Un a no enteiro

Leo Lionni

Era o primeiro día de xaneiro e para os xemelgos tamén era a primeira vez que ían dar un paseo pola neve.
–Mira –dixo Lolo–, un rato de neve! –E ten unha vasoira na man –repuxo Lara.

Entón, escoitaron unha voz: –Non son unha vasoira! Son unha árbore e chámome Flora.
Os xemelgos non podían crer o que estaban a escoitar. Unha árbore que fala!

Volveron unhas semanas máis tarde. Xa era febreiro e o rato de neve estaba derreténdose, pero a árbore seguía alí.
–Que estivestes a facer vós os dous todo este tempo? –preguntoulles.

Lolo e Lara faláronlle a Flora da granxa onde vivían, e das vacas, dos cabalos e das galiñas que alí había.
