AQUELARRE 13

Page 1

AQUELARRE 13

MAIO 2011

1


AQUELARRE 13

MAIO 2011

DESPEDIDA DO COLEXIO

Eu entrei no colexio Juan Fernández Latorre cando tiña tres anos. Lémbrome do primeiro día que comecei , un pouco asustado porque non sabía o que ía acontecer, que ben o pasamos todos xuntos! Con choros, risas, bromas, enfados, contando segredos, xogando e ás veces pelexando, xa que niso consiste a amizade, pero sobre todo bos momentos que nunca esquecerei. Xa queda pouco para rematar, sinto tristura e alegría. Alegría, porque xa son grande e comeza una nova etapa, que espero que sexa marabillosa. Tristura, xa que teño que despedirme do colexio onde levo nove anos , dos meus profesores/as , dos meus amigos/as e compañeiros/as e de tantas lembranzas. Quero agradecerlles aos meus mestres/as todo o que me ensinaron, grazas a eles aprendín todo o que sei ata agora. Teño que despedirme desexando que a etapa que vou comezar, sexa tan bonita coma a que remata. Grazas por todo.

David Blanco Fernández 6º A

2


AQUELARRE 13

MAIO 2011

O CAN

PERDIDO

Había unha vez un leñador chamado Fernando e tiña un can que lle gardaba a casa. Un día, Fernando decidíu ir apañar leña ao monte, pero non levou con el ao can. Cando volveu... o animal non estaba na casa! O home saíu buscalo e, por sorte, atopouno no medio do bosque, preto da beira dun río. Os dous regresaron moi felices. Daniel Mourelle Saavedra- 1º B

OS XIGANTES E OS ANANOS

Éranse unha vez dous países. Un era moi pequeno e nel vivían os ananos. O outro país era enorme e nel vivían os xigantes. Un día un xigante foi ao país dos ananos e saudou a un deles: _Ola!, hai máis coma ti? _Sííí! Desde aquel día uns ían visitar aos outros e todos se fixeron amigos. 3

Irene Gallardo Sierra-1º B


AQUELARRE 13

MAIO 2011

EN PRIMEIRO SOMOS POETAS Somos a clase de 1º A e ímonos presentar. Co1 empeza Marco Marco, disparando un arco. Co 2 segue Andrea Andrea, experta en baleas. O 3 é Gabriel Gabriel, que atopa un papel. 4, Inés Becerra Becerra, pintando unha xerra. O 5 é Sarai Sarai, que chega coa nai. O 6 tráeo Icía Icía, comendo sandía. O 7, Adrián Adrián, que é un pillabán. O 8 é de Paulo Paulo, co seu coello Mauro. No 9 está Héctor Héctor, debuxando recto. E o 10 é Álvaro Álvaro, que o pasa bárbaro. O 11, Susana Susana,cantando unha nana. O 12, Ariadna Ariadna, que ten linda cara. O 13 é de Carlos Carlos, xogando cos dardos. E o 14 é Alba Alba, que case non fala. O 15, Mateo Mateo, vai lendo un tebeo. E o 16, Inés Inés, sempre move os pés. O 17, Brais Brais, non berra de máis. O18, Joel Joel,xoga cun pincel. 19: María Luz Luz, que baila “andaluz”. O 20, Matías Matías, sorríndolle ao día. O 21, Yanet Yanet, que xa ten carné. Dani Sestayo O 22,Dani Sestayo, veloz coma un raio E o 23, Ángel, quere ir de viaxe. Co 24 está Claudia Claudia, cunha linda saia. O 25 é Rebeca Rebeca, linda coma unha boneca.

