Page 1

INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2011. Nº 21 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€


Visítanos sin compromiso ven, te encantará

DARÍO DURÁN, 16 (Florida) CLASES TEÓRICAS: 10:30, 17:30 y 19:45 Telf.: 986 239 887

TEIXUGUEIRAS (Navia) CLASES TEÓRICAS: 10:30 y 20:00 Telf.: 886 116 973

matrícula + teórica+ libro + test + + tramitación expediente + clave internet + + 10 clases prácticas + L 318,00 euros +

IVA

Examinamos en Agosto


EDITORIAL INSTITUTO SANTA IRENE. MAIO 2011. Nº 21 - ALUMN@S 1 € - PROFES 2€

Coma todos os anos chega ás vosas mans este novo exemplar de Trégola cheo de actualidade, artigos de opinión, música, libros e todo aquilo que vos interesa, e que nos interesa. Unha interesante crítica a todo o cine do 2010-11 e á televisión, un repaso á historia da música, libros que revolucionaron Francia, artigos sobre todo o que está a suceder no mundo, as revoltas

TRÉGOLA SOMOS

en Oriente Próximo, unha análise á crise en Islandia, a folga de controladores en España, a lei Sinde, e tocándonos aínda máis de preto a excursión dos alumnos de 4º da ESO. Non faltarán as frases célebres que os nosos profesores soltaron algunha vez, e o certame de relatos, poesía e debuxo, ademais dun artigo lembrándonos quen é Lois Pereiro, homenaxeado no día das letras galegas 2011.

Trégola Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene

Adriana Arbizu Amara Pérez Andrea Vilas Angela Romero Antía González Claudia Román Estefanía Pinto Iago Albés Irene Rodríguez Lucía Álvarez María Olivares Marta Fernández Mónica de Oliveira Nerea Gándara Nuria Lago Rocío Castillo Víctor Fernández

1ºBach. C 2ºBach. D 1ºBach. B 4º ESO C 2ºESO A 1ºBach. B 1ºBach. B 4ºESO C 2ºBach. D 1ºBach. C 4ºESO C 2ºBach. E 4ºESO C 2ºBach. E 1ºBach. B 2ºESO C 1ºESO C

PORTADA: Adriana Arbizu FOTÓGRAFOS: Ángela Romero Bernardino Gándara

COORDINADOR E ASESOR LINGÜÍSTICO: Sindo Fernández


T

régola 2

Indignádevos

I

NDIGNÁDEVOS! é o berro que está hoxe en todas as bocas. E é que indignádevos é o titulo dun pequeno libro que a pesar do seu reducido tamaño está tendo unha enorme repercusión, logrando ser traducido a 23 linguas. O seu autor é Stephen Hessel, un home cuxa vida dedicada a loitar por cuestións éticas non foi nada doada. Viviu en Francia durante a invasión nazi e combateuna na Resistencia, despois pasou por un campo de exterminio do que logrou fuxir e rematada xa a Guerra Mundial colaborou na elaboración da Declaración dos Dereitos Humanos. Un home que a pesar dos seus 93 anos tivo a forza de alzar a voz cun libro que pretende dar un toque de atención aos máis novos para que reaccionen ante o que está suce-

Países ricos e consumistas benefícianse dos países pobres nos que actualmente hai máis de mil millóns de famentos

L e t ras G ale gas 2011

dendo neste mundo. Pero moita xente preguntarase que é o que está sucedendo. Por que debemos indignarnos? Hessel dános varias razóns para facelo. E é que este mundo globalizado no que vivimos non está sendo dirixido polas democracias. Os nosos sistemas políticos están perdendo o seu poder a favor dos sectores financeiros e económicos cuxo obxectivo é obter cada vez máis diñeiro a calquera costa incluso á custa das nosas garantías sociais. Estes sectores financeiros foron os causantes da actual crise económica, unha crise que se están vendo obrigados a pagar os máis febles, baixando os salarios, as pensións, ou caendo o emprego. Resulta imposible reprimir a indignación ante esta orde económica imperante que nos está a traer un mundo totalmente desigual no que uns países ricos e consumistas se benefician de países pobres nos que actualmente hai máis de mil millóns de famen-

tos. Pero os desequilibrios económicos non só existen con respecto ao terceiro mundo, na nosa sociedade cada vez se incrementan máis as desigualdades económicas, medrando vertixinosamente a cantidade de xente rica. Por outra banda, a consecución do maior beneficio económico dos sectores que controlan o mundo lévase a cabo grazas aos medios de comunicación de masas que nos manipulan incitándonos a un consumo


T

régola 3

Os medios de comunicación de masas manipúlannos incitándonos a un consumo desmesurado

desmesurado e nada viable, pois estamos sobreexplotando os recursos dunha maneira insostible que nos levará a destrución do planeta. E á súa vez, estes medios de comunicación adoitan estar controlados e vixiados polos poderosos que nun intento de protexer os seus ambiciosos intereses deciden a in-

formación que lles interesa ou non que saibamos, roubándonos o noso dereito á información como se dunha ditadura fascista se tratara. Hessel revelouse na Resistencia contra unha ditadura que asolou Europa, que atentou contra os nosos dereitos, contra a democracia. Era unha ditadura visible, fácil de percibir. Pero agora a democracia está sendo ameazada dunha maneira encuberta, da que non é doado percatarse. Este libriño axúdanos a abrir os ollos, a reflexionar, a darnos conta de que como novos e futuro da sociedade temos que indignarnos e actuar. Debemos crear unha “Resistencia” para combater contra un mundo dominado polo capitalismo feroz. “Crear é resistir, resistir é crear”

Marta Fernández Caballero 2º Bach. E

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 4

Gadafi A polémica situación en oriente próximo culminou hai escasos meses co ataque da OTAN a Libia, país duramente reprimido polo seu goberno dirixido polo coronel Gadafi. Libia é o único país intervido polas forzas militares aliadas.

D

esde hai escasos meses Oriente Próximo meteuse nas nosas casas a través das noticias e en forma de revoltas. O que comezou como unha batalla pola liberdade en países absolutistas, derivou nunha intervención militar internacional en Libia, alegando a negativa do coronel Gadafi a abandonar o poder, e a súa dura represión aos insurxentes. Situación moi similar ás de Iemen e Bahrein, que, curiosamente non recibiron axuda militar internacional a diferenza dos revolucionarios libios. Gadafi subiu ao poder en 1969, proclamando unha política socialista adecuada ao terceiro mundo, en 1970 nacionalizou as empresas privadas, permitindo unicamente a existencia dos pequenos negocios fami-

L e t ras G ale gas 2011

liares. Relaciónase con varios atentados levados a cabo en occidente, o máis relevante o atentado de Lockerbie, que tensou as relacións internacionais durante décadas. No 2003, e contra todas as expectativas o goberno libio responsabilizouse do atentado, recuperando o aprezo dos países capitalistas europeos. Incluso no 2009 chegando a firmar un acordo diplomático militar con Washinghton, establecendo co goberno dos estados unidos estreitas relacións de intelixencia a través do comando África dos EE.UU, responsabilizado polo Pentágono debido aos intereses estratéxicos estadounidenses. Precisamente é o Pentágono quen coordina a agresión militar conxunta a Libia. Esta resolución de ataque foi aprobada por 10 votos a favor dos 15

representantes que forman o Consello de Seguridade, merece facer mención á abstención de Rusia e China, membros permanentes do consello, e con dereito a veto, veto que non utilizaron. Curioso mundo o da política, posto que as armas coas que o réxime libio se está a defender son de orixe alemá, italiana e española. As compoñentes das súas naves, procedentes de España vendidas por 3,5 millóns de euros, non teñen nada que ver cos 1.500 millóns de euros que se esperaban facturar no primeiro semestre do 2010 pola venta de material de defensa a Libia. Francia tampouco pode ocultar as boas relacións establecidas co réxime libio, moito menos o seu actual presidente, Sarkozy ao que Gadafi acusa de ser financiado por el. O presidente americano atópase nunha cruzada moi polémica, pois ao cargar contra o réxime libio apoia aos revolucionarios civís da rexión oriental, a rexión árabe que con máis voluntarios contribúe a Al Qaeda, pero todo sexa pola liberación do pobo libio. Os rebeldes libios permanecen fieis aos seus ideais, loitando coas súas obsoletas armas e o seu rudimentario adestramento militar, xa teñen baixo o seu control Ras Lanuf


T

régola 5

63 civís morreron abatidos por fogo amigo, dous erros cometidos pola OTAN e Ajdabiya, importantes cidades petroleiras. De acordo con fontes estudosas destes vitais asuntos, Libia está en posesión do 3,5% da reserva de petróleo mundial, que suporía entre 40 mil millóns e 60 mil millóns de barrís de cru. Unha gran cantidade, en comparación coa primeira potencia mundial, esta só ten 21 mil millóns de reserva. Outro dato a ter en conta sobre o potencial enerxético de Libia son os seus 1,500 millares de millóns de metros cúbicos de gas natural. Este é un dato relevante, dado que Gadafi, ante os primeiros indicios do ataque internacional ameazou con retirar o subministro de

petróleo a aqueles países implicados. Ameaza moi seria, posto que do petróleo Libio dependen moitos países, entre eles España, do que é o segundo provedor, ou China, país ao que exporta o 11% da produción do seu cru; e volvemos á interesante cuestión de porqué o país asiático non se pronunciou, nin votando nin vetando. O número de vítimas e mobilizados aumenta cada vez máis, Italia, partícipe na decisión da OTAN trata de repatriar desesperadamente os milleiros de mobilizados que foxen á illa de Lampedussa (bastantes problemas ten Berlusconi con outros menestreis e preitos); e 63 civís

morreron abatidos por fogo amigo, dous erros cometidos pola OTAN. O primeiro cometido o 2 de abril, cando un avión bombardeou un convoi no que se atopaba unha ambulancia. O segundo e máis recente o do 7 de abril no que mo rreron 50 rebeldes. Hai escasos meses Libia meteuse nos nosos fogares, esperemos que saia coa cabeza alta.

