Issuu on Google+

INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2013. Nº 23 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€


EDITORIAL Este curso, que xa se nos vai das mans, destacou para nós e para

INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2013. Nº 23 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€

a maioría do alumnado do Santa Irene pola xubilación do noso profesor de Lingua e Literatura, Sindo. Foi el quen coordinou Trégola nos seus 22 números anteriores. Por iso, o equipo de redacción quere dedicarlle este número. Sindo, a ti por entregarnos as túas tardes dos venres, por contribuír todos estes anos a que os alumnos puidesemos expresarsarnos a través desta pequena revista, por dedicarnos unha pequena parte da túa vida... Grazas polas túas clases e explicacións, por ter tanta paciencia connosco... Grazas por formar parte do profesorado do Santa Irene durante 23 anos e, sobre todo, grazas por deixar unha gran pegada en nós. O SANTA IRENE NON É NADA SEN TI Trégola

CONTIDOS Reforma educativa ......................................................... Aeroportos españois....................................................... 14 N .............................................................................. Os desfiuzamentos e os escraches ................................. Aumento da violencia .................................................... Acoso escolar ten que parar........................................... A eterna dúbida ............................................................. Os lentes violetas ........................................................... Volvemos ao rosa e ao azul............................................ A homofobia .................................................................. Símbolos fascistas hoxe?................................................. Estudas, traballas ah, que vives baixo unha ponte .......... Despedida da promoción 2007 – 2013.......................... Primeiro premio de narrativa categoría B ....................... Primeiro premio de narrativa categoría A ....................... Primeiro premio de poesía categoría B........................... Primeiro premio de poesía categoría A........................... Primeiro premio de ilustración categoría B ..................... Por que te vas?............................................................... Cambios… ..................................................................... Xosé Luis Méndez Ferrín................................................. Bestas contra animais ..................................................... O entroido ..................................................................... Estudante no estranxeiro ................................................ Libros do ano ................................................................. Películas do ano ............................................................. Grupos musicais en Vigo ................................................ Real Club Celta de Vigo.................................................. Pasatempos ....................................................................

2 4 5 6 8 9 10 12 14 16 17 18 20 22 24 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene

TRÉGOLA SOMOS Aldara Calo Ana Paula Borges Ana Fernández Ángela Romero Antía Davila Antía González Guillermo Davila Iago Alvés Irene Maldonado Jose M. Gómez María Olivares Miguel González Raquel García Raúl Alonso Rocío Castillo Víctor Fernández Zoe Domínguez

1º Bach. D 1º Bach. A 4º E.S.O. C 2º Bach. E 1º Bach. E 4º E.S.O. A 2º Bach. C 2º Bach. E 4º E.S.O. A 4º E.S.O. C 2º Bach. E 1º Bach. C 1º Bach. C 1º Bach. D 4º E.S.O. A 3º E.S.O. C 4º E.S.O. C

PORTADA: Irene Maldonado 4º E.S.O. A FOTÓGRAFOS: Ángela Romero Bernardino Gándara COLABORADORES: Marta Mendía COORDINADOR E ASESOR LINGÜÍSTICO: Manuel Rosende


T

régola 2

Reforma Educativa

E

spaña sitúase na cabeceria da Unión Europea respecto ao fracaso e abandono escolar. En 2012 rexistráronse datos cercanos ao 25% en mozos españois entre 18 e 25 anos que non cursaran ningún tipo de ciclo medio ou formación. Coa chegada do Partido Popular ao goberno, comezou a elaboración dunha reforma educativa no ensino primario e secundario, para tratar coa desfavorable situación do fracaso escolar, e reducila ao 15% no 2018. Con esta reforma tamén buscan formar cidadáns máis capaces de competir no libre mercado, e afrontar as dificultades do futuro, mellorando os seus postos de traballo para lograr así un mellor crecemente económico. Entre os cambios planeados na reforma educativa, pretenden reducir un ano da ESO e aumentar un ano o Bacharelato, mantendo a

L e t ras G ale gas 2013

Outro dos cambios é a substitución da materia Educación da Cidadanía e os Dereitos Humanos, por Educación Cívica e Constitucional, ademais de aumentar as horas de relixión

educación obligatoria ata os 16 anos. Ademais, no terceiro ano da ESO, os alumnos terán que elixir

entre unha modalidade orientada cara o bacharelato, ou outra orientada cara a Formación Profesional de Grao Medio. Outro dos cambios e a substitución da materia Educación da Cidadanía e os Dereitos Humanos, por Educación Cívica e Constitucional, ademais de aumentar as horas de relixión. Pese a todo, unha das reformas que máis protestas suscitou, foron os cambios no modelo lingüístico: planeouse a eliminación da inmersión lingüística, a consideración da lingua cooficial como materia específica, e non troncal, e o máis polémico, que foi a obriga ás administracións a facerse cargo da escolarización en castelán en colexios privados nos casos nos que os pais os reclamen e non se ofreza nesa determinada zona. Por último, unha das reformas máis salientables é o sistema de reválidas: A selectividade eliminaríase e


T

régola 3

As universidades poderán pór probas extras ou entrevistas para elexir ao alumno, á marxe da reválida

O Ministerio de Educación incluiríanse outros tres exames obrigatorios deseñados polo Ministerio de Educación, un en 6º de Primaria (sen consecuencias académicas), outro en 4º da ESO (para obter o título) e o último no último curso de Bacharelato. As universidades poderán pór probas extras ou entrevistas para elexir ao alumno, á marxe da reválida. Sen embargo, esta reforma non só afectará aos alumnos como moitos pensarán. Os profesores tamén serán víctimas destes cambios, xa que terán que adaptarse ao novo temario, as aulas admitirán un 10% máis de alumnos, o que será un problema para a atención destes, e o control da aula por parte de profesor, e xa non se necesitará unha oposición para que as comunidades contraten aos docentes, o que pode derivar ao chamado enchufismo. Como é de supoñer, ditas reformar suporán un alto custe. O Ministerio de Educación estima que o total do custe ascenda aos 408 millóns de euros, e as reválidas terán un prezo de 3,8 millóns aproximadamente.

estima que o total do custe

sería máis apropiado que a educación non tivese tantos cambios segundo a corrente ideolóxica, pois a xente non pode cambiar os seus programas cada catro anos.

ascenda aos 408 millóns de euros

Con todo, o Ministerio de Educación ten prevista a aplicación da reforma para o curso 2014-2015, ou 2015-2016 a máis tardar, co que non dará tempo a preparar os libros de texto das materias correspondentes. Quizáis

María Olivares 2º Bach. E

Ángela Romero 2º Bach. E Iago Albés 2º Bach. E

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 4

Aeroportos Españois

E

spaña: 505.988 km2 e 45.987.675 habitantes, contén un total de 52 aeroportos. A utilidade, ou mais ben a falta dela, creou moita polémica e gran diversidade de opinions, pero realmente sabemos do que falamos? A maior problemática deste asunto é a pretensión de construir un xigantesco aeroporto internacional en cada provincia, polo cal moitos ata o día de hoxe apenas viron un avión nas súas pistas de aterrizaxe . Custa crer que a pesar de existir estes aeroportos, algún deles “fantasma”, como o caso do aeródromo de Castellón cun de custe: 3600 euros diarios para o estado, o goberno español poida seguir tendo na mente a idea de construir máis . Outros datos impactantes e polémicos son que de todos os aeroportos xestionados pola administración pública española soamente oito son oficialmente rentables e que máis deunha vintena dispoñen de outro

apenas a unha hora por estrada como é o caso do aeródromo de Vigo e de Santiago de Compostela. Para comparar collemos o caso de Alemaña, un país que casi duprica a España en poboación e que conta con tan só 39 aeroportos . Como é posible isto? A clave radica na ORGANIZACIÓN. O principal problema é a falta de cultura aeronáutica que temos, ese mal endémico que fai que moi poucos se decidisen a potenciar a aviación. Isto provoca que a gran maioría de pistas españolas estean infrautilizadas, xa que a infraestrutura construída non se axusta á demanda. O resto de países non constrúen un Barajas (nin un Orly nin un Heathrow) cada trinta kilómetros. Limítanse a uns poucos enormes, uns poucos internacionais onde realmente sexan necesarios e bastantes pequenos que interconecten todas as súas rexións cos grandes ‘’hubs’’. En EE.UU. incluso podemos ver aero-

De todos os aeroportos xestionados pola administración pública española soamente oito son oficialmente rentables

portos municipais. Modestas instalacións que só poden dar cabida a avións pequenos (algún turbohélice como moito), pero con suficientes compañías rexionais para conectalos con aeroportos de maior entidade. En tempos de crise polo tanto, deberíamos potenciar o coñecemento e a investigación no campo aeronaútico, xa que gañando cultura aforrariamos tempo, espazo e sobre todo, ese capital do que tan faltos andamos en España.

Antía Davila 1º Bach. E Aldara Calo 1º Bach. D

L e t ras G ale gas 2013


T

régola 5

14 N

R

ecortes, austeridade, desemprego, reformas laborais, da educación e da sanidade son algúns dos motivos polos cales se decidiu convocar a novena folga xeral en España dende a Transición. O 14 de novembo do 2012 a xente saíu a rúa para defender un estado de benestar que agora se ve ameazado. Na nosa comunidade, segundo a CIG, máis de 500.000 persoas mobilizáronse con CC.OO., UXT e CIG en diferentes manifestacións polas principais vilas e cidades de Galiza. Para as organizacións sindicais, trátase dun éxito xa que o seguimento da folga xeral cifrouse nun 85%. Vigo acolleu o acto central da comunidade, no que participaron os secretarios xerais da CIG, UXT-Galicia, e do estatal de CC.OO. Só na cidade olívica foron máis de 180.000 as persoas que saíron as rúas.

O 14 de novembo do 2012 a xente saíu a rúa

Por sectores, segundo os sindicatos, a participación en España foi do 96% en agricultura, gandeiría e construcción; entre o 90% eo 95% nos transportes e na recollida de lixo; do 68% no comercio; e do 55% nos medios de comunicación. Na Administración, oscilaría entre o 52% nos traballadores públicos do Estado, o 56% na Sanidade e servizos sociais, o 62% nas autonomías, e o 75% na Educación. Segundo o Ministerio de Interior o transcurso da xornada de folga acabou con 155 detencións e 77 feridos, dos que 43 foron axentes de policía. Tamén neste día se convocaron paróns xerais noutros países como Grecia, Italia, Portugal, Chipre e Malta, facendo ver que o noso non é un problema aillado e que, entre todos, poderemos atopar solucións.

para defender un estado de benestar que agora se ve ameazado.

