Intres Xuño 2007

Page 1


EQUIPO DE REDACCIÓN Marcos S. Carricoba Javier Mouriño Pablo Mouriño Alberto Vilariño Vanessa Taboada Giovanna Fociños Virginia Fociños Elodie Diéguez Noelia Cagide Alba Penas Iris Parrado Elma Barreiro Suriña Vázquez Natalia Val Mabel Prada Dolores D.Rifón Belén Fdez Guzmán Xosé Díaz David Canoura Susana Rial Paco Veiga Estrella Blanco Manolo Souto Gloria R. Íñiguez Susana Losada ... e alguén que nos esqueceu

SUMARIO Intres da escola Memoria da Escola Entrevista á miña avoa

Intres actuais Contaminación Alerta Vermella Corrupción nas multinacionais Distancia entre os nenos/as Acoso escolar A piragua A muller e o traballo

Intres divulgativos A revolução dos cravos Jorge Amado O miserable mundo das favelas Os nosos libros Internet Suíza A concentración parcelaria Os efectos das drogas O galego A bulimia San Caralampio Apelidos galegos Cantigas e contos Refráns

Intres matemáticos A semana das matemáticas O fútbol-mates de 1º B Ilustramos este Intres con grabados e pinturas de M. C. Escher. Algunhas fotos de escola foron cedidas polos alumnos do CPI don Aurelio de Cuntis, grazas. Gracias a todos os colaboradores e, en especial, aos profes que «prestates» a vosa nenez para a portada

colaboradores

O EQUIPO DE REDACCIÓN

Intres creativos Contos cunqueiráns Relatos mínimos Algún día... As tres palabras A ilha perdida O futuro remata As clonacións Historias fantásticas

Homes misteriosos Unha fin de semana Teño un problema II Conto Poema Carta a unha nai

Intres de cine 300 O cine clásico: Alfred Hitchcock

Intres musicais Melide, onde escoitar? Caetano Veloso Mstislav Rostropovich Porka Miseria

Intres Deportivos Toques F.S.F. F-1

Pasaintres Pasaintres Chistes Aqueles nenos...

Intres do instituto Entrevista a Susana Rial Entrevista a Xosé Díaz Teatro A lenda da Cova da Serpe Safari fotográfico E... que pasa no insti pola tarde Dálle Lume Descubre Galicia Cousas do IES Ola queridos lectores! Excursión de tecnoloxía Intercambio Melide – Ridadeo Adeus aos que se van Oito meses en Melide Corremelide 07 Adeus, Xenaro

Sandra Abad, Miguel Agra, Agrupamento de 3º, Alumnado 1ºC BAC, Alumnado 2º B ESO, Alumnado PDC 3º, Alumnado PIP, Nuria Álvarez, Ricardo Ares, Tania Arias, Iria Arias, Victoria Barrio, Samira N. Cabo, Carlota Casal, Cristina Conde Carrera, Cristina Conde Roca, Sonia Cordido, Gloria Corral, Cristina Corral, CristinaS 2º A, María Díaz, Elodie Dieguez, Estefanía El Gtaibi, Adriana Estévez, Giovanna Fociños, Virginia Fociños, Alfonso Freire, Xisela Fuciños, David Fuentes, Patricia Fuentes, Estefanía García, Silvia García, Diego Garea, Lee Ann S. Grace, Ángela Guntín, Iria S2A, Iván S2A, Jorge S2A, Xácome Laya, Alejandro López, Cristina Louzao, Marta S2A, David Martínez, Daniel Mato, Jenifer Mato, Marcos Mato, Lucía Mejuto, David Méndez, Yolanda Montero, Nicola, Estefanía Otero, Marta Pájaro, Tania Pardo, Ignacio Parrado, Sergio Patiño, David Penas, Leticia Penas, Natalia Penas, Sandra Penas,Yolanda Penas, Borja Pérez, Simón Quintela, Analía Ramos, Judith Ramos, Lucas Ramos, Laura Río, Inés Roca, Patricia Roca, Lidia Rodríguez, Lucía Rouco, Alba Rúa, Cristina Rúa, Alexandre Sanchez, Ana Sánchez Pandelo, Ana Sánchez Pérez, Andrea Sánchez, Ángeles Santos, Alberto Segade, Esmeralda Seijas, Francisco J. Seijas, Alba Seoane, Patricia Souto, Edurne Suárez, Silvia Suárez, Noelia Varela, Aitor Vázquez, Andrea Vázquez Rodríguez, Andrea Vázquez Varela, Cristina Vázquez, Patricia Vázquez Asorey, Patricia Vázquez (S3ºD), Sandra Vázquez, Silvia Vázquez, Eva Mª Vázquez... e alguén máis que nos esqueceu.


Intres da escola

MEMORIA DA ESCOLA A miña nai foi a miña escola. Os días de chuvia, os bancos de madeira, o cartabón e a escuadra, as figuras xeométricas, a brúxula os globos terráqueos, os compases, resumen a lembranza tanto tempo de tinta e de tiza. A infancia fóiseme polos cos dos tinteiros no alto dos pupitres. (De tanto escoitalos no colexio souben os libros de memoria antes de aprender a ler).

Intres

Na escola maternal pequena e soa aprendín o que se di sempre a deshora

3

Nos anos da posguerra moitos nenos da Terra de Melide asistían ás escolas unitarias espalladas polas distintas parroquias. Alí aprendían os coñecementos básicos: ler, escribir, facer contas,… Os alumnos de hoxe pregúntanlle ós seus avós cáles son as lembranzas que gardan de todo aquelo: camiños, mestres, aulas, libros, compañeiros,… Velaquí o resultado das súas pescudas.

1. Cando e onde estudaches? A- Á escola fun ás Cazallas. Foi ata os catorce anos. Ata os dezasete estudei na Academia Balmes. Foi entre os anos 1945 e 1948. B- Comecei ós cinco ou seis anos en Melide. C- De sete anos. En Lalín. D- En Barazón, aos sete anos. E- De oito anos. En Dormeá. F- Polo ano 1931 en Paradela (Toques). G- No 1952 na escola de Agrón, en Riocobo (Barreiro). H- Cando tiña cinco ou seis

anos, na parroquia de Campos. I- Aos seis anos, en Novela (Santiso). J- Empecei cando tiña seis anos, na aldea de Os Curros (Toques) K- Aos nove anos, antes non puiden ir. Estudei no colexio de Niñodaguia L-Empecei a estudar ós sete anos, iba a escola a San Martiño de Oleiros, estaba bastante cerca e sempre íamos todos os veciños xuntos, a profesora esperábanos sempre na porta a que chegaramos xa que

vivía na escola.

2. Cantos anos estudaches? A- Catro de Bacharelato na academia Balmes e o demais na escola. B- Durante doce ou trece anos. C- Poucos, porque tiña que traballar. D- Estudei cinco anos, dos sete aos doce. E- Uns seis ou sete anos. F- Só estudei uns sete anos aproximadamente. G- Cinco anos.

Xuño 2007

Rodríguez Fer, C. Lugo blues


Intres da escola

Intres

MEMORIA DA ESCOLA

Xuño 2007

4

H- Ata os catorce anos, estudei oito anos. I- Seis ou sete, pero non ía todos os días á escola, a maior parte do ano quedaba na casa traballando. J- Na escola dos Curros dous ou tres anos, despois estudei noutra escola do mesmo concello, Toques, nun lugar que lle chaman Souto. Alí estudei dous anos. K- Non o sei moi ben, creo que seguidos ningún, pois había días que tiña que quedar na casa. Pero o total serían tres anos, se o foron. L- Estudei sete ou oito anos, agora mesmo non o sei seguro.

3. Recordas como era o camiño á escola? A- Era nas Cazallas, pola estrada. Estaba cerca da casa. Levábame cinco minutos ir. B- Era un camiño fácil, cercano, coa rúa toda empedrada e con accesos aos lados, tamén feitos con pedra. C- Cando chovía levaba un saco. Ía cos compañeiros e algunhas veces cos meus irmáns. D- Si, ía de Chorén a Barazón andando e pasaba por unha ponte, o camiño aínda está agora, antes era unha corredoira, pero agora é unha pista; pero está no mesmo sitio. E- Tiña que andar uns tres quilómetros para chegar á escola. F- Pois si, era un camiño dos de antes. Ao chover a terra facíase lama, sempre ía andando, polas nove da mañá, que era cando comezaban as clases. Os que viviamos lonxe

xa estabamos cansos. G- Era unha estrada sen asfaltar. Andaba case un quilómetro. H- Si, era un camiño estreito e de terra, e cando chovía pasabamos por dentro dunhas fincas porque estaba todo cheo de barro. Cada día andabamos arredor dun quilómetro ata chegar á escola. I- Era un camiño de terra, polo que no inverno soía haber moita lama, era polo medio do monte polo que había moitos toxos, e a distancia á escola era dun quilómetro. J- O camiño á escola de Os Curros era curto, tiña que ir andando por un camiño de pedra, area e terra; ademais había pozas de auga. O camiño á escola de Souto era moi longo, tres quilómetros, era malísimo, con moitas pedras e costa. Tiña que cru-

zar o río. A este camiño chamábanlle e aínda lle chaman “Camiño da Toca”. K- Había varios, pero todos eran de terra, ningún asfaltado como hai hoxe en día. No inverno metía medo ir por eles e as zocas enchíansenos de terra e lama, imaxina como quedaba o colexio. L- O camiño era unha corredoira onde os días de inverno era todo lama e só se podía camiñar por unhas pedras que había ao longo do valado, e aínda así sempre chegabamos todos enlamados. Tamén había un cacho de calzada case chegando á escola. 4. Como era o edificio onde estudaches? Onde estaba? Tamaño e división das habitacións. A- A academia era nun piso que aínda existe. Era da familia Senín. Estaba na Aveni-


Intres da escola

MEMORIA DA ESCOLA

5. Cantos alumnos/as erades e de que idades? A- Non che sei. Eramos trinta ou corenta. Diso xa non me lembro. Tiñamos dezaseis ou dezasete anos. B- Eran da miña idade e aínda maiores, entre corenta e cincuenta alumnos, aínda que eramos todas nenas. C- Eramos moitos alumnos e de varias idades. D- Estabamos na aula entre vinte e trinta alumnos de entre seis e catorce anos. E- Había uns cincuenta alumnos e todos eran rapaces, xa que as rapazas tiñan que ir a outro colexio. Todos tiñan idades comprendidas entre sete e catorce anos. F- Eramos uns sesenta. Os días que chovía, como case sempre iamos todos, non

colliamos na aula. Todos tiñamos de sete a catorce anos. G- Trinta e seis alumnos de sete a dezaoito anos. H- Aproximadamente trinta ou corenta rapaces de todas as idades comprendidas entre seis e catorce anos. I- 200 alumnos de seis a catorce anos. J- Na primeira escola eramos vinte ou trinta rapaces, era unha clase mixta. Os rapaces tiñan entre seis e sete anos. Na segunda, só había rapaces, había outra cerca para as rapazas. Eramos corenta ou cincuenta rapaces, entre os oito e os doce anos. K- Estabamos cerca de 200, pero iso que non ían nin a metade. O colexio era para toda a comarca e antes as familias tiñan moitos máis fillos. Nós somos sete irmáns, así que imaxina. Ir alí era un suplicio, pois non te decatabas de nada, era un

5 Xuño 2007

J- A primeira escola á que fun era moi pequena. Era un caseto de pedra de planta baixa que antes de ser escola foi un caseto para as ovellas. Só había unha clase. A segunda xa era máis grande, de dúas plantas (baixo e piso) de pedra e chan de madeira. No baixo había leña, xa que a mestra vivía nunha casa pegada á escola. No piso había unha soa clase. K- Era antigo, de pedra, moi frío. Imaxina se podes a duascentas persoas con un só profesor metidas nun local todas apertadas, agora imaxina o que podía oír ós últimos o mestre. L- Era unha casiña de pedra, bastante grande; estaba dividida en dous andares, abaixo estaba a escola sen ningunha división e arriba vivía a mestra.

Intres

da de Pontevedra. Subíase por unhas escaleiras e tiña unha terraza. As clases eran nas habitacións. B- Era un baixo onde agora está o Concello, dun tamaño considerable con un único cuarto. C- Era unha casiña pequena, estaba nunha aldea que se chamaba Mato e só tiña unha clase. D- Era unha vivenda, tiña un local grande para a escola e o resto era a vivenda. Subía unhas escaleiras para entrar, porque estaba no alto, aínda está agora, pero é casa particular. E- Estaba preto da igrexa. Era un edificio que só tiña unha habitación, pero era bastante grande, uns sete ou oito metros de largo e uns cinco ou seis metros de ancho F- Era unha escola moi moderna para aqueles tempos, algo pequena, xa que só tiña un cuarto no que estudaban. O colexio está no mesmo sitio de sempre, en Paradela, aínda que agora... xa non se dá ensino alí. G- Era unha casiña pequena con tres ventás. Tiña unha soa habitación, duns 25m. H- Era un local grande que se atopaba dentro dunha vivenda cunha cociña e cortes. Detrás había unha horta cunha fonte. Na cociña da vivenda preparábase leite en po. A escola era un local grande co solo de cemento. Tiña moitas ventás e dúas portas, unha comunicábase co exterior e outra co interior da casa. I- A escola era na casa da profesora, nunha habitación onde se daban as clases.


Intres da escola

Intres

MEMORIA DA ESCOLA

Xuño 2007

6

caos. Como quedaba moi lonxe da miña casa, se chovía xa non ía, e cando ía era imposible seguir a clase, por moito que me situara diante. Ademais, as condicións hixiénicas, en xeral de todos, eran máis ben deficientes e nun local con pouca ventilación o olor era bastante malo. Coñeces a frase de ser máis pobre que un mestre de escola? seguro que vén desta época. L- Eramos uns trinta, e as idades, entre sete e dezaseis anos.

6. Como era a aula na que estudabas? Dimensións, materiais (mesas, cadeiras, encerados, lapis, mapas? A- O cuarto onde se estudaba era grande e dábase clase nunha habitación pequena. Tiñamos pupitres, algúns para dous. Tiñamos un encerado por aula e outro moi grande

onde se estudaba de noite. Tamén había mapas de todo. Ata había dous mapas pintados na parede polo noso profesor: o de España e o do mundo. Daquela non tiñamos bolígrafos, só lapis e plumas. B- Estaba a mesa do profesor diante e en frente as das alumnas. Empregabamos pizarras e algunhas libretas. Os libros eran o Silabario, o Catón, o Grao preparatorio, medio e superior. C- Tiñamos un encerado e un libro, había mapas e bóla do mundo. Usabamos unha enciclopedia de 1º Grao e sempre soiamos estudar o Catecismo. D- A aula era grande, máis ou menos como catro habitacións. As mesas e os asentos eran nunha soa peza. Cada banco tiña dous asentos. Estaba preto da igrexa. Era un edificio que só tiña unha habitación, pero era bastante grande, uns sete ou oito metros de largo e unhs cinco ou seis de ancho.

E- As mesas eran de madeira, ao igual que as cadeiras, xa que estaban unidas; incluso ao final tiñan que levar eles mesmos unha cadeira da casa. Tamén había encerado e taboleiros grandes. Os libros non os tiñan que comprar, dábanllelos no colexio. Tamén tiñan mapas, cadernos e ata había plumas para escribir con tinta, pero tamén había algúns lapis. F- Era un cuarto no que estudabamos todos. Tiña uns percheiros para deixar as bolsas nas que levaban o pan (daquelas era o que levaban para comer), era máis ou menos pequeno. Sentabámonos nuns bancos e tiñamos unhas mesas das máis sinxelas para apoiar os cadernos e ten enriba a pluma e o tinteiro. Tiñamos pizarras nas que escribiamos con pizarrillos, libretas, tizas para o encerado, mapas colgados na parede. Tamén recordo un libro que me gustou moitísimo que se titulaba “Yo quiero saber leer”... G- Había bancos longos dun lado a outro da clase cunha mesa do mesmo largo. Tiñamos unha pizarra na que se escribía con pizarriño e borrabámola coa manga da chaqueta. Tiñamos dous mapas pegados á parede. O mestre tiña a súa mesa coa súa cadeira. Só tiñamos lapis, non había bolígrafos, chamabámoslles “lapiceros”. Tiñamos un libro con todas as materias xuntas e había libretas raiadas. H- Era grande e co solo de cemento. Tiña moitas ventás e dúas portas, unha


Intres da escola

MEMORIA DA ESCOLA

7. Cantos mestres tiveches? Algún recordo deles? A- Na escola só Don José Carreira e na academia moitos: Don José Ares, Don José Martínez, Don Manuel Escudero... Eran bos todos. A verdade é que non gardo recordos especiais deles. Só unha excursión ao Castelo de Pambre andando dende a escola. B- Tiven catro profesores, tres mulleres e un home. To-

7 dos eran estupendos e ensinaban de marabilla, con moitísima paciencia e cariño. C- Un mestre ao que lle tiña moito medo porque me dicía: “Te voy a dar un cachete que te meto por el bofarrete”; e tamén tiña unha mestra chamada Dona Manola. D- A primeira era da Coruña, chamábase dona Elisa Marco López, era maior e xubilouse alí. A segunda era dona Teresa González. A terceira foi no tempo da guerra, ela era de Santiago e chamábase dona Lourdes; ás veces dábanos clase o marido e, cando acababamos o traballo, facíanos cantar “Cara al sol con la camisa nueva”, “Roja y gualda era la bandera”, obrigábanos a cantalas. Contaban historias de como se vivía nese tempo, no tempo da guerra. E- Tiveron ata oito profesores diferentes. O primeiro que

Xuño 2007

madeira, ao igual que as cadeiras, xa que estaban unidas; incluso ao final tiñan que levar eles mesmos unha cadeira da casa. Tamén había encerados e taboleiros grandes. Os libros non os tiñan que comprar, dábanllelos no colexio. Tamén tiñan mapas, cadernos e ata había plumas para escribir con tinta, pero tamén había algúns lapis. K- “Aula, que jaula!”, era un único espazo con mesas rotas, tortas ou podres á que iamos pasar o tempo, porque, como xa dixen, era imposible estudar. Eran outros tempos; se fose hoxe, estudaría. Xa sabes, estuda que é para o teu ben. L- Era bastante grande, había un mapa de España no que estaban todos os ríos, cada un tiña un cacho de encerado no que escribía, que non é como agora... só había un libro no que estaban recollidas todas as materias.

Intres

comunicábase co exterior e outra co interior da casa. Había mesas moi largas, tanto que ían dun extremo a outro; nelas había uns ocos para colocar o tinteiro e unhas ranuras para a pluma. Escribíase tamén en pizarras con lapis do mesmo material que afiabamos no solo, no cemento. Había enciclopedias que duraban moitos anos, en total tres, que se pasaban segundo a aprendizaxe do alumno. I- Era unha habitación, había moi poucas mesas e cadeiras, e máis da metade dos alumnos estaban sentados no chan. Co que máis escribían era con plumas e con carboncillo. Tiñan algúns libros (só en castelán) e un mapa de España. J- A aula da primeira escola era pequena. Nela había unha mesa, a cadeira para o mestre e banquetas para os rapaces. Tiñamos que escribir en pizarras cuns pizarrillos, despois borrabamos coa man. Os libros que usabamos tiñamos que compralos. A aula da segunda escola era grande. Nela había mesa e cadeira para o profesor, mesas largas e bancos para os rapaces, mapas e algúns libros. Aquí usabamos pluma e tinteiro para escribir. A aula era grande, máis ou menos como catro habitacións. As mesas e os asentos eran nunha soa peza. Cada banco tiña dous asentos. Estaba preto da igrexa. Era un edificio que só tiña unha habitación, pero era bastante grande, uns sete ou oito metros de largo e unhs cinco ou seis de ancho. As mesas eran de


Intres da escola

Intres

MEMORIA DA ESCOLA

Xuño 2007

8

estivo púxose mal da cabeza e tivérono que denunciar, logo botárono. Cada profesor que estivo gañaba 3.000 pesetas cada mes. F- Só tiven un mestre (Don Ramiro). Case sempre nos preguntaba a lección. Era moi bo profesor, pero con tantos alumnos... Vivía a dous quilómetros da escola, ía ata alí en bicicleta. G- Só tiven un profesor. Os métodos para aprender e comportarse eran unhas varas de carballo que os mestres nos encargaban aos alumnos e coas que nos zoscaban nas mans e no cu. H- Tiven dúas mestras e unha substituta. Cada día, antes de entrar, colocados nunha fila, revisábanos un por un as uñas para ver se as levabamos limpas e tamén se tiñamos un pano. Se non era así, dábanos cunha vara nos dedos e a lavarnos na fonte. I- Tres. Eran todos malos e moi brutos e pegaban aos alumnos moitas veces ata chegar ao punto de facelos sangrar. J- Tiven tres, dous mestres na primeira escola e unha mestra na segunda. Un mestre que tiven sabía que me gustaba ler, así que cando lía a lección en alto, deixábame ler moitas follas do libro. K- Un para todos, e o peor era que se se puña enfermo, como de feito pasou unha vez, non avisou e estivemos unha semana sen profesor. Cando regresou, algúns destrozaran mesas, encerados, etc. Era un desastre, o profesor non podía facer nada con tanta xente.

L- Só tiven unha mestra, era moi boa profesora, pero ás veces... E cando chovía subía escentellada a poñer o caldeiro no piso de arriba, á s ú a casa, para que non lle

chovera nela. Moi ben o pasabamos mentres ela ía arriba, e ás veces tamén ía poñer a pota ao lume.

8. Que anécdotas recordas da escola? A- Xogabamos moito na estrada e a moitos xogos. Daquela soamente había un coche e nunca pasaba. B- Cando fixen a Primeira Comuñón tiven que irme ensinar a xunto da profesora e ela díxome que estaba guapísima. C- Unha vez non sei que viñan a facer e eu tanto me alegrei que caín na lama. D- Antes non había enciclopedias, tiñamos libros de Aritmética, Gramática, Xeografía e Historia Sagrada. Ás veces aprendía unha lección de cada libro. Tamén me gustaba moito Don Quijote de la Mancha e “Lengua Castellana”. Ao mellor dabamos unha lección á semana. O de “Lengua Castellana” tiña moitos

contos e facíanos rir. E- Non recordo ningunha anécdota. F- Recordo varias, pero a que m á i s vergoña me dá... pois a primeira vez que me castigaron. Fora porque, no camiño de volta á casa, había unha ponte de pedra, e nós entretiñámonos xogando por alí e quitando cada día unhas poucas pedras. Cando o dono se decatou, foi de seguido á escola, contoullo ao profesor e ... vaia días aqueles! G- Ás varas que nos encargaba o mestre faciámoslles un corte case invisible para que romperan pronto. Nunha ocasión meteulle a cabeza entre as pernas a un dos maiores para zoscarlle noca coa vara, a vara non rompía e o alumno estaba tan quente que empezou a lle empurrar ao mestre coa cabeza ata que o arrinconou nunha esquina e parou de pegarlle. Pero o alumno foi expulsado unha temporada. H- Se te portabas mal, axeonllábante cara a parede cos brazos en cruz e libros nas mans. Cando aparecía un rato, a mestra subíase á mesa e nós corriamos todos contentos detrás del para intentar collelo. Os xoves poñíanos ás rapazas a facer labores, e gustábanos moito, porque


Intres da escola

MEMORIA DA ESCOLA

A- Eu aprendín de todo. Liamos dos manuscritos, tiñamos Xeografía, Gramática,... e un montón de libros; pero algo de memoria agora mesmo non me lembro. B- Aprendín a sumar, restar, multiplicar, dividir, raíz cadrada e cúbica, regra de tres simple e composta, decimais, relixión, coser, Aritmética, Gramática, Xeografía, Historia, Ciencias, as provincias de España... C- As preposicións: a, ante, bajo, con, contra, de, des-

d o catecismo. K- Creo que non recordo nada, ben, minto, recordo sumar, restar, multiplicar, certas capitais de países e algo de historia, aínda que pensándoo ben creo que o aprendín despois da escola. L- A táboa de multiplicar e agora non me acordo de máis, ben, tamén algún río.

9 Xuño 2007

9. Poderías recitar de memoria algo do que aprendiches?

de, en, entre, hacia, hasta, para, por, según, sin, sobre, tras. D- Non sei nada do que aprendín, esquecino todo, porque aos doce anos empecei a coser e non estudei máis. Alí só aprendín a sumar, restar, multiplicar e dividir, iso si que o sei facer; pero aprendín máis cos meus fillos ca na escola. E- Aínda que non recorda ningunha cantiga, recorda que aprendeu moitas cousas; pero tamén aprendera algo na casa antes de ir á escola. F-Non son capaz, antes era bastante intelixente e defendíame ben na escritura, nas matemáticas... Agora, por non saber, non sei nin multiplicar, nin inventar aqueles contos que antes facía... Só sei escribir e sei ler bastante ben. G- O catecismo do Padre Astete. Como por exemplo o Credo, o Pai Noso, Ave María... H- Aprendemos panxoliñas, cancións, moita Relixión e Xeografía, poucas Matemáticas e versos. Un que recordo: “Ya que soy tan pequeñita / y tengo tan poquita voz / por eso te quiero tanto / y te doy mi corazón. / Tómalo, tómalo / tuyo es y mío no”. Recitabámolo en ocasións na igrexa. I- Sumar, restar, multiplicar, dividir e o catecismo. J- Do que mellor me acordo é da táboa de multiplicar e

Intres

traía moitos fíos de cores. I- Unha vez un profesor lanzoulle a chave da clase a un alumno por estar falando, e como eran unhas chaves moi grandes abriulle a cabeza ao rapaz. Ao día seguinte foi o pai do rapaz falar co profesor, e este non volveu a dar clase nin volveron a saber máis nada del. J- Un día, en época da Guerra Civil, fun á escola cun gorro do exército de meu tío, e os compañeiros ríanse de min. Eu saudaba, pero ninguén me saudaba a min. K- Algunhas xa chas contei, pero do que máis me acordo era dos bos amigos que alí fixen, aínda hai pouco que foi o enterro dun, a vida pasa rápido. L- Cando iamos uns cantos veciños que viviamos preto da escola e iamos pola noite despois de cear para aprender a facer ben as contas, e polo camiño sempre nos metiamos medo uns aos outros e pasabámolo moi ben.


Intres da escola

Intres

MEMORIA DA ESCOLA

Xuño 2007

10

10. Cal é o recordo máis grato que teñas na memoria daquela época? A- Nunca o mestre me pegou nin me castigou, nunca. Tiven moita sorte. B- A amizade entre todas as nenas, que estabamos moi unidas e sempre xogabamos xuntas como á corda, á panda, ás bólas (canicas), ao aro, etc. C- Cando fun dicir un verso que dicía: “Como soy tan pequeñita/ y tengo tan poca voz / digo con toda mi alma / viva la madre de Dios”. Cando gañei o premio por saber ben o Catecismo. Nos recreos os rapaces xogaban ás pedradas e nós á raíña ou a saltar á corda. D- Pois non sei, a min gustábame moito a Historia de España e a Xeografía. E- Recorda que naquela época había moi poucos coches e moitas veces tivera que levar na besta aos soldados que ían a Curtis e ata incluso tivo que volver a pé. F- Todo en xeral, ir á escola

era unha ilusión coa que eu me levantaba polas mañás. Nunca esquecerei ao único mestre que tiven (Don Ramiro), xa que é a persoa á que lle debo o que sei, e aos meus compañeiros, que só foron sete anos comigo á escola, pero vivimos todos polos arredores. G- Ao mestre gustáballe a papiroflexia, e sempre nos ensinaba a facer moitas figuras, como a paxariña, barcos, avións, chocolateiros, caixas... Outro recordo é que a min o mestre non me pegou nunca e preparoume ben para o ingreso nun colexio. Penso que a pesar dos métodos que utilizaba quizais foron precisos, porque tiña que atender a moitos rapaces e de moitas idades, e non se portaban ben. H- Cando saiamos ao recreo o ben que nos levabamos todos. Ademais compartiamos todo e xogabamos todos xuntos á roda, á corda, á pelota, ao escondite...Tamén como cando iamos a pé e todos xuntos, pasabámolo moi ben polo camiño. I- Unha vez rinme moito co que fixo un compañeiro meu. Resulta que saímos ao recreo e o profesor foi facer as súas necesidades á horta e envolveunas nunha verza. Cando volvemos do recreo, díxolle a un rapaz que lle fose tirar aquilo. Cando este saía pola porta, de curioso, mirou o que había envolto e viu o que era, entón deu a volta e quixo lanzarllo ao profesor, pero este agachouse e todo “aquilo” foi parar a un retrato de Franco que había colgado da parede. Todo o mundo se botou a rir.

J- No descanso que tiña despois de comer, antes de que empezara a clase da tarde, encantábame ir buscar niños. Gustábame coller os ovos dos niños e despois comelos, facer unha tortilla. K- Eu que seu, unha trasnada que fixemos, pero non cha vou contar para que non aprendas. Algúns din que antes se estaba mellor, pero eu dígolles que vaian á merda, como agora nunca se estivo, se agora tedes de todo, home! E aínda tedes de todo e non o apreciades. Se te pararas a pensar como vivirías nos meus tempos, que corpo che quedaría? A min non me serviu de nada ir á escola, porque total, para o que fun... Pero a outros si, de todas formas eu non tiven a oportunidade ao igual que teus pais, es o primeiro da familia en tela, aprovéitaa, anda. L-Pois foi un día que estabamos repasando a táboa, de repente sae un rato do medio dunha vasoira e a mestra comezou a berrar como unha tola e subiuse encima de algo, ese día moito rin! E a cara de medo da mestra nunca a esquecerei, nunca a vira con tanto medo como aquel día, ja,ja,ja! ENTREVISTADORES: A: DAVID MÉNDEZ MARTÍNEZ (S3C) B: MARÍA DÍAZ RODRÍGUEZ ( S2A) C: SANDRA VÁZQUEZ FREIRE (S3C) D: LIDIA RODRÍGUEZ PENAS (S3C) E: ESTEFANÍA OTERO RODRÍGUEZ (S3C) F: GLORIA CORRAL CEA (S3A) G: INÉS ROCA AGRA (S3A) H: NOELIA VARELA PUGA (S3A) I: SONIA CORDIDO CONDE (B1C) J: LETICIA PENAS SOUTIÑO (B1C) K: SERGIO PATIÑO RÍO (B1C) L: TANIA ARIAS CARBALLAL (S3A)


Intres da escola

ENTREVISTA A MIÑA AVOA

Vestido Mercábanlles a roupa cos cartos que seus pais conseguían de vender no mercado

cebola e pemento). Pola mañá almorzaban con caldo requente ou sopas cun refrito de sail de porco (graxa) ou un rustrido de unto. En canto á hixiene, bañábanse nunha tina de zinc e non podían lavarse todos os días, o único que lavaban todos os días era a cara. Isto era o que facían no inverno, xa que no verán ían bañarse ao río.

Alimentación e hixiene

Traballo infantil

Con referencia á alimentación, contoume que o pan nunca lles faltou, xa que tiñan o mellor pan de toda a parroquia, e despois o caldo era a comida habitual. Cando se acababan os condimentos para facer o caldo, facíano con refrito de unto (graxa que ten o porco no lombo) e cando se acababa o unto, facíano con aceite. Os días que eran importantes, porque se facía algún traballo, comían o que se chamaba compangos (comidas especiais), facíanse, por exemplo, patacas cun refrito de pemento (o refrito era aceite frito na tixola con

Non existían traballos infantís, senón que os nenos traballaban como os adultos. Ían cavar ao monte; levantábanse cedo para chamar as vacas, segar o trigo, etc. Non había maquinaria como hoxe, a herba seca segábana á man. Os nenos, así que tiñan unha certa idade para traballar, facían o traballo coma os adultos.

Diferenzas entre os nenos e as nenas Existían moitas diferenzas no traballo e na escola. Nalgúns casos, moitos pais non querían que as nenas fosen á escola, xa que para os labores da casa non lles facía falta

11 Xuño 2007

1. A vida dos nenos

froita, como: peras, cereixas, tomates, etc. Ou cando non tiñan cartos para mercarlles a roupa deixábana a deber no xastre, que era de confianza, e ían pagarlle cando seus pais tiñan os cartos. Ás veces a roupa quedaba duns irmáns para outros e incluso, nalgunhas ocasións, os familiares que vivían en Bos Aires mandábanlles roupa que a eles non lles servía.