Andrea Vilas 1ºBach.-B

Libia está en posesión do 3,5% da reserva de petróleo mundial

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 6

Islandia, a revolución silenciosa

V

elaquí a historia xamais contada, a historia dunha revolución pacífica e silenciosa, tan silenciosa que ningún medio de comunicación quixo escoitala e menos, contárnola. Unha revolución que se vén dando desde hai dous anos nun país cunha das democracias máis antigas e que ocupou o primeiro posto no Informe de Desenvolvemento humano da ONU, un país de Europa mesmo: Islandia. En Outubro de 2008, ao estoupar a crise, Islandia, foi un dos países máis perxudicados. Quebraron os seus bancos máis importantes e a débeda do país situouse varias veces por riba do PIB anual. Foi entón cando empezaron as protestas ciudadáns que culminaron coa caída do goberno enteiro e a convocatoria de eleccións xerais, todo isto de maneira totalmente pacífica. Cando o parlamento decidiu devolver a débeda que xeraron os bancos tendo os islandeses que pagar durante cinco anos foi cando

Un pobo unido e de forma pacífica pode facer valer a súa voz por riba daqueles que manexan o mundo

se negaron rotundamente e forzaron un referendum para permitir a indemnización, no que o “non” á financiación acadou o 93 por cento dos votos. E o que aínda é máis, a policía islandesa comezou a buscar os banqueiros e altos executivos culpables da crise, e metéronos na cadea.

En novembro de 2010 elexiuse una asamblea costituínte para redactar unha nova Constitución recorrendo directamente ao pobo. A asamblea presentará o proxecto de constitución que máis tarde terá que aprobar o Parlamento. Unha última medida foi crear una lei para protexer a liberdade de expresión e información das fontes periodísticas, e que permite que os cidadáns teñan coñecemento de todas as accións que emprenden os gobernantes. Actualmente en canto á economía houbo una mellora aínda que a taxa de desemprego segue a ser alta. É curioso que non se nos informase de nada disto, quizais os medios de comunicación non lle dean importancia a estes feitos, ou pode ser que a aqueles que manexan a información non lles interesa que estes datos saian a luz. Teñen medo de que intentemos levar a cabo algo semellante? Desde logo non lles convén. O que nos queda claro con isto é que un pobo unido e de forma pacífica pode facer valer a súa voz por riba daqueles que manexan o mundo, e botar abaixo un goberno, reclamar responsabilidades para os culpables da crise actual e lograr una nova constitución feita polo pobo mesmo, todo de forma democrática. Este pobo dános una lección de valentía e de loita contra un sistema insostible que anda a pelexar contra si mesmo. Ensínanos cal é a verdadeira democracia, o poder dun pobo.

Amara Pérez Davila 2ºBach.D

L e t ras G ale gas 2011


T

régola 7

Ondas matavidas

H

ai dous meses que o peor terremoto da costa pacífica, cunha forza de 9.1 na escala de Richter, arrasou Xapón facendo que soños e corpos quedarán esnaquizados. Xapón intenta sobrevivir ás dúas catástrofes derivadas desta onda de dez metros, provocada polo terremoto, que o deixou en desamparo. A primeira delas os danos materiais, por valor duns 217.400 millóns de euros, que deixan a unha das maiores potencias económicas do mundo cunha débeda que só os seus habitantes poderán saldar .

Por outra banda está a radiación nuclear á que están expostos os seus habitantes dende que estouparon os reactores da central de Fukushima (debido ao terremoto). Poren, estas catástrofes produciron unha revolución mundial contra as enerxías non renovables e sobre todo contra as centrais nucleares cuxos residuos son vertidos na nosa nai terra todos os días. Os nipóns non parecen mostrar ningún tipo de estrés ante este desasosego que nos están mostrando os medios de comunicación. Elegancia? Tradición? Ou maximización dos fei-

Os nipóns non parecen mostrar ningún tipo de estrés ante este desasosego que nos están mostrando os medios de comunicación

tos por parte da televisión,radio e outros? Pobres de nós, simples vítimas dos medios, que nos fan crer que toda a situación de Xapón está sendo unha tráxedia histórica, pero non é así como o viven. Certo é, tamén, que este non é un dos mellores momentos para este país oriental. Catro catástrofes seguidas¡ Que país podería afrontar iso con total tranquilidade? Miles de mortos, centos de feridos, milleiros de persoas sen fogar pola radiación. No trasfondo de toda esta parafernalia, están os sentimentos de todos os familiares das persoas antes mencionadas. É que estes danos hai que sumarllos á todos os anteriores, porque se cadra este sexa ao que máis persoas afecte.

Estefanía Pereira Pinto 1ªBach B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 8

«Telelixo»

P

ropoñémoslles un xogo, acenda a televisión e observe atentamente o que vexa. Probablemente non lles guste pero aínda así, seguirana a ver nesas horas parvas; un dato esclarecedor, o español medio pasa 57 días ao ano diante do televisor. Agora reflexionen, gústalles o que ven? A baixa calidade das nosas programacións é un tema recorrente, pero por moito que nos desagrade segue estando aí, ante nós, día a día e a todas horas. Os mesmos programas con distintos nomes, traspásanse dunha canle a outra, prometendo unha fórmula nova que nos sorprenderá e que ao final, non é máis ca o mesmo de sempre. Realitis vistos ata a saciedade, programas do corazón de personaxes que non teñen unha transcendencia social e que non fan máis que airear aos catro ventos a súa

Na actualidade, os nenos de entre 4 e 12 anos, pasan 960 horas no colexio, practicamente as mesmas que pasan ante o televisor.

L e t ras G ale gas 2011

vida privada, unha clara violación dos horarios infantís que eles mesmos se autoimpuxeron e a escasa información que nos chega a través dos telexornais. Cábenos preguntar, esas series e programas, reflicten realmente o que nós somos, unha sociedade desestruturada con trastornos adolescentes e ansia de fama? Mesmo os telexornais apuntáronse a esta burda moda e enchen os seus espazos con noticias banais aloxándose do realmente importante. Esta dependencia da televisión mingua a nosa capacidade de xulgar e dixerir o que en realidade estamos a ver. Así acontecen casos como o ocorrido nun programa de Telecinco (a cadea antagónica á cultura por excelencia) no que unha presentadora presionou á muller dun suposto asasino e violador dunha nena gaditana, ata que esta acabou confesando o crime do seu marido. Pero é xusto mencionar que esta muller sofre unha deficiencia mental. Ou as recentes declaracións dun político do PP que tivo que comparecer ante os tribunais por chamar a un doutor, nazi por unha suposta mala praxis, escudándose dos cargos dado que os responsables do programa en cuestión, aconselláronlle utilizar un vocabulario agresivo e locuaz. Parece que a agresividade vende, tanto verbal como física; e moitas veces, nese suposto horario infantil. Na actualidade, os nenos de entre 4 e 12 anos, pasan 960 horas no colexio, practicamente as mesmas que pasan ante o televisor. Do tempo total que pasan, só un 25% corresponde a programas infantís e só o 30% dos pais ven a televisión cos seus fillos.

Ademais de todo isto, a maioría da progamación televisiva, está ocupada polos miles anuncios que nos incitan a consumir, moitas veces pasando por alto a igualdade de xénero ou o público ao que están destinados, e é que non é a primeira vez que unha canle é denunciada por este motivo. Pero debemos agradecerlles o exercicio mental que nos supón intentar lembrar de que trataba a película que estamos a ver, tras os 15 minutos de anuncios. Precisamos outro tipo de televisión, que nos enriqueza como persoas e sen aburrirnos, porque cultura e diversión son totalmente compatíbeis. Porque o que de verdade vende é a innovación, a orixinalidade e, por que non, o humor; un humor intelixente que escape dos recorrentes chistes verdes e obscenos. É hora de escapar do telelixo!

