Dialogo 12 final recopilado:Maquetación 1 15/06/2012 9:23 Página 1
Limiar
Parece que foi onte que saíu á luz o primeiro número da revista “Diálogo” e xa temos nas nosas mans o número dez. Esta publicación, realizada exclusivamente polo alumnado dos seis idiomas que se imparten na escola, é a mostra do traballo, a ilusión e o esforzo de todos e todas. Grazas pola colaboración de todos aqueles que ano tras ano aportades os vosos artigos, as poesías, as entrevistas, as vosas opinións, as receitas de cociña, os encrucillados, as aportacións literarias, as críticas e todos eses traballos que aparecen nas distintas seccións. Esperamos seguir aparecendo ano tras ano co mesmo forte ánimo e ilusión destes últimos dez números. Remato xa plaxiando a Aurora, a quen botamos moito de menos pola escola e era a que ano tras ano escribía este limiar. Graciñas aos creadores Obrigadíssimos aos criadores Danke den erschaffern Thanks to creators Merci aux créateurs Grazie a le creatore Charo