Page 1

Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista IĂ‘AKI GIL DE SAN VICENTE

EMBATE , edicions


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista Iñaki Gil de San Vicente 2 de decembro de 2007 Traducido por: ADIANTE 1ª edición: decembro de 2007 Colección Debates, nº 1 , EMBATEedicions embate@adiantegz.org www.adiantegz.org


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

áboa T 1.Anotacións previas

|p. 4|

2.Fascismo e democracia burguesa “formal”

|p. 10|

3.Neofascismo, fascismo e represión aleatoria

|p. 17|

4.Neofascismo e fascismo na democracia española

|p. 21| 5.Neofascismo e fascismo na democracia francesa

|p. 24|

6.Centralidade do estado e forzas políticas

|3|

|p. 28|


Iñaki Gil de San Vicentee

1. ANOTACIÓNS PREVIAS 1. O asasinato de Carlos Palomino en Madrid, mozo antifascista, é, por agora, o punto culminante da tendencia á alza do fascismo e do neofascismo no capitalismo máis desenvolvido, céntrico e imperialista, que non só nos Estados capitalistas empobrecidos. A vaga de manifestacións antifascistas posterior ao asasinato indica que aumenta a conciencia revolucionaria sobre este perigo, e as represións que contra elas desencadeou o Estado “democrático” español indican que a burguesía e o PSOE non están dispostos a que as masas loiten contra o fascismo porque este é un instrumento moi conveniente para o Estado, que non só para o PP. Non hai dúbida de que o Estado quere cortar de raíz que se estenda a derrota sufrida polo fascismo e os cipaios vascongados na cidade de Donostia o pasado 12 de outubro, cando unha disciplinada e moi numerosa manifestación antifascista se apoderou de barrios céntricos donostiarras, humillou ás forzas colaboracionistas de ocupación e impediu con iso que tivese éxito unha pequena pero simbólica invasión fascista da cidade. 2. Ademais destes acontecementos houbo outros que debemos lembrar porque si teñen que ver, e moito, co fascismo como globalidade, aínda que en aparencia non o sexan xa que non usan a parafernalia militarista, racista e sadomasoquista do fascismo, senón outras formas diferentes, menos rudas e bastas, máis educadas e até con asomos de “axuda humanitaria”, como veremos. Aquí só imos citar as máis importantes e recentes, por exemplo, o “Por que non te calas!” do Borbón a Chávez, e as súas visitas ás prazas militares de Ceuta e Melilla; a contestación de Zapatero a Chávez; a política da Igrexa católica española; a resposta do PP á sentenza do 11-M/04; a represión francesa contra a mocidade vasca; a manipulación de Sarkozy das recentes folgas no Estado francés e a súa viaxe para “rescatar” á ONG francesa e, como síntese e contexto, o agravamento do nacionalismo imperialista francés. 3. Falamos de actos ocorridos nos Estados francés e español por dúas razóns: unha porque Euskal Herria está dividida e oprimida por ambos os estados, o que nos obriga a pensar e a actuar sempre con esta visión ampla, que integra críticamente a dous Estados decisivos para a historia do capitalismo europeo. Aínda que é certo que esta realidade esíxenos un esforzo teórico maior ao ter que estudar unha masa superior de informacións, problemas, situacións, historias concretas, etc., sendo isto certo, con todo, semellante reto e esforzo permítenos á vez desenvolver unha visión máis plena, o que nos leva á segunda razón, consistente en

|4|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

desenvolver unha visión crítica máis plena das relacións entre democracia burguesa e fascismo. 4. Como acontece sempre, ningún fenómeno social especialmente complexo, e o do fascismo é un dos máis complicados, pode comprenderse teoricamente sen estudar a súa historia, as súas transformacións, as súas adaptacións aos cambios xerais. Dixemos “profundar de novo” porque a esquerda independentista vasca leva estudando o fascismo, e sobre todo loitando contra el, desde que ten --temos-- uso de razón política, porque nacemos e forxámonos como movemento de liberación nacional pelexando contra o fascismo, e seguimos loitando contra o neofascismo que aplica a “democracia” española contra Euskal Herria. 5. Sen retroceder moito no tempo, o 4 de abril de 2004 publicamos o texto “Contra o neofascismo”, de libre disposición na Internet. A súa relectura pode permitir, como mínimo, catro reflexións moi interesantes: primeira, comparalo coas teses que aquí se presentan e criticar a ambos os textos en base aos novos acontecementos que houbo neste tempo, especialmente tras os case catro anos de goberno do PSOE e moi concretamente, tras a experiencia do seu trampón, fuleiro e trileiro comportamento durante as negociacións con ETA. Durante este tempo, o Estado español simultaneou toda unha batería de tácticas e instrumentos represivos que van desde a manipulación mediática máis descarada até a represión implacábel, pasando pola aparencia de “democracia”. Tratouse dun “exemplo de libro” sobre como interactúan os diversos poderes do Estado de maneira que, mantendo a imaxe democrática entre sectores sociais españois, aplícanse á vez impunemente tácticas neofascistas contra unha nación oprimida. 6. Outro exemplo está sendo o proceso do 18/98 contra máis de medio centenar de persoas vascas, acusadas moitas delas de pertenza a ETA e ao resto de colaboración con ela. Este macroxuízo é tan insostíbel desde calquera punto de vista legal, tivo tantos erros e fallos de forma e de fondo, que motivou este comentario do prestixioso avogado alemán M. Poel, de que: “coñeceramos procesos sen probas, é o primeiro xuízo que vemos sen delito”. A acusación gravita no caso de que “todo é ETA”, é dicir, de que en base ao arsenal represivo existente, pódese demostrar que calquera acto ou pensamento que contradiga os intereses non xa do Estado español senón de calquera grupo fascista ou neofascista por reducido que sexa, é automaticamente un delito. Como veremos máis adiante ao analizar a represión aleatoria, partindo das leis vixente, desapareceu a “presunción de inocencia” aplicada ao Pobo Vasco para imporse a “presunción de culpabilidade”, ou a simple “culpabilidade” dependendo dos medios de

|5|


Iñaki Gil de San Vicentee

prensa que manipulen as primeiras informacións respecto diso. 7. Segunda, moi importante, reflexionar sobre o erro tan común de identificar “esquerda” e esquerda a partir de varios erros previos entre os que destaca o de non apreciar a evolución do fascismo e o de separar antidialécticamente “fascismo” de “democracia”, sen comprender as mediacións entre ambos os termos tomados en abstracto. A partir deste erro, a “esquerda” sería o que separa ao “fascismo” da “democracia”, negándose toda a ampla gama de mediacións intermedias que no concreto conectan dentro do Estado, dos seus aparellos e esgotos, e en moitas organizacións sociais paraestatais e extraestatais, ao “fascismo” coa “democracia”. Como xa se expuxo en “Contra o neofascismo” e como analizaremos con casos concretos neste texto, as mediacións prácticas, organizativas e institucionais entre “fascismo” e “democracia” vanse complexizando e ampliando segundo avanza o capitalismo imperialista.

“as mediacións

prácticas, organizativas e institucionais entre “fascismo” e “democracia” vanse complexizando e ampliando segundo avanza o capitalismo imperialista”

8. A lóxica formalista, estática e idealista que sostén que o PSOE é “esquerda” é incapaz de comprender que este partido aplique na realidade cotiá contidos neofascistas no interior do Estado e fascistas no exterior, ademais doutros moitos autoritarios, etc., envolvidos ou solapados baixos reformas progresistas que só buscan a rendibilidade electoral. Das moitas cousas que se poden aprender da historia do fascismo e da evolución dalgunhas das súas ramas, é a facilidade coa que as “esquerdas” adoptaron compoñentes prácticos e teóricos que non se diferencian cualitativamente en nada doutros típicos do neofascismo, e até do fascismo, segundo iremos vendo nestas teses. O comportamento do PSOE nestes anos recentes, por non falar da etapa do “señor X”, ofrécenos arrepiantes exemplos. 9. Como máximo que se pode chegar con este erro de fondo é cometer outro erro supostamente menos grave consistente en dicir que o PSOE é “esquerda reformista” mentres que o PCE e IU, por exemplo, serían auténtica “esquerda revolucionaria”, e o resto, ou sexa, a verdadeira esquerda

