Page 1

Mapoula IES Adormideras curso 2008-2009


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

1

ÍNDICE ACTIVIDADES NO CENTRO § Ies Adormideras contra a violencia de xénero § Cariñoso Adeus § Acto de presentación de Mapoula 2007 - 2008 § Pictogramas do centro. Fase IV § Celebramos o Nadal con árbores § Concurso de postres e Karaoke no Nadal § Concurso do calendario –marcador § O noso entroido § Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso § Día do Libro, 23 de Abril § Seccións europeas

2 3 4-5 6 7 8 9 10-11 12 13 14

AS NOSAS CREACIÓNS § § § § § §

Os primeiros días na historieta Marihuana no Amazonas Non son contos de vellos Poemas: As cantigas do vento Sabela, Xalo e o futuro Caligrama de Rosalía

15 16 17 18 19 20

SAÍDAS § Visita a Cerámicas O Castro § Visita ó Kiosco Alfonso: exposición “As nosas palabras, os nosos mundos” § Culturgal: teatro “Bicos con lingua” § Deseño Holandés: rúa, doce fogar § Museo e cubertas da Catedral de Santiago § Visita ao Museo Emilia Pardo Bazán § Teatro: Anxeliños § O Xornal § Saída a unha obra de teatro francés § Casa das Ciencias § Giseliña § Saída a Fundación Luís Seoane

ENTREVISTAS § Entrevista a Katrin § Entrevista a Teba

21 22

§ § § § § § § §

DEPORTES Somos grandes deportistas Cursos de danza Tai-chi Loita Atletismo Patinaxe Esquí: Serra Nevada Natación Sincronizada en España

33 34

35 36-37 38 39 40 41 42-43 44-45

TUTTI FRUTI § Recetas: Tarta de mazá en seco § Piercing, arte no corpo

46 47

DÍA DAS LETRAS GALEGAS § Ramón Piñeiro

48

CULTURA § § § §

As mulleres matemáticas A miña experiencia nos EEUU Eu en USA 2009, un ano especial para a ciencia. Galileo Galilei

49 50 51 52

EN PORTADA 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32

Dirección Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Colaboracións: Jaime Duque Ana Otero Rocío Romero Carolina Aguiar Cristina Amado Adrián Arias Gabriela Beade Xaquín Bermello Laura Boado Pablo Bocelas Uxía Calvo Laura Castaño Alicia Conde Alicia Correa David Fernández

Laura García de Arana Laura García González Tamara García Adrián Gómez Elías González Sofía Araceli González Fernando Magán Martín Nogueira Beatriz Palacios Helena Pérez-Arda Mayte Puig Xalo Rancaño Xana Rey Erika X. Rodríguez Sabela Suevos

Maquetación: Teba Argiz coa axuda de Águeda Casal

Mapoula

Mural dos alumnos de Volume de 1º Bach


2 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

IES ADORMIDERAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O

martes, 25 de Novembro, día contra a Violencia de Xénero, ao longo de toda a

mañá, realizouse unha actividade na que participaron todos os alumnos do centro. Tratábase de expresar algunha idea coa palabra ou a imaxe que fixera referencia ao tema, en frases curtas ou debuxos moi sinxelos. Baixaron ao vestíbulo da entrada, onde había un mural destinado a este tema e o material para intervir. Previamente asistiron, tamén no hall, á proxección duns vídeos para que lles servira de reflexión e inspiración.


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

3

ACTIVIDADES NO CENTRO

Cariñoso adeus

C

omo todos os anos despedi- a súa chegada en primeiro de ESO ata directo, realizouse unha bonita permos ao alumnado de 2º de rematar a etapa de Bacharelato. Bacharelato. Foi un acto moi

formance que hoxe en día se pode

Resultou moi divertido xa que ver colgada no Centro, ao lado da

emotivo. Aparte das palabras cariño- todos puidemos lembrar os anos com- cafetería: ” Adormideras , un sitio dissas dos profesores e dos alumnos, partidos xuntos. este curso puidemos ver un video rea-

Ademais como temos curso de

tinto” Agardamos que todo vaia moi

lizado polos alumnos no que se mos- Bacharelato artístico, non podía faltar ben, e xa sabedes que aquí sempre traba o seu paso polo instituto desde un espectáculo de cor. Así que, en seredes ben recibidos.


4 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

ACTO DE PRESENTACIÓN DE MAPOULA 2007-2008 día da presentación da revista tamén se entregaron premios dos diversos concursos realizados ao longo do curso convocados polo ENDL. Con todos os traballo realizados fíxose unha exposición na entrada, na que chamaba a atención a presenza das actividades sobre a Torre de Hércules. O instituto Adormideras intentou colaborar na campaña para promocionala como monumento Patrimonio da Humanidade, ao fin somos veciños e quixemos aportar o noso gran de area. Os rapaces e as rapazas do noso instituto non podiamos faltar a esta cita para botar á Torre unha man no recoñecemento universal e apoiala como símbolo da nosa cidade, por iso puxemos a nosa creatividade ao servizo desta causa.

O

primeira convocatoria foi o concurso para elaboración dun calendario-marcador, establecemos dous niveis: E.S.O. e Bacharelato. Houbo moitos participantes que presentaron traballos de moi boa calidade. O xurado tivo que levar ao cabo un difícil labor para escoller os bocetos premiados. Temos que destacar e agradecer a axuda de Ana Pita, profesora de Debuxo, que desde hai anos colabora, anima e axuda ao alumnado. Moitas grazas.

A

Alumnos premiados: Premio nivel E.S.O.: BRAIS VIEITES CAAMAÑO. 3º Premio nivel Bacharelato: SABRINA COUTO VIEJO. 1ºC Xa falando das actividades sobre A torre de Hércules, convocamos un concurso de relatos. Cada un podía enfocar o seu conto como quixera, pero debía ter un referente: A torre de Hércules. Alumna premiada: BEATRIZ PALACIOS CASTILLO. 1ºC Bacharelato E seguimos coa Torre de Hércules e cos concursos, fotografía,

Alumnos contemplando a revista do pasado ano

pouco ou nada podemos dicir nós da afluencia e beleza das fotos presentadas, na entrada do noso centro puidemos ver e comprobar a exposición de todos os traballos. Houbo fotos impresionantes: de día, de noite, postas de sol, desde ángulos diferentes. Para poder celebrar este concurso contamos coa axuda, asesoramento e apoio de Eulogio Rouco, profesor de imaxe. Moitas grazas. Como veredes hai unhas coincidencias curiosas, pero os traballos eran anónimos e este foi o resultado da votación do xurado.

Temos que pensar que certamente son artistas de “calidade” Alumnos premiados Nivel E.S.O.: 1º premio: LUCÍA BRAVO CRESPO. 4º 2º premio: LUCÍA BRAVO CRESPO Nivel BACHARELATO: 1º premio: MARTA-LUNA MONTERO ESTÉVEZ 2º premio: MARTA-LUNA MONTERO ESTÉVEZ


MAPOULA

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CURSO 2008 - 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

A

continuación presentáronse deron ver nunha exposición na entraoutras actividades: un tríptico da do Instituto. realizado por Jaime Duque,

profesor de Historia, sobre “A torre de

Ao final tamén houbo un espe-

Hércules”. Nel recóllese a evolución cial agradecemento para todos os do faro ao longo da historia, a súa xornalistas polo seu interese e aporlenda…Moitas grazas

tacións, e tamén se lle agradeceu o traballo aos alumnos de 4º de E.S.O.

Tamén “A torre de Hércules” foi que fixeron labores informáticos dirimotivo duns traballos realizados polo xidos pola súa profesora de informátialumnado de Bacharelato Artístico ca, Carmen Vecino. Moitas grazas. dirixido e coordinado polo profesor de

Foi un acto no que participou

Debuxo, Juan López de Heredia. Son toda a comunidade escolar e ata tivo uns debuxos e bocetos que se pui- repercusión na prensa.

5


6 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

Pictogramas do Centro. Fase IV Pictogramas descritivos da terceira planta do centro, así como rotulación das mesmas.

O

traballo trata de identificar con elemen-

tos iconogáficos e

E hai

sta actividade, que foi iniciada

tres

xa

cursos,

textos zonas do insti-

emprende este ano

tuto para sinalalas

a fase IV.

con linguaxe gráfica. O profesor do Departamento

Se queredes podedes

dar

un

de

paseo polos corre-

Debuxo, Juan López

dores do centro e

de Heredia, coordina

comprobaredes

este

cos

boa calidade dos

alumnos de Funda-

deseños que ador-

mentos de Deseño de

nan e nos fan máis

colorista

traballo

de

Artístico.

Bacharelato

a

a

nosa

estancia académica.


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

7

ACTIVIDADES NO CENTRO

Celebramos o Nadal con árbores

C

ase todo o mundo casa. nas

datas

árbore, fixemos o que pui-

do Tiñamos que decorar o demos e estamos moi

Nadal coloca na centro e os alumnos de orgullos do noso traballo.

súa casa unha árbore de bacharelato

quedamos

Nadal, pois nós non podia- fartos de forrar caixas e mos ser menos!, xa que subilas e baixalas, e logo algúns

pasamos

máis facer o imposible para que

tempo no instituto que na quedara coa forma dunha

É que a verdade, o Nadal non é nada sen unha boa árbore…

Árbore de mandalas (alumnos de 1º e 3º da ESO), árbore de mans (alumnos de francés), árbore de plastilina (Cristina Santos, 1º BACH C) e árbore de caixas (alumnos de 1º BACH C)


8 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

Concurso de postres e Karaoke no Nadal E A ntre as actividades de celebración do Nadal, fíxose este ano un concurso gastronómico de sobremesas que resultou un gran éxito. Presentáronse oito participantes do alumnado, de xeito anónimo, e expuxéronse as súas creacións no vestíbulo do Instituto. Con iso, a expectación de tódolos que por alí pasaban foi enorme, acompañada do desexo de probar tan apetitosas mostras. Pero había que esperar á decisión do xurado, composto por profesores e alumnas, que se tomou moi en serio o seu traballo. Tódolos postres estaban boísimos, pero algúns destacaban tamén pola súa presentación, case de profesional da repostería. Gañou a sobremesa “Árbore de Nadal”, feita por Lucía Mata, de 1ºESO-A . Tralo fallo do xurado, os que quixeron, puideron disfrutar dun doce aperitivo. Jaime Duque,membro do xurado

E K O A R KA

chegábase o Nadal a Adormideras, con máis frío ca nunca e ventoso coma sempre e, como non!, non podían faltar no instituto as lambetadas propias destas datas datas para ser degustadas polos máis larpeiros… Tocounos a uns cantos profesores e a outras cantas alumnas desempeñar “o difícil labor” de decidir que postre, que con esmero foron elaborados, sería o mellor. Todos ricos, todos de premio, pero só un sería o gañador.

Alumna premiada: LUCÍA MATA 1ºA ESO

Rocío Romero, membro de xurado


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

CONCURSO CALENDARIO-MARCADOR

P

odemos dicir que este concurso foi fácil elixir gañadores, había moitos é xa un clásico no instituto. Pode finalistas. Por iso, este curso como noviparticipar todo alumnado e como dade decidimos facer algo diferente e

sempre contamos coa colaboración de original, os traballos finalistas e gañadoDepartamento de Debuxo , especial- res imos amplialos en cartón-pluma mente coa axuda das profesoras Ana para adornar os corredores. Pita e Teba Argiz.