María Olivares 2º Bach. E

Ángela Romero 2º Bach. E Iago Albés 2º Bach. E Guillermo Davila 2º Bach. C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 6

Os desafiuzamentos e os escraches

D

ende que estoupou a crise, foron máis de 400.000 as execucións hipotecarias, das que case 253.000 resultaron en desafiuzamento, e delas, máis de 25.000 relativas á primeira vivenda. En Vigo, no que vai de ano, presentáronse 123 demandas de execución, dous casos máis que o ano pasado, no que se bateran récords. Desafortunadamente, o problema non termina ao producirse dito desfiuzamento. No mellor dos casos, o banco acepta a vivenda e a débeda queda saldada, pero na meirande parte dos casos, trala subasta da vivenda que é comprada por un valor moi inferior ao debido, a débeda non é totalmente pagada coa vivenda os hipotecados teñen que seguir pagando a débeda de por vida. A Xustiza europea defende que a normativa de desafiuzamen-

L e t ras G ale gas 2013

A crise

estáse a converter

nun dos máis

destacados responsables

das mortes por suicidio

tos española é ilegal, e debe ser modificada. Debido a esta situación, a crise estáse a converter nun dos máis destacados responsables das mortes por suicidio nos anos 2012 e 2013. O que se trataba no pasado de maneira discreta e totalmente individual, e do que soamente se coñecían casos de xente famosa, pasou a ser unha realidade colectiva, que aparece constantemente na prensa, nas noticias da radio e da televisión. O aumento dos suicidios levou ao PP e ao PSOE a elaborar un pacto que modificará a normativa hipotecaria española, para dar cumprimento á sentencia europea. Como resposta da situación española, creouse a chamada Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), que é unha asociación que loita polo dereito á vivenda digna,


T

xurdida no 2009 debido á crise inmobiliaria desencadeada pola burbulla inmobiliaria. Entre outras medidas, a PAH leva a cabo unha obra social co motivo de dar cobertura ás familias para establecerse

Os escraches consisten basicamente na marcha pacífica cara á vivenda dun deputado

régola 7

nas vivendas das que foron desaloxados. Ada Colau, portavoz e cofundadora da PAH, defendeu o uso dos “escraches” para facer saber aos diputados das demandas dos cidadáns. Os escraches en España, comezaron pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca, e destinados aos deputados que non apoiaron a ILP. Os escraches consisten basicamente na marcha pacífica cara á vivenda dun deputado, e a maior parte dos xuíces certificáronos como actividades non delictivas, xa que son parte da liberdade de expresión e manifestación, sempre a cando se manteña a súa forma pacífica. Sen embargo, xente como a delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, tacha os escraches de “incompatibles coa democracia” ou relaciónaa con grupos proetarras; a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, foi máis aló, calificándoos como “nazismo puro”.

O Partido Popular, en consecuencia decidiu respaldar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que tiña o obxectivo de paralizar os desafiuzamentos, impulsar a creación dun parque universal de viviendas sociais e promover a dazión en pago da vivienda a cambio de saldar a débeda coa entidade financeira.

María Olivares 2º Bach. E Ángela Romero 2º Bach. E Iago Albés 2º Bach. E Guillermo Davila 2º Bach. C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 8

Aumento da violencia

U

n xubilado grego de 77 anos que se encontraba acosado polas débedas quitou a vida diante do Parlamento grego e deixou una nota: “Son xubilado. Non podo vivir nestas condicións. Négome a buscar comida no lixo. Por iso decidín por fin a miña vida”. Isto representa un dos múltiplos resultados desta crise mundial, nos que atopamos un ascenso dos suicidios, aumento dos problemas psicosociais, diminución do nivel de vida, aumento da corrupción, da violencia e da delicuencia. Todos estos problemas débense aos importantes recortes aos que están a someter á poboación, recortando en cousas tan importantes como son a educación e a sanidade. Ademais hai que sumarlle que esta situación está a traer grandes consecuencias como son o auxe da violencia e dos partidos neonazis e fascistas, mostra disto podémolo atopar na manifestación fascista do 1 de maio de 2013 onde se podían escoitar lemas propios do franquismo

como “España, unha grande e libre!”, concentración á cal cada vez se lle está a sumar máis xente e cada vez con xente máis nova. Outra mostra disto é a representación con ata 18 deputados no parlamento, nas últimas eleccións gregas, o partido neonazi Amencer Dourado que está a acoller cada vez máis integrantes. Isto débese, en parte, a que ao aumentar a pobreza, Amencer Dourado ofreceuse a repartir comida e axuda a cambio de formar parte do partido. Destes “privilexios” só poden gozar os nados en Grecia xa que os inmigrantes están a sufrir unha forte represión, sendo golpeados moi fortemente, e nalgúns casos chegando a morrer. Este tipo de violencia non só ocorre en Grecia, senón en practicamente todo o mundo provocado pola crise mundial, onde por culpa duns poucos, milleiros de persoas están a sufrir as consecuencias, véndose sen casa, sen traballo, sen diñeiro, sen nada, quedando desamparados de calquera protección o que aumenta

Todos estes problemas débense aos importantes recortes aos que están a someter á poboación

o descontento social e a busca dunha solución radical e como a maioría das veces ocorre, bótaselle a culpa á xente máis débil e sempre miramos cara a abaixo coa cabeza comida polos que nos queren controlar, sen darnos conta que deberiamos unirnos e loitar por un futuro mellor sen ter que pagar os pratos rotos dos demais e sen recorrer á violencia oprimindo os dereitos dos demais.

María Olivares 2º Bach. E Ángela Romero 2º Bach. E Iago Albés 2º Bach. E Guillermo Davila 2º Bach. C

L e t ras G ale gas 2013


T

régola 9

Acoso escolar ten que parar

M

ellorar a convivencia no ámbito escolar é un desafío que cada día ocupa unha maior importancia a nivel social, xa que, ás veces esta convivencia vese alterada por conflitos ou situación problemáticas, con repercusións severas nos caracteres das persoas implicadas. O concepto de acoso escolar podería definirse como a intimidación que sofre un alumno ou alumna de xeito repetido e durante un tempo determinado por outro alumno ou alumna, ou por un grupo deles. Entre as características máis comúns do acoso escolar, pódense destacar as seguintes: existe unha conduta agresiva intencionada por parte do agresor (este fai dano adrede e non lle importa causar dor, nin ten en conta o sufrimento da vítima); esa conduta é diaria e constante; ademais, existe un desequilibrio de forzas entre a vítima e a persoa que agrede e, normalmente, hai ausencia de provocación por parte da persoa agredida. Estas condutas adoitan permanecer ocultas para as persoas maiores, porque as vítimas teñen medo das posibles consecuencias que poidan xurdir a raíz das súas confesións. O acoso pode presentarse baixo múltiples e variadas formas, pero as máis frecuentes son: o acoso físico, como por exemplo, mediante empurróns, agresións ou roubo de obxectos; o acoso de tipo verbal, a través de burlas, insultos, adxudicación de alcumes, pintadas no encerado, mensaxes ao móbil; ou, por último, o tipo de acoso que ten como obxectivo baixar a autoestima do individuo e fomentar a sensación de inseguridade, por exemplo mediante o impedimento da participación nas actividades, o illamento no patio, etc.

Todas as agresións teñen unha serie de consecuencias pésimas para as persoas implicadas”

Os escenarios máis comúns onde teñen lugar os fenómenos das agresións no medio escolar son o patio de recreo, a propia aula, os cambios de clase, os aseos, os exteriores do centro escolar e o camiño de ida e volta á casa. Todas as agresións teñen unha serie de consecuencias pésimas para as persoas implicadas. Orixínase na vítima prexuízos de tipo emocional, psicolóxico e social, que afectarán significativamente ao desenvolvemento persoal de cada un dos implicados. A vítima experimentará consecuencias negativas para a

súa personalidade, no desenvolvemento da actividade escolar e na súa integración fronte ao resto dos compañeiros. Para o agresor tamén haberá consecuencias negativas en canto a conformación da súa personalidade polo feito de acadar os obxectivos que se propón de forma violenta, os cales lle conduciran no futuro a novas e posíbeis agresións. Un bo exemplo de acoso escolar e cibernético, é o caso de Amanda Todd. Unha moza canadiense que, aos quince anos de idade, colgou un vídeo na internet explicando os motivos do seu malestar e, un mes despois, suicidouse. Os motivos eran a chantaxe, a intimidación e a agresión fisica. De acordo con todo o que dixemos até entón, queda constancia de que o acoso escolar é algo que se pode prever mediante unha certa vixilancia, non só nas aulas, senón tamén nas casas por parte dos pais da vítima e do agresor. Tanto no que acosa como no que é acosado, escóndese un problema que, sexa cal sexa, hai que atender. Non debemos virar as costas ante este tipo de problemas xa que as consecuencias poden ser francamente negativas para todas as partes afectadas. Temos que loitar para acabar con estas situacións e para que un día poidamos dicir que o acoso escolar pertence xa a un tempo pasado.

Ana Fernández 4º ESO. C Zoe Domínguez 4º ESO. C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 10

A eterna dúbida

D

ende a prehistoria a humanidade foise debatindo entre diferentes maneiras de gobernarse e, milenios despois, ben... seguimos intentándoo. Algúns dos sistemas políticos ideados ao longo da historia loitan pola igualdade dos seres humanos, outros prefiren mirar en pro do beneficio económico. Os dous grandes exemplos da era moderna son o socialismo e o capitalismo. Neste artículo trataremos de aclarar algúns conceptos destos sistemas e de desmentir certos tópicos.