Claudia Román Freijeiro Andrea Vilas 1º Bach. B.


T

régola 9

Lei Sinde (Lei de economía sostible)

P

orque está claro que Ángeles González-Sinde nunca levará pantalóns pirata. Que é a Lei Sinde? É un apartado da Lei de Economía Sostible, cuxos cambios veñen propostos pola ministra Ángeles González-Sinde, que afectan á Lei de Servizos da Sociedade da Información, á Propiedade Intelectual e á Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Isto tradúcese nunha frase dita pola ministra: «a piratería será un recordo do pasado moi pronto». Por suposto, nós, os consumidores, estamos en desacordo con estes novos cambios, que supoñen unha serie de grandes problemas na súa mala planificación. En primeiro

lugar, pódese dicir que é un erro que a denuncia que se fai a unha posible falta da propiedade intelectual, se faga través da Administración. Isto desemboca en dous grandes problemas: O primeiro é que o dereito de liberdade de expresión queda completamente minguada, e isto supón un grave inconveniente se falamos dun sitio coma internet.

O segundo é que o xuíz non ten voz nin voto, senón que a súa decisión vén determinada pola comisión. É xusto isto? Despois duns cantos casos de denuncias fallidas por parte das asociación pro-dereitos de autor, comprobouse que, efectivamente, o poder xudicial dá a razón aos internautas. Por este motivo, decidiron meter presión ao goberno para deseñar unha nova estratexia que lles permita pechar as páxinas que lles pete. Todo isto a quen favorece? Á industria cultural. Tampouco sabemos cales son os límites desta lei. Que vai ser penalizado? Que vai estar permitido? Só sabemos que os contidos que estean fóra de España van ser automaticamente bloqueados. Sen comentarios.

Lucía Álvarez Rguez. 1º Bach. C

A piratería será un recordo do pasado moi pronto

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 10

De millonario a terrorista global

A

wad Bin Laden coñecido coma Osama Bin Laden é coñecido mundialmente por ser o fundador da rede terrorista AlQaeda. Segundo confesións e reivindicacións do mesmo Bin Laden, foi o responsable de numerosos ataques terrirostas contra os Estados Unidos e outras potencias occidentais, incluíndo os ataques ás embaxadas de Estados Unidos en Kenia e Tanzania o 7 de agosto de 1998, os ataques do 11 de septembro de 2001. O 1 de maio de 2011, o presidente de EE.UU. Barack Obama anunciou de mañeira oficial a morte do lider de Al-Qaeda, tras un operativo militar realizado polos comandos estadounidenses nunha residencia nas afóras de Abbottabad, Pakistán. Bin Laden sempre apoiou o uso da violencia en forma de Yihad para así combater as inxustizas polos países occidentais contra o mundo árabe.

Gaspar Llamazares: «... o terrorismo de Estado non é unha forma lexitima do terrorismo. Incluso a guerra ten regras, e neste caso non houbo ningunha regra»

L e t ras G ale gas 2011

Entre agosto de 1988 e finais de 1989 creou unha rede terrorista coñecida como Al-Qaeda (A Base). En 1994, despois de que o goberno saudí confiscara o seu pasaporte despois de acusalo de subversión, Bin Laden fuxiu a Sudán, onde se o acusa de ter organizado campos de adestramento terroristas e de onde foi expulsado en 1996. Logo regresou a Afganistaán, onde recibiu proteccion dos talibáns. O 11 de setembro de 2001 se cuestraron catro avións comerciais dos cales dous se esbouraron no World Trade Center, un no Pentágono e un en Pensilvania. As autoridades estadounidenses culpárono a el. Desde os inicios negou toda responsabilide de ditos atentados e ante a negativa do réxime talibán de entregalo sen máis probas fiables, e invadiron o país para encontralo. Aínda que en EE.UU. e en moitos outros países occidentais se o acuse de ter sido o causante do 11 de setembro na páxina oficial do F.B.I. atribúenselle varios atentados terroristas excepto o de 11-S. Existen un gran número de reclamacións non verificadas do seu estado e ubicación, incluídos os rumores da súa morte en varios anos, e aínda

que hai gravacións de videos onde aparece Bin Laden non se puido saber con exactitude a súa localización. O 1 de maio do 2011, informouse de que Osaba Bin Laden morreu durante unha acción militar de EE.UU. e que seu corpo foi trasladado a un portaavións onde tras celebrarse un funeral segundo os ritos islámicos, foi sepultado na mar. José Luis Rodríguez Zapatero: «A desaparición do terrorista é unha noticia que favorece a seguridade e a loita contra o terrorismo internacional». Gaspar Llamazares: «O fin non xustifica os medios e o terrorismo de Estado non é unha forma lexitima do terrorismo. Incluso a guerra ten regras, e neste caso non houbo ningunha regra». Mariano Rajoy: «É un paso cara adiante na batalla contra o terrorismo». A O.N.U recibiu con satisfación a noticia da morte. Hermanos Musulmanes: «EE.UU. debería retirar as tropas de Irak». Angela Merkel: «É un alivio». Fidel Castro califica de asasinato a morte de Bin Laden. A morte do líder de Al-Qaeda non deixará indiferente á política internacional. Suporá unha maior estabilidade para oriente próximo? Bin Laden sempre apiou o uso da violencia en forma de yihad. Na páxina oficial do F.B.I. atribúenselle varios atentados terroristas excepto o de 11-S.

María Olivares Lemos 4º ESO-C


T

régola 11

Controladores aéreos 333.000 persoas afectadas polo caos aéreo

A

folga de controladores aéreos, en España (decembro 2010), supuxo a cancelación de centos de voos diarios. E afectaron a máis de 300.000 pasaxeiros, que tiveron problemas para viaxar e/o gozar das súas vacacións. Os conflitos colectivos de traballo constituíron unha inevitable realidade dentro da dinámica da sociedade industrial moderna. Entre eles, a folga aparece, pola súa transcendencia e efectos, coma o máis importante e último recurso ao que acudir cando fallan as instancias negociadoras. Os danos que sufriron moitos dos cidadáns poñen de novo en evidencia o abuso dun dereito que debe ser corrixido. O exercicio do dereito á folga debe acomodarse a determinados condicionantes, tanto de forma coma de fondo, na medida no que se incide sobre realidades e situacións que afectan, non só ao destinatario directo ou inmediato da mesma, neste caso a empresa (AENA), senón a terceiros que tamén quedaron afectados

polas consecuencias e efectos daquela. O custo económico que sufriron as compañías aéreas, as empresas e os pasaxeiros por causa da folga dos controladores hai que sumarlle o custo que supón o malestar para moitos cidadáns. Tamén se debe engadir o custe provocado polo deterioro económico

Os controladores

son uns traballadores

que sufriron os sectores relacionados co turismo xa que a imaxe de España se resentiu e o turismo deteriorouse. É polo tanto necesario corrixir ese abuso de dereitos para refrear certos desaforos nos que un grupo mínimo de traballadores privilexiados (controladores aéreos) pódelle facer a vida moi difícil ao resto dos cidadáns. Por que a folga dos controladores? Os controladores puxéronse en folga porque o goberno lles tocou o peto e sen dicirlles nada sacoulles todos os privilexios que tiñan, entón enfadáronse e non foron traballar para así botarlle un pulso ao goberno.

privilexiados Nuria Lago 1ºBach. B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 12

Eu e o galego

R

ecentemente, no noso instituto, levouse a cabo un estudo sobre a opinión dos alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acerca da nosa lingua, o galego. Tras poñernos un interesante documental no que se expresaban as diferentes opinións de galego-falantes e castelán-falantes, invitáronnos a realizar un cuestionario do que nós fixemos unha enquisa. Os resultados son sorprendentes.

A causa que predomina no porqué da utilización do castelán é porque é a lingua materna.

Opinión que observas sobre os galegos falantes

Que lingua falas?

Sobre a opinión que se ten sobre os galego-falantes, é bastante diferente dun curso a outro. Mentres a maioría dos alumnos de 4º da ESO pensan que son persoas cunha ideoloxía política definida, os de 1º de bacharelato opinan que son xente de baixo nivel cultural. Cabería preguntarnos por que esta diferenza dun ano a outro. Aquí, podemos observar que os alumnos falan habitualmente o castelán e só unha pequena minoría se comunica en galego.

Opinión sobre a normativa do galego Por que a falas?

L e t ras G ale gas 2011


T

régola

Practicamente a maioría dos alumnos son da opinión de que a normativa do galego é indispensábel para afianzar a lingua.

13

Futuro da lingua galega

Modificacións da normativa galega desde 1982

Nesta gráfica, móstrase a opinión dos nosos alumnos respecto a cantas veces se modificou a nosa normativa nos últimos 29 anos. O número de modificacións neste tempo son dúas.

