Intres 2010

Page 1


SUMARIO EQUIPO DE REDACCIÓN EQUIPO DE REDACCIÓN

Actualidade

Banda deseñada

O galego, o noso existir Uxío Novoneira O volcán islandés Quen estea libre de pecado...

Unha festa moi doce Unha rapaza con sorte Un conto de números E ti, entendes aos maiores? Roxo e Toxo Unha idea xenial Pipo e o seu medo a voar O libro viaxeiro

Lucía Mato Carlota Casal Alba Fdez Buján Andrea Vázquez Xisela Fuciños Carme Nieto Zeltia Labraña Fernabdo López Fernando Pereira Xabier Garabal Paco Veiga Estrella Blanco Susana Rodríguez Xan García Gloria R. Íñiguez Susana Losada ... e alguén que nos esqueceu

Divulgación

CUBERT A CUBERTA Xan García Carballo

A importancia das matemáticas O quecemento global Os Simpson Algo para abrir o apetito Arte urbano

Lectura

Campás na Terra de Melide A Banda do Peto O Tesouro dos Avós

Un día con Anxo Fariña

Deportes

Herdanza Recollendo tradición oral

O rallye galego Entrevista a Xesús Ferreiro entrevista a Alejandro Peón

Creación

Instituto

A palabra máis bonita... A voda perfecta Microcontos de 3º de ESO As historias de Agapito Unha historia de malos tratos Se eu fose Un soño que nunca quixen soñar Poemas Contos cunqueiráns

VI Carreira solidaria Xa estamos aquí!! A comida do ano Mostra fotográfica Unha autocrítica Consulta ao profesorado As escolas de ferrado Master Class Premio Proxecto Anoca O paso polo instituto O noso sistema de ensino Deseñando moda Desfile de moda deseñada Desfile de moda clásica Viaxe a Tarragona e Valencia Viaxe a Lituania Corremelide 2010 Non é o final, é o principio Manifesto da lingua galega

Madeira

Ilustramos este Intres coa obra de Laxeiro O EQUIPO DE REDACCIÓN

Música

Os exipcios e a madeira O moble no imperio romano O mobiliario do renacemento e barroco Thomas Chippendale e o estilo inglés

COLABORADORES/AS COLABORADORES/AS Adrián García S3B, Adrián S1D, Aitana Castro S2A, Alba Carreiro 2ºESO, Alba Casal Vázquez 2º ESO, Alba Fdez Buján B2B, Alejandro Peón B1C, Alex, David, Fani B2A; Alumnado de 1º de ESO, Alumnado de música de 1º BAC, Ana Santos Peón B1C, Andrea Vázquez B2A, Ángel Cabo S3A, Ariadna S3D, Belén Casal 2º ESO, Brais 1º ESO, Carlos Mato B1C, Carlota Casal B2A, Cristina 1º ESO, Cristina Conde B1B, Cristina Vázquez B1C, Diego Andrade S1A, Diego Rguez Noguerol B1A, Doa Laya B1C, Elena Varela S3D, Eva Vázquez Torreiro B1A, Fanny, Francisco Monterroso B1C, Iria Adán Penas S3B, Iria Parras B1B, Isabel Varela S3D, Iván Yañez S1D, Jennifer Mato López B1C, Jessica Barreiro S3A, Jessica Varela López S1D, Lara Rguez Vázquez S3D, Laura 1º ESO, Laura Sánchez Agra B1C, Laura Segade B1C, Lorena Vázquez B1A, Lidia Rguez Penas B2A, Lucía Mato B1A, Mª Pilar Cabo, Manuel Penín S1D, Manuel Vázquez Mourazos S1D, María 1º ESO, María Díaz B1A, Marta Sánchez 1º ESO, Montse Pallares S3D, Naiara Vázquez S1B, Natalia López Mejuto B1C, Nenos e nenas de 1º de ESO B, Nerea Pampín, Noelia Somoza B1C, Noelia Varela B2C, Patricia Buján B 1B, Patricia Amboage S1A, Patricia Vázquez Porto B1C, Patry Méndez Asorey B1A, Roberto Loureiro B1C, Ruben Sánchez Oro B1B, Rubén Vázquez Sánchez B1A, Sandra Amboage S3B, Sonia Mosteiro, Tamara Mato B1B, Tania F. Sesto S3A, Tania Santiso S1D, Vanesa, 1º ESO, Vanessa Sánchez Carril S1A, Verónica Trabazo B1C, Xisela Fuciños B2B, Yago Sleiman B1A, Yasmina El Gtaibi B1B, Yolanda Penas B1C, Yolanda Rouco B1A


Actualidade

O GALEGO GALEGO,, O NOSO EXISTIR! Os pasados 21 de xaneiro e o 17 de maio celebráronse en Compostela dúas multitudinarias manifestacións nas que participou IES de Melide, para protestar contra o decreto de plurilingüismo proposto pola Consellería de Educación e recentemente aprobado no Parlamento Galego. Con estas dúas grandes manifestacións a prol da lingua mostrouse que os galegos e galegas non estamos dacordo coas medidas que quere adoptar o goberno da Xunta xa que suporán un gran golpe a todo o labor que se veu facendo nestes anos pola normalización da nosa lingua.

XISELA FUCIÑOS, B2A

IES de Melide

Uns cincuenta rapaces e rapazas do IES de diferentes idades formamos parte delas, levando con nós dúas pancartas feitas pola Asociación de alumnos do centrro. Ese día a praza do Obradoiro, enchérase por dúas veces, nós, sentimos unha gran emoción ao ver toda aquela marea de xente berrando «NON AO DECRETO» e ao poder formar parte dela. Ademais serviunos para enchernos de forza para seguires loitando polo noso e para reinvindicar que a mocidade galega non vai ficar calada ante este tipo de feitos.

3 Xuño 2010

* Se queredes saber o que vai supor a aplicación do decreto de plurilingüismo, lede con atención o folleto elaborado pola Coordinadora de Equipos de Normalización (http:// www.coordinadoraendl.org/entrada.php), distribuído polo noso Equipo de Normalización.


Actualidade

IES de Melide

UXÍO NO VONEIRA NOV

Xuño 2010

4

A Real Academia Galega decidiu en sesión extraordinaria recoñecer ao poeta do Courel e homenaxealo no Día das Letras Galegas 2010 no décimo aniversario do seu pasamento. Nos seus textos, coidando a forma poética e a linguaxe, Novoneyra amosa o seu compromiso nacionalista e marxista. O paraíso desa paisaxe do Courel e a Galicia arredada cos seus xeitos tradicionais quedan marcados a fogo na súa nenez e mocidade, e logo volcaríanse na súa obra poética. A época histórica convulsiva e represiva dos trinta e corenta reflectiranse na súa poesía cívica e quizais na súa inclinación polo marxismo. O poeta e escritor Uxío Novoneyra nacera como Eugenio Novo Neira na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, (Na bibliografía consultada dáse como lugar de nacemento «Parada de Moreda», no Courel, pero tal lugar non aparece no Nomenclátor actual,

que recolle un «Parada» e un «Moreda», ámbolos dous lugares da parroquia de, Seoane do Courel Folgoso do Courel) o 19 de xaneiro de 1930 , Provincia de Lugo, e morrera en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999. Foi fillo dunha familia labrega no Courel, unha paisaxe que ficou nos seus versos, os mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. De novo estivo relacionado con intelectuais como Ramón Piñeiro, Luís Pimentel, Manuel María ou Anxel Fole. Volveu a residir no Courel do ano 1953 ata o ano 1962, recuperándose dunha doenza pulmonar, deixando na súa obra literaria este retorno, unha pegada fonda. Fixo o bacharelato en Lugo dende o ano 1945 ata 1948. En 1947 vai vivir a Parada do Caurel a autora noiesa María Mariño Carou (Día das Letras Galegas 2007), con quen ten unha

profunda relación persoal ata a morte da poeta en 1967. Esta relación deixará unha profunda pegada na obra de ámbolos dous poetas. En 1948 coñece en Lugo ao seu compañeiro de xeración, o escritor da Terra Cha, Manuel María. Logo fai un curso de Filosofía e Letra (matricúlase como oínte) en Madrid, onde emigra de 1949 a 1951. En Madrid ten unha formación cultural maiormente autodidacta, publicando na revista universitaria Bengala dous poemas que formaban parte do libro inédito Desde las cosas. É tamén a súa etapa de descubrimento da política estudiantil, da súa ideoloxía crítica. Dá o seu primeiro recital poético dando comezo a súa sona como «decidor» de poesía. En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servicio militar, pasando por Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, atopándose outra vez con Manuel María. En Santiago toma contacto co Galeguismo e con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaísta, filósofo e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura emblemática e patriarcal de Ramón Otero Pedrayo, que influirán na futura obra novoneyriana. Esta achega ao galeguismo, xunto e o retorno ó Courel nunhas vacacións no ano 1952, faino volcarse a escribir en galego, lingua natal que xa endexamais deixaría. No ano 1957 xa hai o seu primer acto de rebeldía política contra a proscrición da


Actualidade

UXÍO NO VONEIRA NOV LET ANÍA DE GALICIA LETANÍA GALICIA digo eu ún di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastr’os que calan din GALICIA e saben sabemos GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza

IES de Melide

libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir

5

GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa GALICIA irmandiña GALICIA viva inda recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borrosa

Xuño 2010

nosa lingua, no medio dos anos escuros, facendo balbordo no ambiente represivo fascista: valentemente fala en galego no ciclo «Homenaje a la poesía gallega». En 1962, até o 66, Madrid vírao de novo, esta vez, traballando en radio e televisión. En Madrid asiste as tertulias do Café Gijón, con poetas e artistas plásticos. Relaciónase tamén cos membros do grupo Brais Pinto: o pintor Reimundo Patiño, o profesor Herminio Barreiro, o político Bautista Álvarez (logo deputado, fundador de Unión do Povo Galego en 1964 e un dos fundadores do BNG) e os escritores Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Xosé Fernández Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín (membro da Real Academia Galega no ano 2000). Como unha chamada permanente do destino, retorna ao Courel en 1966, debido á enfermidade dos seus pais. En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei con quen casa en 1973, con quen ten tres fillos: Branca Petra, Uxío e Arturo. O seu pai morre en 1971 e en 1973 a súa nai. Como parte do seu compromiso cívico e político traduce ao galego varios poemas do escritor e político chinés Mao Zedong (El Progreso, 19-9-1976). Novoneyra para esta data é xa un escritor consagrado, figurando na Gran Enciclopedia Gallega, e respetado polos seus contemporáneos como se reflicte en «O fonosimbolismo na poesía de

recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa. 1968 Novoneyra» (1980) de Claudio Rodríguez Fer, «O iceberg poético de Novoneyra» (1981) de Anxo Tarrío en 1981, «De Pondal a Novoneyra» (1984) de Méndez Ferrín e «Poesía galega» ( 1989 ) de Rodríguez Fer.

Reside ata 1983 entre Lugo e O Courel, cando ten a súa definitiva mudanza e radícase en Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata o seu pasamento.


Actualidade

IES de Melide

O V OLCÁN ISLANDÉS VOLCÁN EYJAFJALLAJÖK ULL EYJAFJALLAJÖKULL

Xuño 2010

6

Xa todos estades cansados de oír por aí que se o volcán islandés, que se a nube de cinza, que se os voos cancelados, etc. Pero realmente sabemos o que pasou? Para os que non o saiban aquí vai este pequeno resumo! O volcán Eyjafjallajökull, máis comunmente chamado Eyjafjalla (aínda que nós, para abreviar as cousas e non matarnos a pronuncialo, ímoslle chamar soamente volcán islandés) é un glaciar en realidade, un dos máis pequenos de Islandia. Baixo o que se atopa o mesmo volcán. Todo comeza a finais do 2009 cando aparecen pequenos movementos sísmicos. En principio son pequenos pero todo o que se ve, engana, e o 20 de marzo, o volcán entra en erupción. O conto non remata aí, días despois, o 14 de abril, preséntase unha segunda erupción. A primeira foi case coma un paseo pola praia pois non houbo danos materiais nin danos persoais xa que a erupción alcanzou zonas despoboadas. Porén, NASA cavilou en que isto só era un preludio dunha erupción aínda maior! Por desgraza tivo razón O 14 de abril o volcán islandés volve entrar en erupción. As cousas complícanse pois chégase a estimar que foi 10 ou 20 veces peor que a primeira. Esta erupción provocou algo máis que lava. O Eyjafjalla está situado debaixo dun glaciar e ó saír a lava, esta arrefría moi axiña formando pequenos fragmentos de vidro, os cales van as-

cender dentro da columna de cinza. En principio non se ve problema ningún pero logo atopámonos con que os fragmentos mesturados coas cinzas danan seriamente os motores dos avións e estes deben cancelar as súas saídas. A OTAN manda algúns avións cazas para explorar a zona e analizar a situación pero comproban de preto que non se pode xogar coa mestura. Que pasou? Pois que foi chegar alí e comezárense a cristalizar os minerais no interior dos motores dos cazas. Por sorte chegaron a terra sen problemas. Pasados uns días, os vulcanólogos cren que o volcán comeza a expulsar menos cinza pero ao día seguinte a erupción fortalécese. A cinza expulsada na segunda erupción ascende á atmosfera ocasionando a interrupción do tráfico aéreo. Os aeroportos comezan a pechar e chegáronse a cancelar cerca de 95.000 voos ata a data. Pouco a pouco a situación comeza a estabilizarse pero moitos aseguran que, por uns

días, Europa retrocedera cerca dun século. Menos mal que só por uns días! Posiblemente os efectos máis graves foron sobre o clima. En resumidas contas, estivemos a piques de morrer de frío pero libramos! Se a cinza chegase á estratosfera, a temperatura baixaría globalmente. Por sorte non alcanzou esa altura. Outra cousa moi curiosa foi que, o tempo no que os avións estiveron sen voar, reducíronse as emisión de gases de efecto invernadoiro! Polo menos uns 2,8 millóns de toneladas de CO2! Realmente... si que contaminamos moito... Para rematar, dicirvos que con este tipo de acontecemento chegamos á conclusión de que non somos quen de controlar o planeta e que as cousas da natureza escapan e seguirán escapando das nosas mans. CRISTINA CONDE CARRERA, TAMARA MATO MELLA, SONIA MOSTEIRO LABANDEIRA, B1B


Actualidade

QUEN ESTEA LIBRE DE PECADO…

7 tal vez despois que Kobra Babaei, unha muller embarazada correrá a mesma sorte logo de dar a luz. A ninguén parece importarlle, e nunca chegaremos a saber ata que punto somos afortunados por nacer no lugar onde o fixemos. A todos nos horroriza ver no telexornal ou ler nun titular casos coma os destas mulleres. «Lapidación! Meu Deus! Pero iso aínda existe?». Non caemos na conta de que non son atrocidades do pasado, senón barbaries do presente, e de que fóra, alén das nosas fronteiras, do noso minúsculo e pechado mundo, hai ollos que miran cara o ceo suplicando piedade, axuda, e preguntándose por que. Como dixo Bob Dylan, cantas mortes serán necesarias para darnos conta de que xa foron demasiadas? LUCÍA MATO GÓMEZ, B1B

Xuño 2010

Khodadadeh e Vali Azad –acusados de adulterio- máis outro home non identificado. En total, aplicando este e outros métodos, 664 persoas foron executadas dende principios de 2008 ata mediados de 2009. Segundo informa Amnistía Internacional, a día de hoxe polo menos sete mulleres e dous homes atópanse condenados a morte por lapidación en Irán, un método de execución destinado aos adúlteros e especialmente cruel tendo en conta que falamos de xeitos de tortura e degradación antes de acabar coa vida da persoa. Para levalo a cabo entérrase os homes ata a cintura e as mulleres ata o peito, e empréganse pedras o suficientemente grandes como para causar dor pero pequenas dabondo para non matar a vítima ao instante, incrementando o seu sufrimento mentres a multitude participa exaltada na barbarie de sangue e terra. Se ben a pena de morte aínda continúa vixente en 90 países, os casos de castigos físicos desta índole «só», por dicir algo, perviven en 31. As cifras non crean conciencia, pero os exemplos resultan máis ilustrativos: o pasado mes de novembro unha nena de trece anos foi apedrada ata a morte en Somalia, e proximamente, tal vez antes,

IES de Melide

Dicir Kobra Babaei é poñerlle nome a un drama que sofren miles de persoas, sobre todo mulleres, en moitos países arredor do globo. A vida desta muller iraniana corre grave perigo tras ser condenada a lapidación, acusada, xunto co seu xa finado marido –aforcado por ser declarado «culpable de sodomía» e adulterio- de ser infiel durante o matrimonio. Pero, como tantas outras veces, o verdadeiro delito da parella non foi máis que o de carecer de recursos: sen posibilidade de gañar a vida doutro xeito e cunha filla de doce anos que alimentar, víronse abocados ao mundo da prostitución nun país moi pouco permisivo con este tipo de asuntos. O avogado do matrimonio considera ilegal o aforcamento do marido, Rahim Mohammadi, posto que non se lle informou de que fose a facerse efectiva a sentenza de execución, tal e como obriga a lei do país. Asegura, ademais, que non había probas reais para acusalo de sodomía, e que se tratou só dun pretexto para poder aforcalo en lugar de lapidalo, como lle acontecerá a Kobra Babaei se as autoridades iranianas non dan marcha atrás. En Irán, as lapidacións prohibíronse durante un tempo grazas á presión dos organismos internacionais, pero a finais do pasado ano reanudáronse e, dende entón, xa morreron tres homes como consecuencia destas prácticas: Houshang


Divulgación

A IMPORT ANCIA D AS MA TEMÁTICAS IMPORTANCIA DAS MATEMÁTICAS Introdución Dende as máis antigas civilizacións ata os nosos días, foron esenciais as matemáticas en todos os aspectos. Xa que as primeiras civilizacións coma os exipcios eran grandes matemáticos na construción de pirámides e outros monumentos colosais. Neste traballo poderase observar como as antigas civilizacións coma Exipto ou a India utilizaban diferentes apartados das matemáticas, ou pintores , coma Leonardo da Vinci, tamén utilizaban números nas súas creacións ou como Eratóstenes utilizaba os ángulos para demostrar que a terra ten forma esférica.

IES de Melide

Os Exipcios e a proporción

Xuño 2010

8

No antigo Exipto coidábase especialmente a produción de pan. Para controlar a calidade deste produto contaban a cantidade de cereal que había ao principio e o número de bolos de pan que se obtiñan ó final. Ao cociente destas cantidades chamábanlle pesu. Se o pesu era maior que 45, significaba que obtiñan demasiados bolos a partir do cereal que tiñan, e polo tanto, había pouco cereal en cada bolo, é dicir, o pan era de peor calidade. Os ingredientes de calquera alimento elaborado sempre gardan unha proporción. Nesta imaxe, pódense observar as proporcións dos exipcios.

A India e as fraccións A India ten unha historia, na que se narra que existían 3 irmáns que tiñan que repartir os 17 camelos que o seu pai lles deixara en herdo. O Irmán máis vello tiña que recibir 1/2 do total de camelos, o mediano 1/3, e o pequeno 1/9. Pero, non sabían como repartir os camelos, pois ao facer os cálculos, obtiñan estes resultados.

1/2 de 17 = 8,5

1/3 de 17 = 5,66…

1/9 de 17 = 1,88…

Qué podían facer?, partir un camelo en cachiños? Alguén que pasaba por alí e viu a situación, decidiu presentarlles un camelo para solucionalo. Con 18 camelos si que podían facer ben o reparto, pois:

1/2 de 18 = 9

1/3 de 18 = 6

1/9 de 18 =2

Pero como 9+6+2=17, ao final resultou que lles sobraba un camelo «o que lles deixaran», entón puideron repartir os 17 camelos.


Divulgación

A IMPORT ANCIA D AS MA TEMÁTICAS IMPORTANCIA DAS MATEMÁTICAS Leonardo da Vinci e os números decimais Leonardo da Vinci foi un sabio interesado por todas as ramas do saber e por todos os aspectos da vida. A súa gran curiosidade levouno a pintar moitas obras importantes, aínda que sen dúbida a máis famosa é a Gioconda ou Monna Lisa, debido á súa particular beleza e ao seu peculiar sorriso. Si se observa o rectángulo debuxado sobre a súa cara, e se divide o longo do rectángulo polo largo, obterás un número moi próximo a 1,618. Leonardo da Vinci bautizou este número como o «Número de Ouro, e utilizouno tamén en moitas outras obras de arte, xa que ese número facía que todos os cadros parecesen «máxicos.

Gauss e o seu famoso polígono Non todos os polígonos regulares se poden construír de forma exacta con regra e compás. Hai máis de 2.000 anos debuxábanse, con este método, algúns polígonos como o triángulo equilátero, o cadrado, o pentágono regular e outros polígonos regulares que tiñan un número de lados múltiplo de 2, de 3 ou de 5. En 1.796, Gauss debuxou un polígono de 17 lados utilizando soamente regra e compás, cousa que ata entón fora un problema imposible de resolver. Gauss non só conseguiu construír un polígono de 17 lados, senón que demostrou que só algúns polígonos regulares con número impar de lados se podían construír con axuda de regra e compás. Estes descubrimentos animaron a Gauss a seguir estudando matemáticas e, ao longo da súa vida, realizou moitos outros avances matemáticos importantes.

9 Xuño 2010

Antigamente críase que a Terra era plana. Eratóstenes, un sabio do século III a.C., sospeitaba xa nesa época que a Terra era esférica. Que lle fixo pensar isto? Eratóstenes observou que no momento en que os raios do sol caían perpendiculares á Terra, a sombra de dous paus iguais cravados en distintos lugares era diferente. Isto só podía ocorrer se os ángulos que formaban os raios do sol cos paus eran distintos. E iso non podía pasar se a Terra era plana! Na imaxe, pódese observar un reloxo de sol, que coa sombra que produce a variña calculaban o tempo as antigas civilizacións.

IES de Melide

A xeografía e os ángulos


Divulgación

A IMPORT ANCIA D AS MA TEMÁTICAS IMPORTANCIA DAS MATEMÁTICAS Números infinitos Símbolo «0» procede da antiga Grecia, pero hai diferentes versións sobre como xurdiu. Algunhas persoas cren que este símbolo deriva dunha moeda sen valor chamada óbolo. Os comerciantes usaban estas moedas como fichas para facer contas na area. Cando quitaban unha delas, quedaba unha marca redonda similar ao cero. Outros pensan que vén da primeira letra da palabra grega «ouden»que significa «nada». Este Símbolo viaxou de Grecia á India, aos países árabes e de aí a Europa, ao longo de centos de anos. O cero é, pois, un número co que os homes puideron contar a partir do 9 infinitas cifras e con ese símbolo tamén chegaron os números enteiros.

IES de Melide

O gran invento das matemáticas O braille é un alfabeto que utiliza puntos e guións en relevo sobre cartón, e lese movendo a man de esquerda a dereita, pasando os dedos por cada liña. Utiliza combinacións de 6 puntos para xerar todas as letras do alfabeto. Así, por exemplo, a letra «a»escríbese como:

Xuño 2010

10 Para escribir un número utilízanse as primeiras letras do alfabeto precedidas por un signo que indica que é un número. A coma dos números decimais tamén se escribe como:

O sistema de braille foi inventado por Luis Braille aos 15 anos, despois de perder a visión nun accidente cando só tiña 3 anos de idade. O seu sistema de puntos é un grand invento que se utiliza para escribir moitísimos libros. MANUEL VÁZQUEZ MOURAZOS, S1D


Divulgación

O QUECEMENT O GL OBAL QUECEMENTO GLOBAL

IES de Melide

11 Xuño 2010

O quecemento global, coñecido tamén co nome de cambio climático, é un problema medioambiental que está afectando o noso planeta dende fai anos e, a medida que avancemos no tempo, será peor. Algunhas das súas consecuencias son irreversibles, pero aínda estamos a tempo de frealo, ou mellor dito, reducilo para que avance máis lentamente. Iso si, se non actuamos con rapidez e seguimos ao mesmo ritmo, aumentarán as inundacións debido a que haberá máis tormentas e chuvias torrenciais; os glaciais derreteranse máis axiña subindo o nivel do mar considerablemente, o que dará lugar á desaparición de praias e algunhas illas; e a extinción de especies acelerarase debido a que os animais, as plantas e os ecosistemas non se adaptarán con facilidade aos cambios producidos. A actividade humana, xunto con outras, é a principal causa deste cambio climático. Por unha parte, atopámonos coa actividade industrial (máis notable nas cidades) e a enorme cantidade de vehículos que circulan día a día polas nosas estradas. Este feito provoca a liberación dunha grande cantidade de gases, xerados nas distintas actividades industriais e na queima do combustible dos coches, que se acumulan na atmosfera contaminándoa e favorecendo o efecto invernadoiro. Hoxe en día, na nosa sociedade, sería impensable vivir sen coche. A poboación o único que quere é a comodidade (loxicamente é máis cómodo utilizar o coche que ir andando) e non se para a pensar no grave problema que ocasiona: a con-

taminación. Por outra parte, atopámonos coa tala incontrolada de árbores e os incendios que están provocando a extinción da nosa flora e fauna e, ademais inflúen na capacidade que ten o noso planeta de limpar a atmosfera posto que, as árbores e demais vexetación, serven de pulmón a terra ó filtrar os contaminantes e liberar osíxeno. O noso afán controlador lévanos a destruílo todo e, pouco a pouco, estamos acabando co máis valioso que temos, o noso planeta. Hai unha expresión que di: «O MUNDO TEN DABONDO PARA

SATISFACER AS NOSAS NECESIDADES, PERO NON A NOSA COBIZA». Sen dúbida, a Terra ten moitos recursos e chegan para cubrir as necesidades de toda a poboación mundial, pero a xente é moi ambiciosa e sempre quere máis do que ten ou necesita. Somos uns inconformistas! Vivimos nunha sociedade consumista na que deberiamos administrar eses recursos de maneira responsable e equilibrar o que gastamos co que a terra pode repoñer. Mª JOSÉ PARRADO ALONSO, B1A


Divulgación

IES de Melide

OS SIMPSON

Xuño 2010

12

Os debuxos animados que máis nos gustan: Os Simpson Son unha familia típica dos Estados Unidos que vive en Springfield, una cidade ficticia de América. Homer, o pai, traballa como inspector de seguridade nunha planta de enerxía nuclear aínda que t a m é n traballou en máis de 120 empregos. É gordo, calvo e non demas i a d o intelixente. Encántanlle as rosquillas, a cervexa e a televisión. Homer está casado con Marge, una ama de casa traballadora e responsable coa que ten tres fillos: Bart, Lisa e Maggie. Bart é un problemático neno de dez anos, un neno rebelde que saca malas notas ao que lle gusta moverse por Springfield no seu monopatín. Lisa, de oito anos, é unha nena intelixente,

competitiva e sensible que adora o Jazz e tocar o seu instrumento preferido o saxofón. Pouco teñen en común os dous irmáns, mais os dous son fanáticos absolutos

dunha serie de debuxos animados extremadamente violenta chamada Rasca e Pica, e tamén de Krusty o pallaso. A terceira irmá, Maggie, un bebé que se comunica facendo ruído co chupete.

Na serie, que fai alusións á cultura popular e que está cargada de humor, apareceron un gran numero de persoas coñecidas: cantantes como Britnay Spears, grupos de música como Green Day, The Who, The Rolling Stones ou os Red Hot Chillie Peppers, o f u t b o l i s t a Ronaldo, o papa Xoan Paulo II, actores como Richard Gere ou o propio actor español J a v i e r Bardem, así c o m o t a m é n Shakespere, A b r a h a m Lincoln ou Paris Hilton entre outros. M a t t Groening é o autor desta serie de debuxos animados que comezou a emitirse en 1989. Groening estudou filosofía e traballou como periodista e caricaturista. Os Simpson levan o nome da súa familia. RUBEN SÁNCHEZ ORO E PATRICIA BULAN LÓPEZ, B1B


Divulgación

ALGO PPARA ARA ABRIR O APETIT O APETITO

IES de Melide

13

consumindo, como non ? De feito recentemente descubriuse que os Kuna, unha tribo que pervive en Panamá na que se consome 40 cuncas de cacao por día, o risco de sufrir catro das enfermidades máis mortais en Occidente (ictus, insuficiencia cardíaca, cancro e diabete) se reducen neste pobo a menos dun 10%. A capacidade antioxidante dos alimentos mídese en ORAC (en inglés « capacidade de absorción de radicais de osíxeno»). O cacao puro ten 2600 unidades, o valor máis alto de todos os alimentos estudados. Incluso o chocolate con leite (13.120 ORAC ) queda por riba do té verde (1.220 ORAC ). Sorprendido? Pois a cousa non queda aí…. tose nocturna??? Come unha onza de

chocolate negro! Recentes estudos demostran que é máis eficaz cós xaropes con codeína para calmala. Outras investigacións outorgan ao cacao capacidade antidiarreica e incluso certa utilidade fronte ás caries. Suficientes argumentos para consumir unha onza de chocolate negro por día, a que si??? *MOITO OLLO: O cacao é un ingrediente moi sensible aos cambios de temperatura polo que oscilacións de apenas 2º C provocan que a manteiga de cacao se funda e logo se recristalice quedando en forma dunha capa de cor branca que se forma na superficie das tabletas de chocolate. DOA LAYA LOLO, LAURA SÁNCHEZ AGRA, B1C

Xuño 2010

Chocolate…umm! Está boísimo si…pero…cada vez que o comes só pensas nas lorzas da barriga e nos puntos negros, verdade? Ben, pois iso rematou! Este manxar obtido dos grans da planta de cacao contén un gran número de propiedades antioxidantes e poderes curativos. A Theobroma ( cacao), unha das 1000 especies de esterculiáceas que viven nas cálidas e húmidas rexións tropicais é unha árbore de entre 5 e 8 metros de altura cunha coroa de 5 pólas grosas . As flores nacen nestas e tamén no tronco, durante todo o ano pero a produción limítase a dous períodos sucedidos polas estacións de chuvia. Os froitos son unhas «espigas» de entre 15 e 20 centímetros de longo e 10 de ancho; conteñen unhas 30 ou 40 sementes do tamaño dunha noz que concentran un 50 % de materias graxas. Catro meses despois da súa floración estes atópanse preparados para a recolección tras a cal se someten a unha serie de procesos (fermentación, secado, torrefacción…) antes de poder utilizarse para elaborar o chocolate. O cacao foi cultivado desde os tempos máis remotos polos Toltecas (tribo mexicana) ata que os españois se fixeron co seu monopolio durante varios séculos e introducírono en España cara 1520 modificando un chisco as receitas mexicanas e inventando así o chocolate líquido. Pero os indios mexicanos seguírono


Divulgación

IES de Melide

ARTE URBANO

Xuño 2010

14

É indubidable que os graffitis hoxe en día xa os podemos considerar como unha arte, un movemento artístico. Dende os seus comezos, nos anos 60 en Nova York, esta arte tivo moita evolución en canto á súa consideración e influencia na sociedade. Pero incluso para mirar nas súas orixes teriámonos que remontar a hai miles de anos, xa que as primeiras mostras son as pinturas rupestres na Prehistoria, tamén no Imperio Romano se facían inscricións en latín vulgar con consignas políticas, insultos, declaracións de amor…. Dende os anos 60 os graffitis tiveron un contido político, e era unha forma de mostrar o descontento social, normalmente o escenario eran paredes e inmobles de barrios marxinais. Filadelfia foi un dos escenarios máis importantes para esta arte que sempre estivo relacionado co mundo do hip hop e do rap. Pero pouco a pouco foise cambiando a forma de ver estas pintadas, e pasouse de ver como algo marxinal a empezar a considerarse como unha arte, incluso foron aparecendo tipos ou estilos de graffitis, entre eles: O TAG ou firma; o pioneiro foi Taki 183, é dentro da escala o chanzo máis baixo pola súa sinxeleza. TAG CON OUTLINE; firma con borde, Super Kool foi o máis destacado. BUBBLE LETTERS; letras pompas THROW UPS; son unha versión chapuza do estilo anterior. BLOCK LETTERS; son letras grandes. WILD STYLE; estilo salvaxe. MODEL PASTEL; busca crear estilo e chamar a atención, son os tamén chamados 3D. DIRTY; estilo lixo, orixinario de Francia. GRAFFITI ORGÁNICO. CHARACTERS.ICONOS. GRAFFITI ABSTRATO; que se afastan moitos dos orixinais. RASGOS COMUNES; con 3D, destelos, brillos… É paradóxico ver que antes os graffiteiros eran perseguidos polas súas pintadas, e que hoxe en día moitos son considerados artistas, ou escritores, que é como normalmente se lles chama. E son en moitas ocasións contratados por concellos, comerciantes…xa que un graffiteiro nunca vai pintar por encima dos debuxos doutro para facer as súas obras, evitando que outros fagan protestas en tendas ou institucións públicas de protesta, aínda que isto para moitos dos escritores é unha ofensa e rechazan estes traballos porque consideran que van en contra dos seus principios e da súa liberdade artística. CARLOS MATO SALGADO, B1B


Lectura

UN DÍA CON ANX O FFARIÑA ARIÑA ANXO O día 28 de outubro veu Anxo Fariña ao IES de Melide. Veu porque nos agasallaron con un libro seu, Os Megatoxos e a espada Esmeralda. Presentouse con diapositivas de debuxos seus, pois non hai que esquecer que non só é escritor, senón que tamén é debuxante, conferenciante... Logo, colleu a Nuria, unha rapaza de 1º de ESO C, debuxouna nunha pizarra e púxolle ás e rabo. Foi unha divertida visita, pero non moi longa. Xa ten á venda o terceiro libro da colección: Os Megatoxos e os templarios da luz. JESSICA VARELA LÓPEZ, S1D

A min Anxo Fariña pareceume un bo artista e escritor e que ten unha grande imaxinación para escribir. Tamén o título que lle puxo aos seus libros chamoume moito a atención porque é moi chamativo e interesante. TANIA SANTISO, S1D

Anxo Fariña fíxonos pasar un anaco moi agradable e divertido. Ensinounos coas súas palabras o fácil que é construír relatos curtos e que dun círculo pódense sacar moitas cousas. E coa súa conferencia fíxonos cavilar que a literatura pode ser moi divertida. MARTA SÁNCHEZ, S1D

Hoxe, día 28 de outubro veu ao IES de Melide Anxo Fariña, o escritor e ilustrador dos Megatoxos. Deunos unha charla dicíndonos como se facía para escribir un libro. Díxonos que o primeiro paso é escribir un punto. Ese punto daríanos a idea principal. Despois, sacou a unha compañeira e debuxouna moi ben. E sabedes como a debuxou? Mirándoa fixamente, debuxouna. Polo seu carácter fíxolle rasgos que lle parecían importantes. Finalmente díxonos que a el lle levaba escribir un libro catro ou cinco meses, sen estar todo o tempo escribindo; e unhas ilustracións, tres semanas máis ou menos. A min paréceme que Anxo Fariña ten unhas ideas xeniais, porque lin o libro A espada esperalda e encantoume. Recomendo os libros de Anxo Fariña a todos os nenos/as e adultos. E, se o len, espero que teñan a mesma opinión ca min. NAIARA VÁZQUEZ NEIRA, S1B

15 Xuño 2010

DIEGO ANDRADE, S1A

IES de Melide

O escritor vigués Anxo Fariña asistiu ao noso instituto o día 28 de outubro. Antes do segundo recreto, todos e todas os alumnos e alumnas estaban na aula de audiovisuais, onde tamén estaba Anxo. Puntualmente empezou a darnos unha interesante charla sobre as vantaxes de contar ou escribir historias, para explicalo mellor, colleu un alumno como voluntario. Despois debuxou unha alumna estupendamente nunha pizarra. Ao acabar co debuxo, empezou a falar do seu exitoso libro Os Megatoxos; contou en que se inspirara, os lugares que escollera para representar a historia... Despois acabouse a cita cunha rolda de preguntas.


Herdanza

RECOLLENDO TRADICIÓN ORAL CANTIGAS DA TERRA DE MELIDE

IES de Melide

A aldeíña de Corbelle, aldeíña de namorados. A aldeíña de Corbelle, tenvos contos ben soados, vai casar o Paliquero con Teresa de Parrado. As de Garceiras, pernas tortas, e as do Ribeiro tamén, pra boas mozas Corbelle, todas ben feitas se cren.

Xuño 2010

16

Informante: Antonio Souto Blanco. Recollida por Iria Souto García, dos Ánxeles. Sae ti bo bailador, sae ti pronto a bailar, vai quitar a mellor moza que hai neste lugar. Vai quitar a mellor moza que hai neste lugar, sae ti e saca a mellor moza, sae ti pronto a bailar. Ai lalelo, ai lalalo, Ai lalalo, ai lalelo. Informante: A avoa de Vanessa. Ela aprendeuna na escola. Recollida por Vanessa Rodríguez Barreiro, de Folladela. Maruxiña de Forneiro, se coceses faime un bolo, se mo fas faimo de millo, que de trigo non cho como. E pra que non digas que tal e que cual, que foi ou non foi, que tal que sei eu, eu aló non fun e ela acó non veu, nin eu llo pedín nin ela mo deu.

LENDAS E OUTRAS HIST ORIAS D A TERRA HISTORIAS DA DE MELIDE Unha parella de noivos saía pola noite á discoteca. Ao chegar , a parella empezou a bailar e a moza quitou a chaqueta e colgouna no percheiro. Pero foise facendo tarde e tiveron que marchar ás présas. Na metade do camiño a moza deuse de conta de que lle esquecera a chaqueta na discoteca e acordou co seu mozo que a fora buscar el e que ao día seguinte lla levase á súa casa. Á maña seguinte o mozo foi á casa da súa moza e abriulle o pai a porta. O mozo preguntoulle ao pai se estaba a súa filla e este contestoulle que falecera había cinco anos. Informante: O pai de Naomi. Recollida por Naomi Estévez, de Melide.


Herdanza

RECOLLENDO TRADICIÓN ORAL REFRÁNS DA TERRA DE MELIDE - Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño. Informante: O pai de Lorena. Recollido por Lorena Carrón, de Campos. - Pola ignorancia equivocámonos e polas equivocacións aprendemos - Vale máis pouco pecar que moito confesar - Días de todo, vésperas de nada

- O amigo do teu viño non o queiras por veciño - Sogra, avogado e doutor, canto mais lonxe mellor - O amigo e o cabalo non hai que cansalo

- Marzo marzolo, trebón e raiolo. - Marzo marzán, á mañá cara de rosa e á tarde cara de can. - En San Xoán, a sardiña pica o pan. - O último día de novembro, día do Santo André, o mosto viño é. - Non se pillan as troitas coas pernas enxoitas. Informante: O pai de Nuria. Recollidos por Nuria Rouco, de Beigondo.

Dende aquelas, cando meu avó de novo o volveu sementar, non foi necesario facer nada, porque os paxaros non se achegaban. Informante: O pai de Laura. Recollida por Laura Couso, de San Román.

17 Xuño 2010

Informante: O pai de Laura. Recollidos por Laura López Roca, de Furelos.

Esta lenda trata do meu avó, do que lle pasou. Antigamente en todas as casas sementábase o trigo, e o normal era que sempre houbese algún desperfecto polos paxaros, que llo comían todo. Ao meu avó ocorréuselle una idea, contarllo ao cura, xa que o cura vivía practicamente fronte por fronte. O cura, para que os paxaros non lle comeran o trigo a meu avó, ía rezar todos os días. E o sistema deu resultado.

IES de Melide

Informante: O pai de Cristina. Recollidos por Cristina López Roca, de Furelos.

LENDAS E OUTRAS ORIAS D A TERRA HISTORIAS DA HIST DE MELIDE


Creación

A PPALABRA ALABRA MÁIS BONIT A DO BONITA GALEGO… E A MÁIS FEA Sen a palabra non somos nada. Coa palabra amamos, rimos e facemos rir, choramos… e facemos chorar, agarimamos, berramos…, pero coa palabra tamén deixamos que se amose a nosa parte máis ruín, a máis escura. Pensando, mirando no máis fondo de nós mesmos, de nós mesmas, descubrimos cales son as tres palabras coas que máis nos identificamos, aquelas que mellor transmiten o que somos e o que pensamos. E tamén buscamos unha, e só unha –para que máis?- coa que deixamos que o mundo vexa ese outro eu que temos agachado. Son estas:

As súas tres palabras máis bonitas: Natureza. A natureza hai que coidala porque grazas a ela estamos aquí. Saúde. Se non se ten saúde, non se ten nada. Amigos. Os amigos son moi importantes para ter onde te resgardares nos malos e nos bos momentos.

18

A súa palabra máis fea: Enfermidade. Cando aparece a enfermidade, todos nos poñemos tristes… e pasámolo mal.

Xuño 2010

IES de Melide

IVÁN BARREIRO

MARCOS ROCA

As súas tres palabras máis bonitas: Campo. Cando estou no campo síntoma libre. Can. Os cans fan moita compañía e protéxente. Familia. Somos do mesmo sangue, e todos nos apoiamos para o que faga falta. A súa palabra máis fea: Violencia. A violencia é algo inmoral, unha fala de respecto cara os teus semellantes moi grande.

ADRIÁN ROCA

As súas tres palabras máis bonitas: Vida. É, realmente, o único que temos. Única. A única que temos, a palabra o di. Aproveita. O único que podes facer, se es algo listo, vivir o presente de forma única. A súa palabra máis fea: Morte. O que ninguén quere.


Creación

A PPALABRA ALABRA MÁIS BONIT A DO BONITA GALEGO… E A MÁIS FEA TAMARA PÉREZ

As súas tres palabras máis bonitas: Sinxelo. A min gústanme as cousas simples, sen voltas. Pomba. O símbolo da paz, iso que nunca chega. Añórote. É, simplemente, bonita… polo que leva consigo. A súa palabra máis fea: Nunca. É unha palabra que non se debe utilizar. Non se debe dicir nunca a nada.

As súas tres palabras máis bonitas: Ámote. É unha palabra bonita porque é a que lle poño á xente que aprecio e que quero. Meu todo. É o que lle digo a unha persoa que quero moito e que o é todo para min. Quérote. .

ALEJANDRO MEJUT O MEJUTO

As súas tres palabras máis bonitas: Galego. Porque é o noso prezado idioma. Valor. É unha palabra que arrinca do interior porque só desde aí ten sentido. Respecto. É o que todos teriamos que sentir ao intentar facer algo perigoso . A súa palabra máis fea: Medo. O peor que se pode sentir.

PA ULA FISTEUS

As súas tres palabras máis bonitas: Estráñote. É unha palabra que utilizo a unha persoa moi especial para min cando non a teño cerca. Adórote. É unha palabra bonita, que utilizo coa xente que quero e aprecio. Sempre. Utilízoa con persoas moi importantes para min, das cales non me quero separar nunca. A súa palabra máis fea: Non. Esta palabra non me gusta porque sempre que oio «non» é por algo malo.

19 Xuño 2010

A súa palabra máis fea: Odio. Non podo evitar sentilo ás veces, poucas, cando alguén me fai algo malo.

IES de Melide

LUCÍA VALIÑO


Creación

A PPALABRA ALABRA MÁIS BONIT A DO BONITA GALEGO… E A MÁIS FEA LUCÍA CORRAL

As súas tres palabras máis bonitas: Amor. É unha palabra moi bonita porque todos necesitamos alguén que nos queira, que nos dea amor. Amizade. É algo moi bonito, porque se a amizade é verdadeira, sempre terás alguén aí con quen contar. Paz. Todos e todas necesitamos harmonía na nosa vida.

IES de Melide

A súa palabra máis fea: Envexa. Para min esta palabra é a máis fea porque, se es unha persoa envexosa, nunca poderás ser feliz.

Xuño 2010

20

AIT OR CUEST A AITOR CUESTA

As súas tres palabras máis bonitas: Romanticismo. Gústame porque estaría moi ben que máis xente fose romántica. Paz. Gustaríame que ninguén fose máis que ninguén, que ninguén abusase de ninguén, que houbese paz en todas partes. Rap. Gústame esta palabra porque é un tipo de música moi desprezada, e quero que se deixe de criticar porque ten o mesmo dereito de existir que outros tipos de música.

A súa palabra máis fea: Pobre. Non me gusta nada que haxa pobres no mundo, porque eu creo que todos e todas debemos ser iguais.

JOSÉ ÁNGEL FREIRE

A súa (única) palabra bonita: Galegos. Estou orgulloso do noso falar, da nosa lingua. A súas tres palabras máis feas: Merda. É unha palabra que non debe ser pronunciada porque ofende moito. Gocefellos. É unha palabra da que hai xente orgullosa, pero a min paréceme fatal. Regra. Habería que buscar outro significado para esta palabra cando se refire ás mulleres.

Alumnado do PDC de 3º


Creación

A V OD A PERFECT A VOD ODA PERFECTA Esta obra foi premiada no concurso de Creación Literaria organizado polo ENDL do centro na modalidade de teatro

PERSONAXES POR ORDE DE AP ARICIÓN APARICIÓN ARICIÓN:: Cura Pedro Lola Alfredo

(Vanse bicar, pero o home con cara de asco apártase lentamente. De súpeto, irrompe na escena Alfredo).

(Lola, enfadada, vaise da igrexa) PEDRO: Ejem.... Ehhhhhh..... (O cura míraos con cara de odio, Alfredo e Pedro abandonan a igrexa) ALFREDO: JA JA JA!!!! Volveu funcionar! Fixéchelo xenial! PEDRO: Ti tamén, xa van... creo que catro veces! ALFREDO: E coa gorda do ano pasado, cinco. Canto sacamos con esta? PEDRO: 7000 euros ALFREDO: Non está mal, con este negocio cada vez sacamos entre 6000 e 10000 • PEDRO: Excepto a alemá de hai tres anos. Por certo, como se chamaba? ALFREDO: Non me acordo, sen embargo acórdome da súa conta, 12000!

PEDRO: Temos que buscar outra solteirona corentona. Estou pensando na que vive en fronte do... ALFREDO: Cala! Esa persoa que se acerca cun pao na man non é... PEDRO: LOLAAAAAA!!!!!!! (Lola perségueos, eles intentan refuxiarse na igrexa, pero está o cura con outro pao) LOLA: Pensas que eu son tonta? PEDRO: Un pouco... quero dicir... NON!!!!! (O cura golpea a Alfredo co pao e Lola dálle a Pedro) LOLA: (Quitándolle a carteira a Pedro) Pensaban timarnos!!!! CURA: Pero nós somos máis listos, isto engana a calquera (Di quitando o alzacolos) A onde imos? LOLA: Imos para casa, cariño. AUTOR: ADRIÁN PRIETO DE DIOS, S1D

21 Xuño 2010

CURA: Aceptas esta muller como a túa lexítima esposa, para amala e respectala na saúde e na enfermidade, na riqueza e na pobreza, no bo e no malo, no artificial e no natural, por mar e por terra, na casa e fóra da casa, con calor e con frío, no fácil e no difícil ata que a morte vos separe? PEDRO: Si, quero CURA: Aceptas a este home como o teu lexítimo esposo, para amalo e respectalo na saúde e na enfermidade, na riqueza e na pobreza, no bo e no malo, no artificial e no natural, por mar e por terra, na casa e fóra da casa, con calor e con frío, no fácil e no difícil... (os noivos míranse con cara de aburrimento) ... ata que a morte vos separe? LOLA: Si, quero

IES de Melide

A escena transcorre nunha pequena capela un pouco pobre, sen adornos. O cura está casando un home, Pedro, e unha muller, Lola. Ao parecer o cura é moi lento lendo.

ALFREDO: OPÓÑOME!! CURA: Demasiado tarde, cales son as túas razóns? ALFREDO: Eu.... é que... CURA: Que? ALFREDO: É moi persoal... PEDRO: Tamén me opoño! LOLA: (Moi sorprendida) Por que? Xa non me queres? (Mírao con cara de tristeza) PEDRO:: É que eu... ALFREDO: Quérote, Pedro PEDRO: Eu tamén! (Abrázase con Alfredo) CURA: (indignado) Pero, que é isto? PEDRO E ALFREDO: É o amor!!!