Tamén con todos os deseños pre-

Como anos anteriores establece- sentados facemos unha exposición na mos dous niveis. Presentáronse moitos entrada do instituto para que poida ser deseños, moi orixinais e de moi boa cali- observada por todos os que veñan ao dade, de verdade que ao xurado non lle centro.

Alumnas gañadoras Nivel E.S.O.: NADIA DONO (3º) Nivel BACHARELATO: CRISTINA AMADO (1º C)

En vertical e a dereita, o marcador de Cristina Amado.e baixo esta liña o de Nadia Dono

9


Mapoula IES Adormideras curso 2008-2009


10 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

O NOSO ENTROIDO

C

omo todos os anos este tamén foi un gran día de entroido no Instituto. Xa se ve

nas fotos os bonitos e elaborados disfraces da comunidade escolar. Hai disfraces de todos: alumnos, profes, e ata Fernando e Laura. Tomade nota

para os próximos anos e a seguir divertíndonos


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

ACTIVIDADES NO CENTRO

DISFRACES

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

11


12 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

Curros Enríquez. Nación,liberdade e progreso o mes de xaneiro e durante quince días tivemos a ocasión de disfrutar desta exposición cedida pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

autor. En principio combinaba texto, imaxe e son, pero temos que dicir que ao noso centro non nos chegou a parte musical, mais mesmo sen ela aproveitamos para lembrar a este gran escritor enterraEsta exposición do na nosa cidade. itinerante foi programada co gallo do Montamos os Centenario de Curros paneis na sala de Enríquez que se exposicións e toda a celebrou no ano comunidade educati2008, percorreu dife- va puido disfrutar rentes cidades e vilas realizando unha visie nela ofrécese unha ta. O alumnado realivisión temática sobre zou un percorrido a obra e a vida do acompañado polas

N

Nas fotos aparecen Antía X. Alamán, Laura Delgado, Martín Nogueira, Adrian K. Abraldes, Andrea Celdran e Ángel Baz

súas profesoras. Para os que cursan ESO, a profesora María Xose Mato elaborou un cuestionario con preguntas referentes ao autor que eles tiñan que contestar tirando as respostas da lectura e comentarios feitos dos paneis. Resultou moi ben, e todos puidemos adicarlle unha homenaxe a Curros Enríquez. Foi unha clase diferente!


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO ste ano tamén quixemos celebrar o día do libro, para isto pensamos que a mellor maneira sería "lendo". Os departamentos de Letras escolleron textos representativos e axeitados ao nivel do alumnado para facer lecturas públicas no Salón de Actos. Fixerónse dous niveis de lectura: ESO e 1º de Bacharelato. Gustaríanos que con este tipo de actividade o noso alumnado tivese máis interese pola lectura e que lle aportase algo positivo

E

David Viana, alumno de 3º, recitando un poema en francés

O acto tivo lugar no Salón de Actos

DÍA 23 de DO abril LIBRO Os alumnos de 4º de ESO lendo un texto en francés

Aldara Prado, alumna de 1º C de BACH Os alumnos de 1º de ESO lendo un texto en lingua castelá

Cristina Amado, alumna de 1º C de BACH

Alumnos de 4º durante o acto, Gabriela Beade e André Mallo

13


14 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

ACTIVIDADES NO CENTRO

AUTORES: LAURA CASTAÑO E PABLO BOCELAS (4º ESO)

Seccións europeas s alumnos de 4º E.S.O, entre os que me inclúo, continuamos a facer este ano as Seccións Europeas. Para este curso a materia impartida en inglés é a de informática, o profesor que a imparte é Jose Luis Sánchez Zas. Os primeiros días resultou bastante complicado adaptarse, xa fose porque ao ser en inglés non se entendían moi ben as explicacións do profesor ou porque o noso vocabulario informático non era moi extendido. A medida que foron avanzando os días a asignatura comezou a ser moito máis sinxela e mesmo resultou divertida. Nestes seis meses que levamos de clase aprendemos varias cousas: as vantaxes que pode ter utilizar un sistema operativo diferente ao que adoitamos utilizar nas nosas casas, como facer un documento de open office, como utilizar un programa de photoshop, que é o GAG. . . O profesor mándanos varios traballos para facer no noso ordenador, a gran maioría deles en open office. Posteriormente puntúa estes traballos. As puntuacións dos traballos, xunto coas notas obtidas nos diferentes exames que imos realizando ó longo do curso fan unha media que é a nosa nota de avaliación. Ademais de mellorar os nosos coñecementos informáticos, melloramos o noso nivel de inglés. Eu considero que é unha materia coa que aprendemos cousas importantes, ás que a maioría de nós dará uso no futuro. Pablo Bocelas

O

s estudantes que estamos nas seccións Bilingües, da asignatura de informática, a maioría estamos satifeitos con ter elixido esa optativa. Serviranos de moito para os anos de estudos seguintes, aínda que é un pouco complicado, porque temos que facer moitos traballos (de bastante dificultade) e tamén exames, e ademaiis todo isto o temos que facer en inglés. Na clase temos que empregar todo o tempo o inglés, todas as preguntas do profesor e ao profesor teñen que ser nese idioma. Aínda que ao principio o de cursar esta asignatura en inglés asustounos moito porque pensabamos que non nos íamos enteirar de moito, pero pouco a pouco imos entendendo todo o que nos vai falando. Ademais de aprender informática aprendemos outro idioma, que iso é unha cousa moi privilexiada. Todos os que estamos este ano nesta optativa levamos desde segundo da E.S.O collendo unha asignatura que se imparte tamén en inglés. En segundo da E.S.O tiñamos Naturais é en terceiro Física e Química. Eu recoméndovo que elixades as Seccións Bilingües. Laura Castaño

O


CURSO 2008 - 2009

AS NOSAS CREACIÓNS

MAPOULA REVISTA DO IES ADORMIDERAS

15

AUTOR: XAQUÍN BERMELLO COROMINAS (1º A ESO)

Banda Deseñada


16 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AS NOSAS CREACIÓNS

AUTORES: XAQUÍN BERMELLO E XALO RANCAÑO (1º A ESO)

Marihuana no Amazonas Ao día seguinte ás 10:30 da mañá estabamos camiño do Amazonas, cun piloto chamado Alex. Cando estabamos a metade de camiño, os reactores comezaron a arder e a nosa velocidade triplicouse, pechamos os ollos e perdemos o coñecemento. Cando espertamos estabamos a carón do río Amazonas, nuns campos de marihuana. Non había restos do accidente. Xalo xirou a cabeza e viu unha metralleta apuntándolle á cabeza. Atacábannos tres traficantes. Preguntáronnos de todo. Acabado o seu interrogatorio déronse a coñecer, chamábanse Laura Mejuto, Sabela e Saúl, que nos ofreceron marihuana. Chamaron a dúas matonas e leváronnos á súa despensa de marihuana. Alí dixéronnos o seu nome, Lucía e Arana. Pola súa forma de vestir, pensamos que viaxaramos ao futuro.

detrás dunha caixa do almacén. Xaquín pensou que Alex na súa infancia nunca xogara ao escondite, pois a súa cabeza sobresaía pola caixa. Saímos fóra coma un raio e escondémonos entre a maleza. Indo a gatas cara a frondosidade da selva, topámonos cuns pés, que desafortunadamente para nós, era a camicace co seu xefe. - Preparádevos para morrerdixo o mafioso nun momenCONTO: to de confusión. - De acordo xefe Ismaelhegamos á entrada dixo Laura Boado. do noso portal, todo Sacoulle a anela a estaba normal, coma unha bomba xusto no sempre, abrimos a porta, momento no que unha rapaentramos e pechámola, riga, perseguida por cans, coma sempre. De súpeto, chocaba contra Iamael, este un inesperado carteiro deicontra Laura, que sen quexou unha carta no noso rer lanzou a bomba ao aire buzón. Cando marchou, colándolla no peto a Ismael. caeu escaleiras abaixo, o Ismael estaba separado moi parvo. Nós deixámolo para non oír ningún ruído, rebotar. pero ao cabo de nove - Oh!, que indiscreción, non segundos, rebentoulle a el. nos presentamos! Somos A rapariga, chamada Xaquín e Xalo, os xemelCarolina, contounos que a gos! Neste almacén, obser- esa organización de mafioVolvendo ao tema a vando as reservas desta sos non lles gustaban os carta dicía así: herba que rexeitabamos, intrusos. -“Srs. Bermello, acaban de escoitamos unha conversa Démoslle as grazas e gañar un cruceiro nun reac- que nos puxo os pelos de fomos falar cun leñador, que tor espacial, con dirección á punta: moi listo non parecía, porSelva do Amazonas. Adeus - “Sí xefe ¡, non se preocuque tiña a machada do e felicidades.”pe, pronto chegará a camirevés. Díxonos que se chaFomos a toda velocida- cace Laura Boado para des- maba Jonathan. Preguntáde ao noso apartamento, facernos deses dous.”moslle en que ano estabafixemos a maleta e deitámoNun momento inespe- mos e díxonos que no nos. rado vimos a Alex agochado 2.198.

PERSONAXES: Xemelgos: Xaquín e Xalo. Piloto: Alex. Traficantes: Laura Mejuto, Sabela e Saúl. Matonas: Lucía e Arana. Mafioso: Ismael. Camicace errónea: Laura Boado. Coidadora de cans (atácanlle): Carolina. Leñador parvo: Jonathan.

C

...FIN


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

AS NOSAS CREACIÓNS

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

17

AUTORA: SOFÍA ARACELI GONZÁLEZ FONDO (1º B BACH)

NON SON CONTOS DE VELLOS ontan os choros dunha nai unha desgraza. A desgraza de querer ser feliz e non poder. Aló polo ano 1890 nun lugariño xa descoñecido por todos, agás pola tristura, vivía un señor moi poderoso que casou cunha fermosa rapaza. A rapaza fóralle entregada polos pais a este home, xa que eles eran pobres e non tiñan nada que comer e polo menos aseguránballe á filla unha vida mellor… ou eles pensábano. Casaron pronto. Foron as vodas máis soadas do lugar e veu xente de todas partes para entregarlles os seus presentes e mellores desexos á nova parella de casados. Pero pasou o tempo e aquela rapaza non lle deu un herdeiro ao seu home.

