Que non te recruten

Page 1

infraestruturas para explotar os bens do país ocupado, evitar revoltas populares pola fame e a miseria d@s habitantes dos países invadidos e facer publicidade entre @s habitantes dos países invasores. Tanto o exército coma a policía seguen albergando tendencias golpistas contra o, xa de por si, precario sistema democrático, como aconteceu recentemente con militares como Mena, J.M. Villa e compañía. Tamén seguen a practicarse torturas físicas e psíquicas nos cuarteis e comisarías. Poucos casos saen á luz, pero se saen –malia o hermetismo encubridor da prensa- é porque hai moitos máis.

O exército español ten sido empregado recentemente para reprimir manifestacións populares en Galiza: en 1994 forzas do exército enfrontáronse violentamente con veciñ@s de Figueirido por unha disputa sobre a propiedade dos montes que rodean a base militar, en 1983 a policía militar reprimiu a tiros na Coruña unha manifestación contra a multinacional terrorista OTAN, en 1972, tras asasinar a policía aos obreiros Amador e Daniel nunha folga do naval, as fragatas do exército estaban preparadas para disparar sobre a cidade de Ferrol no caso de que trunfase a mobilización, etc,…

Nas forzas armadas e policiais, fomentan entre os seus membros valores de auto-odio (odio por ser galeg@, odio por proceder da clase traballadora,…) e de machismo, xenofobia, culto á violencia, desprezo a homosexuais e fudamentalismo católico.

Cada vez hai máis xente moza que se dá conta destas mentiras. É por iso que a maioría abandoa nos primeiros meses. É por iso, tamén, que fan tanta publicidade para recrutar xente. É por iso que, mesmo sendo tan racistas, agora están dispostos a reclutar a migrantes doutros países máis pobres. Pero tamén elas/es se están a dar conta do erro de se meter nestes corpos represivos. Pois iso. Que non sexas parv@, non te deixes embaucar, e pasa deles!

ADIANTE (MOCIDADE REVOLUCIONARIA GALEGA)

www.adiantegz.org

Oes, que

non te recruten!

O Estado Imperialista Español segue a se aproveitar da situación de desemprego e exclusión, que el mesmo provoca na mocidade galega, para converter ás camadas máis novas do noso pobo nunha canteira para os corpos militares (exército, garda civil) e represivos (policía, seguridade privada) que defenden con violencia a continuidade do réxime monárquico capitalista e os privilexios da burguesía monopolista (naval, metal, Reganosa…). Tod@s coñecemos a mozos e mozas do noso barrio, aldea ou parroquia que, desesperad@s pola falla de saída laboral e social, se deixan recrutar nestes corpos represivos. Moi pouc@s son “vocacionais”. Pasan a ser opresoras/es da súa propia xente, cans fieis dos inimigos do pobo. Aínda así, o exército ten cada vez menos alistamentos, polo que o ministerio español de “Defensa” leva tempo facendo campañas de promoción en escolas, centros de ensino e nas oficinas do desemprego. Por todo isto, dende ADIANTE, como organización de mozas e mozos comunistas e independentistas completamente opost@s ás forzas imperialistas e represivas, estamos a facer campaña contra os recrutamentos e a prol dun traballo digno.


Que son os corpos represivos? A quen serven realmente? Na súa orixe tratábanse de destacamentos de homes armados que tiñan como misión garantir o mantemento das relacións de dominación nacidas da división social do traballo e do fraccionamento da sociedade en clases sociais (explotadores e explotados). Na actualidade segue a ser basicamente o mesmo. Coa evolución que supuxo a capacidade de producir excedentes das riquezas, as sociedades dividíronse entre @s que producían tales excedentes (traballadoras/es) e quen se apropiaban deles (ricos e poderosos); estes últimos, ao ser unha minoría, precisaron de se dotar de corpos policiais, exércitos e forzas de asalto que garantisen os seus privilexios pola forza, e que sofocasen posíbeis revoltas d@s traballadoras/es sometid@s a explotación. O capitalismo supuxo un desenvolvemento aínda maior coa aparición do estado burgués e do exércto permanente. A función que cumpre o exército no capitalismo é dobre, por unha banda serve a) para se enfrontar a outras potencias capitalistas e submeter a outros pobos, e doutra b) é utilizado como ameaza permanente para todo quen pretenda subverter a opresión no seo do propio estado.

Lembremos o Artigo 8 da Constitución vixente no Estado Imperialista Español: “Las fuerzas armadas (…) tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España, defender su integridad territorial y el ordenamiento constitucional”. Isto significa que no caso hipotético de que @s galeg@s decidísemos democrática e maioritariamente a independencia do noso País nun futuro, o EIE podería empregar os corpos militares e represivos para evitalo pola forza.

Non é unha saída laBoral digna nin honrada Todo o que nos quere vender a publicidade dos ministerios españois de “defensa” e do Interior, é unha completa mentira: Na vertente “laboral”, as condicións son tremendamente precarias. Os salarios son extremadamente baixos, e tan só unhas poucas elites poden cobrar dignamente. Non existen horarios, tes que estar disponíbel a todas horas para obedecer o que che ordeen, incluso estando de “permiso” a miles de quilómetros. Está prohibido organizarse ou sindicarse, polo que non hai xeito de defender os teus dereitos cando sexan vulnerados. Etc, etc,…

Ningún exército nin policía capitalista traballa pola paz. Cando invaden países e os destrúen, asasinan a milleiros de inocentes. Cando despois nos sacan na tele como “colaboran na reconstrución” (do que destruíron!) e no “abastecemento de víveres”, o que están a facer realmente é montar as


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.