IES de Melide

Creación

Xuño 2010

22

A N I X Á P

A ID M I R P U S


Creación

MICROCONT OS DE 3º DE ESO MICROCONTOS A mañá que cambiou a vida de Xosé Estábase vestindo como cada mañá para saír comprar a comida para o xantar cando de súpeto alguén chamou á súa porta. Saíu a ver quen era, e, cando abriu a porta, alí estaba ela, a persoa coa que pasaría o resto da súa vida. MARÍA VÁZQUEZ AGUADO, S3B

O soño da rapaza Unha rapaza soñou que o seu can fora atropelado por un coche. Cando espertou, o seu can estaba morto na estrada. VANESSA TARRÍO, S3D

Memorias dun rato esfameado Espertou e o gato aínda estaba alí. SAMUEL PANDELO, S3D

Casei solitario. PAULA MEJUTO, S3B

O significado do silencio

Cando conseguiu chegar ao final da rúa, xa non había nin rastro daquela pobre muller. Non puido facer nada por salvala. ELENA VARELA, S3D

ALBA LOUREIRO, S3B

O ruído estremecedor Todo estaba en silencio. De repente oíuse un pum, pum! Estremecinme. CRISTINA VARELA, S3D

O teléfono solitario Soa o teléfono, pero xa non hai ninguén para collelo. IVÁN SÁNCHEZ, S3D

ACONTECEMENT O FFASCINANTE ASCINANTE CONTECEMENTO Érase unha vez un can que se chamaba Rompepedras. Chamábase así porque os días de lúa chea daba uns berros que fendían as pedras. Un día de lúa chea o can non daba ladrado. Os demais cans ríronse del porque agora era igual ca eles. Os donos foron ver o que lle pasaba. Cando viron que non ladraba pegáronlle ata que o can morreu. Luliana, que era a muller do dono do can, foi recollelo para enterralo, pero cando chegou alí o can xa non estaba. Alguén levara ao can morto. O can non estaba alí porque unha fada colleuno e volveulle a dar vida. Agora o can xa estaba ben, pero Luliana e o dono terían que pagar por todo o que lle fixeron ao pobre can. E o can estaba moi feliz cos seus novos donos, que lle daban moito cariño e amor. Agora non só daba uns berros que fendían as pedras, agora tamén voaba as noites de lúa chea. NAIARA VÁZQUEZ NEIRA, S1D

23 Xuño 2010

Moito dixen quedando calado.

O final da rúa

IES de Melide

A voda


Creación

AS HIST ORIAS DE A GAPIT O HISTORIAS AGAPIT GAPITO

IES de Melide

O 28 de abril saíu na prensa a noticia da morte de Agapito Pazos Méndez, un home que viviu durante 79 anos empadroado na cama 2 da habitación 415 do hospital de Pontevedra tras ser abandonado con tres anos ás portas do centro por padecer importantes minusvalías físicas. A pesar das súas limitacións, integrouse totalmente no centro e chegou a asumir a responsabilidade de vixiar algúns pacientes cos que compartiu habitación e de gardar as chaves do moble onde estaban os medicamentos. Fontes do centro hospitalario destacaron a intuición de Agapito para determinar a gravidade dos enfermos, xa que frecuentemente anticipaba o seu falecemento. O alumnado de 3º de ESO recreou esta historia de distintas maneiras para Intres.

Xuño 2010

24

Cansado de ver sempre as mesmas vistas

Hai 79 anos meus pais deixáronme aquí neste hospital, no de Pontevedra, máis concretamente na habitación 415, non sei por que, supoño que sería por vergoña de ter un fillo con espiña bífida e síndrome de Down. Pero eu que nin sequera os coñezo si que me avergoño deles e eles deberíano facer de si mesmos. Levo aquí setenta e nove anos e espero chegar aos oitenta, pero se non chego quero deixar constancia de que todos os médicos, medicas, enfermeiros, enfermeiras e demais que pasaron por aquí, me coidaron e se preocuparon por min, son a miña verdadeira familia e a que quero de verdade. Os meus maiores entretementos son ver a televisión, que eu mesmo merquei cos meus aforros, e a compañía dos que me veñen visitar, pola miña incapacidade. Estas catro paredes son verdes, a cor da esperanza, por iso supoño que é a miña cor favorita, xunto coa azul do mar. Eu nunca permitía que me sacasen de aquí, como moito ata o patio do hospital, non máis aló, pero un día Antonio, un bo amigo meu e traballador deste hospital díxome se quería ir ver o mar e eu aceptei de bo grado. Para min ese día foi o máis especial da miña vida, e aínda que hai vinte anos no meu recordo aínda está esa imaxe do mar ondeando que non esquecín, nin nunca esquecerei. AGAPITO PAZOS IRIA ADÁN PENAS , S3B

A miña triste vida

Ola, chámome Agapito, e esta é a historia da miña pobre vida. Cando era moi pequeno, con tan só uns poucos meses de vida meus pais abandonáronme nun hospital de Pontevedra, concretamente na habitación 415, disque foi porque teño unha malformación física; e ata agora, cos meus oitenta anos non coñecín a meus pais nin a ningún familiar. Levo aquí encerrado oitenta longos e pobres anos. Só saín unha vez deste centro para ir ver o mar, a respirar aire puro, para cambiar de aires e non respirar o aire daquel hospital que atufaba a enfermos e a menciñas.


Creación

AS HIST ORIAS DE A GAPIT O HISTORIAS AGAPIT GAPITO

IES de Melide

Cando cheguei á praia e vin aquel mar tan grande sentín unhas ganas moi grandes de irme metendo pouco a pouco nel e desaparecer baixo aquelas grandes ondas de espuma tan branca; total non tiña a ninguén no mundo, estaba completamente só; sen pais, sen familia, sen amigos, sen unha triste mascota que me fixera compaña… pero pensei que con suicidarme non conseguía nada, aínda que para estar na completa soidade tampouco merecía a pena vivir. Non aprendín a escribir, e tiña un nivel moi deficiente de lectura. Agora, coa idade tan avanzada que teño, penso que aínda que enriquecera a miña cultura pouco ía gañar e menos aos meus anos, aínda que unhas enfermeiras que tiven hai bastantes anos sempre me apoiaban e intentaban convencerme de que nunca era tarde para comezar a aprender. Total, non tería a quen lerlle un libro ou un conto, ou algo que eu escribise, como un poema cando me aburrise. E teredes que me perdoar por ser tan pesimista e tan negativo, pero é que a miña vida non ten nada bonita, senón, como vos contei, foi, e de momento é, moi triste e baleira.

25

A miña vida non é coma a vosa. Meus pais abandonáronme aos poucos meses de nacer; non me deixaron nun orfanato nin na rúa , senón na habitación 415 no hospital de Pontevedra, onde me atopo agora escribindo. Estou aquí case sen forzas, sen ánimo, pero coa forza suficiente para escribir isto, para que todos poidades coñecer a miña historia . Quereredes saber por que meus pais me abandonaron. Pois veredes, tiña unha deficiencia e desde sempre crin que me abandonaran por iso. Preguntarédesvos se nunca saín de aquí. Pois case nunca, só unha vez para vero mar, para respirar o aire e sentir a sensación na miña cara. Quero pedir, aos meus 80 anos , na etapa final da miña vida , que a sociedade non discrimine a xente con deficiencias e que os axude e que os comprenda. Para rematar direivos que esta é a miña triste historia. ARIADNA, S3D

Agapito

Hoxe vin unha noticia na prensa: morre un home na habitación 114 do Hospital Provincial de Pontevedra. O seu nome era Agapito. A foto do xornal facíaseme coñecida, pero toda a xente da vila dicía que non era un home coñecido noso. Esa mesma noite non daba durmido. Non sei se foi soñando ou non, pero recordei quen era o defunto Agapito. Lembrei que unha vez que fora ao hospital de Pontevedra entrara por equivocación nun cuarto moi escuro. Alí estaba, un home triste e solitario. Ese era Agapito. Pregunteiille quen era. Primeiro falábame moi asustado pero logo logrei que se sentise cómodo. Contoume que levaba moitos anos alí pechado. Encerrárano aos poucos meses de nacer porque tiña algúns defectos físicos. Nunca saíra dese cuarto. Aquel día logreino convencer e leveino a ver o mar que estaba preto do hospital. Foi a única vez, segundo el, que saíra fóra do hospital, e debía ser certo porque o home estaba atemorizado.

Xuño 2010

A miña triste historia


Creación

AS HIST ORIAS DE A GAPIT O HISTORIAS AGAPIT GAPITO Estiven toda a tarde con el, pero cando escureceu tíñame que ir e el dixo que volvería para o seu cuarto, pero sempre co recordo meu e do mar. Deume as grazas e colleu dúas cunchas de mar, unha para min e outra para el. Logo foise. Agora recordo outra cousa. No xornal poñía unha cousa moi curiosa: Agapito morreu e na súa man tiña unha cuncha de mar. SANDRA AMBOAGE GARCÍA, S3B

IES de Melide

A historia de Agapito

Xuño 2010

26

Xoán, un veciño meu, era celador dun hospital de Pontevedra. Un día, cando ía facendo as súas tarefas rutineiras polo hospital, chegou á habitación 415 e encontrou un neno de tres anos ingresado. Chamábanlle Agapito. Estaba el soíño, non se sabía nada da súa familia. Agapito era un neno que tiña parálise na maioría do seu corpo, pero sempre estaba feliz. Xoán era o encargado de axudarlle na súa vida cotiá: duchalo, vestilo, darlle de comer… O tempo ía pasando e fixéronse moi amigos. Xoán estaba preocupado porque Agapito nunca saíra da súa habitación e non coñecía nada do que había fóra do hospital. O día do seu 18 aniversario, Xoán preparoulle unha sorpresa a Agapito, levaríao a ver o mar. Chegou o día e Xoán levou a Agapito no seu coche a unha praia de Pontevedra. Chegaron ás doce da mañá e alí comeron tortilla e xeados e gozaron da brisa do mar. Agapito era feliz, por primeira vez podía gozar do día e do sol fóra da habitación dun hospital. Chegou a noite e tiveron que regresar. Pasaban os días, Agapito xa sempre estaba triste e non falaba con ninguén. Xoán non podía ver así o seu amigo, decidiu que dende agora el levaríao á súa casa, deixaría de traballar e coidaría del. Ao día seguinte cando Xoán foi á habitación de Agapito, a 415, para darlle esa nova ¡encontrouno sen vida¡ ADRIÁN GARCÍA RODRÍGUEZ, S3C

Estas catro paredes son a miña casa, desde a miña infancia vivo nesta especie de hospital de Pontevedra e a habitación 415 é o único que recordo: dúas camas, una ventá, uns andeis con libros e un baño. Cando era moi pequeno trouxéronme aquí meus país e a primeira vez que me vin no espello comprendín por que, non é que sexa moi fermoso que digamos as miñas malformacións na cara e no resto do corpo nótanse a quilómetros de distancia. As únicas visitas que teño son médicos e enfermeiras que son a miña familia e cando era moi pequeno víñame facer compaña un profesor que foi o que me aprendeu a sumar, restar, dividir e espertou o meu interese pola lectura. Grazas a el instaláronme o andel que tanto adoro. Un día, sen esperalo collín o libro máis groso que había e empecei a ler a definición


Creación

AS HIST ORIAS DE A GAPIT O HISTORIAS AGAPIT GAPITO

IES de Melide

dunha palabra sorprendente «mar» e cando a lin souben que tiña que saber que era, e fun lendo todos os libros que contiñan esa palabra no seu título e así o meu interese aumentou. Intentei convencer aos médicos que me levaran a velo, pero só obtiña respostas negativas ata que un día dixéronme que si. Era a cousa máis fermosa que vin e como quería sentir o tacto da area nos meus pés e a auga funme de onda os médicos e boteime á auga. Logo supoño que me devolverían á habitación porque o meu soño estaba cumprido e o mal da enfermidade tamén. LARA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ , S3D

ELENA VARELA PEDREIRA

Eu estaba alí. Levaba alí anos e anos, anos e anos metido na mesma habitación, a habitación 415. O único que vin na miña vida diferente a aquilo, foi simplemente marabilloso. O meu defecto físico superábame, e nin eu mesmo quería saír daquel lugar, aquel lugar que eu mesmo consideraba a miña casa, o meu fogar. Pero aquel día, o día que cumprín os dezaoito anos, decidinme e saín de alí. Saín ver algo tan bonito como o é o mar. Sen máis volvín para a miña casa, a miña habitación. Pero agora con oitenta e dous anos, acábase todo tal e como empezou, na habitación 415. ISABEL VARELA IGLESIAS. 3º ESO D

A historia de Agapito

Como todas as mañás,Agapito abriu os ollos e viu as mesmas catro paredes, a mesma cama, os mesmos frascos de xarope, que para el xa eran como cadros, e as enfermeiras e os médicos coma a súa familia, esa que nunca tivera nin chegaría a ter. Pero esta mañá si tiña algo diferente, algo especial, era o día no que Agapito sairía do seu cuarto por primeira vez, da habitación 415 onde loitaba con todas as forzas por curarse dese defecto físico que tamén nacera con el. A vida de Agapito era monótona, pero hoxe algo cambiaría, foi o día no que Agapito descubriu o mar, ese gran manto azul que cubría parte da Terra e que a el tanto lle chamaba a atención.Por fin estivo fronte a el, a auga molláballe os pés e as súas lágrimas de felicidade as meixelas brancas por non saír nunca ao sol. Mañá Agapito volvería espertar e volvería ver as mesmas cousas ata os 82 anos, pero agora estaba feliz porque cumprira o seu soño, ver o mar.

27 Xuño 2010

Atopeino mirando o mar, díxome que era a primeira e moi posiblemente a última vez que saía daquel cuarto 415 no que levaba vivindo dende aquel día no que seus pais o abandonaran pouco tempo despois de nacer, por culpa daquel defecto físico, que tanto lle condicionara a vida. Nunca volvín saber del, ata onte, que vin no xornal que Agapito, aquel home sorrinte e solitario, morreu no cuarto 415.


Creación

IES de Melide

UNHA HIST ORIA DE MAL OS TRA TOS HISTORIA MALOS TRAT

Xuño 2010

28

E alí estaba eu, tumbada naquela cama que parecía que cada vez se facía máis fonda e me tragaba para dentro, rezando para que nada malo me estivera pasando e que todo fora un mal soño do que nuns instantes ía despertar... pero non, non foi asi. Non so non espertei, senón que quedei durmida. Durmida para sempre nun soño profundo do que nunca mais espertaría. Comezarei dicindo quen son, ou quen era: Chamábame Alexandra Morán e cando iso me pasou, tiña vintetrés anos recén cumplidos. Vivía en Vilalba, nunha residencia cerquiña da casa de Carme, miña amiga íntima dende que me instalara naquel lugar. Meu gran soño era pintar, sempe o foi, por iso estaba estudando a carreira de belas artes. A verdade e que era unha rapaza coma as outras, gustábame saír, viaxar, coñecer xente... o normal nunha rapaza de vintetres. Era moi feliz, non lle podía pedir máis a vida:tiña bos amigos, unha boa carreira, cartos para pagala, intelixencia para facela... Ata aquela noite, aquela maldita noite que, sen eu sabelo, sería o comezo do fin, e o fin da miña propia existencia... Todo comezou o 23 de

xaneiro de 2004 cando eu estaba, como outro día calquera, estudando para os últimos exames, cando Carme entrou na miña habitación: - ¡Hola Alexandra!¿A que andas?¿Xa estudando?¡Ai, pero que aplicadiña me es!. . . Pois estuda, estuda, pero non fagas plan de estudar o sabado que xa o tes ocupado... ¡imos de festa! - ¿De festa? ¡Que ben! Apeteceme moito saír, de veras... E que estou tan agobiada cos exames... Ademais, necesito desconectar un poco de todo isto. - ¡Sabía que che gustaría a idea! Pois si che vai ben paso mañá a recollerte a iso das once e media, ¿paréceche? - ¡Paréceme!Pois logo vemonos mañá as once e media. E mira de chegar á hora, que nos coñecemos. - ¡Si muller! Descoida que serei puntual, e ti mira de estar preparada, que nos coñecemos... chiscoume un ollo, e foise. Chegou o día seguinte, o sábado. A verdade e que se me fixo un día moi curto, polo que non é de extrañar que as once e media chegaran o meu reloxo tan pronto. De feito, chegaron o mesmo tempo o que soou a porta da miña habitación e tamén ao mesmo tempo o que eu me acababa de arreglar, cos meus zapatos novos, o vestido negro que sempre me gustara e aquel peiteado con ondas que, según dicía Carme, me favorecía tanto. Como era de esperar, a que estaba detrás da porta era Carme asi que xa saín para marchar canto mais antes, mellor. Atopábamonos nunha disco-

teca, bailando, pasandoo ben, cando o vin a el. Foi o único segundo que maldixen de toda a miña vida, de toda non, da que puiden vivir, claro... - Hola, chámome Hugo. ¿Ti como te chamas? -dixome - Eu chámome Alexandra..., Alexandra Morán -dixen cun fío de voz, producto do nerviosisimo. - Pois encantado Alexandra, eu como xa che dixen son Hugo, Hugo Tanoira -riu. E que te vin dende o outro lado da discoteca e... non sei... apetecíame vir falar contigo e saber como te chamabas e... bueno... aquí me tes, estábame preguntando se che apetecería vir tomar un café conmigo algún día... non sei, se ti queres... Cla... Claro... Encantaríame. E aquí foi o comezo da miña historia. Como era de esperar, pasou o normal:Hugo e eu fomos un día a tomar ese café. Despois os cafes convertéronse en tardes de cine, as tardes de cine en tardes na miña residencia, ata que finalmente as tardes xuntos convérteronse en noites, noites aínda mais xuntos. Co tempo, foi medrando a confianza, foron medrando os sentimentos e Hugo acabou por gañar o meu corazón, culminando tan marabilloso amor cunha voda dun Hugo e dunha Alexandra moi noviños, tan noviños coma de dezaoito anos. Un día, xa instalados el máis eu nun piso ás aforas de Vilanova, tivemos unha discusión: - ¡Alexandra!¿Onde está a miña camisa azul?


Creación

UNHA HIST ORIA DE MAL OS TRA TOS HISTORIA MALOS TRAT

NATALIA LÓPEZ MEJUTO, B1C

29 Xuño 2010

que abrín os ollos e vín as paredes brancas do hospital, pero iso so foi media hora. Media hora despois deume un derrame cerebral imposible de parar, o único que vin... nada... non vin nada. E aí todo acobou e se desvaneceu. Polo mundo dos mortos non o vin vagando, estará apodrecendo no inferno. Como xa dixen, absolutamente todo acabou e absolutamente todo perdín... perdín, máis ben regalei, a miña xuventude. Regalei os anos máis bonitos da miña vida a un home que o único que fixo foi cuspir encima deles, regalei o meu soño de ser unha famosa pintora coñecida por todo o mundo; perdín a miña ilusión de viaxar por Moscú, Grecia, Estados Unidos... e o máis importante, perdín a miña vida. E o desencadeante foi unha simple camisa, unha estúpida camisa que o final. ¿sabedes donde estaba? Na cadeira. Seino, sei que non é xusto pero que se lle vai facer, este foi o meu destino. Foi o meu destino como o de tantas outras mulleres que, a diferenza de min, elas non contaron a súa historia e viviron no anonimato, pero que están máis preto do que nos cremos. Pode ser ela... esta... esa... aquela... pero como foron elas e o fun eu, podía ser a túa irmá, a túa nai, a túa filla, ou incluso.ti mesma. Din que dos erros se aprende, aprende ti dos meus, e faino canto antes, porque pódeseche facer tarde como se me fixo a min.

IES de Melide

- Na cadeira. - Non está. - Púxencha alí. - Pois non está, ¿ou no me oes? - Non te poñas así, pos outra e xa está. - ¿Pero como me falas así? - Hugo ¿Que nos pasa? ¿Discutimos por unha simple camisa? - ¡E que non fas nada! - Teño que preparar os exames, fago as tarefas da casa, teño que coidar a miña nai... - Anda, anda... Non esaxeres que tampouco fas tanto... - Pero se o que non está traballando nin estudando es ti, o único que fas e estar todo o día na casa pegado a tele e bebendo... - Bla, bla, bla. . . ti non escoitas nada. . ¿De que vas? - ¡Hugo, xa abonda! ¿Para que casaches comigo? ¿Para estar así? ¿Para terme de escrava? Pegoume un cachete e saín correndo cara a habitación. Despois veume pedir perdón e arranxamos. Un

tempo despois volvemos pelexar por outra parvada, pero desta vez non me deu so un cachete, senon que me deu unha tunda tan forte, que non me puiden presentar ao exame, xa que era incapaz de moverme. Aquel día soou o timbre da porta. Era Carme, que viñera verme: ¡Amigaaaaa!¡Canto tempo!¿Como est... ¿e eses mouratóns?¿E que fas nunha cadeira de rodas?... Foi... ¿Foi el verdade?... Alexandra... - Fala baixo por favor, non o espertes, porfavor, non o despertes.-boteime a chorar. - Alexandra, tes que denuncialo, non podes seguir así, sei que tes medo pero todos che imos axudar... Alexandra telo que facer... Naquel momento sentiuse un berro dende o cuarto de arriba. Acababa de espertar. - ¡Alexandra!¡Que fas aquí?¿E quen é esta mona? -dixo Hugo, moi enfadado- Xa podes ir saíndo da miña casa nena e ti... ¡Pasa para arriba! Parva... que pareces parva!... ¿E ti que? ¿Aínda sigues aqui? Vaiteme de aquí. vaiteme de aquí antes de que te bote eu. Carme saiu asustada, pero tamén apenada, moi apenada por terme que deixar un dia mais naquel inferno, sen poder facer nada. Pero máis apenada e asustada estaba eu; apenada por ter coñecido ese home e ter perdido tantos ano da miña vida e asustaba polo golpe que acabada de notar no lombo, tremendo de que aquela horrible imaxe fora a última cousa que vería. O único que recordo e


Creación

IES de Melide

SE EU FOSE

Xuño 2010

30

Se eu fose rica mercaría unha casa. Se eu fose profesora aprobaría a tódolos alumnos. Se eu fose traficante colleríanme á primeira. Se eu fose espía tería unhas gafas con raios láser. Se eu fose presidenta mercaría un país. Se eu fose guitarrista tería moito éxito. Se eu fose pintora pintaría cadros de cores chamativas. Se eu fose humorista non tería moita graza. Se eu fose óptica aconsellaríalle a todo o mundo levar lentillas. Se eu fose periodista inventaría as noticias. Se eu fose taxista enganaría os estranxeiros para que me pagasen máis. Se eu fose famosa iría a moitas festas. Se eu fose piloto gañaríalle a Alonso. Se eu fose futbolista sería o número nove. Se eu fose astronauta buscaría marcianos. Se eu fose marciana esconderíame dos astronautas. Se eu fose arqueóloga tería un esqueleto dun dinosauro na miña habitación. Se eu fose científica deseñaría unha máquina do tempo. Se eu fose escritora escribiría unha novela de tres páxinas. Se eu fose pirotécnica encargaríame dos fogos do Apóstolo. Se eu fose actriz faría unha película de medo. Se eu fose pasteleira especializaríame en facer madalenas. Se eu fose vagabunda durmiría nas portas de Caixa Galicia. Se eu fose militar iría en tanque ás compras. Se eu fose unha Deusa provocaría tormentas. Se eu fose reloxeira os meus reloxos nunca se atrasarían. Se eu fose monxa regalaría rosarios. Se eu fose bruxa non poñería sombreiros puntiagudos e poñería unha pamela. Se eu fose cazadora sería de coiro. Se eu fose fisioterapeuta daría moi boas masaxes. Se eu fose odontóloga roubaría pasta de dentes. Se eu fose informática tería o ordenador máis potente do mundo. Se eu fose carpinteira faría unha mesa de seis patas. Se eu fose deseñadora deseñaría roupa moi atrevida. Se eu fose escrava rebelaríame contra o meu señor. Se eu fose pirata non enterraría un tesouro, senón que o gastaría. Se eu fose camareira invitaría a xente que me caese ben. Se eu fose avogada tería un maletín cheo de papeis. Se eu fose paleontóloga traballaría moito ao aire libre. Se eu fose vaqueira levaría un sombreiro moi grande . NATALIA LÓPEZ MEJUTO, B1C