Intres

Primeiramente vou facer unha pequena introdución para contarlles quen é miña avoa. Chámase María e naceu no 1946, polo tanto, hoxe en día, ten 61 anos. Viviu toda a súa nenez nunha aldea chamada Madelos, que pertence ao concello de Sobrado dos Monxes. Aos 24 anos emigra para Alemaña, onde demostra todo o que aprendeu nesa escola de aldea, á que pouco acudía, pero que lle puido servir para aprender o alemán e poder comunicarse cos seus xefes. Despois de cinco anos fóra, regresa a Galicia coa ilusión de saír adiante cun traballo e aséntase na Coruña, sempre na compaña de meu avó. Tamén aporta que existen moitas diferenzas entre os nenos de antes e os de hoxe. Os de antes mantiñan unha dura disciplina, quizais en exceso, pero o profesor era unha persoa respectable e non se podía insultar nin tratar mal. Estaba considerado como un ser superior. Na época de Franco, sobre todo, había unha gran influencia da Política e a Relixión, ás que non se podía faltar. xa que a relixión estaba intimamente unida ádictadura. Xunto con este pequeno resumo da vida de miña avoa, vou expoñer a continuación a información que obtiven da entrevista que lle fixen:


Intres da escola

ENTREVISTA A MIÑA AVOA que xeralmente ían comer á casa, xa que non tiñan para darlles bocadillos todos os días.

Climatoloxía no camiño da escola O camiño cara a escola era con lama e pedras, cando chovía chegaban todos mollados e sucios á escola. Seus pais, para que non se mollasen tanto, dábanlles sacos. Ademais tiñan que saír unha hora antes, xa que todos os días tiñan que andar entre quince e dezaseis quilómetros.

Intres

Anos de escola

Xuño 2007

12

estudar. No traballo, as mulleres non facían traballos tan pesados, pero nalgúns casos eran igual de intensos.

Enfermidades e coidados médicos Os nenos visitaban moi pouco os médicos, o único coidado médico que recibían eran remedios caseiros, por iso morrían tantos nenos. Por exemplo, a meninxite era unha enfermidade que non tiña cura. Incluso chegou a contarme unha anécdota: cada vez que lles doía un dente, seus pais mandábanos ao dentista, que lles arrincaba o dente sen anestesia.

Xogos Os xogos que máis recorda son: saltar á corda, a raia da pedra, as abarcas e o salto da pita. As abarcas consistía en agarrarse a outro compañeiro e conseguir tiralo. O salto da pita consistía en poñerse agachado e outro neno saltaba por riba del. Cantigas dos nenos e para os

nenos Acórdase de xogos e cancións que había naquela época, pero non de cantigas para nenos nin de cantigas que tiñan os xogos.

2. Entre a escola e o centro educativo Distancia A distancia que tiñan que andar todos os días para ir á escola era de catro quilómetros aproximadamente.

Asistencia escolar Faltaban moitos días á escola, xa que tiñan que ir traballar cos seus pais; cando non tiñan traballo porque era inverno e chovía, non era tempo favorable para o traballo, entón ían á escola.

Alimentación na escola Os nenos na casa comían en quente, pero en cambio o día que se quedaban a comer na escola porque non lles daba tempo de ir á casa, comían en frío, un bocadillo. Aínda

Miña avoa empezou a escola no ano 1956 e acabou no 1961, pero durante estes anos, en varios trimestres faltou á escola. Estes cinco anos servíronlle para saber o máis esencial e poder defenderse pola vida.

Diferenzas entre nenos e nenas na escola Polo que recorda, ían máis á escola as nenas cós nenos, xa que eles tiñan que traballar , mentres que elas podían asistir máis á escola, porque só se dedicaban aos labores da casa. Non lles gustaba ir á escola, preferían ir traballar con seu pai antes de ir á escola. Pero seus pais, o día que non había que traballar, obrigábanos a ir.

3. Os mestres e os nenos Número de nenos no grupo da clase Miña avoa recorda que na súa clase había aproximadamente 80 rapaces, xa que a escola non estaba dividida en clases, había unha soa para


Intres da escola

ENTREVISTA A MIÑA AVOA todos os nenos.

Vida do mestre O mestre vivía na mesma escola, vivía moito mellor cós nenos e cá maior parte das familias da parroquia. O mestre tiña unha habitación para el só e tiña máis comodidades que as demais casas da parroquia. A casa onde vivía era duns señores da parroquia que a deixaban para que os nenos puidesen ir á escola.

Relacións coa xente

Miña avoa recorda que tivo seis ou sete mestres.

Trato cos nenos O trato cos nenos era pouco, só tiñan máis trato con aqueles que eran ricos e que ademais os conquistaban. Os nenos ricos eran mellor tratados que os pobres.

¿Tiñan cultura?, ¿Sabían explicar?, ¿Motivaban? Segundo a súa opinión, os profesores non sabían explicar nin motivaban para que estudaran, senón que había que facer o que eles manda-

4. Os pais, os nenos, as nenas e a escola Ilusión dos pais Os pais poñían ilusión en que os seus fillos fosen á escola, pero como había que traballar para poder comer, isto impedíalles que os seus fillos fosen máis.

Nenos ricos, nenos pobres Os recordos dos nenos ricos son lembrados con odio e ao mesmo tempo con desprezo. Os nenos ricos eran mellor apreciados que os pobres e ademais os mestres ensinaban

máis aos ricos que aos pobres. Os ricos dábanlles aos mestres regalos para que aprobaran os seus fillos, por ese motivo os ricos sempre sabían máis que os pobres. Contoume unha anécdota que me deixou sorprendido: unha vez o pai dun neno da aldea foi falar co mestre para dicirlle que outro neno lle estaba pegando ao seu, pero o mestre, como era un home pobre non lle fixo caso. Outro día chegou o pai dun neno rico, e a este si que lle fixo caso porque era un señor rico. Os nenos pobres sempre eran aos que lles pegaban, aínda que fose sen razón, porque como eran pobres...

Causas do abandono escolar Aos catorce anos tiñan que marchar da escola, a maioría dos nenos non podían seguir estudando porque seus pais non tiñan cartos, xa que antes había que pagar todos os estudos. Pódese dicir que só o 1 % dos nenos da aldea tiñan a posibilidade de seguir estudando.

13 Xuño 2007

Número de mestres

ban e nada máis. Se nalgún caso un neno non quería facer o que lle mandaba, entón o mestre pegáballe. Ela considera que hoxe en día os mestres tratan mellor aos nenos, aínda que os nenos non tratan mellor aos mestres, e ademais, os mestres saben explicar mellor ca antes.

Intres

Tivo moitos profesores, pero recorda deles que tiñan un carácter serio e severo. Os mestres eran máis severos cás mestras, elas sabían tratar mellor aos nenos e non soían ser tan serios. Os nenos queríanlles máis ás mestras que aos mestres. Os mestres eran orgullosos e críanse superiores, pero, sen embargo, ela recorda a unha mestra con moito cariño, xa que era unha persoa sinxela, boa e á que todos os veciños querían.


Intres da escola

ENTREVISTA A MIÑA AVOA encerado máis grande onde a mestra lles daba xiz. Os nenos eran os que mercaban todos os materiais que lles facían falta. Incluso miña avoa acórdase que custaba sobre 20 céntimos.

Intres

Mapas e ilustracións nas paredes

Xuño 2007

14

5. Características do centro O edificio O edificio era unha casa vella, hoxe restaurada e utilizada como casa de turismo rural, feita de pedra. Era unha casa particular cedida por uns veciños para que os nenos fosen á escola. No primeiro piso estaba a escola e tamén vivía nel a mestra. Tiña un piso de táboas. No piso de abaixo estaban as cortes dos animais e ademais, no recreo, os nenos xogaban nas cortes dos animais.

As aulas As aulas eran grandes, xa que, como dixen anteriormente, eran clases duns 80 rapaces.

As paredes As paredes eran de pedra, duns 80 cm. de ancho.

Os pupitres A mesa e a cadeira estaban unidas, a mesa tiña uns caixóns por debaixo para gardar libros ou calquera material.

A súa disposición Estaba disposta en catro fi-

las e con un corredor polo medio para que o profesor puidese andar polo medio das filas. A mestre tiña unha tarima á que se subía cando explicaba.

Servizos hixiénicos Na clase non había servizos, só a mestra o tiña na súa habitación. Na aldea só os ricos tiñan servizos.

Patio de recreo e lugares de xogo Na escola, á parte da corte dos animais tamén había unha eira grande, que pertencía aos donos da casa e que lles servía para xogar. Alí tiñan xogos como: a raia, a corda, etc.

Material escolar Os únicos materiais que tiñan era unha pluma e ao lado, na mesa, o tinteiro. Na mesa había como unha ranura para gardar o lapis, pluma e o pizarrillo, que era un utensilio de pedra para escribir na pizarra que eles tiñan. Todos os exercicios facíanos nunha pizarra pequena e despois, se a mestra lles mandaba faer algo, tiñan un

Había mapas grandes na aula pendurados da parede, os mapas eran de todo o mundo. En canto a ilustracións, había unha foto de Franco e un reloxo de péndulo, pero os traballos dos nenos non os poñían na parede, como si pasa hoxe en día.

6. Medios para traballar na escola

Libros Libros tiñan poucos e os que había quedaban duns irmáns para outros. A continuación expoñerei o título dos libros polos que estudaban e aportarei un pequeno exemplo daqueles que teña información: -“El parvulitos” que é un libro para nenos pequenos que trae información de todas as materias: matemáticas, lingua, historia, xeografía... - “Las primeras rayas” - “Las segundas rayas” - “Las terceras rayas” - “Manuscrito”, que era un libro con letra escrita a man, polo que era moi difícil de ler. - Enciclopedia: é un libro moi completo no que tamén se trata sobre todas as materias, aínda que con máis intensidade en Historia e Relixión. Todos os libros eran mercados polos nenos, o mestre


Intres da escola

ENTREVISTA A MIÑA AVOA non lles deixaba ningún.

Libretas, papel, material de escritura Había libretas nas que tamén facían exercicios, para os nenos pequenos eran de pauta e para os maiores normais. Para escribir usaban lapis, pluma... 7. Materias

Disciplinas Lectura, escritura, matemáticas, lingua, xeografía, historia, física, química, caligrafía, ortografía, urbanidade e relixión

Recordos Ten bos e malos recordos do seu paso pola escola: os bos, como é normal en todos os nenos, xogar. O mellor momento era a saída ao recreo. Os malos, recorda que un día o mestre berroulle por facer axiña os exercicios, xa que lle gustaba moito facer os de Matemáticas. Ás veces o esforzo non era recompensado, senón que encima aínda

8. Valoración do traballo escolar Exames, premios e castigos Non tiñan exames nin premios, pero si que tiñan castigos. Por exemplo, se non sabían facer algo ou non o querían facer, castigábanos sen ir comer, sen saír ao recreo ou poñéndoos de xeonllos.

Disciplina A disciplina na escola era moi severa. Recorda que estaban na ditadura de Franco e a escola e a igrexa eran tamén unha ditadura. Non existía a liberdade de opinión, non se podía opinar nin manifestarse de ningunha maneira, xa que Franco castigaba duramente. A igrexa era outra institución na que tamén había ditadura, non era o mesmo que hoxe, posto que hoxe o que non quere ir á misa non ten obrigación ningunha; sen embargo, antes a igrexa obrigaba a cumprir con todos os de-

beres dun bo cristián. Incluso me contou unha anécdota na que a igrexa obrigaba a cumprir co precepto, que consiste en confesarse cada certo tempo. Se as persoas non cumprían con isto, podían ser severamente castigadas e incluso podían ir ao cárcere.

Estampas e diplomas Cando terminaban de estudar, aos catorce anos, non lles daban un diploma nin un documento acreditando que fixeran eses estudos, pero en cambio cada trimestre mandábanlles as notas á casa para firmalas.

9. Actividades complementarias Fórmulas de entrada e saída Entraban ás 9:30 e saían á 1:00, pola tarde entraban ás 3 e saían ás 5. O mestre avisábaos cunha campaíña. Cando saían á 1, tiñan que ir correndo para despois poder chegar para as tres da tarde.

15 Xuño 2007

A materia que máis lle gustaba a miña avoa eran as Matemáticas, e a que menos, todo aquilo que implicara estudar, como a Historia, Xeografía... Aínda que non lle gustara a materia, tiña que atender ao mestre, se non quería ser castigada, xa que sempre había que facer o que mandaban. Aínda que non lle gustaba estudar, recorda algo que tivo que aprender de memoria: “El Miño nace en Fuentemiña, pasa por Lugo, Orense y Pontevedra y desemboca entre España y Portugal”.

os castigaban.

Intres

Nenos e nenas ante as disciplinas


Intres da escola

ENTREVISTA A MIÑA AVOA Ximnasia e instrución A materia de Ximnasia non a tiñan, só as materias que aparecían na cartilla de escolaridade; os mestres non podían engadir ningunha materia máis sen permiso do inspector.

Festas escolares Non había festas escolares, pero algún día, como no Entroido, facían festas entre os mozos da parroquia.

10. Galego/Castelán ¿Usábase o galego?, ¿Como?

12. Facendo balance

Intres

Non tiñan actividades organizadas pola escola.

Xuño 2007

11. Influencias da Política e da Igrexa A relixión e a política da época estaban baseadas na ditadura. Miña avoa ten malos recordos da presión que había coa ditadura e, sobre todo, co alienante que era a relixión da época. Por exemplo, cando había algunhas festas, a garda civil viña antes das 9:00 da noite para que se desfixesen as festas; ou incluso moitas veces as festas acabábanse polas loitas que había entre uns mozos e outros.

Actividades extraescolares

16

no mesmo idioma ca eles. Eles preferirían que falase en galego, así entenderían o que lles explicase.

Actividades relixiosas A relixión era moi respectada, polo que na escola era unha das materias máis importantes. Os nenos rezaban ao chegar e saír da escola, tanto pola mañá como pola tarde.

Na escola non se usaba o galego, o mestre falaba sempre castelán e había que falar coma el. Se non se falaba o castelán, el non facía caso aos nenos. Tiñan que falalo como fora. Isto é unha das consecuencias da ditadura de Franco: o galego foi discriminado ata o punto de prohibir falalo.

¿Tiñan problemas co galego? Os nenos galegos tiñan problemas co castelán, xa que non entendían o que o mestre lles explicaba. Miña avoa contoume que en moitas ocasións os nenos non entendían o que o mestre lles explicaba porque non falaba

Da súa nenez ten bos e malos recordos, aínda que se inclina máis polos malos que polos bos. Naquela época pasábase moita fame e había moita miseria. A xente non pode ter boas lembranzas deles.

13. Comentario persoal sobre a experiencia da entrevista Comezo dicindo que foi unha gran satisfacción para min facer estas entrevistas, xa que me serviron para concienciarme de como eran os tempos de meus avós e pais, e para alcanzar coñecementos positivos de

múltiples cuestións das que non sabía nada. Ademais podo dicir que a entrevista é extremadamente curta e concisa. Curta porque a familia que me pode contar o que aconteceu é moi pouca, xa que só contei coa participación e colaboración de miña avoa. Ademais é concisa porque non podía engadir máis do que eles me contaban, que en ocasións era moi pouco porque non se acordaban ou simplemente porque non sabían moi ben que contestarme. Pola contra, a época na que viviron meus avós foi de moita presión e medo. O réxime imperante era unha ditadura total que abarcaba todos os ámbitos, polo que a liberdade quedaba descartada. Percibín que ao falar desta época mostran un odio e desprezo total ao réxime e ademais comentáronme que “eses tempos nunca máis volvan”. Facendo balance, podo apreciar que toda a penuria, miseria e fame que os nenos desta época viviron foi a consecuencia da Guerra Civil. A modo de opinión persoal, vou engadir que pasei uns momentos marabillosos escoitando os relatos que os devanditos familiares me facían e ademais fíxenlles pasar a eles uns momentos agradables lembrando a súa infancia; aínda que para


Intres da escola

ENTREVISTA A MIÑA AVOA

marcounos ata o punto de facerlles que collesen odio a todo aquilo que no seu momento os alienou. Aquilo que marcou profundamente a vida dos nenos, en liñas xerais, foi: A relixión: formaba parte da política e ditadura de Franco.l A ditadura: baseada na autoridade e a censura. Prohibición de falar o idioma que os nenos mamaran. As clases altas: que se aproveitaban deles ata o punto de telos como escravos que traballaban sen ter nada a cambio. En xeral, todas as faltas ou carencias que seus pais non puideron cubrir e que marcou a súa vida e o seu futuro. E, como comentario persoal, podo dicir que os nenos hoxe teñen moita sorte, xa que a súa vida deu un xiro completo en comparación cos nenos da posguerra. Hoxe nada está censurado, hai plena liberdade e toda clase de beneficios. Penso que temos moita sorte de vivir onde vivimos e como vivimos. DIEGO GAREA REY. S3C

17 Xuño 2007

seguramente a aproveitarían mellor que o facemos nós hoxe en día. Puiden descubrir que á miña avoa gustáballe moito estudar e ir á escola; se seus pais lle puidesen pagar os estudos, non tería os problemas que tivo toda a súa vida, nin tería que pasar as calamidades que sufriu. Un aspecto moi importante que percibín é o desprezo que sentiron e aínda hoxe senten polos ricos. Os ricos aproveitábanse dos pobres en todos os aspectos. Os pobres traballaban e traballaban sempre para os ricos, nunca podían ter nada deles, xa que todo era para os ricos. Na escola eran os que dominaban e aos que mellor trataban. Era imposible intentar facerlle a competencia a un rico, xa que se saía perdendo, sempre tiña o apoio de todos. Por este motivo, todos os nenos da parroquia lle querían mal, e sempre intentaban que o pasase mal. Para rematar, e xa resumindo, o mundo que rodeou aos nenos destas épocas foi moi inxusto e polo tanto

Intres

algúns deles non fose unha época feliz, sempre encontran unha anécdota simpática coa que esquecen todos os malos momentos. Comprobei que os nenos dos anos 50, época de meus pais, ou dos anos 20, época da miña avoa, eran uns nenos aos que non lles facían falta xoguetes para divertirse, non precisaban as, tan de moda, discotecas, xa que tiñan as romarías das vilas para divertirse. Non lles facía falta o alcohol, nin a droga, nin todo iso que desgraciadamente todos coñecemos, para pasalo ben. Había menos violencia, sen contar co réxime, non había tantos asasinatos, violacións... Os mozos xuntábanse e ían andando quilómetros e quilómetros de noite para poder asistir a unha festa. Hoxe, se non se vai en coche, non se vai. Hoxe en día rexémonos polo consumismo e o materialismo, queremos ter moito e o mellor. ¿Por que conformarnos con un pantalón ou un par de zapatos se podemos ter dous?, ou ¿Por que conformarnos con un pantalón que vén da China, sen ánimo de ofender aos chinos, se podemos ter un Levis? Aos nenos de antes só lles importaba ter un pantalón, non querían dous ou de marca Levis, simplemente se conformaban co que tiñan ou máis ben co que lles daban, xa que poucas veces podían estrear unha peza de roupa. Comprobei ademais que moitos dos nenos de antes quererían poder ter a oportunidade de estudar, e


Intres Actuais

ALERTA VERMELLA Durante a historia, o catolicismo, outras relixións e seitas estiveron predicindo a fin do mundo mentres que os científicos predixeron un cambio climático cunhas consecuencias desastrosas debido ao quentamento global do planeta terra.

Intres

Un cambio climático provocado pola contaminación producida polos incendios forestais, centrais contaminantes; en resumo, a comodidade do home a cambio da fin do noso planeta.

Xuño 2007

18

Durante moitos anos, a Melide correspondeulle un clima atlántico caracterizado por abundantes chuvias ao longo do ano, os invernos son suaves e os veráns frescos. Poñédevos a pensar: ¿correspóndese este clima co da actualidade? Agora hai tormentas de verán e primavera e a calor e o frío alterouse ao longo do inverno. Rapaces e rapazas, dou unha alerta vermella, o noso clima cambia, especies extinguiranse, e desaparecerán os sete paraísos do mundo (entre eles algún día a Alhambra). Dentro de doce anos viviremos tornados en España. O noso clima dará un cambio radical. ¿Estaremos preparados? ¿Como acabará? ¿Sobrevivirá a humanidade?... Son moitas as preguntas que só o tempo poderá responder baseándose en feitos e non nos dará tempo para reaccionar. ADRIANA ESTÉVEZ ROCA, B2B


Intres Actuais

CONTAMINACIÓN pos de risco son os nenos, anciáns, os que están en contacto con produtos tóxicos e quen padece algunha enfermidade pulmonar ou cardíaca.

Fontes e control

Efectos da contaminación na saúde

Efectos a gran escala

Un período de tan só tres días de escasa mestura atmosférica pode levar a concentracións elevadas de produtos perigosos en áreas de alta contaminación e nestes casos extremos poden chegar a xurdir enfermidades e incluso a morte. Un dos casos no que ocorreu isto foi nunha inversión térmica na India, que causou 16.000 mortes e 500.000 afectados. Os efectos da exposición a longo prazo das baixas concentracións de contaminantes non están ben definidos; non obstante, os gru-

O dióxido de carbono produce o quecemento global e tamén o dióxido de xofre é unha das causas polas que se produce a chuvia ácida. O consumo de carbón e petróleo desde finais de 1940 levou a concentracións cada vez maiores de dióxido de carbono.O efecto invernadoiro resultante que permite a entrada da enerxía solar, pero reduce a reemisión de raios ó espazo exterior, xera unha tendencia ao quentamento que poderá afectar ó clima global e levar ó desxeo parcial dos casquetes polares.

Outros dos factores que axudan á contaminación son as chemineas de industrias que non reducen a cantidade de contaminantes senón que os emiten a maior altura, reducindo así a súa concentración no mesmo lugar e así os contaminantes son transportados polo aire a maior distancia e producen efectos adversos en áreas afastadas do lugar onde se produciu a emisión.

Medidas gubernamentais En moitos países existen normas sobre a calidade do aire con respecto ás sustancias perigosas que poida conter. Estas normativas establecéronse para marcar os limites das emisións de contaminantes do aire que producen as diferentes fontes de contaminación. Sen embargo, a natureza deste problema non poderá resolverse sen un acordo internacional.. ANALÍA RAMOS REGUEIRO 1ºB

19 Xuño 2007

Un 80% do monóxido de carbono e un 40% dos óxidos de nitróxeno e hidrocarburos procede da combustión de gasolina e gasóleo nos motores dos coches e camións. Outras importantes fontes de contaminación son a siderurxia, as fábricas de ácido nítrico, as refinerías de petróleo, etc.Os gases contaminantes poden almacenarse en líquidos ou sólidos.

Intres

Podemos chamar contaminación ó aumento ou aparición de sustancias na atmosfera que poden ser perigosas para a nosa saúde, como producir danos nas plantas e animais. As principias sustancias contaminantes da atmosfera son os gases, (monóxido e dióxido de carbono, hidrocarburos, etc.), os residuos desprendidos polas fábricas, lixo, etc. Por outra parte, na década de 1980 descubriuse que os CFC (cloroflurocarbonos, como lacas, insecticidas) están producindo unha diminución na capa de ozono do noso planeta.. A concentración destes contaminantes redúcese cando estes se dispersan na atmosfera e este proceso depende de factores climatolóxicos como a temperatura e a velocidade do vento.


Intres Actuais

CORRUPCIÓN NAS MULTINACIONAIS

Intres

Os alumnos de primeiro de bacharelato (A e B), fixemos na clase de Ética e Filosofía do Dereito uns carteis, sobre o abuso por parte das grandes compañías multinacionais, dos dereitos humanos. Estes dereitos están violados, como o acoso laboral. Nalgún caso mandan espirse ás mulleres diante da dirección, outras violacións son os salarios mínimos, xornadas laborais de 15 horas.... Entre as moitas fabricas que fan isto están Bayer, Levis , Nike etc. Estas empresas o único que queren é sacar diñeiro e non pensan nas persoas que son as máis importantes. Nós tamén fixemos outros murais, que tamén teñen que ver cos dereitos humanos, con temas como o tráfico de armas, as guerras, discriminación.... Entre todos os carteis seleccionamos, os que mais nos chamaron a atención, foron estes:

Xuño 2007

20

Nike empresa multinacional dedicada á fabricación de roupa, calzado e outros complementos. Como se pode apreciar no cartel os salarios son de 2$ ao día , hai acoso sexual por parte da directiva, tamén hai que salientar o maltrato físico e a explotación infantil. Outra das empresas violadoras destes dereitos é a Bayer. Esta e una gran empresa farmacéutica, que coma a outra practica a explotación infantil, comercializan fármacos moi perigosos que poñen en perigo a vida das persoas, contribúen á guerra etc.

Este mural ten que ver coas guerras e o tráfico de armas. Como se pode apreciar nas fotos, os nenos teñen armas e serben para distribuílas. Tamén se fala das guerras, e como matan a xente inocente. Nós pensamos que estas cousas poderíanse evitar se axente fose máis consciente deste problemas, porque a nós non nos explotan, nin nos dan soldos miserables, pero hai que poñerse no lugar das outras persoas que o sofren e axudar na medida do posible a evitalo. DANIEL MATO CEA ANDREA SÁNCHEZ SOUTO BORJA PÉREZ RODRÍGUEZ DAVID FUENTES RODRÍGUEZ ALUMNOS 1ºC BAC


Intres Actuais

DISTANCIA ENTRE NENOS/AS O ACOSO ESCOLAR Un caso en Vilagarcía

SANDRA ABAD GARCÍA, B1A

21 Xuño 2007

NATALIA PENAS MATO, B1C

Intres

Un alumno do instituto Castro Alobre, de Vilagarcía recibía patadas todos os días de catro compañeiros. A policía autonómica tivo que intervir o ano pasado en seis casos de acoso escolar denunciados por alumnos de colexios galegos. Todos os centros que foron escenarios dos abusos psicolóxicos ou agresións duns alumnos a outros estaban situados en Vigo, segundo informa a Consellería da Presidencia. Polo menos en tres das denuncias por acoso escolar nas que interviu a Consellería estaban implicados alumnos de catorce anos que agrediran a nenos que eran compañeiros seus e dunha idade similar. As denuncias foron realizadas polos propios nenos que eran vítimas de situacións de acoso escolar. Os axentes comprobaron os feitos, interrogaron as testemuñas, falaron cos profesores e informaron aos pais para que corrixiran a conduta dos seus fillos. En ningún caso hai constancia de que os agresores reincidisen nas súas actividades violentas.

Como todos sabemos, o mundo está moi mal “repartido”, xa que os países son tan diferentes que semella mentira que compartamos planeta. Aínda que soemos pensar que os cartos non moven o mundo, eu penso que en gran parte si e isto apréciase claramente, aínda que hai quen non o ve, mellor dito, quen non o quere ver. Un tema ao que pretendo chegar con esta pequena introdución é ao das diferenzas existentes entre nenos de distintas zonas. Os nenos teñen vidas moi distintas segundo sexa o seu país de residencia e isto, por suposto, non é nada bo nin ha de ser tema de mofa. A min persoalmente non me colle na cabeza como aínda hai xente que fala deste tipo de problemas dicindo frases como mentres a min non me pase...ou mentres non veñan para aquí..Todos sabemos que é moi fácil omitir a realidade, mais iso non resolve o problema. Se comparamos a situación dun neno español, que ten de todo o necesario e moito máis, coa situación dun neno africano, que apenas se ten para comer, podemos apreciar o desequilibrio da balanza. Con isto non quero dicir que sexan malos os pais dos nenos que teñen de todo, xa que nos países ricos ese caso dáse na maioría da poboación, o que si quero é que con este pequeno resumo acerca da situación mundial todos reflexionemos sobre que poderiamos facer nós para axudar, mais non podemos negar que a solución se encontra en mans dos políticos, e mentalizarnos de que aínda que un só gran parece pouco, con moitos xa forma unha morea, por iso quero animarvos a que intentedes colaborar sexa cal sexa a axuda por máis pequena que vos pareza. E se non, polo menos pensade en toda esa morea de nenos, na fame e miseria na que vive a metade da poboación e tamén recordarvos que Galiza, que hoxe ten un bo nivel de vida, tamén pasou por situacións precarias e que os nosos antepasados tamén tiveron que emigrar. Todos xuntos podemos reducir a distancia que nos afasta deses que non teñen unha vida nada semellante á nosa.


Intres Actuais

Intres

A PIRAGUA

Xuño 2007

22

O día 13 de abril tivemos unha saída á cidade de Santiago co motivo de ver unha obra de teatro didáctica que trataba sobre a violencia de xénero. Esta peza estaba dirixida por Cándido Pazó e actuaban nela Xosé Manuel Oliveira (“Pico”), que representaba a Delio; Susana Dans, Rosa; xunto a eles, Lola Moíños, Marcos Orsi, César

Goldi, Ricardo de Barreiro e María Bañobre. A obra comeza cunha reunión de veciños na que un protesta porque o outro ten unha piragua na praza de garaxe. Acompañando esta disputa, vívese outra distinta, que o que protesta pégalle á muller. Isto xa leva ocorrendo dende hai moito tempo, pero non con

moita intensidade, ben porque non se sabía ou porque non se quería saber. A cousa colleu máis forza cando a muller empeza a facer de señora da limpeza no edificio sen o consentimento do seu marido. O home, que é un machista, non quere que a muller traballe fóra da casa, e quere que se ocupe só da súa. A muller, farta de malos tratos físicos e psicolóxicos, decide rematar esta relación. Cando lle falta a muller, o home tolea e decide rematar coa súa vida pegándose un tiro; pero cando se ía matar, atopouse con Guzmán, que era o dono da piragua e pegoulle un tiro. Pero, por que lle disparou a Guzmán, un home que nunca lle fixera mal a ninguén? só por ter a piragua no garaxe? Esta morte foi o resultado do absurdo da violencia. DAVID PENAS, MARCOS MATO JENIFER MATO, AGRUPAMENTO DE 3º

Que importante sería para todos nós volver con algo aprendido da obra de Cándido Pazó, xa que o maltrato non ocorre só en lugares afastados senón que pode estar ocorrendo neste intre no noso edificio. Pode ser esa parella de anciáns, os mozos novos ou incluso na propia casa. O maltrato é difícil de ver nas persoas do noso arredor, aínda que o que soe ocorrer é que nós non queremos implicarnos. A obra reflexa como despois dunha disputa por unha piragua na xunta de veciños, Rosa é maltratada polo seu home. Esta será a historia que recordarán Lucía e os seus colegas actores, esta e o seu terrible desenlace. Rosa, ás costas do seu home, comeza a varrer e fregar as escaleiras do seu edificio, aínda que el lle dixera que non quería que fose a fregona de ninguén, xa que se cría dono dela e, consciente ou inconscientemente, o único que podía explotala.


Intres Actuais

A PIRAGUA

A MULLER E O TRABALLO Detrás de cada obreiro hai probablemente unha muller que lle cose os botóns. Detrás de cada obreira é difícil imaxinar a outro que non sexa ela mesma remendando a súa propia roupa. Esta realidade cotiá levada á estatística significa que, de todo o traballo que se realiza actualmente en España, as dúas terceiras partes realízao a muller. Este é o resultado dun dos estudos realizados pola investigadora Mª Ángeles Durán, que indica, sen embargo que a remuneración que reciben as mulleres só é dun terzo do total. LEE ANN SARA GRACE IGLESIAS

23 Xuño 2007

CARLOTA CASAL & EDURNE SUÁREZ. S3D

Intres

Un día cando Rosa entra a deixar a fregona no cuarto de mantemento ve unha obra que están representando os rapaces na que se ven os malos tratos, cando o home pega á muller e aparece un defensor, está négase a abandonalo, xa que ten dependencia del. Cando a obra remata, entra Delio e bérralle a Rosa, porque ela non pinta nada alí, xa que segundo el, o seu lugar está na casa, ben preto do seu home. Os rapaces do teatro pensan se a cousa cambiaría algo se Rosa se defendera. Logo de cara á xente a súa relación volve ser normal, xélida, pero normal; aínda que Rosa segue fregando as escaleiras ás escondidas de Delio. Tras manter este último unha seria conversa con Suso pola piragua, ve a Rosa no cuarto das fregonas e teñen unha forte discusión, falan de recordos dolorosos para ambos coma a morte da nena ( a súa filla, que tiña unha discapacidade). Tras esta disputa, Rosa non volve saír da casa ata o seu fin, aparenta esnaquizada e desganada. O día que morre ten unha aparición, é a súa nena que lle aconsella que se esqueza de todo e salte pola ventá. Rosa, antes de saltar, deixa a alianza, logo, sen pensalo, tírase. Ao ver que falta da casa, Delio vaina buscar e vai acompañado dunha pistola, pero, en vez de ver a súa muller morta pola caída dende o balcón, atopa a Suso e dispáralle, este cae morto e Delio bótalle as culpas á piragua. A obra gustounos moito, tanto a actuación do actor principal masculino coma a da actriz principal feminina foron totalmente cribles. Pero sobre todo, como a partir de algo tan sinxelo coma unha piragua achéganse a un tema tan actual, aínda que, iso si, tratándoo co respecto que merece isto que cada día sofren as mulleres nas súas casas.