|6|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

militante e revolucionaría situada fóra destes partidos sería só “ultra esquerda”, “esquerda radical”, “extrema esquerda”, etc. Deste xeito, o reformismo axuda activamente na ridiculización e desprestixio da esquerda que permanentemente realiza a prensa burguesa. Pero, en realidade, a “esquerda” é un bloque de centro reformista que aglutina desde sectores da socialdemocracia até o PCE e IU, que é unha empresa parlamentaria que vive das subvencións burguesas porque cobre un baleiro co seu reformismo brando, florido e multicor; e o PCE, algo máis bardalleiro, é un conglomerado formado por ex-stalinistas, eurocomunistas derrotados e “reformistas duros” que rexeitaron o esencial do marxismo, a saber, a loita radical contra a propiedade privada, contra o Estado burgués e contra o idealismo metafísico. Un “reformismo duro” que amolece de inmediato como sebo ao lume cando hai que defender o nacionalismo español e esmagar as xustas reivindicacións das nacións oprimidas polo seu Estado. 10. Terceira e tan importante como a anterior, é a reflexión crítica sobre o erro contrario, é dicir, suprimir toda diferenza entre “fascismo” e “democracia”, absorber a segunda na primeira afirmando que xa non queda resto algún de “democracia” efectiva e real porque vivimos nun “fascismo” de feito, oculto en parte pola propaganda e a tremoia parlamentarista pero efectivo na realidade e, sobre todo, perceptíbel cando o Estado ou outras forzas reaccionarias sácano á rúa. Cunhas diferenzas secundarias, cométense así os mesmos erros sustantivos que comete a tese anterior, aínda que que de signo oposto. Agora, non se aprecian as mediacións que permiten á burguesía manter unha efectiva separación entre prácticas fascistas, neofascistas e democrático-burguesas por reducidas que estean. Mediacións que logran que amplos sectores das masas explotadas non tomen conciencia crítica radical da gravidade do problema, polo simple feito de que, na vida cotiá a realidade é diferente a como a presentan os chamados “ultraesquerdistas”. Non nos estendemos agora máis nesta cuestión porque volveremos sobre ela. 11. E cuarta e última reflexión, é que unha vez abandonamos o método dialéctico marxista, que insiste na análise concreta do real nas súas contradicións en loita e movemento permanente, abrindo vías evolutivas novas, coa emerxencia de realidades diferentes ás anteriores nunha totalidade máis ampla e que tende a ser máis complexa que a anterior, sen este soporte metodolóxico imprescindíbel co que precisamente comeza o texto de 2004 “Contra o neofascismo”, rematamos máis cedo que tarde tragados polo buraco negro da ideoloxía burguesa e desintegrados nos seus tópicos ao uso. É así como se comprende a incapacidade do reformismo para combater teoricamente a interesada proliferación de afirmacións

|7|


Iñaki Gil de San Vicentee

insostíbeis cientificamente sobre “fascismos” que serían tan irreconciliábeis, de existir na realidade, como o “islamo-fascismo”, o “fascismo abertzale”, o “fascismo chavista”, etc. 12. Proliferación de ideoloxía reaccionaria producida en serie pola fábrica intelectual burguesa destinada tanto a ocultar a realidade histórica e presente do fascismo e do neofascismo, como a desacreditar aos pobos en loita. A tese do “islamo-fascismo” é especialmente rechamante porque as sociedades islámicas non reúnen en absoluto as condicións estruturais necesarias para a existencia de movementos fascistas de tal nome. Ao contrario. O Islam foi unha das bases materiais, xunto ás impresionantes civilizacións chinesa, hindú e exipcia anteriores, sen as cales Occidente nunca tería superado a súa barbarie sucia e ignorante que o caracterizou até o Renacemento, sendo xenerosos. O Islam, máis ou menos, é máis tolerante e progresista que o cristianismo, e o chamado “fundamentalismo islámico” é bastante menos criminal que o fundamentalismo cristián, pero o decisivo é o que comentamos: a ausencia de presupostos sociais, clasistas e económicos capaces de crear movementos fascistas no pleno sentido da palabra. 13. O “islamo-fascismo” é unha escusa creada polo imperialismo fundamentalista cristián, para reforzar a mensaxe reaccionaria e racista que lexitime outra guerra de saqueo contra os pobos musulmáns que teñen reservas enerxéticas vitais. Sen negar unha relación coa tese do “choque de civilizacións”, xa caduca en parte pola súa total inconsistencia teórica e histórica, a do “islamo-fascismo” busca manter a aparencia “democrática” do imperialismo á vez que ataca con moita máis dureza ao Islam que a tese do “choque de civilizacións”. Non é casualidade que os creadores e propagadores desta tese sexan os centros máis reaccionarios, neofascistas e fascistas, no sentido científico da palabra, do imperialismo, interesados en manter, ademais do seu poder xeoestratéxico e enerxético, tamén a “lexitimidade democrática” suficiente para xustificar as súas próximas atrocidades xenocidas. 14. Basicamente pero cambiando algunhas cuestións de relevancia secundaria, o mesmo hai que dicir da creación propagandística do “fascismo abertzale”, o que se lle atribúe á esquerda independentista vasca que reivindica, con toda a razón do mundo, se lle recoñezan os dereitos colectivos e individuais negados que lle pertencen como nación coa súa historia, territorio e complexo lingüístico-cultural propio e incuestionábel. Outro tanto, no esencial, hai que dicir das acusacións imperialistas de “fascismo” ao proceso emancipador venezolano representado publicamente

|8|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

por Hugo Chávez. Nestes e outros moitos casos --cada vez hai máis falsos “fascismos” creados pola fábrica intelectual capitalista-- o que se pretende é o xa dito arriba: ofuscar e confundir teoricamente, desprestixiar ás vítimas e ás súas loitas e lexitimar os ataques imperialistas.

|9|


Iñaki Gil de San Vicentee

2. FASCISMO E DEMOCRACIA BURGUESA “FORMAL” 15. Tomados en abstracto, o fascismo é inseparábel da democracia, e en contra do que sostén a lóxica formal, non existe unha contradición irreconciliábel entre ambos, senón unha complementariedade secuencial dentro do proceso de dominación do Capital sobre o Traballo. Ambos, como unidade dialéctica de elementos complementarios e funcionais á orde burguesa, son un fenómeno internacional, que non só estatal, e o que está acontecendo nos Estados español e francés, é parte dunha dinámica máis ampla que sacode a todo o capitalismo. A súa natureza internacional debe obrigarnos a ter unha visión mundial do problema e a desenvolver unha práctica internacionalista consecuente contra o fascismo, pero tamén contra a “democracia” a secas. Por isto, aquí faremos de cando en vez algunhas referencias ao contexto mundial, ás tendencias actuais do capitalismo como parte das súas contradicións permanentes ao longo da súa historia, aínda que sería estender moito este texto realizar un estudo máis prolixo e sofisticado do fascismo a escala planetaria. 16. A historia da democracia-burguesa alí onde puido asentarse só tras moi sanguentas guerras de liberación nacional e guerras civís, é a do retroceso permanente nos dereitos democráticos das masas explotadas, así como a do crecente control exclusivo dos instrumentos do poder pola burguesía, separándoos e illándoos do chamado “xogo parlamentario”. Esta orixe sanguenta da “democracia” é debido a que, por unha banda, só triunfou grazas á violencia e, doutra banda, á vez toda “democracia” é un instrumento de poder de clase e de nación, é dicir, democracia burguesa que se sostén sobre a ditadura asalariada do Capital sobre o Traballo, e democracia imperialista que se sostén sobre a ditadura de opresión nacional dos pobos sometidos. 17. A dialéctica entre democracia e ditadura evolúe só debido ás permanentes loitas internas entre opresores e oprimidos, que en momentos sexan latentes e soterradas e en momentos tan visíbeis como as revolucións e contrarrevolucións. Ao longo destes conflitos totais vanse sucedendo ondas e fases históricas nas que a democracia burguesa “clásica” e inicial, vai retrocedendo, endurecéndose para asegurar que a minoría burguesa goberne cotidianamente sen os obstáculos que puidesen chegar desde un sistema democrático-parlamentario controlado pola maioría electoral das clases traballadoras. Os poderes efectivos, as decisións que se deben tomar

