Pxa

Page 1

PROGRAMACIÓN XERAL

ANUAL CURSO 2013/ 2014


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

1.

Introdución.

............

4

2.

Concreción do proxecto de dirección

............

6

3.

Concreción anual do Proxecto Educativo de Centro e modificación (se é

............

8

............

10

necesidade específica de atención educativa.

............

12

6.

Cadro de organización pedagóxica.

............

23

7.

Plano de actuación dos órganos de coordinación colexiados.

............

28

8.

Plano de actuación do equipo directivo.

............

28

9.

Plano de actuación de cada ciclo. Seccións bilingües e mecanismos de seguimento e avaliación

............

29

10.

Xornada escolar, horario do centro e estatística.

............

43

11.

Programación e calendario de reunións dos órganos de goberno.

............

47

12.

Programación e calendario de reunións dos órganos de coordinación ............

49

Proxecta

............

56

14.

Addenda para o curso 2013- 2014 do Proxecto Lingüístico de centro.

............

56

15.

Programa e actividades que se van desenvolver para o fomento e dinamización da lingua galega.

............

57

16.

Relación de libros de texto e demáis materiais curriculares do centro.

............

59

17.

Plano de autoprotección do centro.

............

65

18.

Plano de organización e coordinación das tarefas do persoal non ............

66

o caso).

L I M I

4.

Obxectivos específicos e recursos para o curso académico 2013/2014

5.

Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ao alumnado con

docente. 13.

A R

Proxectos de innovación educativa-formación do profesorado. Plan

docente.

2


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

19.

Horario de atención ao público

20.

Plano para a potenciación e organización das relacións da comunidade

............

67

educativa coa familia.

............

67

21.

Plano de transporte escolar.

............

67

22.

Regulamento da organización de comedor.

............

69

23.

Plano de utilización das instalacións do centro e potenciación das relacións coa comunidade e a familia.

............

72

24.

Plano de actividades extraescolares propostas pola ANPA

............

73

25.

Plano de actividades complementarias e extraescolares propostas polo Centro.

............

73

26.

Plano xeral de avaliación do centro.

............

84

27.

Constitución da comisión e guía de intervención para a mellora,

............

86

............

86

elaborada a partir da análise dos resultados das avaliacións de diagnóstico. 28.

Plano para o desenvolvemento da biblioteca e o PLAMBE

ANEXOS I

Plano Anual de Lectura

............

88

II

Plan Proxecta

............

99

III

Contrato Programa

............

101

IV

Plano de integración das TIC curso escolar 2013- 2014

............

117

3


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

1. INTRODUCIÓN. Iniciamos este novo curso escolar dando a benvida aos novos membros do claustro, dous profesoras interinas, unha profesora definitiva e unha profesora sustituta para o todo o curso. Este ano conseguimos ter unha profesora de AL/PT a tempo completo no noso centro evitando os inconvintes de ter varias profesoras itinerantes para un mesmo posto de traballo (confección de horarios, desprazamentos, etc...). Introducimos cambios no horario, facendo as sesións de 50 minutos para incorporar despois do recreo a Hora de Ler, na que todos os alumnos durante 20 minutos len diariamente en todas as etapas educativas. Unha das nosas prioridades é a do fomento da lectura no noso alumnado e esperamos contribuir a este obxectivo con esta medida. Tamén os alumnos de 3 e 4 anos contarán con dúas sesións semanais de EF e Música en lugar de unha como tiñan ata agora. O noso sinal de identidade, ser un colexio saudable, marca a nosa folla de ruta, coidando a alimentación do noso alumnado (a través do comedor) e fomentando o exercicio físico (volei co mestre de EF nos recreos) como medios, entre outros, para instaurar hábitos saudábeis e previr enfermedades. Seguimos a potenciar a innovación educativa a través da implantación de distintos proxectos: Contratos-Programa con dúas modalidades (PROA e Obradoiros de lectura, escritura e cálculo), Plan Proxecta co reparto de froita fresca nos recreos, Aulas bilingües (este curso contaremos coa colaboración dun auxiliar de conversa irlandés), temos unha profesora chipriota do Proxecto Leonardo que colaborará nas áreas de plástica, música e inglés; Programa de educación Viaria compartindo a nosa experiencia con outros centros, mellora da biblioteca a través do Plambe, etc… Unha das nosas prioridades será atender a toda a diversidade do noso alumnado aplicando un sistema de reforzos para mellorar as competencias básicas, etc…; todo esto potenciando as novas tecnoloxías e desenvolvendo o Decreto do Plurilingüismo coa potenciación a presenza da lingua galega e a recuperación dos xogos tradicionais. Unha novidade deste curso é o novo Decreto de comedores polo que as familias pagarán o comedor segundo as súas rendas. Este ano contaremos con nais e unha empresa para a colaboración do comedor. Este decreto supón un gran gasto para algunhas familias polo que tivemos que reaxustar todo o sistema implantado dende vai anos para que todo o mundo puidera beneficiarse destes servizos complementarios co mínimo coste. Co fin de optimizar os recursos económicos moitos dos nosos alumnos contan con material comprado comunitariamente e cunha axenda do colexio que servirá de ponte entre o colexio e a familia. 4


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Contamos coa colaboración da ANPA nesta tarefa educativa, empezando este ano a compartir as tarefas de xestión de actividades extraescolares ata encargarse de toda a xestión das mesmas. Unha gran cantidade dos nosos alumnos disfrutan de libros de texto grazas ao banco do libros que puxeron en marcha. Todas as tarefas nos inicios son moi laboriosas por lo que queremos animalos a que sigan a traballar co mesmo entusiasmo e coas iniciativas que presenten para beneficio dos noso alumnado. Valoramos a súa implicación e esforzo. Pretendemos que o noso centro sexa un lugar de auténtica aprendizaxe no que o esforzo e o respecto a todos impregne todas as relacións personais que teñan lugar no colexio. Nesta tarefa tentaremos conseguir a colaboración e implicación de todos os sectores: profesorado, familias, institucións, etc... e apoiarémonos nos seguintes pilares básicos: equidade, atención á diversidade, apertura ao entorno, sociedade da información, calidade educativa e ensinar a convivir. En definitiva, queremos dar a benvida a todos/as a este novo curso e invitalos a implicarse neste árduo traballo con ilusión e entusiamo compartido cun obxectivo común: ofrecer ao noso alumnado as mellores oportunidades para que alcancen os seus mellores logros. A DIRECCIÓN

5


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

2. CONCRECIÓN DO PROXECTO DE DIRECCIÓN. Continuamos por segundo ano cun proxecto que pretendemos que sexa realista e ilusionante, no que teñan cabida todas as ideas que pretendan mellorar o noso ensino. A continuación enuméranse os obxectivos máis significativas, así como a súa concreción para este curso: REFERENTES AO CENTRO NO SEU CONXUNTO: 1.-Fomentar a innovación e a mellora continua. A concreción anual deste obxectivo se centrará en potenciar os proxectos de innovación educativa en marcha (educación viaria en inglés compartindo a experiencia con outros centros, plan Proxecta e contrato-programa cunha nova modalidade este curso: Mellora da lectura, escritura e cálculo) PLAMBE,etc...e promover outros novos que poidan xurdir. Este curso pretendemos solicitar o ser centro plurilingüe, impantindo a área de plástica en inglés dende primeiro de primaria. Tamén neste curso temos unha mestra de Chipre dentro do Proxecto Leonardo que colabora nas áreas de inglés, plástica e música co noso profesorado e alumnado. 2.- Velar por unha boa atención a diversidade do alumnado. A concrecion anual deste obxectivo céntrase nas seguintes actuacións:  Facilitar o traballo do Departamento de Orientación en canto a disponibilidade de espazos, tempos ou materiais.  Colaborar coas propostas do Departamento de Orientación para asi fomentar a participación do resto do profesorado.  Aplicar e concretar o Plan de Convivencia e o Plan de Atención á diversidade aprobados o curso pasado. 3.-Revisar e actualizar o Proxecto Educativo do Centro e tratar de que pase de ser un documento a un sentimento común que impregne a acción educativa. Como estamos pendentes da aprobación da nova lei de educación LOMCE pensamos que é máis doado esperar ás novas normativas para poder actualizar dito documento. 4.- Potenciar o emprego do galego e recuperación dos xogos populares. A concrecion anual deste obxectivo céntrase na seguintes actuacións:  Promover a participacion en campañas para o desenvolvemento lingüístico promovidas desde as diferentes administracións.  Colaborar na posta en práctica do Proxecto Linguistico do Centro.  Manter unha continuidade no uso da lingua galega nas actividades promovidas polo centro propiciando o contacto do alumnado con persoas relevantes da cultura e literatura galega.  Fomentar entre o alumnado o emprego da lingua galega nas comunicación orais.  Seguir a recuperar os xogos tradicionais.

6


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

5.- Fomentar programas de promoción da saúde, hábitos alimentarios e habilidades persoais. Este curso solicitaremos por segundo ano o programa de innovación educativa Plan Proxecta co reparto de froita fresca, a realización de exercicio físico nos recreos co especialista en EF, programando actividades deportivas tamén para os máis pequenos, etc.. Dende o comedor trataremos que que os menús sexan cada vez máis saudábeis e equilibrados. 6.-Acometer a renovación do Plano de Autoprotección do centro adaptado á nova normativa. O curso pasado xa iniciamos este documento e sinalizamos as saídas nas distintas estancias do centro e os extintores. Este é un documento moi laborioso que precisa de coñecementos técnicos que nós non temos polo que trataremos que poder levalo a cabo do mellor xeito posible, realizando prácticas de evacuación. 7.-Favorecer e mellorar a convivencia do centro. Pretendemos desenvolver un programa de habilidades sociais entre o noso alumnado para previr problemas de conduta e convivencia. Ainda que este cometido o realizamos ao longo do ano, debido a gran cantidade de conmemoriacións, actividades complementarias, etc…. imos este curso a celebrar A SEMANA DA CONVIVENCIA no mes de xaneiro. Durante esta semana elaboraremos actividades variadas nas que poderá participar toda a comunidade educativa. 8.-Mellorar as instalacións do centro e optimizar os fondos e recursos. Esta tarefa é continua, dotando e mantendo todas as estancias e instalacións nas mellores condicións posíbeis dentro do noso presuposto. 9.-Fomentar o emprego das novas tecnoloxías na práctica diaria. Seguiremos dotando a todas as aulas das instalación necesarias para que todo o profesorado empregue as novas tecnoloxías na súa práctica diaria, ainda que observamos que temos que facer maior fincapé na formación. 10.-Impulsar a dinamización da biblioteca escolar a través do programa de mellora de bibliotecas PLAMBE co obxectivo de fomentar hábitos lectores no alumnado, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura no alumnado. Estamos pendentes de saber se por tercer ano nos conceden a dotación económica para seguir mellorando a biblioteca do centro.

7


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

REFERENTES AO PROFESORADO 1.- Impulsar a coordinación das actividades docentes e o traballo en equipo: potenciando a labor da Comisión de Coordinación Pedagóxica e dinamizando o traballo coordinado dos diferentes ciclos e o seu grao de cohesión metodolóxica. REFERENTES AO ALUMNADO Procuraremos o éxito escolar e mellorar o rendemento xeral dos alumnos, incidindo moi especialmente na consecución das competencias básicas, que é a capacidade de pór en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diferentes, os coñecementos, habilidades e actitudes que se adquiriron. Analizaremos os resultados obtidos nas diferentes avaliacións diagnósticas e proporemos medidas tendentes a mellorar os resultados.Teremos en conta o contexto no que nos desenvolvemos e trataremos de implicar máis as familias nesta tarefa. 

Trataremos de conseguir que o Proxecto Lingüístico de Centro recolla todas as medidas consensuadas para potenciar o coñecemento das linguas estranxeiras e potenciaremos as dúas seccións bilingües que temos no centro. 

Velaremos por ofertar actividades complementarias e extraescolares, segundo os recursos que dispoñamos, variadas e enriquecedoras, que permitan ao noso alumnado ter un mellor coñecemento do entorno e ampliar as súas experiencias . 

REFERENTES ÁS FAMILIAS - Fomentar a implicación das familias no seguimento dos estudos dos seus fillos, aportándolles información e asesoramento respecto das necesidades do alumnado, das medidas a adoptar na súa atención, etc... Manterlles informados de todo o que se faga no centro e animarlles a participar . - Mellorar a comunicación coas familias empregando as TIC, organizando charlas, actividades de convivencia, etc... Este curso coa Axenda pretendemos que exista maior e mellor comunicación. - Propiciar, axudar e colaborar coa ANPA e dar oportunidades para que as familias poidan participar nas actividades do centro (contacontos, educación viaria, charlas,etc...). 3. CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO E MODIFICACIÓN (SE É O CASO) O Proxecto Educativo de Centro do C.E.I.P. Sárdoma Moledo foi aprobado polo Consello Escolar, está baseado na Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), do 13 de outubro 8


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

de 1990 e no Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e dos Colexios de Educación Primaria (Decreto 374/1996), partindo das necesidades específicas do noso alumnado e das características socio-económicas e familiares do contorno escolar. Dos fins que nel se recollen destacamos o pleno desenvolvemento da personalidade do alumno. A súa formación: a) No respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na tolerancia e nos principios democráticos de convencia e da pluralidade tanto lingüística coma cultural. b) Na adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, de coñecementos científicos, humanísticos e históricos. c) Na preparación para participar activamente na vida social e cultural. d) E na formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos de España. A actividade educativa nos distintos ciclos e niveis (Educación Infantil e Primaria) desenvolverase tendo en conta os seguintes principios: 

Formación personalizada para unha educación integral do alumnado na súa vida persoal, familiar, social e profesional, prestando a necesaria atención psicopedagóxica e orientación educativa e profesional; e seguindo unha metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Colaboración e participación coas familias e coa contorna social, económica e cultural para contribuir a unha mellor consecución dos obxectivos educativos.  Desenvolvemento do espírito crítico e fomento de hábitos democráticos. Pretendemos a igualdade de dereitos intersexo e rexeitamos calquera tipo de discriminación.  Formación no respecto do Medio Ambiente e na súa defensa. Incluíndo a súa celebración no centro (5 de xuño). As señas de identidade que definen o noso centro son: 1. Ser unha institución educativa que ten como lingua vehicular o galego, respectando o bilingüísmo e fomentando dentro da comunidade educativa a pluralidade lingüística. 2. Educamos para a democracia, tolerancia, paz e no respecto das normas de convivencia. 3. Somos un centro integrado no contorno e colaboramos coas familias, o Concello e distintas organizacións locais. 4. Relacionamos os contidos de forma transversal en todas as áreas educativas coma medio para coñecer a realidade social e articulamos frases ou lemas comúns para todo o curso académico para poder artellar as distintas celebracións. 5. O traballo en Educación Viaria pero co engadido de facelo tanto en galego, castelán coma en inglés. 

É mester actualizar o PEC adaptándoo ao disposto no Decreto 130/2007 e tamén a nova lei de Educación (LOMCE), para tal fin partiremos do documento que existe actualmente, incluindo nel as modificacións pertinentes dado o novo contexto legal. Con respecto a este punto comentar que 9


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

estamos a agardar o desenvolvemento da nova normativa para poñernos a traballar na súa reformulación. Para elo os equipos de ciclo formularán as propostas de modificación ao documento, unha vez recollidas éstas a Comisión de Coordinación Pedagóxica será quen supervise a coherencia do novo documento para sometelo a aprobación do Claustro e Consello Escolar. 4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS E RECURSOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2013-2014. Tendo en conta os aspectos recollidos anteriormente que figuran no noso P.E.C., así como as propostas de mellora que o pasado curso establecimos na memoria avaliativa de final de curso, os obxectivos para este ano académico 2013/2014 son os seguintes: -

-

-

-

-

-

Desenvolver as actividades educativas segundo os principios e fins da Lei Orgánica de Educación (LOE 2/2006 do 3 de maio) e o Estatuto de Autonomía de Galicia. Potenciar o Departamento de Orientación educativa para unha orientación persoal, educativa e profesional dos alumnos. Fomentar o pleno desenvolvemento das capacidades dos alumnos e alumnas e estimular a convivencia na liberdade, tolerancia, respecto e solidariedade como valor enriquecedor da persoa. Facilitar e posibilitar os medios necesarios para que o alumnado con necesidade específica de apoio educativo alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional. Unificar unha metodoloxía didáctica axeitada interciclos e intraciclos, realizando máis reunións periódicas para concretar e puntualizar aspectos que permitar unha continuidade nas dúas etapas que abarca o noso centro. Formar no respecto á pluralidade lingüística de todas as comunidades e países. Elaborar o proxecto anual de fomento da lingua galega por parte do Equipo de Normalización e Dinamización da Língua Galega (ENDLG), así como revisar o Proxecto Lingüístico de Centro e redactar a correspondente addenda para este curso 2013/2014. Respectar as normas de convivencia todos os membros da comunidade educativa. Cubrir e aplicar os distintos rexistros de incidencias e convivencia para os distintos espacios: transporte, clase, comedor e recreo do comedor. Con eles poderase levar un control daqueles problemas que poidan xordir en cada un deles e valorar as consecuencias que terá a súa realización. Revisar o Regulamento de Réxime Interno do centro e o PEC para adecualos ás novas características. Promover as normas de organización e funcionamento nas que se garantan o cumprimento do Plan de Convivencia. Desenvolver e potenciar o hábito lector do alumnado a través de actividades de motivación como as bolsas viaxeiras, a hora de ler, asemade a expresión escrita coa utilización da Brolibreta. Aplicar os contidos e as estratexias recollidos no PLAMBE e titulado “De boa tinta” no que participamos por terceiro ano. 10


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

-

Dinamizar a biblioteca e completar a súa informatización ata facer o préstamo con este sistema e cun lector de código de barras. Reforzar a mutua colaboración entre o contorno, a ANPA, profesores e o equipo directivo dentro do marco legal. Potenciar as actividades extraescolares, inserindo novidades, na medida do posíbel e continuar coa colaboración establecida co IMD no referente ás escolas deportivas. Levar a efecto o plano de actividades culturais ofertadas polo centro. Participar e colaborar con todas aquelas institucións e asociacións que redunden nun beneficio para o noso alumnado. Intercambiar experiencias educativas con outros centros escolares da zona a través do Proxecto Bilingüe de Educación Viaria tal e como o fixemos o pasado curso. Dinamizar as TICs tanto en Educación Infantil como en Primaria dotanto ao centro dos medios para realizar esta tarefa. Impartir de forma anticipada a área de Lingua Inglesa en Ed. Infantil 2º ciclo e fomentando o seu uso na práctica coa implicación e traballo do auxiliar de conversa especialmente dende o 3º curso de Educación Primaria.

Os recursos cos que contamos, tanto persoais coma materiais, para poñer en práctica estes obxectivos se relacionan a continuación nos apartados cadro de organización pedagóxica e libros de texto e materiais curriculares. En canto as instalacións do centro a continuación as trataremos. Contamos con cinco construccións no recinto escolar. En dúas delas se desenvolven as actividades pedagóxicas, unha terceira para oficinas de atención ao público, outra para o comedor escolar e por último un pavillón polideportivo. Ademáis das construccións, temos unha pista de terra con porterías, outra de baloncesto, unha vermella e un circuito de educación viaria para a práctica do proxecto de centro que comezou no curso 2004/2005. Daquelas construccións nas que se imparte docencia, diferenciamos un edificio para educación infantil, que conta con dúas aulas e dous baños (nenos e nenas); e outro para educación primaria con 3 andares. No primeiro andar atópase a aula de 5 anos, a aula de Audición e linguaxe, a conserxería, na que se ubica a fotocopiadora, a sala de mestres e a biblioteca do centro. O segundo andar alberga as aulas de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º de Educación primaria e no derradeiro están o laboratorio/aulas bilingües, a aula de música, a aula de apoio, a de informática, a aula de inglés e o almacén. En cada un dos andares hai aseos diferenciados para nenos e nenas e no primeiro atópanse os de mestres e mestras. Nas oficinas están os despachos de dirección, orientación e xefatura de estudos, que comparte coa secretaría.Tamén contamos con comedor escolar xestionado pola Xunta de Galicia.

11


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

5. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE ATENCIÓN EDUCATIVA 

PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA.

Contexto legal  Decreto

229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do

alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.  Lei Orgánica 2/2006,  Decreto

do 3 de maio, de Educación. (LOE).

120/1998 polo que se regula a Orientación Educativa e Profesional na Comunidade

Autónoma de Galicia.  Orde

24 de xullo de 1998 pola que se establece a Organización e funcionamento da

Orientación Educativa e Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.  Orde

do 31 de outubro de 1996, pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos

alumnos/as con NEE que cursan ensinanzas de réxime xeral, e pola que se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización.  D.

320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con

necesidades educativas especiais.  Orde

do 27 de decembro de 2002 pola que se regula as condicións e criterios para a

escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con NEE.  Orde

do 20 de febreiro de 2004 , pola que se establecen medidas de atención específica

ao alumnado procedente do estranxeiro.  R.D.

943/2003, de 18 de xullo, polo que se regulan as condicións para flexibilizar a

duración dos diversos niveis e etapas do sistema educativo para os alumnos superdotados intelectualmente.  R.D.

1630/2006, do 26 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do

segundo ciclo de Educación Infantil.  D.

330/2009 do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na

Comunidade Autónoma de Galicia. 12


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo  O.

25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación o desenvolvemento e a

avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.  R.D.

1513/2006 do 7 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas de

Educación Primaria  D.

130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo de Educación Primaria na

Comunidade Autónoma de Galicia.  Orde

do 23 de novembro de 2007, pola que se regula a avaliación na educación primaria

na Comunidade Autónoma de Galicia.  Decreto

85/2007, do 12 de abril, polo que se crea o Observatorio Galego da Convivencia

Escolar.  Decreto

374/1996 do 17 de outubro polo que se aproba o Regulamento Orgánico das

escolas de E. Infantil e dos colexios de E. Primaria.  Orde

do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e

funcionamento das escolas de Educación Infantil e dos colexios de Educación Primaria.  Circular

18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de

Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinazas escolares de Galicia.  Circular

10/2010: da Dirección Xeral de educación, formación profesional e innovación

educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e establecer accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na comunidade autónoma de Galicia.  PEC

e as concrecións curriculares.

Contexto de Centro O CEIP Sárdoma-Moledo está situado nunha zona semi-urbana do concello de Vigo. O alumnado deste Centro procede de zonas moi diversas de Vigo. O nivel sociocultural é medio, tamén contamos con alumnado estranxeiro procendente de Latinoamérica, África, etc... cun nivel socioeconómico baixo que fai que teña bastantes dificultades sobre todo en canto a idioma e necesite apoio. O alumnado da escola depende a efectos de ESO do IES de Beade pola proximidade deste último. Contamos con: 13


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Dous especialistas en PT, un comparte as funcións coas de dirección, e a outra está no noso centro todos os días e tamén fai as función de AL.

Unha orientadora, compartida co CEIP Mestres Goldar, está no noso centro dous días a semana (luns e martes).

Relación dos compoñentes do Departamento Isabel Sánchez Vázquez

Especialista en PT (directora)

Lorena Conde Vázquez

Especialista en AL y en PT (afin)

Silvia Caride López

Orientadora (compartida)

Patricia Villaverde Maklán

Coordinadora de Educación Infantil

Pilar Vila Nieto

Coordinadora 1ºC. de EP

Margarita Fernández Domonte

Coordinadora 2ºC. de EP

Mª José Oliveira Antón

Coordinadora 3ºC. de EP

Obxectivos do Departamento de Orientación Atendendo ás demandas da comunidade educativa, e de acordo coas disposicións legais, trataremos de acadar os seguintes obxectivos: a) OBXECTIVOS REFERIDOS AO CENTRO: ▫

Colaborar na elaboración e revisión do PEC, na CC, no PAT, Plan de Convivencia,…

Cooperar coa comunidade educativa, (Equipo Directivo, profesorado, alumnado, ANPA).

Potenciar a coordinación e cooperación entre o Centro e as familias.

Promover a coordinación do centro co IES de Beade.

b) OBXECTIVOS REFERIDOS AO PROFESORADO: ▫

Colaborar na detección das necesidades educativas especiais e no tratamento das mesmas.

Coordinar a actuación do profesor titor e profesor de apoio con respecto ós alumnos con neae, dando resposta ás crianzas.

Asesorar na elaboración das Adaptacións Curriculares e noutras medidas ordinarias.

Facer posíbel a colaboración do profesorado nas tarefas de acción titorial e orientación educativa.

14


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

c) OBXECTIVOS REFERIDOS AO ALUMNADO: ▫

Realizar avaliacións psicopedagóxicas dos alumnos e alumnas que as precisen.

Coordinar a atención do alumnado con necesidades educativas específicas de apoio educativo.

Contribuír á personalización dos procesos de ensino-aprendizaxe.

Fomentar a adquisición de estratexias de autocoñecemento e aprendizaxe cognitivo, físico e emocional.

d) OBXECTIVOS REFERIDOS ÁS FAMILIAS: ▫

Promover e dinamizar actividades formativas e orientadoras que impliquen ás familias na consecución dos obxectivos educativos marcados.

Informar e asesorar ás familias do alumnado con NEAE.

Establecer canles de comunicación fluidas e liñas educativas comúns.

Descrición das actuacións, medidas e/ou programas para a atención á diversidade. As actuacións deste Plan Anual de Atención á diversidade levaranse a cabo a través de 3 liñas de intervención. Plan de Acción Titorial Obxectivos: ▫

Coñecer, valorar e respetar ás crianzas e os seus procesos vitais.

Dinamizar a cohesión do grupo-clase.

Acompañar ás crianzas súa adaptación e integración social.

Orientar persoalmente ás crianzas dacordo cos principios de individualización.

Asesoramento ó grupo de mestres.

Fomentar a coordinación e o tránsito das nosas crianzas de Primaria a Secundaria. ACTIVIDADES

TEMPORALIZACIÓN

ETAPA - Ed. Inf. 3 anos

- No 1º trimestre do curso Programa de acollida

RESPONSABLE

- Crianzas procedentes do estranxeiro

- Calquera momento do curso

- De nova incorporación

15

Titor/a, DO, xefa de estudos, crianzas titoras


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Reunión titores e familias

Todo o curso

Infantil e Primaria

Titor/a

Plan de recuperación e reforzo

Todo o curso

Primaria

Titor/a, DO

Cada trimestre do curso

Infantil e Primaria

Titor/a, equipo docente, xefa de estudos e DO

Asesoramento ó grupo de mestres no desenvolvemento da titoría

Ó longo do curso

Infantil e primaria

Titor/a, xefa de estudos e DO

Reunión dos DO dos centros adscritos e cos dos IES

Ó longo do curso

Primaria

Xefes DO dos centros adscritos e IES

Infantil e primaria

Titorías, equipo docente, DO

Avaliacións

Avaliación inicial ás crianzas de nova incorporación

Cando se incorpore á escola

Plan de Apoio ó proceso de ensino-aprendizaxe Obxectivos: ▫

Acompañar e orientar ás crianzas ó longo da súa etapa escolar.

Personalizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe segundo as necesidades de cada crianza.

Elaborar e aplicar as distintas medidas curriculares e didácticas derivadas das necesidades da atención á diversidade. ACTIVIDADES

TEMPORALIZACIÓN

ETAPA

Organización dos apoios

1º trimestre

Infantil e Primaria

Seguimento dos apoios

Todo o curso

Infantil e Primaria

Durante todo o curso

Infantil e primaria

RESPONSABLE Orientadora,

PT,

xefatura de estudos. Orientadora,

PT,

xefatura de estudos.

Avaliación psicopedagóxica, en base ás demandas do profesorado, crianzas e familias 16

AL,

Dpto. Orientación

AL,


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Programas de intervención para o alumnado que o

Todo o curso

Infantil e Primaria

Dpto. Orientación

precise Elaboración, seguimento e avaliación das adaptacións

Mestres Todo o curso

Infantil e Primaria

curriculares individuais

Todo curso

Educación Infantil

Todo o curso

6º EI e 1º EP

1º e 3º trimestre

4º EP

retraso na fala na EI Programa preventivo de dificultades de aprendizaxe

aprender Programa de habilidades sociais

de

Todo o curso

Todo o curso

Dpto. Orientación e titorías de infantil

Titor/a

4º,

Dpto.

Orientación, Dirección

Avaliación de diagnóstico Programa aprender a

xefatura

PT/AL/Dpto. Orientación

Información e desenvolvemento da

orientación,

dpto

estudos

Programa preventivo de posibles déficits sensoriais e

implicados,

6º EP e crianzas

Titor/a 6º, Dpto. Orientación

con DA

IES, Dpto. Orientación.

3º EP e os grupos

Titora

que o precisen

Orientadora

3º,

PT,

AL

e

Asesoramento e orientación académica en momentos decisivos Obxectivos: ▫

Coñecer o medio educativo máis próximo: Centros de ESO.

Facilitar un primeiro achegamento ó IES.