Intres divulgativos

A REVOLUÇÃO DOS CRAVOS

Intres

Grândola, Vila Morena Terra da fraternidade O povo é quem mais ordena Dentro de ti, ó cidade

Xuño 2007

24

Os versos de José Afonso já eram premonitórios dez anos antes, quando foram escritos. Non cabe dúvida de que com este hino à liberdade começou, aquela madrugada do 25 de Abril de 1974, a Revolução dos Cravos. O levantamento militar do dia 25 de Abril de 1974 derrubou o regime político que havia em Portugal desde 1926. Este levantamento é conhecido por 25 de Abril ou Revolução dos Cravos e foi conduzido pelos oficiais intermédios da hierarquia militar, na sua maior parte capitães que tinham participado na guerra colonial. Considera-se que esta revolução devolveu a liberdade ao povo; de facto, denomina-se “Dia da Liberdade” o feriado instituído para comemorar a revolução. O dia 28 de Maio de 1926 institue-se um regime autoritário fascista, e, em 1933, o regime é remodelado, auto-denominando-se Estado Novo, e Oliveira Salazar

passou a controlar o país até 1968. Desde este ano, Marcelo Caetano dirigiu Portugal até ser deposto no 25 de Abril de 1974. Sob o governo do Estado Novo, Portugal foi sempre considerado uma ditadura, quer pela oposição, quer pelos obsevadores estrangeiros, quer mesmo pelos próprios dirigentes do regime. O Estado Novo possuia uma polícia política, a PIDE (Polícia Internacional e de Defesa do Estado), que perseguia os opositores do regime. O país menteve uma política baseada na manutenção das colónias do “Ultramar”, defendendo-as militarmente a partir dos inícios dos anos 60 contra os grupos independentistas de Angola, Guiné-Bissau e Moçambique.

PREPARAÇÃO A primeira reunião clandestina de capitães foi realizada em Bissau, em 21 de Agosto de 1973. Em 9 de Setembro de 1973 uma reunião no monte Sobral dá origem ao Movimento das Forças Armadas. O 5 de Março de 1974 é aprovado o primeiro documento do movimento, Os Militares, as Forças Armadas e a Nação, que é posto a circular clandestinamente. No dia 14 de Março o governo demite os generais Spínola e Costa Gomes dos

cargos de vice-chefe e chefe de Estado Maior, oficialmente por estes se terem recusado a participar numa cerimónia de apoio ap regime. A verdadeira causa da expulsão dos dois generais foi o facto de o primeiro ter escrito, com a cobertura do segundo, um livro, Portugal e o Futuro, no qual, pela primeira vez uma alta patente advogava a necessidade de uma solução política para as revoltas separatistas nas colónias e não uma solução militar. No dia 24 de Março tem ligar a última reunião clandestina, na qual se decide o derrube do regime pela força. O 24 de Abril de 1974, um grupo de militares, comandados por Otelo Saraiva de Carvalho, instalou secretamente o posto de comando do movimento golpista no quartel da Pontinha, em Lisboa.

As 22h 55m é transmitida a canção E depois do Adeus, de Paulo de Carvalho, pelos Emissores Associados de Lisboa, emitida por Luís Filipe Costa. Este foi um dos


Intres divulgativos

A REVOLUÇÃO DOS CRAVOS

O cravo tornou-se o símbolo da Revolução de Abril

CONSEQUÊNCIAS No dia seguinte, formase a Junta de Salvação nacional, constituída por militares, e que procederá a um governo de transição. O essencial do programa do Movimento das Forças Armadas é, amiúde, resumido no programa dos três D: Democratizar, Descolonizar, Desnvolver. Entre as medidas imediatas da revolução contam-se a extinção da polícia política e da censura, a liberdade sindical e a legalização dos partidos políticos. Só a 26 foram libertados os presos políticos da Prisão de Caixas e de Peniche, e os líderes políticos da oposição no exílio voltaram ao país nos dias seguintes. Passada uma semana, o 1º de Maio foi celebrado legalmente nas ruas pela primeira vez em muitos anos. Portugal passou por um período conturbado que durou cerca de dois anos, chamado Processo Revolucionário em Curso, marcado pela luta entre a esquerda e a direita. No

25 Xuño 2007

O CRAVO

de 1974. Com o amanhecer as pessoas começaram a juntar-se nas ruas, apoiando os soldados revoltos; alguém começou a distribuir cravos vermelhos pelos soldados, que depressa os colocaram nos canos das espingardas. Existem várias versões sobre quem terá sido, mas uma delas é que uma florista contratado para levar cravos para a abertura de um hotel, foi vista por um soldado que pôs um cravo na espimgarda e em seguida todos o fizeram. Intres

sinais previamente combinados pelos golpistas e que desencadeou a tomada de posições da primeira fase do Golpe de Estado. O segundo sinal foi dado ás 0h 20m, quando foi transmitida a canção Grândola Vila Morena, de José Afonso, pelo programa Límite, da Rádio Renascença, que confirmava o golpe e marcava o início das operações. O locutor de seviço nessa emissão foi Leite de Vasconcelos, jornalista e poeta moçambicano. No norte, o Movimento das Forças Armadas toma o Quartel Ganeral da Região Militar do Porto, O aeroporto de Pedras Rubras e a Rádio Televisão Portuguesa e a Rádio Continental no Porto. O regime ordenou a forças sedeadas em Braga para avançarem sobre O Porto, mas estas já tinham aderido ao golpe. À Escola Prática de Cavalaria, que paritu de Santarem, coube o papel mais importante: a ocupação do Terreiro do Paço. As forças da Escola eram comandadas pelo então capitão Salgueiro Maia e ocuparam o Terreiro às primeiras horas da manhã. Salgueiro Maia moveu, mais tarde, parte das suas forças para o Quartel do Carmo, onde se encontrava o Chefe do Governo, Marcelo Caetano, que ao final do dia se rendeu, fazendo, contudo, a exigência de entregar o poder ao General António Spínola, para que o “poder não caísse na rua”.

dia 25 de Abril de 1975 realizaram-se as primeiras eleições livres, que foram ganhas pelo Partido Socialista. E em 1976, a Constituição foi aprovada pela maioria dos deputados. A guerra colonial acabou e, durante o Processo Revolucionário em Curso, as colónias tornaram-se independentes. Hoje, a sociedade portuguesa considera que o 25 de Abril valeu a pena. MAITE CORRAL PENAS, LIDIA RAMOS FISTEOS, JÉSSICA VILLAMOR RÍO. S4C


Intres divulgativos

Intres

JORGE AMADO

Xuño 2007

26

Nasceu no dia 10 de Agosto de 1912 na fazenda Auricídia, em Ferradas, distrito de Itabuna-Baia. Em 1917, a família muda-se para a fazenda Taranga. Em 1918, Jorge começa a frequentar a escola. No ano 1922 cria um jornalzinho, A luneta, e vai estudar em Salvador no colégio dos jesuítas. No Ginásio Ipiranga conhece a Adonias Filho e dirige o jornal do grêmio da escola, A Pátria. Um tempo depois, emprega-se como repórter policial no Diario da Bahia e logo vai para o jornal O Imparcial. Em 1929 começa a trabalhar em O Jornal, onde publica, sob o pseudônimo de Y Karl, a novela Lenita, escrita em parceria com Dias da Costa e Edison Carneiro. O primeiro romance que publica é O país do carnaval, que recebe elogios dos críticos e torna-se um sucesso de público. Em 1933, publica Cacau, com tiragem de dois mil exemplares; o livro escota-se em um mês. Em 1934, publica Suor, e em 1935 lança Jubiabá. Em 1936 sofre a sua primeira prisão por motivos políticos e no ano seguinte

sai Capitães da areia. Nesse mesmo ano é o golpe de Vargas e é preso. Seus livros, considerados subversivos, são queimados. Liberto em 1938, o escritor é mandado para o Rio. Depois vai para Serguipe, onde imprime uma pequena edição do livro de poemas A estrada do mar. Retorna ao Rio em 1939, onde exerce intensa atividade política, em decorrência das torturas e a desarticulação do Partido Comunista. Em 1944 escreve a peça O amor de Castro Alves, mas a companhia teatral é desfeita antes da encenação. Participa, em Janeiro de 1945, do I Congresso de Escritores, em São Paulo. O encontro termina com uma manifestação contra o Estado Novo e Jorge é preso. Nesse mesmo ano, lança Bahia de Todos os Santos e o conto História de carnaval; também é eleito deputado pelo PCB. No ano seguinte, sai Seara vermelha e Homens e coisas do Partido Comunista. En Janeiro de 1948, cancela-se o registro do Partido Comunista, e o seu mandado é cassado. Os seus livros são considerados “material subversivo” e o escritor parte em exílio voluntàrio para Paris, onde mora até 1950, em que, por motivos políticos, o governo francês expulsa Jorge Amado e a sua família do país, que passam a residir em Tchecoslováquia. No ano seguinte, escreve o romance tripartido Os subterrâneos da liberdade e sai no Brasil O mundo da paz, pelo qual Jorge Amado

seria processado e enquadrado na lei de segurança. Quando volta ao Brasil, em 1952, o juiz responsável pelo caso arquiva o processo, dizendo que o livro “é sectário e não subversivo”. Com a aprovação, nos EEUU, da lei anticomunista é proibido de entrar naquele país e os seus livros são vetados. Em 1958, escreve Gabriela cravo e canela, que em apenas duas semanas esgota 20 mil exemplares e coleciona prémios no ano seguinte. Em 1961, sai Os velhos marinheiros, livro que comporta duas novelas, e, em 1964, lança Os pastores da noite.No lançamento de Dona Flor e seus dois maridos, em 1966, o escritor chega aos mil autógrafos. A União Brasileira de Esritores apresenta em Estocolmo a candidatura formal de Jorge Amado ao Prêmio Nobel de Literatura em 1967, embora o escritor a recuse. A UEB insiste em apresentar novamente a candidatura de Jorge Amado ao Nobel em 1968. O escritor concorda, mas exige que ela seja feita junto com a do romancista português Ferreira de Castro. Nos anos seguintes, Jorge Amado continua a escrever e recebe prêmios. Em 1976, na Bahia, começa Tieta do agreste, que será lançado no ano seguinte.A sua última obra é o romance O compadre de Ogum. Jorge Amado falece em 2001. DANIEL BLANCO MARTÍNEZ S 4C ADRIÁN MOSQUERA EDREIRA. S4A


Intres divulgativos

O MISERABLE MUNDO NAS FAVELAS

Intres

27

cuencia e sen protestar, porque saben que a policía, a pouca que hai, pode poñer calquera escusa para detelos. O peor de todo é que esta situación vai a peor, xa que pese ás subvencións que se realizan, case a súa totalidade vai parar aos petos do goberno, para outros asuntos. Nunha comunidade como esta poden chegar a

concentrarse 24 mil persoas, en a penas 4 quilómetros cadrados con rúas estreitas e inclinadas, en casas de 5 metros cadrados, nas que viven 3’5 persoas de media, rodeados de traficantes e sen a penas seguridade. Por iso non é de estrañar que estas persoas se avergoñen de si mesmas, e que desconfíen de todo o descoñecido. SIMÓN QUINTELA, B1C.

Xuño 2007

Nos anos sesenta, Brasil, en plena ditadura militar, atopábase case en bancarrota, e debido ao capital dalgún home procedentes do norte, hoxe Brasil está case totalmente industrializada. É case imposible levar a conta das fábricas que se instalaron alí da noite para a mañá. Debido a isto, non é de estrañar que o Produto Interior Bruto per cápita fose de 7625 dólares no 2000, que con 170 millóns de habitantes non se pode dicir que sexa un país pobre. Pero sen embargo existe moita desigualdade social, xa que metade das familias brasileiras sobrevive con menos de 100 dólares ao mes. Esta concentración de familias pobres vive en favelas, situadas ás aforas de grandes cidades como Río de Janeiro, Sâo Paulo ou La Paz. Reciben nomes como Ciudad de Dios, Paraisópolis ou Heliópolis. Estas persoas viven en casas de madeira totalmente miserables. Conviven entre eles sen educación, nun mundo dominado pola delincuencia, a prostitución e as drogas, gañando a vida como poden, traballando de lavandeiras, ventas ambulantes e sobre todo nas fábricas dos empresarios capitalistas, cobrando míseros salarios, cos que dificilmente se pode vivir. Aínda que o das fábricas está diminuíndo, xa que agora os traballos máis abundantes son limpando sumidoiros ou vendendo mercancías polas rúas. Así e todo, eles traballan honradamente escapando da delin-


Intres divulgativos

Intres

INTERNET

Xuño 2007

28

Internet aparece por primeira vez en California no 1969. Inclúe aproximadamente 5000 redes en todo o mundo. Moitas persoas teñen internet privado, pero tamén está dispoñible en moitos lugares públicos, como bibliotecas, hoteis, cibercafés... Unha nova forma de acceder sen necesidade dun posto fixo son as redes inalámbricas, hoxe presentes en aeroportos, universidades ou poboacións enteiras. Internet ten un impacto profundo no traballo, o lecer e o coñecemento. Millóns de persoas teñen acceso fácil e inmediato a unha extensa e diversa cantidade de información, moita máis que as enciclopedias ou as bibliotecas tradicionais. Dende unha perspectiva cultural, para as persoas que están interesadas noutras culturas, é unha vantaxe, xa que lles proporciona unha boa cantidade de información. Na actualidade existen moitas empresas que viven da publicidade en internet, como tamén nos informan dos novos produtos que podemos adquirir.

A n t e s , internet servíanos para un obxectivo c l a r o , navegabamos para algo moi concreto, pero hoxe en día témolo como unha diversión, para intercambiar ideas, coñecer persoas, costumes... Representa boa parte do lecer: para a industria dos videoxogos, descargar música, películas, obter información da actualidade, previsións meteorolóxicas... Tamén serve de gran axuda no traballo: permite unha maior rapidez, nos foros os traballadores poden intercambiar opinións sobre os seus empregos, xefes e compañeiros... É importante citar que, como moitas outras cousas, internet tamén ten aspectos negativos. Por exemplo, ao descargar música, nós beneficiámonos, pero prexudicamos á industria da música. Así como, se obtemos toda a información en internet e non nos relacionamos con outras persoas nin buscamos outros medios para obtela. Tamén, algo moi común é illarse a maior parte do tempo en internet e pensar que o é todo e non darse conta de que o máis importante é a vida real. En conclusión, internet sérvenos para mellorar moitos aspectos da nosa vida, pero tamén pode perxudicala nalgúns sentidos. IRIA ARIAS, LUCÍA MEJUTO NATALIA PENAS, SONIA CORDIDO, B1C.

SUÍZA

Halo liebe mitmenschen, Hie geht es euch? (Ola querida xente, Que tal estades?) foi escrito en alemán. Ben, eu chámome Ángela Guntín Zavaleta e nacín en Suíza. Eu vouvos traer un pouco de Suíza nesta revista, vouvos contar como é a cultura e a xente nese país. Eu veño exactamente da parte alemá de Suíza. A xente alá é un pouco máis “libro cerrado” cós galegos, co que quero dicir que non se parecen. A educación e a cultura nas familias grandes é moi importante e tamén na xente en xeral. Se unha persoa non é moi educada nese país, non vai ser moi ben aceptada, dicíndoo máis claro, vai ser ignorada. Os montes alá son moi verdes, pero non tanto como en Galicia. No inverno caen moitas capas de neve, digamos que parece o Polo Norte. O que me parece negativo en Suíza é que a xente é moi racista. O positivo é que a xente alá ten moita educación. Ben, despídome. Saúdos ÁNGELA GUNTÍN ZAVALETA


Intres divulgativos

A CONCENTRACIÓN PARCELARIA OS NOSOS LIBROS Título: Os misterios dos fillos de Lúa Autor: Fina Casalderrey Editorial: Galaxia

minifundismo que viña sendo un duro lastre económico para Galicia. Iso facilitará o traballo de quen explota os terreos e as operacións de cultivo. Os métodos de concentración cambian segundo o espazo xeográfico en que se producen, pero o habitual é que sexan realizadas por unha comisión municipal que define o perímetro e censa e avalía as terras afectadas. Cada propietario recibe unha superficie agrícola equivalente en valor produtivo á que aportou no conxunto do reparto. A concentración modifica o catastro. Vai acompañada de traballos relacionados, tales como acondicionamento de estradas e camiños, e, en ocasións, de redes de subministro de auga para o regadío das parcelas. Estas operacións, que en ocasións modifican o contorno, foron criticadas con frecuencia, mais ao final todos tiveron que recoñecer que era algo preciso e necesario. SERGIO PATIÑO RÍO, B1C

29 Xuño 2007

LEE ANN SARA GRACE, S2C

A Concentración parcelaria é o conxunto de operacións territoriais e técnicas que teñen por obxectivo, nun lugar determinado, realizar unha redistribución das terras e adaptar as parcelas ao uso que se destinan. Como xa sabemos, nestes momentos estase a dar na zona de Santiso e en moitos lugares de Galicia, e aínda que chega con moitos anos de retraso respecto a países como Inglaterra, xa se sabe que máis vale tarde que nunca. Creo que será positivo a longo prazo para a economía galega e sen dubida un paso que se tiña que dar hai xa tempo. No medio rural, a concentración parcelaria permite crear novas estruturas de explotación, máis grandes e máis rendibles, fará máis sinxelo o cultivo permitindo mellores comunicacións entre as parcelas. Ao agricultor xuntaranlle os seus pequenos terreos e daranllos todos unidos nun só o máis cerca posible da súa casa. Con isto por fin desaparecerá o

Intres

O misterio dos fillos de Lúa é unha historia moi bonita. Está escrita en galego e recibiu o premio Barco de Vapor. Trata de dous nenos, un que é o protagonista e mais a súa moza que se chama Branca, ambos de 12 anos. Eles dous teñen unha gata que se chama Lúa, e a historia comeza cando esta queda preñada. Branca e mais o mozo estaban moi contentos porque ían ter máis gatiños, e xa tiñan todo planeado. Cando Lúa deu a luz, aos gatiños puxéronos encima dunha cadeira nun coxín e os gatos desapareceron...Os rapaces xa estaban fartos de poñerlle trampas ao suposto ladrón e nada. ¿Queredes saber como acaba a historia? ¿Cales foron as trampas? Pois eu só vos digo ata aquí. O libro haino en calquera librería e está moi ben, ademais é moi gracioso. ¡Animádevos e comprádeo!


Intres divulgativos

A BULIMIA

Intres

O GALEGO

Xuño 2007

30

A bulimia é un problema grave e que cada vez se está a dar máis en Galicia. Só hai un centro público para o seu tratamento, está en Santiago. Xa se deron casos de nenos/ as de oito anos afectados. O 5% da poboación galega, máis de 135.000 persoas sofre anorexia ou bulimia, segundo a Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia ( ABAGAL). Deles só o 1% padece bulimia, fronte á maior incidencia da anorexia. A súa curación non é fácil, pois en Galicia só existe un centro público especializado, Conxo, en Santiago de Compostela, onde, segundo ABADAL os traballadores padecen a “saturación” e a “precariedade” Por iso reclamaron á Xunta a posta en marcha de tres unidades en Pontevedra, Ourense e Lugo. Só o pasado ano os centros sanitarios de Galicia atenderon entre 1400 e 1500 persoas por esta enfermidade. Ante esta situación, a administración autonómica anunciou que a finais de mes os afectados dispoñería dun piso para se aloxar, xunto cos seus familiares, en Santiago, mentres dure o seu tratamento, unha noticia que agradeceu a secretaria de ABAGAL, Dora Sarmiento: “ intentamos que os enfermos teñan onde ir, e formar a familia para seguir o tratamento na súa casa” En canto ao perfil dos afectados, a asociación asegura que é xente nova, aínda que aumenta o número de pacientes maiores de 30 anos. A pesar desta tendencia, os expertos aseguran que en Galicia se chegaron a tratar casos de nenos de oito anos. NATALIA PENAS MATO, B1C

OS EFECTOS DAS DROGAS Eu penso que o tráfico de drogas non debería existir, porque cada día morre máis xente, e a maioría dos que trafican non as consomen, véndenas pero non as toman porque saben as consecuencias. Algunhas das máis destacadas son: - Provoca bronquite por irritación e inflamación dos bronquios. - Cerra os bronquios, provocando e impedindo a saída do aire, polo que causa dificultade respiratoria. - A destrución dos cilios permite a acumulación de moco nos pulmóns. - A maioría dos cancros de pulmón. - Dana as arterias do corazón. - Aparecen úlceras gástricas e duodenais. - Produce cancro de boca e larinxe. - Amputacións de pernas non traumáticas. - Lesións cerebrais e demencia... Isto tan só é o que produce o tabaco, e as drogas aínda son moito peores. LEE-ANN SARA GRACE

Neste número de INTRES imos defender o galego porque é o noso idioma. Non sei se vos acordades que o ano pasado os alumnos firmamos un papel polo que pasaba con Salvat-Bruño. Se non queremos que iso volva pasar, temos que demostrar que a Lingua Galega tamén é unha Lingua, e que non é unha “paranoia” que inventamos, ou en todo caso que inventaron os nosos antepasados. Agora os rapaces novos e non tan novos empezan a falar castelán coas seguintes escusas: - Os meus compañeiros fálano. - A miña moza fálao. - Os meus pais fálano. - Simplemente, paréceme “pijo” Eu creo que isto non son escusas e se vós o credes estades equivocados, porque o galego, tarde ou cedo, hase poñer de moda, aínda que en Galiza xa está. Se vós, lectores de INTRES, opinades igual ca min, animade a aqueles que non opinen así a: falar, ler, cantar, xogar, chatear, ligar, pelexar, pero en galego.

Pou unha Galiza Galega LEE ANN SARA GRACE, S2C


Intres divulgativos

SAN CARALAMPIO (A NOSA FESTA)

Intres

cachelos nas pallas, o concurso de debuxo «Alberte La fuente», etc. Coido que o «Tiro á lata con escopetas de pau» no Pozo Pequeno xa vén algo máis de vello. Quen vos pode contar isto con detalle é o propio Mingos, sen dúbida cronista «extra oficial» da nosa vila. O dos carteis humorísticos perdeuse, non así o debuxo, o concurso de tiro ou a gastronomía xa referida. Pero ultimamente, máis ou menos dende o ano 90, a festa mudou case 100 x 100 masa 100 x 100. «Enrolarse coa peña» é o que se leva, camiseta branca, pano, rotuladores, gorros de palla, e viño por r i b a . . Os tempos cambian: Pero é unha mágoa que todas as grandes festas desta índole cada día se parezan máis entre elas, preguntándote ás veces onde estás.

Falo da Saínza en Ourense, do Berro Seco na Costa da Morte, os Caneiros en Betanzos, o Naseiro en Viveiro ou a subida a Santa Tegra no sur do país. Un dos «slogans» ou «frase para o recordo» daquel Maio do 68 parisino era «Prohibido, prohibir», eu dende logo non lle vou prohibir a ninguén nada, San Caralampio me libre. Pero un consello vouno dar, quizais un pouco retrogrado de máis, por favor deixade as pistoliñas de plástico na casa, oh. E levade unha boa bota de viño» Se cae algún por fóra non pasou nada, pero tampouco o tiredes en plan industrial, meus. Ou si, dicíase que o Caralampio é como o Antroido transgresión pura e xornadas de liberdade a eito. Pois iso, que cada can lamba o seu..... DANIEL MATO CEA, B1C

31 Xuño 2007

Alá polo ano 1946, en plena posguerra, o médico compostelán Alberte de la Fuente xunto cos melidaos Fondevila e Suso do Pelos armaron o que sería a primeira edición do Caralampio. Para moitos o patrón dos borrachos. A festa non foi unha invención deles, senón que tiña como referente a que se celebraba en Santiago baixo o mesmo nome, en Marín tamén o celebran. De la Fuente sen dúbida foi o artífice, xa que era picheleiro. Os primeiros anos celebrábase no lugar coñecido aínda hoxe como O Cruceiro, a carón da taberna de Pelos. Segundo conta Mingos de Pita. Os carteis humorísticos, alá polos 70, eran unha fiestra aberta á creatividade, á ironía, ao realismo social etc. etc. En 1996 con motivo do quincuasexímo aniversario, tivo lugar una gran exposición destes carteis. Unha grande grúa enriba da igrexa parroquial e encabezando o debuxo o texto «Melide paraíso da construción», a pé de praza dous paisanos preguntábanse se o párroco estaba de acordo. O debuxo era de X.M. Broz, todo un mestre de mestres. Tamén por eses anos a festa recaeu en mans de xente máis nova que tamén lle deu pulo, entre outras cousas, ao Antroido. O noso recoñecemento para eles, aquí sen dúbida e cando nace a Banda do Peto, os pementos, os


Intres divulgativos

Intres

APELIDOS GALEGOS

Xuño 2007

32

A continuación, vou a falar de catro apelidos galegos mais importantes: Feijó, Andrade, Ferreiro e Sotelo.

XAN QUINTÁN

Andrade:

Xan Quintán quere casar, non ten a muller buscada. Foise facer o amor á filla da tía Xoana: - Boas noites, tía Xoana ¿Onde lle vai a rapaza? - Vaime no gas para a noite e xa parece que tarda. - Boas noites, Xan Quintán, tráiote no pensamento. - Pois ti diralo de risa, pero eu dígocho de veras, que xa levo aquí un cacho quentando as pernas. - Eu queríame casar, as riquezas non as teño, pero habemos de vivir. Teño unha cabra con catro cabritos; mentres que dous maman os outros dous brincan. E fixeron as proclamas e leváronllas ao cura. O cura leunas no ofertorio da misa, a xente que as oíu a todos lles valeu de risa. E chegaron á igrexa, ela díxolle que non quería. Xan Quintán quedou teso coma as “verjas” dun canizo. Xan Quintán marchou pa casa nin sequera adios lle dixo.

Andrade (variante Andrada) é un apelido da onomástica da lingua portuguesa. A súa orixe remontaría a Galiza, nunha familia que ten unha finca- a vila de Andrada - situada entre Pontedeume, Ferrol e Vilalba. Os Andardes - ou Andradas únense en diversas ocasións aos Freires, razón pola que os dous apelidos pasaran a considerarase indisociables, usando uns Andrade Freire, outros Freire de Andrade. Os principais ramos portugueses proveñen de Roi Freire de Andrade, que veu para Portugal cos seus dous fillos D. Nuno Rodríguez Freire de Andrade, máis tarde mestre da Orde de Cristo, e Vasco Freire. Xoán Fernández de Andrade, fillo de Fernando Díaz de Andrade e de Dna. Beatriz da Maia, serviu aos reis D. Afonso V e D. Xoán II nas tomas de Arzila e de Tânger, e en recompensa polos seus servicios, cedeulle as súas armas (28 de febreiro de 1485), e fíxolle una doazón, na illa da Madeira, das terras do Arco da Calheta.

Feijoo: Liñaxe de orixe Galega, de Vila de Rei, na provincia de Ourense, radicando na Coruña, Pontevedra e Cuba. Un descendente do rei Witiza chamado don Xiraldo Feijoo foi tronco desta liñaxe. Una rama pasou a Cuba. Probou a súa nobreza na orde de Santiago.

Ferreiro: Ata onde coñecemos, os Ferreiro son orixinarios de Galicia. No idioma galego o apelido significa -literalmente- ferreiro.

Sotelo: Liñaxe de orixe Galega, radicada en Lugo, Valladolid e Sevilla. Tamén aparece en Nápoles, Italia. O apelido Sotelo é a forma castelanizada do galego Soutelo, diminutivo de “souto”, (souto: lugar poboado de árbores, especialmente castiñeiros), do latín SALTUM. DANIEL MATO CEA, B1C

AS MIGAS Cristos beliscos e migas de pan cortounas Pedro e comeunas Xan. Esta noite hei de ir ao muíño cun fato de nenas novas, elas todas en camisa e eu no medio en cirolas.


Intres divulgativos

CANTIGAS E CONTOS DOS NOSOS AVÓS

OS GALOS Cantan os galos o día, reló dos enamorados. Mozos que andades de noite non vos collan descoidados. Intres

PUN-PUN

- ¿Fuches á voda? - Fun que non fora. - ¿Era boa moza? - Pois coma todas.

O GATO ¿De quen é aquela sombra que pasea no balcón? E o ghato do veciño que asala o ratón. Traijo muchas tierras vistas, desde aquí a Aragón, e nunca vin un ghato de botas e pantalón. INFORMANTE: MULLER DE 87 ANOS LUGAR DE RESIDENCIA: BALTAR RECOLLIDA POR: FRANCISCO JOSÉ SEIJAS REGUEIRO, B1C

AS VELLAS ROMARÍAS

33

Cando os nosos anciáns eran novos, tiñan outras maneiras de divertirse diferentes ás nosas. Aínda que daquelas non había pubs nin discotecas, eles divertíanse doutro xeito. Segundo os meus avós, algún día quedaban todos xuntos nunha casa e poñíanse a cantar e a bailar as cancións que estaban de moda na súa época. Unha das cancións que se cantaban era a de “Non teño idade para verte”. Moitas cousas cambiaron ata o de agora, pero a finalidade disto era a mesma, pasar un bo anaco cos amigos, familiares, etc, e tamén, como non, botarlle unhas gargalladas e desconectar do mundo do traballo. Os típicos bailes que había daquela eran: a rumba, o tango, a muiñeira, pasodobres, etc., en cambio agora é moi distinto e un dos bailes máis chamativos é o “Regatón”.

Xuño 2007

- Pun pun - ¿Quen é? - Son eu - Entra, Xan - Entra burro con licencia. - Mira, María, ao que veño, veño e o que digho, digho, ¿Quéreste casar comigho? - Mira, Xan, estouche moi comprometida, e as túas palabras son palabras de can. Adiós, Xan.


Intres divulgativos

CANTIGAS E CONTOS DOS NOSOS AVÓS REFRÁNS SOBRE O TEMPO SEGUNDO O MES Xaneiro: A un vilán, danlle un pé e toma tamén a man. Se dous cans rifan contra un lobo, cómeno todo. Febreiro: O amigo e o tempo mudan segundo vai o vento. Amigo e viño, mellor canto máis antigo.

Intres

Algunhas das cancións que cantaban os nosos avós cando eran novos eran: - Xa fun eu á mariña a pescar e pesquei...

Xuño 2007

34

- Adeus a Pamplona que é a miña Navarra. Adeus a Pamplona que marcho mañana - En Asturias non se fai o de pedir a filla ao pai, pasa vostede para a cuadra ¿Esta cucha cuanto custa?

Marzo: Cando chove e vai vento, pecha a porta e métete dentro. Chuvia no mar e vento na ría, auga para todo o día. Abril: O abril e o maio son as chaves de todo o ano. Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gando. Maio: Maio hortelán dá moita folla e pouco pan. No tempo do cuco, na mañá me mollo e na tarde me enxugo. San Xoán: Trouleemos neste San Xoán, que o que vén só Deus sabe os que troulearán. Cazadores, xastres e zapateiros son os máis mentireiros. Santiago:

- A Virxe da Castañeda ten un vestido moi feito, que llo fixo a de Rendal un día que tiña xeito. - O gato metido nun saco - Ai, Pepiño, adeus - O carballo da Portela ten a folla revirada, que lla revirou o aire unha mañá de xeada. - O paxaro de María anda nas miñas cereixas, come, paxariño, come veremos as que me deixas. - A raíz do toxo verde - Eu teño un canciño miña nai ten tres, e o máis pequeno vai no San Andrés. RECOLLIDO POR: DANIEL MATO, B1C

Cando o camiñante vende a bota, ou sabe a pez ou está rota.