4


AQUELARRE 13

MAIO 2011

RIMAS DO BOSQUE Este bosque encantado é un lugar moi animado. Aquí viven animaliños grandes e pequeniños. Os coellos e a araña soben pola montaña. Os paxaros descansan no niño enriba dun muiño. Un raposo pequeniño escoita un paxariño. Os osos saen da oseira e botan unha carreira. O esquío corre e salta nunha póla moi alta. Ao cervo e a cerva gústalles comer herba. O lobo medo dá cando vai daquí para alá O sapo e o saltón cantan unha canción. Revolotean as bolboretas e nunca están quedas. A xoaniña, na pradeira, camiña pola beira. 2ºB

5


AQUELARRE 13

MAIO 2011

O ALACRÁN QUE NON TIÑA VELENO Érase unha vez un alacrán que non tiña veleno. Os demais alacráns ríanse del, porque non podía ir con eles para loitar contra os lagartos. O pobre alacrán sempre estaba deprimido. Os outros alacráns o enganaban para que lles fixera as tarefas. A cambio eles dábanlle algo do seu veleno. Un día decidiu fuxir daquel poblado. Fixo quilómetros ata que atopou un bidón que poñía : “VELENO DE ALACRÁN”. (Era veleno para matar alacráns). O noso protagonista subiu ao bidón e entrou nel. Quedaban algunhas pingas do líquido, pero para el era máis que suficiente. Bebeu a pinga que estaba máis preto del e ao remate… morreu. Os seus compañeiros alacráns, enterados da súa morte, foron buscar o seu corpo para enterralo preto das súas casas. Recapacitaron sobre o mal comportamento que tiveran con el e acordaron non se burlar nunca máis de ninguén e ser máis solidarios. Daniel Rojo Varela – 3º A

6


AQUELARRE 13

MAIO 2011

A PRIMAVERA DE MONET

Os nenos e nenas de 4 anos convertémonos en pintores impresionistas e recreamos dúas obras de Monet: “Campo de primavera” e “As papoulas”. Pintamos a témpera, utilizando a técnica da impresión con esponxas e pinceis. Nesta actividade aprendemos a observar unha obra de arte ademais de disfrutar moito. Somos uns verdadeiros artistas!

7


AQUELARRE 13

MAIO 2011

1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS». EDUCACIÓN INFANTIL O CABEZÓN E A PIRULETA Había

unha vez un cabezón que tiña un amigo trasno. O cabezón chamábase Lucas e tiña unha piruleta de fresa. Un día veu un crocodilo e papoulla co papel e todo. Lucas púxose a chorar e o seu amigo trasno, para que parara, preparoulle un xabrón máxico. Lucas lavou a cara con el e enseguidiña volveu estar conteto.

Inventado por Lucas Cerqueiro Espinosa (3 anos A), coa axuda da súa irmá Irene

8


AQUELARRE 13

MAIO 2011

1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS». PRIMEIRO CICLO COMETA E TIGRE: OS MELLORES AMIGOS No mar de Fisterra había un peixiño azul e amarelo chamado Cometa que andaba na procura de amigos, porque o mar é moi grande e sentíase moi só. Atopou unha estrela de mar que tomaba un raio de sol deitada na area do fondo do mar. - Queres vir xogar comigo? -díxolle Cometa. - Ouh non! Estou moi a gusto aquí descansando.-contestou a estrela Estela. E Cometa seguiu buscando e nadou ata unha rocha onde había un polbo chamado Raúl. - Podemos xogar xuntos? preguntou Cometa. - Ouh non! dixo o polbo. E meteuse nunha furna sen máis explicación. Cometa apampou un anaco e logo nadou amodo ata atopar ao señor Cangrexo que camiñaba cara atrás. - Queres que xoguemos xuntos? -propuxo Cometa. - Ouh non! Estou a practicar os meus pasos de baile e non quero que ninguén me moleste. Entón, unha bágoa asomou nos ollos de Cometa e nadou lonxe daquel lugar. - Queres xogar comigo? -escoitou Cometa. Mirou e viu un peixiño laranxa de raias negras que lle falaba. - Eu son Tigre. Veña, imos pasalo moi ben! - Dacordo! -dixo Cometa. E nadaron e xogaron coas ondas do mar de Fisterra, agocháronse da quenlla, seguiron aos golfiños... e foron os mellores amigos para sempre. Xoán López Castro 2ºB María José Castro Papín

