Mapoula 14

Page 1


ÍNDICE Dirección e coordinación

Equipo de Normalización lingüística Mª Xosé Mato

Maquetación Andrés Lariño e os alumnos de T.I.C. 1º de Bacharelato A Ángela Álvarez Iván Wenceslao Beltrán Miguel Casal Diego Collazo Sara América Gil José Antonio Martínez Santiago Ramón Pampín Sara Rey Bianca Tripodi Tatiana Túñez Pedro Vázquez 1º de Bacharelato B Raquel Conde David del Río Iván García Mateo Montejo Pablo Patiño Juan José Varela Elisabet Zurro

A NOSA ARTE ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­ 2 ­ Os libros son obras de arte. ­ Traballos volume e técnicas. SAÍDAS ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­ 6 ­ Cidade medieval da Coruña. ­ Museo Emilia Pardo Bazán. ­ Teatro ­ Ave Amicae et amici. ­ O que de verdade importa. ­ Os Peares. Inmersión Lingüística. ­ Visita ao Mac

A NOSA LITERATURA ­­­­­­­­­­­­­16 ­ A pantasma. ­ ­ As apariencias enganan. ­ O can de palleiro. ­ Unha visita inesperada. AS NOSAS MATES ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­21 ­ O enigma de Allan Turing. ­ Caderno de viaxe. ­ As mates son doadas. DEPORTES ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­26 ­ Fútbol feminino intercentros. ­ Esquí. ­ Jugger. A NOSA XENTE ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­30 ­ Xalo en América. ­ A triunfadora Ana Inés. ­ Olimpiada matemática ­ Boa sorte 2º Bacharelato. ­ Jack Taylor ­ Seguen as xubilacións AS NOSAS COUSAS ­­­­­­­­­­­­­­­­44 ­ Nova biblioteca. ­ Evacuación ­ ­ Bioloxía ­ Calendarios marcadores. ACTIVIDADES ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­49 ­Festa Mapoula 2013 ­Non á violencia de xénero. ­Algarabía Animación ­ Festival de nadal. ­ Festival de entroido. ­ Día das letras galegas. ­ O mago Richard. ­ Conferencia de Marcos Calveiro. ­ Pasatempos EQUIPO DE MAQUETACIÓN ­­­61


a nosa arte a nosa arte a nosa arte

a nosa arte a nosa arte a nosa arte a nosa arte

a nosa arte a nosa arte a nosa arte


OS LIBROS SON ...

OBRAS DE ARTE Credes que un libro pode ser unha obra de arte? Dende logo que sabemos que unha novela ou uns poemas poden ser obras de arte. Literatura, non si? Pero que me dicides dun libro: as follas que pasamos entre os dedos, as cubertas, o lombo... Todo iso pode facer unha obra de arte? Pois si. Un libro de artista é unha obra de arte realizada por un creador plástico, que o considera un soporte máis, como un lenzo para un pintor ou a pedra ou o bronce para un escultor. Mais as súas especiais características fan del un medio con moitísimas posibilidades: poder xogar co tempo, avanzando ou retrocedendo mentres pasamos as páxinas, a posibilidade de unir a pintura, a escultura e a poesía experimental, as artes aplicadas, a fotografía, a encadernación... Un libro de artista está feito para ser lido, tocado, ulido, ollado, manipulado e sentido. Para elaborar un destes libros, o creador pode partir dun libro ou un caderno que xa existe, modificándoo para conseguir un obxecto novo. Ou construílo dende cero con papel e cartón, mais tamén con materiais "menos literarios" como metacrilato, plástico, cartón pedra, madeira, etc. Con estas imaxes que vedes aquí, gustaríanos compartir convosco os libros que elaboramos no curso 2013/2014 os alumnos de 1º de Bacharelato da materia de Volume. Esperemos que vos gusten e que algunha vez vos atrevades a crear o voso propio libro de artista!

3


T é c n i c a s e vo l u m e A continuación queremos amosarvos algúns traballos que os alumnos e alumnas de 2º Bacharelato C e D temos realizado ao longo do curso na materia de Técnicas de Expresión Gráfico­plástica. Quizáis recoñezades a algún de nós entre os retratados...! E ao mellor algúns dos traballos vos parecen un pouco violentos, pero é que se pedía que creasen unha pintura para ilustrar os conflictos bélicos e outras traxedias sucedidas ao noso redor. Que os artistas non estamos só para amosar as cousas bonitas!

De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Marta Del Pozo, Sofía Alvárez, Nerea Gómez, Lois Búa, Nerea Gómez (outra vez), Diego Cardona, Raquel Montero, Eloy Veres, Ana Pumares e Ana Castro.

4


Volume 1º BACH 1­ Este libro de artista, obra de Judit Vaquero Muiños (1º BAC C) é una homenaxe ao poeta uruguaio Mario Benedetti. 2­ Proxecto de polihedra realizado por Sara Ballester (1º BACH B). 3­ O traballo técnica de placas, de Antía Barguet Fresad (1º BACH D). Neste traballo o obxectivo principal era que lograr era dar co o grao de humidade ideal da arxila xa que, se está moi mollada derrúmbase e se está moi seca agriétase e rompen as 4­ Sanmartín Monzón (1ºBACH C) intenta transmitir coa súa obra que o clásico (representado co libro antigo ambientado no mundo medieval) e o mundo tecnolóxico (representado polas placas base) poden xuntarse e levar a cabo creacións impresionantes (representadas polo conxunto entre a pantalla LCD e os recortes de periódico saíndo da terra (simbolizando a creación de ideas).

5


as nosas saídas as nosas saídas as nosas saídas

as nosas saídas

asas nosas nosassaídas saídas as nosas saídas

as nosas saídas asas nosasnosas saídas saídas


CIDADE MEDIEVAL DA CORUÑA IGREXA DE SANTA MARÍA OU A COLEXIATA Aquí aparece representada a Virxe María co Neno Xesús nos brazos e os tres Reis Magos. Unha vez dentro da Colexiata, explicáronnos quen realizaba as igrexas. Eran traballadores de distintos oficios e como lles pagaban por facelas facían unha marca na parte que eles fixeron

Por un dos laterais da Igrexa de Santa María atópase unha porta de aceso a ela. Enriba da porta sempre se atopan figuras, pois aquí, aparece Santa Catalina representada con catro rodas, dúas a cada lado. A Santa Catalina intentárona matar por non converterse ao cristianismo, e intentaron facelo da forma máis cruel, pasándolle catro rodas con pinchos por encima.Pero non morreu así senón decapitada. Ao seu lado, hai un señor que foi quen a quixo matar.

IGREXA DAS MONXAS CLARISAS OU SANTA BÁRBARA

Foi construída no ano 1786. Na porta que se pode ver dende a rúa hai un crucifixo,a Xesús crucificado e varias persoas máis.

Despois, na entrada principal aparece a Virxe María co neno Xesús en brazos, á dereita Santa Catalina cunha roda, e á esquerda aparece Santa Bárbara

7


Igrexa de Santo Domingo A fachada desta igrexa está torcida. Conta unha lenda que o construtor ao facela e ver que quedara torcida tirarase dende o alto da mesma, pero iso é mentira. O construtor tivo que facela así para que cadrase con resto de fachadas. Na porta lateral, atópase un potro, pero nesa mesma figura ten o ano da construción da igrexa.O ano atópase nas patas do potro, que representa o ano 1411. Esta igrexa ten unha mestura do románico, o gótico e o barroco.

Xardín de San Carlos Alí hai unha dedicatoria a John Moore en inglés pero tamén traducida ao galego. "Na tomba do Xeneral Sir John Moore" ¡Cuan lonxe, canto das escuras nebras dos verdes pinos, das ferventes olas qu'o nacer viron!..; dos paternos lares do ceo da patria, qu'o alumou mimosa dos sitios ¡ay! do seu querer: que lexos víu á caer baix'enemigo golpe pra nunca mais se levantar, coitado! .................................................. Mais que fermosa e sin igual morada lle coup'en sorte ós teus mortales restos... c'o seu respeto compasiva vela pol­o estranxeiro á quen traidora morte fixo fincar lonxe dos seus, e á alleos víu á pedir o derradeiro asilo. .................................................. Cando do mar atraveses as ondas y o voso irman a visitar veñades poñé na tomba o cariñoso oído e se sentís rebuligar as cinzas e s'escoitás indefinibres voces e s'entendés o que esas voces digan a y­alma vosa sentirá consolo El vos dirá qu'arrededor do mundo tomba millor qu'aquí atopou n'achara senon dos seus antr'o amoroso abrigo.

Rosalía de Castro

8

No xardín de San Carlos, atópase a tumba do xeneral Sir John Moore que aliou aos ingleses e aos coruñeses para loitar contra os franceses.Neste xardín hai un mirador polo que miraban para vixiar os ataques dos inimigos.