C

A xente falaba e falaba de que aquela rapaza fora tocada polo demo, que lle comera as entrañas e non podía ter descendencia. Outros simplemente criticábana dicindo que tan pobre era que nin podía ter fillos. Ante a desesperación de tal suceso, a moza acompañada da súa criada foi deica unha meiga de moi mala fama. De tan mala fama, que din que esta muller non tiña nin nai nin pai, que fora a terra que a cuspira fóra. Marcharan moi de noitiña, ás agachadas do seu home e da aldea. Estaba o ceo despexado, pero por onde camiñaba a moza había unha escura e espesa brétema. A meiga, que era a única preto da aldea fíxoa bañarse en auga de San Xoán para arredar ao demo dela e así poder ter fillos. A cambio disto a meiga díxolle que non tiña que pagarlle ao momento, que non corría présa, pero cando tivese ao primogénito deberíallo entregar en forma de pago por curarlle os males. A moza rompeu a chorar e a criada levouna de onde a meiga para que non atormentase á rapaza. Tempo despois, a moza conseguiu quedar en cinta e logo de comentarlle ao home o que pasara coa meiga, decidiron marchar para

América. Como última orde, o home mandoulle aos seus criados queimar a casa e que expandisen o rumor pola aldea de que eles morreran queimados dentro do seu fogar. Así a meiga non os buscaría para intentar levar o que a ela lle paracía que era seu. O home e a moza viaxaron durante catorce días nun barco atravesando o Atlántico, levaban consigo xoias, cartas e ao neno recén nacido. Chegaron a América e o home atopou pronto unha nova casa máis luxosa, máis grande e máis fermosa cá que tiñan antes. O neno creceu san e forte. Era loiro, tiña un ollos azuis e un sorriso que enfeitizaban a todas as persoas que o vían. O home conseguiu levar adiante grandes colleitas que cada día lle daban máis cartos. Chegou xullo e con el a recolleita do gran. Todos na casa estaban contentos, porque fora a mellor que había na zona. Todos contentos, menos a moza. Por aquel mesmo tempo, había xa cinco anos que fora xunto da meiga polo que decidiu ir co home ver como recollían a colleita, entreteríanse un pouco e o neno estaría con ela. Deitada ao carón dun gran carballo, ela bordaba e o neno xogaba coa súa nodriza. Ao ver que todo ía ben a moza relaxouse e quedou adormecida pola calor morna daquela espléndida tarde de verán. Pero uns berros desoladores espertárona. Viu no medio das leiras a todos os campesiños xuntos chorando e maldicindo tal desgraza. Tamén viu á nodriza e a un campesiño chorando cara ó seu home e non puido ver nada máis por culpa da angustia e agonía que percorrían polo seu corpo. Correu deica eles e puido ver na terra quente polo sol o corpo morto e frío do seu fillo, tiña un fortísimo golpe na cabeza. O sangue esvaraba pola cariña do meniño e no chan, onde esta caía, debuxábase un rostro. O rostro dunha muller moi vella que a moza pronto recoñeceu. Era a meiga que viña reclamar

o corpo do neno! A nai comezou a berrar e a intentar limpar o sangue do neno que tiña nas mans e no vestido branco. Nin sequera abrazou ao seu fillo nin o mirou. O home intentou calmala pero non puido, precisou polo menos de tres campesiños máis para agarrala. A nodriza explicara que mentres xogaba co neno, este escapouselle correndo e por moito que ela lle berrou o rapaz non a escoitaba. Tal era o correr do neno que o campesiño non o vira e que se lle debeu meter diante do carro onde cargaban a colleita, e así pasou a traxedia. O pai ía coller o corpo do neno no colo para darlle sepultura cando escoitou un cantar de corvos. Entón viu como o neno se ía convertendo en terra e volveu escoitar aquel cantar de corvos, pero esta vez acompañado dunha voz de muller que dicía:”o que é meu percéncelle á Terra e a ela ten que voltar”. Logo de chegar á casa, o médico tivo que darllle calmantes á moza para que durmise aquela noite. Pasou agosto, pasou setembro, pero a dor da moza aínda perduraba. Voltou outra vez o tempo da colleita e o pai volveu plantar naquelas terras. Pasou febreiro, pasou marzo e pasou abril, pero as colleitas non asomaron nin un pouquiño da terra. Aquelas terras xa nunca máis deron de comer e a familia arruinouse. A moza, non aguantando máis o que lle tocara vivir, tirouse polo acantilado preto da súa casa para dar a morrer no fondo mariño. Os vellos mariñeiros da Costa da Morte din que dende o Roncudo pódense oír os lamentos da moza que arrastra o mar desde América. E que se te compadeces da dor da moza, contarache nos seus lamentos como vía cada noite achegarse a aquelas leiras ao demo montado nunha besta, e que podía ulir o cheiro a xofre que este deixaba.


18 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AS NOSAS CREACIÓNS

AUTORA: ALICIA CORREA ASENSIO (1º D BACH)

Poemas: As cantigas do vento Cantiga I: O solpor

A brisa chega, a lene brisa da primavera. Asoma o vento entre as cerdeiras con pensamentos de arelas, e as maceiras. Entre olivos e mans brancas atópase a esperanza. A balanza do amor chega co Solpor. Enredada nas ondas do mar sinto saudade de ti. A tenue luz do ceo acariña a gorxa do mar que inunda co seu son o enmeigado pobo. Saen as doncelas brancas mentres cae o Solpor cunha lene brisa de amor.

Cantiga III: O mencer Nos bosques espertan as ninfas. Vestidas de alegres cores dirixen a orquestra do mencer.

Cantiga II: A noite escura

A noite escura derrúbase ante min. Camiño soa pola rúa, a branca doncela espida: raíña da noite, a lúa. Camiñaba, prendida nos fíos dos meus pensamentos que conducían á soidade; sen unha clara luz, sen farolas, a cidade. O zoar suplicante do vento inunda a cidade dormida, con pensamentos de amor que le a branca doncela espida. A cidade dorme baixo un enorme veo de margaridas brancas que iluminan o ceo. Cae a noite cos luceiros e as doncelas de mans brancas debuxan ouros no ceo coas súas voces, mentres cantan. A escura noite na cidade ilumínase de Ledicia desaparecen as escuras almas correndo entre gargalladas.

A luz rosada da alba esperta as criaturas enmeigadas, que saen voando con violíns nas mans. O bater das follas, o cantar dos paxaros, o marmurio do vento, anuncian a chegada do mencer.

Estas cantigas que acabades de ler foron presentadas no ano 2007 ao IV Certame literario Luísa Villalta, o xurado otorgoulle o primeiro premio na categoría de poesía. Nós tamén che damos a enhoraboa!!


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AS NOSAS CREACIÓNS

19

AUTORAS: CAROLINA AGUIAR E LAURA BOADO (1º A ESO)

SABELA, XALO E O FUTURO unha pequena cidade, do noroeste da Península Ibérica, chamada A Coruña vivían Sabela e Xalo, dous irmáns. Sabela e Xalo eran similares fisicamente, pero non na forma de ser. Sen embargo os dous querían que “Halloween” fora substituído polo Samaín dunha vez por todas. Sabela era unha nena cos ollos azuis, cun cabelo longo e loiro, alta e delgada. O seu carácter era moi singular, non tiña amigos e tampouco quería telos. Chamábanlle Dark pola súa maneira de vestir e comportarse. Sacaba malas notas e a ela non lle importaba. Xalo era un neno cos ollos azuis e pelo curto e loiro, alto e delgado. Polo contrario de Sabela, Xalo, tiña moitos amigos e sacaba boas notas. Vivían nunha casa preto do mar, cun campo grande e amplo.

N

O día antes do comenzo do curso, Xalo e Sabela, tiveron unha charla cos seus pais, estiveron discutindo se era Samaín ou “Halloween”. A discusión chegou a tal punto que Xalo e Sabela prometeron que ían convencer á xente, de que dixeran Samaín e non “Halloween”. Pola noite no seu cuarto, Xalo e Sabela pensaban como ían conseguir cumpir coa promesa. Chegaron á conclusión de que deberían ir á Consellería de Cultura. Ao chegar alí encontráronse a Alexandro, un vello amigo da familia, agora conselleiro. Xalo e Sabela faláronlle do asunto e el díxolles que só poderían conseguilo se reunían 500 sinaturas nun prazo de 6 días. Eles lembraron o que Alexandro lles dixera. ¡Como ían conseguir 500 sinaturas en só 6 días! Pero, a pesar de todo, aceptaron o reto. Volvendo á casa decidiron aproveitar o tempo que tiñan, e empezaron a recolectar sinaturas pola rúa pola que nese momento

estaban pasando. Comezaron pola primeira casa da rúa, a de Andrea, a profesora de Ciencias Naturais, que lles asinou sen pensalo dúas veces. Na seguinte casa dubidaron en preguntar xa que nela vivían unha vella tola que che tiraba cousas pola ventá. Pero ao final intentárono, pero fracasando. Seguiron pola rúa ata chegar a unha casa que nunca viran, pero que se rumoreaba que nela habitaba un científico chamado Xaquín. Un pouco desanimados por conseguir só tres sinaturas en hora e media, petaron a outra porta. Se recibir resposta, dispoñíanse a marchar cando a porta se abríu e saíu un señor con gafas e pelo curto e despeinado. Pedíronlle unha sinatura e o señor invitounos a entrar porque non tiña boli para escribir. Levounos polo corredor ata chegar a unha habitación cunha cabina estraña, sen poder reaccionar e sen tempo de darse conta, Xaquín empuxounos e empezou a darlle a uns botóns. Ao principio sentiron que os ollos se lles pechaban lentamente. Cando pudieron abrilos viron a habitación da casa de Xaquín. Asustados, correron cara á porta que leva ao exterior. Ao abrila, ven con sorpresa coches que voan, robots, persoas de moitas cores e un señor que en vez de mans tiña tesoiras. Pero xa non estaban asustados, estaban fascinados, todo lles parecía alucinante. Miraron arredor, e viron, un taxi. O taxi era moi distinto aos que acostumaban ver, tiña un flotador en vez de rodas, no cartel poñía “TAXI ISMAEL” que, supoñían, que era o nome do conductor. Xalo e Sabela entraron no taxi e case morren do susto, o taxista era un bebé. Eles preguntáronlle se era o taxista e el afirmouno. Despois preguntáronlle onde estaban, Ismael díxolles que estaban en Curraña, a capital de España. Xalo preguntoulle se Madrid non era a capital de España e o bebé díxolle que Madrid non era a capital desde o ano 2012. Sabela e

Xalo, moi desconcertados, preguntáronlle en que ano estaban e o bebé, moi sorprendido por aquela pregunta, díxolles que estaban no ano 3129. Xalo e Sabela non o podían crer, como podían estar no futuro? Puxéronse a pensar cando de repente viron un cartel que poñía “Benvidos á festa do Samaín”. A súa proposta ía resultar? Lembráronse da máquina de Xaquín. Era unha máquina do tempo? e o máis importante, Como volverían á súa era?. Esas preguntas non paraban de amolar a Xalo e Sabela. Preguntáronlle como poderían ir á casa de onde partiran. El, como non o sabía, díxolles que terían que ir xunta Iago, famoso por coñecer as rúas de Curraña. Xalo e Sabela dixéronlle que os levaran xunta ese tal Iago. O bebé dixo que si e que o faría gratis. Acabaron nunha rede de sumidoiros. Alí viron unha sombra. Cando se acercaron viron a un anano amarelo con orellas puntiagudas e pel enrugada. Parecía malo e gruñón aínda que no fondo non o era. Comezaron a falar con el. Contáronlle todo, e logo chegou á conclusión de que debería axudarlles. Levounos ata a casa do antigo científico. Entraron, pero estaba moi distinta ao que eles lembraban, só tiña unha cousa en común, tiña unha cabina idéntica á do 2008. Entón, metéronse e volveron sentir a sensación de sono. Volveron despertar e coa alegría saíron da casa. Viron a rúa familiar. Era o 2008!. Seguiron recollendo sinaturas, ata que chegaron ás 500. Gañaron a aposta e, desde ese día, non foi Halloween, senon Samaín.

FIN


20 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AS NOSAS CREACIÓNS

AUTORA: : SOFÍA ARACELI GONZÁLEZ FONDO (1º B BACH)

Caligrama de Rosalía Aquí tedes o estupendo Caligrama da nosa artista Sofía Araceli González Fondo de 1º B, que gañou o 1º premio no 3º Concurso de Caligramas convocado polo IES Castro da Uz


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

SAÍDAS

Visita a Cerámicas O Castro

U

n ano máis fomos visitar a fábrica de O Castro en Sada e realizamos diversas actividades e traballos escultóricos. Á visita acudimos dous grupos, en dúas tandas cada un, 1º B e 1º C de Bacharelato Artístico.

