ISDIN MEDIO Cuaderno Investigador 2o EP GALL

Page 1

NIVEL MEDIO

Caderno do investigador

2.º de Educación Primaria

A túa sombra é sempre igual?

A sombra dános información moi útil para fotoprotexernos dos raios nocivos do Sol. Imos pescudar como…

Organizámosnos para investigar.

Debédesvos organizar en 4 ou 5 grupos de traballo. Cada equipo de traballo estará composto por:

• Un reloxo humano

• Un medidor/a

• Un anotador/a

• Un observador/a

Si sodes máis de 4 poderedes facer parellas. Cada equipo necesita:

• As táboas de anotación, que atoparás nas seguintes páxinas deste caderno

• Un lápiz e unha goma de borrar

• Un metro

Fixamos as horas de investigación.

Ao longo do día ides saír ao patio 2 veces. Tomando como referencia a hora civil, as horas de saída serán: as 10.00 horas e as 13.00 horas. Como esta actividade realízase ao aire libre, recorda que 30 minutos antes de saír, debes aplicar correctamente o teu fotoprotector.

2 NIVEL MEDIO / 2.º EP Caderno do investigador
FICHA 1
1
2
3

A túa sombra é sempre igual?

4 Investigamos.

Cada vez que o equipo de traballo salga ao patio, cada membro do equipo debe facer o seguinte:

• Reloxo humano: colocarse nunha zona onde lle do sol.

• Medidor/a: facer dúas medicións. A primeira da altura do reloxo humano (só será necesario medila na primeira saída) e a segunda da lonxitude da sombra que proxecta no chan.

• Anotador/a: anotar na seguinte táboa os resultados que lle comunique o medidor/a.

• Observador/a: terá que estar atento de que cada membro do equipo realice o seu traballo correctamente. Ademais, debe sinalar na seguinte táboa que mide máis: a sombra ou o reloxo humano.

3 NIVEL MEDIO / 2.º EP Caderno do investigador
FICHA 1
Hora Altura do reloxo humano Lonxitude da sombra 10.00 13.00 Hora Que mide máis? 10.00 O reloxo humano A sombra 13.00 O reloxo humano A sombra

A túa sombra é sempre igual?

5 6

Anotamos as conclusións da nosa investigación.

A que hora era máis longa a sombra que o reloxo humano?

A que hora era máis curta a sombra que o reloxo humano?

A que hora facía máis calor?

Onde estaba o sol na hora que facía máis calor?

Conclusións. Escribe a relación entre a sombra e a temperatura.

A máis A menos

menos máis

e o sol estaba e o sol estaba

. .

4 NIVEL MEDIO / 2.º EP Caderno do investigador
FICHA 1

Fotoprotección

Un fotoprotector é un produto que, aplicado correctamente sobre a pel, prevén os efectos nocivos do sol.

Con este experimento imos comprobar como os filtros solares dun fotoprotector protexen a pel e evitan queimaduras e outras lesións.

Organizámonos para investigar.

Debédesvos organizar en catro ou cinco grupos de traballo. Cada equipo precisa os seguintes obxectos para realizar o experimento:

• Unha cartolina de cor negra

• Un fotoprotector

• Unha crema hidratante sen fotoprotección

• Tres etiquetas adhesivas

Realizamos o experimento.

Sobre a cartolina negra marcamos tres zonas claramente diferenciadas, e en cada unha delas pegaremos unha etiqueta para identificalas.

Nas etiquetas dunha das tres zonas escribiremos «SEN PROTECCIÓN», na segunda, «CREMA SEN FOTOPROTECCIÓN» e, na terceira, «FOTOPROTECTOR».

Na zona marcada con «CREMA SEN FOTOPROTECCIÓN» estenderemos unha lixeira capa de crema hidratante.

Na zona marcada con «FOTOPROTECTOR» estenderemos unha lixeira capa de crema fotoprotectora.

Deixamos a cartolina durante 24 horas ao sol e observamos o resultado.

5 NIVEL MEDIO / 2.º EP Caderno do investigador
2
FICHA
1
2
3

FICHA

Fotoprotección

4 5

Anotamos as conclusións da nosa investigación.

Detectades algún cambio na zona da cartolina marcada como «SEN PROTECCIÓN»?

E na zona marcada como «CREMA SEN FOTOPROTECCIÓN», detectades algún cambio?

Por último, detectades algún cambio na zona marcada como «FOTOPROTECTOR»?

Que conclusións podedes extraer?

Que aprendemos?

A parte da cartolina onde aplicamos fotoprotector non se viu alterada polo efecto dos raios do sol, xa que o fotoprotector impediu que os raios ultravioleta a danasen.

A parte da cartolina onde aplicamos crema hidratante non se viu alterada polo efecto dos raios do sol, xa que a crema hidratante impediu que os raios ultravioleta a danasen.

A parte da cartolina onde non aplicamos ningún produto non se viu alterada xa que os raios do sol non teñen ningún efecto sobre a cartolina.

6 NIVEL MEDIO / 2.º EP Caderno do investigador
2

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.