BOLETÍN INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS NOVAS DO CENTRO
Xuño 2017
EXAMES DE SETEMBRO: 1, 4 e 5 de dito mes. O calendario de exames estará exposto no taboleiro de entrada e na páxina web do IES. Deberá presentarse todo o alumnado que teña materias suspensas en xuño. CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA Todo o alumnado de 3º, 4º e Bach que tralos exames de setembro teña que repetir curso deberá facer unha confirmación de matrícula na secretaría do centro do 7 ao 12 de setembro. Para poder garantir a oferta das optativas é imprescindible confirmar a matrícula o máis pronto posible, en canto se saiban as notas. SOLICITUDE DE TRANSPORTE O alumnado de 1º Bach, 2º Bach e Ciclos Formativos que necesite transporte escolar para o curso 2017-2018 deberá facer una solicitude de transporte na secretaría do centro dende o 11 de setembro. LIBROS DE TEXTO O alumnado que vaia cursar ESO e solicitara o Banco de libros debe esperar a que se inicie o curso e lle sexan adxudicados os libros para mercar os que lle falten. CICLOS FORMATIVOS Se queres cursar ciclos formativos infórmate na secretaría do IES ou na páxina web da CCEOU edu.xunta.es/fp. (É imprescindible facer a solicitude vía web agora ao finalizar o curso).