Pequena guía de aves de Galicia

Page 1


Abellaruco É un paxaro rubideiro da familia dos nerópidos. É insectívoro e as abellas son a súa principal fonte de alimentación. É un paxaro migratorio. Pode chegar a medir 27 ou 29 cm. Este paxaro ten cores moi ricas, amarela a gorxa, verde o peito, azuis as ás,… O seu hábitat é o campo aberto entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas. Antes de comelas sácalles o aguillón golpeándoas contra o chan, podendo chegar a comer 250 ao día. (Foto: Luis M. Cuaresma)

Aguia real Esta ave de presa ten as ás longas e anchas, con pequenas manchas brancas e cola longa de extremo cadrado e cor clara. As súas patas son moi poderosas e están cubertas de pluma ata o nacemento dos dedos. É unha ave moi adaptable que se atopa en zonas montañosas, aínda que se pode atopar en lugares de baixa altitude coma monte baixo ou zonas despoboadas. (Foto: José Rico Teba)

Anduriña Unha anduriña pode chegar a medir 19 cm de longo. A súa plumaxe é negra azulada brillante na cabeza, lombo, ás e cola; a súa frente e pescozo é dunha cor roxiza, mentres que branco e amarelo son as cores do peito e o ventre. O seu peteiro é corto e as súas ás fortes e longas en proporción ao corpo. Ademáis de longas son estreitas. Caracterízase por ser unha ave migratoria por excelencia e porque o seu sentido da orientación é extraordinario posto que pode lembrar dun xeito sorprendente onde está o seu niño do ano anterior.


Esta ave caracterízase tamén por ser insectívora, é dicir, basa a súa alimentación en insectos que atopa, maioritariamente, durante os seus voos. (Foto: Javier Coll)

Avetarda A avetarda (otis tarda) é unha zancuda do sur e centro de Europa e da Asia temperada. As principais poboacións están en España (15.000), Rusia (10.000) e Hungría (1.200). En Galicia, actualmente, so se ve esporadicamente nas provincias de Lugo e Ourense. Ata non fai moito tempo era habituale na nosa comarca, na zona das brañas de Xestoso, ata que os parques eólicos e a deforestación por mor da concentración parcelaria remataron co seu hábitat. É unha especie en perigo de extinción debido á mecanización das rexións agrícolas e vive en zonas esteparias. O macho mide 1 m de longo e ten 2,4 m de envergadura, podendo chegar a pesar ata 16 kg.A súa plumaxe é parda avermellada con manchas negras. A femia é aproximadamente un 30 % máis pequena e pesa a metade. Aliméntase de herba fundamental o que complementa con insectos, ratos, ovos e vermes. É moi característico o seu cortexo nupcial, no que o macho desplega todo o seu plumaxe nun baile coñecido como a “roda”. (Foto: Javier Sanchís)

Bubela As bubelas son propias de Europa, Asía e África. É unha especie migratoria nas rexións setentrionais da súa área de distribución e residente ou parcialmente migratoria nas outras rexións. A maior parte das que migran de Europa probablemente invernan en África, ao sur do Sahara, en cambio as poblacións do centro e leste de Siberia migran a Asia meridional. Habitan en rexións secas, atopándose en


bosques claros, zonas de frutais, viñedos e campos cultivados con arboredas. A súa plumaxe pode variar desde un pardo rosado a un canela oscuro avermellado, coas ás e a cola listadas de branco e negro. Está dotada na cabeza dun penacho de plumas eréctiles coma un abanico, pero case sempre o mantén pechado. Miden de 25 a 29 cm de longo, con 44 a 48 cm de envergadura de ás. Son inconfundibles, especialmente polo seu voo, que é coma o dunha bolboreta xigante. Camiña polo chan coma un estorniño. O seu canto é un reclamo oco e habitualmente trisilábico. Ten un cheiro peculiar e desagradable. Aliméntase introducindo o seu longo peteiro na terra blanda ou en excrementos de animais na busca de insectos e as súas larvas, aínda que come preferiblmente grilos e escaravellos de gran tamaño. É un depredador da procesionaria do piñeiro. Soen anidar en ocos de árbores vellas, cavidades de edificios, grietas entre as rochas e montóns de pedras, nos que tende a almacenar grandes cantidades de excrementos como protección contra os depredadores. Ambos sexos son moi semellantes, mentres que ao nacer as crías teñen cores máis apagadas. Ao principio a encargada de incubar é a femia, mentres que o macho se dedica a alimentala, máis cando a incubación está avanzada el mesmo pode colaborar neste proceso. Os pitiños poden permanecer no niño 28 días e son alimentados con insectos. (Foto: Jari Peltomäki)