|10|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

día a día, e as grandes decisións estratéxicas sobre o futuro, todo isto vai sendo extraído do parlamento e levado a sistemas incontrolábeis e inaccesíbeis para as clases traballadoras. 18. Xorden así dúas democracias: a real e efectiva, a minoritaria, a que nunca poderá ser controlada polas masas traballadoras e pobos oprimidos, a democracia práctica e áxil que a burguesía necesita e que se desenvolve no complexo armazón de organismos burgueses privados e selectos, consellos de dirección de grandes monopolios transnacionais asociados e de grandes bancos, altas burocracias estatais e de institucións internacionais, cúpulas de partidos conservadores estreitamente vinculadas a asociacións burguesas, etc. Esta é a democracia realmente existente porque grazas a ela o mundo é dirixido por unha infinitesimal parte da poboación do planeta. 19. A outra democracia, a que apenas ten poderes prácticos para decidir e impor as grandes solucións radicais que esixe o momento, é a democracia “formal”, a que padecemos, moito máis recortada e restrinxida que a democracia burguesa “clásica”, mais cun tremendo poder de alienación e integración das clases e pobos na lóxica do sistema capitalista. É unha democracia “formal” porque só conserva a súa forma externa, o seu continente e o seu envoltorio, tendo perdido case a totalidade da súa esencia e contido anterior. Por exemplo, a democracia burguesa que se desenvolveu no Estado francés mediante longos anos de violencias impresionantes tiña nos principios de “Igualdade, Fraternidade e Liberdade” as súas máximas. Pero sabemos que na práctica esta democracia era e é burguesa, machista e nacionalmente francesa; e sabemos que tales máximas ficaron reducidas a simples enganos enredantes desde hai moito tempo: queda a forma, o formal, mentres que o esencial, a propiedade privada, o Estado e a ideoloxía dominante réxense por decisións tomadas na exclusiva e exclusivista democracia minoritaria da burguesía. 20. Aínda que pareza imposíbel desde a lóxica formal, dialecticamente visto o problema, a democracia interna da burguesía, a única que lle interesa realmente, non é de todo incompatíbel co fascismo. De feito, moitos fascismos respectaron os sistemas internos de decisión entre as diversas fraccións burguesas, e unha das experiencias anteriores ao fascismo, o bonapartismo, xurdiu para, entre outros obxectivos, facilitar que as fraccións burguesas do Estado francés do século XIX puidesen dedicarse máis tranquilamente a acumular capital xa que Napoleón III encargábase da orde represiva e das decisións administrativas que non requirían unha previa e ardua negociación entre as fraccións burguesas. Salvando todas as

|11|


Iñaki Gil de San Vicentee

distancias, outro tanto realizara a ditadura republicana de Cromwell na Inglaterra do século XVII, por pór dous exemplos entre moitos. 21. A variante máis coñecida do fascismo, o nazismo alemán, mantiña moi estreitas conexións diarias coas fraccións burguesas, e o seu sistema organizativo permitía que a mediana e pequena burguesía fixese ouvir a súa voz na marcha xeral do imperialismo nazi, aínda que sempre supeditada á alta burguesía. Quere isto dicir que na práctica e dentro da ditadura, as clases dominantes dispuxeron de sistemas de debate, opinión e decisión en permanente contacto co nazismo, mentres a represión era implacábel e masiva. Sen esta “democracia” interna ao nazismo, este non tería disposto do incondicional apoio do Capital e do seu bloque social de apoio, ademais doutras razóns de peso entre as que destacan o control absoluto dos sentimentos nacionalistas alemáns e o feito de que, durante moito tempo, as masas alemás non sufriron graves penurias pola guerra grazas ao masivo saqueo e espolio que o nazismo facía na Europa que ocupaba, co apoio das respectivas burguesías que cambiaron o seu patriotismo por un colaboracionismo descarado co invasor. 22. Os casos do fascismo italiano e do franquismo, por non estendernos, son aínda máis claros. A burguesía italiana sempre tivo marxe de decisión propia, de modo que cando lle interesou se desfixo de Mussolini sen grandes dificultades. A burguesía española tamén comezou a desprazar ao franquismo máis fanático a finais dos ’50, seguiu logo á sombra do franquismo menos cegato até que só recorría a este para endurecer a explotación salvaxe das clases traballadoras e nacións oprimidas. Cando non lle interesou o groso do franquismo, abandonouno quedándose con aquelas partes que lle interesaban pero envolvéndoas co celofán da monarquía “constitucional”, mantendo intacto todo o sistema represivo. 23. A diferenza do fascismo de entre 1920 e 1945, o actual desenvolveu unha enorme adaptabilidade á contorna, unha alta capacidade de camuflaxe que lle permite permanecer inadvertido no interior dos partidos conservadores e de centro, da democracia cristiá e de sectores da socialdemocracia, así como en moitas poltronas universitarias e intelectuais e até descaradamente en moitas organizacións da Igrexa católica e do fundamentalismo cristián. O seu camaleonismo non lle vén só da necesidade que tivo de readaptarse á derrota de 1945 en gran parte do mundo, e aos cambios de forma que tivo que facer no Estado español entre 1975-78 co engano da “transición”, en zonas das Américas como Arxentina tras os xenerais, etc., e máis recentemente en Chile, senón tamén dos consellos e das manobras das “burguesías democráticas” dos países que sufriron o

|12|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

fascismo e que comprenderon que o necesitaban vivo pero máis controlado, latente, ameazante e até activo na rúa segundo as urxencias na loita de clases, na explotación dos pobos e na explotación das mulleres. 24. Dous erros moi serios das esquerdas son, un, cualificar como “fascismo” todo réxime burgués cando desencadea unha vaga represiva máis dura que a anterior, e outro, non saber distinguir o fascismo do neofascismo. Ambos os erros teñen un punto en común: a ausencia dunha análise concreta de cada situación concreta. Nas esquerdas é relativamente doado deslizármonos pola cómoda pendente de denominar fascista a todos os réximes burgueses autoritarios e represivos, sen ter en conta as diferenzas existentes entre, por exemplo, o fascismo, o neofascismo, o bonapartismo, o militarismo, o presidencialismo, a monarquía nas súas varias formas, e as diferentes intensidades represivas e autoritarias das democracias burguesas na súa “normalidade” mínima de funcionamento. 25. É unha solución fácil denominar como fascistas a estes e outros réximes máis ou menos represivos e até ditatoriais --hai ditaduras que non son fascistas-- porque nos aforra o esforzo teórico imprescindíbel para coñecer as diferenzas existentes, e en base a elas saber que práctica desenvolver, aplicando as mesmas consignas, métodos e tácticas en calquera caso, e se a realidade contradí á “teoría” peor para a realidade. Agora ben, semellante comodidade lévanos en directo a un dos máis desastrosos erros das esquerdas consistente en falar unha linguaxe política non só incomprensíbel para as masas explotadas, que se dan conta que non viven baixo o fascismo, senón que ademais posibilita aos reformistas e á burguesía ridiculizar sen compaixóns a esas esquerdas que non saben que chan pisan. 26. Unha sobreestimación do arraigamento, forza e implantación do fascismo, peor aínda, afirmar que un réxime de “democracia autoritaria” ou de “Estado forte” pero con algunhas características de democracia “formal” é un sistema fascista puro e duro, implica un afastamento total das realidades que viven as xentes oprimidas que, con todo e a pesar das restricións existentes, poden ler prensa, opinar, organizarse, votar, etc., prácticas prohibidas totalmente no fascismo. Deste xeito, a esquerda é incapaz de sintonizar coas inquedanzas e problemas verdadeiros da xente, é incapaz de propor alternativas concretas para uns problemas que descoñece porque viven na burbulla da súa esquizofrenia política: convencida de que está baixo o fascismo non pode organizar ás clases oprimidas para que loiten contra a democracia “formal” ou autoritaria, ou contra réximes máis duros que estas pero máis brandos que o fascismo. Absorta na súa cegueira, vaise afastando das masas, que a miran cada vez

|13|


Iñaki Gil de San Vicentee

máis como unha minoría dogmática. 27. É un erro serio non saber distinguir “democracia” de fascismo en canto que son métodos diferentes de dominación dentro do proceso xeral de reprodución capitalista, porque se perden de vista todos os múltiples mecanismos de mantemento da orde de que dispón a burguesía mediante un sistema democrático “formal”. De entrada, a burguesía pode recorrer a moitos sistemas de dominio, desde o fascismo até a democracia máis tolerante, pasando por diversas monarquías, repúblicas, réximes constitucionais varios, militarismos, bonapartismos, presidencialismos, etc.; todos eles defenden a ditadura de clase do capital, pero o fan con diferentes mecanismos segundo as circunstancias. Saber baixo que réxime político se desenvolve a loita de liberación nacional e social, que diferenzas en canto a dereitos e represións concretas ten cos outros réximes, é imprescindíbel para afondar o máis posíbel os lazos que unen ás organizacións revolucionarias coas masas. 28. Pois ben, a diferenza do fascismo, a democracia burguesa “formal” é moito máis eficaz no mantemento do poder burgués porque se basea nun conxunto de trampas e ficcións, pero tamén de medias verdades. As trampas e ficcións radican en que as masas explotadas cren que son libres porque poden votar en cuestións secundarias cada determinados anos. A efectividade desta trampa baséase na ideoloxía burguesa individualista que fai crer á xente que non existen as clases, nin os pobos nin os sexos, nin os grupos minorizados, senón só persoas individuais que se relacionan individualmente no traballo --patrón e obreira--, na vida cotiá --home e muller--, na vida internacional -española e vasca--, etc., de forma que só existe o “cidadán” e en menor medida a “cidadá” que exerce a súa liberdade inalienábel de voto cada determinado tempo sempre dentro do marco estatal dominante.