Mentres a maioría dos alumnos de 4º da ESO

Por último, sobre o futuro da lingua galega, hai unha clara diferenza dun curso a outro. Mentres que en 4º de ESO a opinión maioritaria é que o uso do galego acabará reducido a zonas sociais específicas, mentres que en 1º a opinión é que o seu uso prevalecerá seguido moi de cerca polo abandono total deste. En definitiva, o debate social sobre o estado actual da lingua galega, está servido.

pensan que os galego-falantes son persoas cunha ideoloxía política definida, os de 1º de bacharelato opinan que son xente de baixo nivel cultural.

Andrea Vilas

Claudia Román Freijeiro 1º Bach. B.

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 16

Pobo vs. Cidade PoBo

R

uído, estrés, contaminación… por moito que se busquen estas cousas xamais, xamais se poderán atopar na aldea. No campo; pódese durmir pola noite sen que ningunha moto te esperte ás tantas da mañá. O único «ruído» que se pode atopar son os cantos dos grilos e o croar das ras, que fan que penses que estás onda eles no medio do campo. No campo, tamén, se poden ver todas as estrelas sen ningunha contaminación lumínica. Ao mesmo tempo, pódese ver calquera animal: cabalos, xabaríns, aguias, ovellas , cans... Deste xeito, podes colleitar a túa propia comida: o tazón de leite de todas as mañás será do leite das túas vacas; seguro que o bebes dun grolo! Por enriba de todo; medras arredor da natureza e creces sendo feliz.

N

CIDADE as cidades podes coñecer máis xente que no pobo e hai máis zonas de traballo e de lecer.

A parte nas cidades hai máis seguridade que no pobo e aos adolescentes gústalles máis. Nunha cidade hai máis establecementos e mellores. Tamén hai máis posibilidades de que poidas ir estudar ao estranxeiro. E na cidade non tes que madrugar para darlles de comer aos teus animais e limpar as súas «casas», só tes que preocuparte pola túa casa.

Antía González Cartea (pobo) 2ºA ESO

Rocío Castillo Pérez (Cidade) 2º C ESO

L e t ras G ale gas 2011


T

régola 17

A importancia da reciclaxe

N

estes tempos que corren, xa non se fabrican obxectos á man. En vez de facer algo con materiais reciclados, é nos máis sinxelo mercalo en calquera tenda. O malo disto é que ese obxecto mercado pode ser un chisquiño máis bonito, non o nego, pero que che parecería o obxecto se sabes que para facelo cortaron unha árbore, utilizaron menos da metade da súa madeira e o resto desperdiciárona coma se fose un mísero trapo? Pois iso é o que ocorre nestes tempos de agora: en vez de facer algo á man e con traballo, preferimos mercalo sen chegar a saber os materiais dos que está feito. Ademais calquera cousa feita á man (coma un «collage» feito a partir de fotos cos teus amigos) loce máis bonito na túa habitación que calquera outra cousa que mercaras, non cres? Iso é o que opino eu, é por iso que se me ocorreu facer este artigo para que poidades facer algo como isto, e se lle botades imaxinación, ata conseguiredes cousas máis incribles. E aquí a miña opción para a reciclaxe :

Cando pasemos o lazo polo oco entra as chapas, ténsao ben, tirando do lazo con forza.(como na imaxe de abaixo).

A continuación, volvemos a pasar o lazo polo seguinte oco. Tiramos novamente do lazo e repetimos este proceso varias veces ata obter o tamaño que precises face-

UNha PUlSEIRa DE chaPaS Estas pulseiras puxéronse moi de moda nestes meses. MatERIaS: Conseguir arredor de 20 chapas dalgún refresco e fío.

mos o mesmo polo outro lado podes poñerlle as cores de fío que prefiras: aí está ó gusto. (Para unha boneca mediana, máis ou menos, unhas vinte chapas).

ElabORacIóN No primeiro paso facemos un nó e imos introducindo o lazo polos ocos entre as dúas chapas.

Antía González Cartea 2ºA da ESO

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T L O I S

E

ste ano conmemorase a imaxe de Lois Pereiro no día das Letras Galegas. Foi un autor contemporáneo que nos deixou unha curta pegada da súa literatura. Pese á controversia que causou o anuncio do premio, debido a que certo sector literario o rexeitaba, saíu adiante, premiando a este gran autor atemporal. Lois Pereiro nado en Monforte de Lemos en 1958, relacionouse, desde moi novo, coa vangarda galega. Con 17 anos, mentres estudaba en Madrid Ciencias Políticas e Socioloxía, coñeceu a Antón Patiño e Manuel Rivas, xunto aos que, ademais do seu irmán Xosé Manuel Pereiro, creou a revista Loia, da que só se publicaron catro números (o derradeiro no ano 1978). Esta publicación recolleu poemas do propio Lois que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha Loia (publicado en 1996). En 1981, de regreso na Coruña, uniuse á revista La Naval. Nesta época, entrou en contacto con Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xullo López Valcárcel, participando en varias antoloxías

régola 18

P E R E I R O Certo sector literario rexeitábao, saíu adiante, premiando a este gran autor atemporal.

como a De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985). Con colaboracións na revista Trilateral, Ánima+ e Luzes de Galiza. De 1983 a 1987 viaxou con Fernando Saco por toda Europa e traballou de tradutor de alemán, francés e inglés dobrando cine e, sobre todo, televisión. A súa enfermidade contaxiada a causa do aceite de colza e o posterior contaxio da SIDA que o levou á morte no ano 1996, marcou a súa literatura sementada de pegadas ex-

presionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura. A curta traxectoria literaria que nos propiciou Lois Pereiro sáldase cunha serie de «Poemas 1981/1991» e «Poesía de amor e enfermidade» e oito capítulos dunha novela sen acabar «Náufragos do Paradiso», ademais de múltiples novelas, e poemas publicados en revistas e xornais. De carácter pesimista a obra caracterízase polas fondas reflexións da vida e do ser humano, todo islo rodeado por unha sensualidade mística que fai o estilo deste autor inconfundible.

Claudia Román Freijeiro

Andrea Vilas 1º Bacharelato B

A súa enfermidade, marcou a súa literatura.

L e t ras G ale gas 2011


T

régola 19

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - 2011 Tristemente convivo coa túa ausencia sobrevivo á distancia que nos nega mentres bordeo a fronteira entre dous mundos sen decidir cal deles pode darme a calma que me esixo para amarte sen sufrir pola túa indiferencia a miña retirada preventiva dunha batalla que xa sei perdida resolto a non entrar xamais en ti pero non á tortura de evitarte. Somentes intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise sabendo que deberia ter sabido impedirme a min mesmo descubrir que só fun un interludio atroz entre dous muros de silencio só puiden evitar vivindo á sombra inocularlle para sempre a quen amaba doses letais do amor que envelenaba a súa alma cunha dor eterna sustituíndo o desexo polo exilio iniciei a viaxe sen retorno deixándome levar sen resistencia ó fondo dunha interna aniquilación chea de nostalxia. Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 20

Despedida da Promoción

E

aquí as fotos de 2º de bacharelato. Acaba o curso e despedímonos do Santa Irene con moita tristura e desexos de comezar unha etapa nova nas nosas vidas.

2º Bacharelato -A

2º Bacharelato -B

2º Bacharelato -C

L e t ras G ale gas 2011


T

régola 21

2005 - 2011 Esperamos ter deixado unha pegada neste lugar, porque este instituto dende logo deixouna en nós e nunca o esqueceremos. Esperamos vernos pronto, deica sempre!