Informar sobre os aspectos máis relevantes da ESO: permanencia, optatividade.... ACTIVIDADES

TEMPORALIZACIÓN

ETAPA

RESPONSABLE

Información sobre a etapa educativa: 3º trimestre ESO

6º EP

Titora, orientadora

Visita programada co alumnado do 3º trimestre último curso ó IES

6º EP

Titora, orientadora, IES

17


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Programas específicos do DO PROGRAMA DE DETECCIÓN DE DEFICIENCIA VISUAL E FALTA DE AUDICIÓN

XUSTIFICACIÓN

As crianzas que ven de distinta forma por cada ollo, crianzas ambliopes (ollo vago), son difíciles de detectar, este programa axuda a identificar posibles diferencias de agudeza visual e aconsellar á familia a avaliación por un oftalmólogo. Detectar a perda auditiva en Educación Infantil.

OBXECTIVOS

Identificar en idades temperás ás crianzas que ven de distinta forma por cada ollo e a agudeza visual. Identificar a idades temperás a perda auditiva. Test de agudeza visual para alumnos de 4 e 5 anos de E.I. : Aplicación do test de agudeza visual, explorando cada ollo por separado, e rexistrando os datos segundo indican as normas da utilización do test.

ACTIVIDADES

Elaboración dos resultados en porcentaxes separando nenos e nenas. Comunicación á familia aconsellándoa a realizar unha avaliación de agudeza visual polo oftalmólogo, nos casos en que den por debaixo do valor normal nas figuras do optotipo. Detección da perda auditiva: Aplicación por parte das titoras e familia do primeiro cuestionario de observación a todos os alumnos. No caso de que existan incidicios neste primeiro cuestionario, aplicación dun segundo cuestionario no ámbito escolar polas titoras, baseado na observación do alumno/a. Aplicación dunha proba de perda auditiva por parte da orientadora aos alumnos aos cales se lle aplica o segundo cuestionario e obtención da % de perda en voz baixa, voz normal, ou voz forte. Comunicación dos resultados á familia e recomendación da avaliación por parte do otorrinolaringólogo.

TEMPORALIZACIÓN

Primeiro trimestre

PROGRAMA DE ADAPTACIÓN Á ESO PARA ALUMNOS DE 2º NIVEL DO 3º CICLO DE EP. Para o alumnado de E.P., a miúdo, é desestabilizante pensar que teñen que enfrontarse a un cambio de etapa educativa que vai supoñer deixar o colexio no que estiveron durante moitos anos, co conseguinte cambio de mestres, compañeiros, espacios... Para tratar de evitar este desacougo, plantéxanse unha XUSTIFICACIÓN serie de actividades que lle permita aos alumnos coñecer o que van a atopar, e así, eliminar ese posible temor ao descoñecido.

18


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

OBXECTIVOS

CONTIDOS

ACTIVIDADES

TEMPORALIZACIÓN

Facilitar o tránsito do alumnado de 6º de EP á nova etapa de ESO que van iniciar no seguinte curso académico. Coñecer información sobre a formación académica e profesional. Información académica Información profesional Procedemento de toma de decisións. Pasos ou fases para a toma de decisións. Dirixidas aos Alumnos: 1ª Sesión: torbellino de ideas. Os alumnos/as exporán a súas dúbidas sobre a nova etapa. 2ª Sesión: Presentación en Power Point explicativa sobre as características da nova etapa. 3ª Sesión: Visita ao IES de Beade. Terceiro trimestre.

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS XUSTIFICACIÓN

No grupo de 2º EP, conflúen diversos alumnos/as que presentan problemas de conduta, así como problemas de atención.   

Facilitar o cumprimento de regras básicas de comportamento. Mellorar o autocontrol da conduta impulsiva na aula. Axustar a autoavaliación do comportamento e da execución do alumno ás normas de clase. Axudar ao neno a que se coñeza mellor e mellorar a valoración do alumno por parte dos demais. Mellorar a súa autoestima persoal

    

Respectar as quendas nas conversas establecidas na aula. Mellorar as estratexias de aprendizaxe a través das autoinstruccións. Substituír o estilo impulsivo por outro máis reflexivo e eficaz. Lograr que aumenten as súas habilidades de atención voluntaria. Aumentar a duración dos períodos de atención.

    

As normas de clase. O autocontrol. A autoestima. Estratexias de aprendizaxe. A atención.

  

ESTABLECEMENTO DE NORMAS DE CLASE E CONSECUENCIAS. XOGO "ESTAR DACORDO" . HISTORIA DUNHA TARTARUGA.

 OBXECTIVOS

CONTIDOS

ACTIVIDADES

19


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

       TEMPORALIZACIÓN

A CAIXA DOS PRIVILEXIOS. "O PROTAGONISTA DA SEMANA". RELAXACIÓN CORPORAL. BAÚL MÁXICO. "TARXETA O MEU COLEXIO-A MIÑA CASA". AS CINCO REGRAS. PROGRAMA ENFÓCATE.

Todo o curso

PROGRAMA DE PREVENCIÓN E ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN EDUCACIÓN INFANTIL Este programa lévase ao cabo nos tres cursos de E.I. coa intención de estimular a linguaxe oral e previr e detectar posibles alteracións lingüísticas. Deste xeito pretendemos impedir o desenvolvemento de condutas lingüístas problemáticas e facilitar a non aparición de posibles alteracións, así como estimular o XUSTIFICACIÓN desenvolvemento da linguaxe e das capacidades cognitivas e contribuir ao desenvolvemento das capacidades necesarias para a lectura e escritura.

- Estimular o desenvolvemento comunicativo, favorecendo o desenvolvemento

OBXECTIVOS

CONTIDOS

dos procesos de comprensión e produción lingüística. - Previr posibles alteracións da comunicación, linguaxe e fala o máis temperá posible, mediante a potenciación dos mecanismos básicos da linguaxe. - Identificar as necesidades educativas derivadas de problemas da linguaxe, fala e comunicación de forma temperá para incidir sobre elas e derivalas se é necesario.  Os órganos bucofonatorios.  A respiración: momentos e tipos.  O sopro: forza e duración.  A relaxación.  Puntos de articulación dos fonemas.  Modos de articulación dos fonemas.  Grafías ou letras.  Compoñentes básicos do texto oral: fonemas, sílabas e palabras.  A oración como unidade de mensaxe.  Elementos prosódicos da linguaxe: ton, pausas e ritmo.  A expresión oral.  Conceptos básicos de tempo e espazo.

 Corporais e expresivas: Relaxación; seguir ritmos; realizar ordes motoras ACTIVIDADES

ou xestuáis; obras de teatro, representacións e dramatizacións; cancións.  Audición e voz: Discriminación auditiva (localización auditiva, memoria secuencial auditiva, discriminar sons cotiás); respiración, sopro e praxias (a través de contos); voz (imitar voces, dramatizar contos, transmitir emocións, utilizar a 20


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

interrogación e exclamación, expresarse con distintas intensidades e ritmos)  Articulación: cancións, trabalinguas, rimas, palabras inventadas, palabras cun determinado fonema.  Conciencia fonolóxica: Traballarase a conciencia lexica, silábica e fónica para desenvolver a competencia lectoescritora. Os grafemas relacionaranse cos fonemas que se van traballando. Utilizaranse os nomes dos nenos/as e palabras significativas para eles.  Desenvolvemento sintáctico e morfosintáctico: O léxico traballarase mediante adiviñas, descricións, denominacións por campos semánticos, xogos de vocabulario. a morfosintaxe, alongando o discurso mediante preguntas, imitación de frases seguindo o modelo, formar frases e historias entre todos.  Desenvolvemento pragmático: plantexaranse situacións onde teñan que facer peticións, eleccións, responder a preguntas, compartir información e contar experiencias.  Desenvolvemento da capacidade de estruturación: Identificación de obxectos e persoas, seguemento de ordes, ordeación de secuencias e feitos, comprensión de contos ou historias.  Desenvolvemento cognitivo: Resolución de conflitos formulados, búsqueda de solucións a problemas propostos, atopar absurdos en imaxes ou historias, relacionar imaxes ou conceptos, realizar clasificacións e seriacións.  Desenvolvemento creativo e da imaxinación: Inventar contos entre todos, distintos finais, mesturar dous contos; propoñer ideas, títulos para un conto, nomes de personaxes; buscar respostas a preguntas hipotéticas. TEMPORALIZACIÓN

Ao longo de todo o curso.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE Este programa lévase a cabo no último curso de EI ca intención de estimular os procesamentos cognitivos e previr e detectar posibles alteracións cognitivas. Deste xeito pretendemos potenciar o desenvolvemento de condutas de alta estima en relación ás capacidades cognitivas de cada crianza e facilitar a non aparición de XUSTIFICACIÓN posibles alteracións e bloqueos emocionais e conductas enmascaradoras de defensa (non podo, non sei, son burro, frustración, negativismo…) e contribuir ó desenvolvemento das capacidades necesarias para a aprendizaxe significativa.

- Estimulación dos procesos cognitivos relacionados cos procesos de lecto-

OBXECTIVOS

escritura. - Proporcionar un camiño directo ó desenrolo cognitivo da crianza. - Axudar a aquelas crianzas que aínda non adquiriron a lectura a desenrolar aqueles procesos cognitivos básicos que lles permitirá acadar con máis garantías de éxito este aprendizaxe - Reforzar a aquelas crianzas que presenten un retardo ou algunha problemática no seu proceso de aprendizaxe. 21


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

CONTIDOS

      

Inhibición Auto-regulación. Atención selectiva e a secuencias. Planificación. Estimulación procesamento simultáneo. Estimulación procesamento secuencial. Nomear con rapidez.

Discriminación visual.

Regulación conducta.

Articulación.

Discriminación auditiva.

Conciencia fonológica.

Memora de traballo.

Automatismo.

 Puño e palabra: Seguir ritmos; realizar ordes motoras ou xestuáis; marcasr ACTIVIDADES

TEMPORALIZACIÓN

palabras longas e curtas,  Palmeo e escoito: Discriminación auditiva

 Historias divertidas:  Xogos de nomes:  Formas, colores e letras: Ó longo de todo o curso.

Mecanismos de coordinación e colaboración internos, así como con outras etapas educativas e cos centros adscritos. a. Reunións do D.O. O membros do Departamento de Orientación teremos unha reunión semanal onde se tratarán aspectos relacionados coa atención a diversidade, demandas de intervención, seguemento de alumnos/as, etc. b. Coordinación cos centros adscrittos O CEIP Sárdoma-Moledo está

adscrito ó IES de Beade. Consideramos importante a

coodinación co centro no que o noso alumnado vai continuar a súa escolaridade para ter unha continuidade nas nosas actuacións. 22


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Así lévamos a cabo unha reunión mensual co equipo de orientación do IES de Beade, así como cos Xefes do DO doutros centros adscritos. Nestas reunión se propoñen actuacións e programas conxuntos. Procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan. O Plano anual de atención a diversidade someterase a un proceso de avaliación formativa e continua, mediante as reunións de Departamento. Este plan será revisábel e modificábel durante o seu desenvolvemento. Todas estas posíbeis modificacións así como as incidencias no seu desenvolvemento se recollerán na memoria final, na que se incluirán as propostas de mellora que se consideren oportunas. Esta memoria debe entenderse como unha síntese reflexiva dos logros acadados, as dificultades atopadas, e sobre todo, propostas e modificacións que servirán de punto de partida para a elaboración do plan do curso seguinte. 6. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA. 

EQUIPO DIRECTIVO Directora: Isabel Sánchez Vázquez. Xefa de estudios: Diana González García Secretaria: Vanessa Paradelo Quevedo.

CONSELLO ESCOLAR PRESIDENTA: Isabel Sánchez Vázquez. XEFA DE ESTUDIOS: Diana González García. REPRESENTANTES DO PROFESORADO: Tamar Adán García. Uxío García Yáñez. Margarita Fernández Domonte. Rafael Márquez Caneda Guillermina Campo Enríquez

23


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

REPRESENTANTES DOS PAIS DE ALUMNOS: Carlos Rodríguez Lago. María Elena Calviño Vázquez Ana Mª Casal Piñeiro. Jose Antonio Meijueiro Rey. Jose Manuel Segade Díaz REPRESENTANTE DO PERSOAL DE SERVICIOS: Jesús Lago Dávila. REPRESENTANTE DO CONCELLO Felipe Codesido Rodríguez SECRETARIA: Vanessa Paradelo Quevedo. 

CLAUSTRO DE PROFESORES: Isabel Sánchez Vázquez. Noelia Vilariño González. Diana González García. Rosa Lago Núñez. Patricia Villaverde Maklán. Mª del Pilar Vila Nieto. Mª Carmen González Sobrado. Margarita Fernández Domonte. Guillermina Campo Enríquez. Vanessa Paradelo Quevedo. María José Oliveira Antón. Uxío García Yáñez. Rafael Márquez Caneda. Tamar Adán García. Lorena Conde Vázquez. 

PROFESORES DO CENTRO, PERO NON DO CLAUSTRO Mª Ángeles Miguel González (profesora de Relixión de 6º Ed.Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria). 24


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Ana Rúa Rodríguez (profesora de Relixión de 4º e 5º de Ed.Infantil e 4º, 5º y 6º de Ed. Primaria). Silvia Caride López (Xefa do Departamento de Orientación). ADSCRICIÓN DO PROFESORADO: Para a adscrición do profesorado no curso 2013-2014 ás distintas titorias, tanto en E. Infantil como en E. Primaria, o criterio establecido foi o de continuidade no ciclo. Nos casos en que rematan ciclo o criterio foi o de antigüidade no centro. En Primaria cada titor imparte todas as áreas dentro dun contexto globalizador, menos as áreas de Inglés, Educación Musical, Educación Física e Relixión das que se encargan os especialistas correspondentes. Este curso contamos con dúas profesoras de relixión compartidas con outros centros. Os “apoios” ao alumnado con necesidades educativas especiais lévanse a término polas profesoras especialistas de Educación Especial segundo a planificación contemplada no Departamento de Orientación. Asemade existen grupos flexíbeis de reforzo para aquel alumnado que o necesita. Este curso a Orientadora é compartida con centro CEIP Mestres Goldar, esta especialista acude ao noso centro dous días á semana. A adscrición das titorías queda establecida da seguinte forma: ETAPA

Educación Infantil

Educación Primaria

GRUPO 4º EI

TITOR/A Dª Noelia Vilariño González

5º EI

Dª Diana González García

6º EI

Dª Rosa Lago Núñez

Dª Mª del Pilar Vila Nieto

2º 3º

Dª Mª Carmen González Sobrado

4º 5º

Dª Margarita Fernández Domonte Dª Guillermina Campo Enríquez Dª Vanessa Paradelo Quevedo

Dª Mª José Oliveira Antón

□ RESPONSABLE DO PROXECTO DE ANTICIPACIÓN DA PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA E AULAS BILINGÜES (3º CICLO): Rafael Márquez Caneda

25


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

□ ESPECIALIDADES: EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE

D. Uxío García Yáñez

EDUCACIÓN MUSICAL

Dª Tamar Adán García

LINGUA EXTRANXEIRA (inglés) E A.B.

D. Rafael Márquez Caneda

PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Dª Isabel Sánchez Vázquez

AUDICIÓN E LINGUAXE e PT.

Dª Lorena Conde Vázquez

Auxiliar de Conversación: Edel Buggy. Profesora Programa Leonardo (música, plástica inglés): Froso Chosickou. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE ▫ COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA: MEMBROS Dª Isabel Sánchez Vázquez Dª Diana González García Dª Patricia Villaverde Maklán Dª Mª del Pilar Vila Nieto Dª Margarita Fernández Domonte Dª Mª José Oliveira Antón Dª Tamar Adán García Dª Lorena Conde Vázquez Dª Silvia Caride López

PRESIDENTA Dª Isabel Sánchez Vázquez

▫ EQUIPOS DE CICLO: EDUCACIÓN INFANTIL: MEMBROS

COORDINADORA

Dª Noelia Vilariño González Dª Diana González García Dª Rosa Lago Núñez Dª Patricia Villaverde Maklán

Dª Patricia Villaverde Maklán

26


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

PRIMEIRO CICLO DE ED. PRIMARIA: MEMBROS

COORDINADORA

Dª Mª del Pilar Vila Nieto Dª Mª Carmen González Sobrado Dª Lorena Conde Vázquez

Dª Mª del Pilar Vila Nieto

SEGUNDO CICLO DE ED. PRIMARIA: MEMBROS

COORDINADORA

Dª Margarita Fernández Domonte Dª Guillermina Campo Enríquez D. Uxío García Yáñez Dª Isabel Sánchez Vázquez

Dª Margarita Fernández Domonte

TERCEIRO CICLO DE ED. PRIMARIA: MEMBROS

COORDINADORA

Dª Vanessa Paradelo Quevedo Dª Mª José Oliveira Antón D. Rafael Márquez Caneda Dª Tamar Adán García

Dª Mª José Oliveira Antón

▫ EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA MEMBROS

COORDINADORA

Dª Tamar Adán García Dª Noelia Vilariño González Dª Rosa Lago Núñez Mª Carmen González Sobrado Dª Guillermina Campo Enríquez Dª Vanessa Paradelo Quevedo D. Rafael Márquez Caneda D. Uxío García Yáñez

Dª Tamar Adán García

27


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

▫EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES: MEMBROS

COORDINADOR

Dª Isabel Sánchez Vázquez Dª Diana González García Dª Patricia Villaverde Maklán Dª Mª del Pilar Vila Nieto Dª Margarita Fernández Domonte Dª Mª José Oliveira Antón

Dª Isabel Sánchez Vázquez

▫ EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA MEMBROS

COORDINADOR

Todo o Claustro de Profesores

D. Rafael Márquez Caneda

7. PLANO DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS DE COORDINACIÓN COLEXIADOS ○ CLAUSTRO DE PROFESORES: Planificará, coordinará e decidirá sobre os aspectos docentes. Celebrará, alomenos, unha reunión trimestral e sempre que as necesidades do centro así o demanden. As reunións do Claustro de Profesores serán os martes pola tarde. ○ CONSELLO ESCOLAR: Como órgano de participación dos distintos sectores da comunidade escolar reunirase sempre que o centro así o precise e, alomenos, unha vez ao inicio e outra ao remate do curso. A celebración dos Consellos Escolares será no día e hora que facilite a asistencia de todos os membros, segundo o establece a normativa legal vixente. 8. PLANO DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO. Adicarase á atención das súas respectivas funcións traballando de forma coordinada, dinamizando todas as actividades a desenvolver no centro no curso 2013-2014. Reunirase unha vez á semana (4ª sesión dos venres) para preparar o traballo a desenvolver na semana seguinte. ▫ HORARIO DE ADICACIÓN AOS CARGOS DO EQUIPO DIRECTIVO: DIRECTORA:

De luns a venres de 9:30h a 10:20h e de 13:40h a 14:30h. 28


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

XEFA DE ESTUDOS: Luns de 10:20 a 11:10h e de martes a venres de 12:30 a 13:40 h. SECRETARIA:

De luns a venres de 13:40 a 14:30h.

9. PLANO DE ACTUACIÓN DE CADA CICLO. MECANISMOS DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

SECCIÓNS

BILINGÜES

E

SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL OBXECTIVOS Os obxectivos que se pretenden acadar no ciclo de Educación Infantil son: 1. Formarse unha auto-imaxe axustada e positiva, identificando gradualmente as propias características, posibilidades e limitacións. 2. Coñecer e representar o propio corpo, descubrindo as posibilidades de acción e de expresión, e coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos. 3. Identificar os propios sentimentos, emocións, necesidades e preferencias, e ser capaces de expresalos e comunicalos, así como identificar e respectar tamén os das outras persoas. 4. Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a propia acción para realizar tarefas sinxelas ou resolver problemas da vida cotiá, e sendo quen de solicitar axuda. 5. Progresar nos hábitos e actitudes relacionados coa seguridade, a hixiene, a alimentación e fortalecemento da saúde. 6. Amosar unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais: idade, sexo, etnia, cultura, personalidade, características físicas... 7. Descubrir, coñecer e vivir o xogo como medio que favorece a aceptación propia, a manifestación de emocións, a aceptación de regras e a aceptación da identidade sexual e cultural. 8. Desenvolver actitudes de coidado, respecto e corresponsabilidades na conservación do contorno. 9. Iniciarse na formulación de hipótesis, buscando respostas e explicacións, para anticipar probables efectos que poderían producirse como consecuencias de situacións da vida diaria ou experimentos realizados. 10. Apreciar e facer seus algúns elementos significativos propios da tradición e cultura galega: expresións artísticas, costumes, folclore, os xogos populares, etc. 11. Empregar o coñecemento matemático para interpretar a vida en clave de lóxica, establecendo relacións, ordeando, comparando, cuantificando, medindo...

29


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

12. Utilizar as diferentes linguaxes como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de gozo. 13. Recoñecer a importancia das manifestacións no verbais como elementos xenuinos da comunicación humana. 14. Valorar a linguaxe como ferramenta de relación cos demais, de regulación da convivencia e de aprendizaxe. 15. Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas para imaxinar, inventar, transformar, desde as súas ideas, experiencias, sentimentos... 16. Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes, comunicándose creativamente a través das diferentes, e adquirindo sensibilidade estética. 17. Desenvolver o sentir de autoconfianza nas producións artísticas persoais, respectando e valorando as creacións propias e as das demais persoas. 18. Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TICs como ferramentas de búsqueda de información, creación, expresión e comunicación. CONTIDOS DA EDUCACIÓN EN VALORES Os de carácter transversal que se tratarán son: a) Educación para a saúde. b) Educación ambiental. c)

Educación non sexista.

d) Educación do consumidor. e) Educación para a paz. f)

Educación vial.

METODOLOXÍA A metodoloxía que se emprega na Educación Infantil é a seguinte: 1. Potenciar a aprendizaxe significativa, iniciando cada unha das UD con actividades de motivación e ideas previas. 2.

Partir dos coñecementos previos do alumnado, e telos moi en conta á hora de formular

obxectivos, contidos ou deseñar actividades. Para iso se considera que a actitude será a de escoita e observación, detectar necesidades e intereses do alumnado, así como coordinarse con outros docentes e entrevistar as familias. 3.

Traballar da forma máis globlizada posible: Partindo en cada unha das unidades de

capacidades cognitivas, motrices e socio-afectivas. 30


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

4. Favorecer a aprendizaxe activa, potenciando a súa autonomia, dándolles a coñecer os diferentes espazos do colexio e dispoñendo os materiais ó seu alcance. 5. Crear un clima de seguridade e confianza, coidando que o material empregado estea homologado, dándolles a coñecer as posibles fontes de perigo, dentro e fóra da aula, ter ritmos claros e estruturados, delimitar os espazos na aula por recunchos e que coñezan o seu uso e forma de traballar neles, coidando a convivencia da aula e traballando a educación emocional, mantendo con cada un dos nenos/as unha relación de gran calidade e fomentando as relacións grupais. 6. Potenciar a aprendizaxe lúdica, creando recunchos e segmentos de lecer, onde traballaremos diversas actividades, xogos, cancións, adiviñas, xogos colectivos ou de libre elección, así como saídas especiais como as que teremos o longo do curso escolar. 7. Potenciar a aprendizaxe individualizada e socializada, organizando as actividades de forma: individual, cando se traballan as fichas, en pequeno grupo (2/3 nenos como máximo), cando se traballa por recunchos ou obradoiros, e en gran grupo cando se traballan as cancións, danzas ou murais; interrelacionándose con cada un dos nenos/as, e permitindo que se interrelacionen entre eles. 8. Favorecer a colaboración coas familias, establecendo desde un principio as canles de intercambio de información que será continua e fluída. REFORZO EDUCATIVO Realízase na propia aula pola titora correspondente e a profesora de apoio a infantil, pero consideramos que aqueles nenos con dificultades máis severas conten coa posibilidade de asistir á clase da profesora especialista en Pedagoxía Terapéutica sempre en colaboración co Departamento de Orientación e co Equipo Psicopedagóxico. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Faremos todas as saídas culturais que xurdan ao longo do curso. No colexio teremos actividades de animación á lectura como motivo do lema do ano “De boa tinta” Visitas de familias dos nenos/as para contarnos lendas, contos da época dos avós o de papás procedentes de outras culturas Prácticas de Educación Viaria no circuito de educación viaria do colexio. Celebracións coma O Samaín, O Magosto, O Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Semana da Prensa, día das Letras Galegas e festival de Fin de curso.

31


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA OBXECTIVOS - Incidir na necesidade de manter a atención necesaria para o desenvolvemento das actividades escolares. - Considerar obxectivo prioritario a adquisición das técnicas de lectoescritura e cálculo. - Insistir na importancia da colaboración familiar. - Sensibilizar ao alumnado da importancia da mellora e conservación do contorno inmediato: aula, patio, corredores… - Desenvolver hábitos de cortesía no trato cos seus compañeiros/as e demais membros da Comunidade Educativa. - Introducir ao alumnado no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación. - Favorecer a integración e a atención á diversidade de todo o alumnado na procura de desenvolver neles os valores axeitados de convivencia e humanidade. - Facer as Programacións de ciclo e aula adaptadas ao desenvolvemento das oito competencias básicas. - Facer respectar as Normas de Convivencia. - Potenciar o hábito lector. - Fomentar hábitos de orde e limpeza no traballo escolar. - Realizar reunións interciclos (co 2º ciclo de primaria e con E.I.) para que exista continuidade tanto no desenvolvemento de aprendizaxes como no proceso de ensinanza-aprendizaxe. - Estreitar os lazos de colaboración familia-colexio a través de reunións trimestrais coas familias. - Planificar unha posta en práctica de pautas de relaxación, en todas as clases para o vindeiro curso, a máis de recibir no colexio a lo menos unha actividade deste tipo por trimestre. CONTIDOS DA EDUCACIÓN EN VALORES      

Trataranse os seguintes: Educación para a Saúde Educación para o Medio Ambiente Educación Viaria Educación para a Paz Educación para a Convivencia. Educación para a igualdade de oportunidades entre sexos.

METODOLOXÍA A metodoloxía a empregar será GLOBALIZADA neste primeiro ciclo de EP. Buscarase 32


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

que o proceso de aprendizaxe sexa significativo, abarcando dende a globalización á interdisciplinariedade. Construirán o coñecemento da realidade partindo das súas propias vivencias e da súa percepción do mundo dende a subxectividade mais absoluta ata un coñecemento mais universal, contrastado e obxectivo. Será un proceso gradual e analítico, no que o global vaise segmentando progresivamente sen perder de vista a perspectiva integradora e globalizada ACTIVA: Integrando aos alumnos na dinámica xeral da aula e na adquisición e configuración das aprendizaxes, así o alumno será protagonista do seu propio aprendizaxe, experimentando por si mesmo. MOTIVADORA: proporcionaremos situacións de aprendizaxe que teñan sentido para os alumnos, partindo dos seus intereses, demandas, necesidades e expectativas. INDIVIDUALIZADA E FLEXIBLE: adaptándose a cada alumno segundo as súas necesidades. SOCIALIZANTE: Fomentaremos o traballo en equipo empregando técnicas de traballo cooperativo a aprendizaxe é un proceso interactivo no cal cómpre a participación activa e dinámica dos nenos/as. PROGRESIVA: Facendo unha programación de ciclo de xeito que serva para reforzar o aprendido nos cursos anteriores e abrir o coñecemento cara a novos temas. Empregaremos nas nosas clases unha linguaxe sinxela, clara e estruturada graduando as actividades das mais sinxelas ás que requiren un maior grao de habilidade e autonomía e poremos especial énfase en reflexionar sobre os contidos obxecto de estudo facendo unha revisión final. REFORZO EDUCATIVO Dirixido a todos os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE), tales como: dificultades para a aprendizaxe (atención, adaptación, seguimento da clase,…). Alumnos con TDH, alumnos estranxeiros con descoñecemento da lingua, etc. Levarase a cabo conxuntamente dentro e fóra da propia aula coa axuda dun profesor de apoio e pola mesma titora dedicando a eses nenos maior tempo de atención individualizada e na aula de Pedagoxía Terapéutica así como na de Audición e Linguaxe.