UN SOÑO

Aquela noite pensei que non seguiría viva… pensei que os meus días, as miñas horas ou meus minutos os meus segundos, o meu tempo de vida rematara…! Rematara cun final triste, desesperanzador… cun final co que eu xamais soñara… a miña historia comeza así: Aquela mañá sooume o espertador como todas as mañás. Apagueino. Sentía que precisaba durmir máis, que necesitaba máis horas enriba daquela cousa tan brandiña como era a miña cama, dentro daquelas sabas e aquelas mantiñas que tan quentes eran. Pero non podía ser, tiña que erguerme e comezar o día co pé dereito. Así foi. Erguinme con dificultade, puxen a bata de casa, as zapatillas, fun á cociña, acendín a televisión e comecei a preparar o meu almorzo. Rematei, e ía apagar a televisión, cando vexo que a presentadora di: « NOTICIAS DE ÚLTIMA HORA: ROGAMOS QUE TEÑAN AS PORTAS DA SÚAS CASAS PECHADAS, O VIOLADOR MÁIS FAMOSO NESTE PAÍS NESTES MOMENTOS ANDA SOLTO POLA ZONA DE BOIRO». Boiro, non daba creto ao sucedido, non podía crer o que estaba a escoitar. Boiro, alí era onde vivía eu. Fun ao meu cuarto e vestinme. Logo lavei os dentes, collín as miñas cousas, pechei a porta con chave e fun ao meu traballo. Ía algo desconcertada, aquela noticia inquietábame, e sentía un grande respecto cara a ela. Cando cheguei á oficina, aquilo parecía calquera lugar menos unha oficina de traballo. Enriba da miña mesa había unha pila de papeis e arquivos que organizar, e eu non sabía se ía ser capaz de facelo, non sabía se ía ter o tempo suficiente como para facelo. Rosa, a miña compañeira de traballo


Creación

CO QUE NUNCA QUIXEN SOÑAR

IES de Melide

31 Xuño 2010

tamén estaba algo sobresaltada, e o único que me dixo foi: «Hoxe tocouche a ti a maior parte do traballo, así que xa sabes, María, comeza xa, que se non non vas dar rematado». Aínda por riba que estaba toda atontada, tocábame a min traballar e traballar toda a mañá sen parar. Pero naquel intre non o pensei, acendín o ordenador e rapidamente entrei na páxina web da televisión de Galicia, que era onde vira a noticia pola mañá. Nada, alí non había noticias acerca do ocorrido. Dispúxenme a traballar, e por un tempo tratar de esquecer o sucedido. A media mañá tomei o meu café como todos os días, e ás dúas máis ou menos fun comer coas compañeiras de traballo. Falamos e falamos sobre a noticia que saíira na televisión, e segundo aparecía en case todos os xornais. Pola tarde comezamos a traballar sobre as catro e media, como todos os días laborais. Estiven alí ata as oito e media, e entre a mañá e a tarde conseguín organizar todo aquel traballo que se amontoaba a primeira hora da mañá na miña mesa de traballo. Saín de alí esgotada. Doíame a cabeza, e non tiña nin forzas para camiñar. Cheguei á casa, e o primeiro que fixen foi deitarme un pouco no sofá, naquel intre sentín un gran alivio no meu corpo. Case me quedo durmida, pero o soar do teléfono espertoume. Era miña nai, chamábame para dicirme se estaba ben, e que non esquecera pechar a porta da casa, que nunca se sabía o que podía pasar. Despedinme dela e colguei o teléfono. Mirei o reloxo, eran xa case as dez. Pensei no que me dixera miña nai, e recordei que cando entrara na casa non pechara a porta. Fun correndo e pecheina. Ceei. Logo fun para a cama, non me apetecía ver a tele, e prefería esquecer a noticia do violador, se cadra a xente estaba a esaxerar. Quedei durmida nun intre. Aquela noite creo que pasou pola miña mente de todo, incluído o violador. Entrou pola miña porta, sen facer apenas ruído, pero eu decatárame, estaba nerviosa, non sabía que facer, se chamaba por teléfono a alguén para que me viñera socorrer, tería que falar en voz alta e se o facía o violador escoitaríame e entón calquera cousa podería pasar. Entrou ata a saliña. Vin dende debaixo da cama, por un fiíño de luz,

como miraba todos os caixóns e collía o que máis lle gustaba, ou simplemente o que lle apetecía. O fío de luz, de repente desapareceu, e vin como a súa sombra se paraba diante da porta da miña habitación. Viume, viume a mirada. Riuse e marchou tal e como viñera. Non daba creto, non o podía crer, virame alí, o violador, e marchara tal e como viñera, sen máis. Menos mal, que todo isto só fora un terrible soño, un soño, no que pensei, ao principio, que non sei se morrería do medo. Pero grazas a deus agora atópome aquí contando isto, contando a miña historia, que ao fin só era un soño. Pero o mellor de todo, foi cando ao día seguinte, me levantei e fixen o de todos os días, como non, tamén acendín a televisión, e vin como a noticia estrela aquela mañá era: «O VIOLADOR VOLVE ESTAR NA CADEA» Aquela mañá, si que comezara o día co pé dereito. ISABEL VARELA IGLESIAS, S3D


Creación

POEMAS O GALEGO Miña lingua Miña cultura Miña identidade

IES de Melide

Meu todo está a morrer, e eu non podo facer nada. Meu todo pérdese no tempo, e eu non podo facer nada.

Xuño 2010

32

Meu todo perde aliados, meu todo non ten apoio, meu todo está a morrer, e eu non podo facer nada. Eu non me quero render e deixalo ir. Eu non quero que se vaia. Eu non quero unha loita perdida. Unha loita que aínda non comezou. Da boca dos anciáns escoitámola, da boca dos pais aprendémola, da boca dos nenos rexorde. Non raches a cadea milenaria, non raches o que todos conseguimos, non queiras desfacer o noso. Miña lingua Miña cultura Miña identidade

HOXE

Hoxe non xantei, xa que almorcei tarde e a comida non entraba. Hoxe fai bo día, o sol entra pola fiestra e na casa non se aguanta. Hoxe estou feliz e os paxaros cantan, ao son dunha canción de amor. Hoxe quero gritar, porque a miña alegría e sinxela. Hoxe quero amar, como amou Rosalía ao seu galán. Hoxe quero rír, porque a felicidade enche chantada.

Tu corazón ya no palpita, tu alma ya no siente, tu cabeza ya no orbita por donde orbitaba siempre. Sentimientos olvidados que hoy han vuelto a recordar sueños agarrotados, imposible ya escapar. Tus labios saben a hiel, y te duele afrontar que antaño sabían a miel que hoy no quiere brotar. NEREA PAMPÍN

A TI

Estás lonxe, pero eu síntote cerca é hora de recordar os momentos felices que xunto a ti vivin. Recordó os momentos de alegría, e os de tristeza. As dúas na cocina contando un contó ou ben na horta mentres me contabas as túas anécdotas Ti aprendícheme, o esencial, por iso e momento de darche as GRAZAS

QUERO SER...

Quero ser un cisne Sin preocupacións tan fermosa como el e voar, e chorar, e sentir, e non ser esta muller forte de porcelana, que ere todo o mundo. Quero cambiar o mundo, quero gritar as inxustizas, quero sentir, olvidar, chorar, permetirme ser feliz. HOXE QUERO SER EU. FANNI


Creación

POEMAS O viaxeiro sempre está para volver

A nosa riqueza é a natureza, nela vivimos e nela bailamos, tamén cantamos e sobre todo gozamos. Que bonita é a natureza! que bela é a terra! que bonita é na súa fermosura a beleza da natureza! Que será de nós sen a natureza? Non teríamos mares, sen lagos, sen bosques, non teríamos a nosa riqueza. Que belo é o firmamento! que belo é o solpor, que belo é o noso planeta, que beleza é a nosa natureza! MANUEL VÁZQUEZ, S1D

Galicia

33

Galicia vaite impresionar Achégate e xa verás. Lendas, contos e costumes Irás aprendendo sen parar, Camiños e verdes paisaxes Irás visitando no lugar, onde Agarimo e acubillo non che vai faltar. Fala galego E todos te entenderán Rapaces e anciáns Moito cho agradecerán; Ousado serás se te atreves Sen vergoña a falalo, Anímate e empeza xa. Achégate, achégate e verás. Non nos importa de onde veñas O noso fogar será teu tamén, Sexa por traballo ou por lecer As portas abertas sempre as vas ter. Tormentas e choivas E neve a cachón, Regadíos de auga no seu corazón Recordos dun tempo que non olvidou A voz dunha terra pedindo compaixón. Mª JOSÉ PARRADO ALONSO, B1A

Xuño 2010

EDI C. C. 2.009

IES de Melide

O viaxeiro sempre está para volver, pois, ningún vieiro, por fermoso que quixese parecer, da súa Galicia, endexamais a ningún galego, foi quen de facer esquencer, e coa túa lingua, a galega, viaxeiro galego, o mundo vas percorrer. Ti, ao eido cultural, sempre, contribuirás a enriquecer. Deixando do teu peto fluír á palabra galega, galego, así artellas o teu pensamento . Eres ti, galego, Galicia lévala dentro. Fachendoso de ti mesmo, da palabra que te habita, que perpetuarás no tempo, por máis que percorras camiños o referente, viaxeiro galego, o referente, agóchalo dentro!


Creación

CONT OS CUNQUEIRÁNS CONTOS

IES de Melide

RAMÓN RAMÓN,, O GAITEIRO

Xuño 2010

34

Ramón é un home que xa vai velliño, e o pobre está tolo, pero feliz. Naceu nunha parroquia da cal non lembro ben o nome, que está ao lado de Rourís, alá polo Terra de Melide, e alí pasou a maior parte do tempo desde que naceu. Cando era mociño traboulle unha cobra e o veleno deixouno tolo. Non se puido facer nada para que curase, aínda que seu avó o levase á curandeira de Vilatuxe e ao sabedor de Andabao, que seica este aprendera o oficio facendo o servizo militar en Alxeciras facéndolle de axudante cando tiña permiso a un curandeiro andaluz que era visitado por moitos mouros con doenzas semellantes á de Ramón. Ramón foi agarimado por toda a parroquia e ao cabo dos anos acabou sendo querido por todos, e iso malia a súa tolemia, sempre inocente. Agora é feliz coa súa gaita e o seu caxato, indo de paseo por Arzúa adiante ambientando os da vila coas súas muiñeiras e xotas, que reflicten a súa felicidade e tamén a súa tolería, porque só é abrir a boca e xa un se dá conta de que non está ben da cabeza. RAQUEL CONDE SANTOS, B2B

REIMUNDO REIMUNDO,, O ENFEITIZADO Reimundo era un home moi especial. Ninguén sabía onde nacera pois aparecera un día, repentinamente, na aldea de Vilamor, que era coñecida polos casteláns como Villamor, alá polo concello de Toques, pretiño de Melide. Pero non era esta a única causa de que fose tan coñecido por aqueles lugares, pois todos o coñecían despois como Reimundo, «o enfeitizado». Cando chegou á aldea, todos lle preguntaban como fora parar alí e de onde viña, pero el sempre dicía o mesmo: - Ai, veciño, eu non che me acordo de nada de antes, pero se ben queres que cho conte, direiche que indo cara a algún lugar unha noite, vin unhas mulleres que bruxas eran, pois enfeitizáronme para que non soubese a onde ía e os meus pés me encamiñasen aquí. Todos pensaron que era un delirio, pero posto que co paso do tempo lles demostrou que estaba completamente nos seus cabais, empezáronlle a crer que era «o enfeitizado». Ninguén sabe se é certo, pero a miña bisavoa, que foi quen me contou esta historia, afirmou que o seu marido, é dicir, o meu bisavó, nunca lle mentira e que seguramente tampouco o fixera co seu pasado. ANDREA VÁZQUEZ VARELA, B2A


Creación

CONT OS CUNQUEIRÁNS CONTOS A SEÑORA CELIA

35 Xuño 2010

ALBA FERNÁNDEZ BUJÁN, B2B

IES de Melide

A señora Celia naceu nunha aldea preto de Visantoña, e aínda que non sabía ler nin escribir, era unha muller moi intelixente. Moitas veces contaba historias que lle aconteceran polo mundo adiante, por exemplo en Andalucía, onde pasara vinte anos. Máis tarde mudárase á vila de Melide. Era unha muller moi relixiosa e posuía un poder moi especial, pois aparecíaselle xente que ía morrer. Un día, estando na súa casa, deuse conta de que as flores que estaban na maceta cambiaran de lugar. Uns días máis tarde, Sancho, o da taberna, apareceu fronte dela nun abrir e pechar de ollos. Un tempo despois sóubose que Sancho morrera dun ataque ao corazón. Ela vivía de alugueiro na rúa de Teléfonos e o propietario da casa, un tal Lisardo, quería botala xa que lle pagaba pouco, aínda que a veciñanza murmuraba que el estaba pasando un mal momento económico. Moitas veces, para lograr que marchase, Lisardo ía pola noite asustala, pero ela nunca lle facía caso. Unha noite na que a señora Celia estaba con Hermisinda, a muller do cesteiro, empezáronse a sentir golpes, e máis tarde unha pedra rompeu a ventá; a voz dun home sentíase cada vez máis intensamente. A señora Celia pregoulle a Deus que ese home se fose. Ela non tiña a onde marchar. Logo disto apareceu unha luz moi pequeniña que comezou a medrar máis e máis, ata que desapareceu pola ventá. Non se soubo máis nada de Lisardo en toda a vila. Este episodio tivo moita repercusión en Melide, e aínda cando a neta de Hermisinda mo contou, tremíanlle as mans.


Madeira

IES de Melide

OS EXIPCIOS E A MADEIRA

Xuño 2010

36

Neste recuncho dedicado á historia do moble trasladarémonos 5000 anos atrás no oriente… estades xa? Si, en terreo Exipcio, en tempos de faraóns… Seguro que estaredes a pensar: «e estes de madeira… que van pintar ao antigo Exipto???». Pois, moi fácil, non sabiades que os exipcios tamén decoraban os seus fogares? Pois si, e o material máis utilizado para a fabricación do mobiliario foi a madeira. Fagamos unha cousa... Imos pensar no Val do Nilo, 4000 ou 5000 anos atrás, e imos imaxinar os arboredos de amieiro, sicómoros, acacias e tamariscos. A súa madeira tiña a calidade suficiente para satisfacer a demanda do mobiliario máis sinxelo e utilitario, xa que daquela, o fundamental era que os mobles fosen útiles. Pero a riqueza e o poder da aristocracia fixo que tamén se importasen as luxosas madeiras de cedro e piñeiro de Oriente Medio, así como ébano africano, que chegaba a través do Nubia. Estas foron as madeiras máis prezadas e non por casualidade, xa que teñen características de conservación moi boas, e son por isto, as que máis se

atopan nos enxovais funerarios. E estaredes pensando xa a estas alturas, como sería o seu mobiliario? Pois adoitaban ter cadeiras, cos seus respaldos máis ou menos altos e os seus asentos en madeira ou máis habitualmente, fibra vexetal e talos. Tamén se atoparon pequenas mesiñas de madeira. Polo que puidemos saber, naqueles tempos os exipcios non eran moi dados e facer esas comidas familiares que por aquí tanto se practican, e este é o motivo polo que probablemente non se lles ocorrera fabricar grandes mesas para comer en grupo tendo en conta que comían sos, ou como moito en parella. No dormitorio o elemento imprescindible era a cama e adoitaba ser moi sinxela, formábaa un simple marco de madeira con catro patas no que se axustaba un trenzado vexetal, que facía as funcións do somier que todos temos na cama. Xunto á cama é onde aparece outro moi coñecido elemento, o repousacabezas; normalmente de madeira aínda que decorado con alabastro ou simplemente de barro; algunhas veces o repousacabezas forrábase

con liño para suavizar o contacto coa cabeza. Nos dormitorios adoptaban ter arcaces, mobles con caixóns para gardar a roupa, que era principalmente de liño, e o demais vestiario. Tamén se atopan referencias de caixóns para gardar os


Madeira

OS EXIPCIOS E A MADEIRA

IES de Melide

exactamente a súa composición final, pero xa fose translúcido ou opaco, incoloro ou negro, o verniz era empregado, como a cera de abella, como capa protectora do mobiliario e das fermosas pinturas e incrustacións cos que estaban decorados. En xeral, os mobles presentan dous estilos de decoración ben diferenciados que corresponden ao seu uso. Por unha parte, mobles destinados a ter contacto co corpo humano, como as cadeiras, tallos, camas... Neles aparecen elementos animais, patas de touro, de león, cabezas de parrulo, ás de paxaros... E por outra, mobles destinados a conter ou servir de soporte de obxectos de uso cotián: baúis, caixas, cofres, mesas..., que utilizan

elementos da arquitectura civil e relixiosa, como frisos, columnas, ou linteis esculpidos na propia madeira ou ben pintados. O máximo esplendor no mobiliario acadouse durante o Imperio Novo. Demóstrano os mobles atopados na Tumba de Tutankhamon, da dinastía XVIII. Pero, en xeral, a información que temos sobre o mobiliario exipcio é grazas aos gravados, papiros, xeroglíficos… e aos mobles que se atoparon nos sarcófagos na pirámides, que nos permiten, 500 anos despois, ter información sobre a importante cultura faraónica. VÍCTOR AYUDE E DIEGO BELLO, CICLO DE MADEIRA

37 Xuño 2010

obxectos de aseo: peites, espellos, pinzas, perrucas, e demais recipientes para os produtos de cosmética, tales como as paletas e os botes de Khol. O khol é un po feito con elementos naturais que utilizaban xa os exipcios para pintar principalmente os ollos... porque, se vos dades conta, sempre andan cos ollos moi perfilados en negro, non? Pero, como sucede en todas as civilizacións, había diferenzas entre o mobiliario do pobo e o da aristocracia. Seguro que a a todos nos vén á mente o impresionante trono dourado atopado na tumba de Tutankhamon. O mobiliario das clases podentes era máis ricamente decorado. Nos mobles atópanse baixorrelevos en ouro ou marfil e madeiras finas, normalmente con motivos de animais e plantas. Os carpinteiros, ebanistas e construtores de sarcófagos non utilizaban o cravo. Eran grandes mestres no ensamblaxe de táboas, axudándose con pequenas espiñas ou falcas de madeiras máis duras, e tamén de colas animais e vexetais. Tamén se utilizaba o verniz, fabricado con óleo de cedro e máis tarde utilizouse a goma arábiga, extraída da acacia. Descoñécese


Madeira

IES de Melide

O MOBLE NO IMPERIO ROMANO

Xuño 2010

38

Desde o Ciclo de Madeira queremos ofrecervos a través do INTRES unha serie de reportaxes pequeniñas para demostrarvos todo o que fomos aprendendo ao longo deste tempo sobre a historia da madeira e dos mobles. Nas seguintes liñas imos falarvos, en concreto, da historia do moble no imperio romano. Pero antes de nada imos poñernos en contexto. Roma conquistou e dominou todas as terras e augas do Mediterráneo e, ao conquistar todos os territorios, logrou con toda a diversidade de pobos unha cultura común. Podemos situarnos no tempo, para o que debemos viaxar aí até o ano 27 a.n.e. e rematar coa caída do imperio no ano 427 da nosa era. Precisamente por iso, as cousas que sabemos, e no que se basean as nosas informacións, proveñen das escavacións de Pompeia e Herculano, a través das cales nos podemos facer unha idea de como era a vida hai XX séculos. Nos restos arqueolóxicos encontrados figuran mobles de madeira, como poden ser camas, mesas, armarios ou outros obxectos que nos permiten imaxinar como era o seu ambiente. O romano foi un pobo moi poderoso e práctico, moi influenciado culturalmente por Grecia, até o punto de que se chegan a repetir exacta-

mente algúns tipos de mobles. Destaca, por exemplo, o emprego de bronce con elementos orixinais, xa que hai moito mobiliario deste material. Facían, en efecto, mobles de bronce, cuxa decoración era moi rica, unhas veces cicélanse e outras recóbrense ou incrústanselles prata e metais preciosos. Outros complementos da decoración foron as teas e de tapices, chegados dende os pobos máis afastados do Imperio. Os romanos tiñan poucos mobles nos seus fogares. Dábase importancia aos ambientes diáfanos, aínda que isto non queira dicir que non existisen unha gran variedade de mobles, senón que amoblaban as súas casas co xusto, deixando espazos despexados. Tiñan grande variedade de mesas, pois coñécense ata cinco tipos de mesas diferentes, todas de orixe

grega e con diferentes formas xeométricas: rectangulares, cadradas, redondas, octogonais..., tamén se diferenciaban polo número de patas, algunhas eran


Madeira

O MOBLE NO IMPERIO ROMANO

de mármore, e xeralmente con dúas patas simulando dous leóns. O «lectus» cama- romano tiña armadura de bronce ou madeira con soportes torneados e brazos curvos. O «triclinio» -leito grande con capacidade para tres persoas, utilizado tanto por gregos como por romanos para comer- estaba todo decorado con teas e almofadóns. Temos constancia tamén doutros mobles secundarios como veladores, candelabros, etc. Así e todo, o moble romano por excelencia é o baúl. Atópase na casa do campesiño, nos palacios, nas sancristías... Ao tempo que de armario servía tamén de banco, de mesa -un pouco como a artesa nas cociñas tradicionais galegas-, e temos constancia de que nalgunhas casas se atoparon ata trinta, ou máis... DANIEL MÍGUEZ, HEITOR RIAL, CICLO DE MADEIRA

39 Xuño 2010

que se repite en Exipto e Grecia, ás veces pregable e de bronce, á que lle chamaban «bisellium» e que servía de tallo e apoia-pés. Ás veces os laterais ou brazos dos bisellium eran rematados cun relevo de cabeza de animal, pois como xa dixemos antes, os animais eran un xeito de adornar moi recorrido. Seguindo co mobiliario para pousar os traseiros, nos lugares públicos eran correntes os bancos, e chamábanlles «scamum», e eran de bronce ou de pedra. Non sabemos se os habería de madeira, porque non se conservan, aínda que non sería raro que si os houbese. A mesa ocupaba un lugar importante na casa, eran rectangulares con soportes de pedra, bronce e con taboleiros de madeiras exóticas, que traían polo mar de lugares afastados. O «cartibulum» era a mesa característica, con soporte

IES de Melide

de tres e outras de catro. Para os romanos, parece que este moble non tiña demasiado valor artístico; gardando sempre as excepcións, facían simples taboleiros soportados sobre cabaletes e reforzados con ferraxes, xa que en moitas ocasións ían ser cubertos con teas ou tapices. E había tallistas e artesáns que con frecuencia lles daban formas ás patas, con motivos animais ou vexetais. Contaban cun gran número e variedade de asentos, moitos deles feitos con tallos sen brazos nin respaldo, cadeiras entronizadas, pesadas poltronas e unha especie de hamacas para deitarse durante os banquetes.E temos entendido que se pegaban unhas banquetes que non tiñan desperdicio, pois comían durante días... Durmían, comían, bebían, falaban, xogaban..., bueno, facían de todo. A decoración, na maioría das vivendas e sempre nas casas nobres, era extraordinaria. Empregábanse molduras con diferentes motivos, a maioría florais, relevos de estuco, etc. Tiñan estatuas, murais ao fresco e mosaicos, que normalmente representaban escenas da vida cotiá, e é precisamente destas decoracións de onde hoxe en día se sabe moito de como vivían e que tipo de cousas tiñan. En Roma atopamos a cadeira en forma de tesoira,


Madeira

IES de Melide

O MOBILIARIO DO RENA CEMENT O E RENACEMENT CEMENTO DO BARROCO

Xuño 2010

40

Neste pequeno artigo, os estudantes do Ciclo de Madeira quérenvos ofrecer un pequeno percorrido por algúns estilos da historia do moble, arredor do Renacemento e do Barroco. Son só uns pequenos apuntamentos para que vos deades unha idea de como foron mudando as cousas pouco a pouco co paso do tempo... e de como foron tamén mudando os gustos. O Renacemento (séculos XV-XVII) é unha época que se caracterizou pola sobriedade e a austeridade na forma de vida. E esta maneira de entender a vida inflúe, e moito, tanto nos gustos como nos costumes. Entre nós aparece o estilo do Renacemento máis coñecido por estilo español, que será o máis representativo das nosas artes decorativas. Os mobles deste estilo caracterízanse fundamentalmente por estar construídos en madeira de nogueira encerada, labrada cunha ornamentación xeométrica, levar incrustacións de marfil, nácara e metal. As tapicerías son de veludo e o coiro repuxado. Pezas representativas desta época son, por exemplo, o bargueño, a arca, o taquillón, cadeira de brazos de frade, arquibanco, mesa de afiadores... O bargueño é o moble máis

característico. É un escritorio típico de finais do século XVI, consta de dúas partes, a superior onde se gardan os documentos e na inferior unha mesa. É dunha gran riqueza ornamental con influencia mudéxar, cheo de caixóns e con aplicacións de ferro cicelado. O Barroco, pola contra, é un estilo de mobles europeo moi decorativo. Data de principios do século XVIII e está caracterizado polas súas liñas fluídas e irregulares. Acaba creando ambientes súper recargados, con gran cantidade de adornos exóticos, para dar a imaxe de riqueza á casa. Os mobles barrocos son de grandes dimensións, e están decorados con mármores, sendo as cores predominantes o ouro, a prata, o azul brillante e o verde. O estilo Luís XIII simboliza o período de transición entre o Renacemento e o Barroco. Os mobles son austeros, con patas en forma de columnas unidas por traveseiros. As tapicerías son de teas brocadas, veludos e coiro,e a simetría marca a ornamentación dos mobles con grandes tallas de anxos, cabezas de animais, bustos de mulleres, etc. O chamado estilo Luís XIV cadra xa dentro do período barroco. Caracterízase polas súas

formas pesadas, patas apuntadas, decoración con formas xeométricas ou cabezas de muller, follas de acanto... e pola utilización do bronce como protector das esquinas. A madeira usada é o ébano para os chapeados, con incrustacións de cunchas, pedras, madeiras doutras cores e metais. A tapicería é polo xeral de coiro. ALBERTO SÁNCHEZ, DIEGO RODRÍGUEZ, DIEGO BLANCO, BORJA TATO, CICLO DE MADEIRA


Madeira

THOMAS CHIPPEND ALE CHIPPENDALE O ESTIL O INGLÉS ESTILO

ADRIÁN ENJAMIO E DIEGO BELLO, CICLO DE MADEIRA

41 Xuño 2010

Mobiliario recoñecible como «Chippendale» produciuse en Dublín e en Filadelfia, e tamén en Lisboa, Copenhagen, e Hamburgo. Como un heroe do pobo para os artesáns ingleses, dedícaselle unha figura esculpida a tamaño natural entre os personaxes soados que adornan a fachada do Museo Vitoria e Alberto de Londres. Os seus deseños fixéronse moi populares entre mediados e finais do século XIX, chegando a dar nome a un estilo, até o punto de que os comerciantes especializados falaban de variantes como o «Chippendale chinés», «Chippendale gótico», e mesmo o «Chippendale irlandés». Moito do que logo se asociou ao seu nome ten pouca relación cos conceptos orixinais do inglés.