Un día fixemos as pezas e outro fomos pintalas unha vez cocidas. Acudiron con nós os profesores Indalecio Vázquez, Pura Sorribas e Teba Argiz. Vede aquí unhas mostras.

Sobre estas liñas os alumnos de 1º C Bach e máis arriba o grupo de 1º B

21


22 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

SAÍDAS

Visita ó KIOSCO ALFONSO Exposición "As nosas palabras, os nosos mundos"

E

sta mostra promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, co obxectivo de poñer en valor o galego e o plurilingüismo na sociedade actual,

fómola visitar os alumnos de 4º de ESO o 17 de Decembro.

Fotografías de distintos espazos da exposición

E

sta exposición despediu na cidade coruñesa o Ano Internacional das Linguas e o Ano Europeo do Diálogo Intercultural.


MAPOULA

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CURSO 2008 - 2009

SAÍDAS

23

AUTORES: MARTÍN NOGUEIRA E MAYTE PUIG

CULTURGAL: teatro “Bicos con lingua” día 5 de decembro realizamos unha saída, fomos a Palexco. Unha vez alí leváronnos directamente a un salón de actos para asistir á representación teatral da obra “Bicos con lingua” que trata de facer que nós, os rapaces, igual que os homes e as mulleres, falemos máis galego na nosa vida diaria. Resultou moi entretida e divertida. Ao rematar a función dividíronnos en dous grupos, ao meu tocoulle un monitor moi agradable que nos ensinou a exposición, acompañounos facendo un percorrido polos distintos mostradores. Unha vez rematada a visita levounos á zona de dobraxe, isto si que resultou divertido!, foi o mellor da actividade posto que axudados por traballadores da RTVG dobramos nós as voces dos personaxes da serie ShinChan. Martín Nogueira (3º ESO)

O

día 5 de decembro fomos coas profesoras de galego a Palexco. Alí o primeiro que fixemos foi ver unha obra de teatro chamada “Bicos con lingua”. Aínda que só foron dous actores resultou moi interesante porque conseguiron plasmar a idea da obra, que é a relación que teñen o galego e o castelán en Galicia hoxe en día, interpretando distintos papeis e dándolle un ton humorístico. Con isto intentaban demostranos que as dúas linguas non teñen que vivir enfrontadas senón que poden coexistir sen ningún problema. Ao rematar a obra separáronnos en dous grupos para percorrer a exposición sen molestar. Uns fomos ver unha pequena feira relacionada coa promoción da lingua galega. Había moitos postos, nun deles atopámonos aos actores da obra, outro era un estudo de gravación disponibles para todos aqueles que quixesen utilizalo. Había tamén algúns postos para nenos pequenos con debuxos animados, espazos para debuxar… Por outro lado había mostradores con libros de distintas editoriais galegas como Xerais, Galaxia… e con xornais escritos en galego. En todos os postos regalaban detalles como bolígrafos, lapis… Mentres que nós paseabamos pola exposición, o outro grupo estivo cuns profesionais da dobraxe que lles ensinaron como funciona este mundo e tiveron a oportunidade de dobrar uns fragmentos da serie Shin-Chan nun pequeño estudo que tiñan habilitado. Máis tarde foi o noso grupo e eles fixeron o percorrido pola mostra. Todo foi moi lúdico. Mayte Puig (4º ESO)

O


24 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009 NÚMERO 05

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

SAÍDAS

AUTORA: : TAMARA GARCÍA DOPICO (1º BACH C)

Deseño holandés: rúa, doce fogar...

A

Fundación Pedro Barrié da Maza presenta, en en vez dunha, tamén pratos de porcelana para canapés , colaboración coa Asociación de Deseñadores de cafeteiras decoradas para sentir o ambiente da natureza, e Madrid (DIMAD), a mostra Deseño holandés: na rúa parrillas para a maior comodidade das persoas.

coma na casa. O 16 de xaneiro os alumnos de 1º Bach C

Na zona de xogo a mais de un se lle pasou pola cabe-

estivemos, coa compañía de Teba, visitando a Fundación za botarse aos tobogáns, pero quedamonos coas ganas. Barrié onde nos mostraron os diferentes aspectos do dese- Ensináronnos cadeiras de deseño, mesas que gravan os ño holandés. A exposición estaba dividida en sete áreas - teus movementos, lámpadas moi simples pero á vez moi DESCANSA, XOGA, COME, ILUMINA, INTERACTÚA, orixinais e chamativas, radiadores que parecían figuras de PROTEXE, TRABALLA. A primeira e a máis recordada foi a adorno, bancos especiais para discapacitados, e algo basparte de sesta onde atopamos dende cadeiras feitas con tante sorprendente, un paraugas que non se daba a volta corda e cola (resina), teas baseadas en Perú, tapices que aínda que soprasen ventos a 160km/h. Ó rematar a explisimulaba o ambiente das bierarrúas , fitas con mantas de cación e aportarnos ideas para intentar facer algo similar cores, ata mesas ovo coa que todos nos sorprendemos…

nas nosas casas, leváronos a un taller para poder deseñar

Na planta de abaixo mostráronnos a parte da coci- nós unha parte de mobiliario útil e que beneficiara ós ña, nela puidemos ver cuncas feitas exclusivamente para demais. Ó mostrar os nosos traballos démonos conta de captar a atención dos máis pequenos engadindo dúas asas que eramos uns grandes deseñadores.

Fotografías de distintos momentos da exposición


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

25

SAÍDAS

Museo e cubertas da Catedral de Santiago

O

día 17 de marzo a profesora de Relixión, Mar García e o profesor J. Manuel Bértolo, realizaron unha saída a Santiago cos grupos 1º A, B e C de

Bacharelato. Resultou impresionante a visita guiada ás cubertas

da catedral de Santiago de Compostela, desde alí puidemos contemplar unha perspectiva diferente da propia catedral e da cidade de Santiago. Foi un "paseo" sorprendente, mostrounos unha visión panarámica totalmente diferente. Se tedes ocasión non o dubidedes, paseade polos tellados, é moi recomendable.


26 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

SAÍDAS

VISITA AO MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN

quí nos podedes ver nesta interesante visita ao museo desta gran escritora galega. Foi moi divertida xa que ademais de explicarnos cuestións referentes á autora ata tivemos que poñer un corsé para comprobar como eran as vestimentas no século XIX. Fartámonos de rir.

A

Fotografías de distintos momentos da exposición cos alumnos de 2º de ESO


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

27

SAÍDAS

Teatro: Anxeliños, compañía Espello Cóncavo compañía galega Espello Cóncavo presentou no Rosalía Anxeliños, unha comedia escrita por Roberto Vidal Bolaño que describe os avatares dunha sociedade familiar dedicada ao cobro de morosos, inmersa nunha crise económica.Con esta montaxe, Espello Concávo rende homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor de teatro galego falecido no 2002, que conseguiu os principais Premios María Casares de 1997, entre eles, o de Mellor Espectáculo.

A

O alumnado de 1º de Bacharelato asistimos a esta representación o martes, 10 de febreiro, acompañados polas profesoras do Departamento de Lingua galega.


28 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

SAÍDAS

VISITA AO XORNAL

E

sta saída é xa algo tradicional no instituto. Este curso fomos os alumnos de 3º da ESO acompañados polas

nosas profesoras. Foi unha visita que resultou moi interesante, alí fixemos un percorrido polas diferentes dependencias e departamentos, o máis chamativo para nós resultou a parte da rotativa onde puidemos ver as enormes máquinas que se empregan.

As profesoras María Xosé González e Dores Gómez cos alumnos de 3º da ESO (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Laura Delgado ,Ion Sáez, Amir Sánchez, Ángel Baz, Martín Nogueira, Victoria Torrent, Sara Ruiz, Amalia Bermúdez, Carla Varela, Marta Ballesteros, Jacobo Fernández, Álvaro Barreiro, Cristina Pose, Nadia Dono, Silvia Criado e Antía Alamán.


MAPOULA

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CURSO 2008 - 2009

29

SAÍDAS

SAÍDA A UNHA OBRA DE TEATRO FRANCÉS 13 de novembro do 2008 os alumnos de francés do IES Adormideras tiveron a ocasión de ver unha representación teatral en lingua francesa, iso si, cun pouquiño de axuda en castelán para non perderse.

O

Aquí vai un resumo que os alumnos de 4º de ESO redactaron:

“Trátase dunha obra de teatro titulada “Xa non son un neno” que fala dun rapaz chamado Simón. Simón ten 20 anos e fálanos da súa adolescencia. Namórase dunha rapaza que se chama Cécile. Ela non está namorada de Simón, por iso, el compón unha canción co seu irmán para a festa do instituto. A partir dese momento, Céci-

le namórase de Simón. O problema está en que non poden estar sós, Simón está triste e comeza a beber. Un día, Simón déitase con Marion, unha rapaza moi fea. Ao mesmo tempo, Cécile sae cun desvergonzado, pero este déixaa por outra. Cécile ponse moi triste e Simón vai consolala, polo que acaban xuntos. Ao final, casan.”

TRADUCTION: Il s’agit d’une pièce de théâtre intitulée “Je ne suis plus un enfant” qui parle d’un garçon qui s’appelle Simon. Simon a 20 ans et il parle de son adolescence. Il tombe amoureux d’une fille qui s’appelle Cécile. Elle n’est pas amoreuse de Simon, donc, il fait une chanson avec son frère pour la fête du lycée. À partir de ce moment Cécile tombe amoreuse de Simon. Le probleme c’est qu’ils ne peuvent pas être seuls. Simon devient triste et commence à boire. Un jour, Simon couche avec Marion, une fille très laide. En même temps, Cécile est avec un canaille, ce garçon la quitte par une autre fille. Cécile est très triste et Simon va la consoler et ils finissent ensemble. Finalement, ils se marient. PABLO BOCELO BELLO UXÍA CALVO CARRIL LAURA GARCÍA GONZÁLEZ ELÍAS GONZÁLEZ GURRUTXAGA ALEXANDRA REY IGLESIAS 4º ESO.


30 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

SAÍDAS

AUTOR: ADRIÁN GÓMEZ MATO (2º A ESO)

CASA DAS CIENCIAS Casa das Ciencias é un museo cultural de carácter científico situado no Parque de Santa Margarita da cidade da Coruña. A Casa das Ciencias foi o primeiro dos tres Museos Científicos Coruñeses.O seu obxectivo é a divulgación, comunicación e educación científica e tecnolóxica dos cidadáns de todas as idades. Organiza exposicións, conferencias, premios, cursos, proxeccións, edicións, e colabora cos medios de comunicación en tarefas de difusión científica.No interior da Casa das Ciencias sitúanse catro salas dedicadas a exposicións e un planetario: • Na planta baixa salienta o Péndulo de Foucault, pero tamén alberga un espazo para exposi-

A

ción, onde se atopa o Quiosco Dixital Interactivo TryScience e unha incubadora onde se poden ver nacer poliños. • A primeira planta contén unha sala de experimentos sobre o entorno físico. • A segunda planta é a escollida para as exposicións temporais. • A terceira contén unha sala sobre exposicións de actualidade científica. • A cúpula semiesférica do edificio alberga o Planetario, que conta cun proxector principal e mais de 30 proxectores especiais dedicados ao Sistema Solar.

exposición temporal da Casa das Ciencias mostra unha exposición de anfibios para conmemorar o Ano Internacional da Ra.