Erea Seijo López, 2º B


MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN

O xoves, 8 de maio fixemos unha saída á casa de Dona Emilia Pardo Bazán, que foi doada por unha das súas fillas e agora ten a planta baixa como sala pública onde se reunen os membros da Real Academia Galega, o primeiro é un museo en honor a Dona Emilia e o terceiro piso é unha biblioteca onde se atopan moitos volumes desta escritora. Ao chegar deunos a benvida o guía, Manuel. Comezamos pola sala da Real Academia Galega. Alí explicounos o que facía a Real Academia Galega. Explicounos o que facía esta institución, algo da súa historia, dos presidentes que a dirixiron e moitas máis cousas. A RAG encárgase de eleborar as normas gramaticais, ortográficas e léxicas da lingua galega, ao tempo que a defende e a promove.Tamén se

No primeiro piso falounos da infancia que tivo Emilia Pardo Bazán e da influencia que tivo do seu pai e da súa nai. Tamén nos falou da súa ideoloxía e da súa familia. Dende pequena Emilia lía moito e pasaba case todo o tempo na bibliotecca do seu pai lendo. Iso fíxoa curiosa e formou a base do seu carácter e da súa ideoloxía. Cando tiña arredor de oito anos suplícalle a seu pai que a deixe ir á escola e seu pai acepta e mudaŕonse a Madrid para que puidese estudar. Creceu entre libros e iso axudouna moito a escribir. Casou moi nova, con 16 anos con José Quiroga e tiveron un fillo e

encarga de crear dicionarios específicos nun tema (como cociña, arquitectura, historia....) ou xerais porque a lingua sempre está cambiando. Díxonos que a RAG está dirixida por un presidente, o actual é Xesús Alonso Montero, pero que por ese posto pasaron moitos como, por exemplo, Manuel Murguía (chamábanlle o Ratón) que foi o primeiro presidente. Todos os presidentes están representados nos cadros que rodean toda a sala. Aínda que o dirixa un presidente ten uns funcionarios expertos en linguas. Para rematar falounos un pouco do Día das Letras falegas, que este ano está adicado ao poeta Xosé Mª Díaz Castro que escribiu un libro de poemas Nimbos ( no que figura o seu poema Penélope)

dúas fillas. O primeiro casou e tivo un fillo pero morreron os dous no comezo da Guerra Civil .Unha das fillas tamén morreu nova e a outra, Blanca, donou a casa coa condición de que a converteran en museo e bibliteca. Nos seus libros Dona Emilia reivindica moitas cousas antes non tomadas en serio como a violencia de xénero ou a liberdade persoal. A súa literatura defende moito os dereitos da muller. A pena foi que non subimos á biblioteca onde quería ir eu; aínda que o guía díxonos que podiamos e debiamos ir cando quixeramos. Marina Dans Fernández, 2º B

9


O Xardín das Pernas Roubadas é un texto de Xoán Carlos Mejuto que foi posto en escena en 1997 na cidade da Coruña polo grupo Teatro da Bufarda. Quince anos despois, o grupo Tuerka recupera o texto que tan boas críticas acadara no pasado e plantea unha producción e unha linguaxe estética máis ambiciosas.

En palabras do autor, “O xardín das pernas roubadas é, ante todo, unha comedia en vermello, unha comedia aceda. Tenta criar unha realidade extraña e inquietante que, sempre através do humor, poida facernos reflexionar sobre os problemas que padecemos día a día: a incomunicación na vida cotiá e a dificuldade de atopar o amor; a corrupción dos poderosos e a alienación dos cidadáns de a pé; o inmenso poder que teñen sobre nós os medios de comunicación de masas; e a comodidade de se sentir cidadáns deste chamado “Primeiro Mundo”, grazas ao lonxe que ás veces parecen estar as grandes traxedias de sempre: as guerras”. Ambientada nunha misteriosa illa, na que moran uns personaxes que, ou ben están tolos, ou ben manéxanse por moi estraños intereses; e nunha sorte de futuro que quen sabe se non estaremos a vivir de certo; conta a historia dun náufrago que aparece nunha das súas paradisíacas praias, un soldado en dirección a unha guerra, unha guerra da que nin el mesmo semella saber gran cousa.


O pasado abril, varias clases do noso instituto acudiron a vela representada no teatro Colon. Ao pedirnos unha opinión non sabíamos ben que dicir. A obra impactounos e fíxonos pensar, pero desde logo non deixou a ninguén indiferente.

Andrés Soria López­Santos, 4º B

11


AVE AMICAE ET AMICI! O pasado 25 de Marzo os alumnos de Cultura Clasica de 3º e 4º de latín

e os de Bacharelato de

Humanidades , realizaron unha excursión á cidade de Lugo. Saímos do centro ás 9.40 h. para chegar a Lugo ás 11.15. A primeira actividade era a asistencia á unha representación do Festival de Teatro Grecolatino. A obra que fumos ver era CÁSINA de Plauto interpretada polo grupo Noite Bohemia da Coruña. CÁSINA é unha das últimas e máis conseguidas comedias que escribiu Plauto. Trata do amor que un pai e un fillo senten pola mesma escrava, e das artimañas do mosteiro acompañados por unha guía do concello , que as distintas personaxes traman para conseguir os que dun xeito moi didáctico informounos do valor seus propósitos. Todo iso aderezado polas situacións cómicas, picardía

artístico e histórico do recinto. Por último, as 16.30 emprendemos o camiño de

, burla...que contribuíron a que o abarrotado salón de regreso á nosa cidade. Hai que agradecer aos alumnos actos estoupase en gargalladas.

asistentes que, a pesar das adversas

condicións

Ao remate da representación desprázamonos ao centro climatolóxicas que tivemos, amosaron unha boa actitude de Lugo para xantar e facer un percorrido pola cidade e e unha excelente disposición ante as actividades pola impresionante Muralla. Patrimonio da Humanidade programadas. E por descontado, moitas grazas tamén a dende o ano 2000.

Milagros Álvaro e Ángel Corral que amablemente

Pola tarde ás 16.15 marchamos visitar o Mosteiro estiveron con nós este día

12

ET VALETE!

AGO!

GRATIAS VOBIS

Cisterciense de Meira.Fixemos un percorrido pola igrexa


O QUE DE VERDADE IMPORTA Un auditorio, un presentador, tres charlas de tres personaxes relativamente coñecidos e un aforo de case 1500 persoas No Palexco, o día mércores 19 de marzo, tivo lugar a iniciativa coñecida como “Lo Que de Verdad Importa”, a cal tivemos o privilexio de recibir na Coruña por terceiro ano consecutivo. Estas exposicións non son dadas por psicólogos ou expertos en motivación; tan só é xente que realmente sabe do que fala. Xente que ventou a morte ou que o deu todo para alcanzar as súas metas. Xente que agora intenta que nós, os rapaces, e os non tan rapaces, poidamos aprender das súas experiencias

En primeiro lugar temos a Sandra Ibarra, unha muller cuxa carreira como modelo se truncou cando, con tan só 20 anos, se viu obrigada a loitar ­dúas veces, por se unha fose pouco­ contra unha leucemia. Alex Corretja, chegou a ser, non por casualidade, un dos mellores tenistas españois da historia, só á altura duns poucos que saben o que é o esforzo maís aló dos nosos límites; ese pouquiño máis que «pode marcar a diferencia», segundo di el. «Estás curada cando podes escoitar a túa canción favorita sen chorar»

«Os que toman o camiño fácil son os que non saben chegar doutra maneira»

«O importante non está nas persoas extraordinarias, está no extraordinario de

Por último, que dicir de Jorge Font, un home que cambiou os esquís que o levaron a ser campión do mundo de esquí acuático por unha cadeira de rodas. A forza e a singularidade da súa mensaxe calaron en todos nós a través do seu acento mexicano natal e, por enriba de todo, a través da súa muller, que o acompañou e que nos demostrou que sempre se pode ver máis alá do aspecto exterior.

cada persoa»

Noé Ramudo López, 2º D Bacharelato

13


OS PEARES

O pasado mes de Novembro fomos ao curso de Inglés de Os Peares. No campamento estabamos catro institutos ( Malpica, Mondoñedo, Moaña e Coruña) A xente dividíase en grupos polo nivel de Inglés. Había 6 grupos , do A ao F. O A era o mellor e o F o peor. Por sorte a maior parte do instituto atopábase entre os grupos A e C. As clases e outras actividades O primeiro día fixéronnos unha proba de nivel. As preguntas eran moi variadas, algunhas moi doadas e outras máis complicadas. Despois diso formaron os grupos. A min tocoume no grupo B e creo que tiven moita sorte porque os profesores eran xeniais. Chamábanse Luke, David, Ross e Max.

Tiñamos clases dunhas 6­8 persoas por aula, dende as 10:00 a 13:00, con dous recreos de vinte minutos, comíamos e as 15:00 empezábamos outra vez as clases ata as 17:00. Nas clases tiñamos un profesor por hora e media. Os meus eran Andrew, Jakob, Bea e dous máis que non me acordo. Andrew era inglés. Eu mantéñome en contacto con él falando en inglés por twitter. (Celia Vázquez) Os profesores eran moi bos, e as súas clases amenas e divertidas, cun feixe de xogos e actividades. A primeira tarde tivemos un exame para controlar o noso nivel e así dividírmonos en clases; a partir de aí todas as noites faciamos cousas diferentes, cunha morea de xogos entretidos: a segunda noite concursamos entre nós cun xogo de preguntas e respostas; a terceira noite fixemos un xogo chamado cluedo( de detectives); o cuarto día tocou un xogo de talentos, no cal cada grupo tiña que representar unha cancion ou baile; o quinto día foi o da noite do terror, na cal vimos unha peli, e por fin o último día tivo lugar unha sesión discotequeira, onde bailamos ata non Ademais de ter clases de inglés tivemos outras actividades poder máis. Na miña opinión, estivo moi ben e a min gustaríame extraescolares como visitar a presa de Fenosa. Tamén volver outro ano ao campamento . (André Caamaño Martín) tiñamos unhas reunións moi interesantes como o Cluedo ou a discoteca. As reunións faciámolas cos grupos que tiñamos clase xuntos. Como actividades extraescolares fixemos un xogo que mesturaba o trivial, o pictionary, o tabú. Tamén fixemos unhas fotografías representando cadros famosos, series de televisión, palabras. Tamén fixemos o típico xogo das cadeiras, ou outros xogos que se chamaban rompendo o xeo. Tivemos o Talent Show no que se trataba de que prepararamos algo coa nosa clase e o representaramos (teatro, baile, mímica) e o Quiz Show no que había que responder a preguntas sobre os profesores e monitores Tamén tivemos concursos de limpeza nos cuartos E a última noite tivemos discoteca ata tarde. E á mañá seguinte ¡fixéronnos madrugar! Foi unha experiencia única e para ser só unha semana apréndese a falar mellor o inglés.

