Guía didáctica do mestre
Estes contidos didácticos foron elaborados por un equipo de pedagogos e revisados pola dermatóloga Dra. Asunción Vicente do Hospital Maternoinfantil de Sant Joan de Déu de Barcelona.

Estes contidos didácticos foron elaborados por un equipo de pedagogos e revisados pola dermatóloga Dra. Asunción Vicente do Hospital Maternoinfantil de Sant Joan de Déu de Barcelona.
En ISDIN estamos comprometidos coa prevención do dano solar e o cancro de pel.
A exposición aos raios ultravioleta e as queimaduras en idades temperás constitúen un factor de risco importante para o desenvolvemento de cancro de pel no futuro. Por isto, ensinar aos máis pequenos a protexerse do sol converteuse nunha das estratexias máis efectivas.
A Campaña escolar de fotoprotección busca sensibilizar acerca da importancia de protexernos adecuadamente do sol. Desta forma, unímonos aos colexios para concienciar a pais e alumnos sobre a eficacia dunha correcta protección solar.
Creado no 1995, a Campaña escolar de fotoprotección consolidouse como unha das campañas de concienciación máis relevantes en España.
Os obxectivos xerais para esta etapa son os seguintes:
- Mellorar ou cambiar actitudes e hábitos de fotoprotección.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a pel.
- Reflexionar sobre os beneficios do sol para a vida na Terra.
- Concienciar dos riscos do sol para a nosa pel e das consecuencias dunha mala exposición aos raios do sol.
- Establecer relacións entre coñecementos xeolóxicos, xeográficos e atmosféricos (movementos de translación e rotación, incidencia dos raios solares sobre distintas superficies, climas, estacións, capa de ozono) e os hábitos de fotoprotección.
- Xerar consciencia sobre sostibilidade e reciclaxe.
Por tanto, ISDIN sérvese desta campaña para achegar a súa experiencia no eido da fotoprotección e insistir na importancia de ter hábitos fotosaudables, sempre dende unha perspectiva preventiva e de concienciación.
Leva a cabo a súa tarefa a través de dúas dimensións:
• Informar: investigar e experimentar
• Interiorizar: hábitos e actitudes
Neste proxecto traballaremos as áreas de coñecemento do medio natural, social e cultural.
Asumir a competencia de convivir e habitar o mundo implica, entre outros:
• Empregar o coñecemento científico para comprender situacións próximas relacionadas con problemáticas ambientais, a conservación da saúde ou o uso de obxectos tecnolóxicos e así tomar decisións coherentes a partir deste coñecemento.
Achegas da área ás competencias básicas:
Competencias comunicativas
· Expresar ideas e organizar informacións de maneira eficaz e intelixible sobre espazos, feitos, problemas e fenómenos xeográficos, históricos, sociais, naturais e tecnolóxicos.
· Comunicar ideas e información de maneira oral, escrita, visual e mediante as TIC para informar, convencer e dialogar.
· Identificar datos relevantes da área en textos que utilizan diferentes canles comunicativas e de procedencias diversas.
· Expoñer preguntas que poidan ser obxecto de investigación.
· Utilizar habilidades de planificación do traballo.
· Utilizar habilidades para a recompilación e o tratamento da información.
· Utilizar o pensamento crítico e creativo para a análise da información, a resolución de problemas e a toma de decisións.
Competencias persoais
· Aplicar coñecementos e habilidades en contextos familiares e da súa contorna.
· Deseñar e aplicar proxectos individuais e colectivos de maneira responsable e creativa.
Os contidos do medio natural
Os contidos do medio natural proceden de diversas disciplinas científicas, como son a bioloxía, a física, a xeoloxía, a química e a tecnoloxía. Estes coñecementos deben permitir ao alumnado de Educación Primaria proporse preguntas sobre fenómenos do mundo natural e os efectos da actividade humana sobre o medio, así como elaborar explicacións racionais que teñan en conta as observacións e orienten a súa actuación.
As ciencias e a tecnoloxía deben permitir que o alumnado desta etapa constrúa:
· Coñecementos sobre:
Os seres vivos: que os caracteriza e como se interrelacionan entre eles e co medio. Desta forma, poderase comprender a necesidade de conservar a súa diversidade e os diferentes hábitats e a necesidade de que as persoas adopten formas de vivir que posibiliten o mantemento da saúde propia e colectiva.
