Page 1


AlĂŠn da fronteira


TAMBO DIRECTOR DA COLECCIÓN :

L UÍS R EI N ÚÑEZ

OS ÁNGULOS DA BRASA . MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO ALÉN DA FRONTEIRA . SETE POETAS VASCOS TRÍPTICO . ANTONI MARÍ

I LUSTRACIÓNS

DE

Á NGEL C ERVIÑO


SETE POETAS VASCOS

Alén da fronteira

Tradución para o galego

Isaac Xubín

TAMBO


LIMIAR A historia da literatura vasca escrita comeza en 1545, precisamente coa publicación do libro de poemas titulado Linguae Vasconum Primitiae do presbítero baixonavarro Bernard Etxepare. Trátase de poemas relixiosos, amorosos e en honra da lingua que corresponden máis ao estilo desenfadado tardomedieval pois é inevitable a referencia ao estilo do Arcipreste de Hita e quizais tamén ao de François Villon. A xuízo de Luis Michelena «o parentesco da súa obra coa poesía popular –en espírito, linguaxe e versificación– salta á vista», pero engade que os seus poemas «…o sitúan nun lugar preferente entre os poetas vascos». Recentemente, en 2004, descubriuse un manuscrito de Juan Pérez de Lazarraga, morgado da casa torre de Larrea en Araba e que xa era coñecido como xenealoxista. Consta de poemas e dunha novela pastoril, de estilo renacentista, o que dá noticia dun cultivo literario laico, até agora descoñecido e quizais meirande do que se pensaba, e en zonas non habituais. No século seguinte, Joannes Etxeberri de Ciboure, doutor en teoloxía, publicou libros relixiosos, case todos en verso. O mesmo farían autores posteriores, entre eles

7


Oihenart, home de leis e membro do Parlamento de Navarra que é unha excepción, polo seu carácter civil e polo estilo poético que cultivou, afastado do popular, tentando desenvolver unha poesía culta e máis conceptual. No século XIX, Pierre Topet Etchahun (1786-1862), de Barkoxe, Soule (Zuberoa), é un versificador popular, pero cunha intensidade elexíaca e satírica tales, reflexo da súa propia vida apaixonada e tráxica, que a sobrepasa e pasa a formar parte do patrimonio poético escrito malia que foi a transmisión oral o que evitou que os seus poemas se perdesen. Un pouco máis tarde, Jean-Baptiste Elizanburu (1828-1891), afastado de angueiras e obxectivos relixiosos, pertenceu ao corpo de granadeiros franceses, reintegrándose despois na sociedade civil, é un dos poucos que é contemporáneo ás correntes literarias da época, influenciado polo romanticismo francés. A súa poesía, aínda tendo un substrato e unha linguaxe populares, imprégnase de aires da época. Nas últimas décadas do século XIX e primeira do XX foi un dos máis asiduos laureados nos certames poéticos

organizados polo filántropo Antoine d’Abbadie en sintonía co lingüista Louis Lucien Bonaparte, primeiro ao norte dos

8


Pireneos e máis tarde por todo o país. Certames que, a pesar dos condicionantes, impulsaron o cultivo poético. Unha tendencia poética, con grande apoio social, idealizaba o pasado buscando a cohesión política fronte aos problemas que aguilloaban o sur do país tras a perda dos seus restos de liberdade, os foros. F. Arrese Beitia sería un exemplo emblemático desta. Jose M.ª Iparragirre, en cambio, autor de Gernikako Arbola, verdadeiro himno de todos os vascos, canta ao país, á liberdade, nun estilo popular entre versificador e poeta, pero cunha personalidade bohemia, de vagabundo recrutado a causas diversas por toda Europa e até en América. O donostiarra Bilintx, sempre no século XIX,

de fina sensibilidade e capacidade satírica, é poeta do

amor e do cotiá. Destaca tamén o culto lirismo do bertsolari Pedro Mari Otaño, que viviu en Guipúscoa e Arxentina. No século XX, a poesía acadará novas cotas, e desligarase pouco a pouco da tradición popular por canles, formas e estilos máis modernos e cultos. O sacerdote Jose Ariztimuño Aitzol foi unha figura clave na promoción dunha xeración de poetas dea preguerra, olerkariak, que se implicaron na tarefa de crear unha linguaxe poética nova. Os traballos