Cando canta a tixola, sinal de que hai encherola. Agosto: A chuvia no agosto, non é chuvia que é mal mosto. A castaña no agosto quere beber, e no setembro comer. Setembro: En setembro, ou secan as fontes ou leva as pontes. Se queres ter mel, castra a colmea polo San Miguel. Outubro: Nin casa á beira do río, nin viña ao pé do camiño. Algo lle falta ao viño, se non ten agulla do caíño. Novembro: Se queres facer unha boa caña, has de dar unha boa maña. Por Santos, xa neve nos altos, polo Santo Andrés, neve nos pés. Nadal: Pola Santa Lucía, tan longa é a noite como o día. Se matas o porco polo nadal, non o saiban as túas amizades, pero se o mata o veciño procura topalo no seu camiño. NATALIA PENAS MATO, B1C


Intres matemáticos

A SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES DE MELIDE

Á volta do Entroido celebrouse no Instituto a “Semana das Matemáticas”. O departamento de matemáticas organizou diferentes actividades animándonos a participar a todos aqueles que se querían adentrar un pouquiño máis nesta complexa materia, e pretendendo demostrar que non é tan aburrida como todos din. Unha das actividades con máis éxito foi a das exposicións interactivas na biblioteca (Xeometría 3D, Explorando coa luz, etc). A estas asistiron os diferentes cursos cos profesores de matemáticas ou de física. Houbo algúns que causaron máis sensación, entre eles o xeomac, torres de Hanoi ou os cubos diabólicos. Tamén algunhas experiencias coa luz tiveron gran expectación, de seguro que vos acordades daquel bichiño que parecía que se podía tocar... Esperamos que para o ano volva haber outra, e poder adentrarmos un pouco máis neste interesante mundo.Vémonos para o ano!! ANA SÁNCHEZ PÉREZ E ESMERALDA SEIJAS GARCÍA 4ºA

35 Xuño 2007

SUSANA RIAL SANTOS

XEOMETRÍA 3D E EXPLORANDO COA LUZ Intres

A semana do 26 de febreiro ao 2 de marzo deste ano levouse a cabo no instituto unha experiencia que non imos esquencer. A principios de curso, uns cantos membros do Departamento de Matemáticas tivemos a idea de adicar unha semana enteira durante o curso a ensinar o lado lúdico e divertido das Matemáticas. Así pois, de contado nos puxemos a traballar: Xavier Garabal , que non parou de darlle voltas á cabeza para idear actividades e preparar a tremenda presentación de ilusións ópticas que nos recibiu na entrada do instituto durante eses días; Xosé Díaz, que foi un dos principias pioneiros da idea e a que escribe, que tamén intentou poñer todo da súa parte. Por suposto, contamos coa colaboración do resto do Departamento e tamén coa que nos prestaron os demais departamentos, en especial os de Música e Madeira, sempre dispostos a axudar. A semana foi moi intensa en canto ás actividades, que logo describiremos unha por unha, e tamén moi positiva en canto á participación do alumnado. De feito, esperemos que sente precedente e que nos vindeiros cursos, poidamos disfrutar de novo desta festa das Matemáticas.


Intres matemáticos

A SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES DE MELIDE

Intres

EXPERIENCIA NO MATECROSS

Xuño 2007

36

Todo comezou cando o noso profesor de matemáticas nos anunciou o concurso do Matecross co gallo da Semana das Matemáticas. Nós, ilusionadas, quixemos participar e deseguida formamos o grupo. Preparámonos traendo todo o que nos podería servir que, por certo, a maioría das cousas non as tocamos. Cando chegou o día non podiamos cos nervios e nada máis ver a primeira proba pensamos que iso era imposible. A pesar diso intentámolo facer o mellor posible. Logo, ao ver que só faltaba o noso papel por entregar, escollemos a resposta máis lóxica e o máis rápido posible levamos o papel ao lugar de entrega. Na segunda proba había dous problemas. Non paramos un minuto xa que tivemos que ir buscar un balón para contarlle os hexágonos e os pentágonos, xa que niso consistía o primeira problema. En canto ao segundo, fixémonos un lío, pero cando o razoamos entre todas atopamos a resposta. A pesar de entregalo no último momento, logramos a vitoria e cando vimos a lista das clasificacións non o podiamos crer. Era incrible que gañásemos o primeiro posto! PATRICIA VÁZQUEZ , EVA Mª VÁZQUEZ CRISTINA CONDE, ESTEFANÍA GARCÍA YASMINA EL GTAIBI, S2B

MATECROSS Cando o profesor nos dixo que só por participar nos ía subir medio punto na avaliación e que subiría aínda máis aos que gañaran, non puidemos resistirnos a apuntarnos, así que eliximos o nome de “Os Irmandiños”. Para poder resolver as probas era necesaria unha corda, un metro, unha regra e materiais para escritura. O día do concurso, no recreo collemos a folla dos problemas e comezamos a solucionalos. Moito nos estrañara ver aquel exercicio do perímetro da columna posto que nos dixeran que non ían ser necesarias fórmulas, pero ao final puidemos facelo a medias. Despois, para medir a altura do pavillón, que aparecera a foto no papel era unha gran pista. Foi sinxelo darse conta de que medindo a altura da porta na realidade e logo na foto podíase facer unha regra de tres simple e achar a altura do pavillón en menos de cinco minutos. Por outra parte, o problema de investigación era xa moi complicado. Por moito que buscamos nas enciclopedias que había no corredor, non atopamos nada acerca da cuestión. O único que aparecía acerca desa localización era que era unha aldea de Lalín. Ao final, resultounos estraño gañar a competición posto que non fixeramos o problema de investigación, pero ninguén o dera solucionado. A entrega de premios realizouse despois do teatro e foi un crebacabezas de pezas metálicas. DIEGO GAREA , DAVID MÉNDEZ , ALBERTO SEGADE MATO


Intres matemáticos

A SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES DE MELIDE CONFERENCIA ENRIQUE MACÍAS VIRGÓS

Intres

37 que si estamos afeitos a ver estos códigos de barras é nos produtos dos supermercados e demais pois nestes casos almacenan os datos do produto así como o prezo o cal normalmente é o que máis nos interesa. Ata chegamos a coñecer algo máis sobre o DNI. O contido da súa letra non esta aí por simple capricho senón que nos serve para coñecer máis sobre a identidade do propietario deste. Así con todos os datos que esta letra contén saberemos se nos están timando con respecto ós números ou non; isto sabemólo ó facer unhas pequenas contas cos propios números deste. Desta maneira, Enrique Macías demostrounos que as matemáticas non son soamente unha materia senón que nos son moi útiles para desenvolver a nosa vida

dun xeito máis cómodo e sinxelo. VICTORIA BARRIO E TANIA PARDO B1B

Xuño 2007

Na semana das matemáticas do IES de Melide, o pasado 28 de febreiro, o profesor da USC Enrique Macías entretívonos cunha conferencia moi amena sobre as matemáticas relacionándoas coa vida diaria. O profesor demostrounos que a nosa pequena aprendizaxe da táboa de multiplicar á fin e ó cabo non é tan práctica como todos pensabamos pois el mesmo nuns poucos minutos explicounos como facelo coas mans dun xeito moi sinxelo. No día a día utilizamos os GPS para facer os nosos traxectos sen perdernos, pero aínda así estes teñen unha marxe de erro duns 100 m aproximadamente, sen embargo a través dos satélites civís pódese comprobar claramente a posición dos coches e demais cousas, estes teñen maior precisión. Outros satélites utilizados son os militares , ós cales non temos acceso, con moita máis precisión e alcance, chégase a cocretar ata a matrícula dun coche. Outro tema tratado na conferencia foi o do código de barras, sobre este explicounos o método a seguir para a súa codificación, xa que nunha serie de números se poden agrupar millóns de datos. Hoxe en día con isto podemos tratar calquera cousa, pois así chegamos a gardar toda a información precisa para as nosas funcións administrativas, nestas non tanto, pero nas


Intres matemáticos

A SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES DE MELIDE

Intres

O INDOMABLE WILL HUNTING

Xuño 2007

38

Na Semana das Mates fixemos varias actividades, entre elas vimos a “peli” “O indomable Will Hunting”, que trata dun rapaz moi rebelde cunha capacidade fóra do normal, conseguida en parte por ler moitos libros cando estivo no cárcere. Will traballa como limpador nunha universidade; un día que estaba varrendo ponse a resolver un problema de mates que estaba plantexado nun encerado do corredor. Para sorpresa do profesor o problema estaba resolto, polo que intenta descubrir quen é o rapaz, xa que o problema non era doado de facer. Despois de descubrir quen é, decátase de que ten unha morea de problemas, de que non é fácil falar con el e que necesitaría un psicólogo que lle axude a solucionalos. Aquí é onde empeza o máis interesante da “peli” que non vos vou seguir contando porque paga a pena que a vexades todos... Esta “peli” ensinoume que non é necesario ter unha carreira para ser unha persoa intelixente. Que a falta de confianza nun mesmo non nos deixa saír adiante na vida. Hai unha frase no diálogo entre Will e o psicólogo na que este dille: - Poderás saber moito de Miguel Anxo, pero nunca saberás como ole a Capela Sixtina. Isto custoume entendelo, pero decateime que o máis importante son as experiencias que vivimos nós mesmos, e non as que outros nos poidan contar. Seguramente cando a vexades descubriredes cousas interesantes que eu non souben apreciar. XÁCOME LAYA, 1º ESO B

JULIO TABOADA. C ONTOS X EOMÉTRICOS O outro día fomos ver unha presentación en Power Point organizada polo departamento de matemáticas, que estaba feita por Julio Taboada. Este profesor de matemáticas quería facela divertida, para que a visen moitos rapaces e rapazas, e educativa, para que os rapaces vendo a presentación aprendesen e se divertisen a un tempo. A presentación trataba dun conto sobre uns polígonos regulares, é dicir, que tiñan todos os lados iguais, e outros polígonos irregulares, é dicir, que non tiñan todos os lados iguais. Tamén explicaba como se podían formar polígonos novos usando só dous ou máis polígonos. Julio Taboada non fixo só a presentación, senón que foi axudado, aínda que só viñera el ao IES de Melide a amosárnola. Pero para non levar el todo o mérito, antes de que puxera a película xa nos falou de como a fixera e con quen. A min gustoume porque era entretida e divertida, pero tamén porque aprendín algo interesante. IGNACIO PARRADO RODRÍGUEZ, S1B


Intres matemáticos

A SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES DE MELIDE MATEMÁTICAS NO TEATRO!!

39 Xuño 2007

PATRICIA VÁZQUEZ LAURA RÍO, XISELA FUCIÑOS JUDITH RAMOS, ALBA RÚA, S3ºD

Intres

Na Semana das Matemáticas houbo unha morea de actividades das que os alumnos do centro puidemos gozar. Unha delas foi o teatro no que participamos unhas 12 persoas. Pasámolo moi ben, e sobre todo rimos moito. Cando nos repartiron os papeis puxémonos a lelos e gustáronnos moito. Un día máis tarde ou así comezaron os ensaios. Ensaiabamos algúns os mércores, e outros os xoves no recreo. Susana e Xosé foron os encargados de estar connosco nos ensaios para ensinarnos como debiamos facer e corrixirnos nos erros que tiveramos. As obras eran variadas e nalgunhas tiveron que participar persoas repetidas por falta de colaboradores. As obras foron: - Xunta de quebrados: os papeis eran interpretados por Patricia, Laura, Alba, Beatriz, Iolanda, María, Elena, Andrea e Xisela. - Matemáticas por un tubo: interpretada por Judith e David. - Ángulos bastante agudos: con Beatriz e Pablo. - Noticieiro teatromático: desta volta interpretado por Iolanda e Andrea. Ben. Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible a nosa participación. Aos profesores de matemáticas querémoslles dar as grazas xa que tiveron moita paciencia con nós cando non nos saía ben. Moitas grazas!. NÓS ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA.


Intres matemáticos

Intres

O FÚTBOL-MATES DE 1º B

Xuño 2007

40

O Fútbol-Mates consiste nun pouco de mates e outro pouco de fútbol e a idea deste curioso xogo ocorréusenos na clase de matemáticas. Estabamos falando se o profe algún día nos deixaría ir xogar ao fútbol, pero, como iso non se podía facer… empezaron a xurdir ideas de como podiamos facer para xogar ao fútbol e ao mesmo tempo estudar mates. E de súpeto tiñamos diante nosa un xogo chamado Fútbol-Mates. As regras do Fútbol-Mates son parecidas ás do fútbol. Estas son algunhas das normas: Como se saca o balón? Pois o árbitro formula unha pregunta ao aire e o equipo que acerte primeiro saca. Que se fai para pasar? O árbitro formula unha pregunta, se acertas pasas ou avanzas co balón, pero se un xogador do outro equipo responde antes, quítache o balón. Como se pasa? Hai tres tipos de pases: Horizontais Verticais Diagonais Cantos xogadores? Nº de xogadores: 5 ou 7 xogadores Tarxeta amarela: Cando o que se responde é unha burrada, por exemplo: se o resultado é 0’5 e din 50... iso sería tarxeta

amarela! Tamén depende do árbitro... Tarxeta vermella: Cando xa levan dúas amarelas ou directa do árbitro Fóras: As fóras prodúcense cando o árbitro formula unha pregunta e pasa un tempo determinado, iso é fóra. Fóra de xogo: Cando alguén do voso equipo está el só no campo contrario por diante da liña de defensas. Faltas: Cando se din respostas sen rumbo. Tamén depende do árbitro e da animalada que se diga.

Tipo c) de xeometría Tipo d) unha mestura dos tres primeiros. Na clase de 1ºB xogamos para practicar, facer as normas, cambiar se algunha cousa no estaba ben,…etc. Preguntarédesvos ¿como son as fichas? As fichas do taboleiro son uns cadrados e uns cilindros de madeira que nós mesmos pintamos. As clases de primeiro xa viron o xogo porque a miña clase dividiuse en grupos e cada grupo foi a unha clase a explicar máis ou menos as regras, e fixemos un partido para amosarlles como se xogaba. Espero que a todos lles guste moito este xogo. Espero que vos divirtades co Fútbol-Mates! ÁNGELES SANTOS IGLESIAS

Penaltis: Cando a burrada se di dentro da área. Que tipos de preguntas son? Hai catro tipos de preguntas: Tipo a) de cálculo mental Tipo b) de ecuacións


Intres creativos

CONTOS CUNQUEIRÁNS Ofrecemos unha pequena selección de contos inspirados nas creacións de Álvaro Cunqueiro que foron escritos polo alumnado de 2º de Bacharelato, si por eses, por esas, que decidiron deixarnos a pesar do moito que lles insistimos en que non o fixesen. Grazas por transmitirnos estes relatos en herdanza.

UN NEGOCIO MILLONARIO ELMA BARREIRO

41 Xuño 2007

boa maneira e, coñecendo a m i ñ a debilidade polas galiñas, mandoume un animal desde aló. Miña nai non puido dicir nada, pois só prohibira a entrada na casa de animais de catro patas, non contando coa agudeza do tío Luís. Era unha galiña ben pavera, con aires de grandeza e, sen dúbida, unha gran artista. E digo isto porque cada vez que poñía un ovo celebrábao cantando unhas sevillanas que aplaudía toda a aldea. Mais, ao pouco tempo, tamén ela se viu afectada polo mal da pebida, así que acudimos miña madriña e mais eu á casa de Filomena. Esta, como sempre, demostrou o porqué da súa fama e deixou á cantante como nova. Ao mesmo tempo, decatouse do seu enorme talento e a súa malicia levouna a pensar que a gorxa do animal podía ser unha mina de cartos. Non se enganaba moito, a verdade. Díxonos que era mellor

Intres

Dicían que lle aprendera súa nai, e a esta súa avoa, e así sucesivamente..., é dicir, que era aquel un deses saberes que se transmiten de nais a fillas durante xeracións. Filomena do Picho era unha muller miúda, amiga de ir á misa e pouco faladora. Aquel loito que puxera pola morte do home e que, semellaba, nunca máis quitaría, vestíaa dos pés á cabeza e só deixaba ao descuberto unha face chuchada e pálida na que apenas se intuía vida. Porén, era ao meu parecer a muller máis extraordinaria da aldea e todo grazas a aquela habilidade súa para quitarlles a pebida ás galiñas. Eu tivera ocasión de vela en acción cando era ben pequena, pero a aquela primeira vez seguiron moitas máis. A muller collía a galiña, abríalle o peteiro e, cunha precisión de cirurxián, sacáballe a causa do seu mal. Despois mandáballe pola gorxa abaixo uns grolos de aceite do bo e a galiña abría os ollos como nunca o fixera na vida, de feito un primeirizo dubidaría de se ía camiño da curación ou da morte. Sucedeu que pola miña comuñón meu tío Luís, que estaba facendo a mili en Cádiz, quixo agasallarme de

que o animal quedase con ela uns días para facerlle un seguimento, e nós, coitadas, accedemos. O certo foi que da muller pouco máis se soubo, polo menos por unha tempada. Polo visto convertera ao animal nunha estrela mundial, cunha axenda ateigada de concertos en distintos lugares: Bogotá, Nova Delhi e o Congo son só algúns exemplos. En canto a Filomena, disque quen a vía agora!, con vestidos floreados e os ollos relucentes polo brillo dos cartos, semellaba unha muller totalmente descoñecida. Home, a verdade é que non lle gardo rancor, pero moito ben tampouco me pareceu!


Intres creativos

CONTOS CUNQUEIRÁNS A FIXACIÓN ESTÉTICA DE IVÁN

Intres

MARÍA CABANAS

Xuño 2007

42

Era un rapaz novo, feíño e con aparencia de boa persoa, vivía en Liñares, no concello de Santiso, preto da casa dunha rapaza nova da que se dicía que era a máis fermosa da parroquia. Digo que se dicía porque, por moi estraño que pareza, e a pesar de ser unha rapaza nova, soamente se deixaba ver así que caía a noitiña. Era costume para ela pasear toda acicalada polo camiño principal e, casualmente, vivía nunha punta da aldea onde empezaba a súa ruta. Tamén pasaba por diante da igrexa, da casa de Ovidio… rematando a súa camiñada na “Casa Grande”. Iván, que así se chamaba o rapaz, a pesar do rariña que era a pobre, estaba profundamente namorado dela e sempre saía vela á ventá cando ela pasaba xunto á parada do autobús. Unha noite decidiuse a pedirlle para saír e a resposta da rapaza foi positiva cunha soa condición, que soamente se poderían ver cando caese a noite, e ás aforas da aldea, preto dun regueiro que pasaba pola leira de Ovidio. Cando xa levaban bastante tempo, Iván, canso de que ninguén lle crese cando dicía que estaba a saír coa moza, e de que incluso algunhas vellas meigas da aldea dixesen que se volvera tolo por amor, decidiu quedar con ela polas catro da tarde, cando os homes da aldea se reunían xunto ao cruceiro que

estaba fronte á igrexa para falar de temas comunais. Pero ela negouse e, enfadado, ao día seguinte foina buscar á súa casa polas catro, e foi cando topou de fronte co problema. Atopou diante da casa a unha rapaza nova, moi fea e coa roupa da súa moza, pero o máis sorprendente para el non foi iso, senón que cando a nai da súa moza saíu para fóra, a rapaza dirixiuse a ela chamándolle mamá. Cabreado, Iván dirixiuse cara a ela e preguntoulle por que lle chamara así a aquela señora e ela, nerviosa, non soubo que responder e botouse a chorar. Logo, máis tranquila, explicoulle que o que estaba vendo era o seu aspecto real e que unha meiga lle conferira o privilexio de poder ser fermosa soamente pola noite. Despois de oír todo isto, Iván pegoulle un empuxón e tirouna ao chan, dicíndolle: Que pensabas, que isto era un conto de amor? Soamente estaba contigo pola túa extrema fermosura, pero despois de saber isto, non te quero volver ver nunca máis, nin sequera por casualidade na rúa, porque me dás noxo! Oíchesme? Noxo! Despois disto non se volveu saber máis da rapaza e Iván agora está casado cunha fermosísima avogada.

MANUEL SALGUEIRO, O ENTERRADOR ANTONIO FERNÁNDEZ

Manuel Salgueiro residía desde había dez anos en Maroxo, unha parroquia pertencente ao concello de Arzúa. A súa vida fora sempre moi pouco comprometida, xa que fora abandonado polos seus pais desde o día en que nacera. Don Xosé, o crego da parroquia, recolleuno un día de treboada á súa porta, e el mesmo lle puxo ese nome, aínda que a xente xa lle tiña posto o alcume de “O enterrador”, precisamente polo traballo que lle asignara don Xosé. A vida de Manuel era moi tranquila e o traballo deixáballe tempo para axudarlle ao crego noutras tarefas, e sempre lle tiña convenientemente preparada a igrexa para os actos máis solemnes. A vida de Manuel, así e todo, deu un xiro tremendo


Intres creativos

CONTOS CUNQUEIRÁNS

SURIÑA VÁZQUEZ

Ernesto de Campos era a persoa máis famosa entre a eira de Ramón, o Arxentino, e a taberna de Doloretas, é dicir, non era máis coñecido ca vostedes ou ca min, pero sen dúbida tiña algo especial: unha alma apaixonada e corenta e un anos, sete meses e vinte e seis días sen lograr reter a unha muller máis de cinco minutos ao seu lado.

sería capaz de espertar a unha muller até da hipnose. Tan pouca ledicia lle quedaba xa que, festeiro como el era, nin sequera acudía ás romarías, até que un día tivo que acompañar a súa nai, coa que aínda vivía, ás grandes festas de Campos. Coma sempre, apartouse e sentou nun recuncho sen ánimo ningún para intentar encandear moza ningunha, e aburrido como estaba, de súpeto escoitou o máis marabilloso que oíra na súa vida, unha voz potente de tenor que mesmo se escoitaba por riba do bulicio da festa. Esa era a voz que quería para si, aínda que non deixaba de ser sorprendente que trouxesen á festa de Campos un tenor; estilábanse máis as muiñeiras. De modo que se virou para velo, pero ficou abraiado, a voz cantora non proviña dun tenor traxado, senón da muller máis fermosa que vira na súa vida. Non fai falla dicir que, dadas as circunstancias, namoráronse e casaron en menos dun ano. O que si é máis misterioso é o seu paradoiro. Despois de teren sete fillos, desapareceron todos haberá uns dous anos. En Campos non se volveu saber deles. Algúns din que a nai de Ernesto os botara da casa, vasoira en man, non podendo aturar por máis tempo a serenata de nove cantantes na casa, mais outros din que formaron un coro e que agora actuaban nun deses shows que se estilan. Quen sabe.

43 Xuño 2007

ERNESTO DE CAMPOS

Certamente era un caso curioso, pois non era un home desagradable á vista, máis ben todo o contrario. Alto e forte coma un carballo, tiña certa mirada pícara, desas que fan que as mulleres comecen a murmurar entre elas e a chiscar os ollos como se tivesen conxuntivite. Non, o seu problema era outro, en canto abría a boca todas fuxían correndo e tentando non escachar de risa até estar a uns cantos metros de distancia, cousa que nunca lograban, por suposto. Despois chegaba o comentario de sempre: - Ten a voz dun neno cantor de Viena! Efectivamente, Ernesto tivera exactamente a mesma voz desde que era cativo, unha voz case de muller. Ao primeiro, evidentemente parecíalle algo normal, pero ao chegar á adolescencia comezara a preocuparse. - Distensión irreversible das cordas vocais. Ese era o problema dos médicos, encantáballes dicir que algo era irreversible soamente por non ter que traballar. - E irá a peor, chegará un momento en que non sexa capaz de controlar a súa voz en absoluto e cantará todo o tempo. Así que Ernesto perdeu definitivamente a esperanza, nunca atoparía unha dona. Mesmo pensara en contratar cos poucos cartos que tiña unha desas que lles chaman alcaiotas, pero, para que?, nin un esconxuro serviría, estaba seguro de que a súa voz, que alcanzaba o Si sostido,

Intres

que lle afectaría á súa vida social. Como todos os días despois dun enterro, foi á noitiña comprobar o estado do cemiterio. Esa noite viña o vento do norte, e era frío, xa que a muller do tempo prognosticara un cambio, cando de súpeto Manuel escoitou un berro de axuda que proviña do cadaleito aínda quente. Asustado, marchou correndo contarllo a don Xosé, que non lle deu creto ao que lle dicía o seu axudante. Ao día seguinte, para deixar tranquila a súa conciencia, decidiu levantar o ataúde. A familia do defunto sentiuse moi ofendida, pero o que encontraron non foi simplemente un cadáver, senón a persoa morta coa cara toda rabuñada e o cadaleito esgazado. O rostro do morto era a pura fotografía da desesperación. Foi a ocasión na que Manuel demostrou con máis claridade que era un profesional dos enterros e que sabía perfectamente cando as cousas non se facían ben.


Intres creativos

CONTOS CUNQUEIRÁNS O OVO DO SEÑOR AGRA

Intres

RAQUEL SÁNCHEZ

Xuño 2007

44

O señor Conde, que presumía de ter un alto apelido, non era máis que un donninguén de orixe humilde, que habitaba nas terras de Santiso. Vivía só, en compaña dun can famento. Tiña como único afán comer e beber xunto ao seu mellor amigo da infancia, o señor Andrés Agra, que vivía coa súa irmá solteirona. Os dous eran veciños da parroquia de Visantoña. Dun tempo para acá era costume ver aos borrachos polas gabias da parroquia, cuns farrapos rachados e con aspecto de mendigos. Dona Ramona era unha muller católica e amiga de ir á misa co fin de coñecer o alleo. Tiña de peculiar que vivía á beira do río Ulla, onde se sitúa unha illa cun só habitante, un pato, o cal atravesaba o encoro nadando todos os días ata a palleira do fogar de dona Ramona, onde poñía tres ovos cada día. Pero cada dous anos, ademais, poñía un ovo un tanto especial no mes de maio. Como todos os domingos, a señora Ramona ía vender os ovos a Melide. Era unha madrugada cando camiñaba polas estradas principais. Topou co señor Conde e co señor Agra, ambos borrachos. Ela, moi agarimosa e amable, díxolle ao señor Conde, que era co que máis trato tiña: - Bos días, señor Conde! Seica o botaron fóra da

casa! –no ton utilizado identificábase un aquel irónico. Responde o señor Conde cunha voz rouca: - Si, iamos agora falar cun tratante, pero estamos algo famentos. Ei! Aínda nos dá tempo de nos prepares un deses ovos que levas aí! De contado a dona retirouse seguindo o seu camiño, sen darse conta de que o señor Agra lle collera un ovo, precisamente aquel ovo tan especial que viña ao mundo no mes de maio, cheo de cores, cunha textura máis dura, e algo máis grande do habitual. Pero el non se deu conta destas características polos efectos do alcohol e, silandeiramente, gardouno no peto do pantalón de pana e levouno para a casa, onde llo entregou á súa irmá para que llo fixese. Ela, de seguida se deu conta de que aquel ovo era do pato do río Ulla, como contaba a lenda que coñecía todo o mundo nos arredores da parroquia. Como estaba farta de aturar a conduta de seu irmán, decidiu darllo ao mediodía, á hora de xantar. Ao cabo de dúas horas, despois da sesta, o señor Agra espertou e o primeiro que fixo, como de costume, foi mirar ao ceo. Era unha

tarde de primavera, xa entrando no verán, o sol lanzaba os seus raios con pouca forza, encubertos por unhas nubes escuras que presaxiaban auga. De seguido, observou as súas mans e os brazos, e decatouse de que tiñan cores, e entón foi cando relacionou o seu aspecto coa lenda do pato.Achegouse súa irmá e díxolle: - Ai Andrés, que che pasou? - Ti ben sabes, pero regresarei cando o sol e as nubes dean os seus froitos. Ficou no momento. E a muller observou o ceo. Efectivamente, alí estaba no medio do río que se deslizaba formando un arco.


Intres creativos

ALGÚN DÍA... Alumnado do PDC de 3º de ESO Soños? Non, aspiracións, metas, obxectivos que aparecen por diante... e que hai que alcanzar. Isto é o que desexan os alumnos e alumnas do PDC de 3º para o futuro. O primeiro é ter ilusións; despois, hai que facer o posible para convertelas en realidades. Niso andamos.

O desexo de Mario

Intres

Algún día eu andarei plantando patacas, muxindo vacas e os sábados divertireime e non durmirei ata o domingo pola noite. Eu andarei no coche grandes distancias, gastarei todos os cartos en hoteis e en gasóleo. Porque eu quero vivir a vida loca.

Xuño 2007

48

O desexo de Belén Algún día eu serei perruqueira e andarei por unha perruquería de Melide cortando o pelo á xente, facendo manicuras e todo tipo de cousas que fan as perruqueiras. En resumo, poñer guapa a xente. Eu estarei cortando pelo á xente cando teña experiencia e título de perruqueira.

O desexo de Lucía Algún día eu serei perruqueira e peitearei o pelo desas meniñas tan guapas, tamén o daquelas velliñas que van todos os sabádos peitearse, e de mes en mes a tinxirse, e deixarenas moi guapas a todas. Pero, claro, tamén a eles, a eses aos que lles gusta peitearse e presumir, a todos eses algún día eu mesma os poñerei o máis guapos que poida. ¡¡¡¡ALGÚN DÍA!!!!

O (realismo) de David Algún día morrerei, non se sabe en que, na moto no coche ou de morte natural, máis ben non de morte natural, senón dalgunha das outras dúas cousas.


Intres creativos

ALGÚN DÍA... Alumnado do PDC de 3º de ESO O desexo de Alba Algún día eu serei camareira e terei que traballar toda a vida para gañar moito diñeiro, para ir de vacacións a Tenerife ou tamén a outros sitios, para visitar a catedral dalgunha cidade. Gustaríame ir a Barcelona, por exemplo, para estar cunha amiga que coñecín en 1º da ESO.

O desexo de Samuel

Intres

Eu algún día querería ser futbolista profesional, pero iso é moi complicado porque o nivel está moi alto neste deporte. Así que mellor é ser algo máis realista, como bombeiro ou garda civil, porque me gustaría facer algo bo polo estado que agora está algo jorobado en todos os sentidos.

49

Algún día eu serei un traballador da vila de Melide e terei a miña propia casa, preto da vila, e cando teña cartos gastareinos en tunear o meu coche, para cando pase por Melide todos se queden mirando para el. Porque a min o que máis me gusta son os coches.

O desexo de Rubén Un día eu andarei de carpinteiro ou nalgo relacionado coa madeira, que é un material fácil de traballar e cada día hai menos xente que se dedique á carpintería que faga mobles a medida.

Xuño 2007

O desexo de Iván


Intres creativos

Intres

AS TRES PALABRAS

Xuño 2007

50

Eu teño que escoller tres palabras, non é fácil, porque hai moitas que para min o significan todo, pero as que máis me agradan son: soñar, deportes e familia. Soñar non é unha palabra que precisamente soe ben, pero... encántame, soño a través dos libros, fágoo tamén cando estou vendo unha película e me meto moito nas escenas, nos meus momentos libres. Cando estou cansa, séntome no sofá do salón e quedo pampa pensando cousas imposibles, que só podo gozar delas cando lle boto un pouco de imaxinación... Ás veces ata invento nos meus soños lugares moi fermosos que só eu coñezo, aos que levo ás persoas que na miña vida son importantes. Deportes é a segunda palabra que escollín, non me suxire vibracións das fortes, pero non imaxino o noso mundo sen balóns para o fútbol, sen raquetas para o tenis... Non me gusta a palabriña só por iso, senón porque, ¿en que pasariamos o tempo libre se non existisen esas actividades? Producen afección... sensacións moi fermosas que só os deportistas experimentan. É unha experiencia moi boa ser bo en algo, que te coñezan por esa faceta tan túa... Converterase nun soño! A miña última palabra é familia, é a miña xente, a que leva o meu sangue, esas persoas polas que eu o deixaría todo... Non só elas, tamén os meus compañeiros, os da clase e os que non o son, con eles paso bos e malos momentos, algúns que mesmo recordarei sempre. Dáme mágoa pensar que algún día isto se vai rematar, xa non poderei soñar cos libros, nin facer deporte nin sequera pasar momentos dos bos coa miña xente. ¡Oxalá isto nunca acabase! GLORIA CORRAL CEA, S3A

Eu penso que cunha soa palabra non se pode definir un sentimento moi significativo para unha persoa; pero se a min me piden tres palabras, a primeira sería morriña, que é unha palabra que expresa un gran sentimento para min, xa que se tivera que marchar da miña terra, sentiría a morriña moi dentro do meu corazón. Tamén me gusta a forma da palabra, xa que ao escoitala sinto un calafrío, é como se me acollera e me dera agarimo. A segunda palabra sería lúa, xa que eu dende pequeniña teño un gran desexo, un soño, que subo ao espazo e que vou polo medio das estrelas. Que chego á lúa e que me gusta tanto que me quedo alí a vivir con toda


Intres creativos

AS TRES PALABRAS

Intres

51

INÉS ROCA AGRA, S3A

Pídenme que escriba tres palabras que signifiquen algo na miña vida. Co cento de palabras que hai no dicionario, soamente me piden tres, nin máis nin menos, só tres. A verdade é que hai moitas, pero as miñas son: amigos, mar e infancia. Amigos é unha palabra moi importante, xa que son moi importantes para min. Teño moitos, pero de verdade, de verdade uns poucos. Quéroos moito e sonme de moita axuda nos momentos importantes. Aí é cando se sabe cantos tes de verdade. O meu irmán considéroo como o meu mellor amigo, porque podo contarlle todo e confiar nel. Sempre me axuda, aínda que ás veces tamén nos pelexamos. Infancia tamén é moi importante, xa que dela teño moitos recordos. Sobre todo cando ía empezar a escola, cando coñecín moitos rapaces e estiven con eles dende

NOELIA VARELA PUGA, S3A

Xuño 2007

a miña familia e os meus amigos. Gústame tanto esa palabra que quero conseguir que o meu desexo non sexa un soño, e por iso teño que loitar moito. Aínda que teño outras moitas palabras coas que eu me identifico, esta última é a que máis me gusta, porque a min non me importaría cambiar a miña vida pola súa, a palabra é golfiño, porque vive ceibe polo mar, non ten normas. Gustaríame ser coma el pola axilidade que ten e pola súa velocidade, o seu salto impecable... Tamén me gusta polo espazo que deixa cando salta e se perde polo mar. Outra cousa que me gusta é a forma desta palabra, coma a de morriña, xa que a súa terminación é preciosa.

os tres ata os once anos. Nunca me esquecerei deles, porque foron moitos anos xuntos. Boto moito de menos aqueles tempos, porque daquela era máis inocente e non me preocupaba por nada. Con cinco ou seis anos, ¿de que me ía preocupar? Como quen di tiña todo feito. A miña última palabra é mar. Identifícome moito con el, xa que sempre está tranquilo, e de repente ponse revolto, logo calma. Eu son así, se de repente me enfado, logo me calmo. Tamén porque o azul é a miña cor preferida. Outra razón, gústame moito ir á praia, bañarme e navegar nun barco. Sempre soñei con comprar un e viaxar a unha illa e quedar alí unha tempada, relaxada e tranquila. ¡Estas son as palabras máis importantes da miña vida!


