Glosario de artes gráficas

Page 43

Glosario XORDOS AAGG final GAL.qxp:Maquetación 1

23/6/09

12:36

Página 43

Disolvente / Dobre pasada 43 Disolvente En artes gráficas, líquidos que se usan para desfacer no seu interior de forma homoxénea outras substancias e facilitar así a súa aplicación. Os disolventes (tamén chamados solventes ou diluíntes) adóitanse combinar con pigmentos, aglutinantes e outros compoñentes para formar tintas, pinturas, vernices e fluídos similares.

Dobre páxina En deseño gráfico, a unidade conceptual e de traballo que forman dúas páxinas enfrontadas nunha publicación, xa que o lector vainas ver xuntas ao abrir o impreso. Por extensión calquera elemento que se colocara ocupando as dúas páxinas: Unha foto a dobre páxina, un titular a dobre páxina.

Dobre pasada Imprimir dúas veces unha mesma prancha ou cor para que teña dúas pasadas desa mesma tinta e así teña máis "corpo" e intensidade. Faise especialmente coa cor negra (dobre pasada de negro) ou con algúns vernices.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.