9


AQUELARRE 13

MAIO 2011

1º PREMIO DO CONCURSO «CONTOS COMPARTIDOS». TERCEIRO CICLO A TOUPA LOLA Este conto comeza como todos os contos do mundo... Érase unha vez unha toupa toupiña moi riquiña, chamábase Lola. Sabedes como era? Pequeniña, escura coma o acibeche e cos olliños moi pequerrechos, pero sobre todo era moi alegre e sempre cantaruxaba unha bonita canción: " Eva María se fue..." Sabedes onde vivía? Eu si, vivía entre o xardín e a horta dunha familia obreira, na aldea de Piñeiro. A familia chamábase Ríos. O pai era Antón, a nai, María, o fillo maior, Xoán e a pequerrecha da casa era Xulia. Vivían nunha casa pequena, pero ben feita, con céspede todo arredor e cunhas flores preciosas. Tiñan un castiñeiro, un carballo e algunha que outra árbore froiteira. Tamén tiñan unha horta chea de leitugas,tomates, pementos, cebolas... Daba gloria vela! Antón, o pai, pasaba moitas horas traballando na súa terra e xa estaba canso de tanta toupa que pasaba por ela. Cada día preparaba varias trampas pero parecía o conto de nunca acabar. Á pequena da casa, Xulia, dábanlle pena as pobres toupas. Cada vez que o seu pai levaba para a casa unha toupa morta, ela non se cansaba de chorar. Pero nesa mañá pasou algo inesperado. Xulia levantouse ben cediño e foi dar unha volta arredor da casa. Antes de marchar cara a escola viu algo raro no xardín. Sabedes que atopou? Unha toupeira moi fonda e uns olliños tristes que daban moita lástima. Meteu a man no burato e acariciou á toupa Lola. Que linda era! Abrazouna e meteuna na mochila. Xulia púxose moi nerviosa e marchou cara a escola contenta de librar a Lola dunha morte segura. - E agora, que fago coa miña toupiña Lola? -Preguntabase Xulia.

10


AQUELARRE 13

MAIO 2011

Ao chegar a hora do recreo acendéuselle unha luz ao mirar cara fóra e ver aquel xardín tan bonito que tiña o seu colexio. Abriu a mochila e volveu mirar aqueles olliños pequerrechos e díxolle: - Tranquila Lola, atopei unha nova casa para ti. Vivirás no xardín do meu "cole", aquí non hai home que te atope e che faga mal. Estamos nun lugar sagrado onde os nenos e os profesores amamos a vida e a vida eres ti. Loliña saltou e brincou cara o xardín e meteuse na terra a seguir facendo o seu traballo mentres cantaba a súa canción: "Eva María se fue..." Xulia quedou tranquila e voltou a ser feliz.

Ana María García Novo Carmela Novo Garea

11


AQUELARRE 13

MAIO 2011

Adaptación do conto de Castelao «Memorias dun esqueleto» Jorge Crespo, 6º B

12


AQUELARRE 13

MAIO 2011

MAGOSTO E SAMAÍN

13


AQUELARRE 13

MAIO 2011

DÍA DA PAZ

Este ano pola PAZ fixemos unha carreira, tres voltas había que dar se querías axudar. Tivemos patrocinadores que querían colaborar, aínda que eles non corrían, o diñeiro aportarían. Os euros recadados irán a un país moi pobre, moitos nenos comerán e ao colexio asistirán. Ignacio Garrido Ortiz 5º A

14


AQUELARRE 13

MAIO 2011

DÍA DA POESÍA O BURRO CAROLO Ao meu burro Carolo gústalle comer repolo; se lle damos toxo crú, ponse coma un tururú.

Debuxo de 1º

Carolo quere pasear, pero non lle gusta andar; e se vamos no autobús, non lle serve o bonobús. Queremos moito a Carolo cando rincha coma un tolo. Nosoutros vimos moi ledos, cando nos trae a Monelos.

