Dillo a quen maltrata

Page 1

CONCURSO DE CARTAS DILLO A QUEN MALTRATA

IES PEDRA DA AUGA 1ยบ e 2ยบ ESO (CURSO 2014/2015)


Odiado maltratador: Me gustaría saber por qué maltratas a tus hijos. ¿Acaso los odias? Ellos no tienen que recibir palizas porque son pequeños y tienen a nadie más que los defienda. Pienso que, como padre, tienes que protegerlos y darles un futuro. ¿Y tu mujer? Hace mucho tiempo que no la veo. Seguramente se habrá ido. Siempre estabas humillándola e insultándola. Los vecinos dicen que se fue a Londres, con Enrique, a hacer una nueva vida. La policía aún no te ha pillado pero tu mujer te ha denunciado por golpear a vuestros hijos y desea verte entre rejas. Ojalá alguien te haga tanto daño como tú se lo has hecho a los demás. Un saludo.

INÉS CARRERA ANDRADE, 1º ESO, IES PEDRA DA AUGA.


Ola maltratador: Non entendo por que o fas. Quítaslle as ganas de vivir e tela sometida. Ela ten os seus dereitos e ten que ser libre. Porque sexas un home non quere dicir que teñas máis poder sobre ela. A única marca que debe ter é o teu sorriso e ti quítasllo. Non é a mesma, non fai as mesmas cousas que antes. Non sae, non se divirte... Sempre vai tapada para ocultar as marcas que lle deixas pero, o peor non son as marcas exteriores, senon o dano interior que lle fas día tras día. Aínda que non o creas eu véxoo e escoito todo. Preguntaraste que son. Son a túa filla, unha das vítimas deste maltrato.

PAULA CATARINO AMOEDO, 2º ESO, IES PEDRA DA AUGA


Son aquel que non ten nome, ao que ninguén lle fai moito caso. Moitos nin se decatan da miña presenza. Outros, ignóranme cando me ven, coma se non existise. O outro día, pareime a pensar na rapaza que vive no derradeiro piso do portal frío e húmido no que paso os meus días. Ao principio, os seus ollos desprendían fervenzas de alegría. Ás dúas e media voltaba da instituto, sempre me saudaba e facía algo que poucos podían conseguir: contaxiarlle o seu sorriso a un home que non ten onde morrer, que vive nun portal dun piso, á intemperie e que durme nuns cartóns. Haberá coma mes e medio que notei un cambio no seu rostro, non me saudaba, notábase triste, meditabunda e ollando sempre cara o chan. Non me parecía a mesma. O mes pasado, voltaba da escola e notei algo inusual: un mozo maior que ela, a acompañaba. Ela non parecía moi contenta polo seu acompañante pero él... tiña un sorriso debuxado na face. Un día, chegou á mesma hora de sempre, saudoume e eu devolvinlle o saúdo. Noteina un pouco desaliñada aínda que non lle fixen moito caso, un mal día, pensei. Pero parecía que ese mal día se prolongaba. Chegaba cos botóns superiores da súa camisa a cadros desabotoada, cos seus zapatos desatados e os seus cabelos loiros completamente despeinados. Ademais, traía os ollos rubios aínda que son dun azul fermoso. Pero o luns pasado, foi a gota que colmou o vaso. Chegou cedo a casa, viñera a presa da escola posto que estaba nervosa e suaba. Chegou ó portal, saudoume cambiando un intre a súa cara de desesperación por un sorriso forzado, tiña a intención de


mostrarme serenidade e que todo ía ben. Preocupeime. E moito. Estaba eu cavilando cando, de súpeto, se achegou cara onde eu estaba o mozo que a acompañaba aquel día. Dirixiume unha mirada furtiva, que co seu entrecello fruncido amosaba furia. Parecía moi enfadado. O meu corazón non se relaxou ata que o viu pasar de largo e comprender que non era eu o motivo da súa ira. Tranquiliceime. Pero uns minutos despois, escoitei un berro procedente dos pisos. Non sabía de cal procedía pero era dunha muller. Agora si que estaba preocupado. Tanto que tiven que ir dar un paseo ata a praza maior. Xa me atopaba mellor e como era de noite, volvín ó portal para poder durmir. Non volvín saber nada do berro. Desde ese día, ela non volveu ser a mesma. Volvía da escola chorando ou aguantando as ganas. Sempre así, Intereseime por saber onde traballabas. Sí, tú, o mozo que tan furioso estaba ese día. Atopeite nun taller e decidín que che escribiría esta carta. O que che quería transmitir é que, aínda que apenas coñezo a rapaza que vive no piso do portal no que vivo, nin sei sequera o seu nome, sufro por ela. Aínda que eu só sexa un pobre vagabundo. Gustaríame que a deixaras tranquila, non está ben o que fas!! Para, por favor!

FRANCISCO GONZÁLEZ CASTRO e ANDRÉS GÓMEZ RODRÍGUEZ, 2º ESO, IES PEDRA DA AUGA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.