GUÍA NADAL WEB 2020

Page 1


“XA VOOOOU!”” Aut.: Susana Peix Ed.: Bululú Suit é un peixiño que a todo contesta “xa vooooou!”, pero que despois esquece o que tiña que facer. Como se lle poderá axudar?

“BILL Y JANET” Aut.: Julia Donaldson Ed.: Bruño Coloraditos e azulitos parece que non poden mesturarse, pero Bill e Janet están dispostos a cambiar as cousas.

“SE CHE PICA UN MOSQUITO” Aut.: Jordi Gastó Ed.: Kalandraka Que facer se nos pica un mosquito? Neste libro descubrirás remedios moi divertidos e “pouco coñecidos” cos que pasarás un tempo estupendo.

“HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS” Aut.: Eoin McLaughlin Ed.: Algar Hai veces que non podemos tocarnos para darnos apertas nin agarimos. Pero iso non impide demostrar doutras maneiras o cariño que sentimos. Anímate a descubrilo neste libro.


“UNHA FÁBRICA DE BICOS” Aut.: María Canosa Ed.: Xerais A Mindi non lle gustan os bicos. Nin sequera un pouco, a pesar de recibilos. Esa pode ser a razón de que non os dea. Quizais si ou quizais non. Pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrica dentro de nós e os fai saír a través dos beizos?

“MI CORONA” Aut.: Dinah Levy Ed.: Salvatella David é o rei da casa e loce orgulloso a súa corona por todas as partes. Pero a chegada da súa irmá Carolina cámbiao todo e ten que compartir o seu reinado con ela. Xorden entón os temibles celos. Menos mal que os pais teñen unha idea...

“COIDADO COA CHARCA!” Aut.: José Carlos Román Ed.: Bululú A nosa charca é un sitio singular, aos animais do bosque gústalles moito pero… un, dous, tres… plof! que ocorreu na charca? A abella, a mosca, a xoaniña, o caracol, o coello, o ourizo e ata un elefante desfilarán por este divertido conto con letra maiúscula para o texto.

“LEOPOLDO, O PEQUENO MONSTRO” Aut.: Estefanía Padullés Ed.: Hércules Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase. Todos se burlan del. Pero un día as cousas cambian. Un conto para aprender que todos e todas somos únicos e únicas.


“CANTAREAS DO FARO” Aut.: Miguel Anxo Romero Ed.: Embora Un libro-disco que contén unha ducia de poemas escritos por Miguel Anxo Romero, ilustrados por Leandro Lamas e musicados pola pianista Bárbara Mourelo. Un libro para pasalo moi ben cantando.

“MABEL Y LA MONTAÑA” Aut.: Kim Hillyard Ed.: Bruño Unha mosca aventureira que soña con escalar montañas, preparar unha supermerenda e facerse amiga dun tiburón. Un libro que nos ensina que debemos confiar en nós e escoitar a quen nos anima e nos di: ti podes!

“UN RICO PASTEL” Aut.: Christian Voltz Ed.: Kalandraka Don Antón invitou a Dona Branca a merendar. Xa está sendo a hora de que chegue e o doce que está preparando ten moi mala pinta. Don Antón está desesperado, xa non sabe que facer. Menos mal que uns simpáticos amigos chegan na súa axuda...

“O RAPOSO RUFO. RECEITAS CATIVAS” Aut.: Dani Viéitez e Iria Iglesias Ed.: Embora Con estas receitas, Rufo pretende que os pequenos preparen os seus pratos dunha forma divertida, e depois gocen desa comida. Sempre baixo a supervisión, ou contando coa axuda dos seus maiores, que tamén os guiarán e gozarán con eles deste apaixonante mundo.


“SUPERAVOA” Aut.: David Rodríguez Ed.: Xerais A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.

“EL MARINERO Y EL MAR” Aut.: Carlos Comendador Ed.: Sallybooks Un confiado mariñeiro sae na súa barca en busca de peixes. Parece que o mar está moi tranquilo. O mariñeiro descubrirá que debaixo das olas hai moito máis que peixes. Queres descubrilo con el?

“A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES” Aut.: Paula Carballeira Ed.: Alvarellos Lucía, no seu terceiro aniversario, recibe como agasallo unha árbore, un freixo. Van medrando xuntas e con ela e co seu amigo Álex, que non pode ver, manterá unha relación moi especial. Un libro con fermosas ilustracións que fará ver ás árbores doutro xeito.

“MACEDONIA DE VERSOS” Aut.: Concha Blanco Ed.: Aira Libro de poesía arredor das froitas. Coa súa lectura poderemos ir descubrindo a riqueza froiteira de Galicia mediante versos e ilustracións moi divertidas. Unha maneira moi amena de aprender nomes das froitas en galego.


