Trégola 2011

Page 34

T

régola 34

Cans

C

ans é unha pequena aldea que non pasa dos 400 habitantes. Oculta nun pequeno val entre o Monte Castelo e A Risca, a parroquia aglutínase arredor da antiga estrada N-120, e da autovía VigoOurense. Como tódalas pequenas vilas de Galiza leva unha vida rural e tranquila, de non ser porque todo os Maios unha procesión de chimpíbus chega á vila. Para mergullarse no mundo de Cans é imprescindíbel ter coñecemento dunha serie de conceptos: Cada ano, dende 2004, na pequena vila de Cans é celebrado un festival de curtametraxes galegas, aínda que tamén conta cunha sección de videoclips e proxección de longametraxes e documentais; ademais de actividades paralelas coma concertos, festas temáticas e coloquios. A Asociación Cultural Varela é a entidade responsable da organización do festival, nada un ano antes, asentou as bases do que pronto se convertería nun festival non só a nivel galego senón recoñecido en todo o país. Non esperen atopar longos vestidos de festa nin paxarelas, a celebración baséase no agroglamour. Dúas palabras que semellaban irreconciliables son combinadas na pequena vila de Cans, onde a proximidade dos actores, directores e demais membros do mundo cinematográfico fan deste un festival que lonxe queda das estiradas pasarelas do seu homófono Cannes; e é que aquí poderán ver as súas estrelas montadas en chimpínbus (o medio de transporte híbrido entre o autobús e o chimpín) e gozar dunhas cañas coa vangarda galega. Toda a aldea vese involucrada, deixando os seus baixos, alpendres, e balcóns para a proxección de ditas obras, así a Mari, o Pato ou o Bugarín prestan os seus

Poderán ver as súas estrelas montadas en chimpinbus e tomar unha cañas coa vangarda galega.

fogares durante catro días para un ben común: a diversión. Cada fogar privado convértese nunha sala de cine improvisada dun xénero cinematográfico en concreto, así a casa de o Bugarín alberga o cine de animación, e o Jalpón de Alicia é o fogar do cine Friki. Aqueles que sempre soñaron con falar co seu ídolo adolescente, e o non tan adolescente poden achegarse ao Coloquio na Leira, encontro cun cineasta de recoñecido prestixio nun auditorio moi especial: a leira de Alicia. Unha paisaxe digna dunha conversa distendida entre creadores e cinéfilos. Ademais achegaranse invitados foráneos do mundo do espectáculo; inaugurará a presentación do festival o cómico El Gran Wyoming, ao que previamente lle tiveron que explicar onde se metía, e o que era un chimpín. Os coloquios contarán con tres invitados moi especiais, dos cales xa se revelaron os nomes de Fernando León (“Los lunes al sol”) e Jorge Coira ( Premio Mestre Mateo por “18 comidas”). Manterémonos atentos á publicación do terceiro convidado. Do 18 de Maio até o 21 do mesmo mes, para máis información buscade en internet “Festival de Cans”, onde poderedes ver un pouco máis de historia, informarvos das novas e pescudar por que a vila recibe ese nome se non ten nada que ver co animal.

Andrea Vilas 1º Bach. B

L e t ras G ale gas 2011


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.