“a diferenza do

fascismo, a democracia burguesa “formal” é moito máis eficaz no mantemento do poder burgués porque se basea nun conxunto de trampas e ficcións, pero tamén de medias verdades”

29. A superioridade da democracia

|14|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

burguesa “formal” sobre a efectividade do fascismo radica en que as súas medias verdades, etc., só se ven nos seus lados “bos”, por exemplo, que se pode votar por diversas alternativas políticas, que se pode opinar e organizarse, etc., mentres que os seus lados realmente malos e decisivos, é dicir, a represión invisíbel da dependencia do salario, o poder intocábel que outorga a propiedade privada das forzas produtivas e dos instrumentos de represión; o inaccesíbel que é o poder estatal para a xente explotada aínda que cheguen a elixir un goberno “socialista”; o monopolio da prensa, educación, universidade, cultura, etc., pola clase dominante; o monopolio invisíbel e indirecto, mediante o Estado, pero tamén directo e visíbel mediante as empresas privadas da sanidade, xubilación e pensións, asistencia social pola clase dominante, e un longo etcétera. 30. Estes e outros métodos característicos da democracia burguesa “formal” logran que as clases explotadas en xeral se crean parte da sociedade no seu conxunto, se crean que non existe explotación, opresión e dominación, senón só “inxustizas” e “desigualdades” que actúan no plano individual da “cidadanía” e que poden resolverse con reformas e maiorías parlamentarias. En termos teóricos, diriamos que a democracia burguesa “formal” garante que a forza de traballo asuma a súa condición de capital variábel supeditado á propiedade privada e ao capital, que depende vitalmente deste, e até que o capital constante, ou sexa, as instalacións, as fábricas, as infraestruturas, etc., é máis importante que a forza de traballo, que as clases traballadoras, que deben irse ao paro ou ver diminuídos os seus salarios e condicións de vida para que as fábricas rendan máis beneficios á patronal. Unha vez que as clases traballadoras asumen que son unha parte máis do capitalismo, pero supeditadas a este, do que dependen en todo, o sistema está a salvo, e a democracia “formal” asegura esta alienación xeralizada con máis efectividade que o fascismo. 31. Con todo, para que exista democracia burguesa “formal” son necesarias unha serie de condicións imprescindíbeis entre as que destacan a existencia duns beneficios económicos suficientes como para permitir certas reformas sociais e concesións da burguesía que lexitimen a acción do reformismo político-sindical, oculten a realidade da explotación, integren a amplas franxas sociais, aseguren a tranquilidade dunha pequena burguesía pándiga e pancista, etc. Tamén se require, unido ao anterior, que exista unha suficiente práctica do consumismo de masas, porque o consumismo é unha das cadeas de ouro máis efectivas que existen por razóns que non podemos expor agora. Para rematar, e decisivo, a democracia burguesa esixe que exista opresión nacional, explotación e saqueo imperialista doutros pobos que son esfolados e empobrecidos para que o Estado “demócrata” poida

|15|


Iñaki Gil de San Vicentee

manter os altos beneficios da súa burguesía, dedicando unha parte das sobreganancias a alienar ás súas clases traballadoras, reforzar nelas o nacionalismo opresor do seu Estado e con el asegurar a continuidade do capitalismo. 32. Cando estas condicións comezan a fallar, a “democracia” comeza a arrefriarse porque, dun lado, aumenta a austeridade e deteriórase o nivel de vida ao reducir a burguesía os gastos sociais, as “axudas” de todo tipo, para orientar estes capitais “liberados” cara ás necesidades privadas do capitalismo en apuros; doutra banda, a burguesía endurece a explotación social para producir máis con menos salarios intentando así recuperar os seus beneficios, e estes dous factores xuntos terminan impulsando tarde ou cedo as loitas obreiras e populares; ademais, a pequena burguesía, antes adormecida e feliz, empeza a inquietarse mirando a esquerda e a dereita; á vez, o Estado burgués vai activando os plans represivos que case sempre ten previstos, intentando deter a tendencia á alza das loitas, e nestes plans sempre hai espazo para a reaparición das bandas fascistas que estaban atadas e suxeitas nos períodos de normalidade pero que agora son até encirradas e incitadas por poderes escuros. Téñase en conta que falamos de Estado burgués e non do goberno do momento. O primeiro, coas súas forzas armadas, os seus funcionarios, os seus xuíces e fiscais, etc., permanece mentres que o segundo, o goberno do momento, pasa. Os gobernos pasan, a policía permanece.

|16|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

3. NEOFASCISMO, FASCISMO E REPRESIÓN ALEATORIA 33. Como xa se explicou no texto “Contra o neofascismo”, a evolución da sociedade imperialista desde 1945, cos seus altibaixos, permitiu que xurdisen e se mantivesen as condicións que sustentan a democracia burguesa “formal”. Pero estas condicións son excepcionais na historia do capitalismo, na que domina abrumadoramente a loita, revolución e contrarrevolución militarista e fascista, e ademais, existiron só nunha parte moi reducida do planeta, no que chamamos “occidente” e apenas máis. Era xa que logo cuestión de tempo o que a democracia “formal” demostrase ser historicamente anormal, unha rareza na historia sanguenta do capitalismo mundial que cada vez máis vai endurecendo e ampliando a represión, reducindo as liberdades concretas, limitando os dereitos prácticos. A dialéctica entre as dificultades internas á explotación das propias clases traballadoras, etc., máis as dificultades externas, as resistencias dos pobos do mundo ao saqueo imperialista, non dá como resultado unha simple suma de problemas que pode resolverse con parches illados senón a aceleración das contradicións globais ás que se enfronta a burguesía internacional. 34. A tendencia ao neofascismo que se está despregando en todos os Estados burgueses, con máis rapidez nuns que noutros segundo situacións concretas, responde a este empeoramento das condicións básicas imprescindíbeis para que a clase burguesa amplíe os seus beneficios sen provocar demasiadas resistencias obreiras e populares. Mentres que estas resistencias poidan ser controladas sen maiores problemas de maneira que nun prazo relativamente curto se reinicie o aumento dos beneficios, non é necesario pasar a medidas represivas maiores, e a democracia “formal” pode manterse mal que ben, algo debilitada pero sen recortes rechamantes na súa forma externa xa que as novas represións se especializan en esmagar aos colectivos que xa comezaron a resistir, aos grupos perigosos, ás organizacións revolucionarias, aos pobos rebeldes, deixando “libres” aos demais a condición de que non se “metan en problemas”. 35. O neofascismo vai estendéndose dentro da democracia “formal” na medida en que esta decrece e na medida en que aumentan os controis sociais, as vixilancias sobres os segmentos sospeitosos da poboación e as represións sobre quen se enfrontan ao sistema. Á vez, o neofascismo móvese con toda tranquilidade no interior da selecta e exclusiva democracia privada burguesa, a real e efectiva. Moitos destes centros de

|17|


Iñaki Gil de San Vicentee

debate e decisión entre as fraccións burguesas, selectos e privados, apenas coñecidos a maioría deles, así como o máis recóndito dos alicerces do Estado, os seus esgotos e sumidoiros, son lugares nos que o neofascismo deambula ás súas anchas, especialmente entre as forzas represivas. Frecuentemente, resulta moi difícil distinguir nestes lugares o neofascismo do fascismo, porque son o mesmos nos actos cotiáns que a prensa burguesa non publicita, xurdindo as diferenzas só canto os dirixentes máis lúcidos ou menos obtusos deciden seguir camuflados baixo a protección da democracia real e privada da burguesía, e até seguir baixo o paraugas protector da democracia “formal”. 36. O sensacionalismo da prensa burguesa axuda a falsear ou ocultar estas realidades ao centrar a atención da xente atónica no tópico dos grupos fascistas con toda a súa parafernalia de xestos, posturas, vestimentas, rituais e violencias machistas e racistas. Todo isto é certo e debe ser coñecido, requisito imprescindíbel para ser combatido nas rúas mediante a mobilización social ofensiva. Pero a trampa radica en que se só se ve esta parte do problema, a punta de iceberg, se ignora a estrutura do fascismo e do neofascismo imbricada con máis forza do que sospeitamos dentro do cerebro do capitalismo, dentro desas organizacións privadas, clubes, fundacións burguesas, dentro do Estado, etc. 37. Un exemplo respecto diso témolo na proliferación de “empresas de seguridade” en mans de sectores fascistas da burguesía española, sectores que non dubidan en endurecer a represión e en recortar os dereitos, mentres xuran e prometen ser “demócratas” de toda a vida, á espera de mostrarse tal cal son. Moitos fascistas de base, carne de canón, foron formados nesas empresas ou en institucións do Estado, e dominan áreas importantes do negocio da diversión, o pracer e a noite. Existen investigacións clásicas sobre a formación das primeiras bandas armadas protofascistas formadas por xentes do lumpen proletariado, do precariado, da pequena burguesía arruinada, de soldados desmovilizados, dos baixos fondos e das mafias, etc., pero organizadas, disciplinadas e mandadas por respectábeis organizacións burguesas cunha visión moi clara de que grao de terror letal aleatorio tiñan que aplicar en determinados momentos, case sempre en conexión coa centralidade represiva do Estado. Logo, sobre esta experiencia e integrando a moitos destes grupos, aparecería o fascismo. 38. Mais polo xeral, a diferenza do fascismo clásico, que esmaga todo a golpes, o neofascismo busca moverse dentro da normalidade o tempo que sexa posíbel. Mentres que o fascismo vangloriábase da represión, o neofascismo busca protexerse na democracia “formal” mentres non sexa