2º Bacharelato -D

2º Bacharelato -E

2º Bacharelato Adultos

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 22

Primeiro premio de narrativa categoría B (4º ESO e Bacharelato) do certame literario

Letras Galegas 2011 – Santa Irene

Branco xeo A penas unha ducia de casas esparexidas polas faldras dun cumio que se perdía sempre nas altas nubes de tormenta. Do outro lado o extenso océano que tragaba barcos e mariñeiros sen remorsos cada ano. O máis duro inverno atacaba de seguido aquelas terras que permanecían apartadas da civilización e obrigaba aos seus habitantes a avivar o lume das chemineas día e noite. A todos eles agás a un. Había un home, ninguén sabía o seu nome, un home que chegara sendo un cativo da man dunha fermosa muller. Ambos fixeran unha dura viaxe a través do carreiro que rodeaba a base da montaña e internáranse no bosque que había un pouco máis alá. Non moito despois a muller marchara de novo por onde viñera mais o rapaz non ía con ela. Desde aquel día ventos xeados do nordés comezaron a instalarse no val e o camiño que rodeaba a montaña tornouse un desfiladeiro mortal de agullas de xeo. A diminuta poboación quedara completamente illada, obrigada a sobrevivir cos escasos recursos que a árida terra lles proporcionaba. Ao principio homes e mulleres achegáronse ao claro no que o neno estranxeiro comezara a construír unha pequena cabana coa intención de acollelo nas súas casas. Con todo, el negábase a abandonar o lugar por medo a que cando a Señora volvera non o atopase alí e xamais puidera volver a casa. Non aceptaba a comida que lle ofrecían, nin as roupas que coidadosamente lle tecían para que non morrese aterecido de frío. Os anos pasaban coma sombras, sen deixar constancia. As xentes da vila non tardaron en esquecer ao rapaz do bosque e moitos dérono por morto. Porén, nunha das épocas nas que máis escaseaban os alimentos, un home que tempo atrás semellara un cativo indefenso da man dunha da,presentouse na taberna con

L e t ras G ale gas 2011

dous sacos cheos de cereal.Con poucas palabras intercambiounos por algunhas pezas de roupa, coitelos, cordas e unhas botas. Cando xa saía pola porta deu volta e preguntou polo túnel que se internaba na montaña ao final do bosque. Pero non obtivo respostas, ninguén dixo nada. Volveu ao día seguinte con outro saco de cereal. Plantouse no medio da taberna e ofreceu todo o saco a cambio de respostas. Os homes que estaba alí miráronse entre eles dubidosos durante un intre, ata que da esquina máis afastada xurdiu unha voz: –Está maldito. Non atoparás nada sexa o que sexa o que busques. O único que esconde ese lugar é a morte, morte e desgrazas–. As palabras proviñan do mariñeiro da vila, o único que lograra desaparecer polo horizonte e regresar a casa con vida de entre as furiosas ondas o día da gran tormenta, aínda que lle custara unha ameazante cicatriz no pescozo. –Pero cruza a montaña, non é así? É a única maneira de saír de aquí. –Outros intentárono antes, e ninguén tornou das súas entrañas. Non creas que es o único valente, simplemente es o único suficientemente estúpido para arriscar a túa vida. A ira cruzou a face do mozo e as chispas dos seus ollos dirixíronse ameazantes aos do mariñeiro. Apretou os puños intentando manter a compostura. –Non necesito consellos de ninguén, sei valerme por min mesmo, mellor que calquera dos que estades aquí. Só quero unha resposta, o túnel cruza ou non cruza a montaña? –Crúzaa, pero o lastre da túa arrogancia impedirache avanzar. –Daquela terei que esforzarme o dobre ao camiñar–.


T

régola

As últimas palabras quedaron suspendidas no aire ao tempo que o mozo abandonaba a calor da taberna cunha chispa de esperanza prendendo no seu peito. Camiñou o treito que o separaba da súa cabana sendo consciente de que alguén o seguía. Nada máis chegar agarrou un coitelo e preparouse para atacar en calquera momento. Cando a sombra entrou no refuxio botouse enriba dela colocándolle o fío na gorxa. –Agarda! Só quero axudarte!– A dona das agudas verbas forcexou e bateu contra o seu opresor con todas as súas forzas inutilmente. –Quero porpoñerche un trato, sóltame por favor. O home liberou á súa presa e sentou nunha cadeira, do outro lado do cuarto. Cruzou os brazos sobre o peito e observou á muller que tiña enfronte. Ocultaba a súa beleza baixo unha gran capa, que non conseguía disimular por completo as últimas pinceladas da súa infancia. Seica tiña dous ou tres anos menos ca el. Negando coa cabeza ergueuse de novo e pediulle á muller que marchase, rexeitando a súa axuda. –Teño un mapa da gruta. Eu non creo en todo iso da maldición, pero ese túnel é un auténtico labirinto cheo de trampas mortais. Non conseguirás atravesar a montaña sen isto–. Meteu a man no peto e sacou un papel amarelado. O home alongou a man tratando de collelo pero a

23

moza apartouno axilmente. –Antes tes que aceptar un trato. –Que trato? –A desconfianza xa se palpaba na súa voz, sabía que as condicións non lle ían gustar. –Eu tamén vou. – Non, iso si que non. – Está ben. Entón non hai trato, terei que emprender a viaxe pola miña conta. Sen máis dilación a muller desapareceu deixando tras súa un inconfundible recendo a canela, un cheiro que o transportou moito tempo atrás, aos días nos que quedar durmido era sinxelo e os sonos non eran zarandeados polas pantasmas do pasado, senón que consistían nos aloumiños dunhas mans queridas. –De acordo, podes vir– dixo mentres sacaba a cabeza pola porta–, e agora déixame ver ese mapa. Descolorido e parcialmente comido polos bichos, coa marca do paso do tempo incrustada na súa superficie. Era un mapa trazado a man, un garabato feito sen tempo nin ganas. Os anos atacaban incansables a súa tinta de cor indescifrable. Tanto podería ter sido escrito con sangue coma con carbón. Mais non había dúbida de que se o que alí estaba escrito era certo ía ser máis que necesario. Tardaron varios días en descifrar todas as anotacións, días nos que traballaron xuntos, axudándose un ao outro e

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola

dándose conta da soidade na que viviran os últimos anos. El afastado de todo ser humano agochado nun bosque; ela a única nena da vila, crecendo nun mundo demasiado adulto e serio para a súa curta idade. Os días semellaban eternos camiñando pola escuridade da cova. As noites en cambio pasaban veloces entre conversas e recordos. –Simplemente quería escapar da monotonía, da rutina diaria. Non estou feita para vivir sempre no mesmo sitio. O meu espírito necesita ser libre, poder ir onde queira, non ter ataduras… Pero os teu motivos son moi diferentes, eu seino, aínda que non mo queiras contar–. Agardou unha resposta a pesar de que sabía perfectamente que só lle agardaba silencio. –Boas noites. –Son… Unha vez fun príncipe. Vivía en palacio felizmente pero un día miña nai apareceu morta, alguén lle cravara unha daga no corazón. Meu pai nunca superou a súa morte, nunca volveu ser o mesmo. Eu era moi pequeno daquela, pero fíxenlle unha promesa que nunca esquecerei, a promesa de vingar a morte de miña nai e converterme no mellor rei que xamais tivera o noso reino, capaz de evitar as inxustizas e as mortes de inocentes–. Sobreveu un silencio, xa frecuente nas súas conversas, pero que estrañamente nunca resultaba incómodo.– Nunca me dixeches o teu nome. –Nunca mo preguntaches–. Deixou escapar unha pequena risa. –Moira. –Alexandre. Camiñaban por un sendeiro moi escorregadizo e estreito coa única compañía dun negro abismo á súa dereita. O medo apoderábase de Moira, incapaz de dar un só paso. Comezou a tremer, cada vez con máis forza, ata que as súas pernas xa non a puideron soster. A man de Alexandre chegou demasiado tarde e ela perdeuse na negrura. Alexandre berrou o nome da moza durante horas pero non obtivo respota. Sentíase impotente e sen saber que facer. Arrimou as costas contra a fría pedra das paredes da cova e agardou. Agardou ata que non puido máis. Deixou caer todas as provisión que lles quedaban polo precipicio e lanzou unha promesa ao aire: –Volverei buscarte, prométocho. Ese memso día alcanzou a saída da montaña. Ao principio a claridade do exterior impediulle ver nada, pero cando os seus ollos conseguiron adaptarse á luz a paisaxe non podía ser máis desoladora. Toda a vexetación fora arrasada polo lume e agora atopábase cuberta por unha capa de neve e xeo.

L e t ras G ale gas 2011

24

Non tardou en chegar á poboación máis próxima. Sabía como gañar a confianza da xente, como facer que falasen. Ao pouco tempo xa estaba cavilando sobre o acontecido durante a súa ausencia. A Señora Branca facíase chamar agora. A muller que se encargara da súa educación desde o seu nacemento e na que a súa familia sempre confiara, traizoárao. Abandonouno á súa sorte case coa seguridae de que non sobreviviría moito. Despois só tivera que finxir a tráxica morte do neno e namorar ao aflixido monarca para facerse coa coroa. O máis estraño de todo era a facilidade coa que seu pai se deixara manipular, por non falar do interminable inverno que se manifestaba desde había anos. Pero Alexandre negábase a crer que aquilo puidese ser maxia, algo superior a el e que escapaba do seu control. Non foi sinxelo entrar no palacio sen ser visto, pero non era a primeira vez que o facía. Constantemente escapaba da garda real para ir xogar aos amplos patios marmóreos cando era un neno. Elixiu un punto estratéxico desde o que podía observar sen ser visto e sacou a daga que escondía na bota. Sabía que tiña unha única oportunidade, que se fallaba tería que escapar. Suábanlle as mans dos nervios, tanto que a daga escorregóuselle entre os dedos e no silencio da sala todas as miradas se dirixiron cara el. Era nese momento ou nunca. Lanzou o coitelo directamente ao corazón da Señora Branca. E cravouse. Cravouse no peito de seu pai, que se interpuxera para defenderla. –Primeiro eu mato a túa nai, logo es ti quen matas a teu pai. A verdade é que teño curiosidade por saber quen será o seguinte. A muller alzou as mans e delas comezou a emanar unha bóla luminosa. Ao mesmo tempo outro coitelo voaba polo aire. –Non é difícil adiviñalo. Non tivo a necesidade de ver onde se cravaba a daga. O forte ouveo serviulle para lembrar como tempo atrás unha fermosa dama lle ensinara a non fallar nin un só lanzamento. Pero aínda lle quedaba unha promesa por cumprir. Unha moza marabillábase coa visión dun esplendoroso sol tras días de escuridade.