9


poéticos dos certames que organizaba vían a luz en Euzko Olerkiak, publicación creada por el con ese obxectivo. Foi fusilado en 1936 polas tropas franquistas, pero foron moitos os poetas que xurdiron nese movemento, entre os que destacaron Lauaxeta, Lizardi e Orixe. A superación dos cánones poéticos románticos, un novo estilo conceptista, a temática que aborda, a natureza, o paso do tempo, a morte, a beleza efémera, e o seu coñecemento doutras correntes poéticas, entre outras a chamada Xeración do 27 española, fan de Jose M.ª Agirre Lizardi, avogado de profesión, unha das voces líricas sobranceiras das letras vascas. O xornalista Estepan Urkiaga Lauaxeta, fusilado tamén polas tropas franquistas en 1937 como o seu amigo García Lorca, produce en liña semellante unha poesía influenciada polo modernismo ao redor do drama transcendental e relixioso, do país e do amor. Nicolás Ormaetxea Orixe, home de gran cultura, referencia literaria ineludible en toda a primeira metade do século

XX,

quizais sexa o que marca o punto de

inflexión entre a poesía popular, nel con resonancias cultas clásicas, e unha modernidade á que renuncia. O seu gran poema Euskaldunak, escrito antes da guerra de 1936-1939, pero publicado en 1950, sería a expresión de todo iso. Cóm-

10


pre incluír tamén a Jules Moulier Oxobi, poeta e fabulista; a Loramendi; ao pamplonés Alexander Tapia-Perurena, máis relacionado coa poesía romántica alemá; voces femininas como Rosario Artola e Sorne Unzueta Utarsus, expoñentes dunha lírica patriótica, ou Frantziska Astibia Onintze, con trazos modernistas e existencialistas. A guerra de 1936-1939 supuxo unha tráxica ruptura na dinámica social vasca e, en consecuencia, na literaria. A pesar de todo, no difícil período da posguerra, algúns dos poetas da preguerra, moitos no exilio, mantiñan viva a chama lírica. A transmisión estaba cortada, a historia secuestrada, pero pouco a pouco xermolaba de novo. Iokin Zaitegi, por exemplo, mantén esta transmisión publicando no exilio, en Guatemala, a revista Euzko-Gogoa, onde se refuxiaron literariamente poetas e escritores da preguerra e atoparon unha plataforma para publicar outros que ían xurdindo na posguerra: Zaitegi, o seu colaborador Andima Ibinagabeitia, Erkiaga, Etxaniz, San Martin, Mirande… Outros, como S. Mitxelena, F. Artola Bordari, J. Querexeta, X. Diharce Iratzeder e moitos máis, seguían cultivándoa e supuxeron tamén unha ponte interxeracional. Axiña des-

11


tacaron poetas que deron un pulo novo á poesía: Jon Mirande, suletino nado en París, poeta culto e iconoclasta que introduce temáticas e formas novas, e Gabriel Aresti en Bilbao, que impulsou un novo tempo na poesía cun marcado acento social e con grande influencia en toda unha nova xeración de escritores que se estaba a xestar. Ambos os dous tiñan un amplo coñecemento da literatura europea e universal da que traduciron algunhas obras.

Nos anos sesenta do século XX empeza a xurdir unha pléiade de poetas novos, tanto homes coma mulleres. As influencias son xa varias: dende a bagaxe da poesía tradicional, o simbolismo, o formalismo e o surrealismo até os novos xeitos de abordar a literatura en xeral e a poesía en particular, sede e aires de liberdade, de ruptura, de experimentación, a xeración beat, etc. A cantidade e a calidade son notables en conexión coas vangardas poéticas da época. Algúns poemas socialízanse segundo novos cánones e estilos (cantautores, canción comprometida, neo-folk, etc). Na mesma dinámica recupérase gran parte do acervo poético popular, romances e baladas tradicionais que acadan unha

12


difusión sen precedentes. Nese contexto e dinámica, que en gran medida eles xeran e desenvolven, xorden os poetas incluídos na presente edición, de extracción e formación diferentes, de idades e estilos tamén diversos. Dende Xabier Lete, que comeza na década dos anos sesenta, até Jon Gerediaga nos albores do 2000, pasando por Bernardo Atxaga, Tere Irastortza, Joseba Sarrionandia, Xabier Montoia e Luigi Anselmi.