· Habilidades e estratexias para buscar respostas ou solucións a problemas de tipo científico ou tecnolóxico a partir da formulación de preguntas e hipóteses investigables; deseñar en equipo procesos para darlles resposta; recoller datos e organizalos; identificar regularidades e deducir conclusións a partir das probas obtidas; construír modelos ou prototipos e describir e xustificar (oral, graficamente e por escrito) o proceso levado a cabo e os resultados obtidos.
En resumo, os coñecementos científicos e tecnolóxicos que se precisan adquirir durante a Educación Primaria deben permitir ao alumnado comezar a afrontar a procura de posibles respostas a problemas ou cuestións da súa contorna que sexan socialmente relevantes e posibiliten dar sentido ás súas actuacións. Ao mesmo tempo, os pequenos deben comezar a apreciar o pracer que comporta chegar a atopar explicacións racionais dos feitos e a utilidade da aplicación de procedementos e actitudes científicas.
· Utilizar diferentes linguaxes para expresar e comunicar os contidos da área de forma persoal e creativa, seleccionar e interpretar datos expresados por medio de distintos códigos (lingüísticos, numéricos e gráficos) e reflexionar sobre o propio proceso de aprendizaxe.
· Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e hixiene persoal derivados do coñecemento do corpo humano, e mostrar unha actitude de aceptación crítica e de respecto polas diferenzas individuais (idade, xénero, características físicas e personalidade).
· Participar activamente no traballo de grupo; adoptar unha actitude responsable, solidaria, cooperativa e dialogante; argumentar as propias opinións e contrastalas coas dos demais; respectar os principios básicos do funcionamento democrático.
· Utilizar a lingua como ferramenta para construír coñecemento e para compartilo cos demais, sempre a partir do desenvolvemento das competencias propias da área (descrición, explicación, xustificación, interpretación e argumentación).
· Apreciar o gozo que implica atopar explicacións racionais a feitos e problemas que se identifican na nosa contorna e valorar a utilidade da aplicación de procedementos e actitudes científicas.
· Identificación e xustificación de hábitos de hixiene, de descanso, de exercicio físico e de alimentación variada e equilibrada para unha vida saudable. Identificación de mensaxes e prácticas que non favorecen o bo desenvolvemento persoal e da saúde.
Criterios de avaliación:
· Valorar positivamente a práctica de determinados hábitos asociados á hixiene, a alimentación, o exercicio físico e o descanso que é recomendable manter e, ao mesmo tempo, discernir as actividades que prexudican a saúde.
Conexións con outras áreas:
· Comprensión e produción de mensaxes orais, escritas e audiovisuais.
· Aplicación de hábitos de saúde e hixiene.
O material específico desenvolto por ISDIN para o nivel medio (alumnos/as de entre 7 e 9 anos) consta do conto «Vila Sombra» e de uns materiais específicos para cada curso.
A narración é un elemento imprescindible nestas idades para motivar e presentar os diferentes conceptos que queremos transmitir e que logo se van desenvolver no resto de materiais de traballo (caza do tesouro, xogo da fotoprotección e experimento).
O conto é o espazo propicio para presentar a necesidade dunha fotoprotección adecuada. Os protagonistas, a través dunha historia amena e repleta de aventuras, ensínannos como coidar a pel fronte ás agresións do sol.
Unha vez traballado o conto como actividade introdutiva, propoñémosvos unhas actividades para a aula que axuden os alumnos/as a adquirir coñecementos e desenvolver actitudes sobre a fotoprotección:
- Para os alumnos/as de 2.º, o material inclúe os experimentos grupais «A túa sombra é sempre igual?», «Fotoprotección» e «O xogo da fotoprotección»
- Para os alumnos/as de 3.º, o material inclúe as actividades grupais «Construímos un reloxo de sol», «A hora solar» e a caza do tesouro «A palabra atopada»
Estas actividades baséanse nun artigo aloxado na biblioteca da páxina web www.isdinsunlab.com: «Sabemos moito de sol, de pel e de fotoprotección».
Para poñer en marcha estas actividades contades con esta guía didáctica que inclúe as pautas e suxestións necesarias. Pola súa banda, os alumnos dispoñen dun caderno do investigador no que atoparán as tarefas necesarias para desenvolver todas as actividades (pódese descargar en formato PDF en www.isdinsunlab.com).