“UN VAMPIRO PELIGROZO” Aut.: José Carlos Andrés-Gómez Ed.: Nubeocho Este vampiriño, por máis que o intenta, non dá asustado a ninguén, nin sequera a unha nena pequena. Como siga así, non vai aprobar o exame da escola de vampiros. Que poderá facer?

“EI, SUPERAVÓ! Aut.: Paul MacCartney Ed.: Xerais O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles... Queres coñecelo? Co seu compás máxico, leva os seus netos e netas a vivir trepidantes aventuras. Únete a eles e poderás montar en peixes voadores, fuxir de animais salvaxes e escapar de avalanchas!

“ANIMALES EXTRAÑOS Y MARAVILLOSOS” Aut.: Rossella Trionfetti y Cristina Banfi Ed.: Vicens– Vives Un alucinante percorrido por todo tipo de criaturas fóra do común. Mäis de 40 especies de animais incribles polo seu aspecto, tamaño, forma de alimentarse e como viven. Fascinante!

“UN ANO CO VENTO” Aut.: Hanna Konola Ed.: Hércules O vento é invisible, pero podemos velo moverse ao noso arredor todos los días. Tamén neste libro podemos atopalo. Unha viaxe polos doce meses do ano, na que descubriremos nas distintas estacións do ano, suaves brisas e fortes refachos entre fermosas ilustracións.


“O MEU AVÓ E O QUEIXO” Aut.: María Reimóndez Ed.: Alvarellos Avó e neta comparten o amor polo queixo. Entre eles establécese un divertido diálogo a través do que iremos descubrindo deliciosos queixos de Galicia e do mundo coma o Manchego, o Cebreiro, o de Arzúa ou o Gruyère. Os intres compartidos entre neta e avó convértense en grandes fiestras abertas a un mundo... que é redondo coma un queixo!

“PREFIRO AS DE CHOCOLATE” Aut.: Cristina Justo Ed.: Embora Icía e Iago son xemelgos e xuntos van descubrindo que non hai cores nin xogos de nenos nin de nenas. Ata hai algúns xogos que parecen xeniais ata que descubrimos que hai cousas mellores.

“ASTRO RAT. PATACATOR COCIDO!” Aut.: Fermín Solís Ed.: El Patito Editorial Patacator é bastante difícil de tratar. Pero os nosos amigos saen como pelar as patacas bravas e poñelas a cocer. Sigue a Astro-Rato, Lampadiña e Caca noutra aventura sideral para participar na carreira de naves espaciais máis tola do mundo. (Banda deseñada)

“ALCALDESA VERMELLA” Aut.: El Hematocrítico Ed.: Xerais Na frago corre o rumor de que chegou o mesmísimo xenio da lámpada maravillosa. Todos queren facerlle peticións. Carapuchiña Vermella vai ter que ser a encargada de falar con el. Non sabe que ela e os demais poden facer do bosque un lugar moito mellor.


“OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON” Aut.: Concha Blanco Ed.: Embora Canteiros, oleiros, afiadores, menciñeiros,... enchen as páxinas deste libro co que Concha Blanco trata de achegar aos lectores o mundo dos oficios a través da poesía. Unha verdadeira delicia con fermosísimas ilustracións.

“MI ABUELO TENÍA UN HOTEL” Aut.: Daniel Nesquens Ed.: Anaya En calquera hotel poden pasar cousas curiosas. Pero como neste, seguro que non. No hotel Eloísa alóxanse personaxes moi especiais como un home vestido de salchicha. Un hotel moi especial no que se darán situacións moi, moi estrambóticas e divertidísimas.

“CLOVER, UNHA PORQUIÑA DIFERENTE” Aut.: Beatriz Cabaleiro Ed.: Aira Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas chaman a atención das súas compañeiras, que empezan a desconfiar porque é diferente. Un álbum galego-inglés que nos axudará a descubrir que todos e todas somos diferentes.

“MORTIÑA. O AMIGO PANTASMA” Aut.: Barbara Cantini Ed.: Hércules Mortiña xunto co seu can, Tristeiro, busca algunha pista que axude a descubrir quen é o neno pantasma que dende hai días intenta entrar en Vila Decadente. O neno non lembra nada, nin o seu nome. Conseguirán averigualo?


“VERSOS PARA COMÉRSELOS” Aut.: Sagrario Pinto Ed.: Anaya Poemas dedicados aos alimentos, aos utensilios de cociña, ás recetas tradicionais, a eses bos momentos vividos arredor dunha torta de aniversario, dunhas boas croquetas, dunha bebida. Uns versos cheos de imaxinación e fantasía, “para lamber os dedos”. “SERES FANTÁSTICOS DO CAMIÑO” Aut.: Xan Eguía Ed.: Bululú O protagonista deste libro pérdese no medio do bosque e atópase aos máis variados personaxes da mitoloxía popular dos Camiños de Santiago, os verdadeiros protagonistas deste libro. Son fantásticos, son misteriosos e fuxidíos, pero, sobre todo, son moi divertidos e moi diferentes. Variados como a rica tradición popular que nolos legou e únicos porque sobreviviron á falta de imaxinación.

