
Aquela mañá, Fab, o monstro amarelo, ergueuse cunha dor de cabeza terrible. Por máis voltas que lle daba non comprendía por que lle doía.

Durmira toda a noite dunha tirada, non tivera sede, nin medo, nin tampouco se erguera a facer pis… Durmira máis de doce horas seguidas!

«Pode que durmise de máis. Lavarei a cara con auga fresca do río», pensou. Xa tiña as puntas dos dedos xeadas, pero a dor de cabeza… non lle pasaba!

Daquela decidiu que un pouco de exercicio lle viría ben. Quedou moi canso, pero a dor de cabeza… non lle pasaba!