14


V is it a a o Hai uns días os alumnos de 1º BAC de Artes fixeron unha visita ao Museo de Arte Contemporánea gasNatural Fenosa. Fixeron un percorrido por obras escultóricas e instalacións da súa colección e tamén de exposicións temporais que tiñan nese momento. Por outra parte, os alumnos de 1ºB Bach asistiron a unha visita guiada en Inglés para a exposición 2014 no museo MAC. As explicacións de Sonia Esturao, a nosa guía británica, foron moi interesantes e axudaron aos estudantes a descubrir por sí mesmos os significados ocultos dalgunhas destas pezas de a rt e . Tamén tiveron a oportunidad de ver a exposición de fotografías de Manuel Vilariño, que está a mostrarse no museo.

15


a nosa literatura a nosa literatura aa nosa nosa literatura literatura

aa nosa nosaliteratura literatura a nosa literatura

aa nosa nosa literatura literatura a nosa literatura


CENTRO ESOTÉRICO. Garanto resultados en calquera traballo de ben.Especialista en abrir camiños para á prosperidade económica e curación física, mental e espiritual.

Estaba a piques de pechar cando apareceu o señor Ibáñez, o último cliente do día. Dende o primeiro momento preferiría non telo coñecido, mais ao principio era porque estaba moi canso, agora é por outros motivos. Cando entrou, senteime ás presas e con aire de superioridade preguntei para que viñera onda min. El respondeume que viña para a curación espiritual, e a min sorprendeume, porque case todo o mundo viña pola prosperidade económica. Entón fiteino con máis interese, e cando chegou á parte máis iluminada da habitación, decateime que era…

Eu case morro da sorpresa, porque ata ese momento non cría en pantasmas nin en espíritos nin nada dese tipo; eu só lle dicía á xente o que quería escoitar. Cando me recuperei do susto, pregunteille cal era a causa da súa visita e el contestoume que a pesar de ser unha pantasma non sabía asustar. Marina Dans Fernández 2º ESO B

17


Estou farto! Por que os lobos temos que ser sempre os malos? Aínda que acontecera, algunha vez, un feito, por parte dos meus, pouco agradable... Un error teno calquera, non si? Incluso os humanos, que se cren mellores, pois non, non é así, para nada! Ben, eu chámome Feroz, sei ben que o nome non apoia moito o que argumento, pero como digo, as

En fin, vou relatar un suceso acontecido hai ben pouco. Moitos feitos similares ocorreran pero este chamoume moito a atención. Demostra a idea equivocada que teñen os humanos de nós. Comecemos. Camiñaba eu polo bosque como todas as tardes buscando algo que meter á boca, pois este corpo non se mantén soíño, e entón atopeime cun home. Máis que home, hometón. Moi alto e grande, pelo cor avelá e unha barba espesa como as fragas. Nunca pensei que un home como aquel podería berrar así. Nada máis ollarme comezou soltar alaridos incríbles. Caeume ben, decidín seguirlle o xogo, e botei fóra o mellor ouveo que puiden. Creo que non lle gustou, pensei, porque comezou a correr coma un tolo. O caso é que tropezou cun croio e caeu tras un arbusto. Agora, agora o comprendía, quería xogar ás agachadas. Acerqueime para pillalo entón tiroume unha pedra. Fun buscala e decateime de que canto máis me acercaba para darlle a pedra máis nervioso se encontraba. Cando estaba xa preto de todo, perdeu o coñecemento. Entón comprendino, tíñame medo!!. Todo o que fixera fora para escapar, fuxir de min, non para xogar. Ollei ao

18

home inconsciente e descubrinlle una ferida na perna. Aproveitando o desmaio, limpieille a brecha. Eu non son coma el pensaba. Non esperei reacción, cando quedou desinfectada volvín coa manada e esperei que o home botara conclusións. Eu só quería xogar... De verdade a estes humanos non hai quen os entenda! Clara Rey Iglesias 2ºESO­B


Se vos digo que pertenzo ao que se chama “unha raza autóctona galega en perigo de extinción”, seguramente teriades moitas dificultades en averiguar quen son, dada a enorme amplitude dese conxunto (se nacen tan poucos galegos que ata o galego mesmo está en perigo de extinción), así que sen máis voltas voume presentar como se me coñece dende sempre: son…

Si, ese que segundo os nosos vellos podían coidar o gando, gardar a casa, ou acompañar aos nenos da escola de volta ao fogar. Como xa vos podedes imaxinar o noso nome puxéronnolo tras ver como procurabamos a calor e o abrigo do palleiro para durmir, pois sempre nos gustou vivir e durmir fóra da casa. E como sabedes que son un verdadeiro can de palleiro e non unha imitación, ou un cruce con outras razas? Pois porque teño todas as características necesarias: o meu corpo é fornido, harmónico, mediano e lixeiramente alongado. A cabeza é forte e proporcionada, a pel tersa e o pelo espeso. Son tranquilo coa xente da casa e leal ao meu amo, ese que me mercou nunha feira de gando en Compostela, aínda que me molestou velo

regatear o meu prezo como se eu fose un obxecto calquera. Son reservado cos estraños, pero eso sí, cando vexo un pastor alemán bótome a el con unllas e dentes, pois non esquezo que foi a chegada desta raza foránea a que case provoca a desaparición da nosa raza. Hoxe semella que as cousas van cambiando e a administración coida de nós para conservarnos: se ata me levaron á televisión e me fixeron desfilar como se fose u n mo d e l o ! Si amigos, non hai lugar a dúbidas: son o verdadeiro, o auténtico can de palleiro!; ese ao cal “só lle falta fallar” André Caamaño Martin 2º ESO B

.

19


UNHA VISITA INESPERADA!!

Aquel día recibín unha chamada: ­ Vostede podería atopar unha parella para mín, aínda que fose de características ... digamos ... inusuais Respondín que si de contado, neste negocio non se pode transmitir inseguridade ningunha e quedei de recibilo ese mesmo día ás oito. Cando xa ía pechar abriuse a porta.

me parecese axeitada. Polo camiño, fixen unha parada na do meu amigo Miguel, e atopeino coma sempre, coa música a todo volume e tuneando no seu coche. Conteille o meu problema e levoume sen dicir nada á horta que tiña detrás. Mostroume a cabra que tiña alí a pacer e díxome: ­ Velaí tes a solución! ­ Home, xeitosiña parece… Non sei eu.. E non se notara que lle falta algo así como un corno? ­ Será por cornos, teño aí unha antena de último modelo para tunear a cabra e así dá o pego.

Non me da reparo dicilo! Se non chega a ser que estaba sentado seguro que caía de cu no chan!!. Porque diante miña tiña unha especie de cabalo E abofé que así foi. Ao día seguinte tivo lugar a pequeno, aínda que máis miúdo de corpo. a súa pel cita e foi un amor a primeira vista. era de cor azul, e no medio da testa saíalle un corno afiado. tratei de non perder a calma. André Caamaño Martín 2º B ESO ­ Corrixame se me equivoco, pero ten vostede pinta de ser un unicornio. ­ E vostede un humano­ respondeu el. Aí si que me desarmou. Para gañar tempo, pregunteille cal era o seu tipo: ­ Cariñosa, guapa, simpática…En fin, nada distinto do que supoño pedirá a maioría da xente ­ Non se preocupe, veu vostede ao lugar axeitado. Ninguén sae de aquí desemparellado.Volva mañá e falaremos. Pasei toda a tarde buscando nos meus ficheiros posibles pretendentes, dende Bambi ata Daisy, e marchei para a casa sen atopar unha candidata que

20


as nosas mates as nosas mates asas nosas nosasmates mates

asas nosa nosas smates mates as nosas mates

aassnosas nosas mates mates as nosas mates


ALAN TURING: ENIGMA Comezou a guerra Reclutáronme Non mo creo. Xa perdín a conta do tempo hai meses, e agora decátome de que pronto estaremos en Nadal. Como foi o último Nadal que pasei en familia?, canto tempo hai que marchei da casa?, canto tempo pasou dende que non vexo aos meus? En todo o tempo que levo en Bletchley Park nunca me parara a pensar no meu fogar. Estaba demasiado atareado co problema do Enigma. Pregúntome se todo isto paga a pena.

Hai pouco trouxeron a primeira máquina para descifrar o Enigma : o Bombe. Funciona aínda mellor da que eu deseñara e o mellor é que eu estou ao mando por completo. O do Enigma atravesóuseme. Levo unha temporada parado, sen facer nada. Non sei que teño. Sigo sen saber como descifrala máquina, non adianto nada novo.