Unha vez finalizadas todas as actividades, propoñemos que cada alumno/a leve a casa o diploma de experto en fotoprotección. Con isto, buscamos facer partícipe á súa familia para que, desta forma, asuma o compromiso de seguir hábitos saudables no futuro. Propónselles que colguen o diploma nun lugar visible da casa (neveira, porta principal…). O diploma atópase na área privada de www.isdinsunlab.com.
Para finalizar e para asegurar que se asimilan os conceptos e se segue aprendendo sobre fotoprotección, propoñémosvos que animedes o alumnado a probar os xogos incluídos en www.isdinsunlab.com. Desta forma, aprenderán mentres se divirten.
As actividades propuxéronse para desenvolvelas nos cursos 2.º e 3.º de Educación Primaria. Os dous cursos comparten o recurso do conto. A partir del, expóñense tres actividades para cada curso, dúas en papel e unha terceira no taboleiro dixital ou pantalla táctil.
As actividades de cada curso están previstas para desenvolverse en dúas sesións duns corenta minutos aproximadamente.
MATERIAL EDUCATIVO 2.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Ficha 1 - A túa sombra é sempre igual?
Nesta actividade grupal, os alumnos/as comprenderán os riscos da incidencia do sol en función da lonxitude da sombra.
Para levar a cabo esta actividade, é preciso dividir a clase en catro ou cinco grupos. A cada alumno/a asignaráselle un papel dentro do grupo:
• Reloxo humano
• Medidor/a
• Anotador/a
• Observador/a
No caso de que haxa máis de catro alumnos/as, poden formarse parellas e desempeñar o mesmo papel.
Para poder facer as anotacións e logo chegar ás conclusións, os alumnos/as contan coa ficha 1 «A túa sombra é sempre igual?» no caderno do investigador.
Cada equipo precisa:
• As táboas de anotación do caderno do investigador
• Un lapis e unha goma de borrar
• Un metro
Ao longo do día, os equipos sairán ao patio dúas veces: unha ás 10.00 horas e outra ás 13.00 horas. 30 minutos antes, aplicarán correctamente un fotoprotector, complemento imprescindible que se debería empregar sempre que os nenos/as realicen unha actividade ao aire libre (recreo, excursión, deporte, etc.)
Observarán a súa propia sombra e anotarán as diferenzas de lonxitude segundo a hora do día. A responsabilidade de cada alumno/a, segundo o seu papel, será a seguinte:
• Reloxo humano: colocarse nunha zona onde lle dea o Sol.
• Medidor/a: facer dúas medicións. A primeira, da altura do reloxo humano (só será preciso medila na primeira saída) e, a segunda, da lonxitude da sombra que proxecta no chan.
• Anotador/a: anotar na táboa do Caderno do investigador, os resultados que lle comunique o medidor/a.
• Observador/a: terá que estar atento a que cada membro do equipo realice o seu traballo correctamente. Ademais, debe sinalar na táboa que medición é maior: o reloxo humano ou a sombra.
A actividade finaliza cando cada equipo extrae as súas conclusións da investigación, polo que debe responder ás preguntas expostas no caderno do investigador. Para finalizar, poranse en común os resultados co resto da clase.
Ao final da actividade, os alumnos/as deberán comprender que a sombra é un indicador da localización do sol:
Ás 10h, o sol localízase de forma máis horizontal no horizonte, proxecta unha sombra máis alongada e, por tanto, prodúcese unha incidencia menos directa dos raios do sol sobre a pel.
Ás 13h, o sol localízase de forma máis vertical no horizonte, proxecta unha sombra menor e, por tanto, prodúcese unha incidencia máis directa sobre a pel. A esta hora débense extremar as medidas de protección fronte ao sol; ademais, cómpre lembrar que se debería evitar a exposición solar entre as 12h e as 16h (momento do día en que a intensidade solar é maior e a propia sombra é menor).
Ademais, poden relacionar estas conclusións coa temperatura ás horas de medición (ás 10h e ás 13h).
Solucións
A continuación, facilitámosvos as solucións á actividade 6 da ficha 1: A máis temperatura, menos sombra e o Sol estaba máis alto. A menos temperatura, máis sombra e o Sol estaba máis baixo.
Ficha 2 - Fotoprotección
Nesta actividade grupal, os alumnos/as comprenderán os riscos de expoñerse ao sol sen unha protección adecuada.