UNHA ROSA Pablo Carro (5º A)

Pobriña, a miña rosa, tan bonita que é, que cando a vou cortar, chora sen parar. - Ai, que me cortan! - Vouna cortar. Pola miña culpa o farán; vana asasinar. - Adeus, miña flor! que cantas como Deus, que me morro se te morres; non chores, meu ben.

15

Samuel Fernández Montoya (5º B)

Unha rosa moi leda non deixa de traballar, e tanto que traballa, non pode descansar.


AQUELARRE 13

MAIO 2011

ÁNIMO DEPORTIVO!

O Deportivo para gañar, ten partidos que pensar, non pode pestanexar. Esforzo e dedicación, facer o mellor partido sen faltas e con celebración. Con Valerón se unirán, todos xuntos xogarán. Sí Depor, sí que podedes. Ánimo Deportivo! Daniel Rueda - 4º A

MEUS ANIMAIS Teño unha ovelliña que é moi suaviña. Teño un gatiño que é moi trastiño. Teño un poldriño que é moi moniño. Teño unha galiña que é moi canteira. Teño unha vaquiña que é unha presumidiña. Raquel - 2º A

16


AQUELARRE 13

MAIO 2011

O VERÁN O verán está a chegar. Que ben o imos pasar! Tempo de calor. Tempo de disfrutar. Tempo de praia. Tempo de mar. Todo este tempo, para pasalo ben será, para disfrutar coa familia aínda que non se teña mar. Sempre se poderá ir de vacacións a calquera lugar, un lugar bonito, un lugar sen mar? un lugar, no que ben se vaia pasar. A que dan gañas de que o verán chegue xa? Eu xa remato este poema. Boh! de momento, haberá que esperar! Alejandro Sanz, 6º A

IMAXINANDO Gustariame ser unha tartaruga subida nunca cuncha que me faga imaxinar que o tempo non pasa que todo pode pasar que estou na miña casa que esta noite vou soñar. Lúa 3º B

17


AQUELARRE 13

MAIO 2011

ENTROIDO de PELÍCULA CONCURSO DE CARTEIS PREMIO 3º CICLO, 5º B

PREMIO 2º CICLO, 4º B

PREMIO 1º CICLO, 2º B

PREMIO INFANTIL, 5 anos B

18


AQUELARRE 13

MAIO 2011

OS NOSOS DISFRACES O día 4 de marzo celebramos no colexio a festa do Entroido. Todos os nenos e nenas de Infantil disfrazámonos de personaxes de Disney e de debuxos animados. ¡Mirade que guapos estamos! Alumnado de 5 anos

19


AQUELARRE 13

MAIO 2011

LETRAS GALEGAS Este ano, as Letras Galegas adícanse a Lois Pereiro, escritor monfortino (1958-1996). «Vivimos malos tempos para a reflexión e a resistencia neste imperio zombie de Microsoft mental de autoestradas da información cando xa hai tan poucas persoas con neuronas despostas a servirse de tanta información, e moito menos a utilizalas en contra dese mesmo poder que as invade coas peores intencións». Lois Pereiro «Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia»

PARA QUE SEXA POSIBLE CELEBRALAS TODOS OS DÍAS ANTÍA PIDE: Son unha nena de nove anos que está moi preocupada polo uso da Lingua Galega. Gustariame que me botarades unha man para procurar que siga empregándose entre nós. Sei que cantas máis persoas a coñezan e a usen, máis beneficioso será para ela. Por iso pídovos unha fada das linguas, para que axite a súa variña máxica e consiga que se publiquen moitos libros en galego e tamén revistas e cómics. Que trate de que cada vez se use máis galego na música, no cine, no teatro... Tamén sería moi interesante que houbese videoxogos en galego. Pero pídolle a fada, por riba de todo, que faga que as persoas, tanto nenos coma maiores, se interesen por ela e queiran coñecela e utilizala. Moitos bicos. Antía López Vázquez- 4ºB