SocialiSmo Este sistema caracterízase pola xestión económica do Estado e o seu obxectivo é acadar la igualdade dos seres humanos. Cando unha persona realiza un traballo xera un beneficio superior ao salario que recibe. A parte do soldo que non cobra denomínase plusvalía. No socialismo o Estado quédase con esta plusvalía e invístea nos servizos públicos, de forma que o traballador ou traballadora acaba beneficiándose da rique-

L e t ras G ale gas 2013

za que xerou. Grandes teóricos do socialismo como Marx e Engels establecen que o esta forma de xestión ou as ditaduras do proletariado son o paso previo para o comunismo, que segundo eles é a sociedade futura. Pros: – Permite a sostibilidade ecolóxica xa que non se basea no crecemento económico a costa dos recursos naturais. – Xeralmente non existe o paro debido a que o Estado planifica a economía en función da demanda de emprego que haxa; ademais o emprego é vitalício. – Permite a igualdade entre mulleres e homes. – Sanidade e educación son públicas e gratuitas sen distinción de sexo, etnia, relixión, etc. Contras: – A falta de competitividade pode dar lugar a unha menor investigación tecnolóxica. – Para poder eliminar a pobreza, a riqueza débese repartir equitativamente e iso perxudica ás clases altas.

Os tópicos máis popularizados sobre o socialismo son: – "No socialismo non hai liberdade de expresión". Este é un dos máis comúns e completamente falso xa que o socialismo de por si busca a liberdade e igualdade de todo ser humano, outra cousa é que o fagan os gobernantes dun hipotético Estado socialista. – "No socialismo solo hai pobreza e manipulación”. Os modelos estudiados ata agora demóstrannos o contrario; a URSS, o máximo exemplo de Estado socialista, foi o primeiro Estado da historia en erradicar a pobreza e o analfabetismo, nun tempo récord. – "Os Estados socialistas son violentos e ameazan de guerra aos demais Estados". En realidade, esa é a imaxe vendida polos medios de comunicación, xa que a maior parte das veces é a burguesía dos países capitalistas a que os presiona para que manipulen a información en favor dos seus intereses.


T O socialismo caracterízase pola xestión económica do Estado e o seu obxectivo é acadar la igualdade dos seres humanos.

capitaliSmo No capitalismo os medios de producción están en mans de empresas privadas e practícase o libre mercado, é dicir, a produción dos bens efectúase segundo a lei da oferta e a demanda; sen ter en conta as súas consecuencias ecolóxicas ou sociais. A economía capitalista debe crecer constantemente, que conleva crisis periódicas e incluso guerras. Adam Smit, David Ricardo e Thomas Malthus son os pais do capitalismo; idearon a estrutura económica deste sistema e previron os problemas que traería. Pros: – Nunha sociedade capitalista, a persoa ten a posibilidade de crecer economicamente, podendo posuír unha empresa ou fábrica, grandes cantidades de terras cultivables, ou calquera outro medio de produción masiva. – A competitividade entre as diferentes empresas provoca unha maior investigación e, á súa vez, unha evolución tecnolóxica. Contras: – A oferta tende a aumentar máis rápidamente que a demanda, o que provoca unha sobreprodución que leva a unha crise. Esta crise xera paro, o que á su vez produce maior diminución da

régola 11

demanda, que nos volve a levar á sobreprodución, é dicir, as crises son cíclicas. – A sostenibilidade ecolóxica non é posible dentro do capitalismo debido a que o crecemento contínuo da economía e a produción non é compatible cos recursos naturais limitados do planeta, que cada vez se ve máis perxudicado polo quecemento global. – A plusvalía (antes mencionada) xerada polos obreiros e obreiras é o beneficio que percibe o capitalista (empresario), emprega unha parte do diñeiro para mellorar a empresa e apodérase do resto, é decir, hai unha parte da riqueza que o obreiro xera pero que non recibe. – A riqueza repártese de forma moi desigualitaria, o que conleva a unha sociedade de clases é á pobreza, explotación e marxinación das clases máis baixas. Os tópicos máis comúns sobre o capitalismo son: – “O capitalismo dá as mesmas posibilidades a todo o mundo”. Esto é mentira, xa que se unha persoa pertence a un grupo ou clase social sen diñeiro non terá igualdade de oportunidades respecto a unha persona con facilidade económica. – “No capitalismo todas as persoas somos libres”. As persoas son libres no capitalismo segundo a

No capitalismo os medios de producción están en mans de empresas privadas e practícase o libre mercado

cantidade de capital que teñan. Como dixo o recentemente desaparecido Jose Luis Sampedro: “Vaia vostede ao mercado sen cartos, a ver canta liberdade ten” Ben, unha vez expostos estes dous sistemas tócache decidir. E ti de que lado estás?

Antía Davila Pérez 1º Bach. E.

Miguel González Vaz 1º Bach. C.

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 12

Os lentes violeta

E

n medio desta crise sistémica, os dereitos das mulleres cada vez son máis vulnerados, poñendo en perigo los logros obtidos en materia de igualdade. E entonces un día, de maneira premeditada ou non, empezas a utilizar “os lentes violetas” e comezas a ver o mundo dende outra perspectiva, con outros ollos, cunha mirada máis crítica e que, sen ningunha dúbida, está moito máis cerca da realidade. É dicir, dende unha “perspectiva feminista.” Cando pos por primeira vez os lentes violeta a túa realidade cambia de maneira instantánea. Continuamente analizas ao teu redor: unha película, un anuncio, unha serie, un chiste, a forma de actuar das persoas que te rodean… cuestiónalo todo dende unha perspectiva feminista,

L e t ras G ale gas 2013

igualitaria. De repente vas vendo o machismo atroz que hai na sociedade. Sinceramente, asusta: dende os comportamentos máis cotiás e “normais” da vida diaria ata as actuais leis españolas, están cargadas de machismo e discriminación cara ás mulleres. A nosa sociedade e a nosa cultura son patriarcais, teñen uns cementos creados e modificados a medida por e para os intereses dos homes, que obviamente non queren desprenderse de todos os seus privilexios, polo que o único que fan é parchear o sistema, remendalo con leis puntuais que quedan en papel mollado, pondo concellarías nos municipios máis por aparentar que se loita que por convicción persoal, a eterna estratexia de cambiar algo para que nada cambie.

Dende que comezas a utilizar os lentes violeta vives nunha sorpresa constante

Por iso, dende que comezas a utilizar os lentes violeta vives nunha sorpresa constante, unha contradición entre o que realmente sintes e pensas, en como esta nova visión afecta á túa forma de actuar respecto do que te rodea. Daste conta de que a nosa é unha linguaxe machista, no que as mulleres non somos nomeadas, e o que non se nomea, non existe. A túa película, serie ou novela favorita de súpeto está cargada de estereotipos sexistas, os medios de comunicación mostran os roles comúns tradicionais: A muller débil fronte ao home forte e valente que acude ao seu rescate; a nai abnegada que deixa de lado a súa vida laboral (se é que algunha vez a tivo) para coidar da prole e terlle preparada a comida ao marido cando chega de traballar; as relacións prohibidas tan típicas das narracións entre o xefe e a secretaria ou empregada, o profesor e a alumna, etc; o feito de que case nunca aparezan “señores da limpeza”; o feito de que nos anuncios protagonizados por mulle-


T res a voz en off a miúdo sexa dun home, xa que se considera que lle dá máis contundencia ao que reflicte a muller, e un anuncio protagonizado por homes ou destinado a eles, sen embargo, aparezan normalmente mulleres atractivas ou unha sensual voz en off feminina; que ás políticas, presentadoras e calquera outra muller que apareza no ámbito social se lle resalte moito máis o aspecto físico, a roupa, ou a súa vida sentimental; que se nomee ás mulleres influíntes polo nome mentres que aos homes sempre os tratan polo apelido … Os exemplos son infinitos, e a maioría acostuman ser tanto ou máis sutís que os que acabo de mencionar, asimilámolos como “normais”, pero ao pórse os lentes violeta é ter perspectiva de xénero, analizas os roles de xénero e dáslles a volta, o que te leva a preguntas como: Por qué non aparece un home poñendo unha lavadora en vez de unha muller? Por qué non aparece un home nun anuncio de bebés en vez

régola 13

de unha muller? Por qué non é o home o que está en apuros e a dama quen o rescata? Non existe un motivo que non estea fundamentado na tradición machista da nosa cultura pola cal unha muller non poida levar a cabo unha actividade tipicamente masculina nin ao revés, e cando te decatas disto a túa maneira de percibir a realidade cambia. De forma inocente, a maioría da xente cre que vivimos nunha sociedade igualitaria, outra

A igualdade non é unha parvada, é algo que nos concerne a todas e a todos

moita simplemente pensa que é unha parvada, demasiado nimio para meditalo sequera… ben, esa xente pode ir espertando. A igualdade non é unha parvada, é algo que nos concerne a todas e a todos, e que nos beneficiará por igual en todos os ámbitos porque o feminismo é recoñecer que as mulleres somos persoas en igualdade de dereitos cós homes e tan útiles como eles para a sociedade.

Antía Davila Pérez 1º BACH E

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 14

Volvemos ao rosa e ao azul

O

feminismo é un movemento onde mulleres e homes loitan pola emancipación da muller da dominación machista co obxectivo de acadar a igualdade social, económica e política no mundo. Sen embargo, para a RAG o feminismo é unha “Doutrina que defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller”, é dicir, o home é o modelo ao que equipararse, e desta forma as mulleres quédanse sen dereitos propios. Está a igualdade realmente acadada? Non. Por qué? Temos unha sociedade tradicionalmente patriarcal e machista, na que os homes sempre acapararon o poder e desprazaron á muller a unha posición inferior, sometidas a traballos que se consideran máis feminizados.

