Enciclopedia perplexidade G - Antón Reixa

Page 1

ENCICLOPEDIA PERPLEXIDADE

(escolma poética 1976-2023)

Antón Reixa

Prólogo e selección de Xabier Cordal

RIZOMAS

o silencio dos cemiterios ZAS é coma os fetos de chumbo

ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tse-tse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera ZAS é aínda peor

ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma os fetos de chumbo ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tsetse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera

ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios

ZAS é coma os fetos de chumbo ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tse-tse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS

15

son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma os fetos de chumbo

ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tse-tse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera ZAS é aínda peor

ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma os fetos de chumbo ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tsetse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera

ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios

ZAS é coma os fetos de chumbo ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tse-tse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma os fetos de chumbo

ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tse-tse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera ZAS é aínda peor

ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma os fetos de chumbo ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tsetse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera

16

ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios ZAS é coma o sorriso de chimpancé ZAS o cerebro ZAS está feito de champiñóns ZAS os nervios ZAS son coma os tirantes ZAS a primavera ZAS é aínda peor ZAS o silencio dos cemiterios

ZAS é coma os fetos de chumbo ZAS aos paxaros non ZAS si á mosca tse-tse ZAS as flores ZAS só as de plástico ZAS pero a primavera ZAS é aínda peor ZAS o

17

48 horas

hai mulleres hebreas que non aman os sábados comprendo que hai homes de patria excesiva e aínda así non se entende o que che quero dicir pero vin TV a noite toda e ao espertar almorcei cereais: aínda así non era americano hai palabras condenadas ao silencio pero ben sei por palestino que o silencio está escrito en braille ver e non tocar reclamas deitada en territorio ocupado se me tiveses coñecido cantando pasodobres nunha voda non che resultaría tan palestino e se a antropoloxía permitise a un palestino o desgarro do tango diríache: ámame en gaza, ódiame en cisxordania ámame de espía en hoteis de beirut ámame co rigor do imperialismo, ámame con fanatismo sionista –na información deportiva intercalarán documentais de fondo: disturbios nos territorios ocupados–así que non te me poñas hebrea e non reacciones como unha cebra nun paso de cebra verso n.º 20: é como se tivesen pasado 48 horas

18
(tempo)

quizabes mellor que dicila fora pintala ribadela a xente toda teresa de cepeda y ahumada de cepeda y ahumada que se di axiña ribadela de topónimo que se di axiña ribadela topónimo buscar no mapa os ollos barbitúricos que che puxo a morte parece unha conversa con subtítulos onde ten o etcétera este rotulador?

19

(escrita)

un albanel lía a lucrecio á hora do bocadillo o mesmo lucrecio convenceuno de que debía toma-lo bocadillo aínda máis o mesmo lucrecio convenceuno de que debía emprega-la hora do [bocadillo en conquista-la hora do bocadillo (o albanel quedou como 14 versos sen rillar no bocadillo) verso n.º 20: o albanel decidiu que un poeta francés inventou que a pataca se chamase «la pomme de terre»

20

O viaxeirO nihilista

Un tren sae de Vigo á mesma hora ca outro desde ex-Leningrado

Supoñendo que a vía unise os dous puntos xeográficos en liña recta

Supoñendo que os dous trens circulan exactamente

á mesma velocidade

Supoñendo que ambos os maquinistas emiten (de forma sostida e continua) un mesmo grito

Agudo

Gutural

Que densidade terá a néboa da barricada de melancolía que evitará o seguro accidente?

Desinteresándose desa cuestión pero

Tendo en conta

Ademais

Que

Que parques

All over the world

Son armacéns de soidades e bótalles de comer aos paxaros urbanos

Tendo comprobado de forma obvia e previa

Que

A localización exacta dos polos é tan relativa como a navegación

Orgullosa

Distraída

21

Dun iceberg

Ou varios

E tamén que

A sombra do muro de Berlín é invisible por ter perfís ondulantes de expresionismo alemán

Sen deixar de lado

Que

Os ollos do corpo amado non son os teus ollos

PoiS

O viaxeiro nihilista optou polo seguinte itinerario

Percorrer Europa

En Zig

Zag

Conducindo por autoestradas de superficie

Parando exclusivamente nas autodenominadas:

«Áreas De Servizo»

E

Intentando a compra imposible nestes establecementos

De

Exemplares da obra Molloy (Samuel Beckett)

22

O acto chámanlle de crear e non poder garda-la roupa. O acto chámanlle de crear e non poder gardar nada. O acto non escatolóxico (chámanlle de crear, non si?) ex nihilo. O acto chámanlle de crear e a desfeita da teoloxía empírica. O acto de blasfemar en ningún diola e o esforzo inútil do decathlon. O acto de sermos gadafis (certo aire «puta-parió») e a fala babosa, infantil, a risada da hiena. E, no principio, era nai e fillo. E a nai di: –Mamai, mamai, mamasiña.

E o fillo contesta: –Dime, meu fillo.

23

A obra de Antón Reixa saltou, xa nos inicios, de xénero en xénero e de editorial en editorial ata ir virando desafío coleccionista a posibilidade de completar os volumes desde a primeira entrega co colectivo Rompente.

A presente escolma, lonxe de se pretender exhaustiva, quedará un chisco satisfeita se dá estimulado para máis aventura a quen só coñeza de xeito episódico a produción dun dos nomes sobranceiros da cultura galega contemporánea. Un nome que se concibiu e se percibiu a si mesmo, antes ca nada, como poeta.

faktoría de libros ENCICLOPEDIA PERPLEXIDADE ANTÓN REIXA
ISBN 978-84-19213-50-1 9 7 8 8 4 1 9 2 1 3 5 0 1
Xabier Cordal

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.