COLiBRí Sandara Correa González 2º Bach. A


T

régola 25

Primeiro premio de ilustración categoría B (4º ESO e Bacharelato)

ATALANTA Vanessa Senra Bértolo 2º Bach K

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 26

Que serie vías de pequeno?...

T

odos fomos nenos algunha vez. Algúns maduraron antes e esqueceron a súa infancia. Outros, seguen sendo infantís. Pero, a gran maioría xamais esquecera as súas series preferidas cando era pequeno.

Cando Luffy tiña seis ou sete anos, comeu unha froita de Belcebú e dende entón transformouse nun rapaz de goma incapaz de nadar. Unhas das cousas máis significativas desta serie é o sombreiro de palla de Luffy.

En terceiro lugar, con 9 puntos, atópase: Houbo unha empate; no segundo lugar con 10 puntos, cada un, están:

 DRaGON ball  ONE PIEcE A historia trata dun mozo chamado Monkey D. Luffy que comeza a súa viaxe para alcanzar o seu soño: chegar a ser o rei dos piratas. Para o cal deberá atopar o lendario tesouro do One Piece deixado polo antigo rei dos piratas Gold Roger.

L e t ras G ale gas 2011

A historia conta as aventuras que lle suceden a un rapaz chamado Son Goku. As bolas máxicas son sete e serven para convocar ao dragón Shenron e que lle conceda un desexo. Despois de se cumprir o desexo, as bólas vólvense espallar polo planeta e fican inertes durante un ano. Dentro da historia de dragón ball podemos atopar tres sagas moi coñecidas:


T

régola 27

tIPOS DE SaGaS

 SIN chaN

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola

Sinoshuke Nohara, un rapaz moi fedello de cinco anos, é o principal protagonista que vive en Kasukabe, Saitama. Este rapaz odia o pemento e encántanlle as rapaciñas novas. As súas frases máis coñecidas son: cuíño, cuíño!; trompa... trompa... Xa para rematar o noso “ranking”, con 16 puntos o primeiro lugar o ocupa...

POKÉMON Esta serie é unha das poucas que segue a vender milleiros de xogos, e a serie aínda a seguen a ver os máis fieis a Pokemon, e os máis novos. É hoxe o día en que os nenos máis pequenos seguen a gozar dese pequeno rato amarelo que dicía «pika». Os Pokémon cambiaron moito dende que en 1996 saíu o seu primeiro xogo para a game boy color (Pokemon «red and green») e de alí a 5 anos se estreaba o anime co capítulo en español: «atrápalos todos». Un primo meu, ao que lle peguei o enganche por Pokemon, díxome: «Sabes que?, o outro día dixeron pola tele que había unha nova xeración de Pokemon: a 5ª xeración». Persoalmente, eu quedei con Pikachu e pouco máis, aínda que teño xogado a pokémon cos meus primos pequenos...

L e t ras G ale gas 2011

28

En definitiva, para min, e 15 persoas máis que o votaron na enquisa –entre as que me inclúo–, pokémon foi a súa serie favorita cando eran pequenos. Seguirá sendo agora? NOME Da SERIE

PUNtOS ObtIDOS

POStO

Pokemon

16

Dragon ball

10

One piece

9

Digimon

6

Sin-chan

10

Los lunnis

6

Lunny toones

5

Los simpson

7

Heide

4

Antía González Cartea

Rocío Castillo Pérez 2ºda ESO


T

régola 29

Benquerido Instituto Santa Irene

V

ai xa moito tempo desde que nos coñecemos e xa hai confianza. Así que para ser franca nótote un pouquiño desmellorado. Pero foi bonito mentres durou. Aínda recordo cando cheguei aquí en primeiro da ESO, e asusteime ante a fauna de individuos exótico-canis que non chegarían máis lonxe de terceiro pero tamén coñecín á amigos que duran ata hoxe e aqueles que se perderon polo camiño. E tras eses primeiros tres anos nos que maduramos física e psicoloxicamente (alumnos de primeiro, tranquilos, non seredes feos sempre) chegamos a cuarto da ESO, o último curso da educación obrigatoria, que sempre marca un antes e un despois. É o ano dos 15, o ano de tomar decisións, o ano de emborracharse na excursión de fin de curso ou de ir de troula. E por fin, o bacharelato. Aclaración: todo o que din de segundo de bacharelato non é verdade, É PEOR. Así que aproveitade a vida en primeiro e ride con Sara mentres poidades. Pero temos que dicir tamén que segundo ten as súas cousas boas: descobres que o teu cerebro é un músculo prodixioso capaz de reter un temario enteiro nunha soa tarde(cando dicimos temario enteiro referímonos a un mínimo de 5 temas). Non vos equivoquedes, o instituto é a mellor etapa da vosa vida. E agora uns pequenos consellos: non deixedes que o entroido desapareza, custounos moito conseguilo; gritade, protestade, indignádevos, pero por favor, que a vosa excursión de fin de curso non sexa a Cantabria; rebeládevos ante a ditadura chemista e os seus castigos na biblioteca (encima de que veño a clase a 1º...); seguide escapándovos no recreo aínda que esteades na ESO e sobre todo, gozade, aproveitade o voso tempo ao máximo e recordade que nós somos a xuventude: se algo non vos gusta, se algo non é xusto, expresádevos! Deica sempre! Alumnas de segundo de bacharelato con medo a represalias.

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 30

Primeiro premio de poesía categoría B do certame literario

L etras G alegas 2011 – Santa I rene Para os Bardos:

Para Jarvy, que devece coa primavera:

Con grande ira,

Lévame o doce amorodo

con gran fastío

o agre zume esvara

poucas verbas e lapis en man.

perfilando os beizos dándolles cor e sabor

Que non hai peor inimigo cruel voraz e temido que as verbas desherdadas dun antigo conflito.

Repites o xesto contio escoito a froita quebrarase

Mais aqueles que, mofan do poder alleo non tardarán en tragalas verbas

eu mírote, inocente devecendo por saber

pese a non entendelas. a que sabe a froita Que sucios ignorantes

nos teus beixos tinguidos.

endexamais entenderán a lingua que posúe morriña, bolboretas e arcos da vella. Que sucios desherdados endexamais quererán a lingua nai.

L e t ras G ale gas 2011

“Zoótropo” Andrea García Vilas 1º Bach B


T

régola 31

Adeus

Adeus aos meus días de adolescente Onde quedarán aquelas chuviosas e pedregosas mañás?

Inevitablemente estancaranse no meu recordo e Ninguén saberá como me sinto..Pero.. Sobre todas as cousas, como me sentirei dentro duns anos Terei fermosos recordos dun Instituto que se levou seis anos da miña vida Transformarei os malos recordos en simples suspiros Ulirei no meu pensamento a nostalxia a Todo recordo relacionado con aquela torre, aquel reloxo Ou aqueles días nos que todo era posible

Serei profesora? E pintora? Tal vez avogada? Aínda non sei que deparará o meu futuro e os futuros de toda unha xeración Nunca volverei a unha “mìtica” clase de Sara, Tampouco reflexionarei acerca do botellón con Bernardino Aínda que espero recordar algunha das moitas historias contadas por Conchita.

Ilusión, ese é o meu futuro e o pasado. Rememorarei toda unha vida, grazas a un edifico Encherei a miña memoria con aqueles días Nunca esquecerei a cada un de vós. Estás no meu corazón, querido Santa Irene.

Irene Rodríguez 2º Bach. D

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 32

Excursión de cuarto

C

ando pensamos na fin da E.S.O, todos temos na cabeza a viaxe de fin de curso, e non só por viaxar e coñecer novos sitios, senón tamén pola experiencia de pasar uns días cos teus compañeiros do instituto. Ao principio non imaxinabamos que o noso destino fose Cantabria, pensabamos que sería Barcelona, Valencia, Madrid ou incluso Francia, pero foi imposible por culpa da participación da xente, pero de todos modos ir a Cantabria non foi un erro. A viaxe comezou o día 11 de abril, e saímos do instituto ás oito da mañá. Non fomos a Cantabria directamente. Antes fixemos unha parada en Cudillero, onde visitamos a zona costeira e logo chegamos ó «Albergue Cabárceno» onde iamos pasar os seguintes tres días con máis grupos de rapaces de diferentes partes da península.