“OS MINIMORTOS. BENVIDOS AO OUTRO BARRIO” Aut.: Ledicia Costas Ed.: Xerais Os Minimortos son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Entón...

“DIECISÉIS CUENTOS Y TRES TIGRES” Aut.: Daniel Nesquens Ed.: Anaya Tres tigres que non saben contar, unha inundación descontrolada, un impermeable coa súa propia nube ou unha estatua farta de estar parada baixo a chuvia son só algunhas das historias que aparecen neste libro. A fantasía e a diversión están á volta da esquina. Atréveste a atopalas?


“LENDAS DO RECREO” Aut.: El Hematocrítico Ed.: Xerais Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigaron sen fútbol no recreo o resto da semana. Xa pensaba que ía pasar uns descansos aburridísimos, cando foi convidado a formar parte dun grupo de nenos e nenas tan especiais coma el: o incrible e secreto equipo «Lendas do recreo». “LAS AVENTURAS DE CEBOLLINO” Aut.: Gianni Rodari Ed.: Picarona Cebollino e Limón están enfrontados. Pero o que pasa de verdade é a liberdade dun pobo composto por tomates, cereixas, xudías e vellas toupas. Aínda que Cebollino intenta vencer aos malos con trucos sen violencia, o autor o que quere demostrar é que é posible unha sociedade xusta é posible, incluso desexable e divertida.

“NARVAL UNICORNIO MARINO” Aut.: Ben Clanton Ed.: Juventud Narval é un narval despreocupado e Medu é unha medusa ou augamar moi sensata. Aínda que son moi diferentes teñen cousas en común: gústanlles os gofres, as festas e as aventuras. Neste cómic, se te unes a eles, poderás descubrir moitas cousas do mar.

“V DE BESTIARIO” Aut.: Ramón Caride Ed.: Embora Xugrelos, Lamproa, Moicego, Vacallau, Calamor, Boliflor, Sapato, Sandía, Sannoite e outros bichocos e/ou bicharracos tanto ou máis curiosos en rigorosa desorde alfabética. Un libro enxeñoso no que ti tamén podes participar.


“PLAN DE RESCATE” Aut.: Antía Yáñez Ed.: Xerais Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Prepárate para vivir unha aventura na que hai… …de todo! “DÚAS MOEDAS” Aut.: Nuria Tamarit Ed.: Retranca Mar, unha rapaza adolescente europea, viaxa a Senegal coa súa nai, que traballa nun proxecto para construir unha biblioteca e unha emisora de radio nun pobo de agricultores e pescadores ao norte da rexión. Descubrirá que estaba errada en moitas cousas das que pensaba mergullada nas súas comodidades. En formato de banda deseñada axudaranos a descubrir unha parte descoñecida da realidade africana.

“SETE CHAVES PARA ABRIR OS SOÑOS” Aut.: Alfredo Gómez Cerdá Ed.: Kalandraka Hai autoras e autores que, ademais de escribir, poden chegar a cambiar a vida das súas lectoras e lectores. Teñen un don e levan nas súas mans a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos. Sete deles habitan nestas páxinas.

“O NARIZ DE FIZ” Aut.: Miro Villar Ed.: Galaxia Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural. É “unha criatura equerrechiña e miudiña”, pero posúe unha estraña habelencia que o vai converter en protagonista de emocionantes aventuras. Queres saber cal é?


“LA NIÑA MÁS REBELDE LLEGA AL COLEGIO” Aut.: Enid Blyton Ed.: Bruño Elizabeth Allen é filla única, egoísta e malcriada. Cando os seus pais deciden enviala a Whyteleafe, un internado, para que cambie de carácter e se relacione con outros nenos. Ela decide converterse na alumna mási rebelde para que a expulsen. Pero pronto descubrirá que portarse mal en Whyteleafe no é tan fácil como parece...

“A PROBA DE AUGA” Aut.: Anémona de Río Ed.: Xerais Rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. No seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Debe reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que pon todo patas arriba.

“NOBELO DE LUZ” Aut.: Charo Golmar Ed.: Fervenza A través dos seus poemas (acompañados de fermosísimas ilustracións), Charo Golmar fala dende a súa experiencia como profesora de como alguén diferente soña con ser comprendido. Un libro cheo de esperanza que busca concienciar de que outro mundo máis comprensivo é posible.

“BATIDO DE EMOCIONES” Aut.: Nora Rodríguez Ed.: Vicens-Vives Que me está a pasar? Por que me sinto así?... Este libro fala sobre o fascinante proceso de descubrimento da identidade e pode axudar a recoñecer, comprender e controlar as emocións e os sentimentos, así como a enfrontar a toma de decisións e a forma de relacionarse cos demais.


