Crónica Fermín Bouza Brey

Page 1

COÑECENDO A FIGURA DE FERMÍN BOUZA BREY

O xoves pasado viñeron de Normalización do Concello de Ponteareas ao noso IES explicarnos quen era Fermín Bouza Brey. Así puidemos coñecer un dos persoeiros que axudou a construír a recente historia da nosa vila. En colaboración cos da clase, velaquí as notas que tomamos. Naceu en Ponteareas, un 31 de marzo do ano 1901. Na Praza Maior, chamada antigamente Praza do Cabezón. Naceu alí, porque antes era unha tradición que as mulleres foran ter os fillos á casa das súas nais. Así tamén puidemos ver como era Ponteareas nos anos vinte.


Comezou a estudar Filosofía e Letras, pero cambiou e empezou a carreira de Dereito en Pontevedra e Ourense. Cando terminou a universidade foise a Lleida, onde exerceu como xuíz. Coa guerra civil foi relevado do seu cargo acusándoo de galeguista. Aínda que no 1938 foi rehabilitado como xuíz. Cando estaba en Lleida, foi a moitos países de Europa (Alemania, Francia, etc) realizar traballos de investigación co equivalente ao que hoxe chamariamos unha bolsa de estudos. Colaborou coa revista Nós e formou parte do Seminario de Estudos Galego, onde traballou sobre a arqueoloxía e a cultura galega. Escribiu moitas obras en galego e en castelán, mais as que estaba escritas en galego foron publicadas en Portugal. O seu afán polos libros, pola etnografía historia, etc., venlle do seu pai, que era un home moi culto. Escribiu Nao Senlleira, unha obra de poesía do neotrovadorismo. Grazas aos seus estudos, por querer descubrir o significado e a etimoloxía dos topónimos , descubríronse moitos castros antigos, como por exemplo o Castro de Troña, en Pías (una aldea de Ponteareas), que todos coñecíamos pero que non sospeitabamos que se escavara grazas aos seu s estudos e interese. Foi un home moi activo ata a súa morte e por iso nos explicaron que ensinou aos máis novos. Incluso os domingos os mozos ían á súa casa buscalo para que fose con eles e lles ensinase o moito que sabía sobre castros, en xeral sobre arqueoloxía. No 1992 adicouselle o Día das Letras Galegas. Sara Bugarín e Isaac Garrido.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.