IES de Melide

Thomas Chippendale, nado en 1779, foi un ebanista Inglés creador dun estilo de mobles de luxo que alcanzou gran difusión e que se considerou tipicamente inglés. Chippendale dedicábase ao deseño e fabricación de mobles. Era un dos «tres magníficos» creadores de mobiliario do século XVIII inglés, xunto a Thomas Sheraton e George Hepplewhite Recibe a influencia do estilo Rococó. Enmárcaselle no estilo medio-xeorxiano, rococó inglés e neoclásico. As patas eran curvas. Presentaba calados e reixa Chippendale era moito máis que un ebanista, era un deseñador de interiores que aconsellaba sobre amoblado e mesmo de que cor debía pintarse a habitación. Ao principio, Chippendale traballou asociado co tapiceiro James Ranni e, máis tarde, co axudante de Rannie, Thomas Haig, pero o control artístico dos mobles de luxo estaba firmemente nas mans de Chippendale. O seu taller foi continuado polo maior do seu once fillos, tamén chamado Thomas, quen é coñecido como Thomas Chippendale o Novo (1749-1822). Chippendale o Novo traballou nos estilos neoclásico tardío e Rexencia, «a delicadeza bastante lograda da fase final de Adam». Unha bancarrota e a venda das existencias almacenadas no local de St. Martin’s Lane en 1804 acabou coa última fase da firma.


Banda Deseñada

UNHA FESTA MOI DOCE

IES de Melide

MANUEL PENÍN, MIGUÉLEZ, S1D

Xuño 2010

42


Banda Deseñada

UNHA RAPAZA CON SORTE VANESSA SÁNCHEZ CARRIL, S1A

IES de Melide

43 Xuño 2010


Banda Deseñada

UN CONTO DE NÚMEROS

IES de Melide

JESSICA VARELA LÓPEZ, S1D

Xuño 2010

44


Banda Deseñada

E TI, ENTENDES AOS MAIORES? IRIA PARRAS VÁZQUEZ, B1B

IES de Melide

45 Xuño 2010


Banda Dese単ada

ROXO E TOXO

IES de Melide

DIEGO ANDRADE RAMOS, S1A

Xu単o 2010

46


Banda Dese単ada

ROXO E TOXO DIEGO ANDRADE RAMOS, S1A

IES de Melide

47 Xu単o 2010


Banda Deseñada

UNHA IDEA XENIAL

IES de Melide

NAIARA, VÁZQUEZ NEIRA, S1D

Xuño 2010

48


Banda Dese単ada

PIPO E O SEU MEDO A VOAR PATRICIA AMBOAGE SANTOS, S1A

IES de Melide

49 Xu単o 2010


Banda Deseñada

O LIBRO VIAXEIRO

IES de Melide

MANUEL VÁZQUEZ, S1D

Xuño 2010

50


Banda Deseñada

O LIBRO VIAXEIRO MANUEL VÁZQUEZ, S1D

IES de Melide

51 Xuño 2010

Tira de Mafalda, pintada polos alumnos e alumnas de plástica na planta baixa do Instituto de Melide


Música

AS CAMPÁS NA TERRA DE MELIDE Alta me vexo no meu colgarello que chova que neve de aquí non me apeo

IES de Melide

No que vai de ano, todas as alumnas e alumnos de 3º estivemos ocupados preguntándolle a nosos pais, avós, achegados, coñecidos... sobre os variados sons que emiten as campás das igrexas da redonda. Con todos eses datos, coas anécdotas e curiosidades elaboramos este artigo que esperamos vos resulte interesante.

Xuño 2010

52

Un pouco de historia. As campás son obxectos (para nós instrumentos musicais) moi antigos. Nos pobos mesopotámicos e na antiga China (3000 a.C.) xa se empregaban como insIgrexa de Santalla trumentos de sinalización; sabemos por Homero que os gregos as usaban para emitir toques militares; para os romanos eran fundamentais: indicaban a apertura dos mercados, a hora do baño, o paso de criminais, a proximidade dun eclipse, chamaban ao xantar, convocaban aos cidadáns para que acudisen ao senado...; a través de Bizancio chegan a Europa: os primeiros Parroquia Son Parroquial de Melide/ Toques seguidos na campá grande, e antes de comezar a misa, exemplos de campás euroSan Salvador tres toques. peas acháronse en Nola, Furelos Primeiro, tres toques e despois as dúas campás xuntas. cidade da provincia de Barreiro/ Maceda Toques seguidos na mesma campá. Vitiriz Tres badaladas para comezar e unha para finalizar. Campania (en Italia) e de aí Santalla de Agrón/As Tres toques. derivou o seu nome actual. Cazallas/Santa Mariña/Gondollín/ Os cristiáns empregáronnas Arcediago/Novela/ constantemente e o seu uso Castañeda/Liñares/ Rairiz/San Román correu parello á liturxia.

Usos e toques A) TToques oques relixiosos: 1- A misa

Soen ser toques continuados coa campá grande, e ao final tres, dous ou un son. Acostuman espaciarse un cuarto de hora e cando o cura chega ao altar anúnciase con tres novos toques. Polo que veremos, na Terra de Melide hai múltiples variantes:

Folladela Mato San Martiño das Varelas Santa María de Campos Os Ánxeles Visantoña/Beigondo Serantes Vimianzo Sta María de Barazón Vilamea Niñodaguia San Román Belmil Pezobre Vilamor Ordes

Dez toques rápidos e tres máis lentos. Soa a campá cando chega o cura. Tres badaladas trinta minutos antes do comezo da misa; uns minutos antes do comezo, soan outros tres toques. Moitos toques coa pequena e dous coa grande.

Tres toques media hora antes da misa. Un toque unha hora antes da misa; dous toques media hora antes e tres ao comezar a misa. Sete badaladas. Unha hora antes, toques rápidos coa campá pequena e un forte coa campá grande; media hora antes, toques rápidos e dous fortes; para comezar a misa, toques rápidos e tres fortes. Trinta badaladas na campá grande. Seis badaladas media hora antes; seis badaladas quince minutos antes e tres toques xusto antes de comezar. Un toque quince minutos antes de comezar; dous toques ao comezar e tres no medio da misa. Varios toques media hora antes. Vinte minutos antes, dous toques; ao comezar, tres campanadas. Tres toques: un media hora antes, outro un cuarto de hora antes e o terceiro ao comezar. Dez badaladas un pouco antes e tres cando entra o cura. Tres toques media hora e un cuarto de hora antes da misa.


Música

AS CAMPÁS NA TERRA DE MELIDE Parroquia Parroquial de Melide/ San Xosé das Cazallas

2- A defuntos

Nalgunhas parroquias tiñan variantes se o defunto era un cura: en Santa Mariña, cando o morto é o cura, a campá dá catro badaladas; en Santalla de Agrón da cinco toques.

3- A festa

Era o que se empregaba para anunciar o día grande da parroquia. As campás daban toques alegres e nalgúns casos mesmo cantaban ao ritmo da muñeira. En moitas das aldeas da redonda este toque perdeuse e as campás soan nas festas igual que calquera outro día. Aínda así, nos seguintes lugares, as campás repenican o día grande: Melide, Barreiro, Vitiriz, San Salvador, Furelos, San Martiño das Varelas, Folladela, Os Ánxeles, Arcediago, Visantoña, Vimianzo, Santa María de Barazón, Beigondo, Carballido, Niñodaguia, Belmil, San Román, Vilamor e Ordes.

4- TToque oque de oración

Usábase todos os días do ano: á saída do sol, ao mediodía e á postura. O toque consistía en tres badabadas normalmente na campá grande. Este son perdeuse na Terra de Melide e só o recordan en San Xosé das Cazallas, Niñodaguia e en Vimianzo. Hai anos tamén se empregaban para avisar do rezo do rosario, do viático, do sermón, dun bautismo, do rezo de ánimas... Vaia, que o son das campás tiña que estar moi presente na vida dos veciños...

B) TToques oques non relixiosos

Ademáis dos toques anteriores a campá tamén se empregraba con moitos outros fins. Podía avisar aos veciños dun incendio –toque de lume- con badaladas fortes e rápidas na

53 Xuño 2010

En moitos lugares o son das campás axúdanos a saber se o morto é home, muller ou neno. Velaí van as variantes atopadas:

IES de Melide

Durante a Semana Santa, as campás permanecen mudas e o seu son é substituído (de xoves a sábado) polo das carracas. Por certo, que este ano recuperouse a carraca que antigamente había nunha das torres da catedral de Santiago.

Toques Se o defunto é home, tres toques na campá grave; no caso da muller tres toques na campá aguda. No caso de San Xosé das Cazallas, cando o defunto é un neno, toques seguidos durante bastante tempo. Furelos Se é home, tres toques agudos e dous graves; se é muller, tres toques agudos e un grave. No caso dos nenos non se toca a campá por considerarse “anxiños”. Barreiro/Maceda/Mato Se é home, dous toques; se é muller, tres; no caso dun neno, en Barreiro e Belmil, soan toques rápidos na campá pequena, ao / “voo ou repenique”. No caso de Maceda, Mato, Folladela, Santa Folladela/Santa Mariña , Os Ánxeles, Novela, Liñares, Barazón, A Capela e Ordes, Mariña/Os Ánxeles/ Gondollín/Novela/Liñar non hai toque específico para os nenos. En Gondollín, Rairiz e Vilamor, se o neno non fixo a comunión es/ Sta María de Barazón/ non soa a campá. Rairiz/Serantes/Belmil / Vilamor/Sta María de Campos/A Capela/Ordes Vitiriz/San Salvador Se é home, dous toques na grande; se é muller, dous toques na pequena. Se é home, dúas xeiras e dúas picadas; se é muller, tres xeiras e Santalla de Agrón/ San Martiño das dúas picadas. No caso de San Martiño, cando o defunto é un neno, as campás Varelas non tocan. Arcediago/Castañeda/ Se é home, dous toques na grande e un toque na pequena; se é Visantoña/Carballido muller, dous na pequena e un na grande; se é neno, tres toques na grande. Vimianzo Para o home, toques rápidos e dous toques fortes; para as mulleres, toques rápidos e tres toques fortes. Beigondo Se é home, unha badalada; se é muller, dúas badaladas. Vilamea/San Román/ Se é home, tres toques; se é muller, dous. Pezobre/ En San Román, no caso dos nenos, non toca a campá. Niñodaguia Se é home, unha badalada na grande, unha na pequena e unha na grande; se é muller, un toque na pequena, un na grande e un na pequena.


Música

IES de Melide

AS CAMPÁS NA TERRA DE MELIDE

Xuño 2010

54

campá maior ou alternado a campá grande coa pequena. En moitas aldeas aínda o recordan: Melide, Furelos, Vitiriz, Barreiro, San Salvador, Santalla de Agrón, San Xosé das Cazallas, Maceda, Mato, Folladela, San Martiño das Varelas, Santa María de Campos, Santa Mariña, Os Ánxeles, Gondollín, Arcediago, Castañeda, Visantoña, Serantes, Vimianzo, Santa María de Barazón, Beigondo, Carballido, Vilamea, San Román, Belmil, Pezobre, Vilamor, A Capela e Ordes. Una curiosidade: en Niñodaguia tiñan un toque particular; para avisar do lume, dábanse doce badaladas coa campá grande. Antigamente, o campaneiro tiña a obriga de avisar aos veciños se se acercaba a tronada repenicando as campás; a xente ao escoitar o toque de tronada refuxiábase nas casas ou se estaba no monte volvía para o pobo. Aínda que non era tan empregado como o anterior, recórdase nalgúns lugares: Melide, Barreiro, Vitiriz, Santalla de Agrón, San Martiño das Varelas, Os Ánxeles, Arcediago, Castañeda, Visantoña, Serantes, Vimianzo, Beigondo, Carballido, San Román e Vilamor. Hai anos existía a crenza de que o son da campá podía alonxar as treboadas; o campaneiro esconxuraba cando se achegaban unhas nubes perigosas. O toque de esconxurar tronadas realizábase mediante badaladas moi lentas coa

campá grande. Recórdase en Melide, Barreiro, Vitiriz, Santalla de Agrón, San Martiño das Varelas, Os Ánxeles, Gondollín, Arcediago, Visantoña, Serantes, San Román e Vilamor. O toque de perdidos empregábase para avisar da desaparición dunha persoa. O toque tiña dúas funcións: por unha banda, ao escoitar as badaladas, a persoa perdida podía voltar á aldea; por outra, reunía aos veciños para saír na busca do desaparecido. Habitualmente consistía nun repeniqueo de tres campás e aínda hoxe é recordado en Melide, Furelos, Barreiro, Vitiriz, San Martiño das Varelas, Os Ánxeles, Arcediago, Vilamea, San Román, Belmil, A Capela. Moitos destes toques foron desaparecendo a me-

Fotos de igrexas da Terra de Melide de Manolo Castro

dida que os medios de comunicación e as novas tecnoloxías entraron nas nosas vidas. Antigamente existía o toque de avisos (substituído polo teléfono) que convocaba aos veciños para arranxar os camiños, reparar a traída de augas...


Música

AS CAMPÁS NA TERRA DE MELIDE Un pouco de literatura e maxia.

Foron moitos os escritores que se sentiron atraídos polas campás e os seus sons. Así, Pondal fálanos da «Campana de Anllóns»; Rosalía da de «Bastavales; cóntanos Valle Inclán:

A seguinte estrofa pertence a Ramón Cabanillas: Campaíña faladora da igrexa do meu lugar non me chores como morto canta como no Nadal. É certo que vou pra lonxe pero teu meigo din-dan soando nos meus oídos comigo vai. E para finalizar, Méndez Ferrín: ...a Grande Fraga de Tagen Ata era coma unha campá enorme onde resoaba o arruallo do meu corazón. Nota: a riqueza etnográfica da Terra de Melide fixo imposible recoller neste traballo todos os toques de campás presentes nas súas parroquias. Queda pois pendente para outros cursos a continuación e ampliación deste tema.

ALUMNADO

DE

CURSO

ESO 09-10

DE

55 Xuño 2010

As campás son familiares como a voz das avoas e piadosas madrugadoras, sinxelas como vellas centenarias.

IES de Melide

Xa vimos que para algúns pobos, as campás tiñan o poder de esconxurar trebóns. En Rendal (Arzúa), o día de Sábado Santo, as campás curaban a dor de moas a quen fose capaz de tanxelas collendo a cadea do badal cos dentes. En moitas zonas de Europa, o tanxido das campás producía alivio inmediato nas mulleres que estaban de parto (aínda así, dise que unhas campás de Compostela tiveron que ser fendidas porque ao tanxelas provocaban abortos nas mulleres embarazadas). Segundo conta a lenda, ás doce da noite, cando a campá deixa de soar, érguense os defuntos e merodean os camiños.


Música

IES de Melide

A BAND A DO PET O BANDA PETO

Xuño 2010

56

Sabemos que a banda do peto foi reorganizada alá polo ano 1982 ou 1983 pero non puidemos confirmar a data exacta da súa formación. Naceu por iniciativa popular e estaba integrada tanto por homes coma por mulleres. A súa finalidade era a diversión. Os instrumentos estaban inventados polos propios compoñentes con materiais reciclados, e pretendíase que imitasen sons reais (moitos destes instrumentos tiñan nomes propios). Dentro do seu repertorio destaca a peza «O pau, o pau, o pau María, o pau», unha canción tradicional galega. Non acostumaban ter ensaios, a actuación soía ser espontánea, aínda que á hora de tocar en público contaban coa axuda dun director. Acostumaban tocar nas rúas, sobre todo nas festas do San Caralampio, en Melide, aínda que chegaron a actuar en Lugo. A banda continúa na actualidade pero con novos compoñentes. ANGEL CABO, S3A

O TESOURO ... TESOURO... Os alumnos e alumnas de música de primeiro de bacharelato recibimos unha invitación para participar no concurso de Ponte nas Ondas, que este ano está dedicado ao Tesouro dos Avós, lévase organizando durante varios anos e consiste en facer unha reportaxe do tema que propoñan. A todos/as nos pareceu boa idea a de participar e comezamos a pensar sobre o que íamos facer a reportaxe, despois de moito pensar e aproveitando que estabamos a tratar o tema da igrexa, da súa historia, das campás etc decidimos poñernos mans á obra, e o primeiro era buscar unha persoa informada no tema da igrexa. Encontramos na aldea de Santalla de Agrón a señora Aurora, que é a actual sancristá da parroquia, pero dende a súa infancia estivo vinculada á igrexa tanto por tradición familiar como por devoción. Entón acudimos ata Santalla xunto a señora Aurora para que nos contara como era e como é a vida dun sancristán, como se prepara unha misa, que cantos se realizan durante a misa, como se tocan as campás etc. Aurora é unha muller moi faladora, o que axudou para que nos contara infinidade de cousas, unas que xa todos coñeciamos pero outras que, se no chega a ser por ela, quedaban no tinteiro e non se reflectirían na reportaxe nin nós obteríamos esa información. Para realizar a reportaxe tivemos que acudir ata


Música

O TESOURO DOS A VÓS AVÓS

IES de Melide

57 Xuño 2010

Santalla varias veces, nun principio acudimos para gravar a aldea de Santalla e para comentarlle a Aurora o que queríamos facer. Despois acudimos xa para realizar a entrevista onde ela nos contou entre outras moitas cousas que as campás case todas teñen un nome diferente en cada parroquia, e que non soan da mesma forman cando están molladas; ensinounos e explicounos para que eran a maioría dos utensilios que son necesarios para realizar unha misa…etc A terceira vez acudimos para gravar como se tocaban as campás e o seu son, e aproveitando que estaba Ladislao, párroco de Santalla, falamos con el e permitiunos gravar a misa, cousa da que estamos moi agradecidos xa que para nada contabamos con poder gravar toda unha misa. A última vez que acudimos a Santalla foi para gravar a capela da Santa Cruz, pertencente á parroquia de Santalla, como a parroquia próxima que se chama Vilela. Acudimos ata ela porque Aurora contounos que antigamente era unha capela moi visitada e cunha tradición moi antiga. Ela contounos que antes non era a capela que se pode apreciar na foto senón que simplemente era un altar, pero que, como era unha capela con moita afluencia de xente, pouco a pouco entre os veciños fórona construíndo ata o que é actualmente. Falounos tamén que na festa desta capela á parte de ha-

ber unha romaría tiñan unha poxa para sacar diñeiro para a aldea, díxonos que moita xente era moi crente e viñan de xeonllos ou descalzos , en cabalo, andando desde Arzúa, Santiso,Folladela... xa que se ofreceran por algunha cousa. E xa que estabamos con unha persoa maior preguntámoslle como recor-

daba a súa infancia, como subsistían, que comían, a que xogaban etc e ela non tivo ningún problema en responder a todo. Por último podemos dicir que foi unha boa experiencia, que aprendemos moito e que esperamos que vos gustara tanto a vós como ao xurado de Ponte nas Ondas. ALUMNADO DE MÚSICA DE B1B


Deportes

IES de Melide

O RALL YE GALEGO RALLYE

Xuño 2010

58

Ímoslle dedicar unha sección desta revista ao campionato de rallys galego, no que por graza ou por desgraza estou traballando dende dentro, en concreto na asistencia de dous pilotos melidenses, non estamos a falar doutros que Delfino Ramos e Carlos Guerreiro. Tamén vos podo comentar as relacións que manteño con grandes pilotos do campionato, como Pedro Burgo (que este ano está centrado no Nacional), con Alberto Meira (que está de líder do Galego con dúas primeiras posicións, e ten o seu Evo X valorado en 120.000 •), Luís Vilariño (que pese ás boas posicións conseguidas, segue a pensar en comprar o Xsara WRC feito á medida e valorado sobre 700.000 •, e ata agora, coche no que pensou, coche que comprou), Alberto Otero (máis cerca que nunca de cambiar o seu 206 por un Mitsubishi a cambio de quedar entre os tres primeiros da RACC), Iván Ares (que non se acaba de adaptar ao Mitsubishi, e xa estivo a pique de estampalo en varias ocasións) e Martín Bello, que o teño aquí ao lado e ao que lle vou facer algunhas preguntas: - Martín, este ano estás pegando duro a bordo do teu C2, canto invertiches nel? Invertín algo máis de 40.000•. Aínda lle hai que facer algunhas melloras na dirección, pero conseguimos unha caixa fantástica. - Veste campión da RACC esta tempada?