A Planetario: Na escuridade do novo Planetario dixital asoman as estrelas visibles a simple vista, a Lúa e os planetas. Os Programas de astronomía e as sesións en directo achegan o Universo a todos os públicos. O novo sistema de proxección dixital substitúe ao conxunto de 40 proxectores analóxicos que facían posible a representación de panoramas e ceos completos, e achega unha maior definición e a posibilidade de imaxes en movemento en toda a cúpula.

“Anfibios, a vida entre dous mundos” presenta unha selección desta ameazada clase de animais: —Ra touro africana (Pyxicephalus adspersus), unha das ras máis grandes que se poden ter en cautividade (ata 20 cm de lonxitude cando é adulta). — Píntega tigre (Ambystoma tigrinum), orixinaria de América do Norte. — Tritón de ventre vermello (Paramesotriton hongkongensis), de China. —Ra dardo (Dendrobates sp), orixinal das selvas tropicais americanas e cunha variada e vistosa gama de cores na súa pel. — Sapo folla (Megophrys nasuta), con dúas curiosas prominencias enriba dos ollos a modo de cornos que lles permite camuflarse na follaxe de bosques de Malaisia. — Sapo pantera (Bufo regularis), que pode encontrarse nos oasis do Sahara. — Sapiño pinto (Discoglossus galganoi), unha especie co fuciño pontudo e que se pode atopar nas inmediacións da Coruña. — Ra verde arborícola de Australia (Litoria caerulea), tamén coñecida como Ra de White. — Sapiño ventre de lume (Bombina orientalis), típica de estanques, arrozais e ribeiras de ríos de Asia..


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

31

AUTORA: XANA REY (4º ESO)

SAÍDAS

Giseliña

O

pasado mes de febreiro asistiu á nosa clase de Educación Física unha das integrantes do Centro Coreográfico Galego para familiarizarnos coa danza contemporánea. Explicounos que non é necesario ser un gran ximnasta para destacar neste estilo, senón que o indispensable é usar o noso corpo para expre-

sarnos da mellor forma posible. Nesta danza non existen normas, créanse movementos que expresan determinados temas e sentimentos. Despois desta clase invitáronnos a asistir a unha representación deste tipo danza que tivo lugar no Teatro Rosalía, chamada Giseliña. Cando chegamos comezou o espectáculo, moita xente ficou incrédula. Non era como as representacións de danza que estamos acostumados a ver. Os bailaríns arrastrábanse polo chan semellando serpes, estirábanse como se as súas extremidades fosen de goma, ás veces berraban como se visen unha pantasma e estivesen mortiños de medo. A verdade é que non estou segura de que alguén entendera á perfección o argumento. Ao finalizar a obra mirabamos uns para outros preguntándonos se viramos todos o mesmo. En realidade non todos interpretamos igual esta representación. Podería dicirlles, mirando en Internet, que a obra pretende insuflar á sociedade actual, cargada de racionalismo snob, ideais do romantismo e bla, bla, bla… Nesta obra cadaquén viu o que quixo…Uns historias de vampiros, outros unha parella de namorados, uns cantos o nacemento dun neno, outros a tolos que se rebozaban polo chan… O mellor é sacar as túas propias conclusións véndoa por

ti mesmo. A arte é sub-

xectiva, para nós foi unha obra digna de lembrar,

un bo espectáculo que

mereceu a pena ver… A coordinación e a posta en escea

foi magnífica, as nosas

interpretacións dela, moi orixinais. Nós vémola así, e ti?


32 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

SAÍDAS

VISITA Á FUNDACIÓN LUÍS SEOANE

O

día 30 de abril os alumnos de 4º E.S.O. realizamos dado na aula, coa súa faceta de debuxante e pintor. unha visita á Fundación Luís Seoane. Este autor

Ao longo do percorrido puidemos ver o seu traballo,

é moi importante dentro da literatura galega polo como el mesmo di: "A miña obra está dedicada en xeral a

seu labor como escritor pero non podemos esquecer o seu Galicia sempre co mellor de min". traballo no mundo da plástica. Esta saída foi organizada coa intención de completar

Resultou moi entretida, sempre é moi agradable

a súa faceta máis puramente literaria, que xa tiñamos estu- aprender dunha forma diferente.

Os alumnos de 4º ESO


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

33

ENTREVISTAS

Entrevista a Katrin

E

STE CURSO PUIDEMOS CONTAR COA COLABORACIÓN DA PROFESORA ALEMÁ KATRINA. É UNHA PERSOA QUE DOMINA VARIAS LINGUAS, DE AÍ QUE TAMÉN COLABORASE NAS CLASES DE INGLÉS E FRANCÉS. A SÚA COMPAÑÍA FOI MOI GRATA E ENRIQUECEDORA PARA TODOS NÓS. ESPERAMOS QUE POIDA VIR O CURSO QUE VÉN, POLO MENOS A FACERNOS UNHA

VISITA. AQUÍ TES AS NOSOS PORTAS ABERTAS. UN BICO DE TODOS,

atrin respondeu a unhas preguntas que lle fixemos uns alumnos de 4ºA da E.S.O. Gustoulle moito estar ensinando neste instituto, di que os alumnos eran moi abertos, e que a axudaban moito. Os profesores portáronse igual con ela, todos foron moi amables. En comparación cos alumnos de Alemaña di que falamos moito máis alto. Estivo a dar clases dende 1º da E.S.O ata 1º de bacharelato, en moitos idiomas, o que lle gustou moito. Por exemplo deu clases aos alumnos de alemán pero que tratou de ensinarlles moito. Sobre o nivel de inglés dos estudantes, comenta que podería ser mellor, pero que entende que para a xente española a fonética lles resulte complicada. Se quixesemos ter un mellor nivel de inglés deberiamos ter máis horas á semana, pero tamén podemos ver peliculas e series en inglés, ler revistas e xornais neste

K

Questions to Katrin Do you like being at this school? Yes, I like being at this school Do you like the city? Yes, I like La Coruña for the sea and for the things you can do. But not for the weather. How do you see the students in this school? They are very open with me And how do you see the teachers? They are like the students, very open and they try to help me Are you happy living here? At the beginning not because I had some problems but now I am very good. How many languages do you speak? Four. English, French, Spanish and of course German. What are the main differences between Germany and Spain? First of all the atmosphere of going out, going by bus, to a restaurant. This is very different. Here in Spain there are “Tapas” and I really like them and there is more noise everywhere in the street, in the bus , in restaurants. Too much noise maybe. How do you feel giving classes in Adormideras? Very good because I give classes from 1º ESO to 1º BACH so I have very different students and it is very interesting. In your opinion, is the English level of the students good? It could be bether but I don´t know where the problem is. But I think that the main problem is that you don´t have enough lessons

idioma, escoitar musica e intentar entender o que din. Para a xente que ten medo a ir a un país extranxeiro, recomenda que vaian. Que non hai que comparar con España e non xeneralizar, porque non todas as familias dese país son iguais ca que che tocou. Ela fala catro idiomas: alemán, inglés, francés e español. Comezou a estudar francés porque a sua nai é francesa e xa sabia bastante. Pero o resto, escolleunos sen saber nada deles. O que máis lle costou do castelán foi a pronunciación e algo de gramática, como os verbos ser e estar ou o pasado subxuntivo. Ao principio, cando chegou á Coruña non estaba moi contenta porque tivo uns problemas co seu primeiro piso, pero en canto se acostumou quedou encantada. Aquí, en Galicia, visitou tamén moitos lugares como: Costa da Morte, Santiago, Ourense, You also give classes of German. Are your students good? Yes, They are very good. Have you travelled a lot? Yes, I have travelled a lot in Galicia I´ve seen a lot of cities and places like Costa Da Morte, Rías Altas, Rías Baixas and cities like Santiago, Pontevedra I have also travelled to Sevilla, to Portugal so yeah I´ve travelled a lot this year. Why did yoy chose to study these languages? I chose them because I like the culture of other countries and, well, I studied French because my mother is French. What would you recommend us to learn more English? You can see your favourite series on TV in the original version and try to understand them, you can read in English....... lots of things Which of the languages that you speak is the most difficult to learn? Spanish, because I have problems with lo, la with the subjuntivo and the pronunciation. I have problems with the “R” What would you say to someone that is a little bit afraid of going to a foreign country to study? Don´t be afraid of going to a foreign country because you learn a lot of the people that lives there and you have to try not to compare things with your country In what other countries have you been? France, Spain, Italy, England, Netherlands, Belgien ........

Pontevedra, as Rías Altas e as Baixas e algunhas cidades de Portugal. Na Semana Santa estivo en Sevilla. Cóntanos que o que máis estrañou de Alemaña foi a súa familia e os seus amigos, o único que non botou de menos é ao propio país en si. Na súa vida viviu en Alemaña, Francia e España. Tamén viaxou moito a outros paises como Bélxica, Italia, Noruega, Francia e Gran Bretaña. Sobre a comida tivo algúns problemas ao principio co polbo. Pero o que máis lle gustaron son as tapas. A cidade gustoulle moito polas vistas e a atmosfera, non polo clima. As maiores diferencias con Alemaña son os ambientes nos restaurantes, os buses, a cultura, etc. En resumidas contas, o pasou moi ben e todos esperamos que nos visite pronto. Gabriela Beade (4º ESO)


34 MAPOULA

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CURSO 2008 - 2009

AUTORAS: CRISTINA AMADO E TAMARA GARCÍA (1º C BACH)

ENTREVISTAS

No cuadro gris continúa a entrevista a Katrin, esta vez cun texto en alemá.

achdenn Katrin während ein paar Monate wei uns war N geht sie nach Deutchland zurück und wir haben beschlossen, einen Artikel über sie zu machen.

Sie mag La Coruña, weil es Meer und tapas gibt nur das wetter findet sie nicht so gut es regnet zu viel. Sie fühlt sich vier wohl. Aber sie vermisst ihre Familie und Freunde. Sie findet Spanien anders der Lärm Tapas und die Stimmung. Sie ist viel in ihren Leben gereist,sie war in Frankreich, Belgien, Potugal, Holland, England. Die Englischkentnisse von Schüler sind hier nicht so gut. Sie gibt einen Reisetipp man soll nicht vergleichen und generalisereren

Sie kam zu uns als Sprachassistent. Sie spricht Deutsch, Französisch, Englisch und Spanisch.Sie spricht Deutsch, weil das ihre Mutterspracheist. Sie spricht * Französisch, weil ihre Mutter Französin ist. Englisch hat sie in der Schule gelernt. Spanisch, weil sie daran interese hatte, obuohl die Sprache schwierig war. Sie mag in Adormideras ünterrichten, weil sie mehrere Sphachen unterrichtet. Von Klasse 7 bis Klasse 11. Sie findet die Schüler offen und nett, obuohl sie im ünterricht lout sind. Sie findet * die Lehrer offen und frendlich.

Mayte Puig

Entrevista a Teba cos teus compañeiros

- Seguir coma ata agora

mundo… ¿Como che

e alumnos?

pero ademáis gustaría-

gustaría facelo?

- Si, claro que si

me ilustrar un libro para

- Para ben, porque se

¿Soes saír de festa as

nenos.

non se acabará des-

noites dos sábados?

¿Que opinas do tópico

truíndo, aínda que non

- De cando en vez

de que os artistas

sei a forma na que o

¿Algunha vez fuches

están medio tolos?

faría!.

de festa a locais cos

- Que é metade mentira,

¿Estás contenta coa

teus alumnos?

metade verdade, por-

calidade artística dos

- Non

que hai de todo en

teus alumnos?

todas partes.

-

¿Eras boa alumna?