L e t ras G ale gas 2013

As mulleres novas temos que seguir loitando polos dereitos reivindicados polas nosas antecesoras, porque o machismo continúa a existir

Cando as mulleres queren avanzar nesta sociedade atópanse co denominado “teito de cristal”, unha barreira invisible porque non hai leis nin dispositivos sociais que ordeen que exista, senón que é imposta por un poder masculino que non permite a igualdade tanto no laboral como no social como na política. No século XVIII as mulleres por fin tomaron conciencia como grupo e, tras anos de silenzo ante as políticas e a sociedade, comezaron a defender as súas reivindicacións: – Dereito ao voto. – Dereito ao divorcio. – Dereito ao aborto. – Dereito a ter o seu cartón sanitario. – Dereito a ter un salario xusto. – Dereito a decidir por elas mesmas. En definitiva, dereito a ser persoas e cidadás partícipes desta sociedade. Mentres os homes conseguían as suás exixencias, eran eles mesmos quen consideraban se debían conceder ou non eses dereitos ás mulleres. Na sociedade do século XXI son os mesmos homes en distinta época os que seguen a dicirnos a que temos dereito e a que non, de aquí voltamos a unha educación patriarcal e conservadora. As mulleres novas temos que seguir loitando polos dereitos reivindicados polas nosas antecesoras, porque o machismo continúa a existir, pero de forma sutíl, e na súa sutileza arrástranos a unha posición de pasividade. Temos na nosa contra medios de comunicación e unha educacion manipulada a favor do conservadorismo que nos fai crer que a nosa sociedade respeta a homes e mulleres por igual, que xa convivimos


T

régola 15

En 1999 as mulleres ocupaban o 17% dos cargos directivos, tanto públicos como privados, no Estado Español.

nunha sociedade igualitaria, pero iso non é asi. Podemos demostralo con datos: – Mulleres que acadaron postos directivos nas maiores empresas do mundo: 1-3% – Xefas de Estado: en 8 países de 198 que hai no mundo. – Diferenza salarial respecto aos homes: 10-30% – 53% das mulleres traballan en condicions de vunerabilidade – 127 gobernos non condean as violacións. – Mulleres mortas por violencia machista en España dende 2003 ata 2013: 672 – Investigadoras no campo da Bioloxía: 13%, en alboratorio: 14% (Sabendo que un 60% das licenciaturas pertencen a mulleres e, normalmente, con mellores calificacións) – Reais Academias: • De Ciencias: 1 muller e 42 homes. • De Mediciña: 1 muller e 50 homes. • Galega: 5 mulleres e 25 homes. • Española: 5 mulleres e 41 homes.

En 1999 as mulleres ocupaban o 17% dos cargos directivos, tanto públicos como privados, no Estado Español. Isto xa é pouco, pero se consideramos os postos directivos, hoxe só o 7% é ocupado por unha muller. Este é o machismo do mundo

capitalista, unha sociedade que aínda que pretende aparentar igualitaria e feminista, está facéndonos volver ao rosa e ao azul.

Antía Davila 1º Bach. E

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 16

A homofobia

S

egundo o dicionario, homofobia significa “Aversión obsesiva ou medo cara ás persoas homosexuais” aínda que máis que medo, ben podería denominarse coma noxo ou desprezo maioritariamente infundido por sectas, a igrexa e mesmo pola ignorancia herdada de xeración en xeración. O medo dos homófobos é irracional, xa que non nos diferenciamos xeneticamente daquelas persoas con orientación sexual diferente da nosa e, no fondo, todos somos iguais. Aínda que, coma sempre, haberá “cabezas pensantes” cínicas que non son capaces de abrir máis os ollos e aprender a aceptar ós demais, xa que os tratan coma se estivesen enfermos ou fosen algún tipo de praga. Por culpa das burlas, dos desprezos e da sociedade en xeral, algúns ou algunhas homosexuais non poden nin vivir tranquilos. Isto pode provocar tamén o tan desgraciadamente coñecido bullying. E, claro está, as persoas adultas que se queren, poden casar; pero, que pasa cos homosexuais? Por que non van poder? Sinxelamente, porque o concepto de “voda” foi inventado pola igrexa. E os nenos que non teñen pais e apodrecen nun orfanato? Por que non podemos deixar que unha parella homosexual aceptase a algún deles como membro da súa familia?

“Prefiro ver un home collendo da man a outro, antes que collendo unha arma”

Estes son os dous grandes problemas cos que teñen que lidar, por culpa do trato que lles están a dar. Ademais de ter a coraxe de dicir quen realmente es, por medo ó rexeitamento; xa que “o habitual” é saír con alguén do outro sexo. Os homófobos non entenden que a dignidade non se perde porque dous rapaces vaian da man pola rúa. O que reclaman os homófobos é o respeto, a tolerancia e ante todo isto a IGUALDADE

Antía González Cartea 4º ESO A.

Víctor Fernández Benito 3º ESO C.

L e t ras G ale gas 2013


T

régola 17

Símbolos fascistas hoxe?

H

ai xa case 40 anos do remate da ditadura franquista e a instauración da democracia en España, pero a pesar disto aínda non se erradicaron os símbolos e os recordos desta etapa que a tanta xente afectou destrozando familias e corrompendo as liberdades do pobo. Fronte a esta situación temos de exemplo do nazismo en Alemaña coa ditadura de Hitler no que se crearon leis conforme á esvástica e lemas nazis están prohibidos ata con pena de cárcere e en Italia ocorre o mesmo xa que non se permite nada relacionado co fascismo a non ser que sexa para posicionarse en contra. Dos tres estados europeos que foron vítimas do fascismo, só o español non prohíbe o uso de símbolos fascistas. Deste modo os eurodiputados alemáns e italianos xunto con membros dalgúns partidos españois como CiU reclaman que se retire a simboloxía franquista da Eurocámara, no que a Constitución está xunto co lema “unha, grande e libre” e a famosa águia imperial. Xunto con este símbolo podemos atopar otros moitos. Para iso non fai falla irnos a sitios remotos de España, só temos que saír ao patio e mirar cara a arriba do instituto e alí poderemos observar a águia, un dos símbolos máis típicos que representan ao franquismo. Dende hai varios anos que se está a reclamar que se retiren todos os símbolos da ditadura do instituto, pero véndennos a trola de que é patrimonio da humanidade e tamén a nivel estatal se están a facer protestas, pero seguen sen facer caso e seguen permitindo todas as alusións á dictadura, xa sexan a favor ou en contra, sen res-

Só temos que saír ao patio do instituto e mirar para a fachada…

petar a toda a xente que morreu por culpa do réxime, todas as familias rotas e toda a represión sufrida. Mentres noutros países este tipo de cousas están prohíbidas, en España seguen quedando moitos resquicios, e nós, como alumnado do centro, aínda que non tiveramos nacido na ditadura, os nosos familiares si e só pedimos respecto para todas as víctimas que loitaron por un país mellor e libre.

María Olivares 2º Bach. E Ángela Romero 2º Bach. E

Iago Albés 2º Bach. E Guillermo Davila 2º Bach. C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 18

Estudas, traballas… ah, que vives baixo unha ponte…! ales son nestes momentos as titulacións con máis saídas laborais? Que carreira pode garantir, a prior, unha maior inserción laboral ao terminar os estudos? Chegada esta etapa a maioría preguntámonos estas cuestións ... o por que? pois para poder gañarnos a vida e non ter que pedir un préstamo ao banco de turno para comprar unha mísera tableta de Milka con Oreo, e é que esta, señoras e señores, é a sociedade de hoxe en día. Unha sociedade na que nosos pais se teñen que matar traballando para conseguir un soldo mileurista co que poder pagar todos os impostos do Estado, pero eh rapaces!! que a cousa non vai tan mal, que temos móbiles! Unha sociedade na que nos explotan dende que levamos cueiros ata que volvemos a levalos, desde o biberón ata o soro intrave-

C

L e t ras G ale gas 2013

noso... Pasamos a vida adorando Alemaña, ese ideal de perfección inalcanzable, a nai de todas as patrias... vagas de estudantes recén graduados e con perfectos coñecementos foxen despavoridos da cola do INEM cara a esa terra prometida de traballo e soldo para TODO O MUNDO... cal é a súa sorpresa cando ao chegar alí ven que o seu soldo lles dá para comprar a anterior mencionada tableta de chocolate pero... xa lles pode gustar, porque co que gañan será o que ALMORCEN, COMAN E CEEN durante todo o mes e como queiran merendar vanse a un parque público e buscan unha árbore frutal. Pero para que marchades a Alemaña, rapaces? se en España non se está tan mal… hai soliño, praias, e uns bos bancos onde durmir, unas caixas de cartón para vivir, briks de viño Don Simon a un eco-

Pasamos a vida adorando Alemaña, ese ideal de perfección inalcanzable, a nai de todas as patrias...

nómico prezo para afogar as penas… ademais dun perfecto sistema político que defende nosos dereitos… vale, non? Pero a ver, mirémolo desde o seu punto de vista : – Para que van investir en educación se ao final os cerebros se fugan? – Para que van investir en sanidade se ao final acabamos baixo terra?? – Para que van crear emprego se cantos menos haxa para repartiren, a máis toca cada un??? E así é como nos encontramos unha realidade que nos leva a ver a inxeñeiros, avogadas, profesores, arquitectas, periodistas... servindo


T

régola 19

O problema é

que nós non somos ricos

por moito que teñamos

un móbil, ordenador cervexas e pinchos a extraxeiros que o máximo que fixeron foi ensino obrigatorio... pero repetimos que a cousa non vai tan mal ía que non só temos móbiles senón que tamén ordenadores!!! . Pero relaxemos as nosas mentes, queridos estudantes do Santa Irene, mentres a caixa tonta nos diga o que pensar e nos entreteña... malo será non?! Agora en serio, aBRamoS oS olloS, o noso goberno está feito por e para ricos, o problema é que

nós non o somos por moito que teñamos un móbil, ordenador ou vivamos nunha casa con calefacción. Nesta sociedade hai clases, e a nosa está sendo explotada por persoas que se cren co dereito a facelo. Necesitamos concienciarnos da situación para loitar polos nosos intereses. Rapaces, rapazas, de verdade queredes endebedarvos por estudar? parécevos xusto que unha médica recén graduada en vez de salvar vidas estea servindo Coca-colas e olivas a turistas nun chiringuito?

ou vivamos nunha casa

con calefacción

Deixemos de enganarnos, o importante non é que saída profesional escollamos, a situación estará igual de dura para todos mentres isto non cambie pouco importará con que titulación baixo o brazo fagas cola no INEM. Podemos cambialo, con esforzo e con tenacidade claro que podemos, a cuestión é, vos queredes?

Antía Davila 1º Bach. E

Aldara Calo 1º Bach. D.

