Presentación25n

Page 1

25 DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


Co fin de concienciar e sensibilizar á poboación sobre a problemática da violencia de xénero, dende o CIM da Mancomunidade Terra de Celanova e dentro das actividades organizadas pola entidade en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade no seu plan de actuación 2016 enmárcase o seguinte acto.

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


O Centro de Información á Muller da Mancomunidade Terra de Celanova en colaboración co IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro creou un mural reivindicativo contra a violencia de xénero con fotos aportadas polo alumnado e o profesorado. O traballo pretende establecerse como un símbolo de todas aquelas mulleres que marcan un punto de referencia na vida de cada un de nós, ademais de sensibilizar, concienciar e convidar a unha reflexión á cidadanía sobre a igualdade e a loita contra a violencia de xénero, así como establecerse como un punto de encontro que favoreza o traballo en rede entre as distintas administracións, entidades, asociacións, centros de ensino, etc.

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


Para o desenvolvemento da actividade o alumnado achegou unha fotografía dunha muller representativa da súa vida coa finalidade de crear un mosaico co fímbolo de referencia da Violencia de Xénero.

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


FRAGMENTOS DO MANIFESTO “…Parece que no século XXI sobra falar destas cousas, non debería ser necesario usar este altofalante para pedir a igualdade, pero sen dúbida as últimas cifras son alarmantes…

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


“…Un de cada tres mozos considera inevitable ou aceptable nalgunhas circunstancias controlar os horarios da parella, impedir que vexa á súa familia ou amizades, revisar o teléfono móbil, non permitir que a parella traballe ou estude ou dicirlle as cousas que non pode facer…”

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


“… mantense a transmisión interxeneracional de micromachismos como que os celos son unha expresión do amor, tres de cada catro adolescentes independentemente do seu sexo, escoitaron este consello dunha persoa adulta nalgunha ocasión.”

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


“… para romper estes estereotipos temos que alzar a voz e dar a cara aínda que hai veces que dar a cara significa xogarse a mesma. Mulleres valentes, mulleres loitadoras como Rosa Parks ou Malala Yousafzai fixérono…” “Hoxe queremos sumarnos a elas e dar a cara por todas as mulleres. Polas nosas avoas, polas nosas nais, irmás, amigas, por todas as mulleres que loitan día a día para demostrar que merecemos as mesmas oportunidades que os homes…”

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


“… A violencia de xénero non pode considerarse un problema exclusivo da esfera privada das mulleres: as administracións e a sociedade en xeral deben participar na erradicación desta secuela social. Xa non é un delito invisible, senón que produce un rexeitamento colectivo e unha evidente alarma social…”

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


“ Dende o Centro de Información á Muller da Mancomunidade Terra de Celanova e dende o IES Celanova queremos deixar patente que a finalidade deste manifesto é proclamar o noso rexeitamento á violencia de xénero e fomentar modelos alternativos de convivencia, baseados no respecto e na igualdade.”

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


E para rematar, unha curta: “El El orden de las cosas”. cosas Moi recomendable.

25

DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


25 DE NOVEMBRO NO IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.