Modelo de oficio

Page 1

Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

Oficio

Introdución É unha comunicación escrita que emite un organismo e que está integrada na tramitación dun procedemento. Serve, por tanto, para comunicar información oficial a outras administracións, a organismos ou á cidadanía. Existen dous tipos de oficios: 1 Os oficios internos está dirixidos entre órganos da mesma organización ou entre esta e o funcionariado ao seu servizo. 2 Os oficios externos informan sobre procedementos entre o Concello e a cidadanía. Trátase, por tanto, dun documento de transmisión.

1


Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

2


Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

Estrutura Cabeceira Titulo. O título dos oficios é opcional e consiste, cando se usar, en resaltar o tipo de documento de que se trata, OFICIO, neste caso en maiúsculas. Identificación do destino. A identificación do destino farase de xeito diferente a depender do tipo de oficio. Nun oficio dirixido a unha persoa particular (externo) a identificación debe aparecer na parte superior do documento após o título e debe conter o nome e os apelidos, o enderezo, o código postal e a localidade. Nun oficio dirixido a un cargo público, a identificación deberá facerse na última liña do texto en letra grosa ou en maiúsculas. Referencia. Se o documento constanse de referencia, porase despois do destinatario e antes do saúdo Asunto. Pode incluírse unha breve indicación sobre o que se trata no oficio, precedida da fórmula Asunto:

Corpo do texto Saúdo. O saúdo nos oficios é opcional e só se debe incluír naqueles que se dirixan a unha persoa. Corpo. Os oficios, polo xeral, son documentos monotemáticos en que se debe procurar a máxima

concisión e clareza. A súa extensión debe

reducirse, por tanto, a un parágrafo ou os estritamente necesarios para desenvolver o tema. Neste último caso, a estrutura do documento debe seguir a orde lóxica, con introdución, desenvolvemento e conclusión. Despedida. Igual que o saúdo, a despedida é opcional mais só debe aparecer en correlación á primeira.

Peche

3


Modelo de oficio

normalización_lingüística_cerceda

Canto ao peche, temos tamén dúas formas de indicalo, segundo se tratar dun oficio externo ou interno. No primeiro dos casos, se o oficio consta de saúdo e de despedida, asínase logo desta e, a continuación poranse o nome e os apelidos e mais o cargo. Por último, nun parágrafo á parte, escribirase o lugar e a data. Nos oficios internos e, por tanto, sen saúo nin despedida, a estrutura do peche será a seguinte: o lugar e mais a data do oficio, o cargo da persoa que asina o documento, a rúbrica e, por último, o nome e os apelidos da persoa que asina.

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.