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 20

Despedida da Promoción M

irade ben estes rapaces, poden ser as caras de calquera mozo ou moza de calquera instituto, pero estas son especiais. Son os vosos compañeiros, que se marchan dun instituto que practicamente fixo deles o que son agora, e aínda que nos marchemos

2º Bacharelato -A

2º Bacharelato -B

2º Bacharelato -C

L e t ras G ale gas 2013


T

2 0 0 7

régola 21

-

2 0 1 3

cunha gran mágoa esta pérdese ao pensar todo o que nos agarda, nese valor absurdo que caracteriza ás xeracións ben preparadas. Grazas a todos os profesores por axudarnos a ser quen somos, e unha gran aperta para todos os nosos compañeiros..

2º Bacharelato -D

2º Bacharelato -E

2º Bacharelato Adultos

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 22

Letras Galegas 2013 - Santa Irene Primeiro premio de narrativa categoría B (4º ESO e Bacharelato) do certame literario

Meu amor Sempre fuches un home bo, diso non cabe dúbida. Demostráchelo ao longo dos anos que vivimos xuntos; sendo ti a miña rutina e eu a túa flor favorita, un lirio entre as herbeiras do teu tellado. Sempre me quixeches ben, foi un dato no que insistiron todos os nosos amigos cando decidín afastarme e perderme para sempre. Perder-me, pero non perder-te, ti te quedarás ao meu lado para o resto dos días, e será deste xeito porque nunca soubeches volver empezar. A única aventura que atreviches a emprender, foi tamén o único suspiro, ou o único salto e o final. Vivir ao teu lado sería fácil para calquera muller, pero non o foi para min. Talvez porque eu quería e sempre quixen máis. Quizais porque eu facía pé nas augas da túa rutina e o pasar dos meses, apenas me deixaba mergullar a cabeza e dar varios longos. Uns longos no estanque baleiro das túas aspiracións, dos teas soños. Cada mañá traías para ['hin novas agasallos, pero sempre eran os mesmos. Quilómetros de cadeas de prata e bronce (xamais douradas, xamais ostentación algunha) que colgabas do meu pescozo e os meus brazos facéndoas chamar aneis ou colares. Ofrecíasme os pesados elos que me ataban a ti, a modo desas xoias, que toda muller que se prece debe gardar con celo no seu mesiña de noite. Creo que por entón se me esqueceu a forma en que adoitaba escribir. Fun durante anos incapaz de unir palabras creando versos. Incapaz de transmitir aquelas causas que non sentía. As que nos afastaban máis cada instante. Aínda que xamais te deses canta diso, seguro pensaches, que mentres me mantivese moda e á marxe dos libros e as fantasías, ti e eu estariamos a salvo. Ti, máis home e firme a cada segundo. Eu, que deixara de ser. Pasou o tempo e coñecina a ela, mesmo agora non me doe dicirche que foi a casualidade da miña vida, a que me Iibrou de todo aquilo que me mantiña moda nos teus brazos, aquilo que me empuxaba a envellecer sen existir no meu verdadeiro pálpito, baixo a miña propia luz. Sería

L e t ras G ale gas 2013

demasiado inxusto botarche a culpa de que a súa presenza me invadise desde o primeiro momento, pero é que a túa pel cheiraba a cloro, mentres que a dela tiña o aroma do sal e as algas mariñas. Foi un período de transición o que me mantivo con dor ao teu lado, con negación con preguntas. Agora lamento non ser clara desde a tarde na que comprendín que ela facía bailar os meus vogais como ti nunca o fixeches. Pasei uns cuantos meses máis na nosa casa, xa non sei se por respecto ou covardía, só lembro que daquela fumaba moito e escribía demasiado. Só lembro que ti tentabas non darte conta de que cando chegabas do traballo xa nin se queira os meus ollos tornábanse para mirarte. Ao mes terceiro cunha carta despedinme para sempre. Algunhas mañás salamos do seu portal e víate inmóbil, sempre na mesma esquina, cos teus ollas antes púrpuras convertidos no verde modo do musgo e a terra árida. Iniciabas un saúdo levantando o queixo e nin sequera pronunciabas unha mísera frase. Era entón cando ela me agarraba máis forte da man, acelerando a pequenos brinquitos o seu paso e gritaba :– es miña! miña, miña...1 Como son do sol os atardeceres e do vento as plumas. Pero era cedo, era súa. Pertencíalie cando formabamos un revoltijo de soños e sabas. Cando amencía como un capullo de flor colgada do seu talo. – Es miña! miña! gritábao a grandes gargalladas e enchía divertida os seus pulmóns de aire cando os homes mirábanme con ollos voraces pola rúa. Súa para adorala, súa para bailarlle os verbos, súa cando me achegaba á mesa do seu despacho e recitáballe con voz cálida un dos meus poemas. Dábame pena verte tan roto, claro, xamais quixen facerche dano algún. Pensaba que ti sobrevivirías así, Yéndonos tan só os Mércores impares de cada mes. Os pares eran para ela. Adoitaba dicir que os días pares eran días de dous. Das dúas.


T

régola

Mesmo me alegrei despois daquela chamada, na que me contaches que irías facer unha viaxe para coñecer o casino de Montecarlo. Pensei que novos aires che oirían ben, nin sequera, percibín na túa voz un ton de despedida. Por entón acabara de escribir o meu primeiro poemario e a miña única preocupación era atopar o diñeiro preciso para pagar a imprenta. Non recordo comentarche iso. Que estúpida! Como non puiden imaxinar que a túa situación era límite, que non comprendías de que forma o centro da túa vida esfumárase de supeto e desta maneira. Eras un home grandioso, poderías loitar contra calquera outro que se propuxera arrincarme do teu lado, pero non contra unha Unha chamada de teléfono dende a recepción do teu hotel, comunicoume con voz mecánica que decidiras

23

darlle fin á túa vida despois dunha noite de drogas e insomnio. Tamén apuntou que pronto me chegaría un sobre cun millón de euros. O teu premio desa noite. O diñeiro para a publicación do meu poemario. E como me does corazón, como me gustaría dicirte que empezaríamos a quedar os mércores impares e os pares tamén. Que o último que desexei foi acabar con quen tentou darmo todo. De que forma puidera facerte entender, que non é que eu non quixera amarte desde o máis profundo do meu ser enredado, é que xa non podía.

liEBEStrAum raquel García González 1º Bach G

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 24

Primeiro premio de narrativa categoría A (1º, 2º 3º ESO ) do certame literario

O meu avó Manolo – Roberto, irnos leva-lo Manolo ó hospital, ten febre e case non se mantén en pé, irnos por urxencias, pola tarde non está D. Pepe na consulta, irnos xal. O pobre Manolo, realmente non se aguanta en pé, ten oitenta e dous anos (tampouco é tan vello para estes tempos), pero, iso si!, ten de todo, e cando digo de todo é de todo diabético, hipertenso, algo do corazón...., meu pai di que é da porquería que comemos hoxe en día, a miña avoa di, que é un home que traballou moito e que é normal que os ósos e todo o que hai por dentro se resenta. O meu avó foi canteiro nos anos mozos, fixo a metade das casas de pedra que hai en Vigo,(isto o di a miña avoa), era moi fino traballando (tamén o di a miña avoa). Traballou toda a súa vida, cando colleu o retiro, tiña cotizado á seguridade social máis de corenta e cinco anos (deses hai poucos). Ah!, e nunca precisou coller unha baixa (era un ferrote).

L e t ras G ale gas 2013

Na sa de espera A miña avóa fala – Manolo, cómo te atopas? Calma un pouco vamos atender logo, xa lle colleron os datos o Roberto.... Ai, meu señor!, hai tanta xente aquí maliña!, debemos ter diante uns catorce!, menos mal que nesa cadeira de rolas estás cómodo, non sí, Manolo? O Roberto, foi a aparcar o coche, aquí, nunca hai onde deixalo, a ver se atopa por San Roque.... Ai, meu san Roquiño querido...! Manolo!, ¿cómo vas?, non tes gana de falar, acouga que xa te atende a médica. Tres horas despois Manolo, axuda un pouco á doutora, vaite poñer na camilla!, podemos darlle un pouco de auga?, levamos máis de tres horas na saa e non comeu nin bebeu nada... ahí, agora non hai auga, pero pode beber... Ven Roberto, vai a máquina e compra unha botella de auga...!


T

régola 25

Outras tres horas máis tarde Señorita,señorita...., o Manolo ten frío, pode darme unha mantiña para tapalo e unha almofada ou dúas para incorporalo un pouco, non respira ben..., si...teño paciencia pero ten frío, trate de atopar unha mantiña, ¡grazas, grazas!... O meu avó sempre di que os galegos dan moitas veces as grazas, as veces por nada, as veces... incluso para despedirse!, debe ser esa retranca que din que temos...¿xa sabes?... grazas... e non valvas! Dez horas despois Xa pasaron dez horas, dende que o meu avó mal entrou no hospital, din que ten que ingresar, o nolotil non o calma, respira pior, e non teñen moi claro que é esa mancha negra que aparece no pulmón. Chega o celador – ¡Manolo, irnos para o cuarto, a ver se alí descansas un pouco mellor...! – muller! (pola a miña avoa), colla as almofadas, que no cuarto non vai ter. – Pero... meu rapaz,¿cómo vou facer iso?, malo será que non teñan!, – fágame caso muller (o celador), bóteas na camilla e irnos coller o ascensor. No cuarto O Manolo, entrou no cuarto, onde "NON" había almofada na cama, que sorte tivo cun celador tan bó e que coñece o "sistema", pero tampouco había manta, se o meu avó estivera mellar seguro que diría aquilo de que "temos que facer un pedido a América". A parede daquel cuarto era de papel pintado, supostamente branca, a miña avoa case se alegra, de que meu avó entrase cos olios pechados (polo cansazo e a febre), porque na cabeceira o papel pintado aparecía cunhas grandes manchas de sangue, alguén as intentara limpar, e arrincara parte do papel, quedando o buraco co borde ensanguentado, dende a cama parecía unha noiteclara estrelada, pero as estrelas non lucían, eran pingas de sangue, que mais ben choraban e che daban un... ¡mal corpo! Na mesma parede, había un cadrado feíto de esparadrapo duns cincuenta por cincuenta, medio despegado, onde claramente se vía a cámara de aire. A miña avoa tentou pegar ben aquel esparadrapo, (que probablemente algunha enfermeira con boa intención puxera), porque no buraco pareceulle ver unha rata.