Para poder facer as anotacións e logo chegar ás conclusións necesarias, os alumnos/as contan coa ficha 2 «Fotoprotección» no caderno do investigador.
Cada equipo precisa:
• Unha cartolina de cor negra
• Un fotoprotector
• Unha crema hidratante sen fotoprotección
• Tres etiquetas adhesivas
Sobre a cartolina negra os alumnos/as deberán marcar tres zonas claramente diferenciadas mediante etiquetas.
Nas etiquetas dunha das tres zonas deberán escribir «SEN PROTECCIÓN», na segunda, «CREMA SEN FOTOPROTECCIÓN» e, na terceira, «FOTOPROTECTOR».
Na zona marcada con «CREMA SEN FOTOPROTECCIÓN», os alumnos/as estenderán unha lixeira capa de crema hidratante.
Na zona marcada con «FOTOPROTECTOR», estenderán unha lixeira capa de crema fotoprotectora.
Deixamos a cartolina durante 24 horas ao sol e observamos o resultado.
A actividade finaliza cando cada equipo extrae as conclusións da investigación, polo que deben responder as preguntas expostas no caderno do investigador. Para finalizar, poranse en común os resultados co resto da clase.
Ao final da actividade, os alumnos deberán comprender que a crema fotoprotectora é a única que protexe a pel da radiación solar.
Solucións
A continuación, facilitámosvos as solucións á actividade 5 da ficha 2:
A parte da cartolina onde aplicamos fotoprotector non se viu alterada polo efecto dos raios do sol, xa que o fotoprotector impediu que os raios ultravioleta a danasen.
A parte da cartolina onde aplicamos crema hidratante non se viu alterada polo efecto dos raios do sol, xa que a crema hidratante impediu que os raios ultravioleta a danasen.
A parte da cartolina onde non aplicamos ningún produto non se viu alterada xa que os raios do sol non teñen ningún efecto sobre a cartolina.
Actividade en liña - O xogo da fotoprotección
Os alumnos/as, coa axuda do mestre, dividiranse en dous equipos: Vila Sombra e Vila Sol.
Os equipos colócanse na saída. O mestre lerá cada unha das preguntas do cuestionario (móstranse a continuación). Cada equipo ten as súas propias preguntas.
O voceiro de cada equipo aproveitará a súa quenda para responder en voz alta despois de deliberar cos membros do seu equipo.
Se a resposta é correcta, avánzase unha casa; se é incorrecta, o equipo permanecerá na mesma casa. En cada quenda formúlase soamente unha pregunta por equipo.
O equipo gañador será o que chegue antes á casa meta.
Pregunta Casa de saída
Pregunta para o equipo que comeza a partida - Que obxecto levaban os habitantes de Vila Sombra cando Tomás, Ainhoa e Helena chegaron á vila?
Equipo 2 – Era un día chuvioso en Vila Sombra? Ou solleiro?
Casa 1
Vila Sol - Por que é necesario o sol para as plantas?
Vila Sombra -Por que é importante o sol para as persoas?
Casa 2
Vila Sol - De que tentaban protexerse os habitantes co paraugas?
Vila Sombra - Gustáballes a Tomás, Ainhoa e Helena facer deporte cos paraugas?
Casa 3
Vila Sol - Como se chaman os raios do sol que poden danar a pel?
Vila Sombra - Como podemos evitar que os raios do sol nos danen a pel?
Casa 4
Vila Sol - Quen ten a pel máis sensible, os louros coa pel clara ou os morenos coa pel escura?
Vila Sombra - Os morenos coa pel escura pódense queimar co sol?
Casa 5
Vila Sol - Cunha soa vez que botes fotoprotector é suficiente?
Vila Sombra - Cando debemos botar o fotoprotector?
Casa 6
Vila Sol - Os días nubrados debemos fotoprotexernos?
Vila Sombra - Que zonas do corpo son máis sensibles?
Casa 7
Vila Sol - Que horas de sol debemos evitar?
Vila Sombra - Ademais do fotoprotector, que debemos levar na mochila cando imos á praia ou á montaña?
Casa 8
Vila Sol - Que aspecto terá a túa pel de maior se non a protexes correctamente do sol?
Vila Sombra - A pel ten memoria?
Meta
Como se chama a crema que debemos botar cando saímos a xogar ao exterior?
