
Mamá Xirafa está pensativa.
–Hoxe pasaba algo, non? –pregunta.
–Si –contesta Papá Crocodilo–.

Eu tamén teño esa sensación.
Pero que pode ser?
–Hi, hi –rin Croquila e Rafolo, en voz baixa.
Mamá Xirafa mira para os dous.

–Vós sabedes que é o que pasa, verdade?
–Non, non! –responde Croquila.
–Eu non sei nada! –di Rafolo, mentres tira de algo vermello que asoma por debaixo da porta.
–Que é isto? –pregunta Mamá Xirafa. –Parece unha corda! –di Papá Crocodilo.

Mamá Xirafa saca a cabeza pola xanela. –Onde levará?