¿Cando creas soes

mmmpssi…pódese

- A verdade é que si.

facer algún tipo de

mellorar, aínda que non

¿Cando

ritual que te inspire?

é o mesmo se nos refe-

impartir clases coma

- Non (risas).

rimos á ESO ou á

profesora de volume?

¿Cal é o teu libro favo-

Bacharelato

Cando

estudabas

decidiches

(Cara

dubidosa)

artístico,

¿Cal é o teu nome

tín clases a nenos máis

- Ao terminar a carreira

rito?

onde sí hai máis intere-

completo?

pequenos noutros sitios

de Belas Artes, me deci-

- As aventuras de Huc-

se e boas aptitudes.

- Teba Argiz Romaní

como Franciscanas ou

dín pola docencia así

kelberry Finn.

¿Que é o que máis

que continuei os meus

¿A túa escultura favo-

botas de menos dos

estudios por ese cami-

rita?

teus anos de estudo?

¿Levas toda a

túa

Xesuitinas.

vida vivindo na Coru-

¿Tiveches

ña?

vez algún alumno moi

ño.

- Non, estudei fóra.

problemático?

¿Algunha

- Direi que non para non

cando eras pequena?

molestar

- Entre outras moitas

(risas).

cousas, me imaxinaba de “profe”.

algunha

- A de todo o século XX,

- A falta de responsabili-

e especialmente as de

dade entre outras cou-

interesante dos teus

Calder

sas, como estar sempre

anos de estudo/traba-

¿Pintura?

cos amigos.

llo?

- Calquera de Klimt

¿Gustaríache comen-

¿Como foi o teu pri-

- A máis recente que me

¿Música ou canción?

tar algo que nós non

meiro día como profe-

fixo rir foi o outro día en

- Paloma

che preguntaramos na

¿Cal foi o primeiro

sora de Adormideras?

clase que preguntáron-

Calamaro.

entrevista?

¿Que

querías

ser

a

ninguén

anécdota

de Andrés

centro no que imparti-

- Un poco caótico, pero

me que era a “mons-

¿É a túa película favo-

- Si, que me parece moi

ches clases?

en xeral ben; é que mi

truación”.

rita?

ben esta iniciativa e

- IES ADORMIDERAS

titoría ten “tela”…

¿Cales son os teus

- O golpe

estaría ben ter a opinión

neste nivel, pero impar-

¿Sénteste

plans para o futuro?

Se puideses cambiar o

de máis profesores.

cómoda


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

35

AUTOR: ADRIÁN ARIAS (1º A BACH)

DEPORTES

uero contarvos un pouco sobre como comecei a practicar un deporte, do que apenas se fala, pero non por iso deixa de ser moi completo porque precisa ademais de forma física, unha gran concentración. Estou a falar do tenis de mesa, o que descubrín arredor dos dez anos, cando Alfonso Carbajales no Club do Mar de San Amaro me ensinou a dar os primeiros toques. Dous anos máis tarde, o club contratou un entrena-

Q

dor chino (Zhao Qiang) co que tanto eu coma os meus compañeiros fomos mellorando e acadando mellores posicións. Despois de entrear durante a semana participamos os sábados e domingos nunha liga e varios torneos. Incluso cheguei a ir xogar coa selección galega en dúas ocasións o campeonato de España. Foi así como este deporte me foi enganchando cada vez mais.

SOMOS GRANDES DEPORTISTAS!


36 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

DEPORTES

Cursos de danza

A

profesora RUT BALVÍS, licenciada en Educación Física estivo no Instituto

impartindo clases de danza contemporánea a 2º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato durante unha semana. Foron unhas clases moi divertidas como podedes comprobar nas fotos.


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

DEPORTES

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

37


38 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTOR: FERNANDO MAGÁN SUEIRO

DEPORTES

Q

ue sabemos sobre o Tai Chi? momento que estamos facendo un Moi pouca xente saberá decir o gasto de enerxía alto, pero o final da que é, pero moitos opinarán sesión notas as sensacións dun traballo

sobre el. Uns dirán que é unha forma de suave pero continuado. Alguén poderá arte marcial, outros que é un baile fol- crer que lle estou gastando unha broma clórico chinés, e así teríamos moitas se digo que se consegue mellorar a opinións ou ideas do que pode ser. O que primeiro chama a atención é a súa lentitude de movementos e parece que só é iso, moverse despacio pasando

concentración e o equilibrio,

TAI CHI

dunha postura a outra, pero o

como aspectos máis visible, pero tamén hai outros beneficios non apreciables. Eu digo moitas veces que se non probas non sabes se che gusta ou non. Por iso anímovos a

Tai Chi ten unha historia, un coñéce- que vos acheguedes ao Tai Chi e que mento do corpo humano e unha “filoso- probedes, pode ser que vos guste e que fía” da vida que fai que sexa unha disci- queirades saber algo máis sobre el, e plina moi complexa.

hai moito que coñecer; eu aínda coñezo

A miña experiencia co Tai Chi é pouco, pero ós poucos faise camiño moi boa. Non é o mesmo que andar en bicicleta, nadar ou xogar a calquera

Moitas grazas ao noso magnífico

deporte de equipo, nos que notamos no profe José Luis.


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

39

DEPORTES

LOITA

urante o mes de Maio do 2008 , o departamento de Educación Física conxuntamente coa federación galega de loita, desenvolveron as primeiras xornadas de loita olímpica, coa finalidade de dar a coñecer un dos deportes máis nobre e máis antigo do calendario olímpico. Sobre o que pesan desgrazadamente moitos tópicos e prexuízos non sempre favorables. Loita grecorromana: Orixinaria do sur de Europa, como indica o seu nome, é moi popular en todo o mundo. A súa peculiaridade radica en que só se poden empregar técnicas e presas realizadas por riba da cadeira, xa que está prohibido utilizar as

D

pernas para puntuar. Polo tanto, a posición ou garda que empregan os loitadores é semi erguido. Loita libre: Nesta modalidade pode utilizarse todo o corpo na competición, incluídos apreixalos baixo a cintura e o uso das pernas, o cal permite que conte con máis variedade de presas que a grecorromana. Trátase da modalidade máis estendida e que maior número de participantes atrae aos torneos internacionais. Nesta especialidade os atletas están máis agachados para desa forma coidar súas perras das accións do rival. Aquí van unhas fotos de José Cuba ensinando aos nosos alumnos.

osé Cuba, na actualidade é o campión de España, título que gañou consecutivamente desde o 2001, tamén gañou o Torneo Internacional Siberia (Rusia), quedou 15º no campionato do Mundo 2007 en Baku e 10º na Europeu do 2006. Membro do equipo preolímpico nacional español en Atenas 2004 e Pequín 2008. E ademais soubo gañarse o respecto e o cariño dos alumnos do IES Adormideras. Grazas José

J


40 MAPOULA

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CURSO 2008 - 2009

DEPORTES día 3 de Decembro, ás 17:30 celebrouse no ximnasio de IES Adormideras, unha "máster class" de técnica de carreira a cargo do profesor de educación física e adestrador de atletismo D. Vicente Veiga Doldán, na que participaron atletas invitados para realizar demostracións. A actividade estivo aberta a todos os alumnos do instituto

O

ATLETISMO


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

41

DEPORTES

PATINAXE

D.

Daniel Ruiz Rivera, licenciado en ciencias da competición de velocidade. A actividade desenvolvida no actividade física e o deporte pola UDC, e pati- salón de actos, gustou moito aos alumnos e profesores que nador salientado na especialidade de velocida- asistiron á presentación.Emprazando a todos aqueles inte-

de, tivo un encontro cos alumnos do centro. Na que nos fixo resados, a participar nunha concetración (quedada) de patipartícipes do seu entusiasmo, a través dun traballo multi- naxe, o martes día 4 de novembro, ás cinco da tarde, na

media denominado: "A patinaxe moderna", onde explicou, pista de patinaxe do polígono de Adormideras. Imprescindientre outros aspectos: a evolución, as modalidades e a ble o uso de patíns, para gozar da reunión.


42 MAPOULA

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORES: CAROLINA, XALO E SABELA (1º A ESO)

DEPORTES s dez saímos do instituto, quedándonos por diante trece horas de viaxe. Chegamos sobre as once e media da mañá e, despois de deixar toda a equipaxe nas habitacións, dirixímonos á Alhambra. Chovía moito, pero aínda así, disfrutamos moito da visita. Cando rematamos de ver a Alhambra, fomos ao noso hotel, Luna de Granada, e despois de desfacer as maletas, fomos cear. Despois de cear, quedamos nas habitacións e a iso das doce durmimos. O luns esquiamos por primeira vez, foi unha experiencia inigualable, aínda que un tanto aburrida, xa que non podíamos subir ao telesilla. Os seguintes días máis ou menos seguiron o mesmo patrón que o segundo día.

Á

CURSO 2008 - 2009

Ata que por fin, o mércores, o profesor subiunos no telesilla. Gustounos moito. Pola tarde fomos pola zona vella de Granada. O día seguinte transcorreu con tranquilidade e sen ningunha novidade. E sen darnos conta, xa se estaba rematando a nosa viaxe. O último día, o venres, fomos á estación como outro día calquera, aínda sabendo que xa era o último día que íamos esquiar. As dúas e cuarto marchamos camiño a casa. E o sábado sobre as tres da mañá, chegamos ao instituto, dando por concluída a nosa viaxe. Realmente foi unha actividade preciosa. Carolina, Xalo e Sabela 1º ESO

Esquí: Serra Nevada


MAPOULA REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CURSO 2008 - 2009

DEPORTES

De visita na Alha mbra de Granad a

43


44 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

AUTORA: BEATRIZ PALACIOS CASTILLO (2º B BACH)

DEPORTES

Natación sincronizada en España

A

natación sincronizada é un deporte libres. O ano pasado no Trofeo Mundial FINA que naceu a principios do século XX, celebrado en Madrid apareceu un novo tipo a mans da estadounidense Annetta de rutina libre, o dúo temático, no que as

Kellerman e se expandiu rapidamente grazas nadadoras deben inspirarse en algo típico do aos musicais de Hollywood con Esther país ao que van para realizar o seu exercicio. Williams como a súa nadadora máis importante.

España en natación sincronizada é un dos países máis importantes debido á mellora

É un deporte acuático moi artístico, o realizada nos últimos anos. A selección espacontrol do medio é maior que o exercido no ñola de natación é moi innovadora pois a reasocorrismo acuático (como deporte) ou a lización artística das súas coreografías é moi natación e o seu principal obxectivo é esper- orixinal. Os temas dos seus exercicios apatar unha emoción no observador. A práctica recen narrados como historias e en perfecta deste deporte require dunha gran resistencia, coordinación coa música. Na súa presentatanto aeróbica como anaeróbica, de forza, de ción empregan magníficos deseños artísticos, potencia, de flexibilidade, de técnica e dunha como os bañadores do exercicio de África con boa expresión artística e presentación. A valo- luces ou os de Dalí, e como a maquillaxe ración final de cada exercicio lévana a cabo empregado no combo de Cats. Os logros conunha serie de xuíces que o xulgan artística e seguidos grazas a isto foron moitos o ano tecnicamente. É dicir, valórase a orixinalidade pasado. A selección española de natación sindas figuras, a maquillaxe e os bañadores, a cronizada acabou con doce medallas internaelección da música e a execución do exerci- cionais, dez ouros e dúas pratas, e foi a pricio, fixándose na boa elaboración de todas as meira no ránking do III Trofeo Mundial FINA, figuras.

por diante das outras dúas grandes potencias

Na natación sincronizada hai diferentes neste deporte, Rusia e China. A selecionadomodalidades que son: só, dúo e equipo, ade- ra española, Ana Tarrés, moi satisfeita polo mais do combo, unha modalidade aparecida traballo de súas nadadoras o ano pasado, recentemente e que consiste nun exercicio no planea realizar novas coreografías no equipo que se mesturan as outras tres modalidades. e o combo. O gran reto para este equipo este A parte das diferentes modalidades tamén se ano é o Campionato do mundo de Roma. fan dous tipos de coreografías: técnicas, onde Esperamos que lles vaia tan ben como lles foi hai unha serie de elementos obrigatorios, e este ano co equipo de “África”.