|18|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

necesario quitarse a pel de año. Esta opción relativa do neofascismo pola normalidade dentro do seu Estado, que non no exterior, non lle impide recorrer a doses de represión aleatoria que recae sobre grupos relativamente amplos mesturando as detencións selectivas coas menos imprecisas e coas oficialmente inocentes. Búscase que neses sectores sociais se inicie un proceso de descomposición que da incerteza creada pola inseguridade ante a represión aleatoria, se ascenda ao medo e ao pánico para rematar na renuncia do derrotado que admite con pasividade resignada a ditadura do Estado. 39. A represión aleatoria é común na súa esencia a todos os réximes opresores. O terror inquisitorial católico é un exemplo horríbel respecto diso xa que abondaba unha denuncia anónima para desencadearse un proceso humanamente insoportábel. Actualmente a “democracia” española mostra o seu compoñente neofascista ao aplicar a represión aleatoria contra todo o Pobo Vasco en xeral, máis especificamente contra o maioritario movemento soberanista e, dentro deste, máis concretamente contra o independentismo e a esquerda vasca. Formalmente, o Estado español é unha “democracia”, na práctica é unha monarquía con poderes extraparlamentarios que garante a unidade territorial do Estado como auténtico cárcere de pobos. Un armazón de leis e institucións tipicamente neofascistas, como a Lei de Partidos Políticos, as leis “antiterroristas”, a Audiencia Nacional, etc., son os alicerces deste cárcere de pobos que é “España”. 40. O neofascismo fai que centos de miles de vascas e vascos vivan baixo múltiples represións que revoan sobre elas, entran na súa cotidianeidade, anulan os seus dereitos básicos. Unhas represións destrúen os dereitos de información; outras os de reunión e debate; hainas que esmagan as de expresión e manifestación, e tamén as do voto libre e secreto. Naturalmente, non existen dereitos dos detidos e detidas, as torturas e malos tratos son unha realidade, e as persoas sofren condicións moi duras de encarceramento, condicións que están na base das mortes sufridas dentro do cárcere. De entre moitos exemplos sobre o neofascismo español, escollemos só dous: o Estado español incumpre as súas propias leis penais, as retorce e estira ao máximo para multiplicar a represión contra o Pobo Vasco e, ademais, se ensaña con odio vingativo contra as familias e amizades das prisioneiras e prisioneiros, que sofren verdadeiras “condenas alegais” polo simple feito de ser familiares ou amizades. 41. O Pobo Vasco sofre a represión aleatoria consistente en que as múltiples represións concretas, centralizadas estratexicamente por e no Estado e

|19|


Iñaki Gil de San Vicentee

aplicadas meticulosamente polas súas burocracias entre as que destacan as institucións autonómicas e forais, poden golpear a calquera en calquera momento e con calquera escusa xa que todo ou practicamente todo acto é perseguíbel e puníbel polas leis españolas. Para o conxunto do Estado, a represión contra o Pobo Vasco fornece o mesmo efecto que a represión dos xitanos, xudeus, comunistas, socialistas, etc., polos nazis, pero coa diferenza de que no Estado español os vascos vivimos concentrados nunha zona --máis tarde os nazis crearían guetos xudeus seguindo unha vella táctica aplicada masivamente polos españois en Cuba a finais do século XIX- mentres que na Alemaña nazi as vítimas estaban dispersas. 42. A diferenza do neofascismo español que, por agora, aplica a represión aleatoria maiormente a Euskal Herria e dentro da súa democracia formal, o fascismo aplica o terror paralizante con represións xeralizadas seguindo un plan racional e metódico no que tamén actúa a brutalidade con forma aleatoria e fortuíta, inesperada, sobre grupos sociais ou persoas que non resistiron nunca, que se cren fóra de todo perigo pola súa mansedume e incapaces de sobreporse á irracionalidade do sufrimento que lles esnaquiza sen causa aparente. A súa dor incomprensíbel actúa como devastadora advertencia para o resto da sociedade que ve aterrorizada como o poder absoluto esmaga a quen lle dá a gana e cando lle dá a gana sen ter ningunha razón para facelo. O neofascismo, pola contra e como vimos, non necesita aínda chegar a estes niveis porque aínda pode conter as loitas sociais con métodos menos brutais pero máis efectivos a medio e longo prazo, agás cando debe esmagar reivindicacións tan elementais como a vasca que concitan o apoio maioritario do pobo.

|20|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

4. NEOFASCISMO E DEMOCRACIA ESPAÑOLA

FASCISMO

NA

43. Non pensemos que estas diferenzas entre fascismo e o neofascismo anulan a identidade que os une. As diferenzas aquí expostas responden a criterios tácticos e oportunistas impostos pola diferenza de contexto entre o imperialismo actual neofascista e o imperialismo fascista de hai algo máis de medio século. Máis aínda, como viamos en 2004, o neofascismo e o fascismo se aplican á vez polo mesmo Estado pero para situacións diferentes: o primeiro, dentro do territorio estatal mentres que o segundo, fóra deste, contra os pobos expoliados polo imperialismo exercido polo Estado para defender os intereses das súas transnacionais monopolísticas. Por exemplo, o imperialismo español nas Américas tivo un dos maiores actos de fascismo nas declaracións do Borbón contra Hugo Chávez, presidente venezolano. E poderiamos pór moitos máis exemplos. 44. A contestación de Zapatero a Chávez --lembremos que este chamaba fascista a Aznar-- de que Aznar fora elixido democraticamente é insostíbel porque, primeiro, esquece que pouco antes de instaurar a ditadura nazi, Hitler gañara unhas eleccións democráticas, o que mostra que o fascismo pode convivir durante un tempo coa democracia burguesa, como de feito o fai o neofascismo; segundo, é unha resposta tipicamente nacionalista imperialista pois sae en defensa dun “compatriota” aínda que sexa un fascista denunciado con toda razón, aplicando a mesma lóxica que usan os EEUU para impedir que sexan criticados e xulgados os actos das súas tropas no estranxeiro; e terceiro, sobre todo, evádese no decisivo, ou sexa, en que é a práctica política e social, cultural, etc., a que define aos suxeitos e aos partidos, non a forma na que chegan ao poder. Os presidentes ianquis chegaron ao goberno mediante a feble democracia burguesa, a pesar do cal manteñen internamente unha política con fortes contidos neofascistas en moitas cuestións, e fascista clásica, pura e dura, no seu imperialismo internacional. En realidade, Zapatero nin quería nin podía darlle a razón a Chávez porque o goberno socialista mellorou políticas neofascistas internas de Aznar --represión contra Euskal Herria-- e fascistas externas, como o apoio á xenocida invasión e ocupación do Pobo Saharauí por Marrocos. 45. Pero hai unha forma de fascismo que tamén se aplica dentro dos límites territoriais do Estado, e é contra as nacións que oprime no seu interior. Se o rei dos españois tivo un comportamento fascista nas Américas, antes tivera outro tanto máis despectivo e despreciativo contra Euskal Herria: nun