O Manolo seguía tendo frío, a miña avoa colocoulle o seu gabán, en canto apareceu o Roberto mandouno ir buscar unha manta á casa. – Roberto, meu fillo, tes que ir á casa e traer unha manta, o teu pai creme como unha vara de vimbio, e as enfermeiras, as miñas pobres, non dan atopado unha manta limpa, vai á casa, o teu pai está mal non me fala... non abre os ollos... o antibiótico que lle puxeron non Ile fai nada, bule meu rapaz!... O meu avó cotizou corenta e cinco anos, e nas últimas horas da súa vida, tivo o amor de quen o quería, as atención escasas pero moi humanas dun equipo sanitario desbordado e con escaseza de case todo, pero... pasou SEDE e FRIO, e isto no século XXI, vese ... que tiña que ter cotizado dez anos máis.

SAniDADE lois Pérez Ogando 2º ESO B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 26

Primeiro premio de poesía categoría B do certame literario VIGO, QUE BONITO É! Polas súas empinadas rúas, baixando Colón e Gran Vía, xente de compras xente de bares. Estatuas que reviven, coas súas redes alzadas, e cos seus tranvías mudos. Resoan no meu sentir aquelas obrigadas despedidas, a outros mundos novos. Toda aquela xentiria, chea de equipaxe e bágoas, contando volver axiña. Samil, bonito e grande abrazando a ría e ás Cies mares de grandes pescadores mares de grandes pescantinas. Non perde o seu pasado de vista con festas e romerías honrando a gran valentía no día da Reconquista. Serenos e expectantes están os luceiros da ría a Guía e o Castro son dous luceiros de noite dúas maravillas de día. Vigo, que bonito é!

lAurEl Laura Estévez Núñez 1º Bach A

L e t ras G ale gas 2013


T

régola 27

Primeiro premio de poesía categoría A (1º, 2º 3º ESO ) do certame literario VIAXE ATA O MEU SOÑO Sen esperanza sentimentos en vano dos que eu xa estou cansa. non voltarei a vista atrás marcharei onde o vento me leve, non volverei xamas Afastandome da miña terra, do meu vivir. non tropezarei na mesma pedra. O meu soño vou cumprir.

mErA Sara Alexandra González Barreno 2º ESO B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 28

Primeiro premio de ilustración categoría B (4º ESO e Bacharelato)

ADriKAEiDO Adriel Salgado Álvarez 1º Bach A

L e t ras G ale gas 2013


T

régola 29

Por que te vas? Hoxe o Santa irene é emoción Vaia baixón! Púxonos tristes o saber, Sindo, que ti te vas de aquí Como cada día espertei E á clase vin E sorprendinme ao escoitar, Sindo, que ti te vas de aquí Quen nos daba clase co seu negro bigotiño? Fartaste xa? Fartaste xa? Quen vai vir a clase co maletín e cun sorriso? Só Sindo o fai Só Sindo o fai Só Sindo o fai Só Sindo o fai nunca esquecerei as probas que Faciamos mentres ti lías as noticias do xornal Desa mañá nos muros das aulas quedarán Gravados xa A túa voz, os risos e as explicacións Alí estarán Quen nos daba clase co seu negro bigotiño? Fartaste xa? Fartaste xa? Quen vai vir a clase co maletín e cun sorriso? Por que te vas?

Por que te vas? Por que te vas? Por que te vas? Quen nos daba clase co seu negro bigotiño? Fartaste xa? Fartaste xa? Quen vai vir a clase co maletín e cun sorriso? Por que te vas? Por que te vas? Quen nos daba clase co seu negro bigotiño? Fartaste xa? Fartaste xa? Quen vai vir a clase co maletín e cun sorriso? Por que te vas? Por que te vas? Por que te vas? Por que te vas? (coa música da homónima canción de Jeannette)

O alumnado

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 30

Cambios...

E este inoportuno cambio?

Sabedes que? Eu non me rendirei,

repentino,desgraciado cambio

ata volver atrás non pararei,

que foron deses vellos momentos

quero eu retroceder no tempo,

compartindo os nosos lamentos.

para arranxar o meu lamento.

Estas bágoas desordenadas

Estas bágoas desordenadas

que están transcorrendo a miña

que están transcorrendo a miña

alma.

alma.

Extraño esas conversacións

Olvidareime de todo isto?

que tiñamos nós sen interrupción

Quizais si, quizáis non, pero repito,

eses textos, iconas e imaxes

mentres eu sinta o que eu sinto,

polas noites, mañás e as tardes.

loitarei e non me arrepinto.

Estas bágoas desordeadas que están transcorrendo a miña alma.

Jose.M Gómez Teijeira 4º ESO C

L e t ras G ale gas 2013


T

régola 31

Xosé Luis Méndez Ferrín P

oeta, novelista e ensaIista español nacido en Ourense, en 1938. É Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutorado en Filoloxía e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. É a figura mais representativa da literatura galega contemporánea. Debido a sua actividade política de esquerdas foi procesado e encarcerado en tres ocasións. É catedrático de Literatura, columnista destacado, expresidente da Real Academia Galega e exdirector da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro. Da súa obra en poesía e prosa destacan, O crepúsculo e as formigas en 1961, Antoloxía Popular en 1972, Con pólvora e magnolias en 1977, Bretaña Esmeraldina en 1987, Arraianos en 1991, Estirpe en 1994 e No ventre do silencio en 1999. Foi galardoado entre outros, co Premio da Crítica de Galicia, Premio da Crítica Española, Premio Eje Atlántico de Narrativa, Premio Carlos Blanco de Portugal e Premio Losada Diéguez. No IES Santa Irene gardamos moi bo recordo do seu paso polo centro como profesor.

Atópome coa testa contra o muro. Convócome a min mesmo coma quen olla un pozo. Volta un neno perdido por rúas de fume, por pasigos brancos, tráxico, con tatuaxes nas meixelas e lumes pequenos en cada dedo. Voltan tempos ourizo de rapiña e disparos, de angurias decoradas por cregos e trompetas, estampas e desfiles. E todo que se para. Locen asombros, fórmanse estalidos, redondéanse lombos, e mamai dime algo tremendamente pedra que me pon no meu sitio. Retorna agora o día da ira, o tremendo intre en que perdín os ollos e fíxenme acibeche, cactus e pedra alumbre. e quedeime en Ourense fitando con horror este río do tempo.

Antía Davila 1º Bach. E.

Aldara Calo 1º Bach. D. Raúl Alonso 1º Bach. D.

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 32

Bestas contra animais

A

tauromaquia é, segundo a RAG, a arte de lidar touros e todo o desenvolvemento previo ó “espectáculo”. Nunca mellor dito, xa que é un verdadeiro espectáculo observar como determinadas persoas fan sufrir a un animal que se atopa na máis absoluta desvantaxe, cravándolle lanzas, espadas e torturándoo diante dun gran grupo de suxeitos que gozan vendo morrer ao ser vivo máis nobre que se pode atopar nunha praza: o touro. Esta bestialidade lévase practicando dende a Idade de Bronce coma unha exhibición de virtuosismo e valentía. Na antigüidade, os romanos cazábanos e matábanos para demostrar as súas habilidades de caza, incitábanos a pelexar contra os cristiáns durante as execucións públicas e usábanos nos enfrontamentos de gladiadores. Na Idade Media realizáronse touradas para celebrar nacementos e vodas de personaxes da realeza, conquistas bélicas, patronímicos, festas, etc… Dende o momento da súa creación, as touradas foron un foco de debate entre partidarios e detractores. Artistas españois como Goya, Picasso, F.G. Lorca, Valle-Inclán e un longo etcétera, eran firmes defensores desta práctica. Considerábanas parte da cultura e consideraban que estas festas educaban social e culturalmente, ademais de refinar o seu gusto e a súa apreciación da arte. Na actualidade aínda existe quen defenda o toureo: os cantautores Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina, entre otros, pensan que sen esta práctica, non só se extinguiría o touro bravo (que ao parecer vive en liberdade no seu hábitat natural), senón o propio ecosistema no que se desenvolve (as devesas).

L e t ras G ale gas 2013

A este paso só faltaría que os touros nos deran as grazas por evitar a súa extinción

O argumento do historiador Andrés Amorós sobre este tema non ten desperdicio: “ninguén ama máis ao touro que un bó aficionado toureo, ninguén admira máis a súa beleza, ninguén esixe con máis vehemencia a súa integridade e indígnase con maior furia ante calquera maltrato, desprezo ou manipulación ilegal”. ¡OLE, OLE e OLE! En resumidas contas: para este señor, o de cravarlle estacas, cortarlle as orellas e finalmente sacrificar ao touro entre aplausos e aclamacións do público non é un maltrato. A este paso só faltaría que os touros nos deran as grazas por evitar a súa extinción e por facerlles partícipes dunha tradición tan antiga coma irracional. Organizacións non gubernamentais como PETA, partidos políticos coma o Partido Anti-taurino Contra o Maltrato Animal, escritores e intelectuais, grupos musicais coma Os Toureiros Mortos e outras miles de persoas no mundo negan que o toureo sexa cultura, arte ou deporte; e loitan por restrinxir a tauromaquia ou prohibila totalmente. A Fundación Altarriba realizou un estudo sobre a cantidade de diñeiro público que se inviste anualmente para subvencionar estas actividades. Estamos a falar de 564 millóns de euros sacados dos petos dos cidadáns, dos cales un 72,1% nega ter interese ningún nesta forma de terrorismo,segundo unha enquisa elaborada pola consultora Gallup. Desgraciadamente, España non é o único país no que se cometen estas aberracións: Portugal, o sur de Francia, a China ou as Filipinas e mais algúns países de Amércia coma EE.UU., Perú, Venezuela, México ou Ecuador son tamén un exemplo de a onde foi parar o ser humano e o moito que lle queda por mellorar.


T

régola 33

competimos polos mesmos recursos, o mesmo espazo, o mesmo hábitat, temos pensamentos, emocións… e sobre todo, podemos sentir dor. Nós, igual cós touros, sufrimos cando nos fan dano, maltrátannos e oféndennos, e sentimos a mesma angustia por aferrarnos á vida. É curioso… como é que algúns seres humanos se empeñan en maltratar aos demais animais cando, a nosa raza, é a única que pode coidalos!?