33


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Propóñense como actividades complementarias e extraescolares: visitas culturais, viaxes de pouca duración, conmemoracións... Actividades para animar acara unha alimentación saudable, de animación á lectura e teatro en inglés (feito por actores ingleses) no colexio. CRITERIOS DE AVALIACIÓN para a promoción do ciclo: Ao remate do Ciclo o alumno terá unha lectura comprensiva con velocidade entoación e ritmo axeitado ao seu nivel. Na escritura terá unha caligrafía clara con dominio da ortografía natural, discriminando todos os grupos consonánticos, e separando as palabras. Coñecerá a numeración ata o 999 e o seu valor posicional. Dominará a técnica e concepto da suma e a resta e iniciarase na da multiplicación. Saberá resolver pequenos problemas de sumas e restas, extraendo os datos, facendo as operacións e escribindo as solucións. No referente ao Coñecemento do Medio adquirirá un desenvolvemento evolutivo do seu esquema corporal e do medio que lle rodea, así como o coñecemento da unidade familiar. PLANO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAMBE A aula está dotada dunha biblioteca composta de libros de lectura que pertencen ao Centro, e mais á aportación de libros dos propios alumnos que eles mesmos intercambian. Deste xeito foméntase o enriquecemento da lectura. A aula dispón ademais dun lote de 40 libros da biblioteca central do centro que se poderán cambiar coa frecuencia que se considere necesaria. Estes recursos bibliográficos han de ser variados, motivadores, atractivos e que garantan a satisfacción das necesidades de lectura no cole e na casa do noso alumnado. Participan tamén na biblioteca do centro os días que lles corresponden segundo a programación, así como no horario de actividades extraescolares aqueles que o desexen. SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA OBXECTIVOS -Elaborar as programacións de aula adaptadas ao desenvolvemento das competencias básicas. -Incidir na necesidade de manter a atención necesaria para o desenvolvemento das actividades escolares. 34


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

-Crear e potenciar a capacidade de comprensión oral e escrita, así como a fluidez expresiva. - Potenciar o hábito lector. -Fomenta-la expresión libre e espontánea e autonomía dos alumnos. -Saber escoitar e respectar aos demais e adquirir hábitos de traballo en equipo. -Fomentar actitudes de crítica e autocrítica. -Desenvolver hábitos de cortesía no trato cos seus compañeiros/as e demais membros da Comunidade Educativa. - Facer respetar as Normas de Convivencia. - Fomentar hábitos de orde e limpeza no traballo escolar. CONTIDOS DE CARÁCTER TRANSVERSAL       

Traballamos os seguintes: Educación viaria Educación para o coidado do medio ambiente Educación para o consumo Educación para o lecer Educación moral e cívica Educación para a paz Educación sexual e para a saúde

METODOLOXÍA Empregando a coordinación interciclos para traballar os puntos máis importantes seguindo os mesmos criterios. GLOBALIZADA: Construirán o coñecemento da realidade partindo das súas propias vivencias e da súa percepción do mundo dende a subxetividade ata un coñecemento mais universal. Será un proceso gradual e analítico, no que o global vaise segmentando progresivamente sen perder de vista a perspectiva integradora e globalizada ACTIVA: Integrando aos alumnos na dinámica xeral da aula e na adquisición e configuración das aprendizaxes, así o alumno será protagonista do seu propio aprendizaxe. MOTIVADORA: partindo dos seus intereses, demandas, necesidades e expectativas. INDIVIDUALIZADA E FLEXIBLE: adáptandose a cada alumno segundo as suas necesidades. SOCIALIZANTE: Fomentaremos o traballo en equipo empregando técnicas de traballo cooperativo. 35


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

PROGRESIVA: Facendo unha programación de ciclo de xeito que serva para reforzar o aprendido nos cursos anteriores e abrir o coñecemento cara a novos temas. Empregaremos nas nosas clases unha linguaxe sinxela, clara e estructurada graduando as actividades das mais sinxelas ás que requiren un maior grao de habilidade e autonomía e REFORZO EDUCATIVO Dirixido aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE). Alumnos con TDAH, alumnos extranxeiros con descoñecemento da lingua, etc. Levarase a cabo dentro e fora da propia aula coa axuda dun profesor de apoio e polas especialistas de PT e AL nas súas aulas respectivas. Este ano poremos en práctica obradoiros para a mellora de lectura, escritura e cálculo, adicándolle duas horas semanais, unha para lingua e outra para matemáticas. Serán levados a cabo polas profesoras titoras e outro profesor/a con disponibilidade horaria. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES:    

 

Faremos todas as saídas e actividades culturais que xurdan ao longo do curso. No colexio teremos actividades de animación á lectura (“Contarte”). Actividades de animación á reciclaxe (Concello) Plan PROXECTA, animación ao consumo de froita fresca. Plan de innovación eductiva. Talleres pola igualdade de oportunidades de ambos sexos (“Camiña con nós pola igualdade”). Prácticas de Educación Viaria no circuito de educación viaria do colexio e, Celebracións coma O Samaín, O Magosto, O Nadal, Día da Paz, Entroido, Día do Libro, Semana da Prensa, día dasLetras galegas e festival de Fin de curso.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN para a promoción do ciclo: -

Valorando a consecución dos obxectivos nas reunión de avaliación. Realizando unha avaliación continua dos traballos dos alumnos (na aula, na casa, presentación de traballos, controis, comportamento, etc.). Ao remate do ciclo os alumnos terán unha lecto-escritura comprensiva e coa velocidade axeitada ao seu nivel. Adquirir os conceptos gramaticais básicos (nome, adxectivo, verbo, etc.) A ortografía correcta e clara. Dominar a numeración e ter fixados os conceptos e a técnica das operación básicas. Controlar as medidas, figuras e gráficas sinxelas. Ter un razoamento matemático básico. 36


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

-

Ter adquirido o seu esquema corporal e do medio que o rodea. Asimilar o paso do tempo e a noción de historia (épocas históricas). E en xeral avaliar se o alumno ten as competencias de aplicar os coñecementos adquiridos as situación reais que se lle presenten.

PLANO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAMBE A aula está dotada dunha biblioteca composta de libros de lectura que pertencen ao Centro. Dispón ademais dun lote de 30 contos, que tamen pertenecen ao Centro, para que todos os venres cada alumno leve un conto diferente na súa “Bolsa Viaxeira” para ler durante a fin de semana e voltar á aula o luns. Así mesmo levarán na BV a “Brolibreta”, unha libreta exclusiva para traballos de creación literaria e razoamento matemático. Teremos tamén unha “Mochila Viaxeira” por aula que conterá un libro, un caderno, un DVD cunha película e outro con música, todo en galego (NL), para que cada fin de semana un alumno o leve e o comparta e disfrute coa súa familia durante toda a semana. O seguinte fin de semana levarao outro alumno e así sucesivamente. Participan tamén na biblioteca do centro os días que lles corresponden segundo a programación, así como no horario de recreo aqueles que o desexen. O lema deste ano é ” DE BOA TINTA” TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA OBXECTIVOS Tendo en conta as propostas de mellora establecidas na memoria final do curso pasado, para este ano 2013-2014, dende o terceiro ciclo plantexamos os seguintes obxectivos: a) Revisar as programacións de ciclo e aula adaptadas ao desenvolvemento das oito competencias básicas. b) Aumentar as actividades que incidan nas técnicas instrumentais básicas, utilizando múltiples soportes e materiais. c) Potenciar o hábito lector e mellorar a comprensión e a expresión, tanto oral como escrita. Ademais incidiremos na entoación, na velocidade, presentación, adecuación léxica, corrección sintáctica e ortográfica e a exposición de ideas con orde e claridade nos escritos propios. d) Dominar as operación básicas e a súa aplicación na resolución de problemas. Desenvolver habilidades e estratexias para a resolución de problemas e a execución rápida do cálculo mental. 37


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

e) Manifestar unha actitude favorable cara ao traballo reflexivo e ben feito en todas as áreas curriculares. Favorecer a participación activa na súa aprendizaxe. f) Traballar na adquisición de hábitos e técnicas de estudo que lles proporcionen autonomía valorando o seu esforzo como elemento básico na consolidación das aprendizaxes. g) Potenciar o desenvolvemento de habilidades cognitivas e estratexias de aprendizaxe facéndoos competentes no aproveitamento das novas tecnoloxías. h) Facer respectar as Normas de Convivencia acordes ao Regulamento de Réxime Interno do centro. i) Seguir a fomentar a socialización, cooperación, autonomía, creatividade, espírito crítico, tolerancia, etc, para desenvolver un axeitado nivel de autoconfianza e autoestima. j) Potenciar un ambiente de estudio e respecto para lograr unha maior atención e concentración nas actividades de aula . k) Inculcar hábitos de saúde, consumo responsable e defensa do medio ambiente que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado e á mellora da súa calidade de vida. l) Realizar máis reunións interciclos (co 2º/ 1º ciclo de primaria) para que exista continuidade tanto no desenvolvemento de aprendizaxes como no proceso de ensinanza-aprendizaxe. m) Tentar implicar a todas as familias para potenciar o tándem familia- escola e potenciar así o rendemento daqueles/as alumnos/as que máis o necesitan. CONTIDOS DE CARÁCTER TRANSVERSAL Os contidos a tratar nas distintas materias gardan unha estreita relación coas seguintes áreas tranversais:       

Educación ambiental. Educación do consumidor. Educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos. Educación moral e cívica. Educación para a paz. Educación para a saúde e sexual. Educación viaria.

METODOLOXÍA Tentaremos fomentar unha metodoloxía activa na que o protagonista sexa o propio alumno/a. Unha metodoloxía participativa na que se involucre para unha mellor e máis significativa adquisición dos contidos. En relación á lectura e a escritura expoñemos o método a utilizar nas distintas unidades: 38


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

LECTURA  Presentación dun texto suxestivo e próximo ao mundo dos alumnos que servirá de base para o traballo posterior.  Antes de ler, explicación breve sobre cuestións relacionadas coa comprensión do texto.  A continuación, comentario, dirixido e sinxelo destinado a explotar a lectura.  Este a súa vez consta dos apartados de comprensión, análise e expresión.  Participación no programa PRENSA-ESCOLA de “La Voz de Galicia” e no proxecto das “Bolsas Viaxeiras”.  Realización de exposicións orais para favorecer a expresión neste plano. ESCRITURA  Recordo e afianzamento das normas básicas.  Coñecer e aplicar as principais regras da ortografía castelá e galega.  Manexo do dicionario cara a correcta escritura das palabras.  Incidir na correcta acentuación das palabras.  Plantexar na aula actividades diferentes: individuais ou de grupo, de tipo manipulativo máis reflexivo, de aplicación a situacións prácticas, orais, escritas, gráficas. MATEMÁTICAS En canto as matemáticas fomentaremos o traballo da numeración, o cálculo, o cálculo mental e a resolución de problemas achegados a súa vida cotiá. Na área de informática desenvolveranse actividades tendentes a afianzar e mellorar todos os contidos desta área. COÑECEMENTO DO MEDIO Tentarase que teñan referentes reais, materiais gráficos alusivos ao tema a estudar. Realizaremos experimentos para poder desenvolver unha aprendizaxe por descubrimento que favoreza a adquisición dos contidos. REFORZO EDUCATIVO Esta medida ordinaria vai dirixida a todo aquel alumnado que necesite unha axuda extra para a adquisición dos distintos contidos nas materias instrumentais. O reforzo educativo suporá que aqueles/as alumnos/as que o necesiten recibirán na aula con outro profesor, en pequenos agrupamentos (2 ou 3 alumnos/as), axuda naquelas materias nas que presentan dificultades. É necesario considerar que estas dificultades teñen causas varias e non teñen por qué ser persistentes, senón que poden ser transitorias. As necesidades temos que velas como un 39


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

continuo que vai dende as máis severas, asociadas a retraso mental e aqueloutras relacionadas con problemas de atención ou concentración. Este aspecto estará en continúa avaliación e poderá modificarse, suprimir e ampliar no momento que se considere necesario. O seguimento e supervisión será continuo entre o titor ou titora e o mestre ou mestra que realice a sesión de reforzo. Este ano poremos en práctica, dentro do proxecto de innovación educativa contratosprograma, uns obradoiros para a mellora da lectura, escritura, cálculo e resolución de problemas. A estes obradoiros adicarémoslle dúas sesións semanais, unha para cada unha das áreas, e serán levados a cabo polas profesoras titoras e outro profesor/a con dispoñibilidade horaria. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES: Propóñense como actividades complementarias e extraescolares: visitas culturais ó entorno, conmemoracións... Todas elas valorando as propostas que dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares se nos ofertan e que nas reunións de ciclo tratamos a súa idoneidade ou posibilidade. CRITERIOS DE AVALIACIÓN para a promoción do ciclo: Serán aqueles que propoña a comisión pedagóxica, tendo en conta a proposta do profesorado do ciclo. Ao finalizar o terceiro ciclo cómpre que o alumnado teña acadada a preparación necesaria para afrontar con éxito os cambios que lle supón a incorporación ao ensino secundario. Ao remate do Ciclo e etapa o alumno terá que acadar un dominio adecuado tanto da lectura coma da escritura, nos aspectos que a continuación se detallan: Con respecto á lectura:  Comprensión.  Velocidade e ritmo adecuado.  Entoación  Vocabulario adecuado a súa idade. En canto á escritura os aspectos prioritarios serán:  Velocidade.  Presentación.  Adecuación léxica.  Corrección sintáctica e ortográfica.  Exposición de ideas con orde e claridade nos escritos de elaboración propia.

40


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

En relación ás Matemáticas debe acadar un dominio da numeración adecuado, así como das operación básicas, deseñar e plantexar estratexias para a resolución de problemas e a execución rápida do cálculo mental. No referente ao Coñecemento do Medio debe adquirir hábitos de saúde, consumo responsable e defensa do medio ambiente que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado e á mellora da súa calidade de vida. En relación a avaliación do propio documento de programación para o terceiro ciclo, ao rematar cada curso académico, no ciclo porase en común e valorarase:  A consecución dos obxectivos previstos.  As actividades desenvolvidas para ver a súa adecuación ós obxectivos plantexados.  Os materiais, recursos e medidas tomadas ao longo do curso para valorar se hai que modificar algo.  Temporalización. PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES: PLÁSTICA EN INGLÉS. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO: Xa que a aprendizaxe de linguas estranxeiras constitúe un elemento esencial no proceso de construcción da identidade europea, este proxecto que xa está funcionando no colexio por cuarto curso enmárcase dentro do obxectivo para mellorar as competencias lingüísticas do primeiro idioma estranxeiro do noso alumnado especialmente as destrezas de expresión e comprensión orais en consonancia coas consideracións da Comisión Europea. O profesorado do CEIP Sárdoma - Moledo e en particular os mestres implicados no Proxecto e relacionados coa Área de Plástica en 5º e 6º cursos de educación primaria, consideran unha experiencia interesante a integración do Inglés como lingua vehicular doutra materia así como un novo enfoque educativo para reforzar e potenciar a diversidade lingüística e o plurilingüismo. A actividade na clase vai ser dinámica, interactiva e creativa xa que a área de plástica vainos dar a oportunidade de enriquecer, desenvolver a faceta máis creativa e o impulso de xerar expresión e a necesidade da comunicación lingüística e non lingüísitica. As situacións de comunicación oral serán dende o primeiro día, e na maior parte do tempo en inglés xa que as instruccións, explicacións, consignas, ordes, verbos de accións terán un proceso de máis sinxelas a máis complexas a medida que melloran o seu nivel de competencia lingüística. As exposicións máis complicadas ou temas do día faranse nos dous idiomas, galego e inglés. Sen esquecer que para mellorar a expresión e comunicación orais 41


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

iranse incorporando palabras clave ou estructuras que se van incorporando á rutina diaria de traballo. A programación é coherente cos obxectivos de ciclo, de área e os obxectivos lingüísticos dunha lingua estranxeira e coa PXA. OS NOSOS OBXECTIVOS  Apreciar a importancia de aprender linguas.  Despertar o interés polas obras de arte e apreciar o seu valor estético e como medio de expresión das emocións.  Desenvolver a iniciativa individual e o hábito de traballo en equipo tanto en inglés como en galego.  Desenvolver a creatividade e a iniciativa persoais.  Valorar o traballo en equipo e apreciar o resultado en colaboración cos demais.  Iniciarse na valoración e na produción estética das diferentes manifestacións artísticas tanto en inglés como en galego.  Despertar a imaxinación para reutilizar materiais de desfeita e do lixo e convertelos en obxetos lúdicos e creativos.  Recoñecer e interpretar o significado das cores: básicas e secundarias, cores frías e cores cálidas, complementarias…  Identificar e coñecer as manifestacións culturais e artísticas do entorno, así como as de outros pobos e épocas.  Coñecer a arte de Galicia e de artistas galegos máis representativos ou significativos.  Apreciar e disfrutar dunha das manifestacións artísticas máis universais: A Pintura.  Comprender e utilizar os elementos principais da linguaxe plástica para expresar e comunicar ideas, sentimentos e vivencias.  Aprender a usar diferentes técnicas artísticas básicas seleccionando as máis adecuadas e apropiadas.  Reciclar, reutilizar, reducir e…. transformar. AUXILIARES DE CONVERSA Este curso 2013-2014 o noso colexio a través do departamento de inglés vai contar coa colaboración dunha auxiliar de conversación procedente de Belfast, Irlanda do Norte, Edel Buggy, contratada a través da Sección de Linguas Estranxeiras da Xunta de Galicia. O seu contrato abarca 12 horas semanais dende o 1 de outubro de 2013 ata o 31 de maio de 2014 co obxectivo de complementar as actividades lectivas na Área de Inglés para mellorar a competencia lingüística da primeira lingua estranxeira no noso alumnado de primaria. 42


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Vaise aproveitar a súa colaboración mediante obradoiros de lectura en inglés, obradoiros de práctica e pronunciación, entrevistas, conversación, xogos, cancións, implicación en diferentes proxectos xurdidos a través da aula de plástica ou tamén o proxecto plurianual de educación viaria e outras actividades en clase e pequenos grupos e máis personalizados para desenvolver as destrezas de comprensión e expresión orais e o nivel de comunicación da lingua estranxeira e a interacción. Pensamos que vai ser un Proxecto ilusionante entre o alumnado e a nosa comunidade e que vai redundar en definitiva na mellora da calidade educativa. MECANISMOS DE AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DOS AUXILIARES DE CONVERSA: -

Rexistro e fichas de seguimento dos alumn@s atendendo a varios aspectos. Uso de mecanismos de autoavaliación en diferentes tipos de grupos. Valoración das estratexias para favorecer a participación e comunicación oral. Progreso nas habilidades de expresión e comprensións orais. Observación das habilidades básicas: speaking, reading listening e interacting. Prestar atención á diversidade do alumnado e a súa adpatación curricular. Apreciar valores humanos, culturais e de socialización nas dinámicas grupais. Observar o cumprimento dos obxectivos e das expectativas deseñadas. Autoavaliación e progreso na competencia lingüísticca do inglés.

10. XORNADA ESCOLAR , HORARIO DO CENTRO E ESTATÍSTICA. Comezamos este curso cun total de 157 alumnos/as distribuídos como segue: -1 unidade de 4º Curso Educación Infantil con 14 alumnos/as. -1 unidade de 5º Curso Educación Infantil con 12 alumnos/as. -1 unidade de 6º Curso Educación Infantil con 21 alumnos/as. -1 unidade de 1º nivel/ 1º ciclo de primaria con 18 alumnos/as. -1 unidade de 2º nivel/ 1º ciclo de primaria con 22 alumnos/as. -1 unidade de 1º nivel/ 2º ciclo de primaria con 14 alumnos/as. -1 unidade de 2º nivel/ 2º ciclo de primaria con 21 alumnos/as. -1 unidade de 1º nivel/ 3º ciclo de primaria con 21 alumnos/as. -1 unidade de 2º nivel/ 3º ciclo de primaria con 14 alumnos/as.

43


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Dos 157 alumnos totais do centro 47 corresponden a educación infantil e 110 de educación primaria. Alumnos transportados son 94 e 142 usan o comedor. A xornada diaria de atención ao alumnado será: - De 9,15 a 9,30 horas: Custodia do alumnado transportado polo profesorado. - De 9,30 a 14,30 horas: Xornada lectiva atendida polo profesorado do centro. - De 14,30 a 15,15 horas: Comedor escolar. - De 15,15 a 15,45 horas: Recreo vixiado por profesores e monitores contratados. -De 15,45 a 16,50 horas: Actividades extraescolares organizadas polo colexio, impartidas por monitores contratados e supervisadas polo profesorado do centro e un representante da ANPA. - De 16,50 a 17,00 horas: Custodia do alumnado polo profesorado ata a saída dos transportados e a recollida dos alumnos non transportados polos seus pais. Os martes de 16,30 a 19,00 horas todo o profesorado permanecerá no centro para atender aos pais e realizar reunións. Os horarios escolares son:

44


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

HORARIO ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL DÍA

H

4º de E.I.

5º de E.I.

6º de E.I

1 Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

2 Traballo Individual

Obradoiro

Traballo Individual

3 Traballo Individual

Traballo Individual

Obradoiro

Recreo

Recreo

4 Traballo Grupal

Taller AL

Traballo Grupal

5 Informática

Recunchos- Despedida

Taller AL

M A R T E S

1 Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

2 Ed. Física/Música

Música/Ed. Física

Inglés

3 Traballo Individual

Traballo Individual

Traballo Individual

Recreo

Recreo

4 Traballo Grupal

Obradoiro

Relixión/AE

5 Inglés

Recunchos- Despedida

Recunchos- Despedida

M É R C O R

1 Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

2 Traballo Individual

Traballo Individual

Traballo Individual

3 Relixión/AE

Traballo Individual

Traballo Individual

Recreo

Recreo

4 Taller AL

Obradoiro

Traballo Grupal

5 Recunchos- Despedida

Inglés

Informática

1 Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

Acollida- Asemblea

2 Ed. Física/Música

Música/Ed. Física

Traballo Individual

3 Traballo Individual

Traballo Individual

Traballo Individual

Recreo

Recreo

4 Traballo Grupal

Informática

Música

5 Recunchos- Despedida

Recunchos- Despedida

Recunchos/Despedida

1 Acollida- Asemblea

Acollida/Asemblea

Acollida/Asemblea

2 Traballo Individual

Traballo Individual

Traballo Individual

3 Obradoiro

Relixión/AE

Traballo Individual

Recreo

Recreo

4 Traballo Grupal

Obradoiro

Ed. Física

5 Recunchos- Despedida

Recunchos-Despedida

Recunchos- Despedida

L U N S

X O V E S

V E N R E S

Recreo

Recreo

Recreo

Recreo

Recreo

45


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

HORARIO ESCOLAR DE EDUCACIÓN PRIMARIA DÍA

LUNS

MARTES

H

1

Lingua G.

Matemáticas

Inglés

Matemáticas

Matemáticas

Lengua C.

2

Matemáticas

Lengua C.

Lengua C.

Inglés

Informática

Matemáticas

3

E. Física

Inglés

Matemáticas

Lingua G.

Lengua C.

Coñecemento

R

E

C

R

E

O

4

Lengua C.

Informática

Lingua G.

Coñecemento

Lingua G.

Inglés

5

Plástica

Lingua G,

Coñecemento

E. Física

Inglés

Cidadanía

1

Lingua G.

Relixión/AE

Matemáticas

Inglés

Lengua C.

E. Física

2

Matemáticas

Matemáticas

Lengua C.

Lengua C.

Matemáticas

Matemáticas

3

Música

E. Física

Relixión/AE

Matemáticas

Lingua G.

Coñecemento

R

E

C

R

E

O

4

Lengua C.

Plástica

Inglés

Lingua G.

Coñecemento

Lingua G.

5

Coñecemento

Coñecemento

Lingua G.

Coñecemento

E. Física

Música

1

Lingua G.

Matemáticas

Lengua C.

Música

Inglés

Lengua C.

2

Informática

Lengua C.

Lingua G.

Lengua C.

Matemáticas

Inglés

3

Matemáticas

Música

Informática

Lingua G.

Lengua C.

Plástica

R

E

C

R

E

O

4

Inglés

Lingua G.

Coñecemento

Informática

Coñecemento

Relixión/AE

5

Coñecemento

Coñecemento

E. Física

Relixión/AE

Música

Lingua G.

Matemáticas

E. Física

Lingua G.

Inglés

MERCO

XOVES

1

Matemáticas

Matemáticas

2

Lengua C.

Lingua G

Lengua C.

Matemáticas

Lengua C..

Matemáticas

3

E. Física

Inglés

Coñecemento

Lengua C.

Matemáticas

Lengua C.

R

E

C

R

E

O

4

Relixión/AE

Lengua C.

Inglésa

Lingua G.

Coñecemento

Coñecemento

5

Coñecemento

Relixión/AE

Música

Coñecemento

E. Física

Cidadanía

1

Coñecemento

Lengua C.

E. Física

Lengua C.

Relixión/AE

Matemáticas

2

Lengua C.

Matemáticas

Matemáticas

Inglés

Lingua G.

Informática

3

Inglés.

E. Física

Lingua G.

Matemáticas

Coñecemento

Lingua G.

R

E

C

R

E

O

VENRES 4

Lingua G.

Lingua G.

Coñecemento

Plástica

Inglés

Relixión/AE

5

Matemáticas

Coñecemento

Plástica

Relixión/AE

Plástica

E. Física

46


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS

Tanto nos recreos de infantil como de primaria están dous profesores cada día da semana, facendo unha parella fixa en cada un dos patios para todos os días. HORARIOS DE RECREOS EDUCACIÓN PRIMARIA LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

MARGOT

PILAR

VANESSA

UXÍO

ISABEL

GUILLER

Mª CARMEN

Mª JOSÉ

RAFA

LORENA

EDUCACIÓN INFANTIL LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

ROSI

ÁNGELES

DIANA

ÁNGELES

TAMAR

ORIENTADORA

NOELIA

ANA R.

PATRICIA

ANA R.

11. PROGRAMACIÓN GOBERNO.

E CALENDARIO

DE REUNIÓNS

DOS

ÓRGANOS

DE

O calendario dos distintos órganos que figuran a continuación, así como os asuntos a tratar, son orientativos, podendo modificarse ámbolos dous (datas e asuntos a tratar), segundo as iniciativas da comunidade educativa. ÓRGANOS DE GOBERNO: ◊ CONSELLO ESCOLAR: Para o presente curso 2013-14 faranse as seguintes xuntanzas:

47


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

MESES

ASUNTOS A TRATAR

OUTUBRO

     

Aprobación da Programación Xeral Anual. Renovación instalacións e equipamento do Centro. Calendario escolar. Protocolo comedor escolar. Elección de días non lectivos Avaliación diagnóstica.

XANEIRO

   

Balance económico e de autoxestión. Proxecto de orzamentos- Presuposto. Adhesión á autoxestión. Mantemento de instalacións. Reformas e propostas de mellora.

FEBREIRO

 Renovación da sesión única, se procede.

ABRIL

 Admisión de alumnado.  Resultados da Avaliación Diagnóstica.

XUÑO

   

Análise do rendemento escolar. Información da memoria anual. Situación económica. Plano de actividades para o próximo curso.

◊ CLAUSTRO DE PROFESORES: As xuntanzas deste órgano colexiado desenvolveranse segundo a seguinte programación: MESES SETEMBRO

ASUNTOS A TRATAR     

Adscrición de titoría. Calendario escolar anual. Elección de cargos, coordinacións, dinamizacións, etc.. Programación de actividades docentes. Propostas para a elaboración da Programación Xeral Anual.  Elección días non lectivos.  Plan Lector Anual. 48


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

OUTUBRO

 Lectura da Programación Xeral Anual.  Actividades PLAMBE  Avaliación diagnóstica

XANEIRO

   

FEBREIRO

 Sesión única, se procede.  Resultados Avaliación diagnóstica.

ABRIL

    

Análise do rendemento dos alumnos. Criterios de promoción. Criterios elección de libros de texto. Revisión instrumentos de avaliación. Valoración proxectos de innovación educativa.

XUÑO

     

Avaliación final dos alumnos. Avaliación da Programación Xeral. Memoria anual. Memoria PLAMBE Adscrición provisional e iniciativas para o próximo curso. Avaliación Interna do centro.

Análise dos resultados da 1ª avaliación. Balance económico. Análise dos criterios de avaliación. Valoración dos reforzos educativos.

12. PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DE REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE. As funcións de cada órgano desenvolveranse segundo o Decreto 374/1996, do 17 de outubro polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e de educación primaria e segundo a Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. › EQUIPOS DE CICLO: Estes equipos desenvolverán as funcións e exercerán as competencias que se fixan na normativa vixente, baixo a supervisión do Xefe de Estudios. 49


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

O calendario de xuntanzas será o seguinte: 1º REUNIÓN MENSUAL para tratar e unificar a metodoloxía e estratexias de traballo no ciclo. 2º REUNIÓN TRIMESTRAL, a primeira semana dos meses de outubro, xaneiro e abril para elaborar propostas e elevalas á Comisión Pedagóxica. 3º SETEMBRO: Durante este mes desenvolveranse reunións cos pais a nivel de grupo ou ciclo. En cada xuntanza levantarase acta dos temas tratados. A labor dos distintos ciclos desenvolverase segundo o programa: MESES

PARA TRATAR

SETEMBRO

 Programación de ciclo e aula.  Información xeral aos pais a nivel de grupo.  Actividades PLAMBE para o ciclo - 1º trimestre.

OUTUBRO

     

NOVEMBRO

 Programación e preparación do Nadal.  Programación de obradoiros.  Propostas Plan Proxecta.

DECEMBRO

 Preparación información da 1ª avaliación.  Actividades PLAMBE para o ciclo - 2º trimestre.  Programación obradoiros

XANEIRO

 Revisión da programación anual da aula.  Propostas para a Comisión Pedagóxica.  Programación e preparación do Día da Paz e Semama Da convivencia.

FEBREIRO

   

Propostas PXA. Propostas para actividades complementarias. Propostas de reforzos educativos. Programación e preparación do Magosto. Propostas para a Comisión Pedagóxica. Programación de obradoiros.