20


AQUELARRE 13

MAIO 2011

AS NOSAS AVOAS ENTREVISTA A MIÑA AVOA, Mª CRISTINA ISABEL FRANCISCA IGLESIAS-USSEL LESTE P: ONDE NACICHES? - No Ferrol (A Coruña). P: A QUE COLEXIO FUCHES DE PEQUENA? - Ao colexio público “Grupo Escolar de Niñas General Capaz” en Sidi Ifni (Marruecos-África). P: CON CANTOS ANOS DEIXACHES GALICIA E POR QUE? - Cun ano funme a Segovia por un destino do meu pai, que era profesor na “Academia de Artillería”. P: A QUE IDADE SACACHES O CARNET DE CONDUCIR? - No 1972, con 24 anos. P: QUE CARREIRA FIXECHES? - Secretariado. P: CANDO CONOCICHES AO AVÓ? - No 1964, en Sidi Ifni. P: ONDE CASACHES? - En Sidi Ifni, no 1969. P: A ONDE FUCHES DE LÚA DE MEL? - A Sevilla, a Málaga e a Madrid. P: ONDE CELEBRABADES AS FESTAS? - No casino ou na casa dalguén, chamábanse guateques. P: A QUE XOGABAS DE PEQUENA? - Ao aro, á corda, ás tabas e á piola. P: ONDE PASAS OS VERÁNS? - En Bueu (Marín-Pontevedra). P: QUE GRUPOS DE MÚSICA ESCOITABAS? - “Los 5 latinos”, “el Dúo Dinámico” e “Enrique”. P: GANACHES ALGÚN TÍTULO? - Si, “Reina de las fiestas” en Sidi Ifni, en 1966. P: QUE CHE GUSTARÍA FACER DO QUE NON TES FEITO? - Viaxar máis. P: CAL FOI O DÍA MÁIS IMPORTANTE DA TÚA VIDA? - O día da miña voda. P: TES ALGÚN HOBBY OU AFECCIÓN - Coser e facer punto. Nacho Garrido Ortiz-5º A

21


AQUELARRE 13

MAIO 2011

A AVOA VICENTA A miña avoa Vicenta Royo Chueca, naceu en Tierga (Zaragoza) o 24 de agosto do ano 1921. Polos problemas económicos, que había nesa época, non puido optar a unha educación, nin sequera puido ir ao colexio. Na súa xuventude traballou como parte do servizo dunha casa, cobrando cincocentas pesetas ao mes, estivo repartindo periódicos no seu pobo durante quince anos, ata que no ano 1951 casou con Xoan Vera Pérez, o que sería o meu avó. Despois de casar trasladáronse a Zaragoza onde tiveron dous fillos, o meu tío, Jesús, e a miña nai, Maribel. Nese período traballou durante cinco anos na portería dos edificios cercanos a súa casa. No matrimonio chegou a celebrar as vodas de prata e as de ouro.

Quedou viuva, fai un ano e medio, e dende entón os seus problemas de saúde agraváronse, pero aínda con iso ela segue adiante co apoio e o amor que lle damos toda a súa familia. Para min, a miña avoa, é coma unha segunda nai. Estivo na Coruña coidando de min e da miña nai cando eu nacín, e quedouse aquí durante tres anos. Aínda que esté lonxe nunca nos separaremos. Gustaríame que puidera chegar á miña voda, mais sei que para ela iso é un reto demasiado grande, pero se a apoiamos e a coidamos poderá chegar a conseguir iso é moitas outras cousas. María Isabel González Vera - 5º B