|21|


Iñaki Gil de San Vicentee

acto público español en terras vascas, o rei dos españois fixo un brután, sexista e machista xesto co dedo corazón ou maior estendido e a man pechada, o vulgar “fodédevos” ou “fódovos”, recollido por todas as cámaras, dedicado ás persoas dignas que denunciaban a súa intromisión no noso país. O patriarcado fai da violación sexual material ou simbólica unha das maiores demostracións de poder que poidan existir, sobre todo cando vai unido á feminización do home vencido, derrotado. Violar fisicamente aos vencidos foi e segue sendo unha das formas absolutas de humillación, e violar ás mulleres dos pobos invadidos tamén. 46. O fascismo integrou o patriarcado máis obsceno na súa mística disciplinar, sádica e masoquista, militarista, sobrecargada de simboloxía fálica e misóxina, con directas alusións á dor e ao sacrificio dos inferiores, vencidos e explotados, e ao pracer e ao orgullo dos superiores, vencedores e explotadores. Todas as pautas do sexismo machista están operativas no fascismo, e unha delas, tamén presente noutras formas de patriarcado, é a do xesto de “fódovos” ou “fodédevos”. O rei dos españois, o mesmo que fracasou ao intentar silenciar autoritariamente a Hugo Chávez, expresou co seu xesto a esencia machista e violadora do imperialismo español en terras vascas, o mesmo que se practica frecuentemente nas torturas no noso país. Pero tamén fracasou. 47. Outra identidade consiste en que o fascismo e o neofascismo buscan crear unha base social de apoio á represión. En realidade trátase dun obxectivo común a todos os poderes, pero no fascismo elévase á súa máxima expresión porque ese apoio convenlle para perfeccionar ao máximo o terror que aplica. Os réximes fascistas queren que a poboación colabore activamente en todo o proceso que comeza no control social, segue na vixilancia e, mediante a delación colaboracionista chega ás detencións masivas, para seguir logo coas delacións máis precisas contra os que lograron salvarse. Insistimos en que este obxectivo é perseguido por todos os estados explotadores, e como exemplo temos as doutrinas, sistemas e estratexias represivas contra o independentismo vasco de todos os gobernos españois, sobre todo o Plan ZEN do PSOE de finais de 1982 e comezos de 1983 que é a base de todos os posteriores, pero o fascismo leva esta mobilización ao máximo, e o neofascismo lévaa a niveis non tan exacerbados como os do fascismo pero superiores aos da democracia burguesa “normal”. 48. Outra característica común é a do nacionalismo imperialista. O fascismo elevou a nación capitalista e a “raza dominante”, sexa a alemá ou a española, ao fanatismo máis exasperado, e o neofascismo aproxímaselle no

|22|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

esencial, sobre todo contra as nacións que oprime, pero buscando darlle ao nacionalismo unha aureola democraticista, como a do “patriotismo constitucional” español. Non é casualidade que sexa cun goberno do PSOE cando realice a primeira viaxe imperialista da coroa española ás prazas militares españolas en terras africanas, Ceuta e Melilla, que pertencen ao pobo amazig ou berebere. Unha viaxe con tres obxectivos básicos: rendibilizar electoralmente o nacionalismo imperialista encirrado polo PSOE ante as eleccións xerais que se aproximan, tamén nesas prazas coloniais onde o PP é maioritario, minguando a súa influencia; aumentar o nacionalismo español ante o aumento das reivindicacións das nacións oprimidas dentro do territorio estatal español e aumentar a moral das tropas invasoras e da poboación civil alí trasladada ante as incertezas do futuro ao aumentar as xustas reivindicacións dos pobos musulmáns. 49. Mediante o nacionalismo imperialista, a burguesía logra a colaboración activa das clases traballadoras e da pequena burguesía. No fascismo e no neofascismo, semellante logro é innegábel e tamén vital para asentar fortemente a colaboración das masas na represión xeralizada arriba analizada. Por unha serie de erros enormes das esquerdas europeas desde a metade dos anos ’20 en diante, imputábeis sobre todo á dexeneración burocrática da URSS, o movemento obreiro e revolucionario foi de derrota en derrota, precipitando a desmoralización e división. Sen referente algún que explicase teoricamente que estaba sucedendo e que respondese ás preguntas e inquedanzas sociais, fraccións das clases traballadoras e especialmente da pequena burguesía viraron cara ao fascismo. Este proceso reactivouse, nun contexto diferente en moitas cousas pero similar nalgunhas outras, desde finais dos ’80 até a actualidade, facilitando un repunte electoral do fascismo e do neofascismo en moitos sitios de Europa. 50. A integración de partes importantes do movemento obreiro controlado pola burocracia sindical na lóxica capitalista reforza o compoñente nacionalista opresor en todas as súas expresións. O neofascismo encuberto ten unha das súas forzas básicas neste universo de comportamentos alienados pero tamén conscientes moitos deles, egoístas, consumistas e insolidarios. Sen profundar en absoluto, de inmediato atopamos por todas partes múltiples exemplos: a pasividade do reformismo sindical ante o terrorismo patronal contra a clase traballadora que no Estado español se plasma nunha media de tres vítimas ao día; a privatización acelerada de CCOO, a súa corrupción e o xiro da súa dirección á peor dereita, no medio da pasividade das bases; o nacionalismo imperialista deste sindicato obsesionado por frear o aumento das reivindicacións nacionais dos pobos oprimidos; o racismo e o sexismo que medra entre as clases traballadoras, etc.

|23|


Iñaki Gil de San Vicentee

5. NEOFASCISMO E DEMOCRACIA FRANCESA

FASCISMO

NA

51. No Estado francés a situación non é mellor senón mesmo peor en determinadas problemáticas como as loitas da mocidade obreira de orixe emigrante, problema que aparecerá indefectibelmente co tempo no Estado español. Sarkozy é o típico líder presidencialista e neofascista con toques claramente fascistas e tamén populistas de dereitas, que recorre ao democratismo autoritario para así chegar a un amplo espectro de votantes, seguindo un modelo poliédrico e multifacético de promesas destinadas a moi amplos sectores, modelo que é o dominante no capitalismo actual porque permite utilizar o “mellor” de cada forma de goberno que foi inventado a burguesía dentro dunha tendencia ao recorte de liberdades, ampliación dos poderes incontrolábeis e da impunidade operativa do Estado e das organizacións secretas e privadas da clase dominante, que teñen máis poder real que os partidos electoralistas, controlando ás súas direccións desde fóra deles e cuxos tentáculos finos e dúctiles penetran en todas as físgoas da burocracia parlamentarista. 52. A mestura destes e outros compoñentes --neofascismo, fascismo, bonapartismo, populismo, democratismo autoritario, etc.,-- é sempre áxil e en función das complexas necesidades do poder, utilizando todas as técnicas da ciencia da manipulación psicolóxica de masas que se desenvolveu moito tras a derrota en 1945 do fascismo precisamente para lograr os mesmos obxectivos e outros máis sen ter que recorrer ás súas brutalidades inhumanas, polo menos dentro do propio Estado. Sarkozy, do mesmo xeito que outros moitos representantes da burguesía imperialista, desenvolve tal ou cal compoñente dos vistos máis ou menos que outros segundo as urxencias do momento e segundo unha visión de medio e longo prazo sempre dentro da tendencia xa vista cara ao aumento do poder antidemocrático da burguesía. Imos analizar cinco exemplos típicos respecto diso que se están desenvolvendo no presente. 53. O primeiro é o do endurecemento represivo contra o independentismo vasco na parte de Euskal Herria dominada polo Estado francés. Aínda que, a cohesión nacional burguesa do Estado francés é superior á do Estado español por comprensíbeis razóns históricas, aínda así existen pobos oprimidos que se negan a desaparecer baixo a asimilación francesa, e o Pobo Vasco é un deles. As mobilizacións de todo tipo a favor de melloras substanciais nos moi reducidos dereitos nacionais, van en aumento, e con

|24|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

elas as formas de loita contra todas as formas de explotación. O Estado francés é consciente do progresivo aumento da conciencia vasca nunha poboación suxeita a toda clase de presións, sobre todo ás da desertización industrial e dependencia económica do turismo medio e alto. A represión estase endurecendo e centrándose na mocidade, no medio do silencio absoluto da prensa francesa que non filtra apenas información algunha. 54. O segundo é o das tácticas de todo tipo empregadas pola burguesía francesa para intentar esnaquizar as actuais mobilizacións obreiras -funcionarios, transportes, educación, etc.,-- contra a extrema dureza dos ataques capitalistas. A burguesía intentou e parcialmente conseguiu mobilizar a sectores populares contra o básico dereito de folga, amparándose na escusa de que as folgas do transporte e outras, ademais de infundadas e de defender “privilexios inxustos” de funcionarios e outros traballadores, tamén atentan contra os “dereitos colectivos e individuais”, contra a “liberdade de transporte e de traballo”, contra os “dereitos do consumidor”, etc., e tamén contra a “economía nacional”, debilitando así á “nación francesa” nunha situación mundial especialmente convulsa e grave. Vemos como a burguesía, utilizando todos os recursos que lle permite a centralidade represiva do seu Estado, logra en certa forma enfrontar a unha parte do pobo traballador contra outra parte, método que o fascismo aplicou por primeira vez en Italia contra o movemento obreiro revolucionario, pero que, en canto método, xa fora empregado pola socialdemocracia alemá en 1918-19 contra a esquerda e antes, no verán de 1917 polo Goberno Provisorio ruso contra os soviets e contra os bolxeviques, por non retroceder máis no tempo. 55. O terceiro exemplo é o clima racista que a dereita francesa xeralizou contra o movemento obreiro xuvenil de orixe emigrante, que iniciou a súa escalada tras a impresionante vaga de loitas no inverno de 2005, que permaneceu latente e que agora mesmo, a finais de novembro de 2007, pode agromar outra vez. Sarkozy chegou á presidencia en gran medida debido a como encirrou o neofascismo e o racismo latente en sectores da poboación, presentándose como o único líder capaz de resolver a “crise nacional francesa” orixinada polo “ataque interno” da mocidade de orixe emigrante. Recordemos que unha das grandes bazas propagandísticas de Hitler foi a da “puñalada por detrás” en alusión a que a derrota alemá na guerra de 1914-18 non se produciu pola superioridade dos aliados senón pola traizón interna. Con matices secundarios, Sarkozy falou do “inimigo interno” e, copiando á extrema dereita fascista e fundamentalista cristiá dos EEUU, engadiu que existía tamén unha “loita de civilizacións” entre o cristianismo e o islamismo. A creación polo poder estabelecido dunha escusa