Programación e preparación do Entroido. Programación e preparación da Semana da Prensa. Análise dos resultados da Avaliación diagnóstica. Revisión de obradoiros. 50


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

MARZO

 Preparación da información da 2ª avaliación.  Actividades PLAMBE para o ciclo 3º trimestre.  Programación e preparación do Día do Libro .

ABRIL

   

MAIO

 Criterios elección libros de texto e materiais.  Programación e preparación de actividades para o día do Medio Ambiente.

XUÑO

   

Análise e valoración da 1ª e 2ª avaliación. Propostas para a comisión Pedagóxica. Revisión reforzos educativos. Programación e preparación do Día das Letras Galegas.

Preparación Festa Fin de Curso. 3ª avaliación. Promoción de ciclo do alumnado. Iniciativas para o vindeiro curso.

› DINAMIZACIÓNS: Co fin de lograr unha maior implicación e coordinación entre todo o profesorado nas liñas de actuación, pretendemos que todos os ciclos participen en todas as dinamizacións teñan unha posta en común a traverso das reunión de ciclo. As dinamizacións quedaron organizadas cos seguintes membros:  BIBLIOTECA:

Mª del Pilar Vila Nieto (responsable) Rosa Lago Núñez (Ed. Infantil) Diana González García (Ed. Infantil) Guillermina Campo Enríquez (2º ciclo) Vanessa Paradelo Quevedo (3º ciclo) Tamar Adán García (Esp. Música) Lorena Conde Vázquez (Esp. AL)

 TIC´s:

Noelia Vilariño González (responsable) Patricia Villaverde Maklán (Ed. Infantil) Mª Carmen González Sobrado (1º ciclo) Margarita Fernández Domonte (2º ciclo) Mª José Oliveira Antón (3º ciclo) 51


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Rafael Márquez Caneda (Esp. Inglés) Uxío García Yañez (Esp. E. Física) Isabel Sánchez Vázquez  CONVIVENCIA:

Lorena Conde Vázquez (responsable) Todo o Claustro de Profesores

 EDUCACIÓN VIARIA:

Rafael Márquez Caneda (responsable) Todo o claustro de profesores.

› COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA: Este órgano de coordinación terá as funcións e competencias contempladas na organización pedagóxica e será presidida polo Director do Centro. As xuntanzas que se levarán a cabo serán:

MESES

ASUNTOS A TRATAR

SETEMBRO

 Programación Xeral Anual: propostas.  Propoñer ao responsable do equipo de actividades complementarias e extraescolares.  Propoñer aos profesores que formarán o equipo de dinamización da lingua galega.

OUTUBRO

    

NOVEMBRO

 Recoller propostas dos ciclos e departamentos.  Revisión do Plan de convivencia.  Planificación das sesións de avaliación.

Aportacións para desenvolver o PLAMBE. Coordinación profesores de apoio e titores. Propostas para os obradoiros. Propostas para reforzos educativos. Análise e propostas de mellora de resultado de avaliación diagnóstica.

52


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

DECEMBRO

 Revisión de reforzos educativos.  Revisión dos instrumentos e criterios de avaliación.  Recoller propostas dos equipos de ciclo e dos departamentos.

XANEIRO

   

Análise e revisión da Programación Xeral Anual. Análise da 1ª avaliación. Propostas obradoiros. Análise do funcionamento dos equipos de departamentos.

ciclo

e

FEBREIRO

 Revisión do PCC.  Recoller propostas dos ciclos e departamentos.  Propostas para Avaliación diagnóstica.

MARZO

 Recollida de novas propostas.  Propostas obradoiros.

ABRIL

 Análise do rendimento escolar e revisión dos instrumentos de avaliación.  Informar ao Claustro sobre cuestións relativas ao proceso ensinanza-aprendizaxe.

MAIO

 Avaliación do PLAMBE.  Recoller propostas dos ciclos e departamentos.  Análise dos reforzos e obradoiros.

XUÑO

 Avaliación do traballo realizado neste curso.  Propostas para o curso 2014-20145

De cada unha das reunións, levantarase acta dos temas tratados e acordos alcanzados.

53


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

› EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA MESES

ASUNTOS A TRATAR

SETEMBRO

 Propostas PXA.  Pregunta a pais para a realización da addenda anual.  Redacción da addenda anual ao Proxecto Lingüístico do Centro.  Artellar canles de conexión para a posta en práctica do PLAMBE.

OUTUBRO

 Actividades do 1º trimestre a desenvolver.  Recollida suxerencias e planificación do almanaque de Nadal.  Elaboración do Plan de Fomento do galego para o curso académico.

NOVEMBRO

     

DECEMBRO XANEIRO

FEBREIRO

Propostas de actividades. Revisión do Proxecto Lingüístico de centro. Elaboración do almanaque de Nadal. Elaboración do almanaque de Nadal. Propostas de actividades. Análise e avaliación das actividades desenvolvidas no primeiro trimestre.  Actividades a desenvolver no 2º trimestre.  Memoria e xustificación económica do Equipo (1º cuadrimestre)

MARZO

 Análise e avaliación das actividades desenvolvidas.  Deseñar propostas para a conmemoración do Día do Libro en colaboración cos demáis equipos.

ABRIL

 Preparación da conmemoración das Letras Galegas.  Actividades a desenvolver no 3º trimestre.

MAIO

 Elaboración de propostas de mellora para a memoria final.  Redacción da memoria final do EDLG.

XUÑO

 Avaliación do traballo realizado polo equipo.  Redactar a memoria económica do equipo coa xustificación do gasto (2º cuadrimestre).

54


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

› EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Este equipo reunirase unha vez ao trimestre e naqueloutras datas en que sexa preciso por mor das circunstancias que se vaian dando ao longo do curso escolar. Aínda que conta cunha serie de membros poderanse engadir ou variar en función dos implicados nas actividades que se vaian desenvolvendo. A continuación nun cadro establecemos como queda o calendario de reunións dos órganos de coordinación docente:

OUTUBRO 17:30-18:15

18:15-19:00

17:30-18:15

DECEMBRO

18:15-19:00

17:30-18:15

18:15-19:00

Equipos ciclo

1 8

NOVEMBRO

CCP

EACE

5

Equipos ciclo

3

E.C.

CCP-DLG

15

CLAUSTRO

12

CCP

10

Avaliación 1º,3º,5º

22

Dinamizacións

19

Dinamizacións

17

Avaliación 2º.4º.6º

29

DLG

26

DLG

XANEIRO 17:30-18:15

FEBREIRO

18:15-19:00

17:30-18:15

MARZO

18:15-19:00

17:30-18:15

14

EC

CCP

4

EC

11

21

Dinamizacións

DLG

11

CCP

18

Avaliación 1º,3º,5º

28

EACE

CLAUSTRO

18

Dinamizacións

25

Avaliación 2º.4º.6º

25

DLG

ABRIL 17:30-18:15

1

CCP/DLG

MAIO

18:15-19:00

EC

EC

18:15-19:00

EACE

17:30-18:15

XUÑO

18:15-19:00

17:30-18:15

6

E.C.

3

18:15-19:00

EC

CCP

8

CCP

13

CCP

10

Avaliación 1º,3º,5º

22

CLAUSTRO

20

Dinamizacións

17

Avaliación 2º.4º.6º

24

CLAUSTRO

29

Dinamizacións

DLG

DLG

27

55


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

13. PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA-FORMACIÓN DO PROFESORADO. PLAN PROXECTA. Independentemente da formación que cada docente realice no marco do programa de formación da Xunta ou do CEFORE en particular, consideramos a necesidade de formarnos na utilizacion das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no propio centro, polo que pensamos que unha asignatura pendente formarnos nesta disciplina. Por outra banda, aproveitando a pista de educación viaria que temos no centro e a necesidade que vemos de ensinar aos nosos nenos no respecto das normas de tráfico e de pór freo á gran cantidade de accidentes de tráfico que hai. Neste curso escolar continuaremos a desenvolver o proxecto de Educación Viaria en galego-inglés, xuntando ámbalas dúas disciplinas, e dado o éxito que tivemos o ano pasado na xornada de portas abertas, pretendemos estender esta experiencia e invitar a novos centros a participar desta experiencia, sendo os nosos alumnos os titores dos colexios invitados. Continuamos cos Contrato-programa, o curso pasado iniciamos a modalidade de reforzo fóra do horario escolar para apoiar a aprendizaxe ao alumnado procedente de familias estranxeiras e alumnos con dificultades na aprendizaxe. Estes alumnos de 15:50 a 17:50 recibían durante dous días a semana reforzo nas áreas fundamentais, reforzo educativo por parte dun profesor contratado pola Xunta. Este curso solicitamos tamén a modalidade de reforzo durante a xornada escolar en lectura, escritura e cálculo, a través de obradoiros. Teremos dous obradoiros semanais, un en lingua e outro en matemáticas buscando que favorecer as aprendizaxes significativas dun xeito manipultivo, funcional e real. Tamén solicitamos o programa Plan Proxecta de innovación educativa co reparto de froita fresca nos recreos. Neste curso pretendemos continuar por terceiro ano o programa de mellora de bibliotecas escolares PLAMBE. 14. ADDENDA PARA O CURSO 2013-2014 DO PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO. Segundo o decreto de plurilingüísmo é mester realizar cada curso escolar unha adenda ao Proxecto Lingüístico do centro, que agora expoñemos, e onde incluímos os seguintes datos, atendendo á normativa:

56


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

1. Resultado da pregunta aos pais/nais do alumnado de cuarto de educación infantil en relación a lingua en que queren que sexan escolarizados seus fillos/as: nha vez feita a pregunta sobre a lingua que queren que sexan escolarizados os seus fillos as aos pais nais dos nenos e nenas do curso de educacion infantil o resultado foi que prefiren a escolarizacion en galego. Esta consulta se realizou a partir do modelo que a Conselleria de Educacion e Ordenacion Universitaria elaborou para tal fin. 2.

Linguas en que se imparten as materias de educación primaria:

Neste curso, , non fixemos ningun cambio nas linguas que se imparten as distintas materias en educacion primaria. Asi temos que, son impartidas en castelan matematicas, educacion fisica e educacion para a cidadania. Mentres que, en galego impartense relixion, atencion educativa e educacion artistica. 3. Valoración sobre as actividades de fomento e dinamización da lingua galega realizadas no curso 2012-2013: Para este curso considerarase en claustro a realizacion somentes daquelas actividades que non conleven achega economica. Con respecto as actuacions de mellora, consideramos que facemos moitas actividades por darlle un pulo a lingua pero ainda con iso, necesitase mais, sobre todo para favorecer o emprego do galego para a comunciacion oral entre toda a comunidade educativa. 4.

Actividades para o curso 2013-2014:

Este curso empregaremos o lema da biblioteca, “De boa tinta”, como eixo vertebrador de todas as conmemoracions ademais de artellar unha chea de actividades en torno ós obradoiros propostos xa nos horarios. Traballaremos de forma conxunta o equipo de biblioteca e o equipo de normalizacion e dinamizacion da lingua galega para achegar actividades e experiencias enriquecedoras e gratificantes a toda a comunidade educativa. 15. PROGRAMAS E ACTIVIDADES QUE SE VAN A DESENVOLVER PARA O FOMENTO E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. Neste ano academico queremos continuar coas actividades que vimos facendo dende vai varios cursos e que vemos que son motivadoras para os nenos as e que is resultan eficaces 57


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

para a consecucion dos obxectivos propostos polo equipo. Poneremos especial empeno na realizacion das actividades que tinamos programadas para o curso anterior e, por falta de tempo, non puidemos levar a termino, tal e o caso de: “O faro das Relfas” enfocada como unha revista dixital que se imprimiría en números contados para poder formar parte das bibliotecas de aula. Esta revista escolar pretende ser unha ferramenta para mostrar a creatividade e os avances do alumnado na lingua galega, así mesmo tamén será un recordo para vindeiras xeracións e unha lembranza para toda a comunidade educativa. “O día do avó” non se puido realizar porque non se contaba co apoio da comunidade educativa, este ano propoñémos incentivar esa colaboración e intentaremos de novo realizar esta actividade cun novo enfoque que resulte máis motivador. Aproveitaremos todas as festas e celebracions do colexio para favorecer o uso do galego e achegar ao alumnado as tradicions propias de Galicia. Tamen queremos implicar as familias do alumnado en diferentes actividades que faremos ao longo do curso. Este e un grande reto xa que a participacion por parte das familias do colexio non e moi salientabel, pero para este curso pretendemos animalos a que sexan unha parte ma is das distintas actividades que desenvolvamos. Tal e o caso proposto en actividades de contacontos bilingües, libros viaxeiros cunha tematica moi cercana o noso lema deste ano, mochila viaxeira. Ademais das actividades propostas polo centro que se detallaran de xeito mais minucioso no proxecto de fomento de galego, tamen contaremos con actividades de dinamizacion propostas dende o concello que asi mesmo axudan a consecucion do obxectivo de utilizar con maior eficacia o uso de lingua galega como medio cotian.

58


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

16. RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DEMAiS MATERIAIS CURRICULARES DO CENTRO

EDUCACIÓN INFANTIL EDUCACIÓN INFANTIL I (3 ANOS) LIBROS

EDITORIAL

“HELLO CHEEKY” Pupil's book pack - ISBN: 9780230011588

MACMILLAN

EDUCACIÓN INFANTIL II (4 ANOS) CHEEKY MONKEY 1- Pupil's book pack- ISBN: 9780230011427

MACMILLAN

EDUCACIÓN INFANTIL III (5 ANOS) CHEEKY MONKEY 2- Pupil's book pack- ISBN: 9780230011496

MACMILLAN

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

Curso

Área Materia

L.Castellana

L. Galega

Matemáticas

ISBN

Lingua da edición

PIRU LETRA – Ed. ANAYA- Por trimestres

978- 84-667-9781-8

Castelán

UNHA A UNHA- Ed. ANAYA Por trimestres

978-84-667-9947-8

Galego

UNA A UNA – Ed. ANAYA Por trimestres

978-84-667-9706-1

Castelán

Título, editorial

59


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

C. do Medio

Relixión

Inglés

UNHA A UNHA- Ed. ANAYA Por trimestres

978-84-667-9953-9

Galego

Relixión Católica 1º-Ed. ANAYA

978-84-667-9959-1

Galego

Libro de texto 1º BUGS WORLD

978-02-304-0746-6

Inglés

2º EDUCACIÓN PRIMARIA 84-667-1769-2 84-667-1770-6 84-667-1771-7 84-667-1772-4

Castelán

UNHA A UNHA-Ed. ANAYA Por trimestres

978-84-667-9950-8

Galego

Cadernos: PASO A PASO. ORTOGRAFÍA. Nº 1, 2, 3e4

L. Castellana

L. Galega

Matemáticas

UNA A UNA –Ed. ANAYA Por trimestres

978-84-667-9708-5

Castelán

C. do Medio

UNHA A UNHA- Ed. ANAYA Por trimestres

978-84-667-9956-0

Galego

Relixión

Relixión Católica 2º- ANAYA

978-84-667-9961-4

Galego

Inglés

Bugs World 2- PB Pack- Ed.HEINEMANN

978-02-304-0748-0

Inglés

60


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

Lengua Castellana

Lengua Castellana 3-En línea. ANAYA

978-84-678-1682-2

CASTELÁN

Lingua Galega

Lingua Galega 3- En liña. ANAYA

978-84-678-2094-2

GALEGO

Matemáticas

Matemáticas 3- En línea. ANAYA

978-84-678-1705-8

CASTELÁN

978-84-678-2106-2

GALEGO

9780230719149

INGLÉS

978-84-678-1855-0

CASTELÁN

978-84-678-1689-1

CASTELÁN

3º Coñecemento do Medio Coñecemento do Medio 3- En liña ANAYA

Lingua Estranxeira

Lecturas

PUPIL´S BOOK: BUGS WORLD 3

TICO- TIC Lecturas 3. ANAYA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA 4º

Lengua Castellana

Lingua Galega

Lingua Galega 4º-En liña. ANAYA

Coñecemento do

Coñecemento do Medio 4º- En liña.

Medio

Lengua Castellana 4º - En línea. ANAYA

978-84-678-21000

GALEGO

978-84-678-2111-6

GALEGO

Matemáticas 4º - En línea . ANAYA

978-84-678-1712-6

CASTELÁN

Relixión Católica 4º

978-84-678-2141-3

GALEGO

ANAYA

Matemáticas

Relixión Católica

Lingua Estranxeira

BUGS WORLD 4- MACMILLAN

9780230719279

INGLÉS

Lectura

TICO- TIC- Lecturas 4º. ANAYA

978-84-678-1857-4

CASTELÁN

61


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º 5º 5º 5º 5º 5º 5º

Lengua Castellana

Lengua castellana 5- “Abre la Puerta”.Carmen Bello. ANAYA-

978-84-667-7899-2

CASTELÁN

Matemáticas

Matemáticas 5-Abre la Puerta”-Luis Ferrero ANAYA

978-84-667-7910-4

CASTELÁN

Lingua Galega

Lingua Galega 5- “Abre a Porta”.Equipo Carabeiro- ANAYA

978-84-667-8067-4

GALEGO

Coñecemento do Medio

Coñecemento do Medio 5- “Abre a Porta”.Ricardo Gómez e outros- ANAYA

978-84-667-8084-1

GALEGO

Relixión

Relixión Católica 5-“Abre a Porta”.Valero Crespo e outros- ANAYA

978-84-667-8101-5

GALEGO

Inglés

“Bugs n 5”-Student´s Book-ED MACMILLAN

Plástica

ARTS and CRAFTS 5º. Ed. Santillana. Richmond Publishers.

978-0230-719439

INGLÉS

978-84-680-1720-4

INGLÉS

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Lengua Castellana

“Abre la Puerta 6”-Carmen Crespo, Regalado,Mera...-Anaya 2009

978-84-667-7904-3

Castelán

Lingua Galega

“Abre a Porta 6”-Equipo CarabeiroAnaya 2009

978-84-667-8070-4

Galego

Matemáticas

Matemáticas 6-Abre la Puerta -Luis Ferrero e Ignacio Gaztelu- Anaya 2009

978-84-667-7915-9

Castelán

Coñecemento do Medio

Coñecemento do Medio 6”Abre a Porta 6”-Ricardo Gómez e Rafael Valbuena – Anaya 2009

978-84-667-8087-2

Galego

Relixión

“Abre a Porta 6”-Valero Crespo e Ana Gavilán-ED Anaya 2009

978-84-667-8103-9

Galego

Inglés

“Bugs n 6. Student´s Book”. Elisenda Papiol.ED. MACMILLAN

978-0230-719576

Inglés

Plástica

ARTS and CRAFTS 6º. Ed. Santillana. Richmond Publishers.

978-84-680-17198

Inglés

62


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

MATERIAL ESCOLAR 1º PRIMARIA Activity book 1º- BUGS WORLD- Ed. HEINEMANN- ISBN: 978-02-0718-890

MATERIAL ESCOLAR 2º PRIMARIA Activity Book 2º- BUGS WORLD 2-Busy book- Ed. HEINEMANN- ISBN: 978-02-307-1902-6

MATERIAL ESCOLAR 3º PRIMARIA Activity Book ”B GS WORLD ”-ISBN: 9780230407503- Editorial Macmillan. Diccionarios de Lengua Castellana e Lingua Galega. Libros de Lectura:  

Las siete caras del señor Grunt. -Ana Alonso. Editorial Anaya. “Querido inimigo” -Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira.

63


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

MATERIAL ESCOLAR 4º PRIMARIA Libro exercicios de Inglés “Activity Book Bugs World n Macmillan. Diccionario de Lengua Castellana. Diccionario de Lingua Galega.

“. ISBN: 978

75 7. Editorial

Lecturas:  

“El palacio subterráneo” Ana Alonso. Editorial Anaya. “A escola dos piratas” Agustín Fernández Paz. Ed. Rodeira.

MATERIAL ESCOLAR 5º PRIMARIA Diccionario de Lengua Castellana. Diccionario de Lingua Galega. Activity Book “B GS WORLD N 5-ED. MACMILLAN. ISBN: 978-0230-407633 Libros de Lecturas:   

“ Non é tan doado ser neno” -Pilar Lozano- Ed. EDEBE. “ Malú y el Marciano del Ordenador” de Blanca Alvarez. Ed. EDELVIVES. “ Alas de mosca para Ángel”. Fina Casalderrey. Ed. Anaya.

“ARTS and CRAFTS 6 ”.ED SANTILLANA- RICHMOND PUBLISHERS

MATERIAL ESCOLAR 6º PRIMARIA Diccionario de Lengua Castellana. Diccionario de Lingua Galega. Activity Book “B GS WORLD N 6-ED. MACMILLAN. ISBN: 978-0230- 407640 Libros de Lecturas:

 “Dos lágrimas por Máquina” de Fina Casalderrey.Colección: Sopa de Libros  “ Charlie y La Fábrica de Chocolate” de Roal Dahl. Ed. Alfaguara.  “ As bruxas”. Roald Dahl.Ed. XERAIS (Colección Merlín). “ARTS and CRAFTS 6 ”.ED SANTILLANA- RICHMOND PUBLISHERS 64


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

17. PLANO DE AUTOPROTECCIÓN DO CENTRO. Durante este curso pretendemos elaborar o PLANO DE AUTOPROTECCIÓN e dentro deste o Plano de EMERXENCIA E EVACUACIÓN seguindo a Lei 5/2007 de 7 de maio, a normativa da Xunta de Galicia, co Decreto 171/2010 do 1 de Outubro, e o Real Decreto 393/2007 de 23 de marzo. O curso pasado puxémonos en contacto con Protección Civil para que nos asesorara ao respecto xa que para a súa elaboración se precisan coñecementos técnicos dos que carecemos. O curso pasado conseguimos os planos do centro, básicos para este Plan, e señalizamos todas as saídas dos estancias e instalacións. Tamén procedimos a sinalización dos extintores. Despois da elaboración realizaremos un simulacro de evacuación contando coa colaboración de Protección Civil. Mentras tanto no presente curso seguirá vixente o plano de autoprotección existente baseado na observación, cumprimento e coñecemento das seguintes normas: A) Localización e equipamento de caixas de urxencia: Para a atención de primeiras urxencias o material sanitario atópase en varios espazos, sitos na planta baixa: comedor, conserxería e oficinas. B) Plano de evacuación: Ante a posibilidade de que se presenten situacións nas que se teña que desaloxar as aulas debido a unha emerxencia dentro do edificio en horario lectivo, seguiránse estas normas a cumprir ao pé da letra e na orde que se indica: Preparación (dar tranquilidade e evitar pánico) 1. A serea soará tres veces cunha marxe de tres segundos. 2. Ao terceiro toque o profesorado ordenará ao alumnado poñerse en pé e colocar as cadeiras debaixo da mesa correspondente. 3. O material de traballo deberá quedar enriba de cada mesa sen recoller. Procurar que en cada clase as carteiras non ocupen os corredores da mesma. 4. O alumnado colocarase en cada clase en dúas ringleiras e sairá da mesma cando o profesor o indique. Saída: Cada profesor estará situado na porta da clase nese momento. A orde de saída ao patio será de forma simultánea:  Planta baixa: porta principal aula de Audición e linguaxe e aula de educación infantil 5 anos.  1ª andar: - Escaleiras laterais e porta pequena: aulas de 1º e 2º de educación primaria 65


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

- Escaleiras centrais e porta principal: aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.  2ª andar: - Escaleiras laterais e porta pequena: aula de música e de informática - Escaleiras centrais e porta principal: aulas de pedagoxía terapéutica, inglés e laboratorio. EDUCACIÓN INFANTIL: A orde de saída será primeiro o alumnado de 3 anos e logo o de 4 anos. Xuntaranse no areeiro do patio de educación infantil. C) Control de persoas que acceden ao centro: Non se poderá acceder os espacios didácticos pedagóxicos, incluidos os corredores, durante as horas de clase sen a debida autorización. D) Protección do alumnado: O alumnado só poderá abandonar o centro durante o horario escolar co permiso do director, xefe de estudios ou persoas en quen deleguen, e sempre que se fagan cargo del os pais ou persoas legalmente autorizadas. E) Sistemas de seguridade: Dispositivos de alarma: no edificio principal, nas aulas de educación infantil, nas oficinas e comedor. Extintores: están situados en todos os corredores do edificio principal, nas oficinas, no comedor e no corredor de educación infantil. Tamén no almacén onde traballa o vixianteporteiro. O sistema de vixilancia está contratado coa empresa de seguridade, polo Concello de Vigo. 18. PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO PERSOAL NON DOCENTE. Contamos con tres persoas de persoal non docente: o porteiro vixiante, unha cociñeira e unha camareira-limpiadora. O porteiro vixiante encárgase da apertura das portas ás 9:15 h da mañá e peche de portas exteriores do recinto ás 14:30 horas sendo o seu horario de 8:00 horas a 15:00 horas. A dirección do centro planifica o seu traballo e tramita as solicitudes de permisos ao concello. O horario de traballo do persoal de cociña é de 9:30 h a 17:00 horas. A dirección do centro organiza, supervisa e xestiona o seu traballo e asistencia.

66


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

19. HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO. O equipo directivo atenderá aos pais/nais no seguinte horario: De luns a venres de 9:30h a 10:20h e de 13:40h a 14:30h. Martes pola tarde de 16:30 h a 17:30 h. 20. PLANO PARA A POTENCIACIÓN E ORGANIZACIÓN DAS RELACIÓNS DA COMUNIDADE EDUCATIVA COA FAMILIA. O noso centro potenciará as relacións con toda a comunidade educativa fomentando a colaboración das familias nas distintas actividades que se realicen ao longo do curso (celebracións, conmemoracións), e potenciará e facilitará as propostas e actividades plantexadas pola ANPA. A través das actividades da BIBLIOTECA, dentro do PLAMBE, co Contrato programa , Plan Proxecta, Proxecto Leonardo, e co Proxecto de Educación Viaria buscaremos a colaboración tanto de familias, Policía Local, Concello, asociacións e outros centros educativos. Esperamos continuar coa colaboración tan activa das familias como o curso pasado que acudiron ao centro a dar obradoiros, charlas, contacontos, organizaron saídas, etc... Cremos que esta colaboración é moi valiosa para todos. a) Manterase contínua relación e colaboración coas seguintes entidades: -Policía Local de tráfico. -Servizos Sociais. -Centro de Saúde. -Instituto de Educación Secundaria Beade. -Servizos de apoio ao Inmigrante. -Concello. -Xunta de Galicia. -Asociación de veciños O Carballo. b) Atención a pais/nais: O profesorado e titores atenderán ás familias todos os martes de 16,30 a 17,30 h, previa cita. Coa Orientadora, é necesario concertar cita.