Ao principio non imaxinabamos que o noso destino fose Cantabria, pensabamos que sería Barcelona, Valencia, Madrid ou incluso Francia.

IR a caNtabRIa NON FOI UN ERRO A primeira impresión do albergue non foi de todo positiva porque todos tiñamos en mente unha cousa bastante diferente da que nos atopamos ao chegar,

L e t ras G ale gas 2011

pero o que non sabiamos era que logo non iamos querer irnos de alí. O segundo día vistamos o «Parque da natureza de Cabárceno» aínda que o tempo non estivo da nosa


T

régola 33

FOI UNha ExPERIENcIa QUE a tODOS NOS GUStaRía REPEtIR

parte, e pola tarde fixemos un percorrido guiado polas partes máis interesantes da cidade de Santander onde tamén tivemos tempo libre para comprar recordos . O terceiro día visitamos as famosas covas de «Altamira», a cova «El soplao» e o pobo de «Santillana de Mar» que é pequeniño, pero ten unha gran variedade de tendas de recordos onde se poden mercar moitos produtos artesanais. O cuarto día saímos dirección a Xixón onde tivemos tempo libre para visitar a cidade, logo visitamos a praia das Catedrais e vimos de volta a Vigo.

En xeral foi unha experiencia que a todos nos gustaría repetir, porque coñecer lugares novos está ben, pero pasar uns días con xente estupenda e ter a oportunidade de coñecela máis a fondo é algo inesquecible, polo tanto queriamos dar darlle as grazas a todos os nosos compañeiros por facer unha convivencia realmente agradable e por todos os bos momentos que pasamos, pero queremos mencionar especialmente a Elvira e a Vicente, porque aínda que pareza que non, sabemos que non é un traballo sinxelo aguantar a un grupo de rapaces de cuarto da E.S.O, así que grazas, de verdade.

Ángela Romero

Iago Albés 4º ESO-C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 34

Cans

C

ans é unha pequena aldea que non pasa dos 400 habitantes. Oculta nun pequeno val entre o Monte Castelo e A Risca, a parroquia aglutínase arredor da antiga estrada N-120, e da autovía VigoOurense. Como tódalas pequenas vilas de Galiza leva unha vida rural e tranquila, de non ser porque todo os Maios unha procesión de chimpíbus chega á vila. Para mergullarse no mundo de Cans é imprescindíbel ter coñecemento dunha serie de conceptos: Cada ano, dende 2004, na pequena vila de Cans é celebrado un festival de curtametraxes galegas, aínda que tamén conta cunha sección de videoclips e proxección de longametraxes e documentais; ademais de actividades paralelas coma concertos, festas temáticas e coloquios. A Asociación Cultural Varela é a entidade responsable da organización do festival, nada un ano antes, asentou as bases do que pronto se convertería nun festival non só a nivel galego senón recoñecido en todo o país. Non esperen atopar longos vestidos de festa nin paxarelas, a celebración baséase no agroglamour. Dúas palabras que semellaban irreconciliables son combinadas na pequena vila de Cans, onde a proximidade dos actores, directores e demais membros do mundo cinematográfico fan deste un festival que lonxe queda das estiradas pasarelas do seu homófono Cannes; e é que aquí poderán ver as súas estrelas montadas en chimpínbus (o medio de transporte híbrido entre o autobús e o chimpín) e gozar dunhas cañas coa vangarda galega. Toda a aldea vese involucrada, deixando os seus baixos, alpendres, e balcóns para a proxección de ditas obras, así a Mari, o Pato ou o Bugarín prestan os seus

Poderán ver as súas estrelas montadas en chimpinbus e tomar unha cañas coa vangarda galega.

fogares durante catro días para un ben común: a diversión. Cada fogar privado convértese nunha sala de cine improvisada dun xénero cinematográfico en concreto, así a casa de o Bugarín alberga o cine de animación, e o Jalpón de Alicia é o fogar do cine Friki. Aqueles que sempre soñaron con falar co seu ídolo adolescente, e o non tan adolescente poden achegarse ao Coloquio na Leira, encontro cun cineasta de recoñecido prestixio nun auditorio moi especial: a leira de Alicia. Unha paisaxe digna dunha conversa distendida entre creadores e cinéfilos. Ademais achegaranse invitados foráneos do mundo do espectáculo; inaugurará a presentación do festival o cómico El Gran Wyoming, ao que previamente lle tiveron que explicar onde se metía, e o que era un chimpín. Os coloquios contarán con tres invitados moi especiais, dos cales xa se revelaron os nomes de Fernando León (“Los lunes al sol”) e Jorge Coira ( Premio Mestre Mateo por “18 comidas”). Manterémonos atentos á publicación do terceiro convidado. Do 18 de Maio até o 21 do mesmo mes, para máis información buscade en internet “Festival de Cans”, onde poderedes ver un pouco máis de historia, informarvos das novas e pescudar por que a vila recibe ese nome se non ten nada que ver co animal.

Andrea Vilas 1º Bach. B

L e t ras G ale gas 2011


T

régola 35

Películas 2010 - 2011 cISNE

NEGRO

É unha película dirixida por Darren Aronofsky, e protagonizada por Natalie Portman. Trata sobre unha bailarina que se presenta ao papel de cisne tanto branco coma negro nunha audición de ballet. E tras saír seleccionada, dáse conta de que a moza é moi perfecta nos seus movementos e non é capaz de interpretar ben a parte do cisne negro, entón dálle esa parte do papel á outra bailarina, e a partir dese momento a protagonista empeza a contactar máis co seu lado escuro.

alIcIa

NO PaíS DaS MaRabIllaS

É unha película inspirada nos libros «Alicia no país das marabillas» e, «A través do espello e o que Alicia atopou alí» levado ao cine no ano 2010 por Tim Burton, e protagonizada por Mia Wasikoska. Esta película lanzouse tanto en formato clásico coma en 3D. A película trata dunha rapaza que volve ao país das marabillas despois de 6 anos para evitar casar cun lord inglés, pero sen recordar que xa estivera alí anteriormente.

Ángela Romero 4º ESO C

ORIGEN Foi estreada no 2010 baixo a dirección de Christopher Nolan e protagonizada por actores como Leonardo DiCaprio, Joseph Gordon, Ellen Page. A película trata sobre un grupo de persoas que se introducen nos diferentes niveis dun soño mediante unha máquina pero teñen o perigo de chegar a un nivel tan intenso do que non poderían diferenciar a realidade, polo que nunca espertarían. Recibiu catro Oscars e recaudou 43.616.973,61€ e taquilla

tOy StORy 3 É a terceira parte da coñecida historia «Toy Story» dirixida, como as demais por Lee Unkrich, na que un neno se fai maior, colle as maletas para irse á universidade. A súa nai, confunde a bolsa dos xoguetes que ían ao trasteiro, coa que donaba, e envía os seus xoguetes a unha gardería, onde comezan a derradeira aventura.

Iago Albés 4º ESO C

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 36

Galegando

U

nha lingua é un sistema, e como tal una totalidade viva que tende a cambiar, renovarse, e mesmo a morrer. Podemos atopar múltiples facetas dunha lingua, musical, literaria; mesmo nas artes plásticas está presente a lingua; ninguén negará que Laxeiro pintaba en galego. Tomemos como exemplo o ámbito da música, ese amplo maremagnum no que o tradicional mestúrase co novo, co heavy, co power pop, con estes estilos musicais que lonxe quedan dos máis que versionados poemas e cantigas populares. Amplo mercado que se estende ante os megalómanos, con grupos como DeZapal, grupo folk de Marín que reinventa con novos ritmos poemas de Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro, Ferrín ou Pessoa entre outros, no seu primeiro disco titulado «Ponte de lus». Coa mesma fonte de inspiración atopamos Astarot, tamén do outro lado da ría, Cangas, e veteranos dende 1983, poñendo a súa inconfundible música aos poemas dos grandes líricos galegos. O seu derradeiro disco fala por si só; «Longa noite de pedra». Iniciándose no rap en galego atopamos a «El puto Coke», que xa contaba cunha longa carreira musical en castelán da o salto ao galego; coa súa canción GgaAlEGO critica a hipocrisía lingüística acompañado por ritmos de todo o mundo. De Ordes chegan as punzantes verbas do grupo de hip-hop Díos que te Crew, que non deixan indiferentes a ninguén pola súa inquietude social e as consecuentes ganas de reivindicación que os converte nun dos estandartes da música feita por galegos, en galego. Para os amantes de hip-hop e o galego aí temos o seu último traballo «Xénese».

