A ciencia como profesión 1

Page 1

CAMPUS TERRA - LUGO

XUVENCIENCIA NA AULA- 2019

A CIENCIA COMO PROFESIÓN Os científicos adoitan ser persoas curiosas, que lles gusta descrubrir cousas novas, pero ao mesmo tempo son excépticos á hora de crer algo do que non teñen probas. Son considerados frikis e moi intelixentes, pero sen vida social. Realizamos un estudio facendo dúas preguntas: Que esperas da tua carreira profesional e que podes ofrecer. Podemos observar diferencia nos resultados, non só entre homes e mulleres, senón tamén entre científicos e estudiantes. Na grafica que representa a elección dos científicos, a diferencia entre homes e mulleres non está tan marcada. Coinciden na primeira pregunta, sendo as 4 opcións máis escollidas polos dous sexos: “ter tarefas motivadoras”, “aprender continuamente cousas novas”, ter “flexibilidade á hora de organizar o traballo e a xornada laboral” e ter ‘liberdade para pór en práctica ideas novas’. Na segunda pregunta, solo cambian en duas das catro opcións máis escollidas. Coinciden na importancia da creatividade e da paciencia e perseveraza para ser un bo científico. Sen embargo, para as mulleres é mais importante o traballo en equipo e o pensamento crítico, mentras que para os homes é mais importante a habilidade matemática e a capacidade analítica e rapidez de percepción. En comparación coas opcións máis escollidas polos científicos, están os datos recollidos dos estudiantes, nos que tamén se pode observar unha diferenciación por sexos. As opcións máis escollidas polas estudiantes na primeira pregunta, foron aprender continuamente cousas novas (32%) , facer algo importante e contribuir á sociedade (48%), ter tempo para a familia e amigos (48%) e ter estabilidade e seguridade laboral (48%). Na primeira coinciden ambos os grupos (científicas e alumnas) dándolle importancia (83% das científicas), mentras que a segunda, ainda que non foi das máis escollidas polas mulleres científicas, si que tivo bastantes votos (32%). Sen embargo, as mulleres científicas non lle deron tanta importancia ás dúas ultimas (3,2% e 11,3% respectivamente). En canto aos homes, tamén hai diferencia. As opcións máis escollidas polos estudiantes nesta primeira pregunta foron ter tempo para a familia e amigos (59%), un bo soldo (50%), estabilidade e seguridade laboral (32%) e facer algo importante contribuindo á sociedade (28%). A ningunha destas opcións lle deron importancia os cientificos, contando a primeira cun 5,5% de votos, a segunda e a terceira cun 9%, e a cuarta cun 34% (neste caso máis que a valoración dos estudiantes)

IES PERDOURO

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019


CAMPUS TERRA - LUGO

XUVENCIENCIA NA AULA- 2019

Que espero da miña carreira profesional? IES Perdouro Non levar traballo á casa Estabilidade e seguridade laboral Liberdade para pór en práctica ideas novas Salvar o mundo ou facer del un lugar mellor Ambiente de traballo relaxado Progresión rápida en responsabilidade e soldo

H M

Viaxar polo mundo Idea clara e precisa do que hai que facer Tempo para a familia e amigos Facer algo importante, contribuír á sociedade Flexibilidade á hora de organizar o traballo e a xornada laboral Traballo cun certo prestixio e no que se me recoñeza como bo empregado Un bo soldo Aprender continuamente cousas novas Tarefas motivadoras 0

5

10

15

20

25

30

Con relación á segunda pregunta, as alumnas déronlle importancia á creatividade (32%), capacidade para asumir responsabilidades (32%), ter unha mentalidade aberta (40%) e ter paciencia e perseverancia (28%). Estas opcións foron escollidas por un 58%, 27,4%, 32% e 50%, respectivamente, de científicas. Os homes estudiantes deronlle máis importancia á motivación persoal (28%), o pensamento crítico (28%), traballo en equipo (27%) e habilidade matemática (25%), fronte a un 43%, 52%, 36% e 30% dos cientificos, respectivamente.

IES PERDOURO

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019

35


CAMPUS TERRA - LUGO

XUVENCIENCIA NA AULA- 2019

Que podo ofrecer? IES Perdouro Curiosidade e espírito lúdico Movilidade internacional Autonomía no traballo Paixón Habilidades comunicativas Pensamento crítico Mentalidade aberta Capacidade analítica e rapidez de percepción Motivación persoal Capacidade para asumir riscos Capacidade para asumir responsabilidades Traballo en equipo Xestión do tempo e prioridades Capacidadade para asumir iniciativa Coñecementos de inglés Habilidade matemática Paciencia e perseveranza Creatividade

H M

0

5

10

15

20

25

En conclusión, a mentalidade dos científicos e dos estudiantes cambia, igual que

non é igual entre os propios homes e mulleres científicos. Para poder facer unha comparativa máis real, foi necesario relizar os porcetaxes das opcións escollidas, xa que o número de científicos e o número de alumnos é distinto e non obteriamos uns resultados reais. Por un lado, participaron 200 científicos e 62 cientificas, por outro 168 homes e 192 mulleres estudiantes. A ciencia e a enxeñaría parecen ser aínda «cousa de homes», xa que as mulleres traballando nestes campos ainda son unha minoría. É debido a que, historicamente, quedaron apartadas destes campos, consideradas incapaces de realizar traballos de este tipo. Este é o principal motivo de que actualmente non haxa moitas mulleres na ciencia, ainda que o seu número aumenta cada vez máis, abrindose camiño nestes campos. Porén, a partir dos resultados obtidos das enquisas, podemos observar que os resultados das enquisas das alumnas son máis similares aos das mulleres científicas que os dos alumnos aos homes científicos.

IES PERDOURO

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019

30


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.