Irene Maldonado Martínez 4º ESO A

Hai algo que os taurinos tal vez esqueceron: Todos e cada un de nós formamos parte dunha raza, unha especie animal. Formamos parte do mundo e interactuamos con el. Non somos superiores nin inferiores ao resto de seres vivos que habitan neste planeta, somos semellantes:

Rocío Castillo Pérez 4º ESO A

O entroido

A

celebración do entroido ten a súa orixe probablemente en festas pagás, coma as que se realizaban en honra ao deus Baco (Deus do viño), as saturnais (referidas a Saturno , deus da agricultura) e as lupercais (nas que os romanos se empurraban á auga no porto de Ostia, como se fosen nenos) de orixe romano. Tamén nas que se realizaban na honra ó deus Apis en Exipto, e as festas da colleita dos pobos sumerios fenicios e o Imbolc Celta. Non é posible saber onde e cando naceu esta festividade, mais sabemos que as máscaras, que a música e mailos disfraces son elementos comúns destas festas celebradas entre Febrero e Marzo.

Segundo os historiadores, as orixes das festas carnavalescas remóntanse a máis de 5.000 anos Segundo os historiadores, as orixes das festas carnavalescas remóntanse a máis de 5.000 anos, pero é a raíz do cristianismo que se instaurou en Roma e cando se unifican coma unha única celebración, esta festa difundiuse rapidamente por Europa (terirotrio romano). Os colonizadores exportaron a festividade a América no século XV, e desta manera tamén sería celebrado alí. E agora, para rematar, quero persuadirvos para que participedes no entroido do Santa Irene, pois a participación deste ano foi relativamente baixa, o cal non é bo se queredes que se siga celebrando

Raúl Alonso 1º Bach. D

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 34

Estudante no estranxeiro on as 5.00 da mañá e xa estou esperta. Que digo, nin sequera durmín. Hoxe é 14 de agosto do 2012, ou dito de outra maneira, o día no que a miña vida cambia. O día no que me despido da miña familia, dos meus amigos, da miña cidade, da miña terra, Galicia. Vístome, meto as últimas cousas que me faltan na maleta e poño rumbo a Peinador cos meus pais. Todos os estudantes da Bolsa Barrié de la Maza e Amancio Ortega das provincias de Pontevedra e Ourense viaxabamos cunha mestura de emoción, nervios e medo dende Vigo a Madrid e de Madrid a Nova York. Ver Manhattan dende o ceo é incrible. Nova York é incrible. Despois dese día na cidade das luces e da maxia, viaxaría soa a Charlotte, Carolina do Norte. Non vos vou enganar, sentinme moi orgullosa de min mesma ao coller un avión soa en Estados Unidos, sen perderme e tendo en conta que levaba 72 horas sen durmir (sen contar o jet lag). De Charlotte collería outro avión, se se lle pode chamar así, a Roanoke, Virxinia, un estado na costa Este, e de alí en coche a Buena Vista, a cidade onde viviría por un ano. O primeiro mes aquí foi unha loucura. Unha montaña rusa de sentimentos. De decir:”Ui que ben me sinto” a “quero volver a España” ...varias veces ao día. Pero as cousas foron mellorando día a día ata sentirme completamente a gusto. O instituto é como as películas: equipos de baloncesto, “american football”, beisbol, cross country, track, soccer, cheerleaders, taquillas, partidos, bailes, spirit week, que consiste nunha semana na que cada día te disfrazas dunha cousa diferente, o Día de San Valentín, no cal venden flores no instituto e galletas con formas de corazón, clases de banda, de coro, de arte, de drama, facer o Harlem Shake con todo o teu instituto, decorar todo con cabazos en Halloween, días de lavar coches para xuntar fondos contra o cancro, ou profesores disfrazados de Papa Noel o último día de clase antes do Nadal... todo isto fai que ir ás clases sexa moito máis levadeiro e divertido. Esa idea que temos en Galicia de que estudar en América é mais fácil, non é de todo certa. Aquí tes a oportunidade de elexir as materias que queres pero tes que completar algunhas obrigatoriamente para graduarte. Ademais dentro de cada unha tes diferentes graos de complexidade, e tendo en conta as que cursas tes máis ou menos opcións para ir á universidade estudando o que queres. A miña “familia americana” é moi peculiar. Son unha nai e un pai cun montón de fillos; alí atopeime con tres irmás, tres irmáns e aínda outros dous máis pero non viven

S

L e t ras G ale gas 2013

con nós. A verdade é que ao principio estaba moi asustada porque eu só teño un irmán, pero vivir cunha familia numerosa foi unha experiencia moi divertida e quéroos moito. Cada domingo é coma no Nadal e Acción de Grazas, con cerca de 15 personas na casa. Foi incrible! Unha das experiencias máis emocionantes que tiven aquí foron as eleccións americanas. A miña familia é republicana e a maior parte da xente que coñezo de aquí tamén. Mitt Romney era o candidato republicano e o adversario de Obama. O 7 de Outubre tiven a oportunidade de ir a un mítin da súa campaña á presidencia de Estados Unidos, e non só iso, puiden subir ao escenario, darlle a man e sair na televisión nacional cunha amiga. Tamén puiden ir á Casa Branca no último día que permitían visitas dentro, e pasar un par de días en Washington DC. Estiven de camping en Virginia Beach e tamén visitei Tennesee. A verdade é que me sinto moi afortunada. Pero vir a Estados Unidos non é só visitar e coñecer. É crecer. Aprendín moitas cousas que nunca esquecerei e madurei como persoa. Vexo cousas que non tiña visto antes de vir vivir aquí. Coñecín xente que probablemente non volva a ver, pero que sempre terán un oco no meu corazón. E aínda que estea a punto de irme e volver ao que tanto boto de menos agora, sei que cando estea aí, lendo isto na revista, estarei botando de menos o lugar no que estou agora.

Marta Mendía Sertal


T

régola 35

Libros do ano A Song of Ice and Fire/Canción de xeo e lume (George R.R. Martin) Esta saga de libros está moi de moda ultimamente. Agora só están publicados 5, dos 7-8 libros posibles. Chamados: “Game of thrones” (Xogo de Tronos), “A Clash of Kings” (Choque de reis), “A storm of swords” (Tormenta de espadas), “A Feast of crows” (Festín de corvos), “A Dance with dragons” (Baile con dragóns). É unha novela fantástica, que pode denominarse tamén novela río escrita por G. R. R. Martin. A trama da historia localízase nun mundo imaxinario, e que toda a acción principalmente ocorre no Reino de Poñente. O libro esta dividido en capítulos individuais baseado cada un deles nos diferentes protagonistas da historia. Este libro ten unha fama especial que recae en internet, xa que según palabras do propio autor, calquera personaxe pode morrer. Ten unha lectura moi sinxela aínda que predominen as palabras específicas do seu xénero fantástico. The Kingkiller Chronicle / Crónica do asasino de reis (Patrick Rothfuss) O Nome do Vento é o primeiro título da triloxía, Crónica do asasino de reis, o segundo tamén publicado chámase O temor dun home sabio, esta obra é una historia de fantasía épica. A historia narrada móstrase de maneira que comeza nunha pousada, un cronista vai escribir a historia do gran Khvote (protagonista da historia). E todos os capítulos falan do seu pasado, evitando algunhas pausas narrativas nas que volven ao futuro no que se estña a a contar a historia. Dende o meu punto de vista é unha boa saga de libros xa que o seu protagonista non é o que se diga perfecto, xa que sabe utilizar as súas artimañas para conseguir o que se propón.

Se o que che gustan son os libros fantásticos recoméndocho, ademais ten unha lectura moi sinxela, ainda que ao principio poida parecer un pouco lento, logo acabarás enganchado. O sorriso das mulleres (Nicolas Barreau) O sorriso das mulleres é un libro que como di o autor “farache sorrir”. O texto vén contar a historia de Aurélie unha moza que rematou a relación co seu namorado e está desfeita, un bo día encontra un libro que casualmente conta a súa historia titulado, O Sorriso das Mulleres e mil historias máis, ela decídese a buscar ao autor da novela, o que a levará a unha viaxe canto menos inesperada. Novela moi fácil de ler, cunha descrición de Paris ao detalle e que é capaz de transportarte a cada lugar describido. Tamén consegue que esteas pendente dela ata o final, cunha historia moi bonita. A única pega sería que é una historia moi predecible dende o primeiro momento, pero eso non fará que non a termines de ler e te quedes prendado coa historia. O xardín olvidado (Kate Morton) Esta obra de misterio cóntanos a historia de Nell O’Connor que descubre no seu 21 aniversario que é adoptada, e comeza a investigar máis sobre a súa historia, coa súa morte a neta consegue chegar ao final do misterio, dunha nena desaparecida no século XX (Nell). Libro perfectamente narrado, cunhas descricións que te transportan dentro da historia, explicando cada detalle de cada sitio, cada sentimiento de cada personaxe… A súa trama non se queda atrás xa que te enreda en cada intriga e impúlsate a chegar ó final do misterio. Utiliza tamén un tipo de narración temporal a que poderíamos chamar retrospectiva xa que viaxa no tempo constantemente dende o futuro ó pasado e viceversa.

Ana Paula Borges Diez 1º Bach. A

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 36

Películas do ano acción: DJango É un Western de Tarantino (spaghetti western). O nome procede dun filme antigo chamado Django, en homenaxe a esa película e a outras. Critica a exclavitude e o racismo nos Estados Unidos (1858) dous anos antes de que estoupara a Guerra Civil. O obxectivo do protagonista é encontrar a su amada esposa, que é a exclava do cruel Calvin Candie, para chegar ata el necesitará a axuda do doutor King Schultz, co que se convertirá nun caza recompensas. Non está recomendada para a xente á que non lle gusten as películas sanguentas. Consta de escenas bastante fortes, pero cunha trama interesante que te atrapa ata o final. Ademais a estética da película é incríble. Recomendo sobre todo a súa banda sonora, orixinal ante todo, e que te pon en situación en cada momento. Gañadora de dous premios da academia: – Gañadora por mellor actor de reparto (Christoph Waltz) – Gañadora por mellor guión orixinal. É una comedia musical, que fala dunha competición de cantos a capella. comeDia: pitch peRfect/DanDo a nota Aínda que teña unha trama bastante utilizada, mentres ves a película non te das conta, polos seus mix de cancións e os seus números impresionantes, ademais os personaxes conseguen facerche rir en todo momento. Os puntos malos desta película nótanse no seu final, que é moi rápido e predecible. Pero polo demais é unha película claramente recomendada. Drama, comedia, romance, unha película que o ten todo, a xente pode esperar que se ten un romance, vaia a ser típico, e predecible, pero neste caso estaría equivocado, xa que non é unha historia dun romance convencional. Relata a vida de Pat (Bradley Cooper) un home que pasou os últimos anos nun instituto mental, ao sair deste, ten a idea de volver recuperar a súa vida, o que o leva a diversas situacións que cambiarán o seu modo de ver o mundo.