Tamén vidos do norte temos a The Homens, que non engane o nome, estes santiagueses saltan a música en galego cun power-pop desenfadado, alegre e con cancións que invitan ao optimismo. Unha recarga de alegría no seu último disco «Crak» A filiación lingüística vén de lonxe, senón que llo digan aos vellos rockeiros vidos de Meirama, Zënzal. Catro lustros de rock galego os preceden. O seu último traballo «A Tribu». Merece facer mención á separación do grupo de Hardcore Sem Resposta, nativos de Vigo, que puxeron fin á súa traxectoria musical este mesmo ano, pero sempre quedarannos os seus traballos, entre eles «Cumprindo as normas nom escritas»; unha marabilla para aqueles que lles guste o xénero. Música para todos os gustos, e en galego.

Andrea Vilas 1º Bach.B

L e t ras G ale gas 2011


T

régola 37

Sons dunha vida

H

ai moitos moitos anos,naceu nun lugar ao norte do mundo ,un son determinante dunha era. O seu pai foi o country, a súa nai o rhythm and blues. Sons cravados na psicodelia acompasados con drogas varias e sexo descontrolado cun ton pacifista determinaron un novo estilo de música: o Rock & Roll. Naceu con Bill Haley (co famosísimo “single” Rock around the clock) pasando nos seguintes anos, polas irresistible mans de The Beatles e pola voz de Mick Jagger, xunto as irresistibles arrapalladas de guitarra de AC DC. O rock tivo moitos amigos;amigos como a música disco, que o acompañaría na seguinte década. Pero tamén tivo descendencia. De agudas e rockeiras guitarras chirriantes nalgunhas primeiras pezas, naceu o «heavy metal» tan característico polo seu son apabullante e estrondoso dos seus riffts e polo seu estilo de vestimenta rechamante para algúns, basto para outros, impresionante para min. Non só o fillo do rock constaba dunha vestimenta especial, el mesmo gustaba dunha roupa marcada polo coiro negro e pola peculiaridade da casa en canto á locomoción. A Harley Davidson daríalle o último toque característico a este estilo musical. Pero como todo ten o seu contrario, os mods eran quen exercían esta función sobre os rockeiros. Equipados co seu traxe e gravata e o seu particular automóbil,a Vespa, ían polas rúas tratando de impresionar coa súa elegancia instaurada polo famoso grupo The Who, donos e iniciadores deste movemento. Este novo estilo abriunos os ollos en canto a moitas realidades da vida: traxicomedias políticas, guerras, fame e pobreza foron temas reivindicados baixo unhas pegañentas letras e notas.

Naceu con Bill Haley and the Comets, pasando por The Beatles, The Rolling Stones e AD CD

O rock acompáñanos dende hai xa cincuenta e cinco anos e acompañará as novas xeracións como parte da súa vida, porque quen máis quen menos gozou con «We are the champions» ao gañar un partido ou con «Yesterday» para bailar unha peza agarrados. Porque levitamos ao escoitar as nosas notas favoritas. Porque a música non é un estilo de vida, senón a vida¡

Estefanía Pereira Pinto 1ºBach. B

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


T

régola 38

As mellores cancións do ano A

s cancións máis votadas polos estudantes de 1º e 2º da ESO do instituto santa Irene son:

No terceiro posto con 5 votos whos that chick.

A canción escrita en inglés por David Guetta e Rihanna «whos that chick» é do xenero pop, na que a cantante Rihanna só desexa bailar mentres leva una roupa dunhas cores chamativas e os seus bailaríns están dando volteretas no aire continuamente. No segundo lugar loca que é Interpretada pola cantante colombiana Shakira. Esta canción do xénero pop queduo de segunda na enquisa con 7 votos, a canción (coma a maioria das cancións de Shakira) ten una versión en inglés e outra en castelán e o videoclip grabouse na cidade de Barcelona E no primeiro posto con 9 votos a canción Danza kuduro.

Interpretada por omar e Lucenzo, normal que sexa a gañadora unha canción tan pegadiza e movida.

O primeiro posto con 9 votos para a canción Danza kuduro.

L e t ras G ale gas 2011

Víctor Fernández 1ºC da ESO


T

régola 39

Pasatempos Sopa de letras

Sudoku Sinxelo 5

V

I

D

a

l

l

a

S

c

P

R

h

c

a

l

c

a

Ñ

O

N

S

D

h

E

l

D

P

O

S

E

a

U

E

F

E

Ñ

Z

N

h

E

x

O

S

D

S

a

c

N

E

P

4

O

h

R

a

Ñ

I

P

S

E

a

c

b

E

I

Z

O

S

E

P

x

F

U

P

l

S

J

a

S

E

R

O

S

l

U

P

U

l

a

c

O

E

I

D

P

S

M

O

R

t

G

4

7

6

5

7

1

1

4

9

6

3

2

3

2

8

2

6

7

5

3

2

6

9

7

8

1

7

8 9 4

1

7

1

3

2

4

6

Medio 8

9

3

2 3

9

2

3

9

2

8 9

6

8

4 7

4. Dúas persoas foron pescar, a menor era filla da maior pero a maior non era o seu pai, como podes explicalo?

Difícil

2

1

7

4

8 7

5

1

6

3. Canta terra hai nun burato dun metro de longo por un metro de ancho e un metro de profundidade?

6

2

3 7

8

2

9

8

7

4

7. Que é o único capaz de frear a caída do pelo?

5

8. Quen ten os días contados?

1

9. Que debemos facer para que os mosquitos non nos piquen de noite?

8

10. Se un avión cae entre España e Portugal, onde enterras os (superviventes) ?

5

9

2. Cal é o animal que ten os pes na cabeza?

6. Que instrumento musical ten só unha corda?

3

2

Pensamento lateral

5. Dous pais e dous fillos foron pescar, e colleron tres peixes, ao repartilos tocou un por cabeza Como pode ser iso?

8

3

5

1. Algúns meses teñen 31 días, outros 30 Cantos teñen 28?

2

3 9

1 1

6 7

6

1

7

3

9 9 7

1

5

Instituto Santa Irene http://centros.edu.xunta.es/iessantairene


Iago Alvés 4º ESO C Sinxelo

4

2

7

5

9

9

8

3

2

1

4

7

5

6

3

8

1

9 2 4 7 6 5 8 1 3

Ángela Romero 4º ESO C

6

Medio 2 5 1 6 9 7 4 3 8

4 7 3 8 5 1 6 9 2

6 8 9 2 4 3 1 5 7

5

9

8

6

7

3

2

4

1

8

9

5

6

2

4

1

3

7

5 9 8 3 7 6 2 4 1

6

3

8

1 5 4 2 8 9 7 6

7 1 3 9 5 2 4

9 2 4 7 6 5 8 1 3

L e t ras G ale gas 2011 Mónica de Oliveira 4º ESO C Difícil 2 5 1 6 9 7 4 3 8

4 7 3 8 5 1 6 9 2

6 8 9 2 4 3 1 5 7

7 1 2 5 8 4 3 6 9

1

5

4

8

2

7

6

2

7

1

3

9

8

6

9

4

5

3

1 3 5 4 2 8 9 7 6

8 6 7 1 3 9 5 2 4

9 2 4 7 6 5 8 1 3

2 5 1 6 9 7 4 3 8

4 7 3 8 5 1 6 9 2

6 8 9 2 4 3 1 5 7

5

9

8

6

7

3

2

4

1

8

9

5

6

2

4

1

3

7

5 9 8 3 7 6 2 4 1

Encrucillado HORIZONTAIS: 1. Cacofonía, 3. Doado, 5. Agro, 6. Alivio, 8. Avogado, 10. Podre, 11. Maña VERTICAIS: 1. Cabezada, 3. Carneiro, 5. Fidelidade, 8. Indagar, 10. Goteira Sopa de letras vidallas, beizos, gorxa, pencas, espiñazo, dedas, calcaño, pulso, coxas Pensamento lateral 1. Todos, 2. O piollo, 3.Non hai terra porque é un burato, 4. Era a súa nai, 5. En realidade so era tres persoas: o fillo, o pai, e o pai de este, que é o avó, 6. A campá, 7. O chan, 8. O calendario, 9. Durmir de día, 10. Non se enterran porque sobreviviron

4. Solucións 11

10

hORIZONtaIS: 1. Efecto sonoro desagradable producido pola cercanía de sons 3. Sinónimo de sinxelo 5.Conxunto de actividades relacionadas coa agricultura 6. Acción e efecto de aliviar. 8. Persoa que traballa aconsellando en asuntos xurídicos 10. En estado de descomposición 11 Disposición para facer ben e con facilidade unha cousa VERtIcaIS: 1. Golpe dado coa cabeza 3. Macho da ovella 5. Calidade de fiel 8. Tentar descubrir algo 10. Sucesión de gotas que pasan a través dunha fenda ou furado

8 6 5 3 1 3

1

5

8

10

Encrucillado

Pasatempos

T

40

régola


Trégola 2011  

Revista do IES Santa Irene de Vigo

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you