Intres creativos

Intres

A ILHA PERDIDA

Xuño 2007

52

Sérgio era um rapaz de vinte anos que acabava de cursar os estudos médicos, tal como dissera que faria. Não era muito bom estudante, mas, no final, logrou acabar. Para festejar a culminação dos estudos, ele e outros amigos planificaram uma viagem a Camcum; en total iriam ele e três amigos, Guti, Dani e Roberto. Foram comprar os bilhetes e depois de uma semana partiram para Cancum, mas, quando estavam em pleno voo, a asa esquerda do avião começou a arder por razões desconhecidas. De seguida o capitão falou pelo altofalante e deu a entender qual era a situação; o assunto ficava complicado. Estavam no meio do Atlântico e o aeroplano começaria em breve a perder altitude; a única solução era enviar uma advertência por rádio e realizar uma aterragem de emergência no mar, algo muito arriscado, pois o aeroplano podia ficar desintegrado por completo, mas era a única solução que havia. Com este panorama, Sérgio e os seus amigos permaneciam aterrados

O aeroplano começou a se mexer de um lado para outro e as máscaras de oxigénio saltaram dos seus cubículos. O aeroplano começou a descer bruscamente e os gritos eram ensurdecedores; umas raparigas do assento de diante de Sérgio começaram a chorar e a rezar, uns velhos da outra fila estavam a darse beijos nos beiços, a gente preparava-se para uma morte quase segura. Em cada ocasião o barulho era maior, a agitação de mais intensidade e o lume quase consumira a asa esquerda. O aeroplano ia em caída livre e de súpeto impactou de modo feroz com o mar, lançando uma montoeira de água ao redor. Já não havia alvoroto, a calma inundou o aeroplano que com vagar se ia submergendo nas profundidades do oceano Atlântico. Sérgio e Guti estavam ilesos e auxiliaram os seus companheiros. Os quatro pareciam estar bem e descobrer uma saída do aeroplano era fundamental para sair ao exterior. Passado um momento, Dani descubriu uma janela pela que lograram sair. Um a um foram abandonando o aeroplano e, quase asfixiados, finalmente chegam ao exterior. Tiveram que nadar um bom bocado e ao ver uma peça de metal do aeroplano amarraram-se a ela. Quando se sossegam e observam ao seu redor, comprovam aterrados as consequências do acidente; por todos os lados vêem pedaços do aeroplano, e, o que é peor, cadáveres despedaçados, uma perna

solta, uma mão frotando, uma cabeça solta que lhe resultava familiar a Sérgio: era a do velho que beijava a velha nos beiços. Era uma paisagem aterradora. Os quatro amigos abraçaram-se entre eles um bom bocado pensando na sorte que tiveram, quando, de forma quase imperceptível, soou um sinal de auxílio; semelhava uma rapariga e Sérgio, nadando, achegou-se seguindo o som: Qual foi a supresa ao ver as raparigas que se sentavam diante do seu assento, as que choravão e rezavão desconsoladas! Eram duas e pareciam estar feridas, pelo que decidiu levá-las com os seus amigos. Agora somente podiam aguardar por uma equipa de salvamento, pois a noite era preta, e eram seis jovens sem comida nem bebida rodeados de cadáveres e restos da fuselagem do aeroplano. Passou toda a noite e o dia deixou-se ver e a equipa de salvamento não aparecia. De pronto, a Sérgio, que mira para o horizonte, pareceu-lhe ver terra; avisa os amigos e todos o confirmão: era terra. Por maioria decidem ir nadando, pois muito longe não podia ficar; uma das raparigas que viajavam no assento de diante tinha uma perna ferida pero suportou a dor até chegar a terra. Tardaram muito, umas três horas, mas, ao tocar a areia fina da praia, os seus corações bateram intensamente: Aquilo parecia uma ilha, pois desde longe viam-na bem; o raro era que, no meio do Atlântico, eles não tinham conhecimento de


Intres creativos

O FUTURO REMATA

pronto tivémonos que protexer do sol. A partir dese día, comezou a conta atrás para a humanidade. Os científicos comíanse a cabeza por atopar a solución ao problema, pero xa era demasiado tarde. Cada hora, cada segundo era un paso cara a fin. Intentáronse realizar múltiples experimentos para salvar o home, pero todos foron en vano. A Terra arde de calor, hai un ano que non recibo sinal de televisión nin de internet, os teléfonos deixaron de funcionar, e ata aquí, a douscentos metros de profundidade se comeza a notar unha abrasadora calor que me está matando. Aínda teño víveres para varios anos, pero creo que non durarei moito con tanta calor. Por nada do mundo me atrevo a saír ao exterior, aguantarei o que poida, e se morro, polo menos deixarei escrito o que sucedeu coa humanidade para que non se volva repetir, iso se non arde antes de que alguén o poida ler. Adeus SERXIO PATIÑO RÍO, B1C

53 Xuño 2007

SERGIO PATIÑO RÍO, B 1 C

Pasaron polo menos sete anos dende que Luís decidiu marchar en busca doutros coma nós. Non volvín saber del en todo este tempo, e noto que a miña hora se achega. Síntome tan canso, que ata escribir me custa un gran esforzo. Sen embargo, se non fose por este diario que empezou meu pai e que eu continuei día a día, seguramente estaría morto ou algo peor. Hoxe non me movín da miña cama. Gústame chamala así, aínda que non sei de quen é. Dende hai anos ninguén se atreve a saír ao exterior, a temperatura é demasiado elevada, ningún ser vivo a soportaría. Os telexornais xa levaban moito tempo informando de que este día chegaría, pero as medidas necesarias nunca se tomaron. E así foi como sucedeu, primeiro foron molestias leves, pero pronto se tornou insoportable, os raios de sol penetraban tan forte na terra que toda forma de vida foi desaparecendo. Os homes sobrevivimos primeiro nos lugares máis fríos da Terra, pero

Intres

nenhuma ilha. O horror ficava atrás, agora estavam a salvo, pois naquela ilha havia muitos frutos, dese maçãs até cocos; puderam comer e ficar em calma até serem auxiliados. O problema era que a ajuda nunca chegava. Os jovens começavam a desesperar, pois levavam dois dias e sem rasto de salvamento. Quando passou uma semana, a esperança de que chegassem os salvadores era quase nula. Sérgio fizera umas letras na praia com restos de plantas que punham “HELP”, mas não pareciam dar resultado. Necessitavam comer e Guti e Dani penetraram na ilha , mas quando voltaram sem comida, um gigantesco animal atacou-os. Menos mal que Guti o assustou com um grito e lograram escapar. Quando chegaram junto de Sérgio e Roberto, estes tinham boas novas, pois uma avioneta vira o sinal e aterrara no seu auxílio. Subiram, arrancaram e, quando levavam boa altura, ao mirar para abaixo não viam a ilha. Ao perguntar ao piloto onde estava, este comentou que aí não havia ilha alguma e que eles foram recolhidos inconscientes no meio do mar, em cima da asa direita do aeroplano e que fora um milagre que sobreviveram ao acidente e a uma semana no mar.


Intres creativos

AS CLONACIÓNS

Intres

RELATO FANTÁSTICO. A CLONACIÓN DE MESSI

Xuño 2007

54

Todo comezou cando a un científico, chamado Carlos, se lle ocorreu clonar a Messi, un xogador do Barça moi bo e moi famoso. O científico pasa moito tempo, aproximadamente un ano, facendo un millón de exemplares de Messi. Ao principio todo ía moi ben, xa que á xente gustáballe moito Messi e entón víano todos os días pola rúa como se fose unha persoa normal; todo o mundo lle pedía autógrafos, corría detrás del... O peor foi despois, porque a xente deuse conta de que antes se vivía mellor, xa que antes, ao haber un só, coñecíase e sabíase que era el o verdadeiro; pero agora non se sabía quen era o verdadeiro, porque como todos eran iguais..., entón a xente comezou a protestar e querían unha solución ao problema. A solución que atoparon foi que o Messi verdadeiro dixera quen era e que se lle puxera unha braceira para saber que era el. Así o fixeron, ao verdadeiro Messi puxéronlle unha braceira e entón ao Messi que viran sen braceira tratábano como a outra persoa máis; sen embargo, o Messi verdadeiro para eles era o seu ídolo e así todos quedaron satisfeitos. SILVIA VÁZQUEZ SUFUENTES, S1D

UNHA CLONACIÓN MOI ESPECIAL Hai tempo, un científico francés estaba buscando a alguén para un dos seus experimentos, alguén que fose moi famoso e que todo o m u n d o coñecese; iso si, con moitos cartos. Despois

de darlle moitas voltas á cabeza deu cunha persoa: Bill Gates. Púxose en contacto con el e díxolle que o quería clonar e que lle pagaba dez millóns de euros. Bill Gates aceptou. O científico clonouno, pero a máquina tivo un fallo e fixo millóns de exemplares. Cando a xente se decatou ao ler a noticia nos xornais, quedou abraiada e contenta. Pero co paso do tempo, á xente xa non lle gustaba tanto esa idea, porque quedaban sen traballo, xa que os Bill Gates facían que todo estivese gobernado polos ordenadores, os ordenadores facían todo. E así foi como a humanidade perdeu o seu poder. ALBA SEOANE SUÁREZ, S1D

O CLON DE IKER CASILLAS Hai tempo, nunha vila de Madrid, un científico chalado,Alexandre, o científico, estaba vendo o partido Real Madrid-Deportivo da Coruña, cando pensou facer un equipo con xente non coñecida como Iker Casillas, o porteiro do Real Madrid. Foi de viaxe por todo o mundo a descubrir novos xogadores para clonalos. Nun ano, encontrou varios xogadores bos, pero faltaba un porteiro. Había uns cantos, pero eran malísimos. Decidiron chamar a Iker Casillas para que xogase no seu equipo. Como había varios equipos que non tiñan porteiros decidiron clonalo. Alexandre foi ao Santiago Bernabeu a falar con Iker Casillas para que fose á súa casa para clonalo. Iker Casillas quedou sorprendido polo que este señor


Intres creativos

HISTORIAS FANTÁSTICAS A FADA DO 10

O BOSQUE MISTERIOSO

55

Un día, tres compañeiras foron dar unha volta ao chamado “bosque misterioso”, do que dicían moitas cousas raras. Saíron pola mañá cedo e chegaron moi contentas cantando cancións. Dispuxéronse a comer e sacaron os “bocatas”. Comeron escoitando unha radio portátil que tiñan na súa casa. Xogaron e correron toda a tarde. Chamaron aos seus pais para dicirlles que o estaban pasando moi ben. Pero a noite chegou, e o terror tamén, aí si que foi cando tiveron medo. Montaron a tenda de campaña, metéronse dentro, cearon... E cando estaban alí viron moitas, moitas sombras e tamén ruídos. Ao fin saíron e viron que as sombras eran as árbores e os ruídos do vento movendo as pólas. Pasou a noite e ao día seguinte marcharon, todo era unha farsa, nese bosque non había ningunha cousa estraña. PATRICIA SOUTO BLANCO, S1D

O MISTERIO

Xuño 2007

ÁNGELES SANTOS IGLESIAS 1º B DA ESO

ALBA SEOANE SUÁREZ, S1D

Intres

facía por eses rapaces que non poden xogar por falta de cartos, así que, aceptou. Cando chegaron ao laboratorio, meteuno nunha sala escura. A máquina comezou a “furrular” e, cando marcou o numero de clons, en vez de saír dez saíron vinte. Dentro duns meses, os equipos de clons eran un éxito.Xa estaban clasificados para todos os campionatos do mundo; pero había varios defectos, o Real Madrid veuse abaixo, mentres que o equipo dos Súper Galegos( O do científico) seguía na cabeza. O Barcelona tamén perdeu contra os Súper Galegos e o Sevilla, deportivo etc. Casillas, que agora era un vagabundo, vivía debaixo dunha ponte porque non tiña casa, os clons fixéronse pasar por el e quitáronlle todo. Casillas decidiu poñer fin a todo isto e foi chamar aos mellores xogadores para falar con eles e dicirlles que lle devolveran os seus fans. Foron falar con el e Alexandre dixo que desconectaría os clons, agora só hai un único e verdadeiro Iker Casillas, o meu ídolo.

Había unha vez un rapaz que estaba moi preocupado porque ao día seguinte tiña un exame e non estudara. Cando chegou á súa casa púxose a estudar ata que quedou durmido ás doce. Aparecéuselle unha fada nos seus soños que lle dixo todas as respostas do exame. Era a fada do 10. Ao día seguinte, o rapaz sacou un 10 no exame. Contoulle ao seu mellor amigo o que lle sucedera, pero el non llo cría. O rapaz estaba á vez contento e triste, porque ninguén lle cría o que contaba ata que lles sucedeu o mesmo a todos os rapaces do seu colexio, e todos sacaban 10 nos exames. Era o colexio que sacaba mellores notas.


Intres creativos

HISTORIAS FANTÁSTICAS

Intres

O outro día, Luísa e mais eu fomos dar unha volta. Cando xa levabamos andado varias horas, descubrimos aquela cova no monte. Dubidamos un pouco antes de entrar, pois oímos uns ruídos moi estraños e estaba todo escuro. Houbo un intre no que os ruídos se pararon, pero pronto volveron. Canto máis nos achegabamos, os ruídos eran máis fortes e raros. Cando estabamos chegando ao fondo, encontramos varias caveiras, esqueletos, teas de araña, arañas e incluso algún rato. Estivemos a piques de saír correndo porque tiñamos medo, pero seguimos adiante. Ao chegar ao fondo, había moitas candeas e, do susto e cos berros, desmaiámonos; ao reaccionar, desaparecera todo, e desde entón esa cova é un misterio para nós. SAMIRA NICOLE CABO MAGONIN, S1D

Xuño 2007

56

O SOÑO REAL DE MARÍA Era unha vez unha nena, María, á que lle gustaban moito as bolboretas. Sempre soñou con ser a dona de todas elas. Unha noite, estaba durmindo e tivo un soño: unha nena chamada María andaba por un prado. Ela estaba soñando, pero non lle importaba, porque estaba con Millóns de bolboretas. Unha delas preguntoulle se quería ir dar un paseo voando con elas. María contestoulle: - Eu querería ir, pero non sei voar. As bolboretas engadiron: - Inténtao, a ver se podes. María intentouno e si que podía voar. Estaba soñando, pero para ela era real. Despois de vivir grandes aventuras espertou moi contenta.

Dende aquela María escribe un diario no que conta as súas aventuras; aventuras que nos seus soños eran reais. CRISTINA CONDE ROCA, S1D

UN RAPAZ ESTRAÑO

Era o primeiro día de clase cando a profesora nos dixo que tiñamos un compañeiro novo. Que ben!- pensei eu. Sorpresa cando entrou pola porta, pois era un rapaz que parecía doutra galaxia, pódese dicir que era a metade rapaz e a metade rapaza. Tiña na metade do corpo o pelo longo con trenzas, saia

e uns preciosos zapatiños rosas. Na outra metade tiña o pelo curto e de punta, con pantalóns vaqueiros e camisa a cadros. Eu pensei que era un rapaz “macarra” e que non lle caía ben a ninguén, pero co paso do tempo fun coñecendo a súa forma de ser e resultou ser amable, agradable, educado, modesto, sensible, cariñoso... Deime conta que non se pode xulgar a xente pola súa aparencia física, pero comprenderedes que con esas pintas... Aínda así, quedoume unha dúbida: era un rapaz ou unha rapaza? ou quizais un trasno? PATRICIA ROCA FERNÁNDEZ, S1B


Intres creativos

HOMES MISTERIOSOS MANOLO, O SER FANTÁSTICO

O LOBO E O RAPOSO Érase unha vez un lobo e un raposo que encontraron un unto. Os dous pelexábanse por el e entón o raposo propuxo unha cousa: - Ímonos deitar ao sol, ao primeiro que lle súe a barriga comeu o unto. Entón os dous deitáronse, e como o raposo era máis listo, levantouse e mexoulle na barriga ao lobo e volveuse deitar. Cando se levantaron, ao lobo suáballe a barriga e levou as culpas de comer o unto. DAVID MARTÍNEZ BARCIA, S1B

57 Isto comezou cando un home aparece na vila de Melide, este home era moi estraño, xa que tiña unha barba moi longa; vestía cunha saia longa ata os pés, vermella; unha camiseta negra de tirantes; un pucho na cabeza, tamén vermello e moitas outras cousas que eran estrañas. O peor foi cando a xente da vila o viu, a que se montou! A xente comezou a dicir: “Ese é un vagabundo, é un maleducado, vén a esta vila todo chulo, quen se cre que é el? non ten familia, é orfo...” e moitas cousas peores. Resultaba que todo iso era mentira e cansouse. Reuniu a xente do pobo e confesoulles por que estaba alí: - Pois mirade, sodes unhas “maruxas”, pois eu estou aquí porque teño a toda a miña familia no hospital, teñen unha enfermidade

contaxiosa e os médicos din que, para que se curen, teñen que ir a outro país, e hai que pagar a operación e a viaxe. Vin a esta vila para gañar algúns cartos e poder pagar a operación dalgún, porque xa morreron dous, pero tranquilos, que se non me queredes aquí, xa marcho- dixo o home chorando. Os homes e as mulleres da vila de Melide quedaron abraiados ao oír aquela noticia tan triste. Entón reaccionaron e toda a xente lle dicía: - Por favor, perdóanos, nós xulgámoste antes de saber nada. Ao final puxéronse de acordo e déronlle os cartos das operacións e das viaxes. El perdoounos e deulles as grazas, mil veces. Ao final toda fa familia recuperouse. SILVIA VÁZQUEZ SUFUENTES, S1D

Xuño 2007

SILVIA VÁZQUEZ SUFUENTES, S1D

Intres

Manolo é un ser fantástico do tamaño dun “boli”; viste cun vestido e unhas sandalias. Instálase nas clases nas que os “profes” mandan máis deberes. A este ser o que lle gusta é facer os deberes. Para os alumnos non resulta molesto, pero para os “profes” si, todos os días failles os deberes e os exames a todos os alumnos. Os alumnos fanse amigos del, pero os profesores argallan un plan para botalo: o plan é non mandar ningún exercicio nin facer nada, entón el marcha e non volve.


Intres creativos

HOMES MISTERIOSOS dixéronlle que o sentían moito e que se quería podía quedar para toda a vida na nosa vila, pero el díxolles que non, que seguiría en busca dos seus pais. E todos lle botaron as culpas ás murmuradoras.

Intres

ANDREA Mª VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, S1D

Xuño 2007

58

Chegara á nosa vila de Melide, unha vila pequena, rural, con praia e moito verde, un estraño home moi serio. Ía vestido de negro, e a cara levábaa tapada polo seu abrigo, tamén negro. As mulleres máis murmuradoras da vila empezaron a xulgar antes de falar con el. Que se era un terrorista, que se era un ladrón... Cada vez que o vían escapaban correndo. Unha vez, un grupo de xente foi falar con el e pedíronlle que marchara da vila; entón el díxolles que non lles faría dano ningún e contoulles a súa vida. Contoulles que era un rapaciño, aínda que aparentaba máis anos dos que tiña; que el vivía só en Londres, porque os seus pais deixárano abandonado pouco despois de nacer, e que lle dixeran que os seus pais se encontraban aquí en Galicia; pero para vir a Galicia tivo que cruzar o mar Cantábrico nunha barquiña que el mesmo construíra. Pero xusto cando divisou terra alá ao lonxe, a barca estalou e tirouno para o mar. El, por sorte, deu nadado ata esta vila. Entón, os habitantes de Melide sentíronse mal e

Hai xa dous meses que marchou, pero aínda me acordo del como o primeiro día. Era un home pequeno e un pouco gordinflón; vestía cun sombreiro negro e unha túnica negra; os seus zapatos eran anchos e feos; o pelo era curto, con algunhas trenzas de tamaños e cores diferentes; os seus dentes eran perfectos, agás un, que o tiña picado, todo negro e cortado pola metade. Tiña un aspecto tan raro e misterioso, que a xente empezou a falar del. Uns dicían que era cómplice da banda dos Laps, unha banda de asasinos moi famosa na nosa cidade. Outros dicían que só era un vagabundo que vivía debaixo das pontes. Todos contaban o que lles parecía, pero ninguén dicía a verdade. O forasteiro, chamado Pepe Luís, que xa estaba farto das cousas que andaban dicindo del, decidiu contarnos a súa historia. El non era un asasino, nin un vagabundo, só era un home coa esperanza de encontrar aquí a súa familia. Había anos que a perdera, cando ían de vacacións a Tenerife. Polo camiño, o barco no que viaxaban fundiuse por un choque cunha rocha e toda a xente caeu no mar. El ía coa súa familia, pero desgra-

ciadamente unha gran onda distanciounos. Puido salvar a vida grazas a un anaco de madeira ao que se suxeitara, e de alí a uns minutos salvárono os socorristas. Estes, ao non atopar a súa familia, levárono a un orfanato. Alí estivo ata que cumpriu os dezaoito anos. Cando marchou do orfanato, vivía na Coruña, nunha pequena casa que fora dos seus pais. Viviu ben os primeiros dous anos, grazas aos cartos que conseguira traballando nunha gasolineira; pero cando se lle acabaron os cartos, non tivo outro remedio que roubar. Foi cando a policía o pillou e tivo que fuxir ata aquí. A xente, ao oír aquela historia, decidiu ir falar coa policía para arranxar o asunto. Todo o pobo acompañou a Pepe Luís á comisaría. Conseguimos que o libraran da condena, pero tivo que pagar unha multa. Todos os habitantes da vila, para axudalo, puxemos uns poucos cartos e pagámola. Decidimos levalo á tele, ao Diario de Patricia, para poder atopar a súa familia. Ao programa foron Pepe Luís e o alcalde Xoán, representando a toda a vila. Xa faltaban uns minutos para que se acabara o programa e alguén chamou: era a voz dunha muller que parecía moi emocionada, era a nai de Pepe Luís, que por fin encontrara o seu fillo despois de tanta busca. A presentadora díxolles que se reuniran un día na nosa vila para que se puidesen encontrar. Ao chegar á casa, Pepe


Intres creativos

HOMES MISTERIOSOS Luís e o alcalde Xoán recibiron unha sorpresa, estaban con nós Lorena e Francisco, os pais de Pepe Luís, que acababan de chegar. Pepe Luís, ao velos, púxose tan feliz que non puido evitar que lle caesen as bágoas. Finalmente Pepe Luís e os seus pais marcháronse contentos, e a nosa vila más. Eles fixéronse os máis famosos do momento. SANDRA PENAS, S1B

CRISTINA CONDE ROCA, S1D

ALBA SEOANE SUÁREZ, S1D

59 Xuño 2007

PATRICIA SOUTO BLANCO, S1D

Hai tempo, a unha vila na que a xente non se levaba moi ben, chegou un barco de turistas. Un deles tiña un aspecto raro, vestía todo de negro e andaba moi serio. Cando a xente viu a este individuo comezou a falar del, a inventar historias que eran mentira. Foron uns rapaces onda el e preguntáronlle se era verdade o que a xente andaba a dicir, el dixo que non. Canso das mentiras, contoulles a súa vida. Contou que el fora á vila para ver se atopaba aos seus pais, xa que fora de viaxe e de repente seus pais desapareceran. El buscáraos, pero non os atopara. Os habitantes da vila entristecéronse e preguntáronlle o que ía facer. El dixo que tiña que marchar para seguir buscando aos seus pais.

Intres

Un día na nosa vila, Melide, apareceu un home moi estraño, cunhas roupas rachadas, que parecía moi triste. A xente xa empezou a falar del: que se escapara do cárcere, que era un terrorista... O home, un día, reuniu un grupo de persoas na praza para contarnos a súa historia, e para que nós non lle tivésemos medo. El era o capitán dun importante barco de mercadorías, pero tivo unha disputa con outros capitáns e estes destruíronlle o barco. Toda a tripulación morrera e, por riba, el tiña a súa familia lonxe. Os habitantes da vila reaccionaron e déronlle acollida nas súas casas. Cando xa pasara un tempo do sucedido, o home marchou da vila, non sen antes despedirse de todos nós. Marchou porque un barco que saía da vila ía cara a onde vivía a súa familia, que non sabía nada del.

Nunha vila moi afastada apareceu un home de asp e c t o estraño. En todos os sitios se oían cousas sobre el: que roubara no b a n c o , nalgunhas tendas, etc A xente, cando o atopaba, sempre lle dicía que se tiña algún problema que llo contara, que intentarían axudarlle. O home, despois de tanto insistirlle, decidiu xuntar a toda a vila para contarlles a súa vida. Contoulles que vivía no estranxeiro e que viña aquí para vivir grandes aventuras, pero inundóuselle o barco e tiña que roubar para conseguir cartos e poder volver ao estranxeiro. A xente entristeceuse moito e díxolle que era mellor que traballara, pero el dicía que non atopaba traballo e levaríalle moito tempo conseguir os cartos. Un día, de súpeto, viron marchar aquel home tan estraño e preguntáronlle a onde ía, e o home díxolles: - Marcho xunto coa miña familia, porque grazas a vós puiden traballar e xuntar o suficiente para volver ao estranxeiro.


Intres creativos

Intres

UNHA FIN DE SEMANA INESQUECIBLE

Xuño 2007

60

Esta historia que vos vou contar pódenos suceder a calquera, por iso vola conto, para que se algunha vez se vos ocorre unha idea xenial como esta saibades a quen levades de amigos para que todo vos saia ben e non acabe como esta lamentable historia. Todo comeza un venres pola mañá cando uns alumnos de 4 de E.S.O dispóñense a roubar as chaves do seu instituto para pasar alí todos a noite e facer o botellón. Entre eles todos está unha rapaza chamada Malena, de 15 anos, a quen lle parece unha idea xenial, xa que así poderá pasar a noite co seu mozo. No recreo, mentres as rapazas entreteñen aos profesores, os rapaces fanse coas chaves. É venres pola tarde, todo saíu segundo o previsto, agora só hai que esperar para meter as bebidas, a música e todo o resto. Ás 22:00, xa está todo desaloxado, eles entran e desactivan a alarma, despois diríxense ao ximnasio, xa que é o sitio máis cómodo para pasar a noite. Unha vez alí empezan a colocar os altofalantes para a musica e as colchonetas no chan para estar máis cómodos. Son as 22:20, xa teñen todo listo e empezan a emborracharse, mentres algunhas rapazas empezan a bailar; Álvaro e Luís fuman uns porros. A Sandra, a súa moza, non lle parece unha boa idea e dille a Malena que Álvaro é unha mala compañía; Malena pensa o mesmo

porque sempre anda a trompadas con todos por calquera cousa. Malena prefire pasar un pouco de ese tema, xa que é tempo perdido falar con un borracho e vai a onda o seu mozo Cristian, pero, ao ver a Sandra tan preocupada polo seu mozo, propón un xogo para que Luís se afaste un pouco de Álvaro e vaia coa súa moza. O xogo é con unha botella, tratase de xirala, e ao que lle toque ten que dicir que é o que máis desexa nese momento. Se pode cumprilo ben, de premio pode beber un pouco da botella que el queira, e se non ten que beber unha botella do que os seus compañeiros queiran, como se é de Tequila. A todos lles parece un xogo fantástico, incluso a Álvaro ao que sempre lle parece mal todo. Comezan a xogar e a botella xusto vai e tócalle a Luís, que di que o que máis desexa nese momento é estar coa súa moza Sandra, que para iso foi, e non vai botar todo a perder. Malena alégrase, xa que o seu plan funciona. Logo tócalle a Pablo, que di que o que máis desexa nese momento é facer un striptease coa súa compañeira Susi, que non o pensa dúas veces e acepta coa condición de que o resto tamén o faga . Despois de moitas risas continúan o seu xogo e tócalle a Malena, que di que o que máis desexa nese momentoé darlle un morreo ao seu mozo e clara xa é o que fai. Cando xa eran as 00:00 tocoulle a Álvaro, que dixo que

o que máis desexaba nese momento era matalos a todos. Todos quedaron “flipando” e acto seguido comezáronse a partir de risa, todos menos Malena, que cría capaz a Álvaro de facer algo, así, entón díxolle o seu mozo que por favor se afastaran o máximo del; Cristian quixo tranquilizala, pero por se acaso fíxolle caso a Malena. Máis tarde, como xa se cansaran de xogar ao xogo, cada un seguiu ao seu, só que esta vez Luís e Sandra fóronse para o baño para ter un pouco máis de intimidade. O que eles non sabían era que eles serían os primeiros en morrer, xa que o que dixera Álvaro ía totalmente en serio e non era unha broma como eles crían. Eles empezaron a “liarse” e cando se deron conta viron a Álvaro que estaba mirando para eles con unha motoserra na man, quedaron “flipando” e preguntáronlle de onde a sacara; Álvaro dixo que el a trouxera pola tarde antes de vir con todos. Eles quedaron sen palabras e Luís, que estaba un pouco borracho díxolle que para que a quería; el riu e mirounos fixamente. Sandra asustouse e Luís díxolle que, se fora por el, alí estaba de mais. El, en vez de facer iso, acendeu a motoserra e matounos. Álex, ao escoitar os gritos foi alí e viunos mortos no chan. El berrou e foron todos a ver o que pasaba.Os seus amigos non entendían o que pasaba ata que Malena dixo que fora Álvaro. Todos correron cara a porta de saída, pero cando chegaron alí non podían abrir,


Intres creativos

UNHA FIN DE SEMANA INESQUECIBLE

Intres

Ana sería mellor que se escondese nunha clase e non fixese nada, posto que non se tiña de pé. O plan xa estaba en práctica e Malena estaba escapando como se fose a última que quedaba, pero cando Álvaro pasou por onde estaba agochada Ana, saíu e el xa a matou nese mesmo intre. Malena tirouse no chan e botouse a chorar mentres Álvaro se dirixía cara onde ela coa motoserra. Álvaro, que tamén estaba un pouco borracho, non escoitaba os pasos dos outros dous. Pero decatouse de que el non matara ao mozo de Malena, entón xirou e matou a Álex que estaba detrás súa a punto de matalo. Malena, ao ver que este se dirixía ao seu mozo, foi e colleu a hacha que tiña Álex e cravoulla forte a Álvaro que xustamente foi caer coa motoserra encima de Cristian. Malena, ao ver isto, botouse a chorar, pero como non podía aguantar ver o seu mozo morto, foi ao ximnasio e bebeu

todas as botellas que quedaban. Ao día seguinte os profesores foron ao instituto e descubriron toda aquela matanza, e cando chegaron a onde estaba Malena vírona alí tirada no chan chea de sangue e borracha como unha cuba. Levárona de aquel lugar, pero cando pasaron polo corredor onde matara a Álvaro, el non estaba, só o seu sangre. Ela empezou a berrar non o podía crer. A xente tomouna por tola e decidiron ingresala nun manicomio polos crimes cometidos. Xa vedes, o que ía ser unha fin de semana inesquecible terminouno sendo, pero dunha maneira que ninguén esperaba, excepto Álvaro, claro. Así que xa sabedes, tede tino con quen invitades a estas festas e o final será diferente. GIOVANNA FOCIÑOS, B1A, VIRGINIA FOCIÑOS, S4B, ELODIE DIEGUEZ, S4B

61 Xuño 2007

posto que estaba todo pechado. Paola dixo que ela coñecía a Álvaro de sempre e fixo como que era unha broma e que os seus compañeiros non estaban mortos, senón que sería unha broma de todos eles. Malena dixo que coñecía a Sandra e sabía que todo iso non era unha broma e que ela estaba morta de verdade. De repente apareceu Álvaro motoserra na man manchado de sangue e Paola que non lle fai caso a Malena e dirixiuse a Álvaro dicíndolle que parase con toda esa farsa, que non a enganara. El camiñou cara a ela e cortoulle a cabeza. Jordan, cabreado, colleu un hacha e foino a matar, pero en vez diso o único que logrou foi acabar coa súa vida. Os seus amigos atemorizados botáronse a correr. Todos eles dispoñíanse a encontrar unha saída, pero non a encontraron posto que Álvaro se encargara de cerrar todas as porta. Pablo e Susi non se decataron do que estaba a suceder, xa que estaban no despacho do director e como estaban moi ao seu non se decataron de nada. De pronto abriuse a porta e apareceu Álvaro coa súa motoserra na man, a eles non lles deu tempo a reaccionar e morreron no acto. Os seus amigos, que escoitaron os gritos, déronse conta de que xa só quedaban eles catro. Malena dixo que lle tiñan que tender unha trampa que consistiría en que ela fose o cebo e Álex e Cristian o matasen polas costas e que


Intres creativos

Intres

TEÑO UN PROBLEMA II

Xuño 2007

62

Despois de ler a historia de Yasmina, que aparece na revista anterior, decidín escribir a miña. Chámome Araceli e estudei maxisterio. Ao terminar a carreira coñecín a Brais. Este acabou sendo o meu mozo.Co paso do tempo gañou o meu amor e casamos . Meses despois tivemos unha discusión: - ¡Araceli! ¿Onde está a miña camisa azul? - Na cadeira. - Non está. - Púxencha alí - Pois non está, ¿Ou non me oes? - Non te poñas así, pos outra e xa está. - Pero….¿Como me falas así? Brais ¿Que pasa?,¿Discutimos por unha simple camisa? - NENA!!! Non fas nada. - Teño avaliación na escola, estou sacando a carreira de psicoloxía, coido a túa nai, fago as tarefas da casa…. - Pero falar coa túa nai ¿que? Se non fas nada - Pero se o que está no paro es ti - Bla, bla, bla; nin peros nin nada, non escoitas nada, ¿de que vas? - ¡BRAIS,XA ABONDA!!!,¿Para

que te casaches comigo? Pegoume un cachete, saín correndo cara á habitación,despois pediume perdón e arranxamos. Un tempo despois volvemos pelexar por outra parvada, e acabou pegándome, pero desta foi tan forte que tiven que dar aviso ao colexio porque non quería que me visen os mouratóns. Pero o conserxe veume ver. ¡PUM! ¡PUM! ¡PUM! - Ola - ¿Porqué viñeches? - Pois é que… - ¿E eses mouratóns?,¿son golpes?,¿quen che pegou? - Ninguén Chega Brais - ¿Quen é este mona?,¿o teu amante, non si?? - Como lle volvas tocar…. Comezaron a pelexar, e por riba sae malferido Brais. Convencín a Joel para que marchase, e así foi; despois Brais deume unha tunda. Ao día seguinte fun traballar e atopeime con Joel: - ¿Tocouche? - Mellor non te metas - Tes que denuncialo antes de que te mate ¡NON!,¿Toleaches?,¿E despois que? - Eu axudaríache - !NON! e !NON! Na mesma caio redonda Espertei nun hospital e vin a miña nai: - ¡MAMÁ! - ¡FILLA! ¿Onde está Brais?pregunteille. - Non quixo vir, segundo el ti fas “paripé”. Filliña, este mozo estivo ao teu carón todo o tempo. - Grazas, Joel, non tiñas por que. - ¿Como podes vivir con ese monstro?

