1 minute read

CULTURA CASTREXA

Next Article
CASTRO DA LANZADA

CASTRO DA LANZADA

Alumnado de 3º de EP

Arrancamos o novo proxecto deste curso que tratou sobre a cultura castrexa. O ano pasado fixemos un traballo sobre o Camiño de Santiago, que foi moi interesante e aprendemos moito. Pero este curso queríamos saber que había antes de que existira o Camiño de Santiago. Así que nos puxemos mans á obra!!!

Advertisement

No primeiro trimestre fixemos unha chea de vídeos explicativos sobre o pobo castrexo e as súas tradicións: a súa vestimenta, as tinturas que utilizaban naquela época para tinguir a roupa, sobre os deuses aos que adoraban, sobre a súa cultura e sobre o Samaín castrexo e as súas tradicions. Tamén fixemos un video sobre a visita de Ed. Infantil a Castrolandín.

No segundo trimestre, a primeira celebración do calendario foi o entroido. Este curso, decidimos disfrazarnos de castrexas e castrexos. Elaboramos nós mesmos os disfraces e todos os complementos. A ANPA do colexio tamén colaborou facendo un castro para a ocasión. Montamos un desfile na escola, con bailes e música galega. Tamén participamos en desfiles por Caldas de Reis, Valga e Padrón.

No terceiro trimestre, visitamos o museo de Pontevedra. Tamén fomos ao castro de Castrolandín, oonde nos explicaron moitas cousas interesantes sobre a cultura castrexa.

Tamén visitamos Cuntis, onde aprendemos moito sobre a historia das burgas e o pasado romano da vila. Por último, a excursión de fin de curso tamén estivo relacionada co noso proxecto. Visitamos o castro de Baroña e achegámonos ao faro de Corrubedo.

Todo isto fixémolo para coñecer máis sobre os nosos antepasados, sobre a nosa historia. A continuación, presentámosvos un resumo sobre de todo que aprendemos.

This article is from: