Pxa

Page 124

PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

aula de informática, outra no Laboratorio, outra na aula de 5º de educación infantil e un preploter en 4º de educación infantil, con cañons de proxección en todas as aulas (agás en 6º de educación infantil xa que estamos a espera de facer un cambio de aula), en biblioteca, pedagoxía terapéutica. Audición e linguaxe e en aula de música. Cada mestre conta cun ordenador portátil, na sala de Mestres hai 2 ordenadores. A organización no centro tomará a forma dun responsable TIC e sete profesores cunha sesión de dedicación semanal, pero a responsabilidade recae sobre todo o profesorado do centro “participación activa de todo o equipo docente” aínda que, preferentemente, sexa dinamizador/coordinador o encargado da súa redacción, coordinación e seguimento. Por iso, as tarefas básicas do coordinador TIC estarán centradas fundamentalmente, pero non en exclusividade, en coordinar e dinamizar a integración curricular das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no centro, a asesorar ao profesorado sobre materiais curriculares en soportes multimedia e a elaborar propostas para a organización e xestión dos medios e recursos tecnolóxicos do centro. B.2. PLAN DE MANTENEMENTO De xeito progresivo todas as áreas curriculares deberán integrar nas súas programacións didácticas e metodolóxicas as ferramentas TIC. En canto a renovación de equipos, cando chega unha nova dotación informática ao centro, os equipos saíntes da aula renovada substitúen aos máis antigos en servizo. A asignación realízase por orde de antigüedade dos equipos. O plan ten como resultado a eliminación progresiva da obsolescencia tecnolóxica do centro. Por iso debe seguir sendo aplicado, de maneira que con cada ingreso de equipos novos no centro prodúzase unha rotación dos equipos máis antigos. Estes equipos antigos serán adxudicados a aqueles profesores que así o soliciten. En caso de que os solicitantes sexan máis que os ordenadores disponibles, terán preferencia aqueles profesores sen ordenadores nas súas aulas. En caso de igualdade e de non chegar a ningún acordo ao respecto procederase a realizar un sorteo. B.3. XESTIÓN DE INCIDENCIAS INFORMÁTICAS O mantemento dos equipos informáticos é unha peza crave na confianza dos usuarios na súa utilización, polo tanto, é moi importante que o servizo de mantemento funcione adecuadamente. O protocolo de actuación ante calquera problema con algún dos equipos informáticos ou cos demais materias audiovisuais será informar o respecto o coordinador das TIC, que en caso de non ser capaz de solucionar a incidencia por si mesmo avisará a unidade de atención a centros da educación galega (UAC).

124


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.