22


AQUELARRE 13

MAIO 2011

A AVOA MANUELA A miña avoa Manuela naceu en Xanceda, concello de Mesía (A Coruña), no ano 1937, o día 16 de setembro. Alí estivo ata o ano 1947. A súa infancia non foi coma a miña, xa que ela, desde ben pequena, tivo que axudar a coidar as vacas, apañar a herba, cortar a leña, lavar a roupa no río... porque era a maior de seis irmáns. Gustaballe moito ir á escola, pero os seus pais tivérona que sacar, cando tiña doce anos, pois tiña que axudar a facer todos os traballos xa que eran dunha familia moi humilde. Ela sempre me di: - Ai, miña neniña, cantas cousiñas tes hoxe en día! Eu, nos meus tempos, xogaba cos carolos do millo e facía bonecas cas espigas . O meu tío agasallárame cunha boneca de trapo e foiche o meu único xoguete. Cando tiña quince anos coñeceu ao meu avó Uxío. Casaron moi namorados, foron vivir a Lanzá - Mesía e tiveron sete fillos. Un deles é o meu pai, Xavier. Dedicáronse á labranza, daquela non tiñan moitos cartos, e cando muxían as vacas, a metade do leite vendiano e coa outra metade, a miña avoa, facía queixos que vendía na feira de Curtis, vila que está a 7 Km de onde vivían, para eso levantabase moi cedo, porque tiña que ir camiñando. Cos cartos que facía cos queixos mercaba comida e roupa para os seus fillos, e ela cóntame que a esperaban ansiosos porque sempre lles traía algunha lambetada. Os seus fillos fóronse casando, e casaron todos. O meu avó faleceu no ano 1999; é decir, dous anos antes de nacer eu. Ela sempre me di: - Se estivera aquí o teu avó pasariades os días correndo un detrás do outro. Conta que cando enviudou a casa se lle facía moi grande, porque quedara soa, e levou moita alegría cando os meus pais lle dixeron que ía nacer eu, que son a neta máis pequena; porque ter ten sete netos e outras sete netas, pero das nenas... o seu olliño dereito sonche eu! Sigue vivindo na casa que era tan grande e na que se encontraba tan soa, pero os fins de semana falta lle fai a casa porque, cando nos xuntamos todos, parece un día de festa. Miña avoa ponse moi leda cando nos ten a todos xuntos e dille o meu pai: - Pareces a galiña cos pitiños. Ai, miña avoíña, como te quero! Aroa Méndez - 4º A

23


AQUELARRE 13

MAIO 2011

TAMÉN APRENDEMOS FÓRA DA ESCOLA Os nenos/as de 3 anos visitamos os Xardíns de Méndez Núñez e a Biblioteca Municipal.

En 4 anos fumos ao Macuf e a María Pita.

O alumnado de 5 anos visitamos os Cantóns e vimos a , película a «Komaneko gatiña curiosa» no CGAI.

24


AQUELARRE 13

MAIO 2011

O RECUNCHO DAS CIENCIAS Fixemos papel reciclado Os nenos/as de 2º A, na semana adicada o Medio Ambiente, fixemos papel reciclado. Para facelo dimos estes pasos: 4º Estirámola. 1º Cortamos papel de periódico en anaquiños e botámoslle un pouquiño de auga para que ablande.

2º Batemos a masa.

5º Deixámola secar, polo menos unha semana. E...

listo, xa temos o papel!!! aínda que pareza cartón

3º Botamos a mestura sobre unha rexiña.

2ºA

25


AQUELARRE 13

MAIO 2011

COCIÑEIROS POR UN DÍA A nosa receita: Flores de Melocotón Ingredintes: Amorodos Melocotóns en almibar Guindas vermellas

Zume de laranxa Nata montada Azucre

1º. Limpamos e lavamos os amorodos.

2º. Cortámolos en anaquiños e botámolos nun recipiente.

3º. Facemos zume de laranxa e botámosllo por riba.

4º. Botamos tres culleradas de azucre, remexemos e deixamos macerar media hora.

5º. Enchemos os melocotóns coa froita macerada.

Xa está!!!

6º. Decoramos con nata e guindas.

Se vos animades a facelo, os nenos/as de tres anos e as súas mestras deséxanvos... BO PROVEITO!

