Sobre a calidade da nosa lingua

Page 53

DÚBIDAS E ERROS GRAMATICAIS MÁIS FRECUENTES

53

2.5.3. A PREPOSICIÓN AGÁS Indica exclusión, o mesmo que outras formas como agás de, excepto, fóra, menos, salvo: A orde do día será elaborada polo/a director/a asistido/a polo equipo directivo. Na orde do día incluiranse, se for o caso, as peticións presentadas por escrito polas tres cuartas partes da totalidade dos representantes dun sector da Xunta, agás que o número deles sexa inferior a dez. Na convocatoria deberá constar a orde do día, a data, a hora e o lugar da reunión e notificarase por escrito cunha antelación mínima de corenta e oito horas, agás nos casos de urxencia que, a criterio do/a director/a, poderá facerse telefonicamente nas vinte e catro horas antes.

2.5.4. A LOCUCIÓN PREPOSITIVA ALÉN DE Equivale a ademais, ademais de: Para alén de cubrir o impreso, a persoa solicitante deberá achegar unha copia da folla de pagamento. A Área de Autoemprego do SAPE aconsella o alumnado sobre a forma xurídica máis conveniente para pór en práctica un proxecto empresarial, para alén de informar das axudas e subvencións ou das súas formas de financiamento.

2.5.5. A PREPOSICIÓN APÓS Equivale a despois de e indica posterioridade espacial ou temporal: Após presentaren as instancias de solicitude recibirán unha copia onde conste o número de rexistro de entrada. Os profesores colaboradores serán inicialmente contratados polas universidades por un período máximo de catro anos, e os seus contratos poderán prorrogarse por outros catro anos máis, após un informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, nos termos previstos nas súas respectivas disposicións reguladoras ou calquera outro órgano de avaliación que leis doutras comunidades autónomas determinaren, sempre que existir convenio ou concerto coa Comunidade Autónoma de Galicia.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.