|25|


Iñaki Gil de San Vicentee

baseada na “alianza do inimigo interno e externo” é tan vella como a política, e o fascismo de antes de 1945 elevouna o nazismo ao máximo ao crear os mitos de “occidente xermano contra oriente bolxevique”, o fascismo italiano o de “civilización romana contra barbarie africana”, e o franquismo o de “reserva espiritual de occidente”. 56. O cuarto exemplo é o da famosa viaxe de Sarkozy ao Chad en rescate dos saqueadores franceses de nenas e nenos chadianos. Deixando de lado a responsabilidade que poida ter a Administración francesa nesta trata de escravas e escravos infantís, así como o papel que, contraditoria e moi limitadamente xogan as ONGs na axuda material ás zonas máis explotadas e empobrecidas do planeta, a viaxe de Sarkozy buscaba dar un exemplo de “responsabilidade do líder para cos seus súbditos”, o “pastor que garda ao seu rabaño”, etc. Unha das bazas da viaxe radicaba precisamente na aureola que teñen aínda moitas ONGs de “axuda humanitaria”, cando en realidade son na súa inmensa maioría moi efectivas organizacións en mans imperialistas, á marxe do que subxectiva e individualmente poidan crer a totalidade do voluntariado que colabora con elas e parte da súa burocracia interna. 57. A prensa de centro e reformista francesa levou as mans á cabeza pola imaxe do presidente, pero a razón que os levou a protestar é que comprenderon a efectividade da viaxe no que toca á manipulación da psicoloxía das masas dependentes afectivamente do seu líder, necesitadas de que este as protexa nos momentos de perigo. Esta psicoloxía é común nas sociedades autoritarias e moralmente castradoras, é dicir, que amputan desde a primeira infancia o espírito crítico e libre das persoas para facelas bois, dóciles brutos de carga e de traballo. Todas estas sociedades necesitan dun líder que sexa a imaxe encarnada do Pai, pero o fascismo levou este método de deshumanización a extremos só igualados pola Igrexa católica, que se move noutra escala. O Führer, o Duce, o Caudillo, etc., son figuras claves nos réximes fascistas, e tamén nos que aúnan todos os métodos de dominio, sobre todo os personalistas, como o presidencialismo, o militarismo, a monarquía e o neofascismo. 58. O quinto e último exemplo non é outro que o forte repunte do nacionalismo imperialista francés, como se demostrou nas pasadas eleccións xerais. Non podemos analizar este repunte como un simple “factor” máis, desconectado do resto, e que pode subir ou baixar á marxe da marcha xeral das contradicións. Como se viu en todo o período electoral, o nacionalismo francés é tanto unha causa como un efecto inmerso na evolución xeral do Estado pero cun matiz fundamental que hai que

|26|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

destacar: todo nacionalismo burgués é impulsado desde os aparellos de control, teledirección e manipulación de masas de que dispón o bloque de clases dominante. As súas querelas internas só marcan a evolución do desenvolvemento de tal ou cal elemento específico do nacionalismo común a toda a clase dominante, xa que as fraccións máis reaccionarias e primitivas interpretan os mitos dunha forma e as menos reaccionarias doutra forma, ou crean mitos novos, máis acordes coas súas necesidades. Semellantes pugnas son comúns á historiografía nacionalista burguesa e unha das tarefas prioritarias dos historiadores oficiais é realizar ben o traballo de creación do nacionalismo imperialista tal cal llo ordenan as diversas fraccións capitalistas.

“todo nacionalismo

burgués é impulsado desde os aparellos de control, teledirección e manipulación de masas de que dispón o bloque de clases dominante”

59. A (re)construción do nacionalismo francés está inmersa na mesma dinámica que marca a outros nacionalismos burgueses, o español, sen ir moi lonxe. Con todo, como xa se advertía no texto de 2004, variaron bastante con respecto a hai sesenta anos as condicións mundiais que propician esta nova vaga, ou o que é o mesmo, dado que a fase actual de concentración e centralización de capitais está moito máis acentuada que entón, agora os nacionalismos dos Estados imperialistas secundarios deben agruparse entre si para responder ás superiores esixencias da competencia mundial interimperialista e á crecente resistencia dos pobos. Actualmente, o euroimperialismo integra aos nacionalismos alemán e francés, por exemplo, que se esnaquizaron mutuamente en varias guerras entre o comezo do século XIX e a metade do XX. Quere isto dicir, que o nacionalismo fascista ten de adaptarse ás novas condicións e que a mellor forma de facelo é encartarse en moitos aspectos ás formas democratistas tras as que se disfraza o neofascismo dentro do propio Estado, para aparecer con toda a súa letalidade mortal cando a burguesía desprega o fascismo fóra das súas fronteiras. Nestes casos, o nacionalismo imperialista recupera frecuentemente o seu anterior “orgullo patrio”.

|27|


Iñaki Gil de San Vicentee

6. CENTRALIDADE DO ESTADO E FORZAS POLÍTICAS 60. Un exemplo respecto diso témolo nos debates entre o PP e o PSOE sobre que facer coas tropas de “axuda humanitaria” ou de “intervención rápida”, que son as dúas formas de denominar agora aos clásicos corpos de invasións expedicionarias. Todo o nacionalismo español está a favor destas invasións disfrazadas, pero as súas dúas principais correntes, a do PSOE e a do PP, discrepan no uso político interno dos mortos polas resistencias dos pobos invadidos. Os primeiros pretenden rendibilizalos mediante o “patriotismo constitucional” envolvido en todas as bandeiras e parafernalia militaristas, e os segundos, o PP, mediante a volta ás honras que se lles rendían durante o franquismo e o anterior goberno do PP. 61. Poderiamos seguir analizando as similitudes entre o fascismo e o neofascismo, pero debemos apuntar que tamén existen diferenzas segundo os seus diversos Estados-berce. Por exemplo, o catolicismo e outras correntes cristiás apoiaron ao fascismo en todas partes, e só se lle resistiron grupos moi pequenos a pesar de que o groso do fascismo sexa claramente laico, agnóstico e mesmo ateo, con reminiscencias pagás precristiás como no nazismo alemán. A pesar disto, os exércitos fascistas contaron con abundantes sacerdotes que bendicían os seus crimes, como en Arxentina en 1976-83 e en tantos outros lugares. No caso español, a Igrexa católica foi e é non só un baluarte inexpugnábel da “reserva espiritual de occidente”, senón un dos poderes sociais máis activos na creación da “identidade española” desde que a finais do século XV se iniciase a desfeita nas Américas e a comezos do século XVI se invadise o que ficaba de Estado vasco independente, o reino de Nafarroa. As dúas agresións contaron co impulso de Roma. 62. A Igrexa foi e é fundamental na (re)creación do nacionalismo español na súa forma máis extrema, sostén a vixencia do “nacional catolicismo” franquista e do carácter de “cruzada” da sublevación franquista contra unha República elixida democraticamente, verdadeira matanza de seres humanos e unha das demostracións máis crueis e innegábeis de que deus non existe, e de que se existise habería que levalo a xuízo popular por xenocida sociópata. 63. Outras veces, as similitudes e diferenzas entre o fascismo e o neofascismo móstranse operando simultaneamente. Referímonos ao