26


AQUELARRE 13

MAIO 2011

ACCIÓN NO VOLCÁN Materiais Volcán Pigmentos Bicarbonato Lavavaixelas Vinagre Culler Luvas 1º Paso Verter media culler de bicarbonato no volcán.

2º Paso Agregar un pouco de colorante.

4º Paso Botar un bo chorro de vinagre e, observa!

3º Paso Engadir un tercio de cullerada de lavavaixelas. Mesturar todo.

Conclusión Cando xuntamos bicarbonato con vinagre obtemos unha reacción "violenta" na que se produce un burbulleo con escuma. Esto sucede porque estamos mesturando unha base cun ácido e o resultado é dióxido de carbono, que é o que provoca o burbuxeo, e acetato de sodio e auga ,que é o líquido que permanece dentro do volcán. Paula Fuentes, Marta Núñez, Claudia Buján, Diego Gómez 5º B

27


AQUELARRE 13

MAIO 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA ENCONTRO CON FINA CASALDERREY Entre as variadas actividades que os mestres nos organizaron para celebrar o "Día do libro", os alumnos de 3º e 4º de EP destacamos o encontro que tivemos, o día 12 de abril, coa escritora galega Fina Casalderrey, gañadora de importantes premios da literatura infantil e xuvenil. A visita de Fina gustounos moito porque Fina é unha persoa simpática, agradable, divertida... que nos fixo rir a todos. Contounos cousas moi interesantes da súa infancia, da súa vida, do seu traballo. Relatounos unha das súas curtas historias "Eu son eu", que é un libro para nenos moi pequenos e moi interesante para a xente maior. Respondeu a moitas das nosas preguntas e así soubemos que: Empezou a escribir para representar as súas historias cos seus alumnos. Escribe libros infantís porque o que máis lle importa é o que pensan os nenos. Pensa que nós, "pequenos lectores" de hoxe en día, somos moi intelixentes; pero que necesitamos aprender. Unha das súas afeccións é intentar que os nenos aprendan. Ler e escribir son, case, as cousas máis importantes para ela e tamén o debería ser para nós. O título dun libro nunca debe desvelar nada importante sobre o libro. E... Por último, asinounos o libro "Un saco de estrelas" e despedímola cun forte aplauso. Unha visita entretida e moi interesante que se nos fixo... MOI CURTA!!! Grazas e ata pronto Fina! Alumnos/as 4º A

28


AQUELARRE 13

MAIO 2011

QUE LIBRO SALVARÍAS? XAIME E AS LANDRAS Autor: Tim Bomly e Inés Vilpi Editorial: Kalandraca Elexín este conto porque me gusta moito e tamén porque me gustan os debuxos. Este libro está moi ben e é moi gracioso e ademáis lino mooooooooitas veces! e non me cansarei nunca. Clara Gagino Mato, 2º B

NO CORAZÓN DO BOSQUE Autor: Agustín Fernández Paz Editorial: XERAIS Eu salvaríao porque me gustaron as aventuras de Derdrín e Raquel. Sobre todo cando Derdrín foi ata o cole de Raquel e mordeulle un dedo a Carlos, un neno que sempre molestaba a Raquel, e como gritaba aaaaaah! Foi divertidísimo! Lía e Raquel, 2º A

UNHA PARELLA DIFERENTE Autora: Daniela KuloT Editorial: Kalandraca Faime moita gracia a parella dunha xirafa e un crocodilo. Sarai, 1º A

RATA LINDA DE COMPOSTELA Autor: Berdardino Graña Editorial: Xearais É un libro moi fermoso e divertido. Inés B, 1º A

TRES PRINCESAS NAMORADAS Autora: Ánxeles Ferrer Editorial: Árbore, Galaxia Eu salvaríao porque é moi precioso e divertido. Gustoume moito o final porque o príncipe se enamora da princesa máis pequena, porque o seu vestido era o que lle gustaba, aínda que os das súas irmáns eran máis bonitos. Lara e Lorena, 2º A

29


AQUELARRE 13

MAIO 2011

30


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.