Obabakoak

Page 25

punto de vista –que xa daquela, en plena época adolescente, me parecía un pouco parvo– ningunha muller podía compararse coa camareira que el perseguía. Empregaba todo o seu tempo de lecer en procurar uns cartos que logo, os sábados á tarde, lle permitisen pasar as horas a beber nun dos recantos do mostrador do bar. A beber e a sufrir, claro, pois ela falaba con todos agás con el. Aquela rapaza, a máis fermosa do mundo. –Non me perdoas? –insistín. Non quería que marchase, precisaba un interlocutor. –Vale –cedeu. –Damos unha volta? –propuxen. Non quería ir directamente á casa, precisaba tempo para ordenar as sensacións que naquel momento se amoreaban no meu cerebro. –En bicicleta? –Prefiro ir andando, a verdade. Teño moitas cousas en que pensar. Collemos un vieiro que, partindo da igrexa, rodeaba o val onde se xuntaban os tres pequenos ríos de Obaba. Era estreito, e non moi axeitado para dous camiñantes coma nós, obrigados a turrar das nosas bicicletas; mais a paisaxe que podía verse desde el atraíame moito. Era verde, crecha, salferida de casas brancas; a clase de paisaxe que todo adolescente intenta descubrir nos seus primeiros poemas. –É coma un val de xoguete –dixen. –É, é certo –respondeu André, non moi convencido. –Semella os beléns que vós poñedes no Nadal –engadín deténdome. Comezaba a sentirme eufórico.

29


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Obabakoak by kalandraka.com - Issuu