21. PLANO DE TRANSPORTE ESCOLAR Este servicio axústase á normativa legal vixente, realizao a empresa ESTÉVEZ AVIÓN S.L. segundo o horario establecido. O centro conta con dúas liñas de transporte segundo consta na 67


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Xefatura Territorial. Na actualidade temos un total de 94 usuarios de transporte, menos que no curso pasado, tendo aumentado os alumnos da contorna próxima que os achegan as familias ao colexio. Levamos unha estreita colaboración coa empresa de transporte facilitándolles aos acompañantes listados actualizados de alumnado por paradas, teléfonos de contacto coas familias, rexistros de incidencias, etc… As paradas das dúas liñas son as seguintes: LIÑA Nº 1:

Parada 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

Saída 8:50 8:55 8:57 9:00 9:04 9:06 9:10 9:13 9:20 9:25

Saída

1 2 3

8:55 9:00 9:03

4 5 6 7

9:06 9:10 9:13 9:18

Chegada 17:26 17:31 17:34 17:37 17:40 17:24 17:20 17:17 17:10 17:07

autobús 2

LIÑA Nº 2:

Parada

autobús 1

Lugar Gran Via (Parada Atsa- Enfrente Elefante Azul) Avda. Camelias (Esqu. Álvaro Cunqueiro) Avda. Camelias (Caf. Xardín) Venezuela (Frente Colexio Salesianos) Gran Vía (Caixa Madrid) Pza. España (Kiosco) Avda Madrid (Centro de Negocios Caixanova) Gregorio Espino (Rotonda das Palmeiras) Avda. Madrid (Panadería Piccho) Lameiro (Detrás do Alcampo)

Lugar Aragón (Esqu. Avda. Aeroporto) Aragón (Rotonda C.C. Travesía - parada de Vitrasa) Travesía (Parada de Vitrasa que segue a R/ Mestre Chane) Igrexa de Fátima Vía Norte (Antigo Centroxogo) Vázquez Varela (Detrás do Xeral, parada de Vitrasa) Plaza Miraflores

Chegada 17:17 17:22 17:25 17:28 17:31 17:35 17:10

ESTA MESMA EMPRESA SE ENCARGA DO TRANSPORTE DO ALUMNO DE REFORZO E APOIO FORA DO HORARIO ESCOLAR ( PROA). 68


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

22. REGULAMENTO DA ORGANIZACIÓN DO COMEDOR Na última semana do mes de xuño de 2013 a Consellería remitiu aos centros a INSTRUCIÓN 1/2013 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o curso escolar 2013-2014. Esta instrucción foi ratificada coa publicación o 13 de agosto do novo Decreto de Comedores (DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación). Esta nova normativa, modifica sustancialmente a organización dos comedores tendo que pagar as familias en función das rendas, pertenza ou non a zona educativa ,etc…. Supón un gasto grande para as familias e unha dificultade para os centros públicos con escasos recursos económicos. Este deberá ser considerado como un servicio complementario de carácter educativo. Dito servicio compételle a súa organización ao Consello Escolar. Tamén se entende que son servizos de comedor os de xantar e os de atención aos usuarios nos períodos de tempo libre anterior e posterior da comida do mediodía, nos cales se fomentarán programas de promoción da saúde, hábitos alimentarios e habilidades persoais. No presente curso escolar, este servizo funcionara dende o día 11 de setembro de 2012 ata o 22 de xuño de 2013, para a súa posta en funcionamento celebrouse unha Asamblea Xeral xuntanza en xuño con pais, nais e titores dos alumnos comensais. Nesta xuntanza aprobáronse unhas medidas para favorecer a maioría das familias e poder continuar con todos os servizos en vigor. Para a atención ao alumnado necesítanse 7 persoas como persoal colaborador do comedor, este curso contaremos coa colaboración de unha mestra e cinco nais. Como é insuficiente o número, contratamos a unha persoa da empresa Serunión. Deste xeito a atención a este servizo estará formada por 7 colaboradores, un encargado de comedor, 2 persoal de cociña sendo a directora a encargada da xestión. O Consello Escolar aproba e ratifica dita contratación de monitores, aportación familiar e menús. NOTA: Debido a que igual vémonos na necesidade de utilizar parcialmente a instalación do comedor e mobiliario para a celebración da festa de fin de curso que se concretará oportunamente, (nas datas comprendidas entre o 17 e o 22 de xuño) igual vémonos obrigados a prescindir deste servizo complementario e a reducción do horario lectivo de 9:30h a 13:00h.. Polo que solicitamos a autorización pertinente, de ser o caso. 69


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

 PROGRAMA DE PRESTACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR O presente programa anual segue a normativa do novo Decreto de Comedores 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.Dito Decreto ten que desenvolverse a través de Ordens, pero ante a falta das mesmas seguiremos as instruccións da Instrucción 1/2013 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o curso escolar 2013-2014. Este programa baséase no PROTOCOLO do COMEDOR que é aprobado polo Consello Escolar. 1.

Tipo de comedor e persoal de atención:

O comedor do centro é de XESTIÓN DIRECTA e polo número de usuarios é de categoría tipo B: de 76 a 150 comensais. Está atendido por 1 oficial 2ª de cociña e 1 axudante de cociña. O persoal de atención ao alumnado no servizo de comedor virá determinado en función do total dos alumnos e alumnas comensais, de acordo coa seguinte ratio: Educación Infantil: Nº alumnado: de 31 a 50: Persoal de atención: 3 persoas. Educación Primaria: Nº alumnado: de 91 a 120: Persoal de atención: 4 persoas. Para atender o comedor contamos cun encargado de comedor e 7 colaboradores. O persoal colaborador será pais/nais/ titores legales da comunidade educativa. Cando non exista suficente número de persoas voluntarias para atendelo poderase recurrir á contratación dunha empresa para cubrir este servizo.Esta colaboración será de xeito altruista e acordáronse varios criterios para a selección por parte da dirección do centro deste persoal colaborador. 1º.- Priorizar pais/nais de alumnos de 6º de EP. 2º.- Pais/nais que conten con sustituto da comunidade educativa 3º.- Pais/nais con fillos usuarios do comedor. 4º.-Pais/nais con coche ou que vivan próximos ao centro. 5º.- Valorarase o ter experiencia previa neste aspecto. Todo o persoal colaborar adquire o compromiso de avisar previamente con tempo suficiente as súas ausencias, que deberán ser xustificadas, ou o producirase o cesamento da colaboración. O incumprimento destas condicións será causa válida para que o centro dea por terminada a colaboración. 70


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Este curso apuntáronse 5 nais e unha mestra, polo que temos que recurrir a empresa Serunión para a contratación doutra persoa para atender ao alumnado e cumprir a ratio. O comedor do CEIP Sárdoma-Moledo ten autorización para 150 comensais, 140 alumnos e 10 persoal de atención (7 colaboradores + 2 persoal de cociña + encargado de comedor e dirección). Se un neno no acude ao comedor un día terá que informar con 24 horas de antelación. O servizo de comedor comezará ao rematar a xornada lectiva da mañá. Haberá unha mesa disposta para comer os colaboradores (da comunidade educativa) ás 14:00 e despois de que terminen os alumnos (persoal docente). O alumnado de 5º e 6º, por turnos, axudarán a colocar as cadeiras do comedor cando cheguen ao colexio. Do mesmo xeito as subirán ao rematar a xornada escolar. Os usuarios de comedor lavarán as mans antes de baixar ao patio e irán directamente ao comedor. O personal de atención do comedor que atende aos nenos de infantil vainos buscar as súas clases e condúcenos ata o comedor vixiando que se senten ordenadamente. Haberá un encargado por nivel en educación infantil. Un encargado para 1º de EP, outro para 2º, outro para 3º e 4º e outro para 5º e 6º de EP. Dos colaboradores encargados de primaria , un está na porta para vixiar a entrada ordenada en fila e ir collendo cada quen a súa bandexa co servicio completo, cubertos, vaso, panos de mesa etc, as cociñeiras sírvenlle a comida e van sentarse. Namentres o resto do persoal de atención do comedor comeza a servir a auga e axudar aos mais cativos a cortar a carne, o peixe, etc... Cando o alumnado de E. Infantil e Primaria remate de xantar, será acompañado polo persoal de atención do servizo de comedor ao patio escolar. Se algún alumno/a usuario do comedor ten que marchar antes, será recollido por algún familiar ou persoa a cargo, que deberá cubrir no libro de rexistro correspondente e que estará na mesa de Conserxería e a dirección do centro haberá sido informada previamente. O persoal de atención do servizo de comedor encargado das mesas de E. Infantil atenderá cada unha co alumnado que lle asigne o encargado de comedor. O persoal de atención do servizo de comedor encargado das mesas de E. Primaria atenderá as mesas que lle serán asignadas polo encargado do comedor. Todo o alumnado terá os mesmos dereitos e as mesmas obrigas no comedor. O alumnado actuará co debido respecto co persoal de atención do servizo de comedor, co encargado do mesmo, co persoal de cociña e coas demáis persoas que estean no comedor. 71


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Cada alumno terá asignado un sitio fixo no comedor para evitar posibles problemas de conduta. O alumnado deberá comportarse adecuadamente coidando a postura e os modais. Deberán falar en tono moderado sen elevar a voz, nin gritar. O periodo da comida debe ser o máis relaxado posíbel, polo tanto os alumnos procurarán evitar ruidos molestos como golpes na mesa, arrastrar cadeiras, golpear cos cubertos, asubiar, chamar a gritos aos compañeiros, etc…. sarase o semáforo colocado no comedor para que regulen o seu ton: se falan baixo o semáforo terá encencida a luz verde e se elevan o ton acenderase a cor vermella. Non se poderá tirar comida aos compañeiros, ao chan ou derramar auga. Ningún alumno/a erguerase da mesa para buscar nada e deberá erguer a man para que sexa atendido/a pola persoa que atenda a mesa. O persoal colaborador fará o posíbel para que o alumnado aprenda unhas mínimas normas de comportamento e saber estar na mesa. O alumnado usuario do comedor seguirá en todo momento as instrucións que reciba do encargado de comedor ou dos colaboradores. No caso de incumprimento, cubrirán o parte de incidencia que será trasladado á dirección do centro para que se adopten as medidas oportunas. Porase en coñecemento da familia este feito e analizarase a posibilidade de sancionar ao alumno/a que incumpla as normas. 2. Elaboración de menús. A elaboración dos menús realizarase de tal xeito que proporcione aos usuarios unha dieta equilibrada, contribúa ao seu mellor desenvolvemento e favoreza a adquisición de hábitos alimenticios saudábeis. Ditos menús poranse en coñecemento mensualmente dos pais co fin de poder complementar o réxime alimenticio de seus fillos. En xeral, o menú será único para todos/as os usuarios/as do servicio de comedor, salvo nos casos de alumnas/os que teñan algún tipo de intolerancia o alerxia alimentaria, médicamente documentada, ou por causas relixiosas: temos 10 musulmáns que non comen carne de porco e dous que non comen ningún tipo de carne. 23. PLANO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO E POTENCIACIÓN DAS RELACIÓNS COA COMUNIDADE E A FAMILIA As instalacións do centro poderán ser utilizadas, fóra do horario lectivo, por membros da comunidade educativa ou organizacións, sempre que o soliciten por escrito e conten coa autorización da Dirección ou aprobación do Consello Escolar. Este curso o grupo de amas de casa da Asociación Carballo da parroquia de Sárdoma, van a desenvolver actividades de 72


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

ximnasia de mantemento os luns, mércores no citado pavillón; tamén o CF Sárdoma e o CF Moledo, así como o equipo de fútbol do conserxe do centro. Por outra banda a LIGAMETROPOLITANA solicitou ao Consello Escolar a utilización das nosas instalacións fóra do horario escolar de luns a venres, sábados e domingos. Esta solicitude foi aprobada polo Consello Escolar e remitido á Xefatura Territorial para a súa valoración. Estamos pendentes do dictame da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial. 24. PLANO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PROPOSTAS POLA ANPA. Por segundo ano a ANPA do centro vai encargándose pouco a pouco da organización das actividades extraescolares. Este curso ofertan BAILE TRADICIONAL GALEGO dende os 4 anos os venres de 15:25 a 16:25h. Ademais da actividade de PISCINA na piscina municipal de Lavadores. Por outra banda, este ano encargaranse da confección das listas dos alumnos por actividades extraescolares e do pago aos monitores; esperando que para o vindeiro curso se encarguen de toda a xestión das mesmas. 25. PLANO DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO CENTRO.

COMPLEMENTARIAS E

EXTRAESCOLARES

 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Este programa o elaborará o equipo de actividades complementarias e extraescolares, formado pola coordinadora do mesmo xunto cos coordinadores de ciclo, para planificar actividades acordes a todas as idades e intereses. Utilizaranse estas actividades para fomentar a formación integral dos nenos. Segundo o artigo 69 do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria aprobado polo Decreto 374/1996 do 17 de outubro (DOG, 21 de outubro): “Terán carácter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan

co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espacio ou recursos que utilizan. Así cabe considera-las visitas, traballos de campo, viaxe de estudio, conmemoracións e outras semellantes” e no artigo 70: “Teñen carácter de extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo centro e figurando na programación xeral anual, aprobada polo consello escolar, se realizan fóra do horario lectivo. A participación nelas será voluntaria”. As actividades estarán coordinadas polo xefe do equipo. Para cada actividade elaborarase unha unidade didáctica de preparación anterior á visita e un traballo posterior á visita. 73


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

a) Conmemoracións e celebracións: CONMEMORACIÓN

MES

O Samaín

outubro

Festa do Magosto

novembro

Festa do Nadal

decembro

Día da Paz

xaneiro

Festa do Entroido

febreiro

Semana da Prensa

marzo

Día do Libro

Abril

Semana das Letras Galegas

Maio

Día Mundial do Medio Ambiente

Xuño

Festa fin de curso

Xuño

b) Actividades deportivas: Durante o presente curso continuamos por segundo ano a escola deportiva de voleibol dirixida polo mestre de Educación Física. Esta actividade vai dirixida a todos os nenos/as do colexio do 2º e 3º ciclo de primaria no recreo. O tempo de lecer de media mañá servirá para que pouco a pouco poidamos mellorar. A finalidade da mesma é gozar do adestramento deportivo encamiñado á participación na competición nos xogos deportivos escolares organizados pola Xunta de Galicia. c) Visitas culturais: En cursos pasados os nosos alumnos beneficiáronse sobre todo das actividades ofertadas polo Concello dentro do programa Vigo por Dentro, das actividades de inglés, dentro do programa Vigo Activities e as actividades ofertadas pola obra social de Novacaixagalicia. Debido aos recortes non estamos seguros de que este programa do concello se vaia a levar a cabo neste curso e polo tanto terán menos saídas complementarias. Acordamos no claustro non solicitar as actividades promovidas por Novacaixagalicia xa que queren cobrar a asistencia. As saídas que xordan e se consideren de interese pedagóxico e cultural, integraranse como contidos transversais nas distintas programacións de aula. En principio pretendemos facer unha saída cada ciclo ao trimestre. Solicitaremos todas as actividades de interese que sexan gratuitas complementarias que oferten as distintas asociacións, entes u organismos. Tamén pretendemos continuar coas seguintes actividades complementarias: 74


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

a) Axudas solidarias. O noso centro sempre se caracterizou polo compromiso e solidaridade cos máis necesitados, polo que participaremos coas seguintes organizacións ou programas: a) Colaboración con Cáritas e recollida de alimentos. b) Colaboración con Cruz Vermella. c) Recollida de roupa e calzado para diferentes asociacións benéficas. b) Charlas e conferencias Co fin de achegar aos pais ao colexio e poder ofrecerlles ferramentas para o seu difícil labor, este ano queríamos ofertarlle charlas para completar a súa formación. a) Resolución de conlictos. b) Modelos educativos. Normas e límites. c) Normas, límites e comunicación. d) Como achegarnos aos nosos fillos sin perder a autoridade. Por outra banda queremos completar as ensinanzas reguladas que reciben os nosos alumnos con charlas e conferencias que complementen a súa formación. -

Seguridade Viaria. Educación pola mobilidade. Campaña contra o cancro: “Consumo de froita. Cinco ao día”. Deporte e saúde. IV Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar.

c) Fundación Celta de Vigo. O centro tentaremos adscribilo como escola colaboradora da fundación Celta de Vigo co fin de desenvolver actividades sociais e deportivas dirixidas aos nenos tales como: escola de fútbol, deporte e saúde, campos de fútbol de verán, bonificación e descontos nas tendas do Real Clube Celta, etc…. Este curso, como en anos anteriores, pretendemos participar nos obradoiros de Camiña con nós pola igualdade, que organiza o Concello de Vigo para favorecer a coeducación e igualdade entre nenos e nenas.  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Este curso 2013/2014 é o décimosexto ano da sesión única de mañá e o noso centro educativo xestiona as actividades extraescolares . 75


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Case a totalidade do alumnado goza dunha ampla variedade de actividades extraescolares que ofertamos; dende actividades deportivas ata actividades culturais. Continúamos coas actividades das escolas deportivas en colaboración co IMD (Instituto Municipal de Deportes) e o resto con monitores contratados polo centro coa correspondente autorización do Consello Escolar. Moitas destas actividades son levadas a cabo polos monitores da empresa SPORTEMP. Este curso a profesora chipriota do Programa Leonardo tal vez impartirá clases de baile do seu país os venres de 15:30 h a 16:30 horas para os alumnos de 6º de EP. As actividades propostas podémolas dividir entre aquelas que se ofertan en educación infantil e aqueloutras que o fan en educación primaria. Os alumnos de Educación Infantil contan con actividades para o fomento do inglés oral dun xeito lúdico durante dous días á semana; os outros dous días poden disfrutar de actividades de teatro (6º de Educación Infantil) e a actividade nova para os máis pequenos de Predeporte (4º e 5º de Educación Infantil). Este curso só cinco nenos solicitaron xadrez polo que tivemos que cambiar a actividade por Diverciencia debido ao grande éxito que obtivo o curso pasado. Deste xeito esta actividade a ofertamos a todos os cursos de primaria. O alumnado cando remata a xornada escolar da mañá leva as mochilas á actividade que vai desenvolver ese día, ao espazo indicado para cada actividade. Os que teñan actividades deportivas levarán as mochilas ao pavillón. Os venres todo o alumnado de primaria leva as mochilas á paxareira. Este curso os que realicen a actividade de Baile tradicional galego levará a mochila á aula de música. A continuación anexamos un cadro no que se sinalan cada unha delas para as dúas etapas.

76


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

GRUPO 1

GRUPO 2

(luns-mércores)

(martes-xoves) Educación Infantil

4º, 5º e 6º Curso

4º e 5º Curso

6º Curso

Inglés

Predeporte

Teatro

Educación Primaria Escolas deportivas

Escolas deportivas

 Fútbol  Patinaxe Actividades culturais

 Mini- Basket  Balonmán Actividades culturais

  

  

Baile Moderno Diverciencia Informática

Teatro Pintura- manualidades Diverciencia

 DIVERCIENCIA Nestes obradoiros aprenden a fabricar un modelo de foguete, brúxulas, periscopios e moito máis, nunha experiencia científica inigualábel. Obxectivos xerais: - Reforzar as materias de contidos científicos con actividades prácticas e interactivas realizadas na propia aula. - A alfabetización científica dos nenos/as e o el desenvolvemento da súa interese pola ciencia. Contidos: Os obradoiros levaranse a cabo con carácter semanal en sesións de 1 ou 2 horas en horario extraescolar. O alumnado quedará pampo cando: • Sexan quen de curvar e reflectir os raios da luz e aprendan as súas propiedades. • Alteren as súas voces e entendan as características do son e as ondas. • Produzan electricidade e comprendan as propiedades da corrente eléctrica. • Fabriquen blandiblú e experimenten cós cambios físicos e químicos da materia. • Participen en experiencias innovadoras...

O programa se basea en: • Estar orientado a desenvolver o método científico. • Basarse en guións, equipamento e materiais profesionais. 77


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

• Ofrecer un alto valor engadido ao centro. • Organizarse sin esforzo nin riscos.  INFORMATICA E INTERNET Con esta actividade pretendemos dar as ferramientas necesarias a nivel usuario para conseguir un manexo básico e funcional do noso computador. Traballaremos arreo no coñecemento de Internet, as súas vantaxes, inconvintes, para facilitar o control de contidos e acadar asi un bo uso desta ferramenta. Obxectivos xerais: O obxectivo desta actividade é ahegar o mundo da informática aos alumnos dun xeito directo e axeitado a eles. Trala observación de distintas tendencias na actualidade e vendo o seu gran desenvolvemento, se pretende que los alumnos sexan quen de aprender distintos programas e ao final cheguen a ser autodidactas no uso de calquera novo programa ao que se teñan que enfrontar. Creemos convinte que comecen aprendendo Ofimática coñecendo distintos programas como usuarios finais. Contidos: Módulo 1: Informática Básica. Obxectivo: Estudar os conceptos básicos, partes do ordenador e contorno. Módulo 2: Mecanografía. Obxectivo: Familiarizar ao alumnado co teclado, de modo que poda mecanografiar un texto coas manos correctamente colocadas. Módulo 3: O sistema operativo. Obxectivo: Familiarizar ao alumno cunha contorna visual amigable ao usuario. Sistema operativo: Apréndese o manexo do sistema Windows, pola súa gran difusión. Módulo 4: Informática domestica. Obxectivo: familiarizar ao alumno con programas de uso común. O ordenador dispón dunha serie de ferramentas que poden facilitar a realización de certas tarefas. Módulo 5: Internet. Obxectivo: mostrar ao alumno as capacidades recreativas do computador.  PINTURA E DEBUXO A actividade baséase no estudio práctico das técnicas artísticas coa intención de inculcar una educación complementaria no coñecemento da arte. Serán traballos dirixidos e o ritmo de ensinanza irá en función do rendemento da clase. Obxectivos xerais: Desenvolver a creatividade. 78


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

-

Estudio de diferentes técnicas artísticas. A interrelación entre os nen@s da mesma idade. Fomentar o estudio e a capacidade de concentración.

Contidos: Este é un obradoiro baseado na experimentación e o descubrimento, que combina o densenvolvemento integral do educando coa adquisición de diversas habilidades artísticas. As clases, mediante temáticas e dinámicas rigorosamente estudiadas e preparadas, fomentarán a expresión e a liberdade no traballo, sendo o educador un axente orientador, motivador e un colaborador técnico. Coa axuda de distintas técnicas (carbonciño, collage, acrílico, estampación e aspectos básicos como a teoría da cor) coñeceremos e experimentaremos co espacio, a forma, o volume, a cor, as texturas, a composición, etc. Realizaranse orixinais xogos que estimularán os sentidos e descobriremos as novas posibilidades de expresión que ofrecen os distintos tipos de materiais cos que contamos.  EXPRESIÓN E RITMO-PREDEPORTE No obradoiro os/as nenos/as gozarán dun conxunto de actividades programadas, pero sen perseguir unha continuidade final coma noutros obradoiros. As actividades gardarán relación coas festas que concorren nese momento (entroido, pascua, nadal, paz…) levaranse a cabo un conxunto de actividades coma manualidades, debuxo, baile, psicomotricidade, expresión corporal; é amena e moi entretida. Obxectivos: - Adquirir axilidade, mobilidade e forza nas máns. - Coordinar e controlar os movementos. - Coñecer o corpo humano. - Coñecer formas non vogais de expresión. - Mellorar a psicomotricidade fina. - Fomentar a colaboración e as relación entre o grupo. - Colaborar activamente nas actividades e gozar das mesmas. - Adquisición progresiva de autonomía á hora de realizar as actividades. - Desenvolver a imaxinación e a capacidade creativa.  BAILE A actividade de danza e baile é considerada moi apropiada para todos. Todo o noso corpo en movemento contribúe a expresarnos e comunicarnos cos demais. O movemento é para a persoa un vínculo entre ela e o mundo que a rodea, é a expresión espontánea de sensacións internas e externas. 79


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

A danza xorde de maneira natural, só hai que unir esa tendencia e pouco a pouco iranse creando estruturas coreográficas. Grazas á danza, a música é escoitada e entendida, vivíndose no propio corpo e captando a traverso dos seus esquemas. Bailar é una actividade de extraordinario aproveitamento, está demostrado medicamente que bailar xenera numerosos beneficios físicos e mentais:        

Incrementa a elasticidade de tendóns e músculos. Mellora a flexibilidade das articulacións. Otorga maior capacidade de movemento. Aumenta a capacidade cardiorespiratoria. Mellora a circulación do sangue. Mantén en forma os reflexos. Traballa a coordinación e a memoria visual. Mantén o cerebro en forma, estimulando a creatividade.

Hai una gran variedade de beneficios, mais cabe remarcar que o baile tamén nos proporciona vitalidade, evasión, amizade, expresión e mellor autoestima. O movemento tamén leva a un coñecemento do noso corpo, o mesmo que ao dominio das posibilidades perceptivas e de coordinación determina en grande medida as capacidades expresivas do alumnado e favorece as relación entre os membros do grupo. Obxectivos xerais: Movilizar as diferentes partes do corpo. Independizar os segmentos corporais. Contrastar diversas posturas na danza. Apreciar a dereita e a esquerda corporal. Diferenciar movementos simétricos e asimétricos. Realizar inspiracións e espiracións coordinadas cos movementos. Experimentar a tensión e a distensión muscular nos bailados. Contrastar a movilidade e a quietude. Identificar a direccionalidade nos desprazamentos. Situar o propio corpo nos diferentes momentos da danza. Diferenciar agrupacións e dispersións. Armonizar o ritmo e o movemento. Explorar e experimentar as posibilidades expresivas do corpo. Practicar os bailes.

80

movementos


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Contidos: Para conquerir os obxectivos marcados, a actividade de danza iniciará o curso introducindo aos nenos no baile, para o que a monitora ensinaralles os movementos básicos:

Walking

Jumping

Running

Leaping

Marching

Pedaling

Minuet

Polka

Galloping

Prancing

Silding

Toe pointing

Chotis

Skipping

Hopping

Waltzing

Mais adiante tratarase de que os nenos aprendan a escoitar a música e coordinar os pasos aprendidos con ela (introdución do ritmo). Todas as sesión inícianse cun quentamento baseado no xogo, xa que é preciso antes de realizar calqueira exercicio físico, co fin de evitar lesións. De seguido o monitor ensinará diversos pasos e posteriormente desenvolverán unha coreografía ou baile e para rematar a clase adicaranse dez minutos de relaxación e estiramentos.  OBRADOIRO DE TEATRO O obradoiro de TEATRO é como unha actividade extraescolar dirixida a nenos e nenas de 6º de EI e de Primaria. Obxectivos xerais: O obxectivo deste taller é iniciar ao alumnado no “Máxico Mundo Do Teatro”, á vez que estimula o uso positivo, creativo e cultural do tempo libre. Son obxectivos desa actividade: 1.- Potenciar o desenvolvemento integral de nenos e nenas durante a idade escolar. 2.- Estimular a seguridade persoal e a autoimaxe positiva. 3.- Estimular o traballo en equipo, a colaboración e a cooperación. 4. Iniciar aos participantes na comprensión e análise de textos. 5.- Desenvolver en función das características individuais, a creatividade, a expresión corporal e a expresión oral. 6.- Fomentar unha utilización positiva do tempo libre.

81


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

A fin de conseguir estes obxectivos proponse unha metodoloxía que fomente a individualización e socialización dos nenos e nenas e a interese por formar parte dun grupo, cuxa interese común é a actividade teatral, mediante un clima de confianza, seguridade, tolerancia e respecto. O logro destes obxectivos conseguirase a través de actividades propias do campo teatral, como: -

Xogos de desinhibición e dinámica de grupo. Dramatización de sucesos cotiáns, chistes, cancións,… Narración de contos, análise e comprensión dos mesmos. Exercicios de improvisación e creación. Xogos de expresión corporal, oral, rítmica e plástica. Xogos de interiorización e memoria. Sensación e percepción. Montaxe de obras teatrais breves.

Ao realizarse durante o curso escolar, este taller participa de actividades e festexos culturais e sociais en coordinación co centro escolar: Samaín, Magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas, Día do Medio Ambiente e Festa Fin de Curso. Para esta festa está previsto a montaxe e posta en escena dun espectáculo teatral, que en colaboración co PROXECTO DO CENTRO, este ano versará sobre DE BOA TINTA. Dado que o abano de posibilidades e intereses do universo teatral é moi amplo, este taller está dirixido tanto ao alumnado con intereses interpretativos, (actores- actrices), como literatos, decoradores, músicos, rexedores, e un longo etc. Levase a cabo en 2 grupos con horario de tarde. GRUPO DE E.I., 6º: luns e mércores de 15: 45 a 16:50 horas. GRUPO DE PRIMARIA: martes e xoves de 15: 45 a 16:50 horas. Para avaliar este taller, teremos en conta os progresos tanto individuais, como do grupo, atendendo sempre ás características dos nenos e nenas que o conforman, así como as opinións dos “críticos” e espectadores, as valoracións do grupo e a autovaloración persoal. Tendo en conta este ideario e propósito de intencións, confiamos en que o taller supoña para os participantes e tamén para os espectadores un conxunto de experiencias e vivencias lúdico, creativo e positivo.  INGLÉS Hai moito tempo os profesores de inglés crían que o alumno debía aprender o que se consideraba o máis importante do idioma: as regras gramaticais. Hoxe a gramática é considerada un complemento para o fin derradeiro: o entendemento e a comunicación. Con esta actividade búscase esta tendencia. Realizarase una práctica intensiva da linguaxe inglesa 82


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

coa utilización de materiais audiovisuais, xogos, cancións e técnicas de aprendizaxe comunicativo. Obxectivos xerais: -

Proporcionar ao alumno un elevado nivel de coñecementos que facilite no futuro a súa incorporación ao mercado de traballo. Mellorar as habilidades do alumno nas principais áreas do idioma, facendo fincapé nos aspectos máis prácticos da lingua (expresión e comprensión oral). Obter os obxectivos anteriores dun xeito ameno coa axuda dun enfoque lúdico con continuos cambios de actividade e una gran variedade de actividades e medios.

Contidos Nivel 0: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15.

Abecedario Días da semana Meses do ano Cores Numeración do 1 ao 10 Os membros da familia O corpo humano As froitas Os vexetais A comida As ocupacións As partes da casa O vestiario As horas Os deportes

Nivel I: 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11.

