Relatorios da II Asemblea Nacional de ADIANTE

Page 16

16

II Asemblea Nacional ADIANTE

3.1.3. Alianzas estratéxicas de ADIANTE no panorama internacional

Dentro desta panorámica mundial temos que ter claro que a unión fai a forza, polo que a nosa Organización non pode navegar soa nun mar de incertidumes, debemos tentar traballar unidos para tentar solucionar as problemáticas comúns ás que temos que facer fronte.

ADIANTE, dende o seu nacemento, ven facendo un traballo continuado de solidariedade internacionalista, esta laboura débese de ver complementada co noso ingreso nos ámbitos de participación internacional que nos son naturais. É certo que a esquerda española ten vetado, a nivel internacional, en numerosas ocasións a distintas organizacións pertencentes ás nacións sen Estado da Península, pero este feito non pode dar lugar a resignarnos a non ser visíbeis a nivel internacional.

Do mesmo xeito que se están a xerar iniciativas en todos os ámbitos da loita debemos crealas no eido da mocidade. Exemplos como a Federación de Sindicatos de nacións sen Estado sinalan o camiño e que se non nos valen as ferramentas existentes podemos crealas.

3.2 ANÁLISE NACIONAL As galegas e os galegos temos unhas características nacionais propias que nos fan sentir, a unha parte do noso pobo, pertencentes a unha Nación: Galiza. Unha nación europea sen Estado propio, pero con unha realidade non equiparábel a outras nacións sen Estado da Europa, isto é, a dependencia colonial e a nosa desestruturación nacional; na lingua, na economía, culturalmente, na política, territorialmente, etc.

Pasados máis de 25 anos desde que á Galiza lle fora outorgada o marco autonómico, vemos como os nosos sectores estratéxicos (agro, gandeiría, pesca, recursos naturais e industriais) non só non experimentaron unha mellora senón que están en crise e tocados de morte.

A autonomía ademais de ser un pequeno remedio aos grandes males da nosa nación, sempe estivo xestionada por forzas reaccionarias e españolistas, defensoras de intereses alleos á Galiza e ás suas clases populares.

Atopámonos agora con unha Galiza desestruturada económica, social e culturalmente. Unha Galiza que ano a ano vai perdendo falantes na sua lingua propia, con un rural abandonado e


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.