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

DEPORTES

Nataci贸n sincronizada

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

45


46 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

TUTTI FRUTI

AUTORA: MAYTE PUIG (4º ESO)

TARTA DE MAZÁ EN SECO Ingredientes: - 200 gr de fariña - 60 gr de maizena - 100 gr de manteiga - 1 cunca de azucre - 2 culleres colmadas de po de fornear - 2 ovos - Un pouco de vainilla - 1 cunca de leite

Preparación: - Mesturar a fariña,a maizena,a manteiga, o azucre e o po de fornear. - Bater nun pote os ovos, a vainilla e o leite. - Pelar e cortar as mazás en toradas moi finas. - Enmanteigar un fonte de forno (non enfariñar, se desexa, pódese acaramelar), poñer unha pequena capa cos ingredientes secos (primeira mestura), logo poñer unha capa de mazás.Ir alternando ata rematar cos ingredientes tendo en conta que a última capa é de mazás. Verter os ingredientes líquidos (segunda mestura) por enriba. - Cubrir con azucre e canela. - Para rematar engadir anacos de manteiga e levar ao forno o cal deberá estar a unha temperatura moderada. Bo proveito!


MAPOULA

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CURSO 2008 - 2009

TUTTI FRUTI

47

AUTORA: ERIKA XIMENA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ (1º BACH A)

Piercing, arte no corpo body piercing é un xeito de mutar o noso corpo colocando pequenas pezas de aceiro, cornos, etc.

O

Naceu hai miles de anos na cultura india e esquimó; eles levaban a cabo esta práctica porque a súa crenza baseábase en que este tipo de colocacións, defenderíanos de malos espíritos ou traxedias, segundo que se colocasen e en que zona do corpo o fixesen. Para as persoas de distintas culturas, personalidade, historias persoais pode ter un significado distinto, especial ou só por simple estética. En pleno século XXI converteuse nunha moda bastante estendida por todo o mundo, sobre todo na poboación nova. Hai apenas unha década, o uso da xoiería corporal non tiña o auxe e impacto que alcanzou nos nosos días. É arte que só se consegue con creatividade transformando un feito concreto nun abstracto. Para moitas persoas a experiencia de facerse un piercing é como un gran éxtase, o pánico que pode entrar minutos antes de que un longo catéter atravese a pel sentindo unha presión e á vez un alivio. O pinchar non doe (moito non) é mais que todo psicolóxico, o difícil e ,ás veces, doloroso é o tempo de curación, depende moito da parte na que se faga, os materiais utilizados e sobre todo os coidados que se lle dean. Hai que levar unha boa hixiene, lavarse sempre as mans antes de tocalos, non utilizar materiais que conteñan níquel xa que pode producir enfermidades como a metalose. Á hora de facer o piercing sempre hai que fixarse en que todo estea correcto, o material totalmente esterilizado, uso de luvas, agullas novas...Durante as épocas de verán adóitanse facer moitas convencións de tatuadores e “anilladores” no que se realizan todo tipo de actos, pódese conseguir bo material, ademais reúnense grandes artistas do tattoo e body piercing. É unha forma de vida.

Nas imaxes recóllense algúns dos piercings máis frecuentes


48 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

AUTORA: LAURA BOADO (1º A ESO)

Ramón Piñeiro amón Piñeiro López nacido en 1915 e morto en 1990 en Santiago de Compostela con 75 anos. Foi un intelectual e político que desenvolveu a súa actividade en Galicia. Este personaxe é o homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano

R

2009. Ramón, como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial. Estudou o Bacharelato superior en Lugo onde ingresou nas xuventudes do Partido Galeguista, a través das cales participou no comité provincial que colaborou na celebración do referéndum sobre o estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Rematada a Guerra civil española estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. A súa obra escrita repártese entre traballos de índole filosófica e traballos de orientación lingüística- literaria. Foi pioneiro tamén na tradución de obras doutros idiomas ó galego, entre as que destaca Da esencia da verdade de Heidegger. Ramón Rosalía (1952); da saudade ..

escribiu moitas obras : A saudade en La saudade (1953) ;Pra unha filosofía


MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

49

CULTURA

AS MULLERES MATEMÁTICAS departamento de matemáticas xunto co de galego realizaron no 2º trimeste un traballo cos alumnos de 1º de ESO sobre as mulleres matemáticas ao longo da historia. Consistía en contestar a unhas preguntas sobre a súa vida e aportacións matemáticas ao mesmo tempo que realizar un exercicio de resolución matemática todo a través do sistema informático.

O

EMILIE DE BRETEUIL milie de Breteuil, Marquise du Chatelet (1706-1749) foi unha física francesa.Autodidacta, Gabrielle-Émilie le Tonnelier de Breteuil, Marquesa do Chatelet, foi amante do filósofo francés Voltaire, con quen mantivo tamén relacións profesionais. Tivo relacións no campo da física con Maupertuis, e traduciu a Leibnitz e Newton, engadindo comentarios e explicacións en pasaxes díficiles.A filla do Barón de Breteuil naceu o 17 de decembro de 1706. Casou co Marqués do Chatelet-Lomont en 1725. Foi boa linguista, música e matemática, e fondamente interesada na metafísica. Cando comezou a intimar con Voltaire estaba practicamente separada do seu marido. É considerada como unha pensadora orixinal, aínda que máis coñecida pola súa relación con Voltaire. Escribeu ‘Institutions de physique’ (1740), ‘Dissertation sur la nature et la propagation du feu’ (1744), ‘Doutes sur les religions révélées’, e no 1756 publicou unha tradución dos ‘Principia Mathematica’ de Newton.En 1748, deixou a Voltaire por un soldado-poeta, Jean François de Saint-Lambert, oficial da garda do Rei Stanislaw I de Polonia. Morreu polas complicacións subseguintes ó nacemento do seu fillo o 10 de setembro de 1749. Xaquín Bermello Corominas

É

TEANO

MARÍA GAETANA AGNESI

eano naceu en Crotona, no século VI a.D. Era filla de Milón, mecenas de Pitágoras. Cando era pequena, Milón mandouna estudar á escola pitagórica. Naquela época, as mulleres estaban moi marxinadas nas actividades científicas, pero na escola tratábase por igual a homes e a mulleres. Pitágoras foi o mestre de Teano. Teano traballou e estudou moito e, ao cabo dos anos, fíxose mestra. Teano casou con Pitágoras, que era moito maior ca ela. Tiveron tres fillos que, de maiores, a axudarían. A pesar da súa maternidade, Teano non deixou a escola pitagórica e, ademais, dedicouse ao estudo da cosmoloxía e da escitura de tratados de matemáticas (sobre todo, a cerca da proporcionalidade), física e medicina. Como boa pitagórica, cría e defendía que todos os obxectos materiais estaban compostos polos números naturais, polo que a medida de calquera cousa podíase expresar cunha medida exacta. Tamén foi a primeira que plantexou a existencia do número áureo como esencia do universo. Xalo Rancaño Rodríguez

aceu o 16 de maio de 1718, en Milán (Italia). Foi unha importante matemática italiana, aínda que tamén se lle coñeceu como lingüista, filósofa e teóloga. Filla de Don Pietro Agnesi Mariami e de Anna Brivio, e tivo 20 irmáns pequenos. María nunca casou, pois aos 21 anos, quixo entrar nun convento. Ante a oposición do seu pai, comezou a vivir nun ámbito social nulo. O cálculo diferencial, o estudo de cómo cambian as funcións cando os seus variables cambian, é usado para saber iso mesmo. Usárono anos antes científicos como Newton e Leibniz. O cálculo integral, rama das matemáticas na cal se estuda o cálculo a partir do proceso de integración ou antiderivación, común na inxeniería e nas matemáticas, úsase para calcular áreas e volumes de rexións e sólidos de revolución. Foi usado anteriormente por científicos como Arquímedes,Descartes, Newton e Barrow. A curva “a bruxa de Agnesi”, emprégase na descrición física dos fenómenos de resonancia. O número p (pi), letra grega, provén da inicial das palabras de orixe grego periferia y perímetro dun círculo. phi ten un valor aproximado de 3,14159265358979323846. Serve para ubicar en matemáticas; aparece incluso en lugares que carecen dunha conexión directa cos círculos da xeometría euclídea Sabela Suevos

T

HIPATIA nome de Hipatia significa a máis grande. Nacida en Alexandria,Alexandria é unha cidade do norte de Exipto situada no delta do Nilo, capital da Diócesis Romana de Exipto. Viviu no século IV no 370 segundo algunhas referencias e 355 segundo outras. Matarona a golpes un grupo de fanáticos cristiáns.Seu pai Teón de Alexandría foi un célebre matemático e astrónomo moi apreciado. Deu clases na Biblioteca do Serapeo. Foi mestre de matemáticas e astronomía.O astrolabio é un instrumento que permite determinar as posicions das estrelas. A xeometria e unha rama das matemáticas que estuda o espazo igual que a aritmetica que é a máis antiga.C onica é a curva dun plano que non pasa por o seu vertice . David Fernández Mangana

O

N

SOPHIE GERMAIN ophie Germain naceu nunha familia burguesa en Paris (Francia ) o 1 de abril de 1776 e morreu o 27 de junio de 1831.Era una matemática francesa , que fixo importantes contribucións na teoría dos números ena teoría da elasticidade.Un dos estudos mais importantes foi “os numeros primos”.Empezou a estudar matemáticas á idade de trece anos, aínda que os seus pais non a deixaban.Os primeiros apuntes conseguiunos escoitando a escondidas a clase de Matemáticas dunhaescola que no admitía mulleres. Disfrazouse dun home chamado”Sr Le Blanc”que era alumno desta escola para poder enviar uns traballos ao seu profesor,a cal se quedou asombrado de tanto talento e quixo ter unha entrevista con este “home”.Pero levou unha sorpresa aínda máis grande cando descubriu que o seu mellor alumno era unha muller: “Sophie Germain”.Pasou case toda a vida buscando unha escola para poder dar clase do que máis lle gustaba“AS MATEMATICAS”.En 1830, a Universidade de Göttingen acordou outorgar a Germain un grado honorífico; pero antes de que ela puidera recibilo, morreu o 27 de junio de 1831. Laura García de Arana

S


50 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CULTURA

AUTORA: HELENA PÉREZ -ARDA LÓPEZ (2º A BACH)