Saúdo e despedida Audición e representación de cancións Utilización de respostas non lingüísticas para amosar comprensión Participación en xogos para repasar vocabulario Audición e representación de contos Participación en xogos de memoria para contar detalles dos contos Audicións para aprender cancións e xogos tradicionais Clasificación de obxectos segundo tipo e cor Cancións das diferentes festas: nadal, entroido, fin de curso Contar ata o 10 Expresión de preferencias nas comidas, animáis, roupa, cores, … 83


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

NORMAS E ACTUACIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Tras tratar o plano de actuación a continuación exponemos as normas a seguir para as actividades extraescolares. ENTRADA: 1. Ás 15h. 45min. tocarase a serea. 2. Cada grupo de alumnos/as das actividades deportivas e culturais irá co monitor correspondente ao espazo onde se desenvolverá á actividade. 3. O profesorado de supervisión velará polo normal desenvolvemento das mesmas. SAÍDA: 1. Ás 16h. 50min. tocarase a serea para finalizar as actividades. 2. O alumnado de Ed. Infantil sairá ás 16h. 50min. das actividades e irán provistos da súa tarxeta de identificación. Serán os primeiros en subir ao autobús e acompañados polos acompañantes do autobús correspondente. 3. Cada monitor -de patinaxe, diverciencia, fútbol, baloncesto, balonmán e pintura agardará a que todo o alumnado do seu grupo deixe o espacio no que fan a actividade, saíndo en orde. 4. O monitor de teatro, manualidades, xadrez, diverciencia e informática, baixará co alumnado ata o patio, procurando que se faga con orde para evitar riscos nas escaleiras. 5. O profesorado comprobará que todo o alumnado suba aos autobuses, e daralle a orde de saída aos mesmos. En caso de accidente ou lesión do alumnado o protocolo é o seguinte: 1. O monitor poñerao en coñecemento dos profesores que fan a supervisión, quen conxuntamente valorarán a situación, notificándoo á familia e en ausencia desta desprazándoo ao Centro de Saúde de Sárdoma ou ao Hospital Xeral e posteriormente informando á familia. 2. O desprazamento ao Centro de Saúde de Sárdoma ou ao Hospital Xeral, segundo a gravidade, farase avisando ao 061, servicio de ambulancias, ou en taxi acompañado/a dun profesor/a e quedando o outro na supervisión. 26. PLANO XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO No presente curso continuamos coa avaliación da nosa praxis que iniciamos de xeito máis sistematizado vai dous cursos, co paso dun cuestionario de valoración ás familias. O pasado curso a enquisa só se pasou a aquelas familias que se incorporaron de novo ao centro pero das 40 familias participantes só devolveron a enquisa cuberta menos da metade 84


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

dos intervintes, polo que a mostra non foi representativa. Aínda así os resultados se consignaron e representaron graficamente na memoria final e se presentaron ao Consello Escolar. Dado a escasa representación no pasado curso, dende o equipo directivo se plantexou a posibilidade de pasar a enquisa a todo o alumnado cada dous cursos para poder establecer criterios de mellora nos distintos planos do centro e poder continuar así esta andaina autoavaliativa que nos empurre a mellorar día a día. Para levar a cabo esta tarefa, atendendo ás propostas de mellora que recollemos na Memoria Final Anual correspondente ao ano académico 2012/2013, pretendemos poñer en marcha as seguintes actuacións no presente curso 2013/ 2014:   

 

Crear unha comisión avaliadora, encargada de coordinar o proceso de autoavaliación do centro. Remitir o cuestionario avaliativo de funcionamento do centro a todas as familias. Establecer mecanismos de mellora, planos de acción e propór solucións sobre os aspectos que resultaron deficitarios ou pobres na valoración da enquisa do pasado curso. Valorar as accións acometidas para subsanar ou mellorar os aspectos menos valorados na enquisa do curso anterior. Velar polo establemento dun plano de acción estratéxico que se asegure de manter as melloras no tempo.

A finalidade derradeira da comisión avaliativa será realizar un diagnóstico do centro nos distintos ámbitos que o conforman definindo as necesidades concretas de cada un deles, propiciar a reflexión e a toma de decisións que permita a mellora da calidade educativa do centro e achegar os datos precisos para a reformulación dos documentos programáticos do centro: Proxecto Educativo, Programacións Didácticas, Normas de Convivencia e Regulamento de Réxime Interno, Organización e Funcionamento e a Programación Xeral Anual. O seu cometido será tanto seleccionar items novos a incluir na autoavaliación, como propór posíbeis melloras relacionadas coa subsanación de posibles defectos atopados, e que posteriormente se elevarán ao Claustro e ao Consello Escolar. Esta comisión estará formada por:  Un representante de pais/nais do centro do Consello Escolar.  Un representante de pais/nais da ANPA.  Outro representante de nais e pais elixido aleatoriamente entre todos os/as do centro.  Un representante do persoal de servizos. 85


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

 Dous representantes do profesorado.  Un membro do equipo directivo. 27. CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN E GUÍA DE INTERVENCIÓN PARA A MELLORA, ELABORADA A PARTIR DA ANÁLISE DOS RESULTADOS DAS AVALIACIÓNS DE DIAGNÓSTICO. Estando a espera das disposicions que dicte a Conselleria de Educacion e O. U. para a aplicacion da proba de Avaliacion de Diagnostico no presente curso escolar, para o alumnado de 4º de Ed.primaria, no seno do Claustro de Profesorado constituiuse a Comision para a Avaliacion Diagnostica. Esta comisión está formada pola : Directora Xefa de estudos Titora de 4º Orientadora Esta avaliación diagnóstica é formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa. As probas versan sobre as competencias básicas establecidas nos decretos 130/2007, do 28 de xuño e 133/2007, do 5 de xullo, nas áreas de lingua castelá, lingua galega e coñecemento do medio. Ten por finalidade contribuir a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. Con respecto os resultados obtidos na proba aplicada o curso anterior, os equipos de ciclo, baixo supervision da Comision de Coordinación Pedagoxica artellarán as medidas correctoras segundo os resultados obtidos. Continuaremos coa aplicación das probas de nivel ao finalizar o ciclo. 28. PLANO PARA O DESENVOLVEMENTO DA BIBLIOTECA DE AULA E O PLAMBE A continuación tratamos as actuacións e actividades que estamos a por en marcha para favorecer o hábito lector e o enriquecemento coa lectura. 

Este curso é o noso segundo ano como participantes no PLAMBE, co título do noso proxecto “De boa tinta”. Este proxecto vai servir coma fío condutor para todas as conmemoracións e celebracións deste ano.; así como para a elaboración de proxectos dende diversas áreas e niveis.

Todos os días no noso horario está reflectida a hora de ler, á volta do recreo, son 20 86


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

minutos de lectura silenciosa., cada alumno poderá traer da casa libros, revistas, cómic’s, etc. para poder ler nese rato ou ben ler libremente libros ou a prensa da aula. 

Temos dentro do horario a LECTHORA na que lemos todos en conxunto libros que pertencen ao noso itinerario lector. As aulas están dotadas dunha biblioteca composta de libros de lectura que pertencen ao centro, e mais á aportación de libros dos propios alumnos que eles mesmos intercambian. O alumnado participa tamén na biblioteca do centro o día que lles corresponde segundo a programación, así como no horario de actividades extraescolares aqueles que o desexen.

Do mesmo xeito seguimos a participar no proxecto de fomento da lectura iniciado no curso 9 coa actividade das “Bolsas Viaxeiras co que o alumnado pode contar todas as semanas cun libro para levar a súa casa e lelo. O traballo de selección dos libros foi arduo, para poder ofertarlles aos nenos/as literatura infantil e xuvenil motivadora e adecuada á súa idade.

Tamén continuamos colaborando co xornal “La Voz de Galicia” no seu proxecto prensaescola. Nel, un día á semana, remiten ao centro un xornal por cada alumno do 3º ciclo para poder traballar con el na clase e o poidan ler na casa. Os días para este curso escolar son o mércores para 5º curso e o xoves para 6º.

87


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

PLANO ANUAL DE LECTURA 2013-2014 1. INTRODUCIÓN Para a realización deste plan lector anual tivemos en conta a lexislación vixente en canto a bibliotecas escolares se refire, as instrucións do 2 de Setembro de 2013 en relación coa organización e funcionamento das bibliotecas escolares, así como o PROXECTO LECTOR de centro elaboramos o presente plan lector anual que ten como intención desenvolver:  Hábitos lectores.  Capacidades para a comprensión de textos. 2. OBXECTIVOS  Coñecer e gozar a biblioteca acatando as súas normas.  Aumentar cuantitativa e cualitativamente a lectura e as producións escritas dos alumnos.  Lograr un desenvolvemento integral do currículo mediante as actividades que se fomenten dende a biblioteca escolar.  Facer partícipes a todos os membros da comunidade educativa nas actividades a desenvolver e na mellora de todo o relacionado coa comunicación.  Promover o trilingüísmo no centro.  Usar as TICS para acceder a información. 2. FUNCIÓNS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA Os membros do Equipo da Biblioteca encárganse de:  Xestionar os fondos pertencentes á biblioteca (catalogación, informatización, etiquetado, expurgado).  Coordinar a compra de novos fondos.  Facilitar os recursos necesarios para a realización das actividades que se acorden facer.  Divulgar os fondos da biblioteca entre todos os membros da comunidade educativa.  Dar a coñecer as normas de funcionamento da biblioteca.  Relacionarse con outros departamentos do centro cara a consecución de obxectivos comúns (desenvolvemento do trilingüísmo xunto co equipo de normalización e o departamento de aulas bilingües,…).  Realizar exposicións de materiais xerados a partires de traballos plásticos, talleres ou actividades de difusión da lectoescritura. 88


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

4. LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN 4.1 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DOS RECURSOS. Os recursos bibliográficos están organizados en niveis lectores cada un sinalado cunha cor diferente: azul, vermello, verde e amárelo. Os libros temáticos están organizados en andeis reservados para tal fin. Tamén haberá un andel onde se recollan todos os materiais bibliográficos relacionados co lema anual da biblioteca “DE BOA TINTA” Hai numerosos libros sen catalogar o cal suporá una prioridade no traballo deste ano. Marcámonos como obxectivo que todos os recursos bibliográficos dos que dispoñemos estean a disposición da comunidade educativa coa maior brevidade posible. Tamén será preciso a realización dun expurgado de material bibliográfico obsoleto e en mal estado. A organización das bibliotecas de aula tamén será prioritaria neste curso escolar. Será preciso dotar ás aulas de materiais novos, atractivos e variados, que poidan cambiar respondendo as necesidades dos alumnos e das aulas. Crearase un número de usuario para as aulas. Neste número de usuario os titores rexistrarán no programa meiga os libros da biblioteca que estarán localizados nas diferentes bibliotecas de aula. Será preciso mercar outros recursos bibliográficos. Priorizaremos materiais audiovisuais e sonoros xa que son escasos, e recursos propios para desenvolver o lema anual e recursos bibliográficos destinados ás familias (escola de pais). 4.2. DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DE RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS O equipo de biblioteca tentará en todo momento a compra, promoción e dinamización de recursos que fomenten o desenvolvemento integral da comunidade educativa. Para tal fin, teremos en conta as necesidades e intereses dos alumnos, mestres e familias que nos farán chegar as súas peticións a través dunha caixa de correo que colocaremos na biblioteca. Todos os recursos novos que cheguen á biblioteca os colocaremos nun andel especial para as novidades. Mochilas viaxeiras: cada aula terá una mochila viaxeira na que se meterán recursos bibliográficos en castelán, galego, inglés e recursos sonoros . Plantexámonos nun futuro incluír recursos audiovisuais, libros para as familias entre outros recursos. Cada trimestre elaboraremos unha circular informativa con diferentes recomendacións de lectura, resumo de actividades realizadas, etc. A páxina web tamén será fundamental na difusión de recursos bibliográficos, contos vivos, difusión de actividades levadas a cabo, etc. 89


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

4.3 ACTUACIÓNS PARA A FORMACIÓN DE USUARIOS O equipo de biblioteca como cada ano, realizará una visita de todos os grupos de alumnos á biblioteca na que Broli, a mascota do colexio, lles explicará como están ordenados os libros, onde poden atopar diferentes recursos bibliográficos, as normas de uso da biblioteca, etc. O alumnado a partir do 2º ciclo de educación primaria será o encargado de manter ordenados os libros, e o alumnado do 3º ciclo tamén poderá axudar nas labores de empréstito de libros aos seus compañeiros. 4.4 ACTUACIÓN S RELACIONADAS CON PROXECTOS E PROGRAMAS QUE SE ESTÁN LEVANDO A CABO NO CENTRO A biblioteca colaborará na medida do posible no desenvolvemento de diferentes programas que están en marcha no centro.  Proxecto lingüístico: a coordinadora do EDLG forma parte do equipo de biblioteca, polo que a relación e colaboración será constante e totalmente bidireccional. Participaremos no deseño e difusión das mochilas viaxeiras, na compra de material que este equipo precise para a realización de actividades conxuntas, marcar de algún xeito os recursos bibliográficos en galego…  Plan de convivencia: Na biblioteca dedicarase un recuncho especial para aqueles libros temáticos relacionados cos valores, e con temas de cooperación, solidariedade e convivencia. A biblioteca colaborará estreitamente na semana da convivencia e no día da paz, propoñendo actividades, dinamizando recursos bibliográficos específicos.  Plan de Tics: O equipo de biblioteca terá en conta as accións prioritarias recollidas no plan de Tics, e adecuarase a elas para o deseño e desenvolvemento das actividades dinamizadoras que dende a biblioteca se propoñan. Implicación das TICS na lectura:  Ensinanza de recursos cos que dominar as funcións básicas do ordenador: escribir, buscar información e almacenala.  Utilizar o ordenador para realizar traballos escolares.  Visitar páxinas de literatura infantil e atopar información  Escoitar contos na web.  Usar software educativo. A páxina web tamén será fundamental na difusión de recursos bibliográficos, contos vivos, difusión de actividades levadas a cabo, etc. 90


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

 Plan de actividades complementarias: A biblioteca fará todas aquelas propostas ao equipo de actividades complementarias e aos ciclos, que considere oportunas para o desenvolvemento deste plan lector: contacontos, visitas de autores e ilustradores, proposta de actividades relacionadas co festexo das diferentes celebracións que se levarán a cabo do presente curso escolar. Así mesmo reservará un lugar especial na biblioteca para aqueles recursos bibliogáficos propios de cada celebración: samaín, Nadal, día da Paz, Entroido, día dos dereitos humanos. Letras galegas, etc.  Plan proxecta: O equipo de biblioteca deseñará actividades e dinamizará recursos bibliográficos relacionados coa educación para a saúde, alimentación saudable, consumo responsable, etc. Fará coincidir a difusión e deseño destas actividades nas semanas nas que se levará a cabo o plan proxecta no colexio.  Contratos programa: a biblioteca tamén colaborará na medida das súas posibilidades no desenvolvemento dos contratos programa que se realicen no centro. 4.5. ACTUACIÓNS ENCAMIÑADAS PARA A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS Durante o presente curso o equipo da biblioteca en coordinación co claustro de mestres realizará campañas de sensibilización pola lectura no ámbito familiar mediante suxerencias e recomendacións nas reunións de ciclo ou de aula, circulares trimestrais con lecturas recomendadas… Tentaremos dotar á biblioteca con recursos bibliográficos que axuden ás familias a contribuír na educación dos seus fillos.Cando teñamos un número considerable de recursos bibliográficos temos como obxectivo crear unha biblioteca para familias. Retomamos a campaña FOMENTO DA LECTURA realizada en infantil durante catro cursos, na que os nenos lían un libro na casa e xunto coas familias elaboraban un traballo plástico relativo ao mesmo e tentamos estendela a todos os ciclos. Ofertarase aos familiares a posibilidade de participar nalgunha actividade de contacontos ou lectura de libros. Tamén se levarán a cabo actividades nas que as familias teñan que mostrarnos os seus hábitos lectores (pesqueite lendo, e ti que les?) 5 . ACTIVIDADES A DESENVOLVER DURANTE O CURSO ESCOLAR 13-14. A continuación exponemos dous cadros coas actividades de cada etapa:

91


ACTIVIDADE CARA O DESENVOLVEMENTO DA LECTOESCRITURA

ACTIVIDADES ORIENTADAS AO DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL

PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

EDUCACIÓN INFANTIL Para o desenvolvemento Acollida e asemblea progresivo da linguaxe Crear e inventar contos oral Inventar principios e finais diferentes Para o desenvolvemento Lectura de contos da escoita participativa e Formulación de preguntas sobre o conto comprensiva Secuenciación e ordenación de imaxes Descubrir erros nun conto coñecido Identificación das partes do libro: título, personaxes. Desenvolvemento da dimensión cognitiva da lingua oral Diferenciación de distintos tipos de texto: conto, poesía … Actividades para coñecer Conversar sobre noticias nos medios de comunicación as características propias escritores, ilustradores e libros. da fala Creación de pareados, poesías co vocabulario dos contos Participación en sesións de contacontos

Actividades para desenvolver a expresividade

Dramatización de contos Asistencia a representacións de títeres e sombras chinescas Realización de act. plásticas a partires dun conto Manipulación e manexo de contos Lectura de imaxes

Actividades para fomentar a lectura

Lectura en diferentes soportes: libros, revistas, fotos, música, pintura… Lectura de pequenas frases en distintos tipos de letra Mochilas viaxeiras (1 vez ao curso) con libros e contos en galego, castelán, inglés, cd, libro para pais.. Participación na “Hora de ler”

Actividades orientadas ao desenvolvemento da escritura

Bolsas viaxeiras : os venres os nenos levarán na súa bolsa un conto diferente. Hai tantos como semanas do curso dende o mes de outubro. Escritura de receitas do taller de cociña Completar frases Escribir o nome do protagonista do conto Encher fichas de préstamo de libros: nome, título e data

92

S (1) P (2) P S S P P P

P S P P P P P S S S S S S P P S P S


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

ACTIVIDADESPARA ODESENVOLVEMENTO DA LECTOESCRITURA

ACTIVIDADES ORIENTADAS AO DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL

PRIMEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Actividades para o desenvolvemento progresivo da linguaxe oral Para o desenvolvemento da escoita participativa e comprensiva

Narración de sucesos Realización de xogos de expresión oral, faladoiros. Creación de historias encadeadas. Contar contos que os pais lles contan. Memorización por repetición de cancións, adiviñas… relacionados cos contos. Comprensión das actividades nas distintas materias, recollidas nos libros de referencia.

Para o desenvolvemento da dimensión cognitiva da fala Para coñecer as características propias da lingua falada

Facer preguntas e respostar dun xeito cada vez máis elaborado. Responder as preguntas sobre os contos que se lles len na “hora de ler” e ir facendo o resumo. Elaboración oral previa de mensaxes escritas Identificación de personaxes, tempo ou lugar dunha narración escoitada. Facer lecturas dialogadas e escenificar diálogos.

Actividades para desenvolver expresividade

Lectura en voz alta con todo o alumnado. Seguimento da lectura en gran grupo. Uso de préstamo de libros, para fomentar o gusto pola lectura e adquirir o hábito lector.

Actividades para fomentar a lectura

Actividades orientadas ao desenvolvemento da escritura

Bolsas e mochilas viaxeiras. Uso dun texto sinxelo para ler no tempo libre con preguntas para contestar, oral ou escritas

P(2) P P S(1) S

S P S S S S P S

Ler lecturas con sinfons, para practicalos e favorecer a fixación visual Recomendación de libros adecuados á idade e relacionados coa temática do Plambe: “De boa tinta” Participación na “Hora de ler” Elaboración de contos a partir de debuxos ou viñetas. Mellora na presentación de traballos escritos Escritura de pequenos poemas, cancións, refráns, etc relacionados co noso lema. Facer rimas a partir de palabras dadas. Favorecer a escritura de textos simples pero completos: comunicados, notas, listas, invitacións, felicitacións…

P

Participación nas actividades da Brolibreta.

S

93

P S P S P S


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

ACTIVIDADES PARA O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADES ORIENTADAS AO LECTOESCRITURA DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL

SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Actividades para o desenvolvemento progresivo da linguaxe oral

Para o desenvolvemento da escoita participativa e comprensiva Para o desenvolvemento da dimensión cognitiva da oral Para coñecer as caract. da fala Actividades para desenvolver a expresividade

Actividades para fomentar a lectura

Actividades orientadas ao desenvolvemento da escritura

Describir obxectos, animais, persoas,… Inventar relatos orais Variar relatos inventando outro comezo ou final, cambiando personaxes… Mellorar na narración de sucesos Dar opinións propias Participación en diálogos e debates Adiviñar a partires de preguntas, pistas Memorización de cancións, adiviñas do lema anual, … Averiguar ideas principais de textos orais Expoñer informacións con axuda de imaxes ou pequenos esquemas

P(2) P P S(1) S P P P S P

Corrixir errores individual ou colectivamente dunha narración escoitada

P

Asistir a representacións teatrais, contacontos Escoitar contos en distintas páxinas web Escoitar as lecturas das materias nos cds Lectura diaria realizada polo mestre para estimular o goce pola lectura Organización da biblioteca de aula Troco de libros da biblioteca de aula Emplearase un tempo para a lectura en voz alta e recomendarase o uso do dicionario

P P S S

Visionado de películas, adaptacións de libros relacionados co tema do Plambe Lectura compartida de dous libros por aula Participación na “hora de ler” Talleres de poesías, contos, … Elaboración de libros de chistes, refráns, trabalinguas, adiviñas,etc Participación en concursos de escritura ou de investigación (O mellor periodista, …) Exercicios de comprensión de información literal e de búsqueda de información Participación nas actividades da Brolibreta

94

S S S P S S P P P

S S


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

ACT. PARA O DESENVOLVEMENTO DA LECTOESCRITURA

ACTIVIDADES ORIENTADAS AO DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL

TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Actividades para o desenvolvemento progresivo da linguaxe oral Actividades para o desenvolvemento da escoita participativa e comprensiva Para o desenvolvemento da dimensión cognitiva da lingua oral Actividades para coñecer as características propias da fala Actividades para desenvolver a expresividade

Actividades para fomentar a lectura

Actividades orientadas ao desenvolvemento da escritura

* (1)Actividade sistemática

Relatar contos ou historias coñecidas con expresividade axeitada á idade e preferentemente relacionada co lema anual Respostar cuestións sobre temas ou opinións dadas Plantexar preguntas ou dúbidas Memorización de distintos textos orais Seguir instrucións orais complexas Comprender informacións e ideas das áreas curriculares Expoñer información con esquemas ou gráficos Formular hipóteses e contrastalas Definir termos específicos das áreas Traballo con textos locutados nos cds Identificar estruturas e formas lingüísticas na fala Diferenciar textos orais distintos

P(2)

Lectura expresiva de textos distintos, tamén literarios Asistencia a obras de teatro Escoitar contos en páxinas web Organización da biblioteca de aula e colaboración no etiquetado dos libros e control de entradas e saídas Intercambio de libros persoais de cadaquén Lectura diaria realizada polo mestre para servir como referente lector Manexo de textos para a búsqueda de información en distinto soportes Manexo da prensa unha vez por semana como mínimo Lectura compartida de tres libros por aula Participación na “Hora de ler” Elaboración de composicións escritas máis elaboradas e correctas coa temática dos autores de libros e ilustradores.

S P P S

Exercicios sobre a estrutura do texto, o estilo, etc Talleres de escritura creativa Traballar textos con comprensión lectora Buscar en webs información para elaborar proxectos Participación nas actividades propostas na Brolibreta Aprender a usar a Opacmeiga: “Descubrindo o meiga”

* (2)Actividade puntual 95

S(1) S P P S S P S S P P

P S P S S S S S P S P S P


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

ALGUNHAS ACTIVIDADES COORDINADAS POLA BIBLIOTECA Visitas guiadas á biblioteca escolar para ler os carteis, coñecer as seccións, diferenciar os libros das distintas seccións, observar a etiqueta que identifica a cada un colocalos usando os marcadores individuais ( BROLITO R), … Servirá como recordatorio aos nenos do centro e para aprender aos novos alumnos. Decoración da biblioteca adecuada co lema anual “De boa tinta” Implicación da mascota da biblioteca (BROLI) en todas as accións promovidas dende a biblioteca e así BROLI chega cunha gran pluma estilográfica que representa a capacidade de escribir e ilustrar libros. Elaboración de puntos de lectura e marcadores para a biblioteca relacionados coa temática para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Implicar ao alumnado na dinamización da biblioteca, fomentando a aparición de “Brolitecarios” que axudarán aos compañeiros a coñecer o funcionamento da mesma. Promover a participación de todas as familias na campaña de “bolsas e mochilas viaxeiras” Control e rexistro en cada titoría das “bolsas viaxeiras” Buscar libros de poesía que se poidan relacionar coa temática anual.

1º T

1º T. 1º T.

1º T. 1º T.

1º T. SEMANAL 2º T.

Xogamos coa CDU que nos trouxo Broli o curso pasado e aprendemos que se agocha tras cada número. Incentivar a asistencia a outras bibliotecas reais e virtuais.

ANUAL

Continuar traballando no blog “O B RATIÑO DE BROLI” da nosa biblioteca de centro, incluíndo unha sección de novidades e enlazando recursos existentes que permitan desenvolver competencias básicas. Promover xornadas de contacontos. VISIONAR DOC MENTOS, PELÍC LAS DOC MENTAIS… Traballo conxunto co equipo de Normalización lingüística na procura dun mellor desenvolvemento da lingua galega Facilitar a adquisición do trilingúismo por parte do alumnado do colexio presentando recursos nos idiomas empregados no centro. Iniciar unha CDU virtual xunto co equipo de Tics para dispor del no noso blog e que permita a consulta de recursos en rede organizados por CDU. Implicar as titorías e especialidades na realización de proxectos que xiren en torno ao lema. No MAGOSTO,no NADAL, no DIA da PAZ, ... promoveranse actividades lectoras e escritoras tentando relacionalas coa temática do ano. No ENTROIDO recrearemos aos escritores, personaxes de contos clásicos, as bandas

ANUAL

96

ANUAL

ANUAL ANUAL ANUAL ANUAL ANUAL


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

deseñadas. etc. Na Semana da PRENSA buscaremos en xornais, impreso ou dixital, noticias sobre escritores e novas publicacións de libros. No Día das LETRAS GALEGAS farase unha representación teatral coa axuda da monitora de teatro. Exposición de traballos individuais ou colectivos que xurdan como resultado de talleres creativos Apadriña a un futuro gran lector : Os lectores máis competentes lles len historias e axudan para mellorar nesas competencias a outros compañeiros. Elaboración de guías de recomendacións lectoras. Elaborar un proxecto a partir das aulas bilingües. Campaña AMILIBRO INVISIBLE na que os nenos/as traen cada un seu libro e intercámbiano cos seus compañeiros Revisión de todo o material das bolsas viaxeiras

ANUAL

ANUAL ANUAL ANUAL 3º T. 3º T. 3º T.

6. TEMPORALIZACIÓN O tempo adicado a actividades de lectura e todos os días da semana 20 minutos á volta do recreo que chamamos “Hora de ler” para lectura individual. Non podemos esquecer o tempo que se lle adica en cada unha das áreas á lectura en voz alta. Ademais todas as semanas se adica unha sesión en cada titoría á lectura colectiva ALECTHORA (no que corresponde a primaria). En Educación Infantil teñen esa “Hora de ler” todos os días. Cada aula disporá dunha sesión semanal para o uso da biblioteca de centro. Haberá posibilidade de aumentar o número de sesións en función de necesidades e dispoñibilidade... A biblioteca permanecerá aberta todas as tardes para a realización de empréstitos ou a realización de algún traballo de investigación. Neste curso escolar tamén pretendemos que a biblioteca estea aberta para o alumnado na hora de recreo. 7. RECURSOS HUMANOS O centro conta cun equipo dinamizador de biblioteca formado polos seguintes profesores:  Coordinación : Mª del Pilar Vila Nieto 

Membros :  Rosa Lago Núñez 97


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

   

Diana González García Guillermina Campo Enríquez Vanessa Paradelo Quevedo Tamar Adán García

Todos os membros deste equipo teñen una sesión no seu horario para a realización de actividades de dinamización da biblioteca, agás a coordinadora que dispón de 4 sesións semanas. Este equipo organizarase nas sesión de dinamización polo menos una vez ao mes, de tal xeito que a responsable coincide con membros de todos os ciclos para potenciar a coordinación nas dúas etapas educativas e optimizar o traballo. 8. SEGUEMENTO E AVALIACIÓN Establecese un seguimento trimestral do plan lector que se realizará ao finalizar cada un deles. Cada mestre levará un rexistro por escrito das incidencias, acertos, valoracións das actividades e experiencias postas en marcha. Empregaremos a ferramenta de autoavaliación ¿entre interrogantes? facilitada por Bibliotecas Escolares.