Non, hai pilotos como Alberto Otero capaces de deixarte a dúas velas nun só tramo, e ademais dáselle moi ben traballar en mollado, mentres que eu é aí onde fallo. - Gustaríache que o teu gran amigo Bamarti lle arrebatase o campionato a A. Meira? Os dous son moi grandes pilotos, pero si que me faría ilusión, xa que a Bamarti nunca o vin con tanta ilusión como este ano. - Martín, dime un dos dous pilotos que che vou dicir co que ti te quedas: - Burgo – Meira? Burgo - Fran Lago – Alberto Otero? Alberto - Bamarti – Iván Ares? Bamarti - Marta – Magariños? Marta - Ben, Martín, pois moitas grazas e espero que nos vexamos en Noia. Nada, e grazas a ti, pero antes de marchar quería felicitarvos polo labor que facedes na asistencia, sen vós non habería carreira. Deica logo. Esta foi a entrevista que se lle fixo a Martín Bello, actual líder da copa RAAC e que está a facer tempos descabelados, no bo senso da palabra. Tamén lle fixemos unhas preguntas a Luís Vilariño sobre como está a afrontar esta tempada: - Boas, Luís. Que tal? Pois mellor que nunca, ja,ja. Este ano estamos a dar espectáculo, tempos e unha

gran tempada. - Que tal che vai ese gran Maxi Megane? Estamos sacando o mellor del, pero en breve vaise producir un cambio, ou pódese producir... - Ben, fainos aquí un pequeno adianto. Tiña pensado mercar un Xsara WRC, feito a medida, só que hai outro comprador por diante. - De que cantidade estamos a falar? Duns 700.000 • aproximadamente. - É dicir, con ese xa vas gañar, nin Meira nin ninguén. Ben, con ese tería pensado participar nalgunhas probas do mundial, aínda que os Rallis da Ulloa e do cocido os correría nel. - E para cando estaría listo ese xoguete? Aínda non é seguro, hai outro comprador por diante miña, se el se bota atrás, mércoo eu. - Luís, que dis do teu protexido Alberto Otero? É o piloto que ten máis saída de todos, por iso o teño no meu equipo, e ademais, coñezo a Alberto dende que el era un neno. - Pois moitas grazas, Luís, e xa volveremos a falar en Noia. Si, pero sen papeis e sen bolis, je, je. Dous grandes pilotos entrevistados, e, sobre todo, dous mitos, tanto dentro como fóra das carreiras. Ata a próxima. YAGO SLEIMAN JIMÉNEZ, B1A


Deportes

ENTREVIST A A XESÚS FERREIRO ENTREVISTA FERREIRO,, OCAL DE RALL YE PIL OTO LLOCAL RALLYE PILO

IES de Melide

59 Xuño 2010

- Como comezaches no mundo do motor e da competición? - Comecei a duras penas, con moitas ilusións e esforzándome cos aforros. - A que idade foi máis ou menos? - Hai 21 anos. - Cal foi o coche co que empezaches? - Con un Seat 124 sport - E recordas onde foi? - Si, foi no Rallye de Narón, que era en terra. - Cando te desfixeches dese primeiro coche non che deu pena despois dos bos momentos que pasaches nel ao ser o teu primeiro coche? Non me deu moita pena porque xa acabei con el no primeiro rallye, na segunda sección. - Cando lle comentaches a teus pais, amigos… que ías empezar neste mundo, recordas que che dixeron? - Os amigos xa o vían vir porque sabían que me gustaba moito, e na casa nos lles fixo moita graza. - Xa sabemos que para este hobby aínda que soamente se corra en Galicia fai falta unha gran inversión no coche e tamén en cada rallye. Custouche moito conseguir todo ese diñeiro? Se non che importa, pódesnos dicir arredor de cantos cartos estamos a falar? - Pois, a ver, foi moi difícil porque con 19 anos todo é costa arriba; no primeiro coche gastaría sobre 1200 •, era un coche moi sinxelo. - Quen che axudou a xuntar todo este diñeiro

que necesitabas? Foron patrocinadores, créditos...? - O de créditos nunca me pasou por a cabeza, porque penso que son para primeira necesidade. Foron uns aforros de traballar, e, claro, os patrocinadores tamén influíron, sobre todo amigos de toda a vida e a Deputación dérame 15000 pesetas. - Como te sentías ese primeiro día cando estabas na saída, co teu copiloto á dereita, esperando que che deran a saída? - Pois, a verdade, é que non me sentía, todo se che facía moi grande porque non tiñas quen te asesorara, non é como agora; todo un desastre. - Recordas con bos ollos aquel día que foi o teu de-

but, ou prefires esquecelo e seguir para adiante? - Toda a primeira experiencia, aínda que non sexa boa, sempre está aí, e prefiro recordalo sempre con bo humor. - Sábesnos dicir máis ou menos cantos rallyes corriches? - É unha cousa que non sei, nunca levei a contabilidade, pero máis ou menos sobre 200 carreiras. - E de todos eses cantos ganaches? - Ralis absolutos gañei 5 ou 6, e despois en categorías tamén bastantes, pero non me acordo do número. - Hai algún rallye en especial que che gustaría esquecer por algo que pasou ou por outro motivo?


Deportes

IES de Melide

ENTREVIST A A XESÚS FERREIRO ENTREVISTA FERREIRO,, OCAL DE RALL YE PIL OTO LLOCAL RALLYE PILO

Xuño 2010

60

esquecer non, porque sempre aprendes algo, á parte dos accidentes típicos, no 2005 no Rallye de Narón, a morte dun copiloto que eu coñecía. - De todos os que corriches, poderíasnos dicir cal foi o que máis che gustou e por que? Si, a ver, todos, cando gañas sobre todo. Quizás foi o de San Remo en Italia que é todo de clásicos e un rallye do campionato do mundo. Eran uns tramos espectaculares e «mólache» moito. - Correndo en tantos rallyes, xa damos por suposto que te relacionas con moitos pilotos e copilotos, se tes que destacar a algún, saberíasnos dicir a quen? Amigo, que sempre foi unha figura a seguir, que me botou unha man, ao que lle estou moi agradecido é a Juan Costoya, de Ferrol, e, como bo copiloto a nivel coñecido de clásicos, quizais Lolo García e, como ídolo, Ari Batan. - Como cualificarías os rallyes galegos de hoxe en día? - Pois a nivel de participación, cunha canteira mellor de España, temos moi boa canteira como son Pedro Burgo, Vallejo, Víctor Senra; aínda que apostamos menos por este deporte, hai moita cantidade, o único é que se fan copas mal informadas e tal. - Cambiarías algo? - Que o que vaia, que vaia con garantías e que poida loitar polo campionato, e tamén cambiaría a postura da federación.

- Sufriron moitos cambios desde que ti corres nos rallyes? No tema de seguridade, organización, publicidade… Si, moitos, os ralis cambiaron moito para mellor en seguridade e cunhas infraestruturas moito mellores, agora no nacional xa levamos GPS por se pasa algo para localizar rapidamente o vehículo. Hoxe pola maña estivemos lendo en internet unha entrevista que lle fixeron ao piloto estradense Bamarti e dicía que nos rallyes galegos que deberían mellorar os medios de comunicación, vostede que pensa sobre isto? Eu penso que nos galegos, nos nacionais e en todos porque move moita xente este deporte, e é onde creo que falla a federación. - Ben, xa damos por suposto que nas carreiras competides uns contra os outros pero despois levádesvos todos ben, non? - Si, en xeral si hai bo rollo, e, sobre todo, en históricos, porque xa somos xente «for-

mal» e non nos picamos tanto. - Nos sentes algo ou bastante medo cando chegas a unha orquilla e ves a toda a xente na cuneta animándote a pé de pista sabendo que os podes pillar por calquera fallo que haxa? - Pois a verdade é que se están no sitio que teñen que estar non sinto nada, pero a verdade é que cando non están onde teñen que estar, levas algo de apuro e levantas algo o pé ou fas un sinal coa man, aínda que non sole pasar. - Cando colliches por primeira vez un coche de tracción traseira, tíñaslle respecto ou xa antes fuches a algún curso de pilotaxe? - Non, non fun, quizás tíñalle máis medo a un dianteira, porque eu sempre correra cun traseira. - Cre que co nivel que hai hoxe en día no campionato galego, vostede se correse nel que daría feito os tempos que fai Alberto Meira, Iván Ares,Bamarti… ou mellores? - Iso non volo podo dicir pero


Deportes

ENTREVIST A A XESÚS FERREIRO ENTREVISTA FERREIRO,, OCAL DE RALL YE PIL OTO LLOCAL RALLYE PILO se os 2 temos un Ford scort mk1 ou mk2 gáñolle. Pero se non custaríame moito facer os seus tempos, porque os coches evolucionaron moito. - Cando din por aí: «Ferreiro o rei da traseira» que sentes? Nos se sente moita cousa, xa que hai pouco era eu só, pero se foramos 3000 si.

- Ti corriches co Ford Scort MkI e Alberto Otero (Coto) co teu MkII, deixáchesllo

- Por que decidiches vender o Ford Scort MKII? Porque creo que pasaches moi bos momentos nel, non? - Por necesidade económica e tamén para preparar mellor o porche e o MKI. - Que tal polos rallyes europeos? Hai moita rivalidade? Si, hai máis rivalidade, hai un cento e pico de coches e 50 xa son porches, ou sexa hai un nivel moi alto, pero moi ben. -Para ir finalizando, que pensas sobre o teu veciño e á vez piloto Alberto Otero? E do principiante Carlos Rubén Guerreiro? - A. Otero ten unas mans im-

61

presionantes e xa vai de sobrado, pero fáltanlle uns anos para asentar a cabeza, pero ten moito futuro. E C.R. Guerreiro ten unha cabeza impresionante, xa que non lle falla nunca e penso que promete moito. Se xuntamos a cabeza dun e as mans do outro sería invencible, son uns fenómenos. - E xa para finalizar, que consello nos dás a todos os que temos a ilusión de algún día formar parte deste mundo e estar aí loitando cun coche polo campionato? - Pois empezar con moita cabeza, humildes, sempre centrados, e non querer comer o mundo xa ao principio. MARTÍN VÁZQUEZ RÍO E MIGUEL IGLESIAS VILELA, B1C

Xuño 2010

- Contaches ca axuda de alguén especialmente para facelo, porque organizar un rallye custa moito diñeiro e moito traballo, non? - Contei coa axuda de Pablo Balboa e de Javier Anido, e despois tamén contei coa axuda da escudería Ferrol e escudería A Coruña, que se encargaron de facer os tramos. - E cando o sábado ao finalizar xa todo o rallye te subiches ao podio e viches que todos os veciños che aplaudían, que sentías? - Sénteste un un pouco ido, pero moi ben.

- Fastídiache polo impotente que te sentes, xa que hai alguén que fai o que quere.

IES de Melide

- Como se che deu por facer o ano pasado aquí na nosa vila, en Melide, o 1º rallye de históricos de Galicia? - Déronnos a oportunidade de traer unha proba para Galicia, e gazas a Antonio Sainz (irmán de Carlos Sainz) entereime e organiceino, é unha oportunidade moi boa para Galicia e, sobre todo, para Melide.

de boa gana? - Claro que si, só que sempre tes a dúbida de se o tipo se comportará, xa que en 10 anos non lle dera ningún golpe forte. - Que che pasou pola c a b e z a cando che comentaron que che sacaban a licenza de piloto en Galicia?


Deportes

ENTREVIST A A ALEJANDRO PEÓN ENTREVISTA Hoxe entrevistaremos a Alejandro Peón, alumno de 1º B de BAC, un dos máximos goleadores do IES de Melide. El contaranos a súa experiencia e o seu punto de vista desta temporada. - Ola, Alexandro. Empezaremos desde o principio. Cóntanos desde cando empezaches a xogar o fútbol?

IES de Melide

- Pois, realmente, se non me equivoco, empecei a xogar no 2001, cando tiña 11 anos.

Xuño 2010

62

- Cal foi o equipo no que empezaches? - Comecei xogando no equipo de fútbol do meu concello, o Santiso, na categoría infantil de lateral esquerdo. - Recordas como foi e como te sentiches no primeiro partido co Santiso? - Non me lembro a verdade, pero penso que foi xogando como local no campo do Santiso, pero non estou seguro, é que pasou xa tanto tempo!!! O que si recordo é que estaba algo nervioso e á vez emocionado por ser o meu primeiro partido debutado co Santiso, pero teño que recoñecer que co paso dos minutos me fun adaptando ás condicións do parido. - Como terminaches esa primeiro temporada no Santiso? - Quedamos entre os tres primeiros dos postos máis altos da clasificación. Recordo que foi unha boa temporada para o equipo, aínda que eu teño que recoñecer que non tiven a sorte de marcar ningún gol.

- Estiveches sempre xogando no Santiso? - Non estiven sempre no Santiso.O Santiso desfixo as categorías inferiores e desprazouse a Melide, onde pasou a chamarse Atlético de Melide. Pero despois regresei de novo para o Santiso, onde estou agora. - Cóntanos a túa mellor experiencia de todos estes anos xogando ao fútbol? - Para min o mellor foi regresar ao Santiso de novo. E tamén gardo un gran recordo de cando xoguei a final da Compostela Cup que xogamos en Santiago no campo de San Lázaro, aínda que perdemos 4-1, gardo un gran recordo. E agora deixamos o pasado e imos falar un pouquiño do presente. - Como e de quen foi a idea de formar un equipo para participar no campionato que se disputou no IES? - Isto decidímolo todos os rapaces da clase de 1º de BAC C, cando o profesor de Educación Física nos dixo o do campionato. Como a case todos os rapaces da clase nos gusta o fútbol decidimos participar. - Vivías eses partidos como se realmente fora para gañar a liga co Santiso? - Si ,xa que este campionato é como unha liga, aínda que máis curta, pero tamén o pasei moi ben pois xoguei cos

compañeiros de clase. - Como foi a experiencia de xogar cos teus compañeiros de clase? - Ter, non tiven novas experiencias cos compañeiros porque xa xogara con algúns outros anos, e con outros xoguei contra eles, pero gustoume igualmente volver a xogar con eles. E logo os teus compañeiros xogan contigo no Santiso? - Non, no Santiso non xogan comigo, eles xogan noutros equipos de fútbol.Eu xoguei con eles noutros campionatos que houbo en anos anteriores no IES de Melide. - Supoñemos que serías moi feliz cando te proclamaches o segundo máximo goleador, pero que foi o que sentiches nese momento? - Sentinme contento, emocionado....non sei, non o esperaba, foi unha grata sorpresa, pero síntome feliz por ser o segundo máximo goleador. - Que recordas dese día? - Que estaba cos meus compañeiros, e que celebrei con eles ser un dos máximos goleadores do campionato. Recordo que o celebramos na de Xan tomando unhas Coca Colas -Como senta quedar de segundo?


Deportes

VI CARREIRA SOLID ARIA SOLIDARIA

VERÓNICA TRABAZO, JENNIFER MATO, NOELIA SOMOZA ROUCO, ANA SANTOS PEÓN

O día 20 de Decembro os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO; 3º e 4º da ESO e do PCPI; o alumnado de bacharelato e o do ciclo de Madeira celebramos un ano máis a carreira solidaria. Os cartos recadados nesta carreira destináronse para a ONG Save the children, para conseguir recursos e axudar aos miles de nenos e nenas de Costa de Marfil que sofren as consecuencias da pobreza e da guerra. Un golpe de estado no ano 2002 provocou un conflito armado entre as forzas gobernamentais e as forzas rebeldes que levou á división do país, con tensións, inseguridade e destrución de infraestruturas, especialmente as sanitarias e educativas. O país africano, milagre dos anos 80, viu medrar a pobreza nun 44%. Aínda que o conflito remitiu en 2007, ano en que se asinaron os acordos de paz, a situación de inestabilidade e de vulnerabilidade segue existindo. Costa de Marfil está no posto 166, sobre 177, no índice de Desenvolvemento Humano de Nacións Unidas. Un de cada 10 nenos morre antes de cumprir os 5 anos por enfermidades facilmente prevenibles, como a malaria, o sarampelo e as respiratorias. Os índices de desnutrición son cada vez máis altos. Tamén aumentaron os matrimonios infantís, así como os casos de abuso e de traballo infantil, especialmente nas plantacións de cacao e café. Por este motivo todos debemos implicarnos para recadar diñeiro para axudar a mellorar a vida de miles de nenos e nenas, concretamente os e as de Costa de Marfil. Este ano ao igual que o ano pasado dous rapaces do IES leron o seguinte manifesto:

63 Xuño 2010

-Aínda que non fuches o máximo goleador, sabemos que loitaches por selo, co teu esforzo e co da túa clase conseguistes quedar segundos no Campionato. Como o celebrastes? - Celebrámolo todos cunhas Coca Colas na cafetería de Xan, e tamén cuns bocadillos, despois cos demais compañeiros que nos estiveron animando durante todos os partidos que xogamos. Conclusión: Alexandre, segue xogando no Santiso e participando nos campionatos de fútbol no IES de Melide.

IES de Melide

- Moi contento, xa que sei que podo conseguir ser un dos máximos goleadores, e sei que se me esforzo podo conseguir máis coa axuda dos meus compañeiros, pero de todas formas estou moi orgulloso de ser o segundo máximo goleador.


Instituto

VI CARREIRA SOLID ARIA SOLIDARIA

IES de Melide

Bo día, benvidos e benvidas: O 20 de novembro de 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou a Declaración dos dereitos do neno e da nena, recollendo 10 dereitos, denominados principios, e establecendo esta data para a conmemoración a nivel mundial .Estes principios son os seguintes: 1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade. 2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres. 3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade. 4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas. 5. Dereito á educación, e atención especial para os nenos física ou mentalmente diminuídos. 6. Dereito á comprensión e amor por parte das familias e a sociedade. 7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar. 8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo. 9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo. 10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade, e a xustiza entre todo o mundo.

Xuño 2010

64 Antes de comezar a carreira, o alumnado e profesorado interesado en participar encheu o carné de corredor/ar e tivo buscar patrocinadores entre os seus familiares e coñecidos, que se comprometeron a abonar unha cantidade por cada quilómetro simbólico que el percorra. Así, os participantes transmitían aos seus achegados a problemática da infancia en Costa de Marfil, fomentando un espírito xeneroso e solidario. Ao final da Carreira, cada participante multiplicou os quilómetros percorridos polo prezo fixado por cada un dos patrocinadores. Sumando todos, obtíñase o resultado da axuda destinada aos nenos e nenas de Costa de Marfil que sofren as consecuencias da guerra civil, sen poder estudar e sen recibir os coidados médicos necesarios que lles permitan labrarse un futuro. Unha vez que o participante reuniu todo o diñeiro, debía entregalo ao seu profesor de Educación Física, quen llo entregou á Secretaria do IES de Melide para que o envíase mediante transferencia bancaria á ONG Save the Children. Todos se implicaron; dende alumnos, profesores e persoal non docente, participando por unha boa causa. Entre todos podemos!! Mª PILAR CABO E AITANA CASTRO, S2A


Instituto

XA EST AMOS A QUÍ!!! ESTAMOS AQUÍ!!! Somos «os pequenos» , entramos a modiño, sen facer barullo , non queremos que se note a nosa presenza. Sentímonos como un polbo nun garaxe coma quen di,e agora, que xa pasaron uns meses, somos quen de respirar fondo e contarvos os nosos pensamentos. Eu pensei...

Que era diferente, que había máis liberdade, que podiamos andar ao noso aire. Enganeime, é ao contrario, estamos máis atados (Paula)

Que sería moi difícil adaptarme, non foi así. (Uxía) Eu estaba negra, non había

Para min presentábase complicado porque non coñecía a ningún profesor, agora xa teño claro que quero seguir estudando e chegar á universidade. (Fernando) O primeiro día estaba moi nervioso, e se non me tocaba con nenos do meu colexio! Xa estou tranquilo! (Pablo) Despois de visitar o IES a min parecíame un cárcere, agora gústame! (Laura)

A min dábame preguiza pensar nos próximos seis anos no Instituto: materias novas, raras, incomprensibles...agora penso que se pode facer, é asumible. (Diego) Todos dicían que era moi difícil, tiña medo de non aprobar, agora penso que traballando podo con isto. (Cristina) Os nenos e nenas de 1º compartimos con vós os nosos sentimentos. Esperamos seguir facéndoo nos vindeiros números da revista. ALUMNADO DE 1º DE ESO

A COMIDA DO ANO O mércores de Entroido, os rapaces e rapazas de 1º de ESO fixemos un xantar. O menú foi moi variado: tortillas, orellas, filloas, e pratos tradicionais marroquís. Todos os nenos trouxeron comidas elaboradas nas súas casas para compartir. Convidamos aos profesores que quixeron acompañarnos e aproveitamos a ocasión para estar un anaco cos amigos e amigas. Despois de cantar, como non había clase, fixemos unha chea de xogos: con globos, en parella… e rematamos cunhas «pachangas» das que saíron gañadores os de 1ºB, que somos nós. Pasamos unha tarde xenial. Pódese repetir? Quizais a finais de curso. NENOS/@S DE 1ºDE ESO B

65 Xuño 2010

Que me ía custar moito erguerme pola mañá porque no noso colexio entrabamos ás dez e media. (Cristina) Que os «profes» eran máis malos do que son na realidade. (Lorena)

ningunha nena da miña clase anterior!! Agora estou preparada para chegar a calquera sen ser coñecidos. (Lorena)

IES de Melide

Que me ía perder porque o noso colexio era moi pequeno, logo comprobei que non era para tanto (Cristina)


Instituto

IES de Melide

MOSTRA FO TOGRÁFICA FOT OGRÁFICA:: A HIST ORIA É ALGO MÁIS… HISTORIA

Xuño 2010

66

O IES de Melide viaxa ao pasado ou A historia en branco e negro, son algúns dos títulos con que os nenos e nenas de 1º comezan a crónica desta mostra.Os alumnos e alumnas fixemos esta exposición coas fotos antigas que nós mesmos buscamos nos caixóns, entre os recordos das avoas ou nas casas dos veciños. As fotos eran todas en branco e negro e transportábante a épocas pasadas vendo como vestía a xente, as súas celebracións plasmadas no anaco de papel, a riqueza, a pobreza, a felicidade, o traballo..., é dicir, moitos sentimentos en dúas cores. A Historia é algo máis que datas, guerras ou personaxes famosos, é a vida , os recordos … e as fotos foron como unha fiestra que nos dá acceso a aquela vida que a nós, á xente nova, nos semella algo irreal. Ás rapazas chamáballes moito a atención a moda, as festas e os rapaces miraban máis os mozos na mili ou os cabalos, pero todos estabamos de acordo en que era moi curiosa a foto dun personaxe da historia de España, quizais o maior dictador que houbo no noso país. Esta mostra foi todo un éxito, e nos días en que estivo aberta entraba e saía moita xente. CRISTINA, MARÍA, BRAIS, VANESA, LAURA, MARÍA…..


Instituto

UNHA A UT OCRÍTICA AUT UTOCRÍTICA

IES de Melide

Como ensinante, cada vez que escoito a palabra integración non podo evitar pensamentos cando menos contradictorios . Por un lado, paréceme unha palabra con moito contido pero sinto que ás veces só queda niso, nunha palabra. Integración no entorno familiar, na sociedade , na escola…. Pero, que significa realmente? Na escola pódese reducir a tratar de evitar as diferenzas entre os alumnos «ben dotados», intelectualmente falando, e os que, por diferentes circunstancias non contan coas capacidades suficientes para adquirir as competencias básicas. Deberiamos de esforzarnos en tratar de atopar e positivizar todo aquelo que un alumno posee sexan cales sexan as súas circunstancias. Ás veces, escoitar a un neno, telo en conta, pedir a súa opinión pódenos devolver a ilusión, facernos sentir que aínda non perdimos a capacidade de quedarnos literalmente coa boca aberta. Resulta tan difícil non facer comparacións!

67

….non sei nada de democracia, pero sei o que é unha dictadura. Nas dictaduras o xefe do estado é o que manda: Franco, Napoleón, Fidel Castro, Raúl Castro….. Os dictadores son machistas, mandan moito, teñen o poder, algúns matan xente ou métena no cárcere. Franco dicía: Non queremos que os nenos falen o galego. Fidel Castro, o de Cuba , non quere que a xente de España vaía vivir alí, de vacacións, si. A irmá de Fidel marchou para Estados Unidos, e moita xente de Cuba , támen marchou. Profe, aínda sei máis cousas…….. Iván ilustrou o seu comentario con este debuxo. IVÁN YAÑEZ ROUCO, S1D

Xuño 2010

Opinión de Iván


Instituto

IES de Melide

CONSUL TA A O PROFESORADO CONSULT AO

Xuño 2010

68

Os alumnos e alumnas de música de 1º de BAC, decidimos facerlle unha enquisa ao profesorado do noso instituto relacionada coas materias que nos imparten día a día. Quixémola facer pouco detallada e pouco chamativa, xa que o que realmente queriamos era ver a importancia que lle daban á música, á nosa música. Pensabamos que nola ían eliminar completamente cando lles plantexamos a primeira cuestión: Que dúas materias da ESO suprimirían? Non dubidaron nada en descartar cunha alta porcentaxe a Relixión, a segunda con máis puntos en contra foi a Educación para a cidadanía cunha porcentaxe moi aproximada ao Portugués. Algúns profes, pola contra, decidiron que eliminarían tecnoloxía, música, castelán… Pero moi poucos o fixeron. Podedes ver claramente as porcentaxes na gráfica. Cando viron a segunda pregunta o primeiro que fixeron foi poñer unha gran cara de asombro, xa que lles pedimos que elixiran só catro materias para impartir na ESO. As Matemáticas quedaron en primeiro posto cun 24%, seguidas do Galego cun 22%, detrás desta o Castelán e de seguido o inglés, isto quere dicir que gañaron os números e as linguas. Acadaron unha porcentaxe menor as Ciencias Naturais, as Ciencias Sociais, a Educación física… A música só recibiu o 1% dos votos, o que nos fai pensar que non sobra, pero que tampouco é imprescindible, parece ser que

ao resto dos profesores non lles molesta. Como os viamos un pouco preocupados polo resto das preguntas que quedaban, fixémosllelas faciliñas, porque non se trata de asustalos… A terceira pregunta era se lle parecían axeitadas as horas semanais da súa materia.Un 59% dixo que si e o 41% restante que non. Tamén recibiu moitos votos a favor a nosa cuarta e penúltima cuestión, algo parecida á anterior, pero cun fin diferente. As nosas clases duran 50 minutos, polo que a nosa pregunta foi esa, se lles parecía axeitada a duración das clases. Un 60% non dubidou en contestar que estaba satisfeito co tempo que se lle dedica a cada clase da súa materia, pero un 20% dixo que non, ao igual que os que dixeron que dependía da materia. Para ir rematando, a última pregunta que lles fixemos foi relacionada cos informes PISA, do que moitos igual non oístes falar, pero despois de ler isto seguro que algo aprendedes. Os informes Pisa (Informe do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes) baséanse na análise do rendemento de estudantes, a partir duns exames mundiais que se fan cada tres anos e teñen como fin a valoración internacional do estudantado. O que realmente nos interesa a nós,

son as respostas dos nosos mestres, pero un 7% decidiu non responder, un 54% opinou que lle parecía mal ou de maneira moi sutil dixéronnos que pensaban que son unha trapallada. O resto opinou que ben, que están contentos de que os resultados sexan 505 en Galiza e 488 en España (estas puntos mídense nunha escala arbitraria). Finalmente, queremos darlles as grazas aos 50 profesores/as enquisados do noso instituto, por non descartarnos a música, tamén por responder as nosas cuestión sen ningunha oposición e con moita amabilidade.


