

22

Rafting. Só o feito de pronunciar a palabra prodúceme vertixe.

Barcelona en bicicleta, 4º da ESO. Nesta foto saio metamorfoseado en mochila. Verde, por suposto.


4ยบ ESO A

23

Descripciรณn de foto Soluptis sinctiae lam nescit dollamu sdant, volum rerchit, tem

4ยบ ESO B


o resto da especie, cos seus dous únicos ollos e o espantoso apéndice con buratos que chaman “nariz”. O cheiro dos pés, nos mellores casos, atenúase.

Bacharelato 26

Observación astronómica. Pancho amosa a miña casa ao alumnado.

A formación dos seres humanos neste centro culmina co que denominan “Bacharelato”. A estas alturas de crecemento, as criaturas terrícolas, machos ou femias, alcanzan un grao de desenvolvemento interesante. Tenden a moverse menos, expresanse con certa claridade e amosan unha preocupación intensa polo seu futuro. Na Terra poden elixir a súa dedicación profesional adulta sen que o Consello os someta ao ritual do PeloGatoVintecatro e ese exercicio de liberdade proe. As e os bachareis deben esforzarse moito para lograren os seus obxectivos e un cabelo sedoso, mais, aínda así, seguen sen seren verdes e as súas cabezas continúan sendo lamentablemente pequenas por fóra e poboadas de galaxias por dentro. Son riquiños tamén, aínda que tan feos coma

Voluntariado do Banco de Alimentos. A esta idade algunhas criaturas son extraordinariamente xenerosas. “Ghuapas por dentro”, nun estraño idioma que fala un de Cambados.

Visitando a universidade. Á caza do futuro, versión I.


27

Alumnado de Bacharelato no Entroido. Calma, non se estaban preparando para invadir o noso planeta.

Unitour. Á caza do futuro, versión II.

Xornadas de orientación académica e profesional. Á caza do futuro, versión III.


Sección larga

Festival de Panxoliñas. Canto máis maiores son, con máis “nonseique” cantan.

28

Convivencias de 2º de Bacharelato. Magnetismo intercriaturas en grao extremo. Non morreu ninguén electrocutado por rozarárense!

Convivencias de 1º de Bacharelato. Humanos e humanas tentando internarse a machadazos de silencio no seu bosque interior.


29 Muro de despedida. As criaturas que terminan deixan moitos rastros do seu paso. Non me refiro a tiras de pel, pegadas de gadoupas ou baba luminosa.

Coro de 2Âş de Bacharelato. Expresan de moitos xeitos o seus risos de fondo polo que viviron aquĂ­ e polo que lles queda por vivir ao longo e ao largo do planeta.


A tempo completo Reproduzo a continuación as palabras dun documento do Centro:

30 30

Máis aló do horario escolar, de luns a domingo un patio aberto a tempo completo Tras desencriptar con moita dificultade o seu contido, cheguei á conclusión de que significa algo así como que en Salesianos o Desenvolvemento do Factor Humano non descansa e está nas mans de moitas máis salchichas de sabedoría, alén do profesorado.

Extraescolares Xadrez, multideporte, patinaxe, pintura, robótica, ludoteca en inglés, baile, ... e todo o que queiras.

C. X. Abertal Lugar de encontro, grupos de tempo libre, actividades de lecer e voluntariado. Espazo de xogos e de formación en valores. Venres e sábado son un rebulir constante.

Saída a neve dos grupos do Centro Xuvenil Abertal


Club Salesianos

Os pequenos e as pequenas do clube en baloncesto

Sección Baloncesto

Sección Fútbol

Son 17 equipos: 6 femininos, 2 mixtos e 9 masculinos. Preto de 200 xogadores practicando baloncesto todo o curso e organizando torneos e actividads.

8 equipos que fixeron unha sensacional temporada, non só polos resultados acadados, senón polo clima de cordialidade e deportividade que se respira en cada adestramento e en cada partido.

E aquí os de fútbol. A xogada acabou en gol

31 31


Álbum

Un ano en fotos

32

Presento a seguir un álbum fotográfico que resume o meu tempo de estancia nesta Institución de xeito cronolóxico. Roubei estas imaxes do arquivo ultrasecreto do Centro. En concreto, formaban parte dunha publicación, de título “Xanela”, coa que pretendían realizar una especie de captura de pantalla do curso. O material ripado ía precedido dun texto que copio a seguir. Conservei tamén os pés de foto e outras anotacións que, nun futuro, deberemos estudar para coñecermos de xeito máis profundo unha civilización, a terráquea, e un proxecto de desenvolvemento humano, o salesiano, que poden axudarnos a enriquecer as nosas salchichas de sabedoría. “Estas fotos só son unha mínima e valiosísima expresión da infinidade de imaxes, peripecias, sentimentos, descubrimentos, experiencias, aprendizaxes e xestos que compoñen un curso escolar. Resultan, logo, tan insignificantes como significativas, expresan tanto e tan pouco do que foi o colexio que se tornan reveladoras e opacas á vez. Porén unha revista só dá para iso: para dar testemuño de maneira pobre e palpable de como unha comunidade educativa tenta chegar máis alto, máis lonxe e con máis forza á inabarcable tarefa de facer persoas”.