- Crema sensible / - Crema hidratante / - Crema fotoprotectora
Solucións
Pregunta Casa de saída
Que obxecto levaban os habitantes de Vila Sombra cando Tomás, Ainhoa e Helena chegaron á vila? Un paraugas. Era un día chuvioso en Vila Sombra? Ou solleiro? Era un día solleiro.
Casa 1
Por que é necesario o sol para as plantas? Porque as axuda a medrar e a producir osíxeno. Por que é importante o sol para as persoas? Porque nos fai estar máis contentos e fortalece os ósos e os dentes.
Casa 2
De que tentaban protexerse os habitantes co paraugas? Das queimaduras do sol. Gustáballes a Tomás, Ainhoa e Helena facer deporte cos paraugas? Non, non lles facía ningunha graza.
Casa 3
Como se chaman os raios do sol que poden danar a pel? Raios ultravioleta. Como podemos evitar que os raios do sol nos danen a pel? Utilizando camiseta, gorro e fotoprotector.
Casa 4
Quen ten a pel máis sensible, os louros coa pel clara ou os morenos coa pel escura? Os louros coa pel clara.
Os morenos coa pel escura pódense queimar co sol? Si, os morenos coa pel escura tamén poden queimarse.
Casa 5
Cunha soa vez que botes fotoprotector é suficiente? Non, hai que volver botalo cada dúas horas.
Cando debemos botar o fotoprotector? Media hora antes de saír de casa.
Casa 6
Os días toldados debemos fotoprotexernos? Si, xa que os raios ultravioleta pasan a través das nubes.
Que zonas do corpo son máis sensibles? O nariz, os beizos e os pés.
Casa 7
Que horas de sol debemos evitar? Das 12 do mediodía ás 4 da tarde. Ademais do fotoprotector, que debemos levar na mochila cando imos á praia ou á montaña? Gorro, camiseta, lentes de sol e auga.
Casa 8
Que aspecto terá a túa pel de maior se non a protexes correctamente do sol? Envellecida, con engurras e manchas.
A pel ten memoria? Si, a pel ten memoria.
Meta
Como se chama a crema que debemos botar cando saímos a xogar ao exterior? Crema fotoprotectora.
Ficha 1 - Caza do tesouro
Unha caza do tesouro é un recurso en liña que presenta unha serie de preguntas e unha lista de páxinas web ou recursos onde os alumnos/as buscan as respostas.
Ao final, adóitase incluír a «gran pregunta», cuxa resposta esixe integrar e valorar o aprendido durante a procura.
As cazas do tesouro son estratexias útiles para adquirir información sobre un tema determinado e practicar habilidades e procedementos relacionados coas tecnoloxías da información e a comunicación en xeral, accedendo á información a través de Internet.
A caza do tesouro que vos propoñemos inclúe os seguintes contidos de aprendizaxe para os alumnos/as:
• O sol e a súa relación co planeta: beneficios e riscos.
• A pel e a súa función principal para a vida das persoas.
• Hábitos principais de fotoprotección: uso do fotoprotector adecuado, hidratación, uso de roupa e elementos de protección adecuados.
A través destes temas queremos:
• Presentar as principais características da pel.
• Introducir os elementos de risco na exposición ao sol.
• Concienciar sobre os hábitos básicos para unha fotoprotección responsable.
Os alumnos/as deberán conectarse a través dun ordenador á área privada de www. isdinsunlab.com para responder a todas as preguntas que expón a caza do tesouro.
Para cada unha das 14 preguntas expostas, deberán seleccionar a resposta correcta entre varias opcións para cada unha, que descubrirán accedendo ás ligazóns que se propoñen e que aparecen no botón de pista, á beira de cada pregunta.
Se premen sobre a resposta correcta, a pantalla mostraralles unha letra que terán que anotar na ficha «A palabra atopada» do caderno do investigador.
Se ordenan as 14 letras, descubrirán a resposta a unha pregunta proposta.
A continuación, facilitámosvos as solucións ás 14 preguntas da caza do tesouro e as solucións da ficha «A palabra atopada».
1. As solucións ás preguntas son:
1. Cal é a estrela máis grande do sistema solar?
O Sol.
2. Cal é o órgano máis extenso do ser humano?
A pel.
3. Para que empregan as plantas a enerxía do sol?
Fotosíntese.
4. Cantas capas ten a pel?
Tres.
5. Que tipos de raios ultravioleta hai?
UVA, UVB e UVC.