A miña experiencia nos Estados Unidos ada un de nós esta feito das decisións que toma, sexan boas ou malas, precipitadas, condicionadas, estudadas… A min ninguén tivo que empuxarme a facer o que fixen, eu decidín, aos 16 anos ir estudar aos Estados Unidos un curso enteiro, que me convalidarían por 1ºde Bacharelato ao voltar. Supuña pasar moitos meses fóra da casa, saír ó mundo (descoñecido), coma quen di. As condicións coas que outros estudantes da Coruña e mais eu viaxabamos eran as dunha beca do Concello; a estancia nunca familia americana e a asistencia a un instituto da zona. O 14 de Agosto do 2007 despois dunha longa despedida cruzamos o charco e chegamos a Nova York. Eu lembro eses días moi ben, porque xa, se era pouca a emoción da viaxe, á mañá seguinte xa estabamos vendo a estatua de liberdade. En xeral sentíase un clima de desconcerto porque todos nós sabiamos que ós poucos días separariamonos e iriamos a diferentes estados, é dicir, a maleta aínda non se desfacía definitivamente. O día que cheguei a Delton

C

(Michigan) encontrei a miña familia americana esperándome no aeroporto. Eu tiña medo de non recoñecelos porque só vira fotos, pero despois de coller a maleta vin unha pancarta que puña “Welcome Elena” e claro, supuxen que naquel pobo tan pequeniño non esperaban a máis “elenas”. Non podo resumir todo o que vivín durante os dez meses que estiven en USA, pero podo dicir que nunca o esquecerei. Ao principio todo era novo, todo me asombraba. A súa cultura é bastante diferente á nosa e ós comezos eu non sabía moi ben como adaptarme. A confianza coa familia foi pouco a pouco, como todo. O simple feito de almorzar, ver a tele…custaba sentirse coma na casa, mais esas pequenas cousas compartíaas cunha estudante noruega que tamén vivía con nós, ela, podo dicir que se converteu na miña irmá. Ó mesmo tempo ía mellorando co inglés, pasei de non entender 3 de 4 palabras (recursos: clásico dicionario ou escribilo), a pensar e soñar en inglés pasados xa uns meses. O instituto era outro mundo. A

min dábame a sensación de estar metida nunha película (tampouco con isto estou dicindo que fora todo perfecto, ás veces as semanas pasábanse rápidísimo e outras eran interminables, ou coma eu botabas de menos o xamón serrano,etc…) O seu sistema escolar é totalmente distinto ó noso, podías escoller as asignaturas que ti quixeras, con diferentes niveis en cada unha, e un sinfín de actividades que che ofrecían para despois de clase, onde se coñecía moito mellor á xente. A vida era moi tranquila en Delton, pódese dicir que vivía no rural, aínda conducindo dúas horas estabas en Chicago, cidade que aproveitei para visitar, xunto con outras viaxes que fixen coa miña familia e co instituto. Hai xa meses que voltei, pero aínda se botan de menos algunhas cousas da vida americana, foi unha experiencia que nunca olvidarei, fíxome madurar e aprendín moitas cousas novas, sobre todo da súa cultura. Sopesando pros e contras penso que tomei unha moi boa decisión en pasar un ano nos Estados Unidos.


MAPOULA CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CULTURA

51

AUTORA: ALICIA CONDE LÓPEZ (2º A BACH)

EU en USA

ando fun seleccionada para disfrutar dunha das 40 becas que o concello da Coruña entrega cada año ós seus estudantes para estudar nos Estados Unidos, aínda non sabía o afortunada que acababa de ser. Só ao transcorrer os días e os meses fixéronme valorar esta experiencia. A pesar de que xa vai facer case un ano dende que regresei de alí, foi unha viaxe que aínda non rematou, xa que simples detalles me devolven a aqueles días en terras americanas: fotografías, escritos, olores, cancións e amizades fan que ese tempo estea permanentemente na miña mente Son sentimentos e emocións que alí espertaron e que aínda non

C

esvaeceron, e que ese tempo vivido foi tan gratificante e especial que probablemente faga que nunca esqueza o meu ano como “exchange student” en Michigan. Ó tempo que demócratas e republicanos escollían ós seus representantes, ía adentrándome cada vez máis nos costumes americanos, é así que hoxe cando sinto un intenso olor a chocolate, recordo as tardes nas que as miñas amigas e mais eu preparabamos brownies de chocolate o pancakes que logo comiamos vendo infinidade de películas. Nese tempo, sentín as máis baixas temperaturas (ata 0º Fahrenheit no inverno ou o que é o mesmo -30ºcentígrados) que nunca antes percibi-

ra. En ocasións, a neve era a causa de que, moi ao meu pesar, os partidos de “soccer” quedaran cancelados; e noutras, os metros e metros acumulados de neve, permitíannos pasar tardes tirándonos cos trineos ata quedar empapados. E que se algo lles gusta os estadounidenses é a diversión, pasalo ben, como eles din: to have fun!, calquera escusa é boa para reunir a decenas de persoas nunha casa e facer unha “barbeque” o incluso, no colexio, onde celebrabamos cumpreanos ficticios á hora do “lunch” con tal de cantar, comer pastel e tomar fotos. A neve foi tamén a desculpa perfecta para que eu e mais outros 20 compañeiros tivésemos

que pasar a noite na casa dun amigo pola imposibilidade de conducir baixo esas condicións atmosféricas. Calquera canción con ritmos rapero e/o de hip hop fan mover o meu esqueleto ó ritmo que o facíamos nos bailes do colexio ou nos coches das miñas amigas cando nos dirixiamos ó centro comercial onde buscabamos calquera ganga ¡como só alí se atopan! O coñecido “melting pot” americano fixo que aínda hoxe manteña contacto con xente de media Europa e do mundo, coas que comparto tantos bos momentos e recordos. E que se de algo estou segura é de que Estados Unidos é o país das emocións, das emocións fortes.


52 MAPOULA

CURSO 2008 - 2009

REVISTA DO IES ADORMIDERAS

CULTURA

AUTORA: ANA OTERO (PROFESORA DE MATEMÁTICAS)

2009: UN ANO ESPECIAL PARA A CIENCIA oincidindo co 400 aniversario das primeiras observacións astronómicas realizadas co telescopio por GALILEO GALILEI e coa publicación por Johanes Kepler da “Astronomía nova”, o ano 2009 foi declarado pola asamblea Xeral das Nacións Unidas, á proposta da Unión Astronómica Internacional (U A I ), “Ano Internacional da Astronomía”.

C

Este mesmo ano 2009 celebramos tamén os 150 anos da publicación de “ A orixe das especies” a obra na que Darwin deu a coñecer a súa teoría da evolución descubrindo que, os seres vivos estamos emparentados, que procedemos de ancestros moi sinxelos e que durante miles de millóns de anos fomos modificándonos, diverxendo unhas especies doutras e producindo novas adaptacións. Ante a teoría da evolución e da selección natural as comunidades relixiosas reaccionaron con especial virulencia considerándoas incompatibles coas sagradas escrituras e co papel central que o home ocupaba nelas. Pero, ¿Quen foi GALILEO GALILEI? Astrónomo, filósofo, matemático e físico, naceu en Pisa, Italia en 1564 nunha familia de sete irmáns, cun pai que era un talentoso músico e un home de considerable cultura; morreu en Florencia o ano que naceu Newton en 1642. Aos 17 anos Galileo empezou a estudar medicina pero en pouco tempo decidiu reorientar os seus estudos para adicarse de cheo as investigacións no campo da física e da matemática baixo a tutela dun amigo da familia que era discípulo de Tartaglia. Desde entón séntese seguidor de Pitágoras, de Platón e de Arquímedes e oposto ao aristotelismo. Aos 25 anos foi nomeado profesor de matemáticas da Universidade de Pisa e, como profesor, proseguiu coa busca da verdade, analizou as crenzas científicas da época e, aplicou as matemáticas e as observacións experimentais para demostrar que “a velocidade de caída dos corpos de igual forma e volume, pero de distintos pesos”, deixados caer desde a mesma altura prodúcese en tempos iguais (erro de Aristóteles que afirmaba que a velocidade de caída era proporcional ao peso); parece que non o fixo como dín, lanzando os corpos desde a torre inclinada de Pisa, senón deslizando esferas costa abaixo pola superficie

lisa de planos inclinados con distintos ángulos de inclinación. Entre outras achegas non astronómicas máis notables figuran as Leis do movemento pendular (comezou a pensar nel vendo como unha lámpada oscilaba na catedral de Pisa) e, as Leis do movemento acelerado, creou o concepto de aceleración que se usa na física moderna como incremento da velocidade por unidade de tempo . Estes experimentos iniciados antes de 1590 foron perfeccionados e publicados, xunto co seu discípulo Torricelli en 1638 na obra “ Diálogos sobre dúas novas ciencias –movemento e mecánica”. A obra de Galileo levou á formulación das leis do movemento de Newton e ao perfecionamento que desas leis fixeraron outros centíficos. É en Maio de 1609 cando Galileo recibe de París unha carta de un dos seus antigos alumnos que lle confirma o rumor da existencia dun instrumento de ampliación fabricado en Holanda que, permite ver obxectos lonxanos, a estrelas que eran invisibles a primeira vista. Con esta descrición en 1610 constrúe o primeiro telescopio e observou por primeira vez que a Lúa está cuberta de mares e montañas, os catro maiores satélites en órbita ao redor de Xúpiter (Ío, Europa, Ganímedes e Calisto), as fases de Venus semellantes ás lunares, as manchas Solares, a estrutura composta de Saturno…Publicou eses resultados en “ O mensaxeiro Sideral” obra mestra de Galileo. Fai co telescopio unha demostración enriba da praza de San Marcos, en Venecia, os espectadores quedan entusiasmados. Galileo lega o seu instrumento á República de Venecia moi interesada nas aplicacións militares do obxecto. Venecia era naquel instante unha cidade chea de vida adicada ao comercio, é o momento do Renacemento, e tamén o momento no que Cervantes escribe o “Quixote” e no que o dramaturgo inglés W. Shakespeare escribe a traxedia” Hamlet,. príncipe de Dinamarca”. As observacións de Galileo revolucionaron a astronomía, pódeselle considerar como o fundador da astronomía moderna e mais en xeral como o introdutor do método experimental na investigación científica. Ademais dos seus extraordinarios resultados como físico e astrónomo a importancia de Galileo está precisamente en

ter creado unha mentalidade científica nova . Adicouse intensamente á astronomía ata o ano 1633 no que foi condenado eclesiásticamente; ameazado polo tribunal da Inquisición coa cámara de tortura se non se retractaba das súas ideas. Foi o traballo publicado en Florencia “Diálogo sobre os dous sistemas máximos do mundo tolemaico e copernicano” o que ocasionaría a condena da igrexa e a súa prohibición de adicarse a astronomía. Estaba profundamente convencido do modelo de Copérnico (publicado no ano 1943 na súa obra De revolitionibus orbium coelesium) que afirmaba que o Sol e non a Terra estaba no centro do Universo e que a Terra se movía ao redor do Sol igual que os outros planetas Galileo seguiu adiante con ese pensamento ata que entablou unha difícil batalla a favor desa afirmación verdadeiramente revolucionaria que destruía o sistema xeocéntrico de Tolomeo acollido e tenazmente sostido pola ciencia oficial e sobre todo pola igrexa. Aos 69 anos de idade foi condenado a arresto domiciliario de por vida e retirouse ao seu domicilio cerca de Florencia onde morrería nove anos despois, o mesmo ano que naceu Newton. Galileo pode ser considerado como o fundador da ciencia moderna porque fixo espertar a intelixencia humana dunha acrítica aceptación da autoridade de Aristóteles e trazou as liñas dun método no que a experimentación e o razoamento únense no común esforzo da investigación.


Mapoula http// edu.aytolacoruna/centros/iesadormideras


Mapoula 2009  

A revista do IES Adormideras

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you