Issuu on Google+

INICIATIVA PARA O IMPULSO DA INVESTIGACIÓN, O DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO E A INNOVACIÓN PARA A PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PRESENTACION DO PROGRAMA 17 DE XUÑO 2011

I+D+I


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

1. Introdución O Plan Estratéxico Galego para o Cooperativismo recolle, dentro das distintas liñas de actuación para a promoción e

fomento do cooperativismo na comunidade autónoma, o impulso a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no sector cooperativo, que son factores determinantes para a supervivencia das empresas e as cooperativas non poden ser alleas a este proceso. Dende a Consellería de Traballo se está a impulsar a investigación e a innovación en materia cooperativa e dar pulo as diferentes actuacións en materia de I+D+i, tendo en conta a especificidade cooperativa, favorecendo a creación de proxectos de cooperación, o desenvolvemento de proxectos comúns, o intercambio de experiencias e fomentando a transferencia de coñecementos tanto no seo da cooperativa como a través das relacións con

outros axentes do Sistema Galego de Innovación. 2


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

2. Obxectivo das actividades O obxecto do proxecto é realizar ACTIVIDADES DE PROMOCION DO COOPERATIVISMO MEDIANTE O IMPULSO DA INVESTIGACION, DO DESENVOLVEMENTO TECNÓLOXICO E DA INNOVACiÓN E DINAMIZACIÓN DE REDES. Con este proxecto se quere poñer a disposición das cooperativas, un amplo conxunto de servizos gratuítos orientados a promover o I+D e a innovación coa finalidade de facer un sector cooperativo más competitivo e con maior capacidade para afrontar o actual contexto económico.

http://www.innovacioncooperativas.com/innoportal/

3


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

3. Ámbito de actuación O ámbito de aplicación do proxecto

abrangue toda a Comunidade Autónoma de Galicia. A nivel sectorial, ó ámbito de actuación

abrangue, nun principio, a todos aqueles sectores nos que hai unha presenza significativa de cooperativas, sendo nun principio os seguintes tipos a considerar:

Cooperativas de traballo asociado. Neste caso o ámbito é multisectorial.

Cooperativas agrarias.

Cooperativas de ensino.

Cooperativas de transporte

Cooperativas de servizos

Cooperativas explotación común da terra.

Cooperativas de vivenda.

Cooperativas do Mar

Cooperativas de 2º grao

Cooperativas de consumidores usuarios

Outras cooperativas 4


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

4. Alcance dos servizos O conxunto de servizos do proxecto i+coopera aos que xa poden acceder as cooperativas son os seguintes: •

Servizo de información: a través do boletín electrónico, na web e nas redes sociais (facebook, twitter e linkedin) con información sobre as novidades relativas ao cooperativismo e a innovación.

Servizo de formación: para o que están previstos 6 cursos de formación en I+D+i adaptados ao mundo cooperativista en formato semipresencial.

Servizo de tutorización de proxectos de I+D+i: prestando apoio personalizado e asesoramento técnico a aquelas cooperativas que queiran identificar e impulsar proxectos de I+D e innovación.

Servizo de dinamización de intercooperación: posibilitando ás cooperativas poder participar en 8 redes de intercooperación de diferentes temáticas orientadas á definición de iniciativas conxuntas entre as cooperativas.

Servizo de divulgación e difusión: identificando e dando a coñecer casos de éxito en experiencias innovadoras noutras cooperativas galegas, realizando diferentes estudios e guías e organizando xornadas divulgativas. 5


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

4. Alcance Desenvolvemento de accións formativas específicas en materia de I+D+I – Curso 1: Implantación da cultura innovadora na cooperactiva – Curso 2. Ferramentas de creatividade para o fomento da innovación nas

cooperativas – Curso 3. A xestión da innovación segundo a Norma UNE 166002:2006 – Curso 4. O ciclo de vida dun proxecto de I+D+i – Curso 5. Coaching e innovación – Curso 6. As TICs como ferramentas de soporte á innovación.


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

Dinamización de redes de intercooperación en materia de I+D+I – Solucións informáticas de xestión da información a través das diferentes áreas dunha cooperativa. – Casos prácticos en procesos de desintermediación na distribución de produtos e servizos – Emprego das TIC’s no ensino – Eficiencia Enerxética

– Nutrición e Saúde

7


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

Fomento do contacto co sistema galego de innovación

Contacto coas distintas estructuras do sistema galego de fomento da innovación, entendéndose como tal a calquera entidade que facilite as empresas innovadoras o acceso aos coñecementos científicos e as actividades de I+D+i, así coma aos seus resultados en forma de tecnoloxías, métodos, produtos ou procesos, de cualquera tipo.

8


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

Apoio singularizado ao desenvolvemento de programas de I+D+I Apoio singularizado ao desenvolvemento de programas de I+D+I nas cooperativas galegas, a través do

acompañamento e titorización de doce proxectos de innovación: 1. Selección de cooperativas ou redes de cooperativas participantes que realizará a Consellería. 2. Análise do entorno. 3. Conformación de grupos de traballo por proxecto. 4. Proceso formativo específico asociado ao propio desenvolvemento do programa 5. Desenvolvemento do proxecto desde a xeración de ideas e captación de socios ata a preparación para acceso aos programas, proxectos e incentivos impulsados polas administracións públicas e institucións especializadas 6. Consolidación de equipos de I+D+I no seo das cooperativas 7. Posibles programas de financiamento

9


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

Posibles programas de financiamiento dos proxectos A maiores, realizarase unha busca sobre as principais liñas de financiamento de

proxectos de I+D+i aos que se poderían optar, en función da envergadura dos proxectos: • Financiamento autonómica: Programas da DX de I+D+i, fundamentalmente • Financiamento nacional: CDTI. Dentro do mesmo, fundamentalmente as dúas seguintes liñas: – PROGRAMA CÉNIT – FONDO TECNOLÓXICO (feder interconnecta) • Financiamento europea: VII Programa Cadro

10


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

5. Resultados esperados Trala realización do proxecto espéranse acadar os seguintes obxectivos: •

O desenvolvemento de 12 proxectos de innovación en cooperativas galegas.

O impulso de 8 redes de intercooperación entre as cooperativas, relacionadas con temáticas de interese para as mesmas: nutrición e saúde, eficiencia enerxética, TICs no ensino, ferramentas de desintermediación, residuos, etc.

A formación de preto de 100 traballadores das cooperativas en temáticas relacionadas coa innovación, a través de 6 cursos que se celebrarán en formato presencial e on-line.

A divulgación da labor innovadora levada a cabo nas cooperativas galegas, a través da difusión de 12 casos de éxito innovadores.

O asesoramento continuo en materia de innovación ás cooperativas, a través de diferentes ferramentas de comunicación que se desenvolverán no proxecto: asistencia técnica, presenza nas redes sociais, impulso da páxina web do proxecto, etc.

Para recibir máis información sobre o programa pódese contactar a través da páxina web: www.innovacioncooperativas.com.

11


Iniciativa para o impulso da investigaciรณn, o desenvolvemento tecnolรณxico e a innovaciรณn para a promociรณn do cooperativismo

+ informaciรณn www.innovacioncooperativas.com.

12


Iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo

ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO MEDIANTE O IMPULSO DA INVESTIGACiÓN, DO DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO E DA INNOVACiÓN, E DINAMIZACIÓN DE REDES ALCANCE DE ACTIVIDADES

ABRIL 2011

I+D+I


I+Coopera Presentación do proxecto