Manuel María - vida e obra

Page 1

Cronobiografía

Manuel María 1

Nace en Outeiro de Rei 1929 o 6 de outubro.

1936 Inicia o Bacharelato no Instituto Masculino de Lugo.

1942

1943 1949

Publica o seu primeiro poemario,

Muiñeiro de brétemas. Crea a Editorial Xistral xunto con Ánxel Xohán.

1950 1952

Instalouse en Monforte de 1958 Lemos como procurador.

Comeza a Guerra Civil (1936 ­ 1939)

Morre o pai e vai vivir con seu tío cura a Lugo. Dá a súa primeira conferencia e comeza a estudar Filosofía e Letras, mais acabará deixándoo para ser procurador.

1951 Morre o seu irmán pequeno. 1953

Escribe a primeira redacción de Terra Chá.

1955

Gaña o premio Pondal convocado polo Centro Galego de Bos Aires.

1959

Casa con Saleta Goi.


Nacemento da UPG, á que logo se incorporaría. Presenta a súa candidatura polo BN­PG de Lugo.

Nomeado Fillo Adoptivo de Monforte de Lemos.

A AS­PG faille unha homenaxe nas XIX Xornadas do Ensino.

Manuel e Saleta transládanse á Coruña.

Aparición da súa Obra Poética Completa da man da editorial Espiral Maior.

1960 1977

1975

Presenta a súa renuncia como correspondente da RAG.

1979

Preséntase coma cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos polo BN­PG.

1994

Recibe o Pedrón de Ouro.

1997

A AELG celebra á homenaxe ao Escritor na súa Terra en Outeiro de Rei. Ponse o seu nome á Casa da Cultura de Foz.

2000

Publicou Brétemas de muiñeiro e Camiños de luz con sombras.

1990

1995

1998

2001 2004 Falece na Coruña o 8 de setembro.


Infancia

O 6 de outubro de 1929 nacía Manuel María Fernández Teixeiro, o primeiro fillo de Antonio Fernández Núñez e Pastora Teixeiro Casanova. Cando tiña 7 anos, comezou a Guerra Civil, mais non sufriu directamente as consecuencias do conflito por ser fillo do alcalde da vila. Xa seu avó ostentará este cargo tamén.

Manuel María coa súa familia (o primeiro pola dereita)

En 1940 asistirá á escola de Rábade, onde o mestre, Xoán Varela, dedicará algunhas clases a ler en galego.

Manuel María 2

A rutina asentada nos invernos de cada curso académico apenas permite paseos pola cidade ou visitas ao cine como concesións ao tempo de estudo. Unha alternativa complementaria será fornecida pola extensa biblioteca de seu tío. Nos veráns volve a Outeiro. Conversar cos veciños, ler e escribir convértense nas súas actividades favoritas. Descobre a poesía como a principal canle de expresión íntima debido a que desde moi neno, un xornaleiro da casa, Manuel de Paderna regaláballe un cigarro se se mostraba un hábil versificador. Segundo Manuel María, con el aprendeu o gusto pola poesía e por fumar.

En 1943 morre seu pai e a nai delegará no tío cura don Xosé a responsabilidade da educación de Manuel María, que marcha vivir a Lugo. Casa natal de Manuel María e el mesmo aos 11 anos.


Xuventude A comezos dos anos 50, o tío con quen vivía Manuel informouno da súa intención de que estudara Dereito en Santiago. Como estaba en desacordo co esta idea, matriculouse como alumno libre en Filosofía e Letras. O resultado final desanimouno e abandonou a Universidade

En 1950, publicou o seu primeiro libro de poesía Muiñeiro de brétemas. O desacougo, o inconformismo e a crise interior do autor agromarán como temas principais noutros poemarios como Morrendo a cada intre e Advento.

Uxío Novoneyra, Saleta (a muller de Manuel María) e propio Manuel.