- ¡CALA! - ¿De que falades?-miña nai quería saber. - Vouno denun…. - Cala che digo!!! Nese intre interrompeunos o doutor: - Traio boas novas, Araceli está embarazada de dous meses e dúas semanas. - ¿QUE? ¿ESTÁ SEGURO DOUTOR?? - Si, felicidades!!!, veña, ata loguiño. Volvín para a casa e un tempo despois tiven o meniño, Xan, e despois volvín quedar embarazada de Lucas.Volvín quedar embarazada, pero collín un vicio: a alcoholemia, iso e mais unha nova tunda de Brais provocaron un aborto. Isto fíxome reflexionar e decidín marchar con Joel levando comigo os nenos. Marchamos fóra da vila, pero un día: ¡PUM! ¡PUM! ¡PUM! - ¿TI??-Pregunta abraiado Joel - ¿Onde está Araceli?? Era Brais, sacou a navalla e cravouma diante dos nenos. - ¡NON! –Berra Joel - ¡MAMÁ! – Berran os nenos - Matáchesme ¿Poderás cargar con isto?? Joel levou os nenos fóra do país, deulles amor e protección, pagoulle unha carreira a cada un. Mentres o meu viúvo, asasino, foi ao cárcere e alí suicidouse. Polo mundo dos mortos non o vin vagando, estará apodrecendo no inferno. Din que dos erros se aprende, aprende ti dos meus, ou se nun futuro túa nai é maltratada polo teu pai ou padrasto, FALA, porque será bo para eles dous e para ti. NON SEXADES TONTAS!! ADRIANA ESTÉVEZ ROCA, B2B


Intres creativos

TEÑO UN PROBLEMA III

zos non desexados; aínda que Ramonciño é a miña vida e o que me queda. Grazas á miña irresponsabilidade estou na taberna, coa miña cervexa, un lapis e un papel; pero estou só. ¿Que lle direi ao meu fillo cando me pregunte como foi a miña primeira vez?. As tres historias que se contan ao longo do número da intres non se refiren a ninguén en especial, son contos imaxinarios que ocorren na actualidade. Se tedes un problema ou algunha dúbida de calquera tema, os vosos pais son os vosos mellores profesores da vida, os que mellor vos poden responder. Á fin e ao cabo eles pasaron pola nosa idade e enténdennos, aínda que nos leven a contraria. E se nos levan a contraria será por algo, e se tedes razón, explicádelles as razóns e todo se arranxará. Eles non saben o log 24 ou en que ano comezou a Segunda República pero…¿quen nos vai guiar mellor na vida? E non teñades vergonza por falar de sexo, senón que terminaredes nunha confianza e complicidade incrible. AH!!!!, un pequeno consello, non reveledes segredos nos baños porque sempre hai alguén escoitando. Un bico, rapacelas. ADRIANA ESTÉVEZ ROCA, B2B

63 Xuño 2007

- ¿Cómo que que pasa? - Pedinche perdón polo do sábado - ¿Con un perdón resolves todo? Pero iso agora non abonda. - ¿Usaches…? ¿iso? - ¿Condón? Non me lembro, pero creo que non, porque sempre levo un na carteira e sígoo tendo. - ¿E SE CHEGO A TER UNHA ENFERMIDADE? ¿QUE FAGO? - ¿Tes sida? - ¡NON!,pero… - ¡Logo? - Teño un retraso de 3 semanas e xa é preocupante. - ¡DEUS! Está ben, estarei ó teu lado sempre. - Non sei que facer nin a quen acudir. - Mercareiche dous test de embarazo. - ¿Dous? - Para estarmos seguros, recóllote ao saír das clases, ruliña. Eu aínda non quería facerme á idea. Comprei dous test na vila do lado, alí non me coñecen. Fun buscar a Sheila e fomos á súa casa. !MERDA! OS DOUS DERON POSITIVO. - Cando se decaten meus pais... - Ruliña, falamos os dous con eles. Falei con seus pais e pensei que se volvían tolos. Despois cos meus… xa o imaxinas. No instituto xa o sabía todo o mundo porque cando falei con Sheila no baño non estábamos sós precisamente.. Tivemos que casar, e ao meniño púxenlle Ramón, igual que o meu sogro. Pero isto non acaba aquí, senón que acabamos divorciados, levou o neno e convive cun home que a respecta e valora. Existen métodos anticonceptivos para embara-

Intres

Alégrome moito de que a miña historia sexa contada na revista do voso IES xa que estes artigos teñen un propósito: que vós aprendades de nós. Xa lin as historias anteriores e que traxedias ¿non?.Pois eu cóntovos a miña, pero primeiro heime presentar: Chámome Alexandre,e vivo nunha vila pequena. Daquelas tiña xa os meus 18 anos, cursaba por segunda vez consecutiva segundo de bacharelato, xa que deixei as suficientes materias e repetín. Dende sempre fun a trancas e barrancas, pero nese curso fun de cu, marcha atrás con carreiriña e todo. Recordo que ía en 2ºB, na miña clase ían os meus colegas e ese bombón polo que todos toleamos. A rapaza era loura e tiña uns olliños verdes, chamábase Sheila. Coñecémonos de toda a vida, e un sábado pedinlle para saír e díxome que si. Estivemos saíndo un par de meses. Empecei a fumar, a tomar alcohol, e os estudos…xa non vos digo. Un sábado á noite emborracheime, Sheila dicía que parase de tomar pero…a cousa non rematou así, senón que empecei a bicala agresivamente o xusto coma para asustala. Leveina á miña casa usando a forza. E alí lembro como lle quitei a roupa, como lle caian as bágoas e a súa voz “! ALEX,BASTA! ¡POR FAVOR!”. Ía ser a nosa primeira vez. Ao estar borracho nin me acordei do condón e ela, co medo, menos. Os momentos que pasamos non o contarei como comprenderedes, e ao finalizar ela estaba máis tranquila. Co paso dos días, a relación era máis distante, entón quedei con ela e falamos un bo anaco no baño: - ¿Que pasa, ruliña?


Intres creativos

Intres

CONTO

Xuño 2007

64 Érase unha vez un matrimonio que tiña unha filla un pouco rebelde chamada Inmaculada, aínda que todos lle chamaban Inma, tiña 14 anos e moitos amigos, entre eles encontrábanse Matías e Ana. Todos eses amigos eran un pouco conflitivos e pouco estudosos. Seus pais dicíanlle que non andara con esa xente, que era mellor estar soa que mal acompañada, dicíanllo para que non se volvera coma eles, pero era demasiado tarde porque ela xa se volvera conflitiva e pouco estudosa, non fixo caso e seguía indo xunto deles. Nese grupo había rapaces de todas as idades, máis pequenos e máis grandes ca ela. O comezo do curso era un suplicio para Inma por iso de ter que estudar, pero érao máis para os seus pais, porque agora ía pasar o de todos os anos, que era crear conflitos e ter que ir ao instituto case todos os días. Chegou o día de empezar o instituto e non tiña ga-

nas, pero foi igual, porque só a poñía feliz iso de ver aos amigos. Cando apareceu pola porta e viu á súa amiga Ana, foi a saudala e díxolle que non tiña ganas de empezar, Ana respondeulle o mesmo, entón apareceu Matías e saudounas, deseguida tocou o timbre e foron para dentro. Cando chegaron dentro, déronse conta de que lles tocaba na mesma aula aos tres e puxéronse contentos; ademais era unha sorte porque dende 1º tocáralles sempre xuntos. Entraron na aula e empezaron a clase, despois de pasadas as tres primeiras horas saíron ao recreo e foron para o seu grupiño, estiveron todos falando e argallando algo para que ese primeiro día non fora tan aburrido, entón propuxéronllo a Inma para ver que lle parecía, dixéronllo a ela e non a outro porque dende había un tempo ela convertérase en alguén que «mandaba» nese grupo. A ela a idea parecíalle ben, entón levouse a cabo, cada un foi para un sitio, o único que tiña que facer Inma era gritar ¡lume! ¡lume! cando lle enviaran un sinal, de alí a uns minutos déronlle o sinal e gritou. Xunto dela veu o director e preguntoulle onde había o lume e ela díxolle que era no ximnasio, efectivamente del saía fume, entón o director tocou a alarma e todo o mundo saíu para o patio, e esperaron a que chegasen os bombeiros. Cando chegaron, foron mirar e non había lume, fora todo unha broma, o director mirou para un lado e para outro e preguntou quen fora, ninguén respondeu pero fixouse en que Inma e os eu grupiño se estaban a rir e díxolles que foran con el, chamáronlles á casa a todos. Cando chamaron á de Inma,

seus pais despois de se decatar do que pasara suspiraron porque xa empezaba iso de ir xunto do director. Cando volveron todos para a casa, Inma xa sabía o que lle esperaba, entón sentou nunha cadeira e esperou a que seus pais lle botaran o sermón como ela dicía, despois subiu á súa habitación e fixo os deberes, máis tarde e sen permiso de seus pais foi para xunto dos seus amigos e cada un foi contando o que lle dixeran na casa. Así coma o primeiro día, seguiu todo o curso con bromas, algunhas cachadas e outras non, e chegou a metade do curso e Inma seguía igual de bromista, ela e os outros. Un día seus pais, fartos de tantas chamadas do instituto, escapadas da casa... tomaron unha decisión que a Inma non lle ía gustar, que era cambiar de instituto e de cidade. Cando llo dixeron, ela púxose a rir porque iso dixéranllo moitas veces e nunca o fixeran, pero esta vez ía ser verdade. Ela correu para a súa habitación e o primeiro que fixo foi coller unha mochila e meter unha pouca roupa porque pensaba marchar da casa, non sabía para onde, pero a ela iso dáballe igual. Entón esperou a que seus pais estivesen distraídos e marchou. O que se lle ocorreu foi ir para xunto de Ana. Cando chegou á casa desta última contoulle todo e Ana quedou pasmada, entón Inma estivo agachada na casa de Ana por uns dous días, Ana estaba soa na casa, seus pais tiveran que ir á casa de súa avoa xusto por dous días. Eses dous días os pais de Inma non durmiran pensando no que lle pasaría; súa nai non paraba de botarse a culpa porque ela pensaba que a súa filla marchara por culpa de querer


Intres creativos

CARTA A UNHA NAI

A ti, muller, que o es dos pés á cabeza, quero dicirche nos versos deste sinxelo poema que pertences ao grupo das mulleres perfectas se sabes iluminar coa luz da túa mirada os lugares máis escuros que atopas por onde pasas.

Se sabes dar os sorrisos e os beixos da túa boca, se sabes acariñar coas túas mans o que tocas e ao mesmo tempo prestalas cando outro ser cho pide, non dubides nunca en saber que es unha gran persoa. E, se ademais de ser isto, te convertiches en nai dos que te queren e adoran... De nacer muller podes estar orgullosa, porque estás levando a cabo as tarefas máis fermosas. Poden chamarche muller e poden chamarche nai co ton máis solemne, porque nai... é o máis grande. GLORIA CORRAL CEA, S3A

POEMA Sempre fuches para min un amor prohibido algo intocable, demasiado perfecto... Que loucuras as da miña cabeza ! Pasaron un, dous, tres e incluso catro meses e aínda sinto que te teño no meu corazón, fuches e serás o rapaz do que me namorei cando soamente te coñecía a simple vista, pero agora penso que non perdín o tempo, porque sempre che dixen o que para min significabas... e a estas alturas non é demasiado tarde! no meu corazón sempre haberá un oco para ti. Só dicirche un “sempre te quererei” LIAN SARA GRACE IGLESIAS, S2C

65 Xuño 2007

NON O DUBIDES NUNCA: ES UNHA GRAN PERSOA

Intres

levala a outra cidade e outro instituto, e non se equivocaba, era por iso. Cando Inma decidiu volver pediulles perdón e díxolles por que o fixera, súa nai díxolle que non a ían levar a ningún lado, pero coa condición de que se portase ben, ela dixo que si, pero non foi así, tranquila pasou uns catro días, despois deses todo volveu ser coma antes, non estudaba, facíalles bromas aos profesores e aos alumnos iso si coa axuda do seu grupiño. Seus pais non daban crédito ao que vían, ela dixéralles que se ía portar ben, e estaba facendo todo o contrario; seus pais xa non esperaban un cambio total, pero para mellor si, e polo contrario o comportamento foi a peor; cada vez as bromas eran máis pesadas e máis alarmantes. Todo seguiu así ata finais de curso sendo bromista e pouco estudosa, por non dicir nada. Cando chegou o final de curso, déronlle as notas e tiña case todo suspenso e nin se alegraba nin se decepcionaba, seus pais tampouco fixeron ningunha das dúas cousas, eles sabía que as ía ter que recuperar en setembro. Pasado o mes de xuño, seus pais mandáronlle estudar para recuperar,ela dixo que non, entón seus pais para chantaxeala, se se lle pode chamar así, dixéronlle que se non aprobaba ía ter que repetir e non ía poder ir na mesma clase que Ana e Matías. Púxose a estudar, aprobou e deuse conta de que tiña que aprobar se non quería suspender e afastarse dos seus amigos, e o que fixo de aí en diante foi seguir sendo bromista pero estudando para aprobar. SILVIA GARCÍA CASTRO, S3B


Intres

Intres de cine

Xuño 2007

66

A película de moda desta tempada está feita a partir do cómic de Frank Miller do mesmo título e baséase nun tema histórico, a batalla das Termópilas, no 480 a. C. É moi difícil falar da película sen falar dos dous elementos punto de partida: o cómic e a Historia.

Un pouco de Historia A Historia pode ser sen lugar a dúbida tema de inspiración dunha obra artística. Cando creamos ficción, xa sexa en formato de libro, película, pintura..., desligámonos do real, polo tanto unha creación artística non ten que estar necesariamente atada á realidade para ter maior ou menor calidade. Por outra banda, a Historia serve de gancho para atraer a atención do público, ¡son feitos reais! e todos sabemos que moitas veces a realidade supera a ficción. Esta ansia de “realidade” explica o triunfo de xéneros como a novela histórica o cine histórico e, xa caendo máis baixo, os reality shows. Esta película inspírase nun feito da historia de Grecia, unha batalla das Guerras

Médicas que tiveron lugar no s. V a. C. entre gregos e persas. Os autores escollen o punto de vista dun dos seus protagonistas, os espartanos. A historia de Esparta, polis grega fortemente militarizada, foi obxecto das máis diversas interpretacións e manipulacións por parte de diferentes ideoloxías, todas elas cun certo toque totalitario. Tanto a cinta como a web da película comezan dicindo que é o “relato dunha batalla feroz na que 300 espartanos xunto co seu rei batéronse a morte contra o rei persa Xerxes e o seu masivo exército. O seu valor e sacrificio de inspirou a toda Grecia para unirse contra o inimigo persa, debuxando o perfil da futura democracia”. Parece que a intención é non renunciar ao historicismo, pero vemos que o filme coquetea coa historia de xeito partidista e parcial e ofrece unha visión moi nesgada dos feitos. Imos por partes. 1º) Os que si insistiron na unión dos gregos foron os atenienses, que loitaron sos na primeira guerra médica, vencendo en Maratón. Tampouco é que os ateniense

Título orixinal: 300 Dirección: Zack Snyder Producción: Gianni Nunnari, Mark Cantón, Bernie Goldmann, Jeffrey Silver Guión: Zack Snyder, Kurt Johnstad, Michael G o r d o n (Baseado no cómic de Frank Miller) Música: Tyler Bates Fotografía: Larry Fong Reparto: Gerard Butler, Lena Headey, Rodrigo Santoro, Vincent Regan, Michael Fassbender País: Estados Unidos Ano: 2007

loitasen a brazo partido pola liberdade, as guerras por ideas non existen. Os atenienses querían controlar o Exeo, para poder facer comercio libremente e alcanzar o auxe económico que si acadaron máis tarde. Os espartanos uníronse despois, cando xa vían cerca a invasión e é certo que, ao igual que os atenienses, rexeitaron ofrecer simbolicamente terra e auga ao gran rei persa e mataron aos mensaxeiros do rei que facían tal petición. Por certo, isto de matar ao mensaxeiro era un auténtico atentado contra o “dereito internacional” da época. Conta o historiador Heródoto, que despois de facer esta falcatruada, temendo as iras de deuses e mortais, dous machotes espartanos ofrecéronse para ir onda Xerxes a que os matase en compensación. Pero Xerxes, que era bastante máis civilizado do que se nos conta na


Intres de cine

película, rexeitou semellante rebancha, alegando que el non tiña porque responder a unha acción inxusta de xeito tamén inxusto.

unha constitución un tanto heavy. 3º) Setenta anos máis tarde, en plena guerra do Peloponeso, Esparta contra Atenas, nin atenienses nin espartanos se preocuparon tanto pola liberdade nin pola unión dos gregos. Por quendas pediron axuda aos persas para machucarse os uns aos outros. Finalmente foron os espartanos os que conseguiron a guita, e despois de derrotar a Atenas impuxéronlles o réxime dos Trinta Tiranos, que non foi moi democrático precisamente. Aínda que os gregos vencesen nas Guerras Médicas, o auténtico gañador foi, á longa, o Imperio Persa, que sen sufrir demasiadas perdas na guerra foi quen de manexar a política grega da segunda metade do s. V a. C. 4º) Se nos quere ver facer que os persas eran uns auténticos demos perversos, alleos totalmente a cultura grega. Nada máis lonxe da realidade. As relacións entre Persia e os gregos eran fluídas e constantes e a influencia cultural inmensa. Non se pode esquecer que a influencia de oriente contribuíu ao

67 Xuño 2007

tazo e conseguiu rodear aos gregos. Ante esta situación, Leónidas, o rei espartano, decidiu licenciar ao groso do exército para evitar unha masacre inútil, pero sobre todo para que acudisen a protexer as cidades e cerrasen o paso ao Peloponeso. E de novo Heródoto cóntanos como cos espartanos e os seus ilotas quedaron 700 tespios, (de Beocia) e 400 tebanos. Precisa o noso historiador que aínda que os tebanos quedaron rosmando, pois eran algo covardes, os tespios quedaron de moi boa gana. Polo tanto a película debería titularse 2000 e non 300. Poñamos por caso que os tebanos e maioría dos servos ilotas, que eran uns pringados sen nada que perder, se pirasen. Pois seguen sendo mil, pero está claro que os pobriños dos tespios quedaron no anonimato, sen ningunha plaquiña conmemorativa, nin cómic, nin película. Cóntase que no lugar puxeron unha placa, xa existían daquela, que dicía “Estranxeiro, dille aos espartanos que aquí morremos obedecendo as súas leis”. Ao fin e ao cabo, os espartanos non tiñan opción, tiñan que obedecer

Intres

2º) Os espartanos tomaron a dirección militar na segunda guerra médica, para algo eran soldados profesionais. O inimigo persa baixaba dende o norte cun gran exército e ameazaba con invadir a Ática, especialmente Atenas, a súa capital. O paso seguinte sería seguir baixando e invadir a península do Peloponeso, controlada por Esparta. Naquel agosto do 480 a. C. os gregos tentaron frear o avance, cun exército duns 4.000 homes, entre os que se atopaban os 300 hoplitas (soldados de infantería) espartanos cos seus 600 servos ilotas (cada espartano levaba dous). A película quixo reflectir o feito de que os propios espartanos tiñan problemas para enviar a todo o exército nese momento, xa que celebraban unhas festas relixiosas que obrigaban a unha tregua militar. A pesares de que o exército persa (duns 200.000 homes, que para a época era unha barbaridade) era moito máis numeroso que o grego, a estratexia de cortarlle o avance no desfiladeiro das Termópilas non era desatinada, xa que era un paso estreito que obrigaba ao exército a marchar nunha columna estreita. Conta Heródoto que un grego traizoou aos seus compatriotas indicando aos persas un atallo para rodealos. Xerxes non desaproveitou o chiva-


Intres

Intres de cine

Xuño 2007

68

nacemento da filosofía e da la presume de ser unha adapciencia. Incluso no exército tación fiel do cómic, adoece cine clá-e aínda dos mesmo odefectos de Xerxes había un importante Actualmente, sico non é popular entre Tala vez a número de xonios (gregos de engade outros. xente nova, pero son pelícuAsia Menor). Descoñecemos mellor parte da película sexa las moi oelaboradas guións comezo, con a descrición da por que, tanto no cómic como incribles, grandes actores e vida e da educación na película, os autores se directores con Pero moita despois, empeñan en mostrarnos a espartana. orixinalidade. Un gran exemplo xusto cando se debía de ir Xerxes como o último empelogrando un clímax, xa que se é Alfred Hitchcock, director rador africano, cun aspecto acerca o punto culminante británico de sona internaciosumamente grotesco incluso é a propia batalla, o filnal queque traballou principalpara un grego da época. Máis me vai perdendo forza. O dimente co cinema de suspenaínda cando temos un monrector non é capaz de xogar se. Cabe destacar o seu tón de testemuñas co feito de queAlfred os espectaenxeño e orixinalidade. arqueolóxicas que nolo cadores xa numerosos coñezamos de Hitchcock creou racterizan. Ben é certo para antemán o final oe non recursos para o cine, coma moitos gregos da época o consegue manter o suspenaspecto dos persas eraMacGuffin. un se. Isto non sucede en pelíMacGuffin é un pretanto afeminado (mira que O culas como É Titanic, texto argumental. un su-na que levar pantalóns!) e non com- de entrada coñecemos ceso parece ter impor- o despartían a súa parafernalia: o que enlace, ou xa non digamos tancia nun principio, pero co propio Xerxes se consideranas películas de Hitchcock. paso do tempo decátaste de ba case un deus e andaba Parece como se non soubese suceso foi utilizado polo mundo adiante cun que tro- ese que facer nos tres días que soamente levar aos no portátil dende o cal vía as dura apara batalla e se decide pola personaxes ata certo batallas sen salpicarse de vía acumulativa:punto poñer obse que, atáculos partir deste sangue. aosmomenespartanos. to, non Primeiro ten a máis O que máis nos desgusta o mínima exércitorepersa en levancia, de maneira da película non é que non se mogollón, e van e que o chimpan. de introdución co corpo de da elite dos axuste a historia, senón serve que Logo verdadeira historia. nos siga vendendo a idea, en Inmortais, chamados así porquecaía na que serecurso un arqueiro pleno século XXI, de que a Outro comezou a usar Hitchcock foi Historia a fan uns cantos batalla era inmediatamente a dobre moral, de maneira heroes e que grazas a eles suplido por outro, e van e os que conseguía queLogo nos idenchimpan. empezan a mantemos intactos os valotificásemos cos personaxes desfilar monstros, cada cal res da nosa superior civilizados seus filmes ao seu antollo, peor, e ata sae un xigante que ción occidental. a pesares das escapado súas accións. parece dun circo, e veña a chimpalos a todos... a súa carreira Do cómic á película Durante Esta espiral de absurdos acacomezaron a aparecer ba aburrindo e esgotando ao primeiro o cine sonoro e O cómic reúne todas as espectador, a lo menos a aldespois o cine en color, pero características dun relato gún tipo de espectadores, non comezou a usalos ata épico, heroes moi bos contra porque so aporta acción moito despois da súa apariinimigos moi malos. Amosa baleira, exenta de tensión. ción, dado que gozaba destas imaxes fermosas e grandioPor último, como feito a para dar un toque sas nun gran formato limitacións con propósito para que cinta nas súas apelípoucos diálogos. O peordedosuspense cumpra os requisitos dar suspense uti- de peli cómic é o texto, os seus culas. diá- Para taquilleira, a demais de outro recurso. logos son moi pobres e,lizaba ás tamén sangue fai falla de sexo, Consistía en que algo nós veces totalmente e alá nos plantan a corte de sabiamos algo máis có inapropiados. Como a pelícuXerxes, chea de escenas que personaxe acerca da situación, como que hai alguén

parecen sacadas de porno barateiro, faltas de erotismo algún. Pensamos que este aspectos estaría máis que cuberto coas escenas de amor do rei Leónidas coa súa muller que, aínda sendo pouco cribles, a lo menos son sensuais e esteticamente boas. Despois de toda esta argumentación, e engadindo que a película non estaba recomendada a menores de 18 anos, sobra dicir que o departamento de grego non se animou a organizar unha viaxe para ver a película en Santiago ou Lugo. O cómic, sen embargo, está na biblioteca a disposición de quen o queira ler. Por último, se de verdade se quere ver unha boa película dun tema semellante, a resistencia heroica pero inútil duns soldados nunha batalla perdida de antemán, recomendamos Cartas dende Iwo Jima, de Clint Eastwood. O DEPARTAMENTO DE GREGO


Intres de cine

O CINE CLÁSICO: ALFRED HITCHCOCK

Intres

69 Xuño 2007

agochado debaixo dunha mesa preparado para atacalo. Un dos aspectos máis famosos das películas de Hitchcock eran os seus cameos, é dicir, cando o propio Hitchcock sae nas súas propias películas como un personaxe sen relevancia que pode chegar a verse arredor de cinco segundos en todo o filme. Nas súas primeiras películas, realizaba os cameos en calquera punto, pero decatouse de que, se o facía cara o final, a xente estaba pendente de velo, así que comezou a facer os cameos no comezo dos filmes. Hitchcock sempre tiña unha idea moi clara de como

ía ser o resultado final dos seus filmes, de xeito que as rodaxes eran moi aburridas para el. Interesáballe máis a técnica da narración das historias ca as propias historias. Ao longo da súa carreira, participaron nos seus filmes un gran grupo de actores e actrices, pero contratou principalmente a Cary Grant e a James Stewart como actores e a Bergman e Joan Fontaine como actrices. En principio, e coma moita xente nova, sentía prexuízos ante estas películas, pero dende que vin unha deime conta da súa extraordinaria calidade, moi difícil de atopar nos filmes actuais.


Intres de cine

O CINE CLÁSICO: ALFRED HITCHCOCK

Intres

Coa morte nos talóns (North by northwest)

Xuño 2007

70

Coa morte nos talóns é un dos meus filmes favoritos de Alfred Hitchcock porque combina suspense cun toque de humor. Cary Grant interpreta un publicista Neoiorquino chamado Roger Thornill. Este personaxe é confundido por uns axentes inimigos como o espía George Kaplan, que en realidade non existe pero que foi creado pola Axencia de Intelixencia para facer de tapadeira e ocultar o verdadeiro espía. O personaxe é conducido a unha casa na que coñece o xefe da organización. Ninguén o cre cando di que el non é o tal Kaplan, así que o emborrachan e o meten nun coche para que teña un accidente. Thornill consegue escapar conducindo borracho dos malfeitores que o estaban perseguindo porque atopa uns policías. O problema é que estes non chegaron a ver o outro coche, polo que levaron a Roger á comisaría

detido por conducir baixo os efectos do alcol. Para demostrar a súa inocencia, vai buscar o dono da casa que se atopa na ONU, pero ao velo decátase de que ese home era completamente distinto ao que o retivo. Por se non fose suficiente, a este home apuñálano polas costas. Cando Thornill pretende axudarlle, atópase de súpeto agarrando o coitelo polo que cargan nel toda a culpa do asasinato. Para conseguir demostrar a súa inocencia, Roger ten que atopar ao verdadeiro Kaplan así que, a partir de aquí, comeza unha longa serie de aventuras. Nunha viaxe en tren coñece a unha muller chamada Eve Kendall (Eva Marie Saint), que lle ofrece axuda. Ambos se atraen pero acaba por descubrir que ela é unha espía de Vandamm, o home que controlaba a organización. Entón, durante unha poxa, atrápao a policía e os xefes da Axencia de Intelixencia cóntanlle o sucedido e acláranlle que Eve Kendall é unha infiltrada na banda da axencia. Deciden facer unha montaxe nun bar no monte Rushmore, en Estados Unidos, onde están esculpidas as caras de catro famosos presidentes estadounidenses. Eve finxe dispararlle a

Roger diante de Vandamm para recuperar a súa confianza e así Roger poder recuperar a súa antiga vida, pero máis adiante Roger descobre que as intencións da axencia eran escapar do país e que non volvería ver a Eve, así que decide ir á mansión de Vandamm no monte Rushmore para evitar que suba ao avión. Mentres Eve está no seu cuarto facendo as maletas, Roger Thornill ve como Vandamm e máis un dos seus secuaces descobren a arma coa que se finxiu o disparo, unha pistola de fogueo, así que Roger debe avisar axiña a Eve de que a súa vida corre perigo. Xuntos comezan un descenso polo monte Rushmore, mentres son perseguidos polos secuaces de Vandamm, que acaban caendo das cabezas dos presidentes. Ao terse feito na mansión de Vandamm cun microfilme, que era o que buscaba a axencia, ambos poden ser libres e casar para vivir a súa propia vida. DAVID MÉNDEZ MARTÍNEZ, S3C


Intres musicais

MELIDE, DONDE ESCOITAR?

para escoitar voz, non música, e sen embargo fanse concertos. Sandra Abad 1º BACH: Calquera deste lugares deteriora o son, dificulta as actuacións e incomoda ao público. Giovanna Fociños 1º BACH: non todo son lugares con unha mala acústica. A praza do convento curiosamente no feita con esta finalidade é, sen embargo, un dos espazos onde mellor escoitar, porque xustamente onde colocan o escenario fai que as ondas sonoras se reflexen na parede da igrexa que actúa así de tornavoz, devolvendo as ondas cara o público, polo que a este lle chega ben o son, son que tampouco se escapa grazas ás casas que rodean a praza. Simón Quintela 1º BACH: en Melide no existen lugares especializados para escoitar música. Ben é certo que os lugares nos que se escoita música son moitos, pese á mala calidade. Todos os lugares foron cualificados pola experiencia, é dicir, no Palacio de Congresos a primeira experiencia foi tan mala que agora evítase organizar concertos alí, aínda que se continúan a facer, debido moitas veces ás condicións climáticas desfavorables.

