Memoria de Actividades 2014

Page 117

ACTIVIDADES/ FESTA DIM

DÍA INTERNACIONAL DO MUSEO 2014 Datas: venres 16, sábado 17 e domingo 18 de maio

Na fin de semana do 16 ao 18 de maio, O MARCO sumouse á celebración do Día Internacional do Museo e ofreceu unha programación especial con actividades para públicos de todas as idades, e amplía o seu horario coa apertura de salas o domingo pola tarde. O lema para o DIM 2014 foi ‘Os vínculos creados polas coleccións dos museos’, que pretende renovar os métodos tradicionais de participación que implementaron os museos para manter vivo o interese do público. Os museos enfróntanse constantemente a cambios que os obrigan a reformular o seu compromiso tradicional e atopar novas formas de accesibilidade e comunicación, no seu papel de relatores do patrimonio cultural e da memoria colectiva dunha comunidade. As actividades programadas estaban en relación coas dúas exposicións que nesa data se exhibían en salas, a poucas semanas da súa clausura: VERANEANTES na planta baixa, e HISTORIA. MIRADAS DE ARTISTAS no primeiro andar. MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014 |

117


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.