Empresarias Xubiladas

Page 42

compromiso social e político, a súa casa foi sede das Irmandades (Real, 36–1º), local de obradoiro de impresión e administración e local das Escolas de Insiño Galego. Xa tiña compromiso e actividade social e política antes da voda con Ánxel Casal. Elena de Mos (289)

S. XVIII. O nome aparece na primeira folla pesqueira de Ribeira en 1753. Propietaria dunha dorna (actividades pesqueiras “secundarias” na economía da zona).

Isabel Mosquera y Torre (290)

S. XVIII. Aparece con accións no fondo principal da Real Fábrica de Mantelería da Coruña con prácticas financeiras e crediticias para ter as accións, pouco habituais nas mulleres.

Antonia Naveira García (297)

S. XIX. En 1890 estaba ao fronte dunha fábrica de curtidos (Betanzos), tamén tecedora de lenzo con tear.

Josefa Naya (297)

Rexentou a Imprenta Gutenberg, rúa Barreira, da Coruña.

Michaela Neira (298)

Finais do s. XVIII. Merceira de encaixe en Pontevedra.

Rosalía Neira y Ulloa (299)

Afianzadora do home para a administración da mordomía do Hospital Real de Santiago de Compostela. Apelou á lei para o relevo desta fianza.

Avelina Nogueira Martiñán (303)

Dende nena pescantina en Vilagarcía. Dende os 20, parteira de forma altruísta.

Viúva de Núñez (305)

S. XIX. Impresora, continuou coa empresa do home (Ramón Núñez Espinosa) en Santiago de Compostela e nin se conserva o nome.

Manua Ochotorena (309)

Co fundadora co home dunha escola racionalista en Ferrol, na que tamén ensinou.

Gudina Oduana (309)

Co fundadora co home do mosteiro feminino San Miguel de Bóveda, en Ourense.

Escladia Ordóñez (311)

Fundadora do mosteiro de San Miguel de Eire (Lugo), en 1129.

Alberta Oubiña (318)

Finais do s. XVIII. Comercio de encaixe en Pontevedra. Ve nda en feiras e mercados ou enviaba por barco a portos europeos e americanos.

María Oxea (319)

Merceira de encaixe a finais do s. XVIII en Pontevedra.

Beatriz Pacheco (321)

Sucedeu na imprenta e librería ao home en 1558.

40

40


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.