98


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sรกrdoma Moledo

PLAN PROXECTA

99


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sรกrdoma Moledo

100


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

CONTRATO-PROGRAMA

1.-INTRODUCIÓN. O CEIP Sárdoma-Moledo é consciente da necesidade de dar resposta á atención á diversidade, de atallar deficiencias e de optimizar o rendemento do alumnado ao longo do seu avance polo sistema educativo. Tamén quere apostar por favorecer o éxito escolar de todo o alumnado a pesar das desvantaxes sociofamiliares, quere tamén favorecer o desenvolvemento global, maduración, orientación e aprendizaxe do alumnado tendo en conta o medio social, familiar e ambiental no que vive. No curso 2012/2013 iniciamos dous grupos de PROA e despois de ver a boa acollida e resultado do programa, tanto entre as familias como entre o alumnado, é obligado aspirar a unha continuidade neste ambicioso proxecto tan necesario para o noso alumnado.Este alumnado manifesta problemas de falta de constancia e traballo na casa, así coma unha mala organización do estudio e do traballo individual. Estas dificultades proveñen en gran parte pola falta de recursos, de toda índole,das familias. Ademáis quere complementar esta actuación que se desenvolve fora do horario escolar coa actuación de reforzo da lectura, escritura e cáculo dentro do horario escolar.Con estas dúas actuacións pretendemos compensar as carencias e dificultades que manifesta gran parte do noso alumnado. 2.-CARACTERÍSTICAS DO CONTORNO SOCIOEDUCATIVO DO CENTRO QUE XUSTIFIQUEN A NECESIDADE DO CONTRATO-PROGRAMA. O CEIP Sárdoma-Moledo está situado ás aforas da cidade de Vigo, nunha zona rural con pouca poboación. Este alumnado permanece no centro dende as 9:30 que comezan as clases ata as 17:00 da tarde, xa que casi a totalidade do alumnado quédase no comedor e nas actividades extraescolares (xestionadas polo centro escolar). A maioría do alumnado procede de diferentes zonas do centro da cidade e en xeral son familias con baixos recursos económicos e baixo nivel sociocultural. Bastante alumnado acusa falta de rendemento (patente nos resultados das avaliacións) debido á desvantaxe socioeducativa pola súa procedencia e a da súa familia e moitos deles acuden a clases particulares ofrecidas por ONGs, por Benestar Social do Concello, etc… Actualmente contamos aproximadamente cun 38% de alumnado de familias inmigrantes (un 17 % de alumnado inmigrante e un 21% de alumnado que xa naceron en España pero pertencen a familias procedentes do estranxeiro, sobre todo de Brasil, Arxentina, Colombia, Uruguai, Ecuador, Perú, Nixeria, Ghana, Marrocos, Arxelia, India, crania, etc…,. Tamén temos varios nenos de minoría étnica xitana, alumnos musulmáns, etc... Moitas destas familias están a pasar moitas dificultades económicas e 101


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

ás veces terminan por retornar ao seu pais de orixe. Este alumnado está pouco estimulado, moitas son familias monoparentais ou desestructuradas, e ás veces manifestan outras problemáticas asociadas (minusvalía, TDH, problemas de conduta, etc…). Unha das nosas fortalezas como centro é que temos unha longa traxectoria de traballo a favor das diversidade do alumnado : nos últimos anos participamos todo o centro nunha investigación coa Universidade de Vic para traballar a aprendizaxe cooperativa, noutra ,durante tres cursos con a Universidade da Coruña, traballamos para mellorar a lectura no alumnado de educación infantil; este será o terceiro curso participando no Plambe, participamos no Plan Proxecta, etc…actividades e proxectos para favorecer unha mellor formación do noso alumnado Por todo esto, consideramos que sería moi positivo para ao noso alumnado e as familias o poder contar cun reforzo no centro, durante o horario escolar e fóra do horario escolar para que este alumnado sexa capaz de acadar os obxectivos da etapa con aproveitamento e vaian ben preparados á seguinte etapa de secundaria previndo o fracaso escolar e favorecendo o éxito escolar. Co contrato–programa pretendemos atallar esas deficiencias e optimizar o rendemento do ensino a través dunha axuda axeitada ao alumnado, ao longo do seu avance polo sistema educativo, dando resposta á atención á diversidade. Apostamos polo desenvolvemento, maduración, orientación e aprendizaxe dun grupo de alumnos, tendo en conta o medio escolar, familiar e ambiental no que viven. Pensamos nunha intervención dinámica, na que os programas e as actividades axuden ao desenvolvemento persoal e social do alumno. Tamén pretendemos axudar ás familias ao longo deste programa dándolles pautas para axudar aos seus fillos cara a unha mellora no seu rendemento. 3.- OBXECTIVOS QUE SE PERSEGUEN CO PROGRAMA. Con este programa pretendemos fundamentalmente mellorar os resultados académicos e as perspectivas escolares do alumnado matriculado no centro que presenta diversas dificultades que lle impiden continuar a marcha ordinaria das clases, fundamentalmente na adquisición das destrezas básicas e deste xeito dar ao alumnado o empellón que precisan para lograr o seguemento do ritmo de traballo diario, dentro da aula ordinaria. Por outra banda, pretendemos que o alumnado eleve o seu grao de autoestima, eixe fundamental para lograr o éxito escolar. As dúas actuacións que solicitamos quedarían xustificadas xa que o que se pretende con ela é: 1.- Mellorar os resultados educativos do centro. 2.- Favorecer a integración escolar e social dos alumnos/as. 102


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

3.- Acadar unha maior calidade educativa. 4.- Reforzar e afianzar aspectos das materias elementais. 5.- Fortalecer a adquisición das competencias básicas. 6.- Concienciar e apoiar ás familias da importancia do seguimento dos estudos dos seus fillos. 7.- Dotar ao alumnos/as das ferramentas básicas que favorezan a responsabilidade, interés e curiosidade cara ao estudo. 8.- Adquirir hábitos de estudo eficaces e eficientes. 4.- RELACIÓN DE ACTUACIÓNS QUE SE PRETENDEN DESENVOLVER. SOLICITAMOS as actuacións:

A.- REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO pola modalidade de ACOMPAÑAMENTO ESCOLAR FORA DO HORARIO LECTIVO cun profesor acompañante coa que pretendemos contribuir a mellorar o rendemento dos nosos alumnos.

B.- REFORZO DA LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO, dentro do horario escolar artellado mediante Obradoiros. A.- REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO pola modalidade de ACOMPAÑAMENTO ESCOLAR FORA DO HORARIO LECTIVO cun profesor acompañante Dadas as características do centro no que casi a totalidade do alumnado, a día de hoxe, permanece no centro dende á mañá ata as 17h, cando rematan as actividades extraescolares, o alonxado que está o centro escolar das casas dos alumnos, da necesidade de transporte escolar para voltar ás súas casas, etc…. SOLICITAMOS o acompañamento escolar para os alumnos do 2º/3º ciclo de primaria coa formación de dous grupos, un para os alumnos de 2º ciclo e outro para os alumnos do 3º ciclo, cunha ratio máxima cada un deles de 15 alumnos. Cada un dos grupos tería dúas horas de clase, dous días a semana de forma alterna. Cada grupo recibiría atención por parte dun profesor durante dúas horas dous días á semana dende as 15:50h ata as 17:50h.

103


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

5.-HORARIO DE APERTURA E PECHE DO CENTRO. Solicitamos o seguinte horario:

Horario

Luns

Martes

mércores

xoves

15:50h a 17:50h

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 1

Grupo 2

Estas medida levaríase a cabo entre os meses de outubro e maio, fóra do horario lectivo, e utilizando as instalacións do centro. 6- ACTUACIÓN DE ACOMPAÑANTE FÓRA DO HORARIO ESCOLAR. 6.1.- RAZÓNS QUE XUSTIFICAN A NECESIDADE DE ACTUACIÓN As razóns polas que solicitamos esta actuación de acompañamento fóra do horario escolar son: o É un alumnado con baixo rendemento respecto ás súas capacidades. o Por pertencer a familias con baixos recursos e con desvantaxe social, non teñen axuda para realizar as tarefas escolares na casa. o Por ser alumnos cun baixo nivel de autoestima e con baixa estimulación. o Polos baixos resultados nas avaliacións ordinarias e na avaliación diagnóstica. Os resultados da Avaliación diagnóstica no curso 2010/2011 e 2011/2012 foron significativamente baixos en relación cos centros de iguais características, na área de matemáticas. Na área lingüística obtivemos peores resultados na escritura, sen dar resultados significativamente baixos nesta área. Os resultados do curso 2012-2013 foron foron moi positivos en relación aos últimos anos, non dando diferencias significativas con respecto aos centros de referencia. 6.2.- ALUMNADO AO QUE VAI DESTINADA ESTA ACTUACIÓN A actuación de acompañamento fóra do horario escolar vai destinado aos alumnos do 2º e 3º ciclo de EP. A modalidade fundaméntase nun grupo máximo de traballo de quince alumnos do 2º ciclo e 3º ciclo dirixidos por un profesor encargado de impartir a totalidade dos contidos co fin de favorecer o control, a avaliación e a coordinación coas familias a partir da titoría dos mesmos. Dos alumnos de 6º de EP a metade da clase teñen significativas dificultades de aprendizaxe. Todo este alumnado recibe unha atención especial polo Departamento de Orientación durante este curso, xunto con outros profesionais, valorou a estes nenos e organizou os apoios. Este nivel recibíu apoio por parte dos especialistas de pedagoxía 104


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

terapéutica, da especialista de AL, reforzo do profesorado con disponibilidade horaria, etc… acoden moitos a servicios de voluntariado fóra do colexio, pero todo esto é insuficiente e os resultados académicos son baixos. Aparte deste grupo o resto do alumnado destes ciclos necesitarían axuda para mellorar as súas aprendizaxes e moitos deles tamén acoden aos servizos de voluntariado de ONG e aos ofertados polo servizo de benestar social do Concello para este fin, xa que as familias non poden axudarlles. Con esta intervención búscase fundamentalmente a mellora dos resultados académicos, centrados nas áreas instrumentais de lingua e matemáticas. O acompañamento consistirá en resolver as dúbidas dos alumnos nestas áreas á vez que precisarán de axuda en posibles lagoas de cursos anteriores.

Por outra banda, preténdese atender ao alumnado naquelas necesidades de tipo emocional que poidan axudar a elevar o grao de autoestima e deste xeito fortalecer a consecución de resultados, basados en que o alumno aprenda a aprender: organización do traballo e tempo de estudo, integración social, mellora en habilidades sociais, etc. 6.3.-PROFESORADO IMPLICADO: CARACTERÍSTICAS DOS RECURSOS HUMANOS.

ORGANIZACIÓN

E

Para levar á práctica a actuación solicitada precisaríase: o Un mestre acompañante a media xornada que a Consellería deberá contratar. Un mestre de tal xeito que luns e mércores estaría cun grupo e martes e xoves co outro grupo. o Un mestre coordinador: precisarase da figura do mestre coordinador, a cal terá que percibir a correspondente gratificación económica a determinar pola Consellería de Educación. A súa intervención no programa levaríase á práctica duas horas semanais como máximo, pola tarde. Será a directora que ademáis é a especialista de Pedagoxía Terapéutica. Para levar a cabo este programa o profesorado do centro necesitará estar coordinado co profesorado acompañante, este require unha formación no tratamento de alumnado con dificultades de aprendizaxe, coñecemento de estratexias para motivar ao alumnado, desenvolvemento de habilidades sociais, etc…. Será importante dotar dunhas xornadas de formación que oriente ao posible mestre acompañante. Tamén deberá asistir a esas xornadas de formación o mestre coordinador. É importante que o mestre acompañante teña algún tipo de experiencia neste tipo de programas. As familias son outro dos pilares importantes coas que haberá que traballar de forma coordinada.

105


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

6.4.- ACCIÓNS CONCRETAS QUE SE VAN DESENVOLVER. Para desevolver esta actuación levaremos a cabo os seguintes pasos: 1.-O mestre coordinador será o responsable de pór en marcha o programa, para o que, unha vez autorizado pola Consellería, faga unha preselección dos alumnos continuando os que xa iniciaron este curso, tendo en conta datos do Dpto. de Orientacióndatos da última avaliación, datos e opinión dos mestres titores, etc…Terase en conta: retrasos no proceso de maduración persoal, escaso integración no grupo ou no centro, ausencia de hábitos de traballo, retraso no proceso de aprendizaxe das áreas instrumentais básicas, etc… 2.- Unha vez elaborada esa lista de posibles candidatos, deberá informar ás familias no mes de setembro comunicándolles a posibilidade de que os seus fillos/as formen parte do programa. As familias que estén dacordo manifestarán a súa conformidade a participar no mesmo asinando unha autorización, comprometéndose á participación dos seus fillos/as, así como a xustificar a non asistencia dos mesmos ao programa. Na 1ª reunión coas familias informarase das características do programa e lles resolverá as posibles dúbidas que teñan. 3.- Manterase contacto permanente coas familias informando de forma puntual daquelas incidencias que acontezan ao longo do programa, para elo, o mestre acompañante, cubrirá un parte diario das incidencias acontecidas que serán postas en coñecemento do mestre coordinador o cal comunciarallo ás familias. 4.- Unha vez ao trimestre e coincidindo coa entrega de notas dos titores, as familias terán á oportunidade de comentar ou recibir información do mestre acompañante. As familias deberán facerse responsables do seguimento dos seus fillos/as. 5.- O mestre coordinador elaborará o modelo de intercambio de información entre el e os titores e o mestre acompañante. O mestre acompañante cubrirá un pequeño informe que se adxuntará ás notas trimestrais. Nas reunións semanais de coordinación, o mestre acompañante informará das incidencias do programa ao coordinador, especialmente das ausencias do alumnado; e o coordinador trasladará esas incidencias ás familias ou aos titores. 6.- O mestre coordinador deberá informar das peculiaridades e características dos alumnos ao mestre acompañante e unha vez ao trimestre informaráselle detalladamente aos titores e as familias da marcha dos alumnos no programa. Buscará colaboración e apoio por parte de todos (familia –titores-profesor acompañante ) 7.-Todas as actuacións e intervencións quedarán reflectidas polo coordinador no libro de actas do programa. 106


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

8.-O mestre acompañante levará á práctica a atención directa dos alumnos, aplicando o programa establecido e tendo en conta a información suministrada polo coordinador do programa e os mestres titores. 9.-O primeiro paso será establecer unha canle de confianza e empatía entre o alumnado e a profesora acompañante, explicándolle que é o que se agarda del (compromiso e esforzo para acadar pequenas metas que favorezan o seu proceso de maduración e o seu proceso de aprendizaxe) e que lle podemos ofrecer (axuda para acadar esas metas, orientación, comprensión). 10.-A organización dos grupos, en canto espacios e tempo, será flexible e dinámica, fomentarase o traballo cooperativo e de equipo. 6.5.-LOGROS QUE SE PERSEGUEN E INDICADORES DE MEDIDA TEMPORALIZADOS. Tomando como referencia os baixos resultados das avaliaciones ordinarias, os resultados da avaliación diagnóstico e as necesidades educativas do alumnado con respecto á situación socioeconómica dos mesmos, pretendermos acadar os seguintes obxectivos con esta actuación:

Obxectivos: 1. Mellorar o rendemento escolar do alumnado que presenta unha desvantaxe educativa. 2. Contribuir a que o alumnado tome conciencia das súas posibilidades e supere as posibles dificultades de aprendizaxe. 3. Ofrecer unha guía e orientación personalizada o alumnado con dificultades. 4. Axudar a adquirir hábitos e actitudes relacionados co esforzo, constancia no traballo, e aprendizaxe de técnicas de estudo. 5. Fomentar o hábito lector e mellorar as súas habilidades na expresión escrita. 6. Potenciar a autoestima para facilitar a integración escolar aumentando as súas expectativas. 7. Fomentar a autonomía do alumno no seu proceso de aprendizaxe fóra do horario escolar. 8. Mellorar as habilidades sociais do alumnado para aumentar a súa capacidade de comunicación cos demáis. 9. Reforzar coñecementos e destrezas das áreas instrumentais. 10. Mellorar a comprensión lectora, a comprensión lóxico-matemática e animar ao uso da lectura cotiá como práctica no tempo de lecer. As áreas de mellora que se consideran prioritarias son: 107


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Ámbito familiar: buscar estratexias para que as familias asuman a responsabilidade na educación dos seus fillos e se impliquen, na medida das súas posibilidades, na búsqueda de solución aos problemas e dificultades dos mesmos. Autoestima: incentivar ao alumnado para mellorar a súa autoestima, deseñando actividades específicas a tal efecto. Ámbito de traballo: axudar ao alumno para que adquira hábitos de organización no traballo. Áreas instrumentais: Lectura: deseño de actividades encaminadas a traballar habilidades e actitudes asociadas á lectura con distintos obxectivos: ler para estudar, ler para informarse e ler para divertirse.

Contidos. Os contidos estarán en estreita relación coas áreas anteriormente citadas. Daremos especial importancia aos procedementos e actitudes correspondente a cada concepto. Estos contidos traballaranse en coordinación con profesor titor, polo que as actividades de axuda ás tarefas escolares trataranse aquelos contidos programados e explicados con anterioridade polo profesor titor. Priorizaremos contidos concretos, indispensables na vida cotiá. Os contidos, estarán centrados nas áreas de matemáticas e lingua e organízanse en tres subprogramas, quedando do seguinte xeito: 1.-Taller de actividades lóxico-matemático. 1.1- Estratexias de resolución de problemas 2. Taller de escritura e animación á lectura 2.1.Lectura e escritura de distintos tipos de textos. 2.2.Lecturas dirixidas e comprensión. 3. Programas de técnicas para aprender a aprender sobre todo aplicado a coñecemento do medio. 3.1. Técnicas de estudo. 3.2. Busca e manexo de información. 3.3. Elaboración e presentación de traballos. 3.4. Preparación de probas e exames tipo. 3.5. Organización do traballo. 3.6. Actualización de tarefas pendentes. 4.- Programa de Habilidades Sociais. 108


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

4.1. Habilidades para a comunicación persoal. 4.2. Actitudes de traballo en equipo. MODELO DE XESTIÓN ORGANIZATIVA E PEDAGÓXICA Abordamos o traballo dende a atención personalizada referida ás dificultades persoais que cada alumno ten para a adquisición das distintas competencias definidas polo currículo de Educación Primaria a partir dunha tarefa común para todos. As características que definen ao grupo permiten traballar dun modo aberto, flexible e participativo favorecendo que o alumno sexa suxeito activo na construcción das súas aprendizaxes. Neste senso o docente convértese en asesor, guía e orientador do alumno no proceso de aprendizaxe. O material de traballo e os procedementos didácticos para cada sesión elíxense dun modo consensuado entre o coordinador e o mestre que imparte as clases, co fin de dar homoxeneidade ao proceso de ensinanzaaprendizaxe. Abordaremos o traballo dende a atención individualizada referida ás dificultades persoais que cada alumno ten para a adquisición das distintas capacidades definidas polo currículo de Educación Primaria a partir dunha tarefa común para todos. Trataremos de: o Crear un sistema de responsabilidade compartida entre o titor e os mestres implicados para dinamizar cada unha das actividades o Colaboración e implicación co equipo de biblioteca para a mellora do plan de lectura establecido no proxecto lector( neste curso nos iniciamos no PLAMBE e continuaremos no vindeiro curso) o Colaboración co DO na elaboración dunha programación axeitada ás necesidades. o Implicación da xefatura de estudos na adaptación dos horarios para que resulte viable a realización do agrupamento flexible 6.6.-ESTRATEXIAS DE COORDINACIÓN ENTRE CENTROS TRANSICIÓN DO ALUMNADO DE PRIMARIA A SECUNDARIA.

NA

A clave será a COORDINACIÓN entre o traballo desenvolvido pola mañá e pola tarde A coordinación con centros do entorno levarase a cabo : • Co IES de BEADE ao que estamos adscritos, mediante as reunións trimestrais dos membros do Dpto. de Orientación da zona, para buscar medidas que permitan os encontros e o intercambio entre primaria e secundaria para acadar unha progresión na metodoloxía empregada, evitando os saltos cualitativos e mellorando os canles de información. 109


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

• Con outros CEIP da zona: estudiarase a posiblidade e viabilidade de realizar unha pequena convivencia con outros CEIP do entorno que leve a práctica o mesmo programa e realizar un intercambio de experiencias. 6.7.- IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO O DOUTRAS INSTITUCIÓNS. Un dos obxectivos é a implicación das familias neste proxecto, darlles formación e estratexias para que continúen na casa coa labor iniciada no centro, darlles pautas para que axuden aos seus fillos a xestionar o tempo, a traballar xuntos na procura dunha autoestima positiva dos seus fillos, a que valoren o esforzo, etc… A implicación dos servizos sociais do concello: xa que haberá familias nas que será importante a súa intervención e colaboración para que os fillos das mesmas acudan e participen no programa. Será preciso unha colaboración extrema entre coordinador e persoal destes servicios sociais, para lograr que aqueles casos de alumnos de medios socialmente desfavorecidos veñan, asistan e se impliquen no programa (con Cáritas, servizos de benestar social, etc…). Xa que moitas das familias están derivadas a estes servizos e as traballadoras sociais están realizando intervencións coas familias 6.8.- RECURSOS NECESARIOS CUANTIFICADOS. O coordinador será o encargado de canalizar e implicar a todo o profesorado na búsca ou elaboración de materiais e recursos axeitado a este alumnado. Recursos necesarios: 1.- Un mestre acompañante a media xornada. 2.- Gastos de funcionamento e recursos do programa, no que estarán incluidos TODOS os recursos materiais que se precisen, tamén subvencionar os gastos de comedor para alumnos que o necesitan: 600 euros. 3.- Gastos de transporte do programa: 60 euros+ IVE por día. 6.9.-PROCESO DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN INTERNA. Partiremos de tres momentos do proceso avaliativo: o Avaliación Inicial: Diagnóstico das necesidades individuais e de grupos como recurso que nos permite ter acceso aos coñecementos previos do alumno tanto ao principio como ao inicio de cada unidade e que permitirán marcar obxectivos realizables e acadables. Esta avaliación nos permite valorar as habilidades do alumnado e as necesidades do mesmo ao redor da adquisición dos obxectivos propostos a partir dos cales se realizará a planificación do traballo. 110


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

o Avaliación Continua: Avaliando cada actividade e observando si se van conseguindo os obxectivos fixados, é dicir, permítenos ter coñecemento do momento no que se atopa o alumno. o Avaliación Final: Ao final do programa haberá unha avaliación e autoavaliación do alumnado, do profesorado e das familias. Tentaremos que o alumno participe dun xeito activo no proceso avaliativo sendo consciente e valorando a súa evolución positiva. En cada sesión de avaliación trimestral, realizaranse un pequeno informe individualizado dos logros de cada un dos alumnos, que se lle fará chegar aos titores e familia. 6.10.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 1.-Grao de cumprimento das liñas prioritarias. 2.-Nivel de coordinación e implicación do profesorado no desenvolvemento do Programa de Reforzo e apoio. 3.-Nivel de coordinación acadado entre o centro e as familias do alumnado participante. 4.-Coordinación co equipo directivo. 5.-Coordinación co Departamento de Orientación. 6.-Nivel de integración do programa na dinámica xeral do centro. 7.-Nivel de mellora do rendemento do alumnado participante, en canto ao rendemento escolar e integración no centro.

7.- ACTUACIÓN : MELLORA DE LECTURA, ESCRITURA E CÁLCULO. 7.1.- XUSTIFICACIÓN DESTA ACTUACIÓN: A necesidade desta actuación nace dunha inquedanza do profesorado dende hai tempo para intervir e axudar ao noso alumnado ante a constatación do baixo nivel lectoescritor ( cústalles moitos ler e escribir ben, trasmitir as súas ideas, redactar, componer textos, etc… ademáis de amosar dificultades sobre todo na resolución de problemas matemáticos). Ademáis nas últimas Avaliacións Diagnósticas os resultados nestes ámbitos foron significativamente máis baixas que noutros centros de similares características, e co sistema de reforzos levado a cabo no centro de todo o profesorado co disponibilidade horaria non comprobábamos grandes cambios. Tamén participamos nun proxecto de investigación da Universidade da Coruña durante tres cursos ( do 2008 ao 2011) para o alumnado de educación infatil e 1º ciclo para mellorar a lectura e comprobamos que cando estas iniciativas están incorporadas no currículum os avances e melloras son máis sgnificativas. Por todo esto cremos que temos o

COMPROMISO de ofrecer un marco de aprendizaxe diferente para que este

111


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

alumnado acade unha boa competencia nestas áreas, chave para posteriores aprendizaxes. 7.2.-ALUMNADO AO QUE VAI DESTINADO: Os alumnos de primaria dende 1º a 6º que necesiten fortalecer as súas bases de lectura-comprensión, escritura e cálculo, algo importantísimo para acadar un bo desenvolvemento nas súas habilidades e competencias. Cremos que é convinte comezar a actuar canto antes posible para paliar as dificultades que a o noso alumnado amosan. Poden coincidir moitos dos alumnos de PROA nestes Obradoiros. 7.3.- HORARIO: Esta actuación irá integrada no horario de funcionamento xeral do centro. Esta actuación artellaríase entorno a Obradoiros de traballo nas áreas de lingua e matemáticas, respectivamente. O alumnado tería unha hora semanal dun Obradoiro de Linguas (MANS AS LINGUAS) e unha hora semanal de Obradoiro de Matemáticas (MANS AS MATE). Nestes obradoiros poderemos facer desdobramento dos grupos, unha parte do grupo traballará cun profesor e a outra metade, os alumnos con máis dificultades, traballará co mestre titor. Ambos grupos traballarán coordinados os mesmos contidos, pero de forma diferente. Deste xeito todo o alumnado beneficiaríase desta forma de traballo máis significativo. 7.4.- PROFESORADO IMPLICADO: organización e características dos recursos humanos. Nesta actuación participarían os titores dende 1º a 6º de Educación Primaria, e os profesores con disponibilidade horaria do centro. Tamén o profesor de Proa, se nos conceden esta actuación. Será necesario unha boa coordinación entre os mestres e planificación das actividades a realizar e levar a cabo unha boa avaliación modificando os aspectos necesarios para conseguir o éxito da tarefa. A colaboración do Departamento de Orientación será moi importante a ter en conta en cuanto a orientacións ,material,etc…. Pensamos que será mellor que o titor se encargue do alumnado con máis dificultades porque é o que mellor coñece a este alumnado e así poder axudalo. 7.5.- LOGROS QUE SE PERSEGUEN E INDICADORES DE MEDIDA TEMPORALIZADOS. Os Obxectivos que perseguimos serán cuantificable máis a longo prazo, no curso o cuantificaremos na mellora das cualificacións nas evaluacións. 1.- Dotar ao alumnado de estratexias de aprendizaxe en relación coa estimulación dos procesos cognitivos. 2.- Desenvolver técnicas de traballo intelectual de xeito colaborativo. 112


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

3.- Favorecer e mellorar a motivación do alumnado cara á aprendizaxe a través da construción dun ambiente de traballo positivo, onde empatia e comunicación sexan eixos fundamentais de traballo. 4.-Mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe así como o rendemento do alumnado. 5.-Potenciar a mellora das materias instrumentais do alumnado e mellorar o nivel de adquisición de competencias deste alumnado. 6.-Elevar os niveis de éxito escolar e os resultados escolares, para que o alumnado gañe en autoconfianza. 7.-Establecer vías para unha mellor atención ao alumnado con dificultades. 8.- Adquirir hábitos e habilidades de traballo en equipo. 7.6.- IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS DO ALUMNADO E DOUTRAS INSTITUCIÓNS. Na reunión ao principio de curso se lles informará ás familias destes obradoiros e da metodoloxía de traballo, trimestralmente recibirán información dos progresos dos seus fillos. En todo momento trataremos de buscar a súa colaboración e implicación no proxecto. 7.7.- RECURSOS NECESARIOS CUANTIFICADOS. Precisarase un coordinador da actuación, será a directora que é a especialista de Pedagoxía terapeútica.a mesma que para a actuación de reforzo fora do horario escolar (PROA) Tamén precesiremos dunha dotación económica para atender os gastos de funcionamento do programa, especialmente dos recursos materiais precisos para levar a cabo o proxecto dun xeito serio e eficiente: materiais manipulables, fotocopias, libros,etc… TOTAL estimado = 600 euros. 7.8.- ACCIÓNS CONCRETAS QUE SE VAN DESENVOLVER. Priorizaremos a motivación, utilizando novos contornos de apredizaxe, en contextos actuáis, reais, faciliatando o acceso a outros contidos. Promoveremos o desenvolvemento de estratexias intelectuais. Tentaremos de traballar de forma colaborativa. Obxectivos para a COMPETENCIA LECTOESCRITORA 

Estimular e consolidar o hábito da lectura.

Desenvolver habilidades de lectura crítica.

Crear ambientes lectores no colexio.

Fomentar a creación de ambientes lectores nas familias. 113


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Crear contextos reais e significativos para o uso da lingua escrita.

Crear necesidades de comunicarse utilizando a lingua escrita.

Metodoloxía: Iniciaremos o proceso pensando e decidindo en grupo que imos escribir, a quen e para que. Unha vez definido o obxectivo leremos moitos modelos do tipo de texto que imos escribir. Esta lectura será analizando en grupo a estructura do texto. Traballaremos sempre dende borradores e soamente cando esté totalmente correxido pasaremolo a limpo. Queremos abordar a escritura dende unha forma procesual: 1º-Analizando a situación global de comunicación: que vamos a escribir, para quen., para que escribo ( finalidade).PLANIFICACIÓN 2º.-Lendo variedade de textos coa mesma finalidade , forma, estilo. Lectura analítica da estructura do texto, da forma,etc…, proceso este grupal co axuda do profesor. LECTURA DE MODELOS 3º.- Creación de ideas sobre o texto a escribir, sin preocuparse da forma. 4º.-Ordenación das ideas e escritura do texto en borradores, dándolle a forma que queremos ( agora nos preocupamos do contido e da forma)CREACIÓN 5º.-Revisión do texto na ortografía e no contido.REVISIÓN 6º.-Paso final, cando estamos seguro de que conseguimos o noso obxectivo o pasamos a limpo o texto definitivo para entregalo. Os contidos , inicialmente, por meses serían: Obradoiro:MANS As LINGUAs outubro

novembro

Receitas

Redacción,

(comedor,

ou

postres

descripción

magosto,

de xogos,

pais)

coas normas, lembranzas

decembro Entrevistas

xaneiro

febreiro

marzo

Folleto

Correspondencias

Xornal

Publicitarios

(cartas amor,etc.)