71 Xuño 2007

está de todo mal véxolles algunhas desvantaxes, que instalacións nos pode prestar unha praza ou unha igrexa?, e non son espazos moi amplos, polo que o número de asistentes tamén é reducido. Con todo penso que o mellor lugar para escoitar música en Melide, por agora é o aire libre. Uxía Fuciños 1º BACH: Melide é unha vila que ten bastantes infraestructuras que “supostamente” son para escoitar, e é supostamente porque en realidade escoitase, pero no de xeito apropiado, o que fai desfavorecer as actuacións que se fan. Olalla Vázquez 1º BACH: ningún deles é de todo axeitado para estas accións, xa que a acústica non é de todo a adecuada, moitas veces debido aos materiais cos que están construídos e a forma do edificio pero tamén pode influir a gran reverberación das salas e a ausencia de materiais absorventes. Belén Torreiro: os melidaos teñen que conformarse con escoitar música, con bastantes deficiencias, no Palacio de Congresos, onda acústica é pésima pola súa gran amplitude e os poucos elementos absorbentes, no multiusos, onde as salas son demasiado pequenas para albergar unha gran orquestra, o pavillón dos deportes, onde tamén se representan obras teatrais pero que a súa acústica segue sendo moi deficiente xa que non son lugares creados para o desfrute da música senón para outras actividades deportivas. Diego Varela 1º BACH: ¡A que vós nunca pensáchedes onde podiades escoitar música en Melide! Diredes que en calquera lado, pero non todos os sitios teén as mesmas características. A igrexa está feita

Intres

Conta o pobo de Melide con instalacións axeitadas para a celebración de concertos, conferencias, espectáculos teatrais….? Todo tipo de eventos culturais desenvólvense en pavillóns, rúas e prazas, igrexas ou na sala do multiusos ou o pazo de congresos. Pensade en todo o que se precisa para facer unha obra de teatro, un concerto,… ademais dun bo escenario e un local que nos permita ver ben, necesitamos ante todo escoitar, máis aínda, tamén se necesitan camerinos, salas comúns, infraestructuras para a imaxe e o son, equipos audiovisuais,… O alumnado opina. Sonia Cordido 1º BACH: Ademais dos diversos pubs e discotecas, lugares preparados acústicamente para escoitar música – e por certo, dos que a maioría da xente non podería dicir como é a súa acústica, porque cando saen de marcha non é precisamente para escoitar música – en Melide, ao meu parecer, os lugares nos que se poden escoitar música e que ao mesmo tempo sexan axeitados para ela son escasos. Hai un proxecto de auditorio que se está levando a cabo, pero, ao igual que outras persoas, dubido das características dese auditorio, da súa acústica e de que teña unha instalacións mínimas e non se limite a un espazo no que se coloquen os músicos e os oíntes. Estas dúbidas non son de estrañar si xa antes nos levamos outros “chascos”, falo por exemplo do Pazo de Congresos, si se lle pode chamar así, porque máis ben parece un pavillón. Últimanente estase a usar a Praza do Convento e a Igrexa como posibles espazos para a música, pero a pesar de que a calidade acústica non


Intres musicais

Intres

CAETANO VELOSO

Xuño 2007

72

Caetano nasceu o 7 de Agosto de 1942, em Santo Amaro da Purificação, cidade próxima de Salvador, e já antes de completar os dez anos mostrou gosto pela música. Na adolescência, mudase com a família para Salvador, e apaixona-se pela música ao ouvir a João Gilberto. Em 1960, aprende violão e canta com a sua irmã Bethânia em bares de Salvador. Em 1963 entre no curso de Filosofia da UFBA. Neste mesmo ano conhece a Gilberto Gil, Tom Zê e Gal Costa, e assina os seus primeiros trabalhos musicais. No ano seguinte participuo, ao lado de Gil, Gal, Tom Zê e Bethânia, no Show Nós. No Rio, grava pela RCA o seu primeiro compacto. Em 1966, no Festival de Música Polpular Brasileira, leva o prêmio de melhor letra, e no ano seguinte é contratado pela Philips, a gravadora que lançaria todos os seus

trabalhos. Seu disco de estréia, Domingo (1967), foi dividido com Gal Costa e teve produção de Dory Caimmi. Em 1968 sai Tropicalis ou panis et circenses, o disco que definiu o m o v i m e n t o tropicalista. Nesse mesmo ano é vaiado na eliminatória paulista do 3º Festival Internacional da Canção ao apresentar Proibido proibir. É acusado de ser alienado, e a música é desclassificada. O compacto com A voz do morto é censurado pela ditadura militar e recolhido das lojas. O ano estava-se acabando quando Gil e Caetano são presos em São Paulo sob acusação de terem desrespeitado o Hino Nacional e a bandeira brasileira. Meses depois, ficam em regime de confinamento em Salvador. Em Julho do mesmo ano, Caetano e Gil partem para Londres. Em Londres, Caetano continua na ativa e torna-se correspondente do tablóide O Pasquim, produz canções novas e faz alguns shows pela Inglaterra e outros países da Europa. Em Janeiro de 1972, o exílio acaba e Caetano volta ao Brasil e compõe a trilha sonora do filme São Bernardo. Caetano dá luz a um novo e polêmico disco, produzido por Jards Macalé, o experimental Aracaçá Azul. Lança dois discos, Loia e

Qualquer coisa. O ano de 1976 marcou a volta dos quatro baianos. Caetano, Gil, Gal e Bethânis, os Doces Bárbaros, começam em São Paulo um emocionante e explosivo show. Em 1979 nasce a sua filha Júlia, mas o bêbe vive apenas uns dias. O ano fica tomado por essa perda, mas no segundo semestre, Caetano começa a trabalhar em seu próximo disco, que sai em Março do ano seguinte. Em 1982, estéia como ator no filme Tabu e interpreta ninguém menos que Lamartine Babo, e, em 1983, inaugura o programa Conexão Internacional, entrevistando Mick Jager, lider dos Rolling Stones. Emplaca uma série de shows em países como França, Israel, Itália, Suiça e Estados Unidos. Em 1986 estréia com diretor de cinema com O cinema falado, filme que causa admiração. Em maio estréia na TV o programa Chico e Caetano, em que chamam convidados diferentes como Jorge Ben e Astor Piazzolla. No segundo semestre desse ano, Caetano lança dois discos. A sua carreira segue tomando novas dimenções e o seu seguinte disco (1987) une pop e experimentalismo. No segundo semestre começa a gravar em Nova York um disco muito interessante, pois é um dos mais modernos da sua discografia. 1993 marcou trinta anos de uma profunda amizade com Gil e a comemoração acabou abarcando o pensamentomovimento do tropicalismo. Sai Tropicália 2 que volta re-


Intres musicais

MSTISLAV ROSTROPÓVICH

73 Xuño 2007

LUCÍA ROUCO, CRISTINA LOUZAO S 4C

M s t i s l a v Rostropóvich, un dos máis importantes violonchelistas do século XX, naceu en Bakú (República Socialista Soviética de Azerbaiyán), nunha familia de músicos. Realizou os seus estudos musicais no Conservatorio de Moscú, lugar no que máis tarde traballaría como mestre desde os dezaseis anos. Despois duns anos en Moscú, foi nomeado profesor do Conservatorio de Leningrado. Encargou e estreou obras para violonchelo dos principais compositores contemporáneos ( P r o k ó f i e v , Shostakovich ou Britten). En 1951 recibiu o Premio Stalin e máis tarde, en 1963, o premio Lenin, máximo galardón soviético. Estas mencións non lle impediron defender de forma pública ao escritor disidente Alexander Solzhenitsyn, o que orixinou en 1974 a marcha do país de Rostropóvich e a súa muller, ao ser privado da posibilidade de traballar e dar concertos. Pouco despois retiróuselles a nacionalidade soviética. Emigraron aos Estados Unidos onde foi nomeado director da Orquestra Sinfónica Nacional de Washington. Non regresou ao seu país ata 1990, ano no recouperou a nacionalidade e foi invitado por Mijail Gorgachov para actuar coa Orquesta Sinfónica da Unión Soviética. Estivo implicado en política e foi un activo defensor do proceso democratizador. En 1995 recibiu o Polar Music Prize, un premio concedido pola Real Academia de Suecia de Música. En 1997 foille concedido xunto a Yehudi Menuhin (gran violinista) o premio Príncipe de Asturias da Concordia. En 2004 concedéronlle o premio da Fundación Wolf das Artes de Xerusalén. O 27 de abril do 2007 faleceu nun hospital de Moscú aos 80 anos de idade.

Intres

unir a Caetano e Gil e ainda tem regravações de Jimi Hendrix, Riachão e Roque Carvalho. Caetano, Gil e Bethânia são homenageados pela samba-enredo da Mangueira no carnaval carioca de 1994. Logo depois a sua gravadora queria um disco para o mercado latino e ele preferiu alguns clásicos latinos como Rumba azul. Dois anos depois lança a trilha sonora para Tieta do agreste, baseado no livro homónimo de Jorge Amado. 1997 marca dois grandes lançamentos, o livro Verdade tropical e o álbum Livro. No ano seguinte, lança Prenda minha, cujas vendas ultrapassaram a barreira de um millão de cópias. Dois anos depois Livro ganha o Grammy Awards na categoria Malhor Disco de World Music e no Grammy Latino é considerado o melhor disco de MPB. No final de 2002, os Doces Bárbaros voltam a se encontrar em dois showus e a amizade de Caetano e o cineasta espanhol Pedro Almodóvar concretíza-se na participação do baiano numa cena e na trilha sonora de Fale com ela. Em 2003, participou, cantando en inglês e em dueto como Lila Downs, na cerimônia de entrega do Oscar. Em 2004 é lançado A foreing sound, disco em que faz um recorte afeitivo do cancioneiro norte-americano. É Caetano tropicalizando bossanovisticamente a Broadway.


Intres musicais

Intres

PORKA MISERIA

Xuño 2007

74

Son un grupo melidao de punk formado por: Barral, que é o batería; Jujo, que é o baixista; Rubio e Carlos os guitarristas, e a voz, que é Sindo, ademais todos fan os coros. Gravaron o seu CD, entre marzo e xuño do 2006, para a realización do cal non contaron nin tan sequera cunha discográfica. Os 11 temas cos que conta o disco foron compostos por eles e tratan todo tipo de problemática social. Un deses temas é a violencia de xénero, que se trata na canción “La Paliza”. Nela cóntase a historia dunha muller que, ao chegar o seu marido, comeza a insultala porque se lle queimou a comida; estes insultos van a maiores, acaba pegándolle e ela berrando. Despois fan un comentario do home cualificándoo de demente, e facendo uso do termo machote ibérico, que é o que se consideran este tipo de agresores. Finalmente criticase a sociedade pasiva fronte a este tipo de agresións. Noutra delas trátase o conflito bélico palestino-israelí, na cal piden a liberdade para Palestina, falan de que o mundo fai oídos xordos a este conflito, da represión sufrida polos cidadáns, xa que son atacados polos xudeus, e só teñen como medio de defensa a intifada, ademais fai mención ao apoio estadounidense co que conta Israel. Este grupo realizou algún que outro concerto, para o cal non contou con ningún tipo de apoio, aínda que cando actuaron no Caralampio tiveron bastantes

espectadores. Gustaríamos facer unha chamada ao colectivo melidao, para que loitedes pola música, polos grupos que saen novos, e sobre todo polos que son da nosa terra. MARTA PÁJARO VARELA, CRISTINA RÚA CASTRO, NURIA ÁLVAREZ CEBREIRO

Que fermoso é todo Xa chegamos a Europa É o nacer dun imperio Xa está todo resolto Enganaron ao pobo cun falso referendum Só se oíron ladridos que falaron por nós A europa do euro, hipocresia!! Afianzou as cousas, hipocresia!! Os ricos máis ricos, hipocresia!! E os pobres máis pobres, hipocresia!! Traballo, educación, vivenda e sanidade Pra seren europeos moito tedes que arranxar Menos camisetas e máis revolución Que a estes se lles deixas mexan por nós Bruselas esquece ao pobo galego din que o noso idioma é minoritario esperta labrego, esperta mariñeiro Galiza non se rende xamais!! A Unión Europea non respeta esta terra Mexan por nós e dicimos que chove Fan as leis pra rirse do pobre Galiza non se rende xamais!! Esta é a letra da súa canción en galego, titulada “Mexan por nos”


Intres deportivos

TOQUES F. S. F.

Intres

75 Xuño 2007

Este é un dos poucos equipos femininos de fútbol que hai por aquí, aínda que tamén está o de Melide e algún máis... Algunhas persoas pensan que estes tipos de equipos femininos son unha perda de tempo, e nós pensamos o contrario! Imos a pasalo ben, divertirnos, para que pase o tempo facendo algo que nos guste e, se pode ser, tamén para gañar, aínda que non é sempre o caso... pero o que conta é que cada un fai o que pode e intenta facelo o mellor posible. No noso equipo estabamos moitas, aínda que á volta das vacacións algunhas deixárono, pero seguimos xogando, aínda que non esteamos as de sempre e veñan rapazas novas, non

todo é para sempre. O equipo formouse haberá uns tres anos, foi unha mestura de dous equipos: O Toques e O Santiso, chamado “As Picaras”. Aínda que ao principio non gañabamos e non xogabamos moi ben seguimos xogando porque nos gustaba e co paso do tempo pódese dicir que melloramos algo, xa que levamos dous anos gañando o torneo municipal, o ano pasado en Touro e este ano en Melide, as dúas finais xogámola contra o equipo de Melide e fomos as dúas a penaltis e saímos gañadoras, aínda que nos custa o seu... Tivemos un cambio de adestrador, haberá aproximadamente un ano, o de agora chámase Mauro.

As compoñentes do equipo somos: - Belén S.F. - Marta S.C. - Gloria C.C. - Andrea S.S. - Tania A.C. - Karen Q.P. - Silvia S.S. - Rocio V.P. Isabel, Paula e Vanesa son novas fichaxes que acaban de incorporarse. E por último animarvos a xogar nun equipo, sobre todo as rapazas, porque aínda que existen as lesións, non son frecuentes... TANIA ARIAS, S3A SILVIA SUÁREZ, S3B


Intres deportivos

Intres

F -1

Xuño 2007

76

Fernando Alonso Díaz é o campión da Fórmula 1 por segunda vez e convértese no bicampión máis novo da historia da formula 1. O piloto de Mclaren nace o 29 de xullo de 1981 en Oviedo (Principado de Asturias) aínda que reside en Oxford (Inglaterra) e sempre que pode desprázase ata a súa terra natal. A súa sinxeleza é unha das súas calidades máis prezadas, encántalle gastar bromas e gústalle pasalo ben cos seus achegados. A madurez de Fernando é superior á que lle correspondería por idade debido ás moitas viaxes que fixo por causa das competicións. Tamén se caracteriza por ser discreto, tomando exemplo dos rumores do seu casamento con Raquel del Rosario, membro do grupo musical “El Sueño de Morfeo”, e nin eles o afirman nin o desmenten. El é un apaixonado dos deportes e gústalle o cine, especialmente as películas de terror, ademais dedica o

seu tempo libre á lectura. Dende moi cativo, Alonso tiña claro o seu obxectivo: ser o numero un no automobilismo. Así foi, consegue ser o bicampión mundial da Fórmula 1 mediante esforzo, traballo e amor ao seu traballo. E non só consegue iso senón o cariño de todos os españois e de outros países que o apoian acudindo aos circuítos a velo ou sentándose diante do televisor vivindo con intensidade os

grandes premios. O asturiano pasou por Minardi/Cosworth e Renault, e foi con este ultimo co que conseguiu o bicampionato mundial da Fórmula 1, pero actualmente compite co equipo Vodafone Mclaren Mercedes. Ten como compañeiros o británico Lewis Hamilton e o catalán Pedro Martínez de la Rosa, e os seus máximos rivais actualmente son os dous pilotos do equipo Ferrari o finés Kimi Raikkonen e o brasileiro Felipe Massa os cales poñeranllo complicado, pero non imposible. O noso paisano non o terá nada fácil, pero co noso apoio acadará o seu terceiro titulo mundial consecutivo. Unha aperta para os lectores, un bico para os fans da formula1 e un saúdo para todos e todas. ADRIANA ESTÉVEZ ROCA 2ºBACH B


Pasaintres

PASAINTRES CHISTES

SUDOKU

- ¿Como se chama o fillo de Mohamed primeiro? - Sécame despois.

Compreta o taboleiro de 81 ocos (9 filas por 9 columnas) subdivididos en 9 cadrados, enchendo os ocos valeiros cos números do 1 ao 9 de maneira que non se repita ningunha cifra en cada columna, nen en cada fila nen en cada cadrado.

- ¿Como se chama o fillo de Neo Trinity? - Trineo. - ¿Que lle di un semáforo a outro? - Non me mires que me estou cambiando.

IVÁN LIÑEIRA CASAL, PDC4

77

SOPAS DE LETRAS Busca oito nomes de árbores. ALEJANDRO LIÑEIRA SEGADE PDC4

LEE-ANN SARA GRACE, S2C

XEROGLÍFICO

Busca na sopa de letras as palabras que responden ás seguintes definicións:

1 NOTA GATO LOBO

¿Que lle regalarías a María o día do seu cumpreanos?

DANIEL BLANCO MARTÍNEZ PDC 4

JESÚS FERREIRO CONDE PDC 4

1. Conxuntos de pezas de artillería. 2. Partida de caza. 3. Acción ou efecto de dominar. 4. Aparello fonográfico no que a reproducción baséase nun disco plano 5. Dividido en graos. 6. Enfermidade infecciosa contaxiosa. 7. Manifestación de dor. 8. Mamífero carnívoro dos felinos. 9. Molusco terrestre. 10. Buscar parella.

Xuño 2007

O pai e o fillo pequeno: - Papá, de maior quero ser Puto! O pai vai e plántalle un pescozón. O neno reacciona e dille: - Papá, de maior xa non quero ser Puto, quero ser Mikey.

Intres

- ¿Horchata escríbese con H? - Home, se non sería “horcata”.


Pasaintres

Intres

AQUELES NENOS/AS...

Xu単o 2007

78


Pasaintres

SON OS TEUS PROFES! Velaí que cara de boíños/as tiñan os teus profes cando estaban na escola. Tenta averiguar quen é quen. Dámosche algunha pista: - Hai franca maioría de profes de letras - Os departamentos que máis participaron foron o de Lingua (galega) e o de Sociais - Tamén hai profes de Educación Física, Plástica, Francés, Tecnoloxía, Madeira e Clásicas

Intres

79 Xuño 2007


Intres do instituto

Intres

ENTREVISTA A SUSANA RIAL SANTOS

Xuño 2007

80

Entrevistadoras: Ola, bos días, queriamos saber se lle podiamos facer unha entrevista. Susana: Sí, por suposto. Pregunta: ¿Cantos anos leva dando clase neste centro? Resposta: Pois este é o sexto ano que levo aquí, pero xa vai ser o derradeiro. Pregunta: ¿Pódenos dicir algúns aspectos positivos e outros negativos? Resposta: Positivos case todos, a verdade, vós os alumnos, cos que eu persoalmente estou encantada, sempre estiven encantada dende que cheguei, os meus compañeiros, en fin, e que no centro fanse moitas actividades, é un centro moi activo, moi agradecido realmente. E negativos eu a verdade non lle vexo ningún. Pregunta: ¿Gústalle este centro? Resposta: Gústame moito, eu quedaríame aquí toda a vida, pero non pode ser.

Pregunta: Sabemos que é titora dun grupo, ¿fórao antes? Resposta: Sí, fun o primeiro ano que eu estiven aquí, dun cuarto da ESO así bastante “cañón”, pero ben. Pregunta: ¿ Se non fose profesora de matemáticas que lle gustaría facer? Resposta: Na miña vida se non fose profesora de matemáticas seguramente me gustaría ser arquitecta, que foi así outra das miñas grandes vocacións, e que non descarto aínda, Ao mellor algunha vez na vida aínda podo facelo, ¿non? non sei. Pregunta: Este ano houbo a semana das matemáticas, ¿que foi o que máis lle gustou? Resposta: O que máis me gustou foi o teatro, porque foi así moi... para os rapaces eu creo que foi algo impactante, diferente, que non se esperaban e para os que colaboraron pois tamén, porque parece que das matemáticas só se espera o mesmo sempre: unha exposición, unha conferencia, un... e digamos que o teatro tal vez foi así o máis innovador. A min persoalmente a parte, como experiencia persoal, de vir a ensaiar e de preparar as obras foi o que máis me gustou. Pregunta: Sabemos que é deportista, ¿cal é o deporte que máis practica? Reposta: Pois hai varios, bastantes, pero tal vez o tenis é o que máis practico aínda que tamén saio a co-

rrer ás veces, agora non porque estou lesionada, pero ben si iso é o que fago habitualmente. Pregunta: ¿Ten algún hobbie máis á parte dos deportes? Resposta: O meu maior hobbie son os deportes realmente, pero... eu teño moitos. A min gústame moito saír cos meus amiguetes, estar nun bar charlando horas e horas, ir ao cine tamén me gusta moito, pero ben digamos que o meu maior hobbie son os deportes. Pregunta: ¿ É verdade que se vai deste centro? Resposta: É verdade é, xa o comentei varias veces, pero si é verdade. Pregunta: ¿Pódense saber as razóns? Resposta: Pois as razóns son fáciles,pois porque a min danme o destino definitivo noutro centro. Pregunta: ¿Para que lugar vai ir dar clase? Resposta: Pois aínda non o sei porque non mo dixeron, pero agora a finais deste mes sabereino. Pregunta: ¿Non botará nada de menos? Resposta: Moitísimo de menos, moitísimo, pero moitísimo de verdade, xa case teño ganas de chorar cando penso, pero que lle imos facer, hai que marchar. Entrevistadoras: Isto foi todo grazas polo seu tempo e desexámoslle que lle vaia ben no seu novo centro. Susana: Grazas a vós.


Intres do instituto

ENTREVISTA A XOSÉ DÍAZ DÍAZ

cos de maxia, poderíanos dicir onde os aprendeu? Xosé Díaz : Aprendina por libre, a verdade; como as matemáticas e a maxia teñen moito que ver, pois tamén por matar o tempo comprei algún libro deses de maxia e tal, vía algún programa na televisión, e aí vas aprendendo, pero fago moi poucos trucos. Andrea e Sylvia : Que lle gusta máis, a literatura ou as matemáticas? Xosé Díaz : Home, gústame máis poñerme a escribir, iso está claro, sen dúbida. Andrea e Sylvia : Pois isto foi todo, moitas grazas pola súa atención e esperamos que escriba moitos libros máis.

81 Xuño 2007

Andrea e Sylvia : Cre que aos seus alumnos l l e s gustou e s t a obra? Xosé Díaz : Ben, non o sei, eles non me din que non lles guste nin tampouco me din que lles guste, entón estou así a medio camiño, iso terían que dicilo eles,claro. Andrea e Sylvia : E por que escolleu que a súa obra fose de vaqueiros e non doutro tema? Xosé Díaz : Ben, porque igual era un pouco paveiro falar de vaqueiros en galego, máis que nada por iso, é un tema así tipicamente inglés ou norteamericano, entón pois que se poñan a falar en galego e tal igual é algo simpático. Andrea e Sylvia : Vostede escribe os seus libros en galego, pensa que iso pode fomentar a quen os lea a falalo? Xosé Díaz : Este dende logo, oxalá, non? Ese ten que ser o propósito, escribes en galego para que se lea en galego e se aprendan cousas e despois se utilicen, claro, se non é un idioma a perder. Andrea e Sylvia : Saíndo do ámbito da literatura, sabemos que tamén fai tru-

Intres

Andrea e Sylvia :Ola, bos días! queriamos saber se podiamos facerlle unha entrevista para o Intres sobre a súa faceta de escritor. Xosé Díaz: Si, por suposto. Andrea e Sylvia : Sabemos que recibiu algúns premios, como se sentiu cando os recibiu? Xosé Díaz : A verdade é que te sentes ben, por exemplo, no caso deste libro (A morriña das balas) cando mirei que era finalista e souben que entre os tres últimos que podían gañar encontrábase o meu… Acórdome perfectamente, estaba no ordenador, vin iso e deume así unha alegría, que me tiven que conter, claro, porque había máis xente arredor, pero é algo co que non contas, é lotería, entón cando pasa unha cousa así, que en principio non está para ti, pero é para ti, dende logo motívate moitísimo, sénteste ben, moi alegre, moi contento. Andrea e Sylvia : Nós lemos A morriña das balas, baseouse en algo para escribilo? Xosé Díaz : Usei, dende logo, a influencia das películas dos vaqueiros, claro, porque era o referente que tiña de ver na tele, e despois a información que busquei de como era a historia realmente, o que pasara alí, foron así as cousas que máis me influíron, non lera antes un libro de vaqueiros, por exemplo.


Intres do instituto

Intres

TEATRO

Xuño 2007

82

Este ano o grupo de teatro comezou con bo pé, xa que tivo dúas moi boas obras en Nadal, que se representaron na sala de audivisuais. A primeira “A consulta da doutora Penas”, é unha obra moi graciosa, que sucede nunha simple consulta. Trata sobre unha doutora que ten que aguantar a tres típicas pacientes algo insoportables por así dicilo. Actrices: Elodie Dieguez,Virginia Fociños, Alba Penas, Iris Parrado e Noelia Cagide A segunda obra: “O mundo ao revés”, é unha obra algo peculiar pero moi graciosa, a acción comeza nun parque normal e corrente. Trata sobre un rapaz gay que a súa nai quere casalo a toda consta, ao final consegue casalo con unha “pija” algo desesperada, pero tamén aparecerá unha “macarra”, un rapaz normal e unha rapaza que non está moi ben da cabeza. Actrices: Edurne Suárez, Patricia Fuentes, Carlota López, Raquel Conde, Noelia Varela e Inés Roca. Pero a nosa querida profesora de teatro Marga Quintela fixo o posible para traer un profesor de teatro profesional. Grazas el poderanse representar ao final de curso tres obras magníficas: - “Noivos”: unha obra de teatro na cal ningunha caste de home sae moi ben parada, dende os intelectuais ata os do “tuning” pasando polos graciosiños, os deportistas entre outros. - “Ligar”: unha obra moi graciosa na cal os mozos volven saír mal parados. - “O crack”: unha obra na que se vacila ao típico futbolista guapo, que máis que saír ao campo a xogar sae a lucir o tipo e facer publicidade de marcas como Nike, Adidas, etc. Como poderedes comprobar, se vedes calquera das tres obras,observaredes que son algo fóra do común. Agardamos que vos gusten a todos. Pero como Marga non para, organizou uns sketchs, curtas obriñas de teatro de aproximadamente 5 min, nos que se intenta mentalizar a xente da contaminación en xeral, da tala das arbores etc. Estas obras xa foron representadas nas aulas de 1 e 2 da ESO, que máis que nada lles sorprenderon un pouco ou se riron un pouco, pero nós o que agardamos é que a xente se mentalice de todo isto. Nelas participaron: Edurne Suárez, Alba Penas, Virginia Fociños, Noelia Cagide, Iris Parrado, Ariana Trastoy, Alba Rúa e Tania Areas. VIRGINIA FOCIÑOS, S4B


Intres do instituto

A LENDA DA COVA DA SERPE A IDADE MEDIA CHEGA A MELIDE A Idade Media chegou a Melide da man dos alumnos do grupo de 2ºB do IES. Foi unha experiencia que comezou a principios de curso, e que agora podemos dicir que rematou con éxito. Pasámolo moi ben cos ensaios, pero sobre todo coas representacións, tanto, que somos moitos os que pensamos que había que facer máis . Houbo unha función para as familias e dixéronnos que tiñan que poder vela todos os de Melide e que estaban sorprendidos co que fixeramos. Era unha obriña moi completa. Divertida, o chiste púxoo o galo branco, romántica, da parella nin vos falo!!, pero algo triste con morte incluída... Como a vida mesma. E non nos podemos esquecer que comezou con medio punto e agora presentámonos a un concurso de traballo en cooperativismo, xa que foron moitos os que se implicaron e colaboraron con nós: as familias, alumnos de 1ºB, veciños da vila, diferentes profesores e o director. Grazas a todos e a todas. Intres

83 Xuño 2007


Intres do instituto

Intres

E... QUE PASA NO INSTI POLA TARDE

Xuño 2007

84

Ola a todos e todas. Nós somos un grupo de alumnos do IES coma vós, pero cunha pequena diferenza: que vimos pola tarde. Cando vós estades na casa merendando, estudando, vendo a tele ou xogando, nós estamos aquí....TRABALLANDO!!! E todo ten as súas vantaxes e inconvenientes. Na nosa opinión, vir pola mañá é moito máis difícil e hai máis materias. Pero vindo pola tarde non tes tempo de divertirte. E vós preguntarédesvos: “E logo...que fan estes polas mañás?”. Pois temos que traballar. Estamos facendo un Programa de Garantía Social (P.G.S.) na modalidade de Programa de Iniciación Profesional (P.I.P.), que consiste en aprender un oficio. Pola mañá imos ás empresas a facer prácticas de algo que nos gusta: fontanería, soldadura, axuda e asistencia no domicilio, electricidade. E pola tarde vimos facer as materias teóricas do P.I.P de 15:30 a 18:00, e de 18:10 a 21:30 facemos as materias de E.P.A. Estar matriculado no P.I.P. é un requisito imprescindible para poder facer a modalidade de ESO para adultos (E.P.A.) e poder sacar o título de Graduado en ESO, xa que nós non temos aínda os 18 anos. E tamén, grazas ao P.I.P., podemos facer os exames para acceder a un Ciclo Medio. O traballo que desenvolvemos pola mañá ábrenos a porta dunha profesión que nos gusta. A nosa experiencia foi boa porque aprendemos moitas cousas. Pero tamén aprendemos que o

traballo é moi duro. Hai que madrugar, cumprir un horario, e non temos un soldo como pensades algúns de vós. Alí imos a aprender, que é o que realmente nos importa. Este curso xa está rematando e todos temos unha morea de anécdotas que contar e xa podemos dicir que tamén “certa experiencia” no traballo, cada un no seu. Para o ano que vén algúns seguiremos estudando pola tarde

para poder sacar o título de Graduado en Secundaria; outros estaremos facendo un Ciclo Medio e outros xa estaremos traballando. E todos nós dando un paso adiante cara o noso futuro profesional. Posiblemente, moitos de nós non sigamos estudando porque, dicindo a verdade, estudar, ...estudar,...non é o que máis nos gusta e preferimos traballar.


Intres do instituto

SAFARI FOTOGRÁFICO 1º PREMIO: EVITALO TAMÉN ESTA NAS NOSAS MANS!

