Mapoula 2009

Page 20

18 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AS NOSAS CREACIÓNS

AUTORA: ALICIA CORREA ASENSIO (1º D BACH)

Poemas: As cantigas do vento Cantiga I: O solpor

A brisa chega, a lene brisa da primavera. Asoma o vento entre as cerdeiras con pensamentos de arelas, e as maceiras. Entre olivos e mans brancas atópase a esperanza. A balanza do amor chega co Solpor. Enredada nas ondas do mar sinto saudade de ti. A tenue luz do ceo acariña a gorxa do mar que inunda co seu son o enmeigado pobo. Saen as doncelas brancas mentres cae o Solpor cunha lene brisa de amor.

Cantiga III: O mencer Nos bosques espertan as ninfas. Vestidas de alegres cores dirixen a orquestra do mencer.

Cantiga II: A noite escura

A noite escura derrúbase ante min. Camiño soa pola rúa, a branca doncela espida: raíña da noite, a lúa. Camiñaba, prendida nos fíos dos meus pensamentos que conducían á soidade; sen unha clara luz, sen farolas, a cidade. O zoar suplicante do vento inunda a cidade dormida, con pensamentos de amor que le a branca doncela espida. A cidade dorme baixo un enorme veo de margaridas brancas que iluminan o ceo. Cae a noite cos luceiros e as doncelas de mans brancas debuxan ouros no ceo coas súas voces, mentres cantan. A escura noite na cidade ilumínase de Ledicia desaparecen as escuras almas correndo entre gargalladas.

A luz rosada da alba esperta as criaturas enmeigadas, que saen voando con violíns nas mans. O bater das follas, o cantar dos paxaros, o marmurio do vento, anuncian a chegada do mencer.

Estas cantigas que acabades de ler foron presentadas no ano 2007 ao IV Certame literario Luísa Villalta, o xurado otorgoulle o primeiro premio na categoría de poesía. Nós tamén che damos a enhoraboa!!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.