Xa logro descodificar case todos os códigos de cada mes, vou pillando o tranquillo a isto. Creo que se sigo así vou poder descodificar todos as mensaxes alemás. Normalmente as Bombes tardan só unha hora Acabo de atopar este caderno e vexo que non o terminei. Ao final o do Enigma saíu ben e gañamos a guerra, conseguín un bo traballo e non tiven queixa ningunha durante un tempo. Hai dous ano o meu mozo Arnold Murray rouboume na casa e fun acusado de homosexualidade e aínda agora non entendo o que fixen mal. Tampouco comprendo como puideron maltratarme da maneira que fixeron despois do que fixen por Gran Bretaña durante a guerra. Encantame "Blancaneves", vouna ver outra vez para non pensar mais nisto. Despois do asalto o submarino alemán por comandos por fín teño unha máquina Enigma

22

Marina Dans Fernández 2º ESO B


23


CADERNO DE VIAXE Madrid, 1 do 6 do 2018 Dende que era moi pequena soño con visitar o museo do Prado, e aquí estou, recén saída dunha das mellores experiencias da miña vida. E é que, dende o primeiro momento no que entrei, só tiven ollos para as Meninas. Sentínme atrapada por unha forza descoñecida que levaba a miña mirada cara esta obra de arte do gran Velázquez. París, 3 do 6 do 2018 De París quédome, sen dúbida, coa Torre Eiffel. Como é posible que un simple monumento de ferro poida impresionar tanto? Elevábase cara ao ceo, grandiosa, e non puiden facer máis que permanecer observándoa durante horas. Sería moi inxusto non citar neste diario á maxestuosa Notre Damme ou á marabillosa Mona Lisa que tiven a oportunidade de descubrir mentres percorría as diferentes salas do Louvre. Italia, 7 do 6 do 2018 A miña viaxe non podería continuar sen visitar Venecia, unha cidade fermosa que non só me cautivo pola súa beleza; pois foi alí onde todos os meus pensamentos se centraron na brillantez do Home de Vitruvio. De Venecia partín a Roma unha cidade chea de historia na cal asistín a un concerto de música clásica. Será imposible borrar da miña cabeza a beleza dos violíns tocando a 5ª sinfonía de Beethoven. Tampouco puiden resistirme a dar un paseo polo Vaticano. Chamarédesme tola, pero a imaxe das escaleiras ¡Si, escaleiras! dos Museos Vaticanos aínda segue na miña

Grecia, 11 do 6 do 2018 Sempre me encantou a mitoloxía grega por iso nada máis deixar o barco dirixínme ao Parthenon. Este monumento está dedicado á deusa grega Atenea á cal os gregos consideran a súa protectora. Cando escurecía un grupo de rapaces da miña idade invitáronme a observar as estrelas e a luz das galaxias a través do telescopio. Foi delicioso. Tras isto, visitei algunhas das belas illas deste país. Paseando polas praias de Rhodas a miña atención centrouse na beleza da figura das caracolas. Había miles, de diferentes formas e cores, unha auténtica marabilla.

24

Exipto, 11 do 6 do 2018 Outro dos meus moitos grandes desexos consistía en visitar as famosas pirámides de Exipto. Son dos monumentos máis antigos, famosos e recoñecidos do mundo. ¡Datan de miles de anos a.C! Sinceramente, superaron con creces as miñas expectativas pois foi para min coma unha espléndida viaxe ao pasado. A chegar ao hotel un amable señor regaloume unha rosa. Foi impresionante como os seus pétalos me recordaron a imaxen das Meninas.” Fragmento do Caderno de viaxe, por Clara Rey


AS MATES SON DOADAS! Esta é a historia dun neno chamado Manuel, que estuda en 1º curso de ESO. Manuel era o típico sabeotodo da clase, o que sempre dicia que el era o máis listo e o que presumía de sacar deces en todo (aínda que non fose verdade). Un día, Manuel estaba toleando a súa profesora de matemáticas, e mais a os seus compañeiros dicindo cousas como “Eu, merecía estar un o dous cursos máis adiantado que todos estes parvos, que non se enteiran de nada. Estes exercicios facíaos eu cos ollos pechados e as mans atadas ”. Os nenos e as nenas mirábano cunhas olladas que falaban soas dicindo “Cala xa! Pesado! Que es un pesado!”. Pero nada, Manuel seguía na súa, e non había quen o quitase dela. Ao rematar a clase, cando a rapariga estaba abandonando a aula, a profesora chamou a Manuel e díxolle: ­Manuel, levo excoitándoche toda a hora queixarte . E teño unha proposición para ti. ­Non, non, eu non me estaba queix… ­Pero a profesora non lle deixou continuar. ­A ver, Manuel, queres ascoitar a miña proposición, ou non? ­Si, profe, si, dime ­Eu vouche facer o exame que teño preparado para os nenos de 2º. Se ti sacas máis dun 7, intentarei convencer á xefa de estudos e a directora para adiantarte un ano, como ti queres. ­EN SERIO?! MOITAS GRAZAS, PROFE! Xa veras, vou sacar un 10 nese exame. E se me fas un exame de 3º e aprobo, adiantaríasme outro ano máis? ­ Non te aceleres, Manuel, que aínda teria que falar con direción. E asi Manuel saíu de clase, cun sorriso nos beizos. Pasaron os días e chegou o momento de facer Manuel o exame. Entrou nunha clase e unha hora e media depois (xa que tamén se quedou no tempo do recreo) saíu, suando e rosmando Deus sabe o que. Marta, unha nena da súa clase de 2º preguntoulle que tal lle fora, e el, comenzou a dicirlle que fatal, que era moi difícil e que non o ía conseguir. ­E logo, que che preguntaba? – dixo Marta ­ Buff! O primeiro exercicio dicia algo asi como… “35/60 – 6/8 ∙ (1/2 + 3/6) =” e xa me dirás ti canto dá iso! Pero iso non é todo, porque logo había un problema que era imposible, e dicia algo parecido a “Se un tren sae da estación ás 12h e outro sae as 20h, a que hora coincidirán?” E está claro que ese deixeino sen facer, igual que os outros 7, só puiden facer 3, e creo que me van todos mal, porque daban uns resultados moi raros. ­ Pero eses exercicios son moi doados! Mira, para o primeiro

que me dixeches só tes que facer primeiro o que hai dentro da paréntese, e logo restar e multiplicar, como manda. E para o outro tes que facer os divisores, ata atopar un que coincida. Non me parece para tanto… E así, un a un, Marta foi resolvendo todos os exerciocios que Manuel dicía. Pero ningún dos dous sabían que Carmen, a profesora de matematicas, estaba ao seu carón, e escoitara toda a conversación. Cando os nenos terminaron de falar a profesora baixou rapidamente a xefatura. Poucos días despois a Marta chegoulle unha carta á súa casa, na que dicia que Marta tiña as condición suficientes para adiantar un curso, aínda que non tivesa a idade. Pero Marta non quixo, porque non quería abandonar aos seus compañeiros de clase. E desde aquel día, Manuel aprendeu a ser menos fachendoso.

Laura Codesido Mella

2º ESO B

25


deportes deportes deportes deportes

deportes deportes deportes

deportes deportes deportes


INTERCENTROS FEMININO É o primeiro ano que o instituto I.E.S Adormideras participa no intercentros con futbol 7 feminino. ­Antes de comenzar o torneo xogamos algúns partidos amistosos, nos cales peremos todos. Sentiámonos orgullosas igual porque de 10 xogadoras que tiñamos, só tres xogaran ao fútbol. Cando comenzou o torneo gañamos algún partido e marcamos case todas as xogadoras , ata chegamos a meter 8 goles nun só partido. O 14 de maio de 2014 xogouse no campo pequeno da torre último partido para acadar o quinto ou sexto posto do torneo. Nós iamos con ganas de xogar, de gañar e unha vez máis

pasalo ben e disfrutar. O partido comenzou e os dous goles chegaron rapido, o primeiro gol, abriendo a lata, marcouno Tatiana Tuñez e o segundo tanto,Cristina Revuelta. O partido terminou e gañamos 2­0 o que supuxo gañar o 5º posto do torneo. Aínda que nos tería gustado ter quedado primeiras ou segundas non nos disgustamos co quinto posto , porque todas sabemos que loitamos os 60 min de cada partido. Para el ano que vén volveriamos a xogar outra vez todas pero algunhas alumnas este ano acaban o seu curso, aínda así espero que para el ano peóximo se animen as novas xogadoras

XOGADORAS DE INTERCENTRO FEMININO 2014 I.E.S ADORMIDERAS: 1.Lorena Rodriguez Pereiro 3.Yanira Souto Gonzalez 4.Tatiana Tùñez Parra 5.Nerea Vazquez Garcia 7.Maria Suarez Añon 11.Irene Fernanadez Gomez 13.Martina Santiso Rodriguez y Erea Seijo Lòpez 15.Maria Fernandez Lòpez 17.Cristina Revuelta Àlvarez 29.Iria Revuelta Àlvarez

27


EXCURSIÓN A NEVE Un curso máis a animosa “profe” de Educación Física, Isabel tabeayo, organizou unha Semana Branca, é dicir, uns días aprendendo e perfeccionando as nosas técnicas de esquí. Os que xa fomos algúns anos seguimos practicando e perfeccionando este deporte. Imos tódolos cursos e aínda que só son uns dias aprendendo, nótase moita melloría. Aínda que parece pouco tempo, as clases son moi intensivas, tres horas cun monitor pola mañá e logo seguimos practicando pola nosa conta. Este ano fomos a unha estación nova: Formigal, gustounos moito. Ademais o tempo acompañou bastante, os primeiros días houbo un sol espléndido. Animamos a tódos aqueles que non saben o que é o esquí que se animen a precticalo. É moi cansado, á noite estamos derreados pero contentos; e aínda que pareza mentira temos forzas para facer algunha festa.

28


JUGGER O Jugger é un deporte de pelota por equipos que ten a súa oirxe a finais do século XX en Alemaña. Nel, dous equipos de cinco xogadores intentan marcar unha pelota na base do equipo contrario. Un deles, o corredor, é o encargado de esta tarefa, e non porta máis axuda que o seu propio corpo. O resto do equipo, os loitadores, deben axudarlle e facerlle camiño polo campo. Estes contan con equipamiento seguro e acolchado que pode recordar a armas brancas. Cando un xogador é impactado (sempre con forza moderada) pola arma doutro, debe axeonllarse unha serie determinada de intervalos. Os intervalos son sons rítmicos que marcan a duración dun partido e os tempos de penalización dos participantes.

Coruña conta con 7 equipos, que, xunto con 4 en Vigo, dous en Ourense e dous en Santiago, forman a Asociación Galega de Jugger. Esta organización traballa a diario para levar o jugger a máis xente e expandir as súas vantaxes. É un deporte mixto, no que pode participar calquera maior de catorce anos, que fomenta o traballo individual e en equipo, ademais de moi completo físicamente. Blaster Wings é un dos equipos máis noveis de Galicia, e ten cinco xogadores que estudan no IES Adormideras. Outros alumnos do centro tamén forman parte doutros equipos coruñeses. A AGJ organiza dous adestramentos semanais, os venres e os domingos. Se queredes acudir, sodes benvidos, só preguntade a un dos vosos

Andrés Soria López­ Santos

Rubén, de 3º da ESO, caza unha cadea no Torneo Internacional Español en Zaragoza (2014).