Camón O camón común é unha especie de ave gruiforme. É sedentaria en humedais do sur de Europa. En España habita en toda a costa, especialmente na zona do Mediterráneo. Trátase dunha ave moi vistosa, con plumaxe azul e negro. O peteiro e as patas son vermellas. É moi esquivo e apreciado polo seu valor científico.

Carrizo O carrizo é unha ave de pequeño tamaño. Mide so 9 cm de lonxitude. É un paxaro rechoncho e de plumaxe perduzca. O dorso e a cola deste animal son pardoroxizos mentres a cara e o peito son máis claros. A cola é corta e mantense erguida cando se pousa.


O carrizo aliméntase de artrópodos diversos que captura no chan, entre a follaxe, nas fisuras das rochas ou nas cortezas das grandes árbores. As femias prefiren emparellase con machos que dispoñan dun gran número de niños. O carrizo vive en lugares como as fisuras das rochas ou muros de pedra.

Cirrio O cirrio común ten máis ou menos o tamaño dunha andoriña, uns 16 cm de lonxitude, pero a envergadura das ás é meirande, de 40 a 45 cm. Pesan uns 40 g. A cor da plumaxe vai do negro castaño ao negro intenso. Na gorxa ten unha mancha máis clara. Viven en vilas e aldeas. Son migradores de longas distancias que pasan o inverno en África. Ningunha outra ave pasa tanto tempo no aire coma o cirrio. Suponse que poden voar durante anos e abandonan o vo so para criar. Beben e durmen voando. Poden acadar velocidades de 200 km/h o que os convirte nunhas das aves máis rápidas. (Foto: Camilo Albert Fernández)

Corvo O corvo común é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos. Está presente en todo o hemisferio setentrional e trátase da especie con maior superficie de distribución. Mide entre 52 e 69 cm de lonxitude e o seu peso varía entre 0,69 e 1,7 kg. Viven xeralmente entre 10 e 15 anos. Antes de chegar á idade adulto poden desplazarse en grupos pero na súa madurez forman parellas que permanecerán xuntas toda a via defendendo un territorio. É omnívoro, aliméntase de carroña, insectos, residuos alimentarios, cereais, froitos e pequenos animais. Ao longo dos séculos en varias culturas antigas o corvo foi venerado coma un deus ou un símbolo espiritual.


Corvo mariño O corvo mariño é unha ave de cor negra, co un peteiro amarelo e os ollos dunha cor verde moi chamativa. As súas plumas non son completamente impermeables, o que lles permite sumerxirse pero teñen que poñerse despois coas ás estendidas unha vez que sae da auga. Aliméntase de peixes que atopa debaixo da superficie da auga impulsándose coas patas. Vive en zonas de costa ou lagoas e aniña en árbores ou acantilados. (Foto: Jesús “Aves en Guadalajara”)

Curuxa Son aves de patas longas, cores claras, cola curta e ás longas. O corpo mide entre 33 e 35 cm de lonxitude e a envergadura das ás chega a 85 cm. O aspecto das femias e dos machos é moi semellante. Pode pesar entre 200 e 500 g. A cara ten forma de corazón e cores moi claras, que van esprendéndose ds superficies do branco ao gris claro ou lixeiramente avermellado. A parte superior do corpo é case toda castaña con manchiñas finas grises. (Foto: Juanjo Segura)

Estorniño O estorniño pinto é unha ave paseriforme da familia Sturnidade, con pico córnico e amarelo. O corpo con plumaxe negra de reflexos verdes e morados e con pintas brancas, as ás e a cola son cortas e as patas roxizas. Mide 22 cm desde o pico ata a punta da cola e entre 37 e 42 cm de envergadura. Pero entre 60 e 90 g. Esta ave vive en bandadas e aliméntase no chan, metendo o pico entre a herba para localizar insectos e lombrices. Tamén picoteo restos de comida.


