Pequena guía de aves de Galicia

Page 8

Aniña en colonias, normalmente en árbores, pero tamén esporadicamente en xuncos aplastados ou en acantilados mariños. Pon de 3 a 5 ovos, de cor azul claro, entre febreiro e maio. A incubación dura arredor de 25 días e as crías abandonan o niño ás 7 ou 8 semanas. Come peixes, escaravellos, ras e pequenos mamíferos. (Foto: Ximo Ves Ibáñez)

Martiño peixeiro Pertence á familia das aves coraciformes. Son unhas aves de moito corido e pequeño tamaño. Ten o peteiro longo, en forma de puñal e as patas cortas. A maioría das especies teñen 4 dedos, 3 deles hacia adiante. Os seus ollos están provistos de membranas nictitantes para protexelos do impacto coa auga. Aliméntanse de pequenos peixes que pescan sumerxindo veloz e subitamente na auga.

Melro rieiro É unha ave pequena mide 18 cm desde o pico ata a cola, aproximadamente. É negro, cun marrón, cun babeiro branco que contrasta co resto do corpo. A súa silueta é rechoncha. Vive en ríos de curso rápido, próximo a fervenzas ou regatos de montaña, polos que ascende ata chegar aos 2500 m de altitude. É un ave precavida e tímida. A súa posta é de 5 ou 6 ovos e a incubación pode chegar a durar 18 días. Mergullón cristado O mergullón cristado é unha especie de ave podicipediforme. Son aves dos humedais europeos e asiáticos, moi habituais en lagoas e marismas da península ibérica.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.