2º PREMIO CONCURSO No instituto houbo un concurso de fotografía . Enterámonos na miña clase polo profe de mates que nos avisou. Había que sacar cinco fotos relacionadas con lixo vertido no noso entorno; dúas fotos tiñan que ser sacadas dentro do recinto do instituto e tres fóra. Así que decidín participar. As fotos de dentro xa sabía cales ían ser: unha era dun pupitre que vira tempo atrás e tiña pegado unha morea de chicles por debaixo, outra un lavadoiro cheo de plástico. O máis complicado eran as de fóra, pero sabía de algúns sitios preto da miña casa que podería valer: - ´´Durmir no lixo « é a foto dunha cama abandonada nun solar que está na miña rúa. - ´´Montón de ferralla« estaba tamén moi preto da anterior. Pero a terceira foto xa era máis complexa... e recordei que cando ía na bici dando unha volta no camiño a Garea había sempre moitos vertidos ao lado da estrada, e de novo fixen este percorrido, e desta vez atopeime con que nun prado había moitas botellas de cervexa tiradas, como se se fixera un macrobotellón e así surxiu a foto de ´´posme un quinto«. E con todo este material fun ao concurso das fotos. XÁCOME LAYA SÁNCHEZ, S1B

85 Xuño 2007

DAVID MÉNDEZ MARTÍNEZ, S3C

Intres

A idea ocorréuseme bastante rápido. Pensei que podía relacionar a contaminación cos cinco sentidos, a pesares de que nas fotografías que entreguei ao final non utilizaba nin o gusto nin o olfacto dado que non cadraban ben. En lugar diso, quería que a persoa que vira as fotos se decatase da importancia de manter o medio para facer posible a vida no futuro e de que se todos nós poñemos cada un o noso gran de area, podemos evitar o desastre. Posto que me estaba a referir á contaminación que producíamos cada un de nós, e non á producida polas grandes empresas, fotografei imaxes que facían referencia á nosa vida cotiá coma o fume do tabaco, a contaminación de espazos como consecuencia de actividades de mercado ou a contaminación acústica que se produce en lugares con grandes aglomeracións de persoas, coma unha cafetaría ou nos pubs pola noite. Pode parecer que a contaminación acústica non é relevante, pero é causa de innumerables dores de cabeza e outras enfermidades, algunhas bastante graves. Pensei en poñerlle texto ás fotos porque, a pesares de que unha imaxe por si soa xa é bastante contundente, conseguíase unha comunicación máis directa engadindo un texto na imaxe. Corrixindo erros e malos hábitos da nosa vida cotiá podemos evitar danar o noso medio ambiente e contribuír a unha sociedade máis saudable.


Intres do instituto

Intres

DÁLLE LUME

Xuño 2007

86

Dálle lume é o novo programa de Falamelide,a radio natural,a radio do instituto de Melide que sintonizaredes no 90.5 de f.m. Como non, este programa trata de temas moi polémicos hoxe en día, como son: o alcohol,o botellón, o tabaco, as drogas,o shopping, os cornos, o sexo... en fin, un sen fin de cousas que hoxe en día nos afecta á maioría dos estudantes, entre os que nos incluímos todos os compoñentes deste programa, tanto os locutores como os que están nos controis. Este programa non era planeado, senón que se elixía un tema que nos parecese interesante aos compoñentes do grupo, e a continuación debatíamos sobre el sen ningún tipo de planificación.Todo isto ocorríasenos en directo, e, como non, chamáronnos a atención. Como vedes estaba a falar en pasado porque a partir desta chamada de atención tivemos que dar un novo pero pequeno cambio ao programa. Se escoitades os novos programas poderedes comprobar como seguen sendo parecidos, pero terán unhas bases para poder falar mellor do tema en cuestión sen que haxa tantos berros e sen que tampouco nos desviemos tanto do tema, pero tamén unha persoa estará de mediadora para frearnos os pés cando nos metamos nunha discusión moi grande, e así esta non pase a maiores como ocorreu nalgún programa pasado. Pero tranquilos porque

os temas en cuestión seguirán sendo igual de aloucados e seguirá habendo m o i t a s cousas en directo, porque non deixarán de ser debates, e sempre haberá frases como din en saber vivir: “unha copiña de viño ao día é boa” e cousas polo estilo, porque os locutores non imos cambiar, e esa espontaneidade ninguén nola vai sacar, así que a quen non lle guste que cambie de emisora. Por iso, se vos gustan os programas modernos, sen ningún tipo de tapuxos e con locutores un pouco pasados de rosca, sen dubida ningunha este é o voso programa, porque poucos programas son iguais. Os locutores son os seguintes: Alba Penas como Afrodita:deusa grega,deusa do amor e a beleza Iván Mosteiro como Ares:deus grego, deus da guerra Manuel Fernández como Baco:deus romano, deus do viño,festas orxías..... Virginia Fociños como Venus:deusa romana, deusa do amor e da beleza Edurne Suarez como Cibeles: romana, nai dos deuses E nos controis: Iván García como Zeus:deus supremo

A Iván, como é quen está nos controis dirixindo, quédalle que nin pintado o de Zeus, pero tamén está David, o noso profe de música, que a ver se nos aproba a todos, e, como non, o noso querido Paco que é quen dirixe o cotarro por se nos pasamos máis da conta. Podes mandar as túas suxestións a falamelidedallelume@hotmail.com, aí poderás dedicarlle unha canción a esa persoa querida, opinar sobre algún dos programas, darnos o teu punto de vista, suxerir un tema para o seguinte programa, preguntarnos algo en concreto etc Nos corredores do instituto hai as horas de emisión de todos e cada un dos programas de falamelide, incluído dálle lume Recorda: DÁLLE LUME, o único programa no que poderás morrer de risa, todo un show que non poderás perder. VIRGINIA FOCIÑOS ASTRAR, S4B


Intres do instituto

DESCUBRE GALICIA

o único barco que navega grazas á máquina de vapor. Nel, falamos sobre a actividade marítima da zona, servíndonos dalgún xogo. Cerca da noite achegámonos ata o albergue de As Sinas, situado en Vilanova de Arousa, donde pasariamos a derradeira noite, na que fixemos unha festa de despedida, con unha representación do programa Furor, no que gañamos as mulleres. A última mañá foi a máis relaxada, xogos na praia, fotos..., e xa despois de comer chegou a hora da despedida; na que ao contrario do que dixeramos ao principio da semana, moitos de nós, rematamos chorando. Foi unha semana na que aprendemos a convivir, cooperar, participar, e na que, a pesar das primeiras impresións, coñecemos persoas coas que esperamos seguir tendo contacto. Ademais serviunos para darnos conta do que temos, e a valoralo como se debe. NURIA ÁLVAREZ CEBREIRO CRISTINA RÚA CASTRO MARTA PÁJARO VARELA

87 Xuño 2007

nevaba e nevaba, chegamos e puxémonos a facer diferntes actividades, esa noite uns monitores (Óscar e Juan) contáronnos historias lendarias dos Ancares, esta vez durmimos todas as de Melide xuntas. Ao día seguinte erguémonos cedo para facer unha ruta longa, aínda que ao final non puidemos facela por causa da neve, pero si demos un paseo, para ver a paisaxe, e xa pola tarde fixemos uns xogos, nos que se tivo en conta o proceso de normalización do galego. De volta ao albergue adicámonos a facer xogos moi entretidos na praia dos que se conservan fotos moi curiosas, e xa despois da cea fixemos unha actividade de estraxexia, e volta para as camas, onde os intentos de durmir víronse frustrados polos amigos de Corcubión. O venres visitamos a casa-museo de Rosalía de Castro, en Padrón, na que nos explicaron algúns aspectos da súa vida e obra. Collemos o bus en dirección a Vilagarcia de Arousa, onde pasamos a tarde no Hidria II,

Intres

O pasado marzo, un grupo de estudantes de 1º de BAC tivemos a oportunidade de participar no programa descubre Galiza 2007. A pesar dos problemas en canto ao número de prazas, ao final poidemos ir todos os que queriamos. O programa consistía nunha semana de convivencia con outros institutos por diversos sitios da nosa comunidade. O luns 5 dirixímonos, xunto aos nosos compañeiros de Corcubión, ao albergue de Gandarío, onde xa nos esperaban tanto os monitores como os de Ponteareas. Ese día fixemos diferentes actividades, aínda que o obxectivo era coñecer aos demais estudantes, así que realizamos varias delas en grupo. Xa á noite, uns monitores (Juan e Fran) tocaronnos a guitarra, e antes disto déronnos as instruccións de varios xogos que se ían realizar ao longo de toda a estancia, un deles era o vampiro, que consistía en “matar”a túa víctima cando esta estivese soa; logo disto tentamos durmir, aínda que sen éxito. O seguinte dia fomos a Santiago para facer paintball, actividade que foi suspendida debido ao mal tempo; e ao balneario no cal nos puidemos relaxar e pasar unha boa xornada; esa tarde adicámola a facer un xogo pola zona antiga da cidade, ao rematar, volvemos ao albergue onde fixemos un xogo de estratexia, e outra vez máis tentamos durmir. Xa o día 7, fomos aos Ancares, depois dun longo traxecto en bus, vendo como


Intres do instituto

COUSAS DO IES

Xuño 2007

Intres

Boas, aquí van unhas cantas cousas que están a suceder no IES: En principio, isto vai dirixido para os alumnos do IES, que son todos uns cornudos, porque aínda que hai xente que non se dá conta, os cornos xa non lles caben nin pola porta do IES. Atención, alumnos e alumnas do IES, se tedes moza/o, eu recomendaríavos que vos asegurarades de que vós non sodes unha desas parellas que non dá pasado pola porta do IES. Un avisiño para os/as 88 que lle están poñendo os cornos ao seu mozo/a, porque vos poden cachar, bonitiños. E, por suposto, se despois tedes chupóns... E tamén aos/ás que o seu mozo/a non está xa no IES, que non pensen que por iso non se van decatar, porque non son tan tontos como parecen. E non vos fiedes porque hoxe en día pódenvos poñer os cornos ata co voso mellor amigo/a... e se non, que llo pregunten a algúns/as... ben, mellor non, porque ao mellor aínda non se decataron. Máis temas, como por exemplo a continua rivalidade e falsidade da xente. Si, si, refírome ao típico amiguiña/o que en realidade non o é, o único que busca é deixarte quedar mal diante dos amigos, dos profesores e demais.

Se aínda non te deches conta de que no teu grupiño de amigos tes un coma ese, vai sendo hora de que abras ben os ollos porque calquera día fanche algunha falcatruada, así que sa sabes. E, como non, os roubos no instituto: Que aínda non che mangaron nada? pois prepárate, porque neste IES non hai quen se libre, porque xa hai t a n t o s ladronciños que ata se rouban e n t r e eles. ¡O que hai que ver! P e r o ademais en todos os cursos. Dentro de pouco xa non podes le- var nada á clase, porque ata unha mísera goma... Calquera día róubanvos a muda de ximnasia. Pero o que tampouco é moi normal é a forma de actuar do profesorado, porque, claro, sempre van ao revés. Cando lle botan a culpa a un grupiño de ladróns, resulta que quen a ten é o outro grupiño xa coñecido, pero que neste caso líbrase e viceversa. Outro temiña a tratar é que os “porretas” están a aumentar considerablemente no noso instituto. Ten coidado e non te enganches ti a eles. E os de 1º e 2º de ESO, cos anos que teñen, vaia borracheiras que pillan algúns, e non deben ter pais, porque

a boas horas volven para a casa. E tamén, a xente anda algo acelerada ultimamente, porque se sae con un, que se sae con outro, que se lía con un e con outro... entre amigos incluso, que total que mais da, non?, pois iso, a gozar. É que isto non sei onde vai rematar. Por iso espero que a partir de agora tomedes máis medidas.

OLA QUERIDOS LECTORES DE INTRES! Ola, neste artigo de Intres, a nosa revista do IES de Melide, quero por unha banda felicitar a algúns compañeir@s e por outra despedirme. Como xa sabedes, hai xente que marcha para o PIP ou porque xa lle chega a hora. 1º) Felicitar e desexar boa sorte aos meus compañeiros do IES e só dicirlles que lles vaia moi, moi ben, aínda que de vez en cando non estaría mal coller os libros, ou facernos unha visita. (A aqueles que marchan de veras). 2º) Dicir un último adeus a aquelas persoas que marchan e tamén dicirlles que o pasen moi ben e que aproveiten o tempo, cousa que non fixeron no IES. Entre estas persoas que marchan, gustaríame destacar principalmente a: - Mª del Mar Roca Vázquez - Yoli Cabo Pereiro - Rubén Buján León - Julia Magadán Currás Todos eles compañeiros de clase deste ano. E tamén a: - Jesús Carril Sánchez, compañeiro de escola e bo amigo agora. - Cristina Sanguiao, boa amiga. LEE ANN SARA GRACE


Intres do instituto

EXCURSIÓN DE TECNOLOXÍA A RIBADEO

O día 28 de marzo de 2007 fomos de excursión a Ribadeo para ver unha exposición duns alumnos dun instituto, a praia das catedrais, e un mirador de estrelas que se chamaba “Casa da ría”. Primeiro vimos a exposición de tecnoloxía no instituto “Porta da auga”. Era inmensa e estaba chea de ex-

perimentos difíciles. A nós tocounos un guía un pouco especial. Despois, a causa da chuvia, non puidemos ir á praia, pero ten fama de ser moi bonita. Logo fomos ver o mirador no que había maquetas de Ribadeo, de parte de Asturias e dos animais que habitan na ría. Tamén vimos o telescopio, que custaba seis millóns de pesetas, e a súa cúpula. A continuación fomos comer ao pavillón municipal o bocadillo e as bebidas que levabamos. Despois de comer, os profesores trouxéronnos uns balóns para xogar. Xogamos: Blas, Noel, o profesor e eu. Ao finalizar o partido, descansamos uns 15 minutos e de seguido tivemos que recoller para subir ao autobús e retornar para a casa. Xa no autobús intentei buscar sitio, pero tiven que cambiar de autobús. Xa no novo, intentei durmir xa que viña moi cansado, pero foime imposible con todo o ruído que había. Saímos ás 8:40 e chegamos ás 18 h. RICARDO ARES OTERO, S1A

89 Xuño 2007

algún que outro profesor xogaron ao fútbol e ao baloncesto. Cando chegaron as catro da tarde subimos ao autobús e marchamos. No autobús pasámolo bastante ben, algúns compañeiros/as estiveron cantando, xogando... e outros estivemos falando. Chegamos a Melide sobre as seis da tarde, máis ou menos. A verdade é que o pasamos bastante ben. De feito era a primeira excursión que faciamos e o único problema que tivemos foi o tempo, que non foi nada bo. Estivo chovendo case todo o día, pero aínda así pasámolo bastante ben. A excursión a Ribadeo foi moi boa, e a experiencia foi tamén boa. Cristina Corral Expósitoc, S1C

Intres

O día 28 de marzo fomos de excursión a Ribadeo (Lugo). Saímos do instituto ás 9 da mañá. A verdade é que non ía moi bo día, estaba chovendo e facía algo de frío. Menos mal que nos autobuses estabamos moi ben. Levounos dúas horas, máis ou menos, chegar a Ribadeo. Cando chegamos, o primeiro que fomos ver foi a “Casa da Ría”. Alí había animais relacionados coa ría, estruturas e incluso os tipos de area que había na ría. Tamén vimos un observatorio de estrelas. Cando entramos dentro, o guía fixo xirar o teito no que había estrelas. Explicounos que dende alí as estrelas víanse moi ben. Había un telescopio moi grande. Ao saír de alí fomos ver unha exposición de tecnoloxía nun instituto. Cando chegamos, dividíronnos en grupos e en cada un tiñamos un guía. Fomos vendo a exposición e algúns dos experimentos foron: - Como facer apagar unha vela con bicarbonato e auga. - Os materiais illantes e conductores. - Se poñemos un coador encima dunha vela, esta non se apaga. - O aceite queda por riba e a auga por baixo. - Como saber a túa masa corporal... etc. Cando acabamos de ver a exposición fomos xantar. Tiñamos pensado facelo na praia das catedrais, pero o tempo impedíunolo. Ao final tivemos que xantar nun pavillón de Ribadeo. Ao acabar, algún dos compañeiros e


Intres do instituto

Intres

INTERCAMBIO CULTURAL MELIDE - RIBADEO

Xuño 2007

90

Este ano os rapaces/as de 3º, 4º e 1º de bacharelato fixemos un intercambio cultural co IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo. Primeiro eles viñeron a Melide e nós ensinámoslles o Leboreiro, a Igrexa de Santa María, o Bocelo e o río Furelos, no que paramos a comer; este recorrido fixémolo pola mañá seguindo un tramo do camiño de Santiago. Pola tarde eles fixeron un concurso polo casco vello de Melide para coñecelo máis, no que tiveron que responder unhas preguntas sobre el. Tres semanas despois fomos nós a Ribadeo e pola mañá vimos a praia das Catedrais, a do Esteiro e un parque recreativo dende o que viamos case todo Ribadeo, para comer paramos nun porto. Pola tarde vimos o faro de “Illa Pancha” e viaxamos en lancha a Asturias pasando por debaixo da ponte de todos os Santos .Ao final deixáronnos un anaco para facer o que nós quixeramos por Ribadeo. Pasámolo moi ben xa que coñecemos a moita xente e divertímonos moito. YOLANDA MONTERO, SILVIA SUÁREZ ANDREA VÁZQUEZ S3B

O CONTACONTOS O día 14 de maio viñeron ao noso instituto uns rapaces de Val do Dubra a contarnos uns contos e unhas cancións. Eran dúas rapazas de 4º de ESO e dous rapaces de 4º e 2º. O máis pequeno contounos dous contos; un trataba das videoconsolas, polo que a moitos lles gustou. Ese rapaz estaba no escenario e non tiña vergonza ningunha, se fora eu quen estivera alí..., sería a experiencia, porque xa se presentou a concursos de

OS TELÉFONOS MÓBILES O alumnado do IES de Melide non está de acordo con que a dirección do centro mandase aos pais que firmasen un comunicado no que se lles informa de que está prohibido usar o móbil no instituto, xa que este escrito tamén debía ser válido para os profesores, porque as regras son as mesmas para todos. Nós pensamos que este aparello é necesario para a vida cotiá, aínda que debemos utilizalo con medida, pero algúns profesores tamén están obsesionados con este tema. O que quere dicir é que non teñen dereito a berrar aos alumnos por levalo á clase. O celular é necesario porque se tes algúns familiares enfermos, problemas na casa... etc. aínda que con eles gastas moitos cartos enviando SMS, chamando, etc. AGRUPAMENTO DE 3º ESO

contos e gañou varias veces. Trouxeron unha pandeireta e un pandeiro co que as rapazas, chamadas Laura, nos cantaron cancións galegas. O outro rapaz, o de 4º, púxose a facer coma un vello que estaba no manicomio e falaba da vida labrega. Cando remataron, todos aplaudimos bastante e ata chegaron a pedir que contaran algo máis, sería para perder clase.

Gustoume moito a actuación dos rapaces de Val do Dubra. O que fixeron foi contar varios contos na forma de comunicarse alí, con pandeiros e pandeiretas; iso si, non só se comunican con instrumentos senón tamén coa fala e, como é evidente, en galego. O que máis me gustou foi o que falaba de xogos de morte e o que facía de tolo. O de xogos de morte gañou 750 euros por contar contos en galego.

PATRICIA ROCA FERNÁNDEZ, S1B

ALEJANDRO LÓPEZ PENÍN ,S1B


Intres do instituto

ATA SEMPRE AOS QUE MARCHAN

B2A

Intres

91 Xuño 2007

B2B

B2C

Aquí faltades os de 2º de Madeira e todas e todos os que despois de 4º de ESO ides a estudiar algo que non temos no instituo ou a traballar. Ata sempre tamén a vós


Intres do instituto

OITO MESES EN MELIDE

Intres

Eight Magic Months in Melide – a Fairy Tale (Based on a True Story)

Xuño 2007

92

Once upon a time, there was a Scottish girl called Nicola. She went to university in Aberdeen, a very cold city in the north of Scotland. At the end of her university course, Nicola was very confused, and went for a walk on the beach to think about what she was going to do for the rest of her life. She had no idea. It was raining a lot, and Nicola thought to herself “I really need an umbrella, I’m getting soaked.” At that moment, she saw an umbrella on a rock nearby. It was bright blue and pink, and huge. “There’s nobody here,” Nicola thought, “someone has forgotten it

– how lucky!” Nicola picked up the umbrella, and opened it up. When she opened the umbrella, something very strange happened. With a noise like a loud whistle, a tiny Genie fell on to the sand. They looked at each other in surprise. Then the Genie began to explain that he was a magician who normally lived in a magic lamp in Egypt. He didn’t know what he was doing in Scotland; he must have made a mistake with his magic, and his boss was going to be angry. Nicola listened in surprise, and after a few seconds said “I must be dreaming… I’m going to wake up in a few minutes, still in bed…” The genie looked at his watch and said that he had to get back to Egypt, but he was going to give her a present to say thank you for opening the umbrella. He told her that the present would arrive in the next few days. And before Nicola could respond, he vanished. Nicola shook her head; she couldn’t believe it. She picked up the umbrella and went home. Nicola kept the umbrella, and the next week a letter arrived. It was from Spain, and it said that some teachers in a high school in Melide, Galicia, wanted an English assistant! Nicola was

decided; it was a sign from the genie, her wish, and it was perfect. Nicola liked travelling and visiting other countries, and now she would be able to live in Spain – her favourite country. However, her friends thought she had gone crazy – she didn’t speak a word of Spanish! It was raining when she arrived at Santiago airport with her heavy suitcase, but she met two of the teachers from Melide, and her flatmates, and they were all very nice. In her first few weeks, she got to know the students at school, and lots of teachers as well. Nicola was very happy in Galicia; she lived in Santiago, a beautiful city. She started Spanish classes, and made lots of friends. In Melide all the students were keen to speak to her in English, and sometimes they even remembered to do their homework! Nicola liked her classes, and didn’t mind


Intres do instituto

OITO MESES EN MELIDE

Nicola would have liked to learn Galician, but until May she had to work very hard on her Spanish, because it was still difficult for her to understand everything. But she spoke better Spanish and her students had improved their English, so everyone was happy. Nicola was planning to go to Tarragona and work in an English summer camp, and then spend a year working in Valencia, but she was very sad to think of leaving Galicia, and all her friends and students. Until she remembered the Genie, and her last wish. “I wish to come back to Galicia sometime in future.” She said one day after class, “I want to come back, please!” And will she come back? You’ll have to wait and see! Everything in this story is true – totally and completely true. Except the Genie

93 Xuño 2007

of the students and teachers dressed up in costumes and performed on stage, and there was lots of traditional food – Nicola thought it was fantastic, because no one celebrates carnival in Britain. On other weekends, Nicola visited other places, and got to know Galicia better. She loved La Coruña and the Rías Baixas, because she missed living by the sea a lot. But she visited other places in Spain as well. She went to Salamanca, Madrid and Valencia, all beautiful cities, and she went to Portugal. She was a little worried on the way to Portugal, because although she now understood Spanish, she didn’t understand any Portuguese. However, everything was ok, because she went with friends who spoke Galician, and they understood everything – the Galicians are very clever!

Intres

when the students made mistakes. And although she used the umbrella a lot, she forgot the genie and the wishes because she was so busy. Some of the students and the teachers wanted to practice English outside of classes, and Nicola liked the idea of something less formal than a class. So they started “English coffee” in the break, with coffee from Xan and British cakes once a fortnight, and everyone spoke in English and enjoyed it a lot. The teachers also showed off their culinary skills, and their appetite… But Nicola had a problem: she only had classes with the older students, and although she loved Bachillerato and fourth ESO, she wanted to get to know the younger students as well, especially because they always said hello in the corridors. “I wish I could speak to the younger students more,” she thought “but I don’t have time.” When Nicola went back to Melide after Christmas, she was happy, because her timetable had changed. he was going to have classes with third of ESO, and she had a free lesson on Fridays! This meant that she could meet the younger students in their break as well. hey were great fun. All the students told Nicola a lot about Galician life, and in February she found out a little more about Galician culture during carnival. lot


Intres do instituto

OITO MESES EN MELIDE

Intres

Oito Meses de Maxia en Melide – Un Conto de Fadas (Baseado nunha Historia Real)

Xuño 2007

94 Había unha vez unha moza escocesa chamada Nicola. Ía á universidade en Aberdeen, unha cidade moi fría no norte de Escocia. Ao final da súa carreira na universidade, Nicola estaba moi confusa, e foi andar pola praia para pensar o que ía facer no resto da súa vida. Non tiña nin idea. Chovía moito, e Nicola pensou: “necesito un paraugas, estou empapada”. Nese momento, Nicola viu un paraugas nunha rocha próxima. Era dun azul vivo e rosa e moi grande. “Non hai ninguén aquí pensoualguén o esquecería. Que sorte a miña!” Nicola recolleu o paraugas e abriuno. Cando abriu o paraugas, pasou unha cousa moi estraña. Con un son moi forte, como un asubío, un pequeno Xenio caeu na area. Ambos sorprendéronse. O Xenio

empezou a explicar que era un mago, e normalmente vivía nunha lámpada máxica en Exipto, e non sabía o que facía en Escocia; tivo que haber un erro coa súa maxia, e o seu xefe ía enfadarse. Nicola sorprendeuse, e despois duns segundos, dixo: “Debo estar soñando… vou espertar nuns minutos, aínda na miña cama” O Xenio mirou o seu reloxo e dixo que tiña que regresar a Exipto, pero ía darlle un agas a l l o pa r a da r l l e a s grazas por abrir o paraugas. Concedeulle tres desexos. Pero antes de que Nicola puidese responder, o Xenio desapareceu. Nicola moveu a cabeza, non podía crelo. Colleu o paraugas e foise para a casa, pensaba: “ Oxalá lle pedise un traballo perfecto!” Nicola gardou o paraugas, e á semana seguinte chegoulle unha carta. Era de España ¡e dicía que uns profesores dun instituto de Melide (Galicia) querían un axudante de inglés! Nicola, decidida, recibiu un sinal do Xenio, o seu desexo: era perfecto. A Nicola gustáballe viaxar e c o ñ e c e r outros países, e agora podería vivir

en España, o seu país favorito. Sen embargo, os seus amigos pensaban que era unha toleada - ¡Nicola non sabía nin unha palabra en español! Chovía cando chegou ao aeroporto de Santiago de Compostela, cunha maleta pesada. Coñeceu a dous dos profesores de Melide, e ás súas compañeiras de piso, e todo o mundo era moi simpático. Durante as primeiras semanas, coñeceu os alumnos do instituto e a moitos profesores. Nicola estaba moi contenta en Galicia. Vivía en Santiago, unha cidade preciosa. Empezou as clases de español e fixo moitos amigos. En Melide todos os alumnos tiñan moitas ganas de falar inglés con ela, ¡e ás veces incluso facían os seus deberes! A Nicola encantábanlle as clases, e non lle importaba nada se os alumnos cometían erros. Aínda que usou o paraugas moito, esqueceu ao Xenio e os desexos porque estaba


Intres do instituto

OITO MESES EN MELIDE

Intres

tástico, porque ninguén celebraba o Entroido en Gran Bretaña. Durante outras fins de semana, Nicola visitou outros sitios para coñecer Galicia mellor. Encantáronlle a Coruña e as Rías Baixas, porque botaba moito de menos vivir ao lado do mar. Tamén visitou outros sitios no resto de España. Foi a Salamanca, Madrid e Valencia, unhas cidades moi bonitas, e foi a Portugal. Estivo un pouco preocupada indo a Portugal, porque aínda que agora entendía español, non entendía nada de portugués. Sen embargo, todo foi moi ben, porque a acompañaron amigos que falaban galego e entendían todo ¡Os galegos son moi listos! A Nicola gustaríalle aprender galego, pero ata maio tivo que traballar moito en español, porque aínda lle era moi difícil comprender a todos. De todas maneiras,

95 xa falaba mellor en español e os seus alumnos melloraran o seu inglés, así que todo o mundo estaba contento. Nicola planeaba ir a Tarragona traballar nun campamento de inglés de verán e despois traballar en Valencia o curso seguinte, pero entristeceuse ao pensar que tería que deixar Galicia e a todos os seus alumnos e amigos. Ata recordou ao Xenio e o seu último desexo: “Desexo regresar a Galicia no futuro” dixo un día despois das clases “Desexo volver, por favor” ¿E regresará? ¡Espera e verás! Toda esta historia é verdade- totalmente, completamente verdade. Excepto o do Xenio...

Xuño 2007

moi ocupada. Algúns dos alumnos e profesores querían practicar inglés fora das clases e a Nicola encantoulle a idea de facer algo máis informal que unha clase. Entón empezaron os “english coffee” no recreo, con café de Xan e pasteis británicos, cada 15 días, e todo o mundo falou inglés e pasouno moi ben. Os profesores querían demostrar as súas afeccións culinarias e o seu bo apetito... Pero Nicola tiña un problema: só coñecía os alumnos maiores, e aínda que lle encantaba o bacharelato e 4º da ESO, quería quedar con alumnos máis novos, especialmente porque sempre lle dicían “hello” nos corredores. “Desexaría falar máis cos alumnos máis pequenospensou Nicola- pero non teño tempo”. Cando Nicola regresou a Melide, despois do Nadal, estaba feliz, porque o seu horario cambiara. ¡Ía ter clase con 3º da ESO e ademais tiña unha clase libre os venres! Podía quedar cos alumnos máis novos no seu recreo tamén. Eran moi divertidos. Todos os alumnos lle contaban moitas cousas sobre a vida en Galicia. En febreiro, Nicola coñeceu a cultura de Galicia un pouco máis, durante o Entroido. Moitos alumnos e profesores disfrazáronse, actuaron e houbo moita comida tradicional. Nicola pensou que aquilo era fan-


Intres do instituto

CORREMELIDE 2007

Intres

Carreiras, xogos...

Xu単o 2007

96


Intres do instituto

CORREMELIDE 2007 ...Manifesto pola lingua, premios

Intres

97 Xu単o 2007


Intres do instituto

Intres

ADEUS, XENARO

Xuño 2007

98

Neste curso, pouco antes das vacacións de semana santa, Xenaro, o noso conserxe de toda a vida, xubilouse e deixou de traballar no instituto. A última semana de traballo andaba calado, evitando falar do tema, facendo o seu traballo de todos os días coma se nada. Por se acaso non nos decatabamos e pensabamos que collía unhas merecidas vacacións -porque coma está feito un chaval ninguén lle botaba a súa idade- alguén tivo a boa idea de recordárnolo cunha montaxe en powerpoint na pantalla da entrada. Para quen leve pouco tempo no instituto, esta xubilación supón a marcha dunha persoa máis; pero para os que levamos varios anos, a despedida de Xenaro déixanos un baleiro moi grande. Era a primeira persoa que topabamos moitos de nós cando chegabamos ao centro, unha cara amable que

nos indicaba onde tiñamos que ir e con quen debíamos falar. Co tempo fomos acostumándonos a el e xa case nos parecía normal a cantidade de cousas que facía. Xenaro facía de todo, dende fotocopias, arranxar manillas de portas ou ventás que parecían non ter arranxo, coidar do xardín... ata inventar un maquinillo que subía as persianas a toda pastilla. Ata se te pinchaba unha roda do coche, alí estaba Xenaro para botar unha man. Xenaro foi conserxe do instituto dende que se creou, hai uns trinta anos. Os que estivemos no instituto vello e sufrimos todas as súas deficiencias (e tamén o seu encanto) sabemos que o edificio non caía grazas a el. El coidou alí un xardín que agora é un dos mellores de Melide e disfruta todo o pobo. Non se sabe que tería sido de nós se na mudanza ao instituto novo non estivese el. Moitos, que non somos

tan organizados como deberamos, chegabamos sempre tarde, mal e arrastro a facer fotocopias e Xenaro, en vez de botarnos a bronca por non deixalas de véspera, sempre respondía un “espera, que isto vai rápido” ou un “aí tes, neniña”. A algúns chamábanos polo diminutivo e iso coroábanos, dábanos a sensación de estar na casa, en vez de no traballo. Non se lle vía poñer mala cara a ninguén. Moitos tampouco o vimos nunca de mal humor, se cadra só un pouco canso... e raras veces. Cando por algunha circunstancia a algúns tocounos traballar máis ou pasar máis horas no centro, entón puidemos apreciar mellor todo o que facían os conserxes e, en concreto, Xenaro. O traballo de conserxe ás veces é desagradecido. Dende fora pode parecer que na conserxería non hai moito traballo, porque é un traballo que non se ve, que non se recolle en apuntes nin en memorias ou actas; pero cando faltan os conserxes móntase un caos tremendo e dámonos conta de que son imprescindibles. De todos xeitos, Xenaro non marchou de todo. Témolo cerca e cando hai que botar unha man aí está el. No Corremelide o seu coche foi o último en saír da praza cargado cos trastos do instituto, despois de que recollésemos todo. Grazas, Xenaro, polo traballo de todos estes anos. Disfruta do teu tempo libre, e da túa nova vida, aínda que te botemos de menos.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.