Colexio, obxetos de

abril

xuño

Poesías

Biografía

(pes de

( cambiar

Autobio-

Felicitacións,

fotos)

poesías-os

grafías

dedicatorias

unha

nomes

(6º)

reportaxe

Caligramas

aulas

contos

maio

bilingües

Pangramas

venda, fin de

Tautogramas

curso,etc..

Lipogramas Anagramas

114


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Obradoiro: MANS As MATEs outubro

novembro

decembro

xaneiro

febreiro

marzo

Problemas

Moedas.

Reloxo.

Rebumbio

Medidas

Medidas

de

Resolución

Resolución de

de

de

numeración

de

problemas de

problemas

problemas

tempo.

con diñeiro.

abril

maio

xuño

Medidas

Rebumbio

Rebumbio

capacidade/

de

de

de

lonxitude.

resolución de

resolución

problemas

problemas

do

Resolución

problemas

de

do

do todo o

trimestre

de

problemas

trimestre

curso

de

peso/

problemas de medidas de lonxitude.

7.9.- PROCESO DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN INTERNA. Partiremos de tres momentos do proceso avaliativo: o Avaliación Inicial: Diagnóstico das necesidades individuais e de grupos como recurso que nos permite ter acceso aos coñecementos previos do alumno tanto ao principio como ao inicio de cada unidade e que permitirán marcar obxectivos realizables e acadables. Esta avaliación nos permite valorar as habilidades do alumnado e as necesidades do mesmo ao redor da adquisición dos obxectivos propostos a partir dos cales se realizará a planificación do traballo. o Avaliación Continua: Avaliando cada actividade e observando si se van conseguindo os obxectivos fixados, é dicir, permítenos ter coñecemento do momento no que se atopa o alumno. o Avaliación Final: Ao final do programa haberá unha avaliación e autoavaliación do alumnado, do profesorado e das familias. Tentaremos que o alumno participe dun xeito activo no proceso avaliativo sendo consciente e valorando a súa evolución positiva. En cada sesión de avaliación trimestral, realizaranse un pequeno informe individualizado dos logros de cada un dos alumnos, que se lle fará chegar aos titores e familia. 7.10.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 1.-Grao de cumprimento das liñas prioritarias. 2.-Nivel de coordinación e implicación do profesorado no desenvolvemento do Programa de Reforzo de lectura, escritura e cálculo. 115


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

3.-Nivel de coordinación acadado entre o centro e as familias do alumnado participante. 4.-Coordinación co equipo directivo. 5.-Coordinación co Departamento de Orientación. 6.-Nivel de integración do programa na dinámica xeral do centro. 7.-Nivel de mellora do rendemento do alumnado participante, en canto ao rendemento escolar e integración no centro. 8..-AVALIACIÓN DO DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA: 1.-Valorar a adecuación do programa de cara a satisfacer as necesidades previstas. 2.-Recoller información sobre a evolución e progreso do mesmo, co fin de identificar os puntos críticos e realizar as modificacións precisas. 3.-Valorar a consecución dos obxectivos e dos cambios producidos, previstos ou non. 4.-Ao finalizar o curso elaborarase unha memoria coa que se determinará o valor das actividades do programa e a súa contribución á consecución dos obxectivos. 9.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PROGRAMA: 1.-Grao de cumprimento das liñas prioritarias. 2.-Nivel de participación do profesorado no desenvolvemento do Programa. 3.- Nivel de coordinación acadado polo profesorado acompañante, titor e coordinador. 4.-Nivel de coordinación acadado entre o centro e as familias do alumnado participante. 5.-Incidencias do programa nas familias. 6.-Coordinación co equipo directivo. 7.-Coordinación co Departamento de Orientación. 8.-Grao de compromiso co programa dos servizos externos ao centro: asesor/a do CEFORE e da Administración. 9.-Nivel de integración do programa na dinámica xeral do centro. 10.-Nivel de mellora do rendemento do alumnado participante, en canto ao rendemento escolar e integración no centro. 11.-Incidencia na aula do programa con respecto ao alumnado participante. 12.-Adecuación dos recursos humanos e materiais. 13.-Pertinencia do deseño da avaliación de cara a aportar modificacións significativas ao plan do próximo curso.

116


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

PLANO DE INTEGRACIÓN DAS TIC CURSO ESCOLAR 2013-2014 1. Organización e funcionamento do centro Son moitas as tarefas que ten encomendada unha escola, e é por iso que o CEIP Sárdoma-Moledo pretende canalizalos a través das xuntas que os mestres teñen periodicamente: Claustro, Consello Escolar, reunión cos pais, reunións pedagóxicas (programacións) outras de caracter informativo, cultural... Estas reunións están programadas de 17.30 a 19.00 horas os martes, sempre que non teñan caracter urxente e haxa que facelas noutro horario. A xornada escolar distribúese no tempo de mañá. Comeza o horario ás 9:30 e remata ás 14:30. A maioría dos/as alumnos/as utiliza o comedor escolar, xestionado directamente polo propio centro por persoal funcionario tal e como dispón a Orde do 21 de febreiro de 2007. A lingua vehicular do alumnado cando se escolarizan é o castelán na súa maioría. No centro educativo lévase a cabo o plan de potenciación do galego coa finalidade de conseguir que os alumnos/as acaden un bilingüismo equilibrado, sendo competentes nas dúas linguas oficiais en Galicia, quedando isto recollido nos obxectivos do P.E. O número de profesores no centro é de quince: nove deles titores/as, un mestre de educación física, unha mestra de pedagoxía terapéutica, unha mestra de música, unha mestra de audición e linguaxe, un mestre de inglés, unha mestra de apoio en Educación Infantil. A maiores o centro conta con profesores itinerantes, como duas mestras de relixión e a orientadora. Os órganos de goberno no centro desenvólvense segundo o Decreto 374/1996 do 17 de outubro polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e de educación primaria. Entre os distintos órganos do centro atópanse o Consello Escolar - as reunións deste órgano celebrándose no día e hora que facilite a asistencia de tódolos membros, segundo establece a normativa xeral vixente- a Comisión Económica -integrada polo director, unha mestra, un representante dos titores dos alumnos e o secretario- o Claustro de Profesores/as formado por tódolos mestres/as, a Comisión Pedagóxica - presidida polo director do centro-, as titorías entre cuxas atribucións figuran a preparación da información das evaluacións-, os Equipos de Ciclo -encargados entre outras cousas de unificar a metodoloxía e estratexias de traballo no ciclo, pertencendo no meu caso ao equipo do primeiro ciclo, as tutorías (entre as cuxas tarefas atópase a preparación da información das evaluacións) e o equipo de normalización lingüística, integrado por un coordinador e un representante de cada ciclo. No centro existen equipos de traballo e dinamizadores tales como: dinamizadores das TIC, dinamizadores da bibliotecas, encargados da aula de plástica, encargados do equipo de convivencia e encargados das aulas bilingües.

117


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

2. Relación familia-escola O CEIP Sárdoma-Moledo é un centro aberto ao seu entorno natural, social e cultural, no que se fomenta as relacións con todas as institucións, comunidades e asociacións do seu ámbito. O centro ofértalles aos escolares transporte gratuito e comedor, ademais da realización de actividades extraescolares con aportación familiar. Por outra banda hai que salientar a indiferencia que mostra unha parte en absoluto desdeñable dos tutores legais dos alumnos/as cara a vida educativa do centro escolar, así como -sendo este un dos principais aspectos positivos do centro- a tolerancia xeneralizada do alumnado hacia os seus compañeiros, sen que existan casos de marxinación a pesares de proceder unha parte deles dun estratos socias moi baixos e da gran variedade de distintas etnias que conviven no colexio. Para enriquecer as relacións coas familias e que éstas poidan coñecer e disfrutar de todas as actividades realizadas no centro, temos a súa disposición unha pantalla na entrada do edificio principal con diferentes fotos e imaxes que se rotan das diferentes actividades que se leven a cabo no centro para fomentar así a tan importante relación familia-escola. 3. Iniciativas xa realizadas. A aula de Informática leva funcionando dende o curso escolar 2000-2001. Durante o curso escolar 2007/2008 nomeouse un dinamizador das TIC, o cal se encargou de redactar o Plan de Integración e de desenvolver diversas actividades arredor das TIC en coordinación co resto do profesorado do centro (nos anexos figuran os documentos utilizados polos docentes para traballar a ortografía e a lectoescritura a través de varias páxinas web). A maiores creouse a páxina web do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsardomamoledo/ diferentes Blogs: - Música: http://sardomamusica.blogspot.com.es/ - Educación vial: http://sardomavial.blogspot.com.es/ - Aulas bilingües: Plástica: http://obradoirosdearte.blogspot.com/ - Aula Pedagoxía Terapeútica: http://elauladeisbel.blogspot.com/ - Biblioteca: http://oburatodebroli.blogspot.com/ - Obradoiro Infantil: http://ceipsardomamoledo.blogspot.com.es/ Neste curso escolar 2013/2014, traballaremos coas TICs para o reforzo das distintas áreas en tódolos ciclos, tanto na Educación Infantil como en Primaria. Ademais da utilización dos libros interactivos das diferentes áreas como apoio ás mesmas. Todos os cursos teñen unha sesión semanal no horario escolar. O alumnado de primaria reforza contidos instrumetais, o profesor de EF é o encargado destas clases e traballa en coordinación cos distintos titores. A profesora de apoio a Educación Infantil é a encargada de impartir as clases de informática nesta etapa educativa.

118


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

4. PLANTEXAMENTO A. Enfoque teórico: obxectivos, contidos e metodoloxía desde o punto de vista integrador das novas tecnoloxías na educación. A.1. OBXETIVOS XERAIS: CENTRO Contribuír á integración dos novos medios nas aulas. Fomentar o uso dos medios informáticos como forma de romper con desigualdades sociais. Potenciar o emprego das TIC como ferramenta de traballo no proceso de ensino- aprendizaxe. Favorecer o perfeccionamento do profesorado e a súa utilización nas tarefas habituais do Centro: programacións, memorias, plans... Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte dos alumnos con necesidades educativas especiais e nas tarefas de apoio e reforzo das aprendizaxes. Conseguir que o alumnado acceda ao mundo de Internet con capacidade de procura de información e de tratamento crítico da mesma. Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida. Potenciar actividades de participación de toda a Comunidade Educativa nas diferentes actividades do Centro: páxina web, xornal escolar, actividades culturais, etc… ALUMNADO Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento. Espertar o interese por coñecer cousas diversas e lograr que utilicen as pautas adecuadas para chegar a información precisa. Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas. Potenciar a comunicación cos seus semellantes. Utilizar programas e contornas que faciliten a súa aprendizaxe das diferentes áreas do Currículo, así como favorecer a adquisición de habilidades e destrezas. PROFESORADO Mellorar o plantexamento pedagóxico a través das TIC. Empregar as TIC para o traballo cotián e as actividades de aula: programacións, actividades, controis, fichas,... Saber consultar e sacar información das TIC, tanto para temas profesionais 119


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

como para experiencias interesantes para a súa actividade docente. Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades e participar en foros, Chats,... e diversas redes de colaboración como Internet. Actualización e adquisición por parte do profesorado duns coñecementos teóricos e prácticos así como xerar unha dinámica de autoformación, de traballo en grupo e dun sentido crítico ante as novas tecnoloxías Fundamentar e desenvolver un novo modo de relación entre as novas tecnoloxías e a educación que podemos cualificar de INTEGRADOR. Adquisición por parte do profesorado duns coñecementos teóricos e prácticos, así como xerar unha dinámica de autoformación de confianza. Introducir as TIC no ensino de forma xeneralizada e innovadora, analizando os cambios que supoñen para o profesor, como mediador nos procesos de ensinoaprendizaxe. COMUNIDADE EDUCATIVA Lograr a integración das TIC como un medio dinámico de comunicación, sendo un elemento común de información e contacto con todos os axentes do proceso facilitando a conexión entre eles. A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha mecanismos para aprovechar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a adquisición por parte de nais e pais dos coñecemntos necesarios para un uso proveitoso das TIC. Argumentar e demostrar que o futuro das novas tecnoloxías da información e a comunicación, de cara a servir á sociedade, teñen que asumirse a través de proxectos educativos e desenvolverse dende eles. Ofrecer os nosos proxectos pedagóxicos, debidamente razoados e xustificados, de forma que sexan estes os que reclamen os medios a utilizar e non ao revés. Fundamentar e desenvolver un novo modo de relación entre as novas tecnoloxías e a educación que podemos cualificar de INTEGRADOR. ESPECÍFICOS DA AULA COMUNICACIÓN: comprender e expresar mensaxes con corrección, interpretando e utilizando axeitadamente os códigos correspondentes, tanto informáticos como da lingua oral e escrita. INFORMACIÓN: buscar e utilizar a información necesaria para poder resolver os traballos programados. INTERPRETACIÓN DO MEDIO: Aplicar os conceptos básicos adquiridos nas outras áreas para interpretar e comprender as aplicacións técnicas máis comúns. ESTRATEXIAS E PROCEDEMENTOS: aplicar estratexias de análise e resolución de problemas propios da informática. AUTOESTIMA: adquirir os coñecementos suficientes de si mesmos, das 120


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

súas posibilidades e das súas limitacións, para poder optimizar os logros persoais e potenciar a súa autoestima. TRABALLO EN EQUIPO: planificar e realizar traballos en equipo con actitude colaboradora. TRABALLO PERSOAL: Desenvolver hábitos de traballo persoal axeitados. SAÚDE: alcanzar un coñecemento suficiente do seu propio corpo e das normas de hixiene e saúde que motiven uns costumes saudabes, así como dos defectos e malos hábitos máis comúns durante o traballo con material informático. RESPECTO AO MEDIO: utilizar os seus coñecementos científicos e tecnolóxicos para saber aproveitar do medio natural e adoptar comportamentos de respecto ao medio. COÑECEMENTO: coñecer os conceptos, códigos e recursos básicos da materia para podelos aplicar en situacións cotiás. A.2. CONTIDOS Os nenos e nenas deben ter acceso fácil aos aparatos, deben poder manexalos utilizándoos para a función específica para a que se inventaron pero tamén investigando outras posibilidades. A. INFORMÁTICA. I. II.

A MÁQUINA COMO INSTRUMENTO DE COMUNICACIÓN E TRABALLO. ORDENADOR E SOFTWARE: - Procesador de textos. - Base de datos. - Aplicacións para tratar imaxes. - Traballos cos idiomas - SmartBoard, JClic, Ardora, TuxPaint, Paint… B. OS MULTIMEDIA E AS TELECOMUNICACIÓNS I. O ENCERADO DIXITAL - O seu uso didáctico - Traballamos nas distintas áreas. II. FOTOGRAFÍA - Cámara dixital. - Manexo do ordenador. - Montaxe de videos con Movie Maker. III. TELEVISIÓN E VÍDEOS - Proxección. 121


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

IV. INTERNET E O SEU USO NO ENSINO -

Utilización das distintas páxinas web con recursos educativos. A.3. METODOLOXÍA

Non se trata de cambiar radical e inmediatamente a metodoloxía de traballo na aula. Máis ben sería recomendable -e máis viable- contrarrestar paulatinamente o predominio de actividades nas que o alumnado ten poucas posibilidades de tomar a iniciativa xa que debe traballar segundo unhas directrices similares para todo o grupo, que se realizan de maneira simultánea e, as veces, deixando poucas posibilidades para interactuar. Incluir propostas variadas, con oportunidades para a participación máis activa e con maior interacción, é útil, ademais, para dar resposta ós distintos estilos de aprendizaxe. Da mesma forma propóñense prácticas que permitan incluir ás TIC con diversos grados de dificultade; é dicir, preténdese facilitar que se inclúan tamén progresivamente as tecnoloxías, en función dos coñecementos que vaian adquirindo tanto o profesorado mesmo como o seu alumnado. Algunhas actividades que poden supoñer unha aproximación a esta forma de aprendizaxe, no que se refere á utilización das tecnoloxías son as seguintes: Uso dos ordenadores e/ou de Internet como fonte de información: buscadores, enciclopedias, e outros materiales de consulta e investigación. Elaboración de traballos e todo tipo de produccións utilizando diversas ferramentas informáticas e/ou multimedia. Presentacións do alumnado ao seu grupo. Uso de medios de comunicación (radio,correo electrónico…) como recurso educativo. En xeral, todo tipo de traballo por proxectos de aprendizaxe xestionados polo alumnado co profesorado actuando como guía. Asimesmo para a metodoloxía de utilización de novas tecnoloxías da información debemos remitirnos as programacións de cada ciclo, nivel ou especialidade, xa que o profesorado responsable destas será o que decida o método de utilización das mesmas, aínda que sempre respectando unhas condicións mínimas de utilización que poderíamos resumir como: uso da sala de ordenadores só será posible se esta non está ocupada polas clases que se impartan de forma habitual nesta aula. uso por parte do alumnado dos ordenadores estará en todo momento supervisado por profesorado con coñecementos suficientes dos programas que se utilicen. As actividades faranse relacionadas cunha materia ou materias concretas ou cunha finalidade determinada previamente polo/a coordinador/a. A realización de actividades co ordenador (dixitais) en educación infantil 122


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

debe supor a eliminación de actividades tipo ficha (analóxicas.) En Educación Infantil o tempo da actividade non debe superar os o máis adecuado unha duración entre de entre 15 e 20.

’, sendo

No caso de requirir material funxible, o profesorado correspondente deberá solicitalo previamente. É moi importante facerlle comprender ó alumnado, antes da utilización da aula, a necesidade de respectar e tratar con coidado o material que se pon a súa disposición, pois trátase de material electrónico, moi sensible a unha mala utilización. O/a profesor/a, unha vez rematada a clase, revisará persoalmente que todos os ordenadores queden apagados. Metodoloxía a seguir cos/as alumnos/as: Espertar a interese do alumno polas novas tecnoloxías. Estimular a súa curiosidade e o seu interese na resolución de conflictos. Utilización de métodos activos baseados na experiencia e investigación do propio alumno. Tratamento interdisciplinar dos temas. Fomentar o traballo en equipos. Utilizar unha variada gama de recursos que aporten información e facilitar o manexo dos ordenadores e a realización das actividades. Creamos o taller de informática e audiovisuais. Adaptacións dos temas ás necesidades especiais de certos grupos de alumnos. B. ENFOQUE PRÁCTICO: plan de traballo, temporalización de obxectivos específicos e normas de uso da aula de informática. B.1. PLAN DE TRABALLO Actualmente, o CEIP Sárdoma-Moledo dispón de 31 equipos informáticos distribuídos nunha aula de informática (19 equipos, un do Mestre e dezaoito ordenadores para o alumnado); 5 na biblioteca, catro para os/as alumnos/as e un do/a mestre/a; 3 nos despachos de secretaría e dirección, un no despacho de orientación, un na aula de PT e dous na sala de mestres. A utilización dos medios informáticos é intensiva polos profesores e alumnos do centro, fundamentalmente durante a hora de informática semanal. En menor grao, os titores fan uso da aula de informática fóra deste horario. Entre o resto do profesorado, a utilización do computador como medio de comunicación e xestión é cada vez maior. Respecto dos medios audiovisuais, existe unha Pizarra Dixital Interáctiva(PDi) na 123


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

aula de informática, outra no Laboratorio, outra na aula de 5º de educación infantil e un preploter en 4º de educación infantil, con cañons de proxección en todas as aulas (agás en 6º de educación infantil xa que estamos a espera de facer un cambio de aula), en biblioteca, pedagoxía terapéutica. Audición e linguaxe e en aula de música. Cada mestre conta cun ordenador portátil, na sala de Mestres hai 2 ordenadores. A organización no centro tomará a forma dun responsable TIC e sete profesores cunha sesión de dedicación semanal, pero a responsabilidade recae sobre todo o profesorado do centro “participación activa de todo o equipo docente” aínda que, preferentemente, sexa dinamizador/coordinador o encargado da súa redacción, coordinación e seguimento. Por iso, as tarefas básicas do coordinador TIC estarán centradas fundamentalmente, pero non en exclusividade, en coordinar e dinamizar a integración curricular das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no centro, a asesorar ao profesorado sobre materiais curriculares en soportes multimedia e a elaborar propostas para a organización e xestión dos medios e recursos tecnolóxicos do centro. B.2. PLAN DE MANTENEMENTO De xeito progresivo todas as áreas curriculares deberán integrar nas súas programacións didácticas e metodolóxicas as ferramentas TIC. En canto a renovación de equipos, cando chega unha nova dotación informática ao centro, os equipos saíntes da aula renovada substitúen aos máis antigos en servizo. A asignación realízase por orde de antigüedade dos equipos. O plan ten como resultado a eliminación progresiva da obsolescencia tecnolóxica do centro. Por iso debe seguir sendo aplicado, de maneira que con cada ingreso de equipos novos no centro prodúzase unha rotación dos equipos máis antigos. Estes equipos antigos serán adxudicados a aqueles profesores que así o soliciten. En caso de que os solicitantes sexan máis que os ordenadores disponibles, terán preferencia aqueles profesores sen ordenadores nas súas aulas. En caso de igualdade e de non chegar a ningún acordo ao respecto procederase a realizar un sorteo. B.3. XESTIÓN DE INCIDENCIAS INFORMÁTICAS O mantemento dos equipos informáticos é unha peza crave na confianza dos usuarios na súa utilización, polo tanto, é moi importante que o servizo de mantemento funcione adecuadamente. O protocolo de actuación ante calquera problema con algún dos equipos informáticos ou cos demais materias audiovisuais será informar o respecto o coordinador das TIC, que en caso de non ser capaz de solucionar a incidencia por si mesmo avisará a unidade de atención a centros da educación galega (UAC).

124


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

B.4. DISPOÑIBILIDADE DE MEDIOS Proponse a redacción dunha planificación que permita saber a dispoñibilidade de medios audiovisuais que hai a unha hora concreta no centro, ademais de levar un adecuado seguimento da utilización dos mesmos. Espérase que con estes persoais de utilización increméntese o número de horas que estes equipos están utilizados. B.5. POLÍTICA DE UTILIZACIÓN DOS RECURSOS INFORMÁTICOS Os recursos informáticos serán utilizados polos profesores do centro coa seguinte orde de prioridade: En primeiro lugar os profesores que teñan asignada na hora correspondente a aula de informática. En segundo lugar, os profesores que o soliciten cubrindo algunha das horas libres que figuren no horario semanal de utilización da aula de informática dispoñible na sala de profesores. B.6. FORMACIÓN DO PROFESORADO Proponse un impulso específico en materia de formación del profesorado. Para iso, proponse unha máis estreita colaboración co CEFORE para a elaboración dun itinerario formativo adecuado ao centro e que posibilite a celebración de cursos para profesores nas instalacións do centro. Neste curso 2013/2014, solicitaremos diferentes cursos multimedia, relacionados co diseño de páxinas web (DRUPAL) e dos blogs, a utilización das distintas ferramentas multimedia, a Multimedia na Educación,etc.Tamén participaremos no programa PROYECTA da Fundación Amacio Ortega para a formación do profesorado en TIC. B.7. OPTIMIZACIÓN DE GASTO DO MATERIAL FUNXIBLE O custo medio dos cartuchos de tinta rolda os 30 euros. Por iso, o gasto en tinta e outros funxibles é moi alto. Para atallar este custo, proponse configurar a fotocopiadora do centro para que cualquier usuario -dentro do posible-, poida imprimir directamente sobre a mesma desde calquera ordenador dos despachos directivos e da aula de informática. B.8. NORMAS DE USO DA AULA DE INFORMÁTICA O ORDENADOR DEBE APAGARSE DENDE O SISTEMA OPERATIVO WINDOWS (INICIO + APAGAR SISTEMA) E NUNCA DIRECTAMENTE DARLLE AO BOTÓN DE ENCENDIDO. O MONITOR E AS IMPRESORAS APÁGANSE DIRECTAMENTE DENDE O 125


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

BOTÓN DE ENCENDIDO. OS ORDENADORES APÁGANSE AO TERMINAR A CLASE OU CANDO ASÍ O INDIQUE A PROFESORA. HAI QUE MANTER O MATERIAL INFORMATICO EN PERFECTO ESTADO: RATOS, IMPRESORAS... NON SE DEBE MOVER O COMPUTADOR CENTRAL CANDO ESTE ESTÁ ACESO. UNHA VEZ QUE OS GRUPOS ESTÉN POSTOS NUN ORDENADOR NON DEBEN CAMBIARSE A OUTRO. TODOS E CADA UN DOS MEMBROS DUN GRUPO DEBEN PRACTICAR OS EXERCICIOS QUE PROPOÑA A PROFESORA. NON SE PODE COMER NIN BEBER NA CLASE. NO SE PODEN PÓR CONTRASEÑAS NO ORDENADOR. NON SE PODEN PÓR IMAXES NIN MENSAXES NO TAPIZ NIN NO PROTECTOR DE PANTALLA. NON SE PODEN INSTALAR APLICACIÓNS NO ORDENADOR SEN A SUPERVISIÓN DA PROFESORA. NON SE PODE GRAVAR NO DISCO DURO SEN O PERMISO DA PROFESORA. NON SE PODE MODIFICAR O CONTIDO DO DISCO DURO SEN A SUPERVISIÓN DA PROFESORA. NON SE PODE IMPRIMIR SEN A SUPERVISIÓN DA PROFESORA. B.9. TEMPORALIZACIÓN DE OBXECTIVOS. 1º Trimestre - Preparación da aula de informática. - Elaboración de horario da aulas de informática. 126


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

- Solicitude de cursos de formación do profesorado no centro. - Execución e seguimento do plan de renovación dos equipos do centro. - Xestión da resolución de incidencias informáticas, audiovisuais e telefónicas. - Desenvolvemento da páxina web do centro e dos Blogs. 2º Trimestre - Seguemento da utilización da aula de informática. - Actualización do inventario de medios audiovisuales e informáticos. - Execución e seguemento do plan de renovación dos equipos do centro. - Xestión da resolución de incidencias informáticas, audiovisuais e telefónicas. - Desenvolvemento da páxina web do centro e dos Blogs. 3º Trimestre - Seguemento da utilización da aula de informática. - Seguemento e coordinación dos cursos de informática para profesores. - Xestión de la resolución de incidencias informáticas, audiovisuales y telefónicas. - Evaluación do grao de consecución de obxectivos. - Execución e seguemiento do plan de renovación dos equipos do centro. - Desenvolvemento da páxina web do centro e dos Blogs educativos do centro. 5. AVALIACIÓN Por último, hai que pensar na avaliación e nos instrumentos de medida para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos. Non ten sentido facer unha avaliación cuantitativa e centrada nos feitos, datos e coñecementos. Debe ser, pola contra, unha avaliación para aprender, feita dende contextos múltiples, achegándose progresivamente á avaliación tipificada como portafolio, na que se avalía especialmente a comprensión, a adquisición de estratexias, o aprender a aprender, a capacidade de auto-regulación e as capacidades críticas ou imaxinativas. A avaliación realizarase dunha forma continua ó longo de todo o curso de xeito que se vaian corrixindo os problemas que se susciten, ó mesmo tempo que se fará unha avaliación antes do comezo do próximo curso, para arranxar aquelas deficiencias coas que nos poderamos atopar, e potenciar os feitos positivos que da utilización máis completa destas novas tecnoloxías se poidan inferir. A. MODELO DE AVALIACIÓN Entre os aspectos relevantes que delimitan os procesos escolares figuran o contexto, os obxectivos, os procesos e os resultados. A actuación debe analizarse a través da interacción entre estes catro factores. 127


PXA 2013- 2014 C.E.I.P. Sárdoma Moledo

Entre as fases que usamos para determinar o valor da calidade do noso traballo temos que sinalar as seguintes: - Formular os obxectivos e fixar os criterios e indicadores de valoración. - Delimitar as cuestións que se van avaliar. - Definir os criterios e indicadores que se van empregar. - Fixar as estratexias e procedementos avaliadores, e determinar as propostas de mellora dos logros obtidos. B. PROCESO AVALIADOR B.1. MÍNIMOS: lograr remata-la educación primaria cuns coñecementos básicos: - Utilización do procesador de textos para elaborar documentos tipo, respectando os formatos dos modelos (marxes, tipos, tamaños, sangrados, etc.) - Saber diferenciar entre arquivos, documentos e programas. - Manexo dunha cámara fotográfica. - Elaborar distintas actividades con diferentes aparatos. B.2. MÁXIMOS: Controla-lo manexo básico das técnicas da información e da comunicación. - Elementos da composición gráfica de documentos. - Ordenadores e periféricos. Hardware e software. - Empregar as redes de comunicación e acceder aos servicios da internet.

128


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.