O 23 de marzo de 1951 falece seu irmán atropelado o que agudiza a súa tristeza que, nin as crenzas relixiosas nas que fora educado, conseguirán acougar. N'O libro de pregos, o poeta séntese ferido polo silencio de Deus. Segundo o autor, esta obra ''pecha

a crise da miña adolescencia. A partir de aí é cando me fago home definitivamente''. Durante o servizo militar, Manuel María estivo acompañado polo poeta Uxío Novoneyra. Xunto a el lía versos e frecuentaba algún faladoiro nos cafés de Santiago de Compostela onde se encontraban cos intelectuais galeguistas

Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo.

Manuel María nunha conferencia


Procurador e profesor

Manuel María 3

Animado por Celso Emilio Ferreiro, Manuel María preparou o exame de acceso a procurador dos tribunais, que superará en 1957 e que o facultará para exercer a profesión, destinado finalmente no xulgado de Monforte de Lemos.

Nesta etapa monfortina, inicia a súa experiencia como docente de literatura na Academia Balmes primeiro e logo na Academia Monforte.

O poeta vai vivir para Monforte e pouco despois casa con Saleta Goi, unha moza da Terra Chá que será para sempre o amor da súa vida e a quen dedicará os seus poemas de amor.

A docencia permitiralle a Manuel renovar a trasmisión do compromiso divulgativo da literatura galega ás novas xeracións, achegalas á súa lectura e espertar curiosidades sobre unha historia tan persoal e propia como excluída do mundo do coñecemento.

Situación xeográfica de Monforte.

Con Saleta e uns amigos en Monforte

O día da voda con Saleta.

Sendo profesor de literatura española achegaba aos alumnos obras e autores galegos. Como testemuña o seu alumno Lois Diéguez, a quen, asemade, estimulará como futuro escritor.


Editor e libreiro Toma corpo no incansable labor do intelectual chairego, a creación dunha editorial que

recupera un nome coñecido de viaxe literaria e biográfica: Xistral. Despois daquela primeira experiencia editorial homónima en 1949, e da segunda entre 1952 e 1955, Manuel María reinicia unha etapa editorial con Xistral convertida na colección de poesía Val de Lemos, despois de 1967, coa colaboración de Basilio Losada e Lois Diéguez na dirección. Confluían no catálogo deste proxecto editorial xunto con Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas e Bernardino Graña, outras voces mozas como Lois Diéguez, Darío Xohán Cabana, Luís Álvarez Pousa, Fiz Vergara Vilariño, Xosé Lois García e Margarita Ledo.

Continuou espallando a cultura galega colaborando na librería que a súa muller rexentaba en Monforte. Estas son as palabras de Saleta:

“Abrimos a libraría en setembro de 1970. Eu quería traballar, (...) era unha necesidade económica xa que os ingresos de Manuel como procurador e como profesor en dúas academias de Monforte eran un sustento xusto e ademais non seguro.” A libraría converteuse nun novo punto de encontro para o cultivo da amizade, un don habitual e expansivo en Manuel María, como ben lembra Alfonso Blanco Torrado:

“Foi a libraría Xistral de Monforte o santuario en que o poeta nos forneceu con máis dádivas, non pechaba nada para o seu proveito persoal, compartía todo e gozaba cando podía anunciarnos algunha boa nova (…) nesa vontade de difundir o seu saber e querer.”


Xornalista e ensaísta Entre a década dos sesenta e os setenta multiplícanse as colaboracións en revistas, xornais, escolmas e folletos. A súa escrita é visible en Galicia en medios como El Progreso e El Ideal Gallego. E noutras publicacións periódicas non galegas como Destino de Barcelona;

Poesía Española, Signo e ABC de Madrid ou Comercio do Porto. Tamén colaborou nalgunhas cabeceiras da emigración como A Nosa Terra, Bos Aires; Casa de Galicia, Nova York; Vieiros, México... Durante a ditadura empregou o castelán nas publicacións españolas por mor da censura e o galego, nas editadas na emigración. Continúa publicando obras ensaísticas ricas e plurais nos anos oitenta e noventa.