L e t ras G ale gas 2013

DRama: SilveR lining playBook/o laDo Bo DaS couSaS Esta película ademais dunha actuación incríble por parte dos actores protagonistas, nos que encontramos a Robert de Niro e Jennifer Lawrence, tamén contén unha banda sonora perfectamente selecionada. E transmite moitas mensaxes. – Gañadora dun Óscar á mellor actriz de reparto. (Jennifer Lawrence) teRRoR: mamá Película que promete moito e que ao seu comezo produce que parezca que o vai cumprir, aínda que non sexa así. Hai que admitir que ten unha estética incríble, xa que en varios momentos todo parece moi realista. Pero no referente á historia, non é así. Teño que advertir que para a xente á que as películas de terror non lle gusten ou se asuste con facilidade, esta película pódelle quitar o sono. Pero repito que a historia promete o que non é. múSical: leS miSéRaBleS/oS miSeRaBleS Esta película é un musical que está recomendada ata para as persoas as que non lles gusten as películas deste xénero. Baseada na famosa obra de Victor Hugo, que conta as vidas de cidadáns do pobo francés anos despois da revolución francesa. A actuación dos actores e a posta en escena son impresionantes. Este filme para min podería ser definido como conmovedor e bonito, e pode converterse tamén nunha película canto menos inolvidable. Foi a gañadora de tres premios da academia: – Gañadora por mellor actriz de reparto (Anne Hathaway) – Gañadora por mellor mestura de sonido. – Gañadora por caracterización dos personaxes.

Ana Paula Borges Diez


T

régola 37

Grupos musicais en Vigo the unnameD

É un grupo de Rock/Hard Rock/Blues, formado no verán de 2009. Todo comenzou o día no que Gabriel Domínguez (o que sería o vocalista e guitarra do grupo) lle comentou a súa idea de formar unha banda aos seus amigos Victor Capón (guitarra) e Ángel (batería). Eles tiñan unha idea parecida e acabou sendo coma un soño conxunto ao que se lle uniron Álvaro (baixista) e Jaime (teclista), pero hai un ano Jaime deixou o grupo e apareceu un novo integrante na banda chamado Martín ( novo teclista). Ao principio só tocaban covers de bandas con diferentes estilos dende o metal ata blues. Pero a finais do ano 2010 conseguen unha mestura definitiva entre Hard Rock, o Funk, o Blues e o Rock Clásico. Por agora teñen una maqueta (2011) con cinco cancións que se poden escoitar na súa páxina de myspace: http://www.myspace.com/theunnamedvigo . Todas escritas basicamente en inglés. Teñen bastantes proxectos a futuro, un deles é sacar un disco ao que chamarían Experience, outro sería conseguir concertos noutros lugares de España, e se pode ser do mundo, facendo xiras. amneSia É un grupo especialmente de Heavy Metal, formado en 2010. O afán de formar o grupo foi basicamente polo gusto

común da música e en concreto de Metal. O seu nome como di o cantante, Iván, vén dado polo sentimento que a propia música lles fai sentir a cada un deles, o obxectivo principal deste grupo é que mentres o esteas escoitando esquezas os teus males e goces da música. Os integrantes da banda son: Iván López (Vocalista), Lucas (guitarrista, corista), Silex (Batería), Marcos (actual teclista), Doc (actual baixista), Victor Capón (guitarrista rítmico). Pódese visitar a súa páxina oficial no facebook: https://www.facebook.com/amnesiavigo . Están a punto de sacar a súa primeira maqueta a que denominaran: “La prisión de los sueños” (música maioritariamente en español). cRazy little fReak

Grupo de Funk Rock/Rock, formado no 2011, todo comenzou no día no que o anterior guitarrista Iosua Seijo se lle ocurre formar un grupo, e coméntallo ao seu amigo Lucas Borges (vocalista), a este parécelle unha boa idea, decide falalo cun amigo seu baixista (Iago Cruz) para que se una ao grupo, cousa que fai. Tamén conseguen un batería co que compartían amizade (Raúl Núñez). O seu afán principal por formar a banda foi o gusto común pola música. O ano anterior cambiaron a súa formación Iosua, o guitarra principal deixou o grupo, e foi nese momento cando se lles uníu Victor Capón, converténdose no novo guitarra do grupo. E uns meses atrás o seu batería tamén cambiou deixando a Felipe Yepes como novo batería. Eles buscan para un futuro próximo lugares onde poder realizar concertos, mentres, comenzaron a compoñer a súa propia música coa que teñen a intención de sacar unha maqueta.

Ana Paula Borges Diez 1º Bach. A

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 38

Real Club Celta de Vigo

H

ai 89 anos, un 23 de abril de 1923, a partir da fusión do Vigo Sporting e o Real Fortuna fúndase o Real Club Celta De Vigo, un equipo polo cal non só pasaron grandes xogadores desde os seus inicios senón que tamén contou cunha afección incrible. Entre os logros do equipo podemos sinalar: 3 subcampionatos na Copa de Rei, a Copa Intertoto no ano 2000, varias clasificacións consecutivas para a Copa UEFA ou unha clasificación para a UEFA Champións League na tempada 2003 /2004. Actualmente o celta disputa en Primeira División grazas a que na tempada pasada logrou clasificarse segundo na Liga Adiante. Isto permítelle ao Celta ocupar a duodécima praza na clasificación histórica da LFP. Ademais debido a participar en 47 ocasións na primeira división convértese no equipo galego con maior número de tempadas na máxima categoría do fútbol español. O ascenso do Celta esta tempada non foi un camiño de rosas, xa que os celestes encontráronse con varios obstáculos como a lesión de Hugo Mallo, a marcha de Paco Herrera, a sanción imposta a Iago Aspas por agredir a un xogador do Deportivo da Coruña, a noticia da marcha de xogadores do equipo para o ano que vén... Se tiveramos que falar do futuro do Celta neste momento atopariámonos con que a poucos partidos para rematar as xornadas 2012 -2013 as expectativas para o

E é que o noso lema é, foi e será afouteza e corazón e iso non se olvida nin en primeira nin en segunda...

equipo mostran unha volta á Segunda División, pero aínda que pareza escuro o futuro celeste nós opinamos que o RCCV non é un equipo que se renda e se o fai conta cunha afección disposta a darlle toda a forza e apoio que precise. E é verdade que pode que a veces o noso equipo nos faga chorar ou morrer de rabia pero estes sentimentos non son nin a metade das sensacións que provocan ver o equipo saír ao campo, os seguidores cantar o himno, un gol na portería do contrario. Esa ilusión que actúa como droga e nos fai gritar moi orgullosos HALA CELTA! E é que o noso lema é, foi e será afouteza e corazón e iso non se olvida nin en primeira nin en segunda... Por que hala celta! a demostrar coa historia e tradición que nos persegue dende 1923 que cando xogas con tesón nos fas vibrar a toda a afección.

Aldara Calo Lamelas 1º Bach. D

Raúl Alonso Crespo 1º Bach. D

L e t ras G ale gas 2013


T

régola 39

Pasatempos Sopa de letras Busca 10 palabriñas que teñan que ver con este tempo de trégola

a

t

S

i

v

e

R h D a

Ñ o B o

l

a Ñ o

e

D R

o t o

e

D

t o u

S

S

h

D g

e

D

p

n a

l

a u g y g

i

p

S

R

c n

J

g u

l

f

k

i

l

a

i

e

o

S

a

p

l

p

n u

i

h

e

Q z

l

e

l

o a

f m o k

f

e

u

m v

i

c n

l

a

a

i

e

Q

e

u

e

o

S

l

a

i

v u o v

a

R

z Q z n a

i

o

i

t

c

v

a

z

S

a

S

e

X o o

e

X

i

a

p

a

z u Q

f

D

t

R

e

g o

l

a o X

f

i

t

c

l

f

u X u B

t

c

u c

e

t

t

m z

a

v

t

v

c

e

u

l

e

o c

R

a

a m

i

z

a m m

i

n

S

D

i

t

u

t o

f

S

v u

i

e

o v

c u z

v

e

l

a

c

o n

c m

i

S

i

i

t

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


4 6 1 9 8 3 2 7 5

7 8 9 1 5 2 4 6 3

5 2 3 6 4 7 9 1 8 3 8 4 1 6 5 9 7 2

6 1 7 5 2 8 3 4 9 1 3 6 4 8 9 7 2 5

9 4 2 3 1 6 5 8 7 7 2 8 3 5 6 1 4 9

3 5 8 7 9 4 6 2 1 4 5 9 7 2 1 3 6 8

8 3 6 2 7 9 1 5 4 2 6 7 5 3 8 4 9 1

1 9 4 8 6 5 7 3 2 5 4 3 9 1 2 6 8 7

2 7 5 4 3 1 8 9 6 8 9 1 6 7 4 2 5 3

4

TREGOLA AGUIA REVISTA FELISA CRISE

2

6 7 5 2 9 3 8 1 4

8

6 7 6 3 1

9 1 2 8 4 7 5 3 6

4

4 7

4 5 2 5 9

SINDO TREGOLA XUBILACION BOLAÑO UNIVERSIDADE

L e t ras G ale gas 2013

1 6

3

1 8 9 1 8 7

4 7

Solucións

2

6

5

8

7 9

5

2

7

9

1

4

6 8 Guillermo Dávila 2º Bach C

3 4

7

6

2

1 8 6

Sudoku

T

1

4

3

5

6 5

40

régola



Tregola 2013