6. Por que hai diferentes cores de pel?
Pola melanina.
7. Que vitamina se produce grazas á exposición solar?
A vitamina D.
8. Que raios do sol penetran en mais profundidade na nosa pel?
Os raios UVA.
9. Que é a insolación?
Un problema de saúde producido por unha exposición prolongada e sen protección aos raios do sol.
10. Que zonas do corpo son máis sensibles ao sol?
O nariz, os beizos e os pés.
11. Que debo facer para protexer a miña pel dos raios do sol?
Utilizar fotoprotector, gorra, lentes de sol e camiseta.
12. Que lle pasa á miña pel se non a protexo dos raios UV do Sol?
Queimaduras solares.
13. Que é un fotoprotector?
Un produto que se aplica sobre a pel e axuda a protexerse dos raios UV e a previr os seus efectos nocivos.
14. Que é o factor de protección solar?
A multiplicación do tempo polo cal me podo expoñer ao sol sen queimarme se utilizo fotoprotector.
2. A palabra de 14 letras é: F O T O P R O T E C C I Ó N
3. O texto correcto que deben completar coas palabras que propoñemos é:
A pel é o órgano máis extenso do corpo e ten tres capas. O Sol, que é unha estrela do sistema solar, emite cara á Terra, entre outros, tres tipos de raios ultravioleta: os UVA, UVB e UVC. Só os raios UVA e UVB chegan á Terra.
Aínda que o sol achega beneficios, por exemplo que as plantas poden realizar a fotosíntese e as persoas xeramos vitamina D, os raios ultravioleta UVA e UVB poden producir danos na nosa pel.
Para protexernos do sol debemos usar camiseta, beber moita auga, levar lentes de sol e elixir ben o fotoprotector cun factor de protección solar adecuado ao noso tipo de pel. Se fas todo isto, fotoprotexeraste adecuadamente.
O experimento que se presenta a continuación vai servir para que os vosos alumnos/as poidan observar como a intensidade da radiación solar é maior en determinadas horas do día.
Para iso, empregaremos no experimento o reloxo de sol, que é un instrumento que se utilizou dende a antigüidade para medir o tempo. O seu funcionamento baséase no
movemento de rotación da Terra, polo que a hora mídese tendo en conta a proxección da sombra sobre unha superficie. Por este motivo, o reloxo de sol non só nos da información sobre a hora, senón que nos permite empregar a sombra como indicador de radiación solar.
Resultados da aprendizaxe
Ao final do experimento, os alumnos/as serán quen de:
a) Seguir de forma correcta as instrucións para a realización do experimento.
b) Empregar os resultados obtidos para argumentar as súas conclusións.
c) Coñecer as consecuencias da exposición ao sol.
Desenvolvemento da actividade
A actividade desenvólvese en cinco pasos.
De maneira individual ou por grupos, construirase un reloxo de sol. Para iso, os alumnos/ as deberán empregar a ficha «Construímos un reloxo de sol», incluída no caderno do investigador.
Os materiais necesarios para a súa construción son os seguintes:
• Recortables da ficha
• Tesoiras
• Cartón
• Cola
• Compás (opcional)
Paso 1: Coñecer as pezas que o forman
En primeiro lugar, presentaránselles aos alumnos as tres pezas que forman o reloxo de sol (que atoparán como recortables no caderno do investigador):
• Peza da cara primavera - verán
• Peza da cara outono - inverno
• Padrón do estilo, que é o obxecto que proxecta a sombra (catro ángulos posibles, que se elixen segundo a latitude)
Posto que o sol non incide da mesma maneira no verán que no inverno, o reloxo ten dúas caras. Incluíronse as dúas caras do reloxo, que finalmente formarán parte dunha mesma peza. Segundo a estación na que esteamos, a sombra proxectarase nun ou outro lado. Outro factor que se debe ter en conta é a latitude: en función da latitude do lugar no que nos atopemos, será preciso elixir un estilo ou outro, posto que a latitude do lugar determina a incidencia dos raios solares.
No caderno do alumno aparecen catro padróns de estilo diferentes. Cada un corresponde a unha latitude e, ademais, indícanse as cidades españolas ás que corresponde esta latitude. Se non aparece a vosa cidade, elixe o padrón de estilo da latitude dunha localidade próxima.
circunferencia e no padrón de estilo para que así encaixen as pezas.