No 2003, ingresa na Real Academia Galega co discurso “A Terra Chá: poesía e paisaxe”.

Manuel maría 4

Os grandes temas da súa poesía (paisaxismo, intimismo, amor...) son os que determinaron tamén a súa obra xornalística. A relación entre poesía e artigo xornalístico é estreita, como acontece entre poesía e teatro. Este paralelismo está non só nos temas, senón nas referencias, no estilo moi poético do artigo, nas evocacións... Foron moitas as conferencias que pronunciou ao longo da súa vida xa que era un profundo coñecedor da realidade galega interior e exterior. Como

comunicador vocacional que era puxo o seu espírito intelectual e enciclopédico ao servizo da patria.


Activista cultural e político O 25 de xullo de 1951 restaurase a celebración do Día de Galiza, interrompido pola Guerra Civil, coa celebración dunha misa na honra de Rosalía, único acto permitido pola ditadura. Un acto simbólico que se converterá en encontro inescusable cada 25 de xullo. Nas primeiras eleccións parlamentarias de 1977 foi

persecución, foi detido e tivo que pagar contiosas multas durante a ditadura. Foi tamén voz da Plataforma Nunca Máis nas protestas contra o desastre do Prestige.

candidato ao senado polo BN­PG, coalición formada a partir da AN­PG e a UPG. En 1979 volveu a ser candidato ao senado, foron moito mellores os resultados pero aínda estaban moi lonxe de acadar escanos.

Acudiu en numerosas ocasións a manifestacións en contra de actuacións que lle parecían inxustas: protestou contra o establecemento dunha central nuclear en Xove, contra a instalación dunha celulosa en Quiroga etc. Por estas razóns, sufriu

Visitou gustosamente innumerables asociacións culturais e centros escolares de toda Galicia e mesmo do estranxeiro para falar de Galicia e da súa obra. Incluso escribía poemas e obras teatrais por

encarga cando llo solicitaban. Apoiando á Plataforma Nunca Máis.

Nas municipais de abril de 1979 presentouse como cabeza de lista por Monforte e

resultou elixido concelleiro xunto con outros dous do BN­PG, o que daquela foi considerado un éxito.

Manuel María na celebración do Correlingua.


Poesía paisaxística Na poesía paisaxística, Manuel María presenta a natureza como un ser con vida de seu. A omnipresenza da paisaxe, convertida nun referente propio, cos seus topónimos e os seus accidentes xeográficos, conforma unha liña que non deixa de cultivar ao longo da súa vida, ben nas reedicións de Terra Chá, ben noutros poemarios sobre a paisaxe luguesa: o ciclo de Foz, o ciclo de Outeiro de Rei, o ciclo do Carballiño... Dentro da súa produción destaca Terra Chá: este é o poemario máis reeditado, difundido e popular do autor. Nel recompila as esencias da chaira labrega, rural, a través das súas xentes, dos traballos diarios, das festas e romaxes, da paisaxe natural revivida nas sucesións de cores e froitos estacionais, da toponimia, da lembranza dos seus poetas..., todo

un exercicio de humanismo paisaxístico que reconstrúe o proceso progresivo de desruralización do país.

Manuel María 5

Dentro deste libro podemos encontrar o “Poemiña do señor Regato do Cepelo” (rego que ía visitar sempre que ía a Outeiro de Rei), “O Miño” (un poema pouco extenso pero con moito sentimento)...


Poesía existencial e intimista A poesía intimista e existencial domina as súas primeiras obras e volve agromar nos seus últimos libros. Coa súa obra en verso Muiñeiro de brétemas (1950), convértese no primeiro poeta novo publicado na posguerra. Este poemario sinala o comezo da Escola da Tebra, que foi unha das correntes dominantes da poesía galega posterior á Guerra Civil Española, parella no tempo á poesía social. Estaba formada por Manuel María,

Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña, Méndez Ferrín ou Avilés de Taramancos, entre outros. O fracaso, o desacougo, o inconformismo e a crise interior agromarán no máis fondo dos seus versos en obras como Morrendo a cada intre (1952). O conflito relixioso transfórmase en expresión irada que interroga a un Deus silencioso ante o sufrimento do pobo n'O libro de pregos (1962).

