Glosario de artes gráficas

Page 67

Glosario XORDOS AAGG final GAL.qxp:Maquetación 1

23/6/09

12:37

Página 67

Interletraxe / JPEG 67 Interletraxe En tipografía, o espazo xeral entre as letras das palabras (tracking). En tipografía, axustar o espazo entre pares de carácteres concretos para que a súa lexibilidade e equilibrio visual sexa óptimo (kerning). Pares de kerning habituais son "AV", "vai" e "kv", por exemplo.

Interliña O espazo existente entre as liñas dun texto. En artes gráficas mídese con medidas tipográficas como os puntos de pica ou os puntos didot. En proceso de textos e mecanografía adoitábase medir con "espazos" (os que o carro de maquína permitía dar: 1 espazo, 1/2 espazo, 2 espazos,...). A interliña axeitada é unha das claves dunha composición tipográfica con boa lexibilidade.

JPEG Un formato de arquivo de compresión con perda que admite cor de 24 bits e se utiliza para conservar as variacións tonais das fotografías.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.