AQUELARRE 13

Page 28

AQUELARRE 13

MAIO 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA ENCONTRO CON FINA CASALDERREY Entre as variadas actividades que os mestres nos organizaron para celebrar o "Día do libro", os alumnos de 3º e 4º de EP destacamos o encontro que tivemos, o día 12 de abril, coa escritora galega Fina Casalderrey, gañadora de importantes premios da literatura infantil e xuvenil. A visita de Fina gustounos moito porque Fina é unha persoa simpática, agradable, divertida... que nos fixo rir a todos. Contounos cousas moi interesantes da súa infancia, da súa vida, do seu traballo. Relatounos unha das súas curtas historias "Eu son eu", que é un libro para nenos moi pequenos e moi interesante para a xente maior. Respondeu a moitas das nosas preguntas e así soubemos que: Empezou a escribir para representar as súas historias cos seus alumnos. Escribe libros infantís porque o que máis lle importa é o que pensan os nenos. Pensa que nós, "pequenos lectores" de hoxe en día, somos moi intelixentes; pero que necesitamos aprender. Unha das súas afeccións é intentar que os nenos aprendan. Ler e escribir son, case, as cousas máis importantes para ela e tamén o debería ser para nós. O título dun libro nunca debe desvelar nada importante sobre o libro. E... Por último, asinounos o libro "Un saco de estrelas" e despedímola cun forte aplauso. Unha visita entretida e moi interesante que se nos fixo... MOI CURTA!!! Grazas e ata pronto Fina! Alumnos/as 4º A

28


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.