O amor e o intimismo continúan a impregnar outras moitas obras como Mar maior (1963) nas que conviven coa denuncia social. O home e o poeta exploran á par o seu mundo vivencial, que acada a súa profundidade global ao se implicar co contorno:


Poesía social Nos anos sesenta e setenta comeza unha etapa que é transversal na súa obra, o socialrealismo. É unha poesía que se basea, sobre todo, nunha insubornable fidelidade a Galicia, ás súas xentes e á súa fala. Tamén criticou a represión e a censura, que impedían dar a coñecer problemas como a emigración, o desprezo da lingua propia e o colonialismo político e económico que invalidan a capacidade do pobo para decidir por si mesmo.

“Descubrir que había xente que o estaba a pasar moi mal, xente marxinada, xente oprimida fíxome facer uns libros con versos totalmente nacionalistas, especializados cara ao meu país”­Manuel María (1976). Entre as súas obras sociais destacan Documentos personaes (1958), Proba documental (1968), Versos pra un país de minifundios (1969), Remol (1970) e Poemas pra construír unha patria (1977).

Manuel María 6


Poesía social: Galicia e a lingua A súa lingua de uso sempre foi o galego, xa que se criou como fillo dunha familia labrega. Mais cando chegou á escola decatouse de que o castelán era a lingua dominante. Aínda que para evitar a censura, tivo que escribir nos medios en castelán, a súa obra literaria é practicamente monolingüe en galego. A súa vida significou un compromiso activo

para lle dar á lingua galega a dignidade social e pública que merece e para elevala á cultura escrita e formal. A exaltación apaixonada da lingua popular e a sátira desapiadada contra quen rexeita a lingua galega son os piares do seu pensamento lingüístico. O obxectivo do autor é o de lle devolver a literatura ás xentes que mantiveran a lingua e as tradicións. Loitar por conservar a lingua propia é para Galicia afrontar o seu futuro como nación orgullosa de si mesma.


Poesía infantil e xuvenil Manuel María escribiu poesías de carácter infantil e xuvenil porque precisaba poemas que lle

explicasen o mundo que o rodeaba na súa infancia, versos que non había na literatura galega e eran precisos. Os soños na gaiola foi publicado en 1968 e nel hai poemas adicados a temas decote presentes na vida dos nenos, aqueles cos que se atopan ao se iren abrindo ao coñecemento do mundo. En 1979 publica As rúas do vento ceibe. Nel céntrase máis nos “nenos da cidade”. Está clara a preferencia do autor. En moitos dos poemas deste libro a visión é dobre: a vida da cidade é dura e

amarga, en contraste coa vida da aldea, sempre sa e ideal. O autor busca que “os pequenos e pequenas aprendan a amar a nosa patria” a través da loanza de todo aquilo que constitúe Galicia.

Manuel María 7 Galiza

Galicia docemente está ollando o mar: ¡ten vales e montanas e terras para labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos ¡cargados de traballo cargados de trafegos! Galiza é unha nai velliña, soñadora: ¡na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galiza é o que vemos: a terra, o mar, o vento... ¡Pro hai outra Galiza que vai no sentimento! Galiza somos nós: a xente e mais a fala ¡Si buscas a Galiza en ti tes que atopala!


Narrativa Aínda que Manuel María destacou máis na poesía e no teatro, non deixou de lado a narrativa.

Contos en cuarto crecente e outras prosas (1952) convértese no primeiro libro de relatos monolingües publicados en galego na posguerra.

A tribo ten catro ríos (1991) é un conxunto de contos fantásticos e realistas nos que se descobre a historia lúdica e real das terras de Outeiro de Rei, a súa patria de nacemento, os seus gobernantes, romerías... Á vez que fala de Manuel de Paderna, un poeta e humanista, alguacil e barbeiro, que deixou unha fonda pegada na vida e na vocación poética de Manuel María.

Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos (1991) é un relato no que fai un percorrido pola historia dun continente perdido, un mundo de dinosauros nun intento de supervivencia.

Unha sombra vai polo camiño (1991) relata a

historia dun peregrino que ía adorar a Ara Solis, un templo dedicado ao Sol, situado na beira do mar. Cando o mar foi polo río (1992) segue a mesma liña narrativa e temática de A tribu ten catro ríos , mostra toda A Terra Chá e os seus personaxes históricos.

Viaxes e vagancias de M.P. (1994) narra o percorrido de Manuel de Paderna polos lugares máis característicos de Galicia, introduce lendas propias das cidades e aldeas que se describen e inclúe unha poesía como comezo e unha farsa teatral como epílogo. Nesta obra demóstrase como Manuel María é capaz de tratar o mesmo tema producindo textos de distintos xéneros literarios.


Teatro Manuel María é autor de case unha trintena de obras. Colaborou con diversos grupos de teatro, realizou obras por encargo e participou nos debates e polémicas que mantivo o mundo teatral durante a década dos setenta. Axudou ao teatro infantil galego con Barriga Verde (1968), peza na que se explica quen é Barriga Verde, a súa relación co demo e a historia dunha rapaza que quere casar.

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (1979), tamén infantil, é unha crítica irónica para alertar aos nenos contra calquera clase de abuso de poder.

O Auto do maio esmaiolado (1982) intenta recuperar a tradición dos maios. Trátase dun canto á vida, á alegría e ao mundo que nos rodea.

Manuel María 8

A Farsa de Bululú é unha sátira política escrita en clave por mor da censura. Fai referencia á situación política dos anos do franquismo. Representa a metáfora do militarismo no mundo. Con esta obra gañou o I Premio Abrente en 1973. Continuou co Auto do mariñeiro, o Auto do labrego e o Auto do taberneiro: teatro poético que transforma as pezas case en poemas dramatizados. Con técnicas do teatro documental e do teatro épico de Brecht, leva a escena tres momentos da historia de Galicia: as revoltas irmandiñas en Unha vez foi trebón, a revolución de 1846 en Abril de lume e ferro e os episodios máis significativos na confomación do nacionalismo actual desde 1936 ata 1977 en

A lúa vai encoberta.


O merecido recoñecemento A traxectoria de Manuel María é unha historia de loita e de constancia e todas as homenaxes que recibiu en vida son poucas dada a importancia do seu legado para a nosa cultura. Estes son algúns dos recoñecementos que recibiu: ●

En 1955, Premio Pondal de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires. Académico correspondente da RAG en 1970 (cargo que rexeitaría máis tarde polo inmobilismo da Academia). En 1990 noméano Fillo Adoptivo de Monforte de Lemos. No ano 1994 a A. C. Xermolos de Guitiriz dedícalle os I Encontros da Terra Chá, que reúnen amigos chegados de toda Galicia. Nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro.

A primeira homenaxe nacional failla a AS­PG en 1995, no marco das XIX Xornadas do Ensino. Homenaxe ao Escritor na súa Terra en maio de 1997 en Outeiro de Rei. En 2003 ingresa de novo na Real Academia Galega.

O 8 de setembro de 2004 falece na Coruña e, logo de ser velado no Panteón de Galegos Ilustres, foi enterrado en Outeiro de Rei. Os curas que oficiaron o seu funeral foron, e aínda son, dous importantes defensores da lingua galega, Xosé Manuel Carballo e Alfonso Blanco. Amor aos próximos, á casa, á tribo, ao país, ao pobo, á cultura galega conflúen nunha obra monumental dun autor que destacou pola súa integridade na defensa de Galicia. Estes carteis foron elaborados polo alumnado de TICs de 1º Bacharelato do IES Perdouro no curso 2015­16.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.