29


a nosa xente a nosa xente aa nosa nosa xente xente

aa nosa nosaxente xente a nosa xente

aa nosa nosas xente xente a nosa xente


Dende pequeno sempre me chamou a atención este país onde, segundo tiña oido, vivían os yankis, uns tíos bastante gordos e que estaban todo o día diante da televisión. A pesar destes estereotipos dos americanos en Galicia, sempre me chamaron a atención as impresionantes cidades dos Estados Unidos e en especial a súa cantidade de rañaceos.

Moi boa acollida en USA

31


O ano pasado por fin tiven a oportunidade de viaxar a América e pasar alí un curto ano que sería inolvidable. Para situar a despistados, E.E.U.U. está no continente americano, limitando polo norte con Canadá e polo sur con México. Ademais, é un país bastante grande, máis ou menos tres veces o tamaño de Europa. Desta inmensidade de terra, eu fun parar a Seattle, no estado de Washington, onde se roda a popular Anatomía de Grey. De todos modos esta non sería a primeira cidade que vin en U.S.A, xa que primeiro iría a pasar un par de días en Nova York, ou a cidade máis alta do mundo, xa que Manhatan é un barrio da cidade formado por centos de rañaceos.

Unha vez en América, unha das primeiras cousas das que te decatas son as diferenzas no estilo de vida comparado con España. A principal diferenza atopeina en que son moi consumistas. De feito, familias de rapaces que coñecía do instituto compraban unha casa con xardíns enormes e piscinas que aquí só poden pagar uns poucos, pero en cambio, non tiñan aforros e mesmo tiñan problemas para chegar a fin de mes. Ademais, son moi patriotas e están moi orgullosos do seu país. Hai que dicir, por último, que son xente á que lle encanta facer actividades comunitarias, organizadas na maioría dos casos polo propio instituto­ comunidade, e nas que participaba toda a xente da vila e dos arredores.Comezaría o curso escolar americano nunha vila chamada Sultan e, preguntarédesvos se as clases son tan fáciles como se comenta por aquí, e a verdade é que depende de cales escollas, xa que podes elixir entre clases como ir ao ximnasio, cociña ou coro, nas que máis ben se fai pouco, ou outras como cálculo, que xa son palabras maiores.

32


En canto aos deportes, en Estados Unidos todo o mundo practica algún. Eu apunteime a baloncesto e a fútbol, pero o que máis disfrutei foi o fútbol americano. As primeiras semanas chegueino a odiar con paixón, xa que sendo sinceros, non tiña moita experiencia niso de andar a "hostias" coa xente, e ademais caíanme guantazos a pares.Unha cousa que me estrañou do

instituto é que en todas as clases había alumnos de diferentes cursos dende, 3º da ESO a 2º de Bacharelato, ou máis ben os equivalentes, e do grandísimo número de rapaces/as de distintas nacionalidades, dende mexicanos ou filipinos ata chineses e norcoreanos. Desta maneira apreciaría que América non é tan racista como a pintamos ás veces, As clases e os deportes, que se practicaban no instituto, quitábanme moito tempo. O resto do tempo libre aproveitábao para ir a Seattle cos colegas, a festas na casa de xente do instituto e, algunha que outra vez, á bolera.En canto aos deportes, en Estados Unidos todo o mundo practica algún. Eu apunteime a baloncesto e a fútbol, pero o que máis disfrutei foi o fútbol americano. As primeiras semanas chegueino a odiar con paixón, xa que sendo sinceros, non tiña moita experiencia niso de andar a "hostias" coa xente, e ademais caíanme guantazos a pares. Un día andaba eu despistado nunha pachanga e un anano de 15 anos tumboume ao chan (anano porque era baixo, non por ter 15 anos, non vaia ser que haxa malentendidos). Collinlle a ficha e, na primeira oportunidade que tiven, mandeino a Sada dunha placaxe. Sinceramente, zoscarlle a un rapaz de dous anos menos ca min

Outra cousa a resaltar eran os bailes do instituto, que non vos vou mentir, eran moi cursis, pero neles estabas cos teus compañeiros de clase e pasábalo moi ben. Unha vez rematados os bailes, que acababan á unha da noite, íamos aos cars ou a xogar ao paintball en plena madrugada. O baile máis importante de todo o ano foi a prom, ou o baile de graduación, que se fixo nunha discoteca de Seattle, mentres que o resto foron no propio instituto. En definitiva, teño que dicir que me sentín moi ben acollido nos Estados Unidos e que pasei un dos anos máis excitantes da miña vida, aínda que botei en falta aos amigos de sempre e á familia. Ademais, decateime de que como con todas as cousas, aos estereotipos non lles hai que facer moito caso, porque entón nunca sairemos da nosa casa. Xa para rematar, se algunha vez vos propoñen ir a América ou a calquera outro país a pasar un curso escolar, non o dubidedes, porque será unha experiencia que nunca esqueceredes.

33


ANA INES

Ana Inés Jabares graduouse de MA Escenografía na Royal Central School of Speech & Drama A súa obra atravesa diferentes xéneros: ópera, ballet, teatro e teatro experimental. Estudou Bacharelato Artístico no IES Adormideras e máis tarde formouse na Facultade de Belas Artes de Sevilla, especialide de pintura e tamén na Accademia di Belle Arti di Palermo, onde entrou en contacto coa escenografía. Asemade ten unha ampla formación musical. O seu traballo inclúe a obra de teatro gañadora dun premio Sappho... in 9 fragments (Best Design award – Ottawa Fringe Festival), Hamlet's Fool (Cockpit Theatre) a pelicula ANANKE ( como directora de arte) entre outros. Foi recentemente nomeadoa como primeiro premio de Linbury Prize de escenografia. Desde muy pequeña Ana Inés estivo namorada das artes, o que a levou a estudar Bachillerato Artístico no

34

noso instituto e logo matricularse en Belas Artes na Universidade de Sevilla.Foi en Italia onde soubo que o seu era definitivamente a escenografía. Logo de moito pelexar foi admitida no máster de escenografía da xa mencionada Royal Central School of Speech and Drama de Londres. Esta pelexa constante polo seu traballo levouna a gañar o premio Linbury de escenografía, o máis importante do seu ámbito dos que se convocan no Reino Unido, por partida dobre: o Teatro Nacional de Escocia utilizará o seu traballo para a montaxe de The Driver's Seat, adaptación da novela homónima de Muriel Spark, pero ademais o xurado elixiuna como o mellor dos traballos presentados polos finalistas. Agora ten que trasladar os seus diseños de papel e as maquetas ao escenario escocés, para representar a obra, que dirixe Laurie Sansom.


Grande artista

A historia de Ana Inés non é só unha historia con final feliz. É unha historia da que debemos aprender todos. Ela amósanos que merece a pena loitar polo que desexamos, pero iso si, sempre traballando moito e con ilusión.

1. Nós que somos estudantes de Bacharelato Artístico gustaríanos saber que destacarías do aprendido no IES Adormideras. Unha das cousas máis importantes que aprendín é a valorar unha "mala crítica", unha corrección. Xeralmente a ninguén lle gusta que lle digan: "iso non está ben". Sempre buscamos que a xente admire o que facemos. Que nos diga o marabillosos e especiais que somos, debuxando, pintando ou escribindo. Pero a medida que pasa o tempo decátaste de que iso non é suficiente porque o que queres é mellorar. Nese preciso momento é cando empezas a apreciar todos eses comentarios dos profesores da túa vida: "Tes que analizar o que fas", "Saber porque fas as cousas", ler máis, buscar artistas que che gusten, imitalos… No momento non valoraba dabondo isto, agora co tempo estou moi agradecida. 2. Axudouche nalgunha medida os estudo deste centro para decidir que querías facer escenografía? Cando estaba no bacharelato artístico, non tiña nin idea de que ía facer escenografía, creo que non era consciente de que fose

unha posibilidade como profesión. De feito se che digo a verdade non tiña moi claro o que ía estudiar despois, estaba entre Belas Artes como primeira opción, Imaxe e Son, e filosofía. Agora penso que non hai tanta diferencia entre esas tres opcións. Pero dende logo o que fixen en Adormideiras


Grande persoa axudoume na miña carreira.

Como xa comentei anteriormente, de todo o que podo e me deixan. Exposicións, Películas, música, pero sobre todo a 3. É o premio Linbury o máis prestixioso ao que pode aspirar un través da observación diaria da vida cotiá, pequenos detalles. escenógrafo? De feito esta é unha das razóns poles que non teño internet ou wasap no móbil, penso que fai que a xente non saiba apreciar O premio Linbury é un premio moi importante que dá un gran o que ten ó redor e o que están a vivir no momento. xiro á túa carreira. Non creo que sexa o premio máis importante ó que pode aspirar un escenógrafo, pero 7. Que outros proxectos che gustaría realizar nun futuro.? definitivamente marca a diferencia. Supoño que un dos premios máis importantes que pode optar un escenògrafo son Encantaríame deseñar para ópera mais a miúdo, danza, e os Oscar, a nivel mundial, e a nivel nacional (UK) Bafta para mesmo facer algo de deseño de moda, cine… e pode que en cine e os Olivier Awards para artes escenicas, que tendo en catro anos dirixir algo, e por suposto seguir pintando. conta que o culto do teatro neste pais é sagrado xa é bastante. 4. Como cambiou a túa vida desde que chegaches a Londres e desde que gañaches este importante premio? Xa cando tomei a decisión de vir aquí a estudiar, todo cambiou bastante. Esta é unha cidade chea de mil cousas distintas, hai arte en cada esquina. Desde que gañei o premio cambiaron moito as cousas. Agora traballo con equipos máis grandes de xente, e en vez de planificar o calendario de traballo cun par de meses de antelación, agora son un par de anos. Cada vez a responsabilidade é maior e os proxectos máis complicados, o cal é moi estimulante. 5. Que é o que mais che gusta do teu traballo?