“A SEÑORITA BUBBLE. BAIXO CERO” Aut.: Ledicia Costas Ed.: Xerais Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha preciosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en petarlle na porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda con urxencia. Non son os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada. Papá Noel cruzou ao lado escuro e todo vai mal.. “CUENTOS CRIMINALES” Aut.: Pedro Mañas Ed.: Libre Albedrío Unha estafa monumental nas rúas de Paris, as maniobras dunha malvada odontóloga nun pobo do lonxano oeste americano, un equipo de ladróns que asaltan a gran ciudade durante un partido de fútbol, os crimes da mafiosa familia Lasparri... Os sete casos criminais máis célebres da historia da man do único que viviu en primeira persoa todas estas investigacións: o torpe e adorable inspector Archie Wilson. Sete aventuras cheas de misterio e humor gamberro.

“FÁBULAS CONTADAS” Aut.: Gonzalo Navaza Ed.: Xerais Versos rimados dalgunhas das fábulas máis coñecidas dun xeito moi orixinal e divertido. Un libro para lembrar fábulas que xa escoitamos, contadas “doutra maneira”

“TÚ PUEDES SALVAR EL MUNDO” Aut.: Angela Green Ed.: Duomo A Terra é sabia, respira vida e está ansiosa por ofrecer moitas máis maravillas das que xa nos agasalla cada día. E o noso deber é coidala para que siga facéndoo. Neste libro atoparás 38 personaxes inspiradores e poderaste converter tamén nun héroe da Terra. No libro hai 12 retos para aportar o que poidas contra o cambio climático. Lembra: non hai un Planeta B. Tes 12 meses para protexer o noso.


“SOS. MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA” Aut.: Marie G. Rhode Ed.: Baía Os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra preséntanse con formas moi orixinais para facer ver claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Fai tamén un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na defensa do medio ambiente. “EL ÁRBOL DE LA AMISTAD” Aut.: Britta Teckentrup Ed.: Retranca Editora Neste libro de preciosas ilustracións e troquelados, descubriremos que amizade é coma unha árbore máxica e preciosa, que só se rega con cariño e amabilidade para os demais. “MI AMOR” Aut.: Astrid Desbordes Ed.: Kókinos Hora de durmir. Un neno pregúntalle á súa nai: “mamá, quererasme toda a vida?” A nai vaille dálle unha resposta facilísima enchendo cada páxina de tenrura e amor. Un xogo de dous, divertido e conmovedor que fará maxia co neno ou nena que non quere ir durmir. “CONTRAHISTORIAS DE GALICIA” Aut.: Antoino Reigosa Ed.: Embora As outras historias ou, se preferides, o lado escuro e encuberto do noso pasado. Trae ao presente personaxes secundarios, esquecidos e ignorados da historia oficial. Un libro para ler e ver, ou viceversa, para abrir ou pechar segundo a curiosidade. “¿QUÉ ES UN REFUGIADO?” Aut.: Elise Gravel Ed.: Anaya Quen son os refuxiados? Por que teñen que marchar do seu país? Son sempre ben recibidos no país de acollida? Abre este sinxelo e atrevido libro para comprender por que un refuxiado é alguén coma ti e coma min.


“PEPITA ES ESPECIAL” Aut.: Irene Gutiérrez Ed.: Beascoa Papá e mamá sempre din que Pepita é especial. Pero non é por ese cromosoma que non se ve, senón pola súa maneira de querernos e de facernos sorrir. Pepita é coma nós, pero cun toque moi especial e maravilloso. “OLIVER BUTTON É UNHA NENA” Aut.: Tomie dePaola Ed.: Kalandraka Oliver é diferente: gústanlle a natureza, a lectura, xogar con bonecas e disfrazarse para cantar e, sobre todo, bailar. Os seus compañeiros de escola búrlanse del. Ata que ocorre algo...

“¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!” Aut.: Alicia Costa Ed.: Nubeocho Esta é unha historia inspirada en feitos reais. A Juan gustáballe pintarse as unllas de cores. No cole, ríanse del. Entón, seu pai decidiu apoialo e pintalas el tamén. Que pasará con esa decisión? Abre o libro e descúbreo.

“FERREÑAS ROCK AND ROLL” Aut.: Laura Romero Ed.: Baía Catálogo ilustrado con protagonismo de 31 músicas ou formacións femininas que marcaron un antes e un despois nos seus estilos e no conxunto da música galega.

“OUTROS” LIBROS CON PICTOGRAMAS.

Ed.: Sallybooks

LIBROS LINGUA DE SIGNOS (LSE). Ed. Carambuco COLECCIÓN LECTURA FÁCIL Ed. Sm



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.