JOSE ANGEL IRIGARAY

13


LUIGI ANSELMI

BERNARDO ATXAGA

JON GEREDIAGA

TERE IRASTORTZA

XABIER LETE

XABIER MONTOIA

JOSEBA SARRIONANDIA


LUIGI ANSELMI


BAKEA Bakea Egun batez, menturaz, Dabiden izarra iraungitakoan, Edota haur baten lapitzek bezala, bere erpin zorrotzek supituki punta gal dezatenean‌ (Edo, agian, esan beharko nuke banderen zeru koloreanitzetan harrotasunez dabiltzan argizagi faltsu andanak amatatzen direnean?) Bere karabana isilean, ilgora gauaren basamortu ankerraren beste aldera iritsi eta, azukre koxkor bat bezain eztiki goiz argi urdinean urtzen denean. Gurutzea eta urkamendiak oro suak, azkenik, kiskaliko dituen egunean.

18


A PAZ Quizais un día, cando se apague a estrela de David ou cando os seus vértices agresivos fiquen de súpeto sen punta coma os lapis dun neno… (Ou se cadra debería dicir cando se extinga esa constelación de astros falsos que gravitan fachendosos no ceo multicolor das bandeiras.) Cando na súa caravana silenciosa a media lúa acade a outra beira do deserto implacable da noite e, coma unha pedra de azucre, se dilúa na luz azul da mañá. Cando, por fin, ardan a cruz e todos os patíbulos.

19


ITSU DA AMODIOA […] And with ambitious aim against the throne and monarchy of God raised impious war in heav'n and battle proud […] To reign is worth ambition, thou in hell: Better to reign in hell than serve in heav'n. Paradise Lost. Book 1. John Milton

Aingürü haiz –otean heriotze aingürüa?– hire irriak ilusitzen nain, hire bozak itsutzen –otean dea aldizbeste?– bena ene beso artetarik hihaur nahi ukaitia, hire lürrinezko ezpainer pott egitia, ene orhoitza ahüla baithan hire idüri labainkorra gordatzia ahüer dun. Huts eginak bilduak dütün nola area desertü erditan poxelü aintzinin izügarri meta gaitzak bortü antzüak lür eremüak eginez non ez baita lilirik pausatüren, non ere soil gorpüak, sügegorriak gordatzen baitirade. Aingürü hiz –otean heriotzarena?– 20


O AMOR É CEGO […] And with ambitious aim against the throne and monarchy of God raised impious war in heav'n and battle proud […] To reign is worth ambition, thou in hell: Better to reign in hell than serve in heav'n. Paradise Lost. Book 1. John Milton

Es un anxo, –quizais o anxo da morte?–, o teu riso enlouquéceme, cégame a túa voz… (ou é talvez ao revés?) De xeito inútil procuro entre os meus brazos apreixarte, tento en van beixar os teus labios evanescentes, gardar a túa imaxe esvaradía na miña feble memoria. Acumúlanse os fracasos como a area ante os obstáculos, no medio do deserto, creando dunas enormes, montes estériles, terra árida onde só se ocultan as serpes e os cadáveres. Es un anxo, talvez o anxo da morte? E agora vénme á lembranza que os únicos anxos 21


eta orain dinat orhoit maite dütüdan aingürüak soil Genesia-ko haiek badiradela: Jinkuaren diktatüra itsusiaren kuntre ailtxatü zirenak, aingürü rebolüzionerak, debrüak!

22


aos que realmente amo son aqueles do libro da XĂŠnese que se alzaron contra a ditadura implacable de Deus: os anxos revolucionarios, os demos!

23


© do texto: Luigi Anselmi, Bernardo Atxaga, Jon Gerediaga Tere Iratortza, Xabier Lete, Xabier Montoia, Joseba Sarrionandia, 2012 © do limiar: Jose Angel Irigaray, 2009 © da tradución: Isaac Xubín, 2012 © da edición orixinal: Pamiela, 2009 © desta edición: Kalandraka Editora, 2012 Italia, 37 - 36162 Pontevedra Tel.: 986 860 276 faktoria@faktoriakdelibros.com www.faktoriakdelibros.com Faktoría K de Libros é un selo editorial de Kalandraka Primeira edición: marzo, 2012 ISBN: 978-84-15250-37-1 DL: PO 65-2012 Reservados todos os dereitos


Alén da fronteira  

Faktoría K de Libros, poesía, TAMBO

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you