O que máis me gusta do meu traballo é o proceso de encontrar a idea perfecta para cada proxecto. Isto conséguese lendo e analizando detidamente o texto ou guión da obra, moitos cafés co director e empapándote de cultura; dende usar internet ata ir a exposicións, pasarte días en bibliotecas ou viaxar. Con esta profesión cada día aprendo algo novo, xa pode ser dende historia ata matemáticas, política ou ciencia. Neste momento estou investigando para a próxima produción, os barcos da antiga Grecia usados na guerra de Troia. Xa sei dimensións, nomes, e velocidade por nós… Isto non quere dicir que vaia facer unha replica dun barco tal como eran, pero canta mais información teñas mais sólido conceptualmente e interesante será o deseño.

8. Nós, alumnos de Bacharelato Artístico, poderías aconsellarnos algo para que non nos desanimemos no mundo laboral?

Encontrar o que realmente te apaixona non é unha tarefa fácil, pero unha vez que o tes claro tes que ir a por todas. Todo o que fagas na vida conta, e vai ter repercusión no que fagas no futuro. Aquelas clases de danza ou guitarra as que te apuntaron os teus pais cando eras pequeno e detestabas, pois ata iso terá a súa utilidade no futuro. Hai que ter paciencia, ser persistente e traballar duro. Con estas tres cousas tarde ou cedo darán os seus froitos. ÁNIMO e SORTE!

Ana Ines Jabares Pita Scenographer 6. De onde sacas a inspiración? As imaxes para as túas Entrevista realizada por Alina Espiño Martínez 2º B ideas?

36


OLIMPIADAS MATEMÁTICAS

Estamos moi orgullosos da nosa alumna Marina, de 2ºESO B, que foi seleccionada na zona da Coruña con outros 6 rapaces para acudir á Fase Final da XVI OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA. Tamen queremos agradecer a Clara, Laura y Pablo por a sua participación na semifinal. Confiamos na habilidade de Marina cos números para pasar a fase Nacional. Sorte!

37


CONSERVADE SEMPRE ESE SORRISO Desde o Centro desexámovos moita sorte nesta nova etapa que comezades. Seguro que houbo no transcurso destes anos algúns días máis triste, con máis nervios ca outros. Aínda así seguro que o recordo é moi grato. Conservade ese sorriso tan vital que tedes nas fotos e sabede que aquí tedes sempre un lugar ao que acudir. SORTE E ATA PRONTO.

38


39


Jack Taylor It is not so far from home

Jack Taylor, our English language assistant, has been with us now for almost a school year. He has become an important part of our school and has been a great help to both teachers and students in Adormideras The students of 1ºBachillerato B interviewed Jack, our language assistant, so that we could find out more about him, about his feelings , ideas and impressions of our country and our school. Here are the questions and what Jack told us. What do your parents think about your working so far from home? My family are very used to having all their children working around the country, and also the continent. For example my brother had lived in the Netherlands and now is living in Berlin. My sister lives in the north of England, which is a long way from where we live in Wales. My uncle is in Vancouver. I´ve got relatives across America. My whole family is very spread out so my parents are very used to us being far from home. So I think they like the fact that I´m here doing a good job and enjoying myself. What were your expectations before you arrived here? I had already lived in Spain before but there are a lot of cliches about Spain in the U.K. which don´t apply to Galicia at all, so the impression you get when you come here is quite refreshing because it doesn´t follow those cliches. In the UK when people think of Spain they think of sangria, paella, bullfighting and the Costa del Sol. A place like Galicia is not talked about so you don´t really have any expectations of it. What was your first impression when you arrived in Spain? Well, I guess that my first impression when I arrived in Galicia ( I´d already been in Spain many times before I worked here) was that the weather was better than I expected. It was a lot cheaper and a lot greener than other parts of Spain and it seemed like I was going to be able to have a great year here, which is what happened. Has your first impression changed? In some ways yes, like I´m really sick of the weather by now but I guess other things about Galicia were outweighing the negative aspects. What things shocked you when you first came here that for us are quite normal?

40

I´m not used to the siesta. Not so much having a nap in the afternoon but the fact that everything is closed. Also the same on Sundays when all the shops are closed. Have you been able to adapt here? How? I´ve adapted to life here, more or less. The way I was able to do that was because you´re kind of forced to. You have to conform to the ways how things are done. Again, it´s not radically different from the U.K. I mean, I lived in Brazil and that´s a lot more different from the U.K.. Living here is a walk in the park compared to there. It´s easier because you are not far away from home. You can go home any time. What do you think are the most notable differences in education between Adormideras and your country? There´re really obvious ones like lack of school uniforms here. I mean in all schools in the U.K. everybody has to wear uniforms to varying degrees of smartness.Also, it initially surprised me that teachers were called by their first name – in the UK this would be considered very rude, as all teachers are only called by their surname.Other differences include the timetable here. It´s all more compressed than in schools in the U.K. For example, there are as many hours of teaching a day but my school would end at four o´clock so there´s a lot more


time in­between for your mind to recover. In some ways it´s a restrictions as to what subjects you choose. good thing but I can also envy the way that, at least in Where do you see yourself in ten years´ time? Adormideras, you can leave at half past two. Hopefully I´ll have a job that I know I´ll do for the rest of my The other main one is that at Bachillerato level in the U.K.you life. That will bring me security and financial stability. Maybe have a choice of what you study. You have the option of only I´ll be in the process of owning my house. I´m not sure about studying four subjects at the first year of Bachillerato and marriage or children. I´ll be 34 in ten yearsso that maybe it is only three at second year of Bachillerato. There´re no

NON É TAN LONXE DA CASA

Jack Taylor, o noso lector, leva con nós case un curso enteiro. El converteuse nunha parte importante do noso instituto e foi unha boa axuda para os profesores e alumnos de Adormideras.

familia está moi espallada polo que os meus pais están afeitos a que esteamos lonxe da casa. Eu penso que lles gusta o feito de que estea aquí facendo un bo traballo e divirtíndome. Cales eran as túas expectativas antes de chegar aquí?

Os alumnos de 1º B de bacharelato entrevistaron ao noso lector, para que poidamos coñecer máis cousas sobre el, os Eu xa vivira en España antes pero en Gran Bretaña hai moitos seus sentimentos, ideas e impresións sobre o noso país e o tópicos sobre España, que non se adaptan a Galicia para nada, noso instituto. Aquí están as preguntas e o que el nos por iso a impresión que tes cando chegas aquí é bastante respondeu: distinta porque non ten que ver con eses tópicos. En Gran Bretaña cando a xente pensa en España pensan en sangría, Qué pensan os teus pais de que traballes tan lonxe da casa? paella, touros e na Costa do Sol. Dun sitio como Galicia non se fala polo que realmente non tes expectativas de como será. A miña familia está acostumada a ter os seus rapaces traballando por todo o país, e tamén polo continente. Por Cal foi a túa primeira impresión cando chegaches a exemplo, o meu irmán viviu en Holanda e agora está vivindo España? en Berlín.A miña irmá vive no norte de Inglaterra, que é unha longa viaxe desde onde nós vivimos en Gales. O meu tío está Eu creo que a miña primeira impresión ao chegar a Galicia ( en Vancouver. Teño parentes por toda América. Toda a miña xa estivera en España moitas veces antes de vir traballar aquí)

41


máis verde que noutras partes de España e parecía que ía ser posible pasar un bo ano aquí, e paseino. Cambiou a túa primeira impresión? Nalgunhas cousas sí, como que estou farto do tempo pero as cousas boas superan aos aspectos negativos. Que cousas che chocaron cando chegaches que para nós eran completamente normais? Non estaba acostumado á sesta, si a descansar un pouco pola tarde pero non a que todo estea pechado. Tampouco aos domingos con todas as tendas pechadas. Fuches capaz de adaptarte? Como? Adapteime a vida aquí, máis ou menos. Fun capaz porque estás forzado a facelo. Tes que adaptarte a como se fan as cousas aquí. Tampouco é radicalmente diferente a Gran Bretaña. Eu vivín en Brasil e iso si que é diferente de Gran

Bretaña. Eu vivín en Brasil e iso si que é diferente de Gran Dalgunha forma é bo, pero tamén podo envidiar que, polo Bretaña. Vivir aquí é un camiño de rosas comparado con alí. menos en Adormideras, podes irte as dúas e media. É máis fácil porque non estás tan lonxe da casa. Podes ir á casa en calquera momento.

Outra deferenza importante é que en Bacharelato en Gran Bretaña, podes escoller o que estudas. Tes a opción de só

Cales pensas que son as diferenzas máis notables na estudar catro asignaturas en primeiro e só tres en segundo. educación entre Adormideras e o teu país?

Non hai restriccións sobre que asignaturas escoller.

Hai algunhas moi obvias como a falta de uniformes aquí. En todas as escolas de Gran Bretaña todo o mundo ten que vestir Onde te ves dentro de dez anos? con uniformes con distintos grados de formalidade. Tamén inicialmente sorprendeume que aos profesores lles chamasen Esperemos que teña un traballo que me dure para o resto da aos alumnos polo seu nome, en Gran Bretaña iso sería miña vida. Iso traerame seguridade e estabilidade financieira. considerado de mala educación, xa que todos os profesores Ao mellor estarei no proceso de ter a miña propia vivenda. son tratados polo apelido. Outras diferenzas inclúen o horario Non estou moi seguro de casarei matrimonio ou terei fillos. aquí. É moito máis comprimido que nas escolas de Gran Terei trinta e catro anos e xa será hora de ir empezando a Bretaña. Por exemplo, hai as mesmas horas de clases nun día pensar niso. pero na miña escola acabaríamos as catro porque hai máis tempo entre medias para que a túa mente se recupere.