Están adaptados á vida nas cidades e soe aniñar en ocos das árbores aínda que tamén se apropia de niños feitos polos humáns para outros paxaros. Ten a capacidade de imitar os sons do seu entorno e incluso aprendelos. Ao ser tan adaptable en algúns lugares a súa proliferación chegou a desembocar en auténticas plagas. (Foto: Ricardo Rodríguez)

Gaivota Las gaivotas teñen a cabeza, o pescozo, a cola e a parte inferior do corpo dunha cor branca mentres que o lombo e o dorso das ás son de cor gris pálido. É unha especie tipicamente costeira marina aínda que tamén se atopa en lagoas de interior e pode percorrer grandes distancias terra adentro en busca de alimento, que pode ser todo tipo de pequenos animais mariños, vexetais, insectos, carroña, ovos, ratas,… As gaivotas dispoñen dun excelente sistema de defensa pasiva, pois a coloración críptica dos ovos e o plumón pardo das crías sirve de excelente camuflaxe nos bordes dos acantilados ou nas dunas das praias nas que poñen os seus niños. As gaivotas aparéllanse toda a vida aínda que non están xuntas todo o ano.

Galiñola negra Estas aves son negras en canto a plumaxe e normalmente doadas de ver nadando en augas abertas, sendo propias de lugares con vexetación palustre como cañaverais. Teñen escudos frontais prominentes ou outra decoración na frente e as meixelas coloreadas. Moitas especies, aínda que non todas, teñen a parte inferior da cola branca. Teñen os dedos dos pes con lobulados e as súas ás son cortas e redondeadas. Son voadoras mediocres aínda que as especies do norte poden cubrir grandes distancias. Estos paxaros son omnívoros aínda que comen plantas acuáticas fundamentalmente. (Foto: Juan Carlos Ibáñez) Garza Real As partes superiores da garza real son grises, sendo máis oscuro nalgunhas zonas. Ten un penacho negro e o peito é robusto. O peteiro teno amarelo e habitualmente voa coas patas estendidas e o pescozo encollido.


Aniña en colonias, normalmente en árbores, pero tamén esporadicamente en xuncos aplastados ou en acantilados mariños. Pon de 3 a 5 ovos, de cor azul claro, entre febreiro e maio. A incubación dura arredor de 25 días e as crías abandonan o niño ás 7 ou 8 semanas. Come peixes, escaravellos, ras e pequenos mamíferos. (Foto: Ximo Ves Ibáñez)

Martiño peixeiro Pertence á familia das aves coraciformes. Son unhas aves de moito corido e pequeño tamaño. Ten o peteiro longo, en forma de puñal e as patas cortas. A maioría das especies teñen 4 dedos, 3 deles hacia adiante. Os seus ollos están provistos de membranas nictitantes para protexelos do impacto coa auga. Aliméntanse de pequenos peixes que pescan sumerxindo veloz e subitamente na auga.

Melro rieiro É unha ave pequena mide 18 cm desde o pico ata a cola, aproximadamente. É negro, cun marrón, cun babeiro branco que contrasta co resto do corpo. A súa silueta é rechoncha. Vive en ríos de curso rápido, próximo a fervenzas ou regatos de montaña, polos que ascende ata chegar aos 2500 m de altitude. É un ave precavida e tímida. A súa posta é de 5 ou 6 ovos e a incubación pode chegar a durar 18 días. Mergullón cristado O mergullón cristado é unha especie de ave podicipediforme. Son aves dos humedais europeos e asiáticos, moi habituais en lagoas e marismas da península ibérica.


Recoñécense polos seus moños negruzcos e as