No Principio estaba a xustiza, a solidariedade, a loita por un mundo mellor

Encontro co Reitor Maior dos Salesianos, Ă ngel Artime: azos anovados.

33


Setembro

Chegou a hora de comezar. Novas aprendizaxes, novos desafíos: nada como arrincarmos con entusiasmo e ganas para podermos chegar lonxe, onde non chegan nin sequera as distancias.

34

Celebración da Inauguración.

Presentación do lema do curso.

Primeiro día de clase para os novos e as novas de tres anos.


Outubro

CampaĂąa do Domund

35

Empezamos os grupos no centro Xuvenil: Saltinbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado, Actividades os venres e sĂĄbados.


Novembro

36

O curso vese axiĂąa salpicado de peripecias e oportunidades para chegarmos a ser mĂĄis e mellores.

Magostos nas etapas e magosto colexial


Nadal

CampaĂąa de Nadal Solidario

37


Nadal

Festivais e celebraciĂłns de Nadal

38

GaĂąadora do Concurso de postais da organizado pola ANPA


Xaneiro

Un dos nosos meses por excelencia. A luz de Xoán Bosco brilla con toda a súa intensidade e o colexio bótase a celebralo.

39


Febreiro

Febreiro e marzo son meses ricos en oportunidades. E nĂłs non dubidamos en aproveitalas para seguirmos medrando.

40

Entroido

Bocata solidario. con partido profesorado - alumnado incluĂ­do.


Marzo

Visitáronnos Anxo Fariña e Ana Alonso.

41

Marzo foi o mes de convivencias en Primaria. Aquí o alumnado de 5º EP no Castro.


Abril

42

Mes de viaxes... Primaria, a Ramasgate e 4º ESO, a Barcelona

Actividade Complementaria de Educación Vial.

Taller de Cociña: Filloas


Maio

O mes de maio irrompe con toda a súa graza e o noso colexio déixase posuír por unha forma moi especial de primavera.

43


Maio

Graduación de Infantil

44

É hora de festexar, de prepararse para encararmos o final con enerxía. E Ela, coma sempre, ao noso carón.. Graduación de 2º Bacharelato


Maio O patio en festas

45

Coa colaboraciรณn imprescindible da ANPA. Sempre connosco.


Peche do Informe O que acaban de ler é el froito de moito esforzo e bastantes cefalópodos engulidos (son o único alimento terrestre compatible coa nosa dieta habitual a base de bechos viscosos). A miña compañeira e eu extraemos cinco conclusións deste traballo de exploración, que pomos en coñecemento do Consello para que actúe en consecuencia:

46

1.- As criaturas terrestres de Salesianos desenvolven o seu Factor Humano de moitos, variados e mareantes xeitos. A pesar desa dispersión, conseguen un riso de fondo bastante consistente. 2.- A fealdade sen paliativos dos humanos e humanas ten a súa razón de ser: a súa cabeza diminuta contrasta coa grandeza da súa pataca palpitante; as mans e pernas e os seus dous únicos ollos están ao servizo do magnetismo intercriaturas; coa boca, alén de nutrirse, poden cantar, falar e vociferar incansables. Non son feos, en fin, por maldade, senón por necesidade. Non atopamos utilidade ningunha ao mal cheiro de pés que teñen e os buracos do nariz ben poderían estar camuflados ao carón do embigo sen ofender a vista. 3.- Aprenden con auténtica avaricia e sen necesidade de salchichas de sabedoría: soben a un escenario e aprenden; entran na clase e aprenden; saen dela e seguen aprendendo; ollan un peixe, unha casta-

ña ou un arando e algo aprenden. Estas facultades permiten que toda a especie en todo momento estea en condicións de axudar a outros semellantes a, como din, “chegar máis lonxe, subir máis alto, facerse máis forte”. 4.- Ha un tal “Xoán Bosco” que os inspira. Por iso teiman en que ocole pareza a guarida familiar de todos e todas; por iso trátanse na meirande parte das ocasións como se naceran do mesmo ovo. 5.- Finalmente, debemos recoñecer que quizais non sexan tan listos coma nós nin tan belos, iso é evidente. Tampouco están especialmente dotados para o combate. Non len a mente nin se teletransportan, carecen das tres colas regulamentarias. Porén, máis aló de seren un desastre biolóxico, descubriron unha forma de vivir alternativa e, por que non dicilo, bastante menos estraña do que pensábamos nun principio. Corto e cambio, que comeza o recreo e non mo quero perder. ASINADO: O curmán pequeno de Gurb e XZ3.


47


Xanela 33  

Revista colexial, xuño 2016

Advertisement