Tradución Aldara Gómez Mato 4º ESO B


XUBILACIÓNS Este curso, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, tres profesores máis deixan a vida activa para poder adicarse aos seus pasatempos preferidos sen ter as preocupacións típicas de preparar clases, corrixir exames, discurrir xeitos novos de motivar ás novas xeracións cada vez máis difíciles de motivar.... é dicir que empezan unha nova vida chea de novos retos e seguro de moitas gratificacións. Os nominados son : ­ LAUREANO LÓPEZ DE LA FUENTE: dende o curso 1996­ 1997 contamos no instituto con este mestre que soubo guiar como ninguén aos alumnos de 1º e 2º de ESO, todos sabemos que non é doado traballar cos máis pequenos, que son os que requiren do profesorado máis atención e máis paciencia e niso Laureano é todo un experto. Todos o imos botar moitísimo de menos, pero os que máis os profesores do seu departamento cando teñan que traballar cos alumnos do primeiro ciclo da ESO. É por iso que ten máis que merecido o premio ao millor mestre de Adormideras. ­ JUAN LÓPEZ DE HEREDIA : chegou ao instituto no curso 92­ 93 polo que pasou en Adormideras a meirande parte da súa vida laboral. Juan era o profesor de Debuxo Técnico, pero sobre todo era o profesor de Deseño. Era un profesor muy querido polos alumnos e un excelente compañeiro e que nos deixou parte do seu traballo nos pictogramas que adornan o instituto e na última placa feita cando o instituto pasou a ser plurilingüe e seguro que moitas cousas máis xa que Juan foi sempre unha persoa colaboradora e que estaba sempre disposto cando se lle solicitaba a súa colaboración. Por isto lle damos o premio ao millor profesor de Deseño. ­ CONCHA HERNÁNDEZ MARTÍN : non estivo connosco moito tempo xa que chegou no curso 2009­2010 pero era unha persoa tan entrañable que deixou unha pegada no instituto tan profunda como se estivese moitos anos máis. Facíase tamen querer polos alumnos, o que é difícil xa que se trataba dunha profesora de Física e xa se sabe que estas asignaturas tan « difíciles » non sempre son as preferidas dos alumnos. Foi unha mágoa non tela como compañeira algún tempo máis pero o tempo que estivo foi suficiente para lograr o premio á millor profesora de Física. Logo da entrega de premios non me me queda máis que desexarlles aos tres galardonados, en nome de toda a comunidade de Adormideras, unha máis que feliz xubilación e recordarlles que xa que forman parte do instituto poden vir visitarnos sempre que as súas múltiples ocupacións lles deixen un poucodetempolibre.Felizxubilación. Carmen Tembrás Alonso

43


as nosas cousas as nosas cousas as nosas cousas

as nosas cousas

asas nosa nosas scousas cousas as nosas cousas

as nosas cousas

as nosas cousas as nosas cousas


TRAXE DE FESTA PARA

A NOSA BIBLIOTECA Neste curso un grupo de profesores puido ter no seu horario horas para dedicar a Biblioteca do centro e poñela ao día. A biblioteca, ese espazo cheo de libros, que a algúns lles parecía un lugar pouco acolledor, foi cambiando de aspecto co paso dos días.Pouco a pouco o seu espazo e o seu contido foi modificándose. Primeiro foron as baldas onde habitaban os libros: deixaron de ser zonas de amoreamento de textos e libros en dobre fila para estar todos nun sitio propio e que permite a súa visibilidade. Despois apareceu a posibilidade de tocalos, de miralos, de escollelos: desapareceron as portas de cristal que nos separaban deles . Tamén cambiou o espazo para poder consultalos ou para estudar cambiando o mobiliario e a disposición do mesmo, xa non hai ringleiras de mesas apertadas, senón espazos máis libres e con máis amplitude para poder traballar. Tamén apareceron cómodos asentos preto da ventá (e da calefacción) por onde penetra o sol e permite sentarse e ler a prensa diaria ou calquera libro , cómic ou revista (dos que están nos expositores) comodamente, case que como na nosa casa . Podemos encontrar nela, libros de consulta e libros de lectura obrigatoria,pero tamén, e iso é novidoso, libros actuais que poden tentar a nosa curiosidade e que nos reciben na primeira das mesas. Ademais temos un apartado de lectura xuvenil que ten títulos que poden ser de noso interese, só hai que botarlles unha ollada ou ben entrar no blog Adormiles no que podemos atopar reseñas de algúns deles e que vai medrando tamén como o cambio da biblioteca. Pensándoo ben a biblioteca, agora parece loce se fose unha antiga casa que agora pon as súas mellores galas parar nos recibir. A este novo aspecto contribuíron Ángel Corral e Mila Álvaro do Departamento de Historia, Carmen Orro e Miguel Izaguirre de Filosofía, Eva Martínez de Lengua e Literatura e Carmen Vecino de Matemáticas. Grazas.

45


ONDE HAI FUME ...

HAI LUME Onde hai fume hai lume, e se hai lume hai un incendio. Isto foi o que ocorreu onte no centro: fume na biblioteca.Como consecuencia houbo que evacuar o insti. Cando xa imaxinabamos os libros ardendo, chegaron os bombeiros actuando rapidamente. O conto é que foi todo un simulacro para aprender a reaccionar neste tipo de situacións. Oímos sobre as doce da mañá a serea tocar varias veces e tódalas clases con cadenseu profesor á fronte , saímos organizados cara ao patio. Todo transcorreu nuns tres ou catro minutos sen ningún contratempo. A verdade é que previamente xa tiveramos unha charla a cargo duns bombeiros na que nos informaron sobre como actuar nestas situacións. Aprendizaxe diferente, interesante e de supervivencia!!! O día 9 de abril, mércores fixemos un simulacro de evacuación como culminación de tres días con actividades adicadas ao plan de autoprotección do IES Adormideras. O luns, 7 tivemos unha xornada formativa para profesores e persoal non docente impartida por Jesus Valencia, do Servicio de Bombeiros de A Coruña. O Martes, 8 a formación foi para o alumnado da ESO, que asistiu a unha charla sobre riscos e evacuación. As tres xornadas resultaron altamente satisfactorias e interesantes para toda a comunidade escolar.

46


Bioloxía Unha cebra na auga A finais de marzo, os alumnos de 4ºESO de bioloxía aceptamos participar nun proxecto organizado polo Grupo Acuigen e Inteligencia Visual co obxectivo de levar a práctica científica ás aulas. Unha cebra na auga é un proxecto educativo de divulgación do método científico e das novas tecnoloxías biolóxicas para a experimentación co peixe cebra, modelo que supón un acercamento ao mundo da investigación. O peixe cebra é un organismo idóneo para a experimentación nas principais áreas de investigación científica,compartindo importancia co rato como especie modelo de vertebrados. O proxecto consistiu en ter un acuario con peixes cebra salvaxes. O obxectivo do traballo foi analizar o desenvolvemento embrionario dos peixes, nos que se pode seguir todo o proceso de formación de órganos a partir da transparencia dos seus ovos. Ao mesmo tempo que grupos pequenos de persoas ían ver os peixes e coidalos, o resto da clase traballaba na aula de informática cun simulador destes mesmos peixes, para entender mellor o seu desenvolvemento, xenética e características, así como as aplicacións destes estudos na investigación científica. Se tedes interese por este proxecto, podedes entrar na seguinte páxina e comezar a explorar este tipo de ciencia mariña: www.unacebraenelagua.es Sandra

Gómez

Toral

e Alejandro

O estudoso Coquiño Este ano os alumnos de Ciencias de 1º A de bacharelato temos un novo compañeiro, un coelliño branco chamado Coco. Vive na aula de Bioloxía e estamos con el sempre que temos clase alí e acompáñanos correndo por toda a clase sen parar. Morde cables, zapatos, mochilas e encántalle agocharse para que non o atopes. Logo, cando está na súa gaiola sempre está tranquilo e diriamos que case atento.Come de todo: verduras, herba, leituga... e se ve un anaco de cartón ou papel por algún recuncho tamén o come. A señora da froitería do mercado de Adormideras colabora connosco dándonos froita e verduras para que a Coquiño non lle falte de nada. Vive mellor ca un rei, ademais as fins de semana visita a casa que lle toque de cada un de nós, comendo todo o que atope diante e recibindo mimos durante todo o día.

Toral

47


Este bonito slogan e o seu deseño foi realizado por Helena Carro de 3º de ESO e con el dámoslle a benvida ao 2014. Foi unha das gañadoras do concurso calendario­ marcador organizado polo ENDL do IES Adormideras e elaborado na aula de debuxo baixo a dirección da súa profesor a Teba Argiz. Con el animamos a seguir falando sempre marabillas en galego. Son dúas as gañadoras de 3º de ESO este ano. Este deseño foi realizado por Faia Bermello. Valoramos o seu deseño e eslogan porque aínda que chova, chova e arroie nestes días de tanto temporal, sumámonos o que di Faia que " aínda que molle o galego non encolle". E para aqueles que precisedes un motivo para falala ... ... eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña; porque me sai de dentro, alá do fondo ... afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, ... Eu fáloa porque sí, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, ...

48


actividades actividades actividades actividades

actividades actividades actividades

actividades actividades actividades


FESTA MAPOULA 2013 Tamén como cursos anteriores a presentación da nosa revista foi un éxito vede aquí algunhas das fotos. Para darlle un aire máis festivo fixemos unha serie de actividades cos alumnose aproveitamos para ler algún relatos de autores galegos, dar algún diploma polos doferentes concursos convocados e agradecer , como non, colaboración de

50


TÓDOLOS GRANS SON POUCOS PARA MANIFESTÁRMONOS CONTRA

A VIOLENCIA DE XÉNERO O 25 de novembro na clase de deseño fomos cartelistas por un día para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Os traballos realizados foron moi variopintos. Aquí tedes algunha mostras. Oxalá que a exposición destes traballos axudasen, aínda que fose timidamente, a concienciar aos estudantes do noso centro da importancia do que estabamos a mostrar e na medida do posible facer unha sociedade máis xuta e en condicións de igualdade.