|28|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

comportamento friamente ambiguo do PP fronte á sentenza xudicial sobre a autoría das explosións do 11 de marzo de 2004 na estación Atocha de Madrid. A xustiza burguesa confirmou o que xa se sabía: que non fora ETA a autora, que fora unha organización islámica. A pesar desta certeza, o PP reaccionou de xeito fascista e de xeito neofascista. A primeira consiste en rexeitar a sentenza tras soster que o sistema xudicial ía beneficiar ao PSOE. Unha das formas de actuar do fascismo é negar todos aqueles compoñentes da xustiza burguesa que, polo que for, non son directamente manipulábeis polo poder fascista. As novas leis de Mussolini e Franco, pero sobre todo de Hitler, así o demostran, e fixérono encima aumentando a esencia contrarrevolucionaria burguesa do seu propio aparello de xustiza. Esta dinámica é a que está desenvolvendo o PP en todo o relacionado coa xustiza burguesa e machista do Estado español, levando os seus ataques ao máximo no caso da sentenza sobre o 11-M/2004. 64. O xeito neofascista de reaccionar do PP consiste en que, polo outro lado e coa boca torta, recoñece en voz baixa a sentenza pero insistindo en que deben seguir as investigacións policiais e xudiciais. Neste segundo caso, non atacan de fronte ao sistema xudicial senón que, tras aceptar “democraticamente” o fallo, “aconsellan” que se siga o procedemento até descubrir “toda a verdade”, co que se está dicindo de forma indirecta que a sentenza é incompleta. Simultaneando as dúas respostas, o PP logra contentar ás súas bases fascistas e tamén presentarse como “demócrata” fronte ás súas bases centristas e neofascistas, que por diversas razóns non aceptan unha crítica destrutiva contra a “xustiza imparcial”, aínda que si algúns estiróns de orella. 65. Con todo, tanto o PP como o PSOE, tamén o PCE e IU e outros partidos rexionalistas e autonomistas, constitucionalistas todos, defenden contra vento e marea as excelencias da xustiza cando se trata de esmagar a Euskal Herria, silenciar as torturas, os malos tratos e as incorreccións no fondo e na forma de moitos procesos xudiciais, empezando pola propia existencia da denominada Audiencia Nacional, vestixio vivinte da Inquisición e do Santo Oficio. De igual modo, silencian o agravamento impresionante da represión económica, é dicir, das multas que manifestantes, militantes e organizacións de actos reivindicativos e de denuncia democrática, deben pagar cada vez máis. 66. Tanto as organizacións independentistas como as esquerdas españolas están sendo desartelladas economicamente pola represión financeira estatal no medio do silencio da “esquerda” da súa Maxestade. As multas non son unha novidade introducida pola “democracia” senón que xa foron

|28|


Iñaki Gil de San Vicentee

aplicadas masivamente polo franquismo. O Pobo Vasco ten moita experiencia respecto diso, e estamos seguros que os demais tamén. O sistema represivo actual integra tanto as demandas económicas presentadas ante os tribunais polas organizacións fascistas máis duras contra os loitadores, como a específica iniciativa propia da “lexislación democrática”. 67. Se nos fixamos no programa electoral do PP, veremos que é chamativamente impreciso e oco, demagóxico, non só polas diferenzas internas no partido, senón sobre todo pola necesidade que ten de usar todas as tácticas de manipulación e atracción de votos, de modo que as súas correntes fascistas poidan sentirse cómodas coas súas correntes de centrodereita e até coa de centro a secas que están dubidando entre o PP, o PSOE e outros partidos rexionalistas e autonomistas. Pero o que unifica ao PP é a necesidade de crear máis tensión para acurralar ao PSOE e impedir que se asente a súa mensaxe centrista e reformista. A tensión social é provocada de moitas formas, e as bestas fascistas, as que asasinaron a Carlos Palomino, son unha delas. 68. Con todo, por baixo destas discrepancias máis ou menos serias, existe unha unidade sustantiva irrompíbel que non é outra que a necesidade obxectiva de manter e reforzar a centralidade do Estado. A burguesía española sabe que comparada con outras, é débil, que o seu oitavo posto na escala de economías capitalistas non corresponde á potencia real das forzas produtivas industriais desenvolvidas, senón a unha serie de factores pasaxeiros que a levantaron a ese nivel, pero que tenderán a debilitarse co tempo, arrastrando ao Estado español cara abaixo. De feito, en todos os índices serios e rigorosos sobre a verdadeira potencia económica española, esta aparece máis abaixo que ese oitavo posto. 69. Xa que logo, os partidos españois, incluídos o PCE e IU, así como CCOO e UGT, teñen asumido con diversos matices secundarios que o prioritario nestes momentos é asegurar o futuro da “economía nacional”. De feito, esta obsesión dominou no PCE e en CCOO desde que se axeonllaron ante a burguesía postfranquista, por non falar do resto. Todos eles asumen que é imprescindíbel “aceptar sacrificios”, é dicir, aumentar os beneficios burgueses en detrimento das condicións de vida das clases traballadoras -empobrecemento relativo e absoluto, segundo as franxas sociais afectadas- o que obrigatoriamente vai unido a un empobrecemento das liberdades e da democracia “formal”, como efectivamente sucedeu e está sucedendo. 70. Pero a forza da centralidade do Estado non radica só no efecto

|29|


Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista

absorbente e aspirador da “economía nacional”, senón, tamén, na forza irracional do nacionalismo burgués español dentro dos partidos e sindicatos. Deixando de lado, por obvio, ao nacionalismo imperialista do PP, o PSOE foi españolista practicamente desde a súa fundación. As hemerotecas están repletas de declaracións e textos do PSOE contra a lingua e a cultura vasca, destilando desprezo e racismo, ou simplemente, xustificando a necesidade da súa desaparición histórica como en 1911. Despois, só a resistencia crecente do Pobo Vasco obrigou ao PSOE a moderar parcialmente a súa agresividade españolista antivasca. En canto ao PCE, o momento de xiro definitivo ao nacionalismo español produciuse a partir de 1937 e de forma irreversíbel en 1945. 71. Cando falamos de centralidade do Estado referímonos, xa que logo, tamén ao poder alienante do seu nacionalismo burgués, poder reforzado polos partidos de leal oposición á súa Maxestade, que na súa práctica diaria interna e externa fan esforzos continuados por modernizar ese nacionalismo, adaptándoo ás esixencias do imperialismo capitalista mundial, para que poida competir en mellores condicións. Segundo se expuña no texto de 2004 “Contra o neofascismo”, a contradición irreconciliábel de dúas nacións opostas, a proletaria e a burguesa, dentro da nación opresora, é unha das grandes cuestións ante as que foxe precipitadamente o reformismo duro e brando, e o centro reformista tamén. A historia demostra o demoledor poder alienante do nacionalismo imperialista entre as clases oprimidas da nación que oprime a outros pobos. 72. Non debese ser motivo de sorpresa o feito de que as nacións oprimidas que desenvolveron un proxecto independentista, socialista e non patriarcal, teñan máis posibilidades de loita de masas contra o fascismo e o neofascismo que os pobos que non sofren opresión nacional e que por diferentes razóns non puideron desenvolver un modelo nacional proletario oposto á nación burguesa, de cuxo extremo xorde o fascismo. A incapacidade da esquerda para liderar a nación proletaria enfrontada á nación burguesa, ben sexa por un falso internacionalismo ou porque foi contaminada pola ideoloxía nacionalista dominante, dita

“a historia demostra o demoledor poder alienante do nacionalismo imperialista entre as clases oprimidas da nación que oprime a outros pobos”

|30|


Iñaki Gil de San Vicentee

incapacidade, é unha das razóns máis poderosas que explican a forza irracional do fascismo e a fácil penetración do neofascismo nas sociedades imperialistas. 73. Cando en situacións de crise estrutural e profunda do marco estatonacional, as forzas revolucionarias non saben ou non queren expor a loita irreconciliábel contra a burguesía tamén no plano da identidade nacional contraditoria en si mesma, mobilizando os seus compoñentes progresistas e conscientes para desenvolver a nación proletaria, entón, máis cedo que tarde dependendo das circunstancias concretas, sectores das clases traballadoras empezarán a mirar con algunha simpatía ao fascismo, seguindo o camiño aberto antes pola pequena burguesía. Esta é unha das leccións históricas máis reiteradas desde a irrupción do fascismo, pero tamén no que se refire á pequena burguesía e sectores burgueses decadentes da forza do bonapartismo, do presidencialismo e das xefaturas militares. A psicoloxía de masas do fascismo levou a niveis máis profundos e extensos esta capacidade de manipulación teledirixida dos medos inconscientes da sociedade. O neofascismo adaptou ese método ás condicións do capitalismo dos últimos anos. 74. Un obxectivo básico do marxismo, e á vez un dos seus métodos de acción cotiá, é o de facer consciente o inconsciente, xusto o oposto do que pretende e no que se basean o neofascismo, o fascismo e a mesma ideoloxía burguesa que estrutura aos dous. A burguesía converteu a manipulación do inconsciente colectivo nunha industria politizada e nunha política industrializada, algo que apenas estaba nos seus inicios na época do fascismo clásico. As esquerdas revolucionarias debemos redobrar os nosos esforzos nesta problemática que se propaga como un cancro.

|31|


nte e c i nV a S l de i G i ai r r I単ak He l a k s 007 2 - Eu e od r b cem e d 2 de


EMBATE , edicions

#1 colecci贸n DEBATES

Teses sobre fascismo, neofascismo e poder capitalista  

Texto de Iñaki Gil de San Vicente pertencente á coleción Debates de Embate Edicións. Traducido e publicado por Adiante.

Advertisement