É moi importante que as caras do reloxo vaian pegadas no mesmo cartón, unha a cada lado, e que coincidan os centros da circunferencia.
A continuación, deberase facer unha rañura: para iso, os alumnos/as deben recortar a liña vermella vertical que aparece na metade da circunferencia. Despois, tocaralles pegar o padrón de estilo sobre outro cartón, recortalo e facer tamén unha rañura para que encaixen ambas as pezas tal e como mostra o debuxo.
Paso 3: Encaixar as pezas
Encaixar as pezas tal e como se mostran no debuxo.
Cara superior: primavera-verán
Cara inferior: outono-inverno Lado de abaixo
Paso 2: Recortar e pegar
Unha vez elixido o estilo en función da latitude, os alumnos/as deben recortar as tres pezas polas liñas vermellas para pegalas nun anaco de cartón e, posteriormente, recortar o cartón coa forma do reloxo. Non deben esquecer cortar tamén polas rañuras marcadas na
Paso 4: Orientar o reloxo
Segundo se mostra no debuxo, os alumnos/as deben orientar o reloxo cara ao norte ou Estrela Polar, nunha zona onde incida o sol (xanela, patio...) tal e como se mostra na imaxe; pode empregarse un compás.
Indica aos teus alumnos/as a cara do reloxo que deben observar en función da época do ano na que van construír o reloxo de sol:
• A cara de arriba lerá a hora na primavera ou no verán.
• A cara de abaixo lerá a hora no outono ou no inverno.
Paso 5: Observación da sombra
O caderno do investigador está pensado para que sexan eles mesmos os protagonistas do proceso, xa que durante o experimento poden ser autónomos na observación e na realización das cuestións expostas.
O mestre será un guía, e prestará axuda sempre que sexa preciso, resolvendo posibles dúbidas e preguntas.
Ficha 3 - A hora solar
Unha vez construído o reloxo de sol e colocado no lugar elixido, os alumnos/as deben observar e contestar a ficha 3 «A hora solar» que atoparán no caderno do investigador. Na devandita ficha, os alumnos/as observarán o reloxo e anotarán as medicións oportunas. Desta maneira preténdese que os alumnos/as diferencien a hora solar da hora convencional (hora civil), e que relacionen o movemento da sombra no reloxo de sol coa rotación da Terra.
Advertencia:
Lembra aos teus alumnos/as que os reloxos de sol non marcan a hora do reloxo, senón a hora solar. Para iso hai que realizar unha pequena corrección: a hora que marca o reloxo está adiantada unha hora en horario de inverno (do último domingo de outubro ao último domingo de marzo) e dúas horas no horario de verán.
É dicir, haberá que sumar á hora solar unha ou dúas horas, dependendo de se a observación se realiza en horario de inverno ou de verán.
Tan importante é aprender a protexerse adecuadamente do sol, como ser conscientes da necesidade da xestión responsable dos envases baleiros de fotoprotector.
O proxecto engade criterios de sostibilidade e incorpora a responsabilidade da reciclaxe. Lembra aos teus alumnos que reciclaren correctamente axuda a reducir o impacto no medio ambiente e facer que os residuos se convertan en novos recursos.
A seguinte táboa brinda as ferramentas para poder avaliar os alumnos/as en función dos obxectivos do proxecto. Os indicadores proporcionados permitiranvos valorar o grao de consecución dos diferentes obxectivos.
Obxectivos Mellorar ou cambiar actitudes e hábitos de fotoprotección
Adquirir coñecementos básicos sobre a pel
Indicadores O alumno comprende e coñece os hábitos e condutas para unha fotoprotección responsable.
O alumno coñece a estrutura da pel e os efectos da radiación solar sobre ela.
Reflexionar sobre os beneficios do sol para a vida na terra
O alumno sabe identificar os principais beneficios e perigos do sol e entende a importancia da existencia do sol.
Concienciar dos riscos do sol para a nosa pel e das consecuencias dunha incorrecta exposición aos raios do sol
O alumno comprende e identifica os perigos dunha exposición ao sol sen unha protección adecuada.
Establecer relacións entre coñecementos xeolóxicos, xeográficos e atmosféricos e os hábitos de fotoprotección
O alumno entende a incidencia da radiación solar en función das horas, as superficies e a situación xeográfica e asimilou a importancia do hábito da fotoprotección.