51


CREANDO VIDA NA PANTALLA Algarabía Animación é unha produtora, formada por Virginia Curiá e Tomás Conde, que se encarga da maioría das publicidades que vemos na televisión. A parte diso, tamén se adica a facer curtametraxes e películas de animación 'stop motion'. Todo o seu traballo comezou hai vinte anos cando decidiron facer como traballo de fin de curso, na Escola de Imaxe e Son, unha curtametraxe con plastilina. Dende entón, non pararon e foron coñecendo figuras importantes no medio do audiovisual e recibindo premios, que os fixeron moi coñecidos. No seu estudo só están eles dous, pero de cando en vez en veñen alumnos en prácticas que queren ser coma eles. Agora están pendentes da saída da súa primeira longametraxe “Bruxerías” onde traballan como directores.

nomeados, un á mellor publicidade e outro á mellor curtametraxe de animación.

O 12 de Abril deste ano foron os premios Mestre Mateo, nosque foron os triunfadores da noite levando os dous premios polos que estaban

Raquel Conde Curiá 1º Bach.B

52

Eles están moi contentos co seu traballo e pretenden seguir traballando moitos anos máis.


O venres, 20 de decembro despedímonos do trimestre coa nosa tradicional festa de Nadal. Tivemos como presentador e condutor do evento ao alumno Carlos Ucha, que cumpriu sobradamente o seu cometido con gran simpatía e desenvoltura. Cantamos as panxoliñas arredor da árbore, nos distintos idiomas que se imparten no centro e dirixidos polos profesores correspondentes. O punto de orixinalidade puxémolo cun par de cancións en xaponés que tivo a amabilidade de transcribir e ensaiar o ex­alumno Ignacio Pérez, que estuda 5º de xaponés na Escola de Idiomas. Despois disto, desenroláronse de maneira simultánea dúas actividades: Unha delas no patio que consistía nunha competición de Jugger, deporte descoñecido para moitos de nós, pero que practican e tratan de difundir algúns dos nosos alumnos. Participaron: Enrique do Porto, Alejandro Toral, Andrés Soria e David del Río. E no Salón de Actos tivemos este ano actuacións de gran nivel: Clara Rey e Marina Dans interpretaron “Cups”. Deliciosas voces, acompañadas exclusivamente polo son e o destro movemento duns vasos de plástico e das súas palmadas e golpes na mesa. Jacob Eiriksson ao violín, interpretou “Ensoñación” de Massenet. Marta Tombo ao piano, “Nocturno” de Chopin e “Cádiz” de Albéniz. Estes dous alumnos fixeron unha interpretación maxistral, que fixo que todos estivésemos coa respiración contida, escoitando e gozando. Despois disto, catro alumnos con voces privilexiadas cantaron para nós “Wonderwall” de Oasis e unha panxoliña de María Carey. Estes foron: Inés García, Sergio Martín, Ainhoa Castro e Santiago Caramés, que tamén tocou a guitarra. E por último o profesor Juan José Peña ao piano quixo que participásemos todos acompañándoo con palmadas nas dúas improvisacións de Jazz que tocou estupendamente e con moito ritmo e axilidade. Así nos despedimos do Instituto, ben dispostos para abordar as desexadas vacacións.

53


Aí temos a nosa DJ Árbore de Nadal, pinchando na "Sala Adormideras"a súa sinfonía de brillos e reflexos . Está composta por múltiples cedés, que un día fóron música, datos, textos ou películas e agora se reciclaron en follas do noso abeto.

O proxecto é cousa de Mª Luisa, coa colaboración de Laura Molina. Por suposto, sen Laura Paz e Fernando sería imposible de levar a cabo.Tamén houbo moitos alumnos que botaron unha man e gracias, por último, a todos os que aportaron os seus vellos cedés.

54


ENTROIDO Trouleamos a cachón no noso entroido de Adormideras. Disfraces orixinais e de todo tipo. Bombeiros, policías, médicos, hippys, personaxes de cómic, choqueiros variados... en fin, todo o que se agarda dun día de festa así. O concurso tampouco desilusionou, cadaquén fixo no escenario as súas mellores piruetas e grazas, diante dun serio xurado formado por un pallaso, un pirata e un serio hippy. De remate. bombóns para moitos e diversión para todos. O peor de todo, con diferenza, e que logo chegou o tempo de reflexión, da seriedade, do xexún, e do estudo. Pero sempre nos quedará...

55


56


O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914 ­ 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. Obras Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista "Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en distintos xornais e revistas literarias. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos. No Instituto de Cultura Hispánica estivo ata 1966, encargado de servizos de tradución de francés,inglés,alemán,italiano.portugués,holandes e linguas escandinavas. Con todo, Díaz Castro está considerado autor dunha soa obra, o poemario Nimbos ,editado en Vigo no 1961 tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 36 a carón de poetas coma Carvalho calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesias Alvariño. Na obra móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza . Nun dos seus poemas máis

57


Ma g o Richard Maxia no ensino

O outro día veunos visitar o mago Richard. Fixo unha actuación en relación á tecnoloxía. Empezou facendo un truco de mentalismo collendo voluntarios, no que tiñas que pensar unha ferramenta e el adiviñábaa léndoche a mente. Despois, collendo máis voluntarios conseguiu encender un tubo fluorescente coa enerxía positiva dos espectadores con só tocalo. Logo, cun aparello estraño, adiviñou a carta que un dos nosos alumnos collera. Tamén adiviñou a carta que, por teléfono, a familia dun alumno escolleu. Máis tarde escollendo desta tanda a dous voluntarios xuntos,

58

Faia Bermello Corominas

deulles unha bombilla a cada un e cando un pulsaba o interruptor encendíase a bombilla do outro e despois funcionaba normal outra vez. Por último, o que máis nos gustou, e o máis impresionante foi cando colleu como voluntaria á profesora de lingua castelá Loli Rei, púxolle a man nunha guillotina, a primeira vez quitou a man porque viu que o obxecto cortou de verdade o calabacín que puxeran no lugar da man. Pero despois non a apartou e milagrosamente non se cortou a man. A profesora e mais todos os que estabamos alí estabamos moi asustados. Gustounos moito a actuación.

María Fernández López

3º ESO


Marcos Calveiro Naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968. De pequeño quixo ser arqueólogo, debuxante de cómics, músico e arquitecto. Actualmente é avogado pero escribir permitiulle ser todo iso que desexaba ser de neno. Comezou a publicar algo tarde, xa con 35 anos pero iso non lle impediu gañar importantes premios fundamentalmente na narrativa infantil e xuvenil, como o premio Barco de Vapor (ano 2008), o premio Lazarillo (2009) , o Fervenzas literario ao mellor libro xuvenil por O pintor de sombreiro de malvas (2010) ou o premio Merlín (2012) por Palabras de Ana.A última obra publicada é a de Todos somos . A maior parte da súa obra está traducida ao catalán e castelán. Actualmente reside en Vigo cidade na que transcorre a novela

O 5 de maio veu ao instituto o avogado e escritor Marcos Calveiro. Ao ser avogado falounos sobre os xuízos e se estaba de acordo con algunhas das leis establecidas. Explicounos que o máximo tempo que se pode estar en prisión son trinta anos e que a el lle parece demasiado tempo. Unha persoa normal, se alguén cometese un asasinato, pediría cadea perpetua para o asasino, pero Marcos Calveiro, que visitou o cárcere por mor do seu traballo, sabe o que é estar atrapados en liberdade. Como el di el “o máis prezado dunha persoa é a súa liberdade” e pasar trinta anos sen ela é como estar máis da metade da túa vida. As súas personaxes están reflectidas nalgunhas persoas da realidade; por exemplo , a presentadora pode ser calquera das que vemos actualmente na

Todos somos. O seu proceso creativo non é moi habitual, segundo el di.Comeza por escribir o capítulo final coa idea principal e logo crea unha historia anterior. Non traballa, polo tanto, de forma lineal; crea capítulos ao chou e despois colócaos na orde axeitada. Acostuma nas súas novelas homenaxear personaxes que admira e recoller anécdotas curiosa e citalas nas súas obras.

televisión, que o único que lles importa e ter algo interesante que contar no seu programa para ter espectadores e non lle importa usurpar a privacidade dos demais. Comentounos que a verdade o que menos lle importaba a este escritor era Natalia, a nena desaparecida. Ao final o libro resultou ser unha crítica aos xuízos actuais e a falta de privacidade que é necesaria ter nestes casos e que non se cumpre. A verdade é que a charla que deu fíxonos reflexionar sobre as distintas circunstancias nas que se pode un atopar na vida e convidámolo a vir ao noso instituo a falar aoutra vez dos seus traballos cando el queira. Laura Codesido Mella e Marina Dans Fernández 2º ESO B

59


Pasatempos Sudoku Dificil Laberinto

Crucigrama

Sopa de Letras

60

Sudoku Facil


EQUIPO DE MAQUETACIÓN

UN ANO MAÍS AQUÍ ESTÁ O NOSO TRABALLADOR EQUIPO DE MAQUETACIÓN CAPITANEADOS POR ANDRÉS LARIÑO. PEDIMOS DESCULPAS DE ANTEMÁN POLOS POSIBLES ERROS QUE POIDA TER. TRABALLO DURO E SEMPRE CON PRÉSAS NO REMATE. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E XA NOS VEMOS O PROXIMO CURSO. ESPECIAIS GRAZAS A ANDRÉS POLA SÚA COLABORACIÓN E BOS DISPOSICIÓN. BOA SORTE NOS ESTUDOS A TODOS E FELIZ VERÁN.

61



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.