Instituto

AS ESCOLAS DE FERRADO moitas cousas. Á parte do señor Salustiano tamén tivemos a ocasión de entrevistar a varios alumnos, e no xantar aproveitamos para ver o traballo dos ferreiros, un oficio xa case esquecido por todos. Queremos recordar a compaña de Lidia Barreiro, a profe de castelán que foi recentemente nai, polo cal lle

damos a nosa máis sincera noraboa Por estas razóns queremos agradecerlles a Paco Veiga, a Zeltia Labraña, ao Señor Salustiano, a todos os antigos alumnos de Meira e a Silvia, a condutora do bus, a posibilidade de vivir esta experiencia. GRAZAS CRISTINA CONDE CARREIRA, B1B, E PATRICIA VÁZQUEZ PORTO, B1C.

IES de Melide

69 Xuño 2010

Somos dúas alumnas de 1º de Bac de música que fomos de excursión a Meira (Lugo) a entrevistar a un antigo profesor das chamadas escolas de ferrado, que eran a antiga forma que tiñan os nenos de poder ir a escola. Isto consistía en que os que querían asistir a clase debíanlle de dar ao profesor un ferrado de colleita como pago das clases. Na nosa vila, Melide, hai uns corenta anos había unhas vinte escolas ata a apertura do Colexio Nº1. Estas escolas estaban nas aldeas, como por exemplo en Paredes, Piñor ou Zas do Rei, e tamén eran escolas de ferrado. Investigando polas nosas aldeas, preguntándolles aos nosos avós dixéronos que antes non podían ir todos a escola xa que case ninguén podía dar o ferrado ao mestre, ademais a maioría dos nenos saían a traballar moi novos. A nosa experiencia en Meira foi moi gratificante e puidemos aprender moitas cousas que descoñeciamos por completo, como as formas de dar escola. Tivemos a oportunidade de entrevistar ao señor Salustiano, que é o pai dun profesor apreciado por todos no noso instituto. Durante o camiño ao pobo lucense este profesor foinos explicando lembranzas da súa infancia en Meira e tamén recordos do seu pai, dándonos ideas de preguntas para a entrevista ao igual que Zeltia, a nosa profesora de música e principal responsable de que un pequeno grupo de alumnos fóramos a disfrutar dun bo día e aprender


Instituto

emulaba ao LHC. Nesta, comparamos os resultados obtidos e fixemos un concursiño para demostrar todo o que aprenderamos. Foi unha experiencia interesante que repetiriamos encantados. A próxima vez que o departamento de física organice algo, apuntádevos! ALEX, CARLOTA, DAVID, FANI B2A

3 5 9 7 2 4 7 5

4 5

2 8 6 4

7

6 5 1 7

6 4 9

8

8 2 2 3 7 6 8 9 5 7

8 4

7 6 2

3 9

7 1 5 8 7 1 9 3

3 1 3

9 3

4 8

6

1 5

5

5 3 4 1

4

8 4 6 9

1

2

6 7

ADIVIÑAS 9 4 6 7

9 4 3 1

5

O mosquito Chorar para desafogar Que a película vai comezar A planta do pé Fanse monxas Fácil, deixalo de imaxinar

PASAINTRES

1. 2. 3. 4. 5. 6.

Xuño 2010

70

poder realizar a actividade da tarde. O noso labor consistiría en analizar mostras recollidas dun antigo acelerador de partícula do Cern para identificar as partículas ás que pertencían as mostras. Tras pelexar entre nós discutindo se as partículas eran muóns, taus, quarks ou electróns, tocou dar os resultados. Unha vez finalizado isto, asistimos a unha videoconferencia na que participaron outros centros de todo o mundo, ademais do propio Cern, cuxa imaxe consistía en dous traballadores do centro situados diante dun impresionante decorado que

O 26 de febreiro, logo dunha longa viaxe en bus proseguida por outra longa estadía na estación á espera dun profesor que non aparecía chegamos á facultade onde se celebraba a Master Class de física. Pola mañá asistimos a dúas interesantes conferencias sobre partículas, que non chamou a atención como a que seguiu a esta, que trataba sobre un interesante tema de actualidade como é o acelerador de partículas suízo LHC. Esta última foi impartida por un profesor que estivera en Suíza traballando no colisionador. Despois disto déronnos unha noción para

SOLUCIÓN ÁS ADIVIÑAS

IES de Melide

MASTER CLASS

1. Cal é o único animal que morre entre aplausos? 2. Se estiveses no medio do mar afogándote, que farías? 3. Que significa cando ruxe o león? 4. Cal é a planta que non dá nin flor, nin froito? 5. Unha familia composta por: pai, nai e filla. Ao ano morre o pai, e a nai e a filla fanse irmás, como é posible? 6. Pensa rápido: Imaxinas que estás nun barco que se está a afundir, achéganse un conxunto de tiburóns, tes unha pistola cunha bala, que fas? O barco afúndese e os tiburóns achéganse, que fas?


Instituto

PREMIO PRO XECT O ANOCA PROXECT XECTO

IES de Melide

aulas e o salón de actos onde faríamos a nosa intervención. Os asistentes eran os alumnos da escola e dez máis do módulo terapéutico, que visitamos posteriormente. Este módulo está dedicado á desintoxicación dos internos que así o requiren voluntariamente. eles mesmos nos amosaron o seu día a día, celas, talleres, ximnasio... sempre acompañados dos profesores e funcionarios. Descubrimos que o réxime deste módulo era diferente dos demais, tratan de basear a súa convivencia no respecto e de amañar todo falando; de feito, para eles os funcionarios eran os seus titores. Había moita cor e realizaban moitas actividades que nos sorprenderon como tapicería, ebanistería, club de lectura... ademais de asistir asiduamente ás clases. Fan todo isto a pesar de botan quince horas diarias encerrados nas celas. Durante todo

o tempo non deixaron de insistir en que estabamos vendo a cara amable do cárcere. Esta visita serviunos para decatarnos dos prexuízos que ten a nosa sociedade a cerca do cárcere, moitas veces alimentados polas películas americanas. Chegamos ao instituto con dous agasallos, un deles é una pomba que simboliza a liberdade que eles non teñen. O outro era un espello feito por eles co logotipo da unidade terapéutica. Non obstante, para nós o galano máis prezado foi a oportunidade que nos deron de entrar nas súas vidas e a reflexión sobre os consellos que nos deron. LUCÍA MATO, YASMINA EL GTAIBI, LORENA VÁZQUEZ, VERÓNICA TRABAZO, DOYA LAYA, LAURA SEGADE, YOLANDA ROUCO, MARÍA DÍAZ E LAURA SÁNCHEZ, ANTROPOLOXÍA 1º DE BAC

71 Xuño 2010

A finais de decembro os alumnos e alumnas de 4º de ESO, 1º de BAC e do Ciclo de Madeira asistimos a unha charla que nos deron os internos do cárcere de Teixeiro, a igual que en anos anteriores, pero nesta ocasión era diferente, xa que a un grupo de alumnas de Antropoloxía de 1º de BAC, coordinadas por Loli Vázquez, a nosa profe, se nos deu unha oportunidade que non esqueceremos xamais. Ofrecésesenos a posibilidade de participar no proxecto ANOCA (Aprender NO Cárcere) e o noso labor era facer un traballo no que se reflexionase sobre a educación no cárcere e as nosas impresións sobre as charlas. Nós decidimos orientar o traballo cara os distintos camiños que podemos tomar ao longo da vida. Como fío condutor utilizamos o Camiño de Santiago, centrámonos na educación e ao mesmo tempo intentamos ser unha fiestra aberta cara o mundo do que eles están privados. Por sorte fomos seleccionadas para expoñer o noso traballo dentro do cárcere e poder coñecer algunhas das instalacións do centro penitenciario de Teixeiro. Despois dun tempo de espera e incerteza confirmáronos que o día 1 xuño acudiríamos. Con moitos nervios e despois de pasar rigorosos controis, entramos no recinto penitenciario. Benito, antigo profesor de inglés do IES de Melide, e José Antonio, director da escola, guiáronnos polas instalacións. Amosáronnos as


Instituto

IES de Melide

O PPASO ASO POL O INSTITUT O POLO INSTITUTO

Xuño 2010

72

Nós, alumnas de primeiro de bacharelato, quixemos realizar unha síntese do que pensamos que supón o paso polo instituto tanto no ámbito educativo como social. Comezamos comentando as primeiras impresións que en xeral se senten ao entrar nun edificio que supón un cambio moi importante nas nosas vidas. Unha institución de grandes dimensións con moitas caras diferentes, profesorado novo e tanto persoal non docente facía que nos sentísemos moi inferiores e pequenas, pero ao mesmo tempo maiores por empezar unha nova etapa que nos facía máis independentes. Os primeiros días acostuman ser moi silenciosos, sen ningunha participación na clase posto que non coñeces a ninguén, ou pouca xente da aula, pero logo vas adquirindo confianza e pronto convertes a túa clase nunha «segunda familia». A nivel educativo considerámolo un curso fácil en canto a contidos, pero de difícil adaptación nos primeiros

meses polos motivos xa comentados. O paso a segundo ciclo é considerado xeralmente complicado, xa que o profesorado deixa de ser tan protector, aportando máis liberdades e responsabilidades. Tamén resulta difícil a adaptación a novas materias tales como Física e Química ou Bioloxía e Xeoloxía. Porén, cuarto dise que é máis fácil porque xa podes escoller materias que che gustan máis, aínda que esta elección resulta difícil. Ademais, a repetición de contidos de cursos anteriores facilita o estudo. O que temos moi claro é que o bacharelato é moito máis difícil, xa que require dedicarlle moitas máis horas de estudo, así como máis atención na clase. No noso IES contamos con moito material especializado para un mellor ensino, a pesares de que os alumnos ás veces non o sabemos coidar como é preciso. Por exemplo isto ocorre na aula de informática, onde desapa-

rece material e os ordenadores estráganse por mal uso. Contamos con diferentes actividades extraescolares, como por exemplo a radio, onde calquera pode gravar un programa sobre o que queira; INTRES, a revista de todos/ as e na que se debería participar máis; o CUALE, para reforzar o inglés, entre outras. O que resulta un pouco aburrido é a monotonía de todos os días; ao escoitar a sirena entramos como «robots» ás nosas aulas, botamos seis horas sentados, atordados con diferente e demasiada información que provoca en nós un cansazo ao final da semana que se vai acumulando e aumenta na época dos exames. Persoalmente isto gustaríame cambialo e propoñemos dar as clases ao aire libre, máis excursións educativas... Pero sen dúbida este paso serviranos para acadar os nosos obxectivos para ter un bo futuro. PATRY E EVA, B1A


Instituto

O NOSO SISTEMA DE ENSINO

estudando día a día, ao final quen ten máis memoria é quen mellor se defende no exame. Por algo na fala coloquial se confunde «intelixencia» con «memoria». Con isto quero dicir que sería conveniente cambiar o noso sistema de estudos e deixar de lado os exames como único sistema de cualificación, para implantar outros métodos que nos axuden e que nos faciliten a comprensión do temario sen necesidade de recorrer á memorización. Por exemplo, facendo traballos ou comentarios do tema en cuestión na nosa casa coa información necesaria. Porque o importante non é que saibamos de carreira a información, senón que sexamos quen de entendela e de explicala na práctica. Este método funciona noutros países, como Inglaterra, nos que se lle dá moita máis importancia á lectura e onde se avalían os alumnos e alumnas a partir de traballos. Neles, o importante é entender; por exemplo, ler un libro e identificar as ideas principais que caracterizan a persoa que o escribiu a partir duns apuntamentos. Neles a memoria xoga un papel secundario. ALBA FERNÁNDEZ BUJÁN. 2º BAC B

73 Xuño 2010

mesmas da propia fonte? Porque, aínda que comprendamos a información, dáselle moita máis importancia ao feito de memorizala, xa que se non o facemos ou se no exame non a poñemos, está claro que non obteremos a puntuación que desexamos. Entón, o que efectivamente se valora é a memoria, a capacidade para reter información e reproducila e non o razoamento que nos pode levar ás nosas propias conclusións, a elaborar as nosas propias opinións, a comprender o que nos quere dicir o autor nun texto, por exemplo. E, de que nos serve memorizar por exemplo as características dun autor, dunha ideoloxía, das formas de relevo ou as fases da segunda guerra mundial se quizais dentro de cinco anos non nos acordemos de nada? O realmente importante é entender o que di o texto, saber interpretalo, porque sempre que necesitamos consultar algo, podémolo facer en todo tipo de fontes, que cada vez son máis accesibles a todo o mundo. A verdade é que, en efecto, hai algunhas cousas que temos que memorizar irremediablemente, como a táboa de multiplicar, certas fórmulas que nos axudan a desenvolver un problema... Pero ás veces non somos conscientes da enorme cantidade de contidos que temos que reter no noso cerebro, sobre todo na época de exames. E a realidade é que, aínda que vaiamos

IES de Melide

Antes de nada gustaríame dicir que decidín falar sobre este tema xa que ten demasiada importancia para nós, os estudantes, e realmente poucas veces nos paramos a cuestionalo. Para empezar reflexionaremos sobre o que máis debemos valorar no estudante, é dicir, o que verdadeiramente importa á hora de ter en conta a intelixencia e o esforzo dunha persoa. A resposta está moi clara, xa que o obxectivo da escolaridade, quero dicir, de todos os anos que pasamos nun centro, débese a unha razón moi importante e á vez moi simple: chegar a ter unha serie de coñecementos que nos permitan poder elixir por nós mesmos, por nós mesmas, sen necesidade de que ninguén nos diga o que temos que facer ou opinar, como ben di o lema do noso instituto «estudar para elixir, elixir para ser libres», ou o que é o mesmo, ser críticos, non crer todo o que nos contan nin deixarnos influenciar por outras posturas, senón ter a nosa propia opinión, baseándose sempre na razón para elaborala. Aquí chegamos a un punto moi importante, onde nos temos que preguntar: estamos seguindo as pautas adecuadas coas que acadaremos este obxectivo?; verdadeiramente, a nosa forma de estudar lévanos a poder ser críticos e expresar a nosa opinión?; acaso estudar non é reproducir o que nos di unha fonte de información a través das nosas palabras ou, incluso, coas palabras


Instituto

IES de Melide

DESEÑANDO MOD A MODA

Xuño 2010

74

Como resultado dun ano de traballo realizado nunha nova materia que se ofertou este curso no IES, temos un traballo que exporemos nun desfile se celebrará a finais de maio. Nel poderedes ver unha serie de irrepetibles creacións, froito dos nosos miolos, aínda que estas creacións contan con influencias de diferentes estilos e deseñadores. Como, por exemplo, do deseñador anglosaxón Alexandre McQueen do que se toman influencias para facer un tocado cósmico (aínda que tamén falariamos

de influencias filosóficoatomistas) ou o chaleco masculino feito de papel de burbullas. Outras influencia de carácter moito mais opero é o bolso feito con envoltorios de chupa-chups, un dos símbolos españois, ou o traballo desempeñado con bolsas, exemplos disto son o poncho feito con bolsas de Zara ou o magnífico vestido creado a partir de bolsas de Pull and Bear e bordadas a man! Ademais da faldra de bolsas de plástico tipo «feria de Abril», non podo esquecer d laboriosa faldra de chapas cun bolso a xogo (a marca

das chapas non será revelada por non facerlle publicidade a Estrella , que non nos paga por iso) Na nosa colección tamén tedes bolsos con reproducións de obras de artistas como Dalí, Miró ou Frida Caben ecos para influencias do xenial e innovador David Delfín como na camiseta soga. Tamén Galicia estivo presente nas nosas creacións, como no traxe feito con follas de millo (que traballo coselas!) ou a faldra construída a base de follas de carballo.. Tedes creacións doutro tipo, como o vestido prateado rolo galáctico ao máis puro estilo Hollywood dos 60 ou o polbo que nos evoca ao xenial Ed Wood e o seu polbo roubado, fantástico sen dubida Aínda así quédanme cosas por nomear que gardarei no peto para deixarvos coa intriga e facervos ver o vídeo, que proximamente estará colgado na web do instituto. Esperámosvos CARLOTA CASAL, B2A


Instituto

DESFILE DE MOD A DESEÑAD A MODA DESEÑADA NO IES DE MELIDE

e expuxemos dous traballos: sobre a evolución no deseño dalgún obxecto ou a vida e obra dalgún deseñador. Isto axudou a abrir a nosa imaxinación e inspirarnos en creacións de deseñadores importantes. Como non, aínda para enriquecer máis a nosa cultura, viaxamos A Coruña a visitar un museo, onde tivemos a oportunidade de practicar gravado. Tamén a Londres, visitando os museos de arte máis importante. Soamente engadir dende a miña experiencia, que mereceu a pena, polo aprendido e sobre todo pola amizade entre as alumnas. Se poidera repetiría a experiencia, pero por outros motivos espero non ter que facelo. NOELIA VARELA PUGA, B2C

75 Xuño 2010

tragasen. As modelos, a música, o ambiente, o cartel… todo nun desfile é importante, pero como non, a pasarela, que hai que agradecer ao ciclo de madeira que nos axudasen a levar a cabo este proxecto coa construción da mesma, senón, todo sería imposible. Non pensedes que só nos adicamos a isto durante o curso, fixemos tamén a outras moitas actividades: practicamos deseño gráfico, xa que participamos no concurso de cartel da Festa do Queixo en Arzúa. Ningunha de nos saíu gañadora, pero intentámolo, e outro ano será. Tamén recibimos unha parte teórica, que non estivo nada mal,

IES de Melide

Como moi ben sabedes, este ano neste centro impartiuse por primeira vez a materia de deseño. Poucos fomos os afortunados de disfrutar desta, xa que contábamos cun número reducido de persoas, oito, e ademais todas mulleres. Como levar á práctica esta asignatura? Pois esta foi a primeira pregunta ou o primeiro chanzo para chegar ao que a continuación veremos. Tíñamos que crear, imaxinar, pintar, deseñar… así que mesturando todo isto ocorréusenos algo, XURDE UNHA IDEA! Por que non intentamos facer un desfile? Todo isto carrexaba moito traballo e esforzo, pero con moito entusiasmo e ganas, arriscámonos a intentalo. Primeiramente elaboramos os bocetos das nosas futuras obras, incluíndo todo tipo de detalles. O que pasou e que algúns deles foron imposibles de realizar, ou ben por tempo ou ben por medios, pero que non se diga que non deixamos correr libre a nosa imaxinación. Unha vez coñecido o obxectivo, había que conseguir medios para poder poñerse mans a obra. Durante días, pouco a pouco, íamos elaborando os deseños, axudándonos unhas a outras, xa que gozábamos dunha moi boa relación. Unha vez rematados, ata hoxe, estiveron ben gardadiños para que non se es-


Instituto

IES de Melide

DESFILE DE MOD A CLÁSICA MODA

Xuño 2010

76

Neste curso, na materia de cultura clásica, estudamos o vestido na antigüidade grega e romana, en parte para aprender unha cousa máis do mundo clásico e en parte para poder facernos traxes axeitados para a gran festa romana que íamos vivir en Sagunt (Valencia), onde fomos de viaxe de estudos en abril, como se detalla noutro artigo desta revista. Estudamos as características das principais vestimentas femininas e masculinas e fixemos talleres prácticos na aula, aprendemos a facer túnicas, peplos e quitóns nuns minutos e sen coser unha puntada. Con estes coñecementos básicos, cada un de nós elaborou o seu vestido na casa e o resultado foi espectacular, estaba claro que todos

recibíramos moita axuda, sobre todo das nais e pais, que empregaron moitas horas de sono para que lucísemos un auténtico traxe romano aquel día. Para sacarlle partido aos nosos modeliños, apuntámonos a un desfile de modelos que as alumnas de Deseño de 2º BAC levaban un tempo preparando con Natalia, a profe. Á parte do departamento de plástica, que preparou un decorado excepcional usando materiais reciclables, nesta actividade foi imprescindible a colaboración do departamento de madeira que fabricou unha magnífica pasarela para que o pase de modelos fose auténtico. Este departamento, incluso improvisou en poucas horas unha litera romana, para que unha das nosas

modelos, que sufrira un esguince, fose portada por dous voluntariosos escravos romanos. Ademais, o noso equipo de reporteiros de Falamelide encargouse de gravar os desfiles para deixar constancia documental desta actividade. Con toda esta infraestrutura o éxito da actividade, que se realizou na primeira semana de maio, estaba garantido. Os de cultura clásica, queremos aproveitar este espazo para amosarvos uns patróns moi sinxelos cos que podades facer o voso traxe romano e participar na gran festa romana ARDE LUCUS, que terá lugar en Lugo durante o último fin de semana de xuño. Unha delegación de romanos melidenses acudirá a esta festa o sábado 26 de xuño, anímate ti tamén!!, é moi sinxelo.

Aquí vos deixamos uns breves apuntes de como facer un traxe romano. Os antigos gregos e romanos usaban roupas amplas cinguidas con fíbulas (especie de imperdibles) e cintos e sen apenas costuras. As vestimentas grega e romanas son moi semellantes entre si, só varían os nomes. Para facer ir vestido de romano/a convén buscar por casa ou mercar unha tela que teña boa caída e algo de peso. As mulleres levaban as túnicas ata os pes, polo que se necesitaría entre 3 e 4 m. de tela de ancho normal (1,5 m.). Os homes levaban a túnica ata os xeonllos de largo, o ancho debe medir o dobre do que miden as costas. Convén que as cores sexan variadas e compre recordar que os ricos usaban cores claras e vivas mentres que as clases baixas usaban tons cor terra e pardo. Os vestidos pódense coser ou suxeitar con imperdibles e deben cinguirse cun cinto. Tanto o home como a muller poden usar unha túnica e sobre ela un manto (optativo)

Vestiduras femininas:

- Túnica: peplo dórico, peplo xonio ou quitón, stola - Manto: himation, palla

Vestiduras masculinas:

- Túnica: quitón, túnica, exomis - Manto: himation, clámide, toga - Roupas militares: armadura de lexionario, sagum (capa), paenula (capa)


Instituto

DESFILE DE MOD A CLÁSICA MODA Para muller Peplo dórico

Peplo xónico ou quitón

Himation ou pala

IES de Melide

77 Xuño 2010


Instituto

DESFILE DE MOD A CLÁSICA MODA Para home

Exomis:

IES de Melide

vestimenta propia de escravos e obreiros

Clámide

Túnica ou quitón

Xuño 2010

78

Toga

Podes ampliar información nos seguintes lugares da rede: • http://aspasiamelide.blogspot.com/2010/04/moda-clasica-nova-tempadaprimavera.html • http://culturaclasicasagunt.wikispaces.com/file/view/indumentaria_cas.pdf • http://www.ardelucus.com/ • http://www.roman-empire.net/society/soc-dress.html • http://www.santiagoapostol.net/latin/vida_roma.html • http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/latin/esl143ca6.php • Lexión romana: http://www.taringa.net/posts/imagenes/1666679/El-Legionario-romano-y-suequipo.html


Instituto

VIAXE A TTARRA ARRA GONA E V ALENCIA ARRAGONA VALENCIA

79

ben as noites sen durmir por estar xogando partidas, falando ou de festa. O tempo libre foi o mellor, aínda que as nosas confusións polas rúas das cidades daban ganas de rir e chorar. Tamén recordamos as chamadas de atención de Susana e Gloria a altas horas da madrugada por facer demasiado barullo e a primeiras horas da mañá por quedar durmidos. Somos Tanuska e Jessy e acabamos de contarvos a nosa experiencia persoal. Recomendámosvos que, se algunha vez vos dan a oportunidade que nos deron a nós, aproveitádea. Grazas a Susana, a profe de cultura clásica, porque conseguiu que o soño de moitos de nós (polo menos de nós as dúas) se fixese realidade. TANIA F. SESTO E JESSICA BARREIRO, S3A

Xuño 2010

do albergue foi moi amable e xeneroso con nós. Dous días fomos a Sagunt, unha antiga cidade de orixe romana preto de Valencia, para realizar talleres relacionados coa cultura clásica, como escritura romana e cómputo do tempo. Pero o mellor foi ir vestidos de romanos (como ben vistes nos desfiles) a ver no teatro romano unha comedia en latín titulada Miles Gloriosus. Outro dos días en Valencia fixemos unha ruta de sendeirismo en Xelva, un pobo de orixe medieval do interior. Recorremos uns 8 km cunhas vistas impresionantes vendo a Penya Tallada, unha rocha cunha fendedura de 25 m. feita polos romanos para permitir o paso da auga, e o acueduto romano. Para pasar polo acueduto tivemos que facer números, porque estaba moi alto e non tiña varandas e nos daba vertixe. En Valencia visitamos todos os lugares importantes como a Catedral, o Mercado Central, o Mercado de Colón, a lonxa da Seda, as Torres de Serráns... Tamén visitamos o museo arqueolóxico de L’Almoina e, como non, a Cidade das Artes e das Ciencias, xa no último día para despedirnos dunha viaxe que non esqueceremos ningún dos que fomos nin querendo. Nesta viaxe lembramos

IES de Melide

Os alumnos e alumnas de Cultura clásica de 3º e 4º fixemos unha viaxe a Tarragona e Valencia durante unha semana do mes de abril, para coñecer diferentes lugares relacionados coa romanización e realizar diferentes actividades coa cultura clásica. O domingo 18 de abril, moi cediño, saímos rumbo a cidade de Tarragona (Catalunya) co noso condutor de fiar, Balburiña, ao mando. Nun principio pensabamos que catorce horas de viaxe con dezanove persas nun bus ía ser algo insoportable, pero a nosa experiencia foi que se pasaron coma dúas horas de clase. Chegamos á tardiña ao noso alucinante hotel de Tarragona, e nesta cidade pasamos dous días vendo monumentos (na súa maioría romanos, como o anfiteatro, murallas...), o museo arqueolóxico, praias ... incriblemente interesantes e moi ben conservados. E como non, non imos esquecer o noso tempo libre polas ramblas, que percorremos como vinte veces nestes dous días. O martes pola tarde despedímonos de Tarragona e saímos en dirección á desexada cidade de Valencia. Foron catro horas de viaxe moi divertidas nas que tiñamos unhas gañas tolas por chegar, sobre todo cando, xa na cidade, non atopabamos o albergue meténdonos por diferentes rúas estreitas. Despois de media hora atopámolo e o noso impacto ao entrar nel foi grande, porque hai unha gran diferenza de pasar dun hotel de tres estrelas a un albergue xuvenil; pero foi cuestión de asimilalo e seguir a disfrutar da nosa viaxe. O persoal


Instituto

IES de Melide

VIAXE A LITU ANIA LITUANIA

Xuño 2010

80

Sveiki, draugai! Kaip sekasi? Kas naujo? Uff, non sigo, que o lituano non é o meu! Traducíndoo ao galego: «Ola amigos! Que tal estades? Como vai iso?» :) Moitos de vós saberedes que, hai uns meses, alá por novembro do 2009, un grupiño de alumnos e alumnas do IES, acompañados por dous profesores, Isabel e Xosé Tomás, tivemos a oportunidade de viaxar a Lituania para levar á práctica un intercambio lingüístico e cultural que, en realidade, xa fora posto en marcha moito antes. Jolanta, que estivo connosco hai dous cursos como lectora en inglés, foi a «iniciadora» deste proxecto ao poñer en contacto ao profesorado do departamento de inglés do IES de Melide coa súa antiga profesora de inglés, Irena, do seu antigo instituto: o Adolfas Sapoka Gimnasium de Utena. Así, vía internet, comezou o intercambio de ideas e, froito delas, naceu no ano 2008 o blog «What’s up, Lithuania?» (www.whatsuplithuania.blogspot.com), onde alumnos dun e outro lado de Europa comezamos a compartir fotos e comentarios sobre os nosos respectivos institutos e vilas: Utena e Melide. Malia todo, a viaxe ata Lituania plantexábase difícil e, sobre todo… Cara. Por iso os profesores solicitaron unha beca ás institucións, para que algúns dos alumnos matriculados no Cuale (antiga Escola de Idiomas) puidesen levala a cabo. E… Así foi! Fomos dez os afortunados (Iria, Paco e Lucía, de 1º de BAC, e Inés, Sergio, Xisela, Noelia, David, Andrea e Judith, de 2º) que, o 4 de novembro, acompa-

ñados por Isabel e Tom á s , chegamos ao aeroporto de Vilnius tras unhas cantas e tediosas horas de viaxe: en bus ata Madrid, e en avión dende Barajas ata Praga e de alí a Vilnius, capital de Lituania. O noso periplo por aquelas terras acababa de comezar! Nada máis poñer o pé fóra das instalacións do aeroporto, comezamos a sentir o «fresquiño» que nos acompañaría durante toda a viaxe: temperaturas de entre -3 e 4º C, nada comparado coas que, segundo os nosos anfitrións nos contaron, chegan a darse en pleno inverno: ata 25ºC… baixo cero, aí é nada! De camiño cara Utena, perdidos polas autoestradas dun país afastado e alleo, o sentimento de amor pola terra invadiunos e demos en arrancarnos co repertorio completo de cancións galegas: dende as «ondiñas veñen e van» ata a «saia da Carolina», pasando por moitas outras e acompañados pola pandeireta de Xisela. Unha vez en Utena chegamos á fin ao instituto, onde os nosos anfitrións nos recibiron con té e doces, nunha calorosa benvida que conseguiu espantar o frío que nos envolvera uns minutos antes. Tras darnos uns planos da vila e contarnos, en liñas xerais, en que consistirían as actividades planeadas

para eses días, presentámonos por fin en persoa aos nosos respectivos anfitrións, con cuxas familias habiamos de pasar os dez días da nosa estadía alí. A mañá seguinte presentouse cuberta por unha espesa capa de neve e xeo, polo que algúns de nós puidemos sentir o «firme» chan lituano baixo as nosas pousadeiras. Nada grave, afortunadamente non pasou dunha simple cuada... Ou dunhas «simples cuadas», porque a algún non lle chegou con caer unha soa vez senón que repetiu, e repetiu, e repetiu… Pola mañá visitamos o museo etnográfico: representacións dos antigos fogares, traxes rexionais, apeiros de labranza… que algúns puidemos ter entre as nosas mans e mesmo tentar manexar. A comida tivo lugar, coma case todos os días que pasamos alí, no comedor escolar, onde os boliños e a máquina expendedora –baratísima, por certo- case tiveron tanto éxito, por non dicir máis, que o xantar preparado polas cociñeiras. Esa tarde, como se


Instituto

VIAXE A LITU ANIA LITUANIA

novos amigos, non habiamos entender nada. Pasou a noite e o cuarto día pasou ante nós como caído do ceo… Talvez porque pasamos a tarde nun museo etnocosmolóxico e nun observatorio astronómico, cun observatorio xigante. Segundo comentarios de Irena, aquela había de ser unha visita que non esqueceriamos en moito tempo. Non tardamos moito en comprender o porqué: escaleiras, escaleiras e escaleiras, empinadas, altas, estreitas, chanzos e máis chanzos que parecía que non ían acabar nunca. Pero, como é ben sabido, as cousas boas merecen un pequeno sacrificio, pois desde alí puidemos contemplar unha preciosa estampa nocturna cun ceo escuro onde só se distinguían as estrelas e un horizonte branco, cuberto de neve, fermosísimo. O peor foi saír de alí e chegar ata o observatorio, onde un telescopio xigante nos agardaba. Imaxinade esa estampa do polo norte que todos tedes na mente, co seu oso polar branco e algún que outro piñeiro por aquí e por alá, e tooooodo cuberto de neve. Ben, agora quitádelle o oso polar e multiplicade o

81 Xuño 2010

o fundamental), senón que tamén había traballo que facer. Unhas semanas antes de partir cara o noso destino, estiveramos preparando unha serie de presentacións en powerpoint sobre distintos temas: Melide e o noso instituto, Galiza e a cultura galega dentro do marco español, tópicos sobre uns e outros… Chegara a hora de poñernos en marcha e mostrar aos lituanos as nosas paisaxes, costumes, gastronomía… como eles levaban feito neses días. En fin, chegara a hora de encandilalos, e se ben todas as presentacións estiveron moi logradas, salientou o papel de Fran como orador xenial, cos seus chistes e coa súa recorrente frase «The best in the world», para referirse a calquera cousa, o que fose, da nosa terra: dende o noso marisco e praias ata os noso equipo, o Depor. Para finalizar, unha muiñeira bailada por Noelia e Xisela e o himno galego, todos erguidos coa man alzada no peito ao estilo dos actos oficiais, como bos embaixadores do noso país. A risa estivo garantida, e a promoción turística, tamén. Amais diso, comezamos a asistir ás clases, a maioría un tanto pesadas para nós porque, como comprenderedes, non estabamos moi postos en lituano, e de non ser polas clases de inglés e polas amables traducións dos nosos

IES de Melide

fósemos auténticos convidados de honra, fomos recibidos polo alcalde, o director da escola e algunha que outra personalidade local. Mesmo a prensa se atopaba alí para retransmitir a noticia no xornal da vila. Con Irena, a profesora lituana, como tradutora, o alcalde transmitiunos a súa benvida e desexounos unha feliz estancia en Utena, aportando algúns datos históricos e demográficos sobre o lugar e obsequiándonos cun bolígrafo como recordo da visita. De volta ao instituto puidemos visitar as súas instalacións, coas que nos acabamos familiarizando ao longo dos días: a biblioteca, a galería coas obras de arte de alumnado e profesorado, as aulas de baile e de educación física –con actuación de baile en directo incluída-, a aula da orquestra e dos ensaios, onde algúns dos rapaces que nos acompañaban tocaron as súas guitarras eléctricas e baterías para nós, e, en definitiva, todos e cada un dos recunchos do Adolfas Sapoka. Pola noite –cómpre ter en conta que alí a noite chega máis ben cedo-, xa sen profesores, todos os rapaces e rapazas, lituanos e galegos, quedamos nunha cafetería para ver un partido de baloncesto que se disputaba entre un equipo lituano e outro español. As tiranteces estaban aseguradas, pero aínda así sobra dicir que, para o seu pesar (e vai con cariño), gañamos. O terceiro día chegou e, con el, o traballo, porque a nosa misión en Lituania non consistía só en pasalo ben (aínda que, obviamente, era


Instituto

IES de Melide

VIAXE A LITU ANIA LITUANIA

Xuño 2010

82

frío por mil: así nos sentimos nós naquel paseo ata o observatorio e incluso dentro do edificio, pois o frío xa nos calara ata os ósos. Problemas térmicos aparte, un científico ofreceunos unha charla, acompañada dun vídeo con imaxes incribles, sobre o universo, e ata nos ensinou un fragmento de meteorito, tremendamente denso e pesado, que puidemos soster nas nosas mans para sentir o estraño calor que desprendía… Moitos quedaron pensando se aínda conservaría a temperatura dende o seu choque contra atmosfera. Despois decatámonos de que estivera sobre un radiador durante un bo anaco. Como se soe dicir, un fallo teno calquera. O sábado tivo lugar a nosa visita á capital: Vilnius, unha cidade tranquila repleta de historia en cada un dos seus recantos, especialmente na fermosa e branca catedral, en cuxas catacumbas as tumbas de reis e raíñas e as imitacións das súas antigas coroas e xoias, hoxe en día desaparecidas, nos acompañaron. A guía que nos dirixía mostrounos tamén diversas rúas e igrexas do máis curioso, narrando todo tipo de historias sobre elas. Posteriormente tivemos tempo libre para acudir a un mercado e gastar as nosas litas (moeda lituana, 1• equivale a unhas 3,45 litas) mercando produtos locais, como gorros e calcetíns de la, bixutería de ámbar e pezas de artesanía, etc. Pola tarde, e sobre todo por petición dos compañeiros lituanos, fomos a un centro comercial, o «Akropolis», en cuxo interior se atopaba, ademais, unha pista de

patinaxe sobre xeo. Esa noite algúns de nós acudimos á festa que unha das rapazas ofrece una súa c a s a ; puidemos así experimentar o tipo de actividades que levan a cabo os lituanos da nosa idade para divertirse: sen estendernos moito, diremos que non hai moitas diferenzas agás no horario, arredor das 12, na casa. O domingo pola mañá pasámolo coas nosas respectivas familias anfitrioas e, chegada a tarde, quedamos nunha boleira. Despois diso, algúns volveron coas familias, outros quedaron para pasear pola vila e, algúns, tivemos que ir ao catecismo e á misa; a relixión máis practicada en Lituania é o cristianismo. A mañá do sétimo día da nosa estancia en Utena pasámola entre clases e exposicións das presentacións e, chegada a tarde, preparámonos para unha excursión a Anyksciai, unha vila veciña onde visitamos o museo do cabalo, nós fixemos fotos no parque e ata fixemos pan ao estilo lituano, do que se facía antigamente alí: escuro, de cor amarronada. Ao día seguinte vivimos algúns dos momentos máis emocionantes e intensos da nosa viaxe. Os estudantes de español do instituto chegaron coa súa profesora, Agne, unha amiga de Jolanta que viña de pasar dous anos en

Castela aprendendo español, e obsequiáronnos cuns calcetíns de la ben quentiños para arredar dos nosos pés as xeadas temperaturas do exterior. Despois diso, chegou a hora de facer nós mesmos de profesores: comezamos expoñendo a presentación sobre Galiza e España de Iria, Fran e Lucía, desta vez en español, para continuar coa canción «Jueves», de La Oreja de Van Gogh, cuxa historia de fondo relatamos aos lituanos que, coma nós, se mostraron realmente emocionados e se solidarizaron coa dor dos atentados do 11-M. Instando aos alumnos lituanos a lernos as súas respostas, pois tratábase de encher ocos e ordenar frases da canción, descubrimos o seu magnífico nivel –algúns xa lían con bastante fluidezpara o escaso número de horas de clase que levaban tido. Todo un exemplo para nós, sen dúbida. Máis tarde, Isabel, Tomás, Irena e algún dos profesores lituanos prepararon un xogo para nós: repartiron diversas tarxetas con palabras en distintos idiomas (inglés, francés, lituano, ruso – que eles imparten-, español


Instituto

VIAXE A LITU ANIA LITUANIA

equipaxe… Bágoas e abrazos para unha despedida intensa e chea de emocións nos agardaban ao día seguinte, cando á fin chegara a hora de volver á nosa vida habitual e despedirnos, quen sabe se para sempre, dos nosos non só anfitrións, senón tamén xa amigos lituanos, persoas amables e servizais coma poucas, amais de divertidas e intelixentes, que non esqueceremos. Aínda non sabemos, a día de hoxe, se eles poderán levar a cabo o seu desexo de vir aquí pero, por se acaso iso non se puidese dar, nós xa fixemos unha promesa: sen dúbida, volveremos a aquela terra fría que nos acolleu coa máis calorosa das apertas e da que, pase o que pase, gardaremos sempre o recordo imborrable dunha experiencia única, máxica e irrepetible. Mes tave mylime, Lietuva! By a witness, with love. LUCÍA MATO B1A

83 Xuño 2010

permercado para mercar aceite, patacas, ovos… ¿E que se fai con todo iso? Pois unhas tortillas españolas coas que deleitar os padais dos nosos anfitrións que, ao fin e o cabo, ben nolo merecían! Con algún accidente de por medio as tortillas chegarían case sas e salvas á noite, onde nos agardaba unha cea moi especial… Pero mentres tanto, unha nova actuación musical tivo lugar no salón de actos do instituto, e tanto lituanos como galegos mostramos as nosas músicas e bailes tradicionais. Ademais, Xisela e Andrea ofrecéronnos a versión dun conto galego tanto na nosa lingua coma en inglés, mentres Iria, improvisando e facendo gala do seu talento para o debuxo, o ilustraba en directo para todo o auditorio. Unha actuación realmente fantástica! Unha vez rematada a actuación, pasamos ao comedor, onde un grupo numeroso de rapaces e rapazas lituanos, e tamén algúns profesores e membros das asociacións de bailes locais, nos agardaban para cear todos xuntos produtos típicos da terra. Unha cea deliciosa que rematou en baile: todos xuntos, no centro do comedor, seguindo as instrucións dos «directores do baile», un grupo de persoas maiores vestidas con traxes rexionais, movéndose ao son da música en directo, cambiando de parella e de pasos segundo variaba o ritmo. Unha noite divertida coma poucas, que rematou coa retirada ás casas para preparar a

IES de Melide

e galego) co obxectivo de buscar, entre as tarxetas dos demais, as nosas mesmas palabras en idiomas diferentes. Finalmente chegamos á conclusión de que, se ben existen moitas diverxencias, os puntos en común supéranas e, por un intre, todos nos sentimos membros dunha gran familia europea. Para finalizar co día das linguas, unhas rapazas expuxeron a historia do seu idioma, xunto con diverso vocabulario de utilidade e palabras curiosas; en canto remataron, chegou o turno dos galegos: Judith, Andrea e David falando sobre o galego, as súas orixes e o conflito lingüístico. Como peche da sesión, todos tivemos a oportunidade de aprender un trabalinguas en galego e lituano. Pola tarde, os lituanos vestíronse cos mandís e leváronnos ata unha das cociñas da escola, onde prepararon unha receita sorpresa que, ao final, resultou ser moi parecida á das nosas orellas de Entroido, só que, como ingrediente extra, levaban por riba unha capa de mel. E, como colofón a este día tan ateigado de actividades, actores e actrices lituanos e galegos representaron sobre o escenario unha obra de teatro estilo musical, na que fixeron gala do seu enorme talento. Como ben é sabido, todo o bo remata, e por iso o último día que iamos pasar en Lituania con todos os rapaces e rapazas que coñeceramos na nosa viaxe foi ben aproveitado: despois das clases, un grupo de galegos, acompañado polos seus anfitrións, foron ao su-


Instituto

IES de Melide

CORREMELIDE 2010

Xu単o 2010

84


Instituto

CORREMELIDE 2010

IES de Melide

85 Xu単o 2010


Instituto

IES de Melide

NON É O FINAL FINAL,, É O PRINCIPIO

Xuño 2010

86

Hai uns días estiven cuns amigos rememorando a nosa entrada no IES… a sensación de pequenez, de ser unha no medio dun mar de xente, o alto e grande que parecía todo, o medo a perderte nos outros pisos por non saber onde estaba nada… Todos eses medos, nerviosismos e, como non, ilusión por comezar un novo período estámolos revivindo hoxe… Medo por comezar, nervios polo que virá e ilusión, sempre a ilusión de algo novo. A primeira vez que entrei no instituto non foi o primeiro día de clase, foi nunha «pre-visita» para coñecer onde estaba todo, mais hoxe é o día no que penso que non teño idea de onde ir cando preciso algo. Porén, síntome na casa. Poden parecer tonterías, pero son pinceladas que colorean a miña estancia neste centro, moitas veces querido e outras tantas odiado. Como nas mellores relacións. Agora, ao saír, levo un saco de cousas… Levo experiencias, levo amigos e amigas, lembranzas de xente á que admiro… Aquí falo de persoas das que nunca poderei olvidarme… Falo de Broz e as súas clases de debuxo, falo de Manuel Ramos e as súas matemáticas. Falo de Xan e o seu bo humor dispensando nos recreos. Falo de Cristina e as súas abraiantes clases de literatura, falo de Paco Veiga e a súa recreación de escenarios mentres ensina literatura medieval. Falo de María Cuquejo, a miña titora de cuarto e a súa maneira de dar clase, falo de Jaime e as explicacións en inglés, falo de Violeta que nos fixo ver algo na filosofía…, falo de tantos, pero quédanme tantos por nomear… Como se acostuma dicir, non están todos os que son, pero son todos os que están. A todos, a todas, grazas. Grazas por permitirme ver o mundo dende os voso ollos e darme liberdade para mirar polos meus. Grazas polos exames que me fixeron valorar as clases normais. Grazas por todo. Despois disto, só me queda despedirme do meu centro durante os últimos seis anos, onde medrei e tiven o meu primeiro voo intelectual. Estrañarei mestres e amigos, e finalmente despois de seis anos maldicindo o espertador… botareino de menos. Amigos, compañeiros, sorte na vida. Vémonos on the road. CARLOTA CASAL VÁZQUEZ

Ola, compañeir@s do IES: O outro día dixéronme que podía escribir unha carta para despedirme deste instituto, pero non estaba moi segura de se quería escribila ou non. Así e todo, hoxe, esperando no centro a que me desen unhas notas e sen ter que ir a ningunha clase, dinme conta de que, como xa sospeitaba, o botarei de menos… e por iso agora estou a escribir. Supoño que a algúns de vós lle estrañará que diga que botarei de menos todo isto pero crédeme que a vós tamén vos pasará. Estes últimos días de agobio quería que todo rematase, e hoxe, que chegou o día, paréceme imposible e achéganse ao meu recordo tantos momentos destes últimos seis anos! Despois de tanto tempo levo comigo un montón de situacións divertidas e educativas ao mesmo tempo –as clases deses profesores que conseguen que os vexas con respecto pero tamén con agarimo-, momentos aburridos –porque non vou negar que tamén houbo moitas clases que se me fixeron inacabables- e moitísima xente á que sempre recordarei –amigos, profes e eses compañeiros cos que case non falei pero dos que de vez en cando me pregunto que andarán a facer-. Por iso decidín despedirme de todo o que deixo, e creo que esta foi a mellor maneira. Despídese, ANDREA VÁZQUEZ VARELA

PS: Unha etapa da miña vida acaba de rematar e outra xa está empezando, pero esta que remata sempre permanecerá comigo.


MANIFEST O POLA LINGU A MANIFESTO LINGUA

O luns pola mañá polo corredor do instituto,atopámonos con Paco Veiga sentado nun banco. Funlle levar un libro e encomendounos a tarefa de redactar un manifesto sobre a nosa lingua para un día tan especial como o é hoxe. Tras moito cavilar sobre como raios comezar isto, decidimos comezar dicíndovos... OLA amigos!! Ben, que dicirvos sobre a lingua que non saibades xa? Esa lingua que moitos de nos acostumamos a falar e que nos identifica como pobo. Esa lingua da que algúns senten absurda vergoña, pero da que a maioría de nós nos sentimos orgullosos. Idioma da nosa terra natal, dos nosos antepasados, e, se tamén queremos que o sexa da nosa descendencia, coidémola!!!!! Poderíamos darvos moreas de razóns polas que debemos respectar, coidar, empregar e incluso amar o GALEGO; pero, posto que teredes cousas máis entretidas que facer que escoitarme, só vos darei algunhas delas. Non esquezamos que foi lingua nosa antes que ningunha outra; porén, non poderemos atopar nunca unha coma ela que nos permita expresar a nosa realidade. Esas miles de formas que existen en Galiza de designar a choiva, ou de dicir como está unha porta (aberta, pechada, cerrada, entornada, arrimada, ...). Outra razón é que os nosos avós non tiveron tanta facilidade para empregala como agora temos nós, e se eles loitaron por ela, non a podemos tirar ao lixo. Todos coñecedes estas e outras moitas razóns, así que, como alguén me dixo algunha vez, cómpre rematar este manifesto a favor da lingua cunha cita galega dalgún deses autores que loitaron polo idioma dende a morriña da emigración e o exilio. Poderíamos ter escollido calquera outra de calquera outro autor, pero pareceunos axeitado rematar mencionando estes catro versos de Celso Emilio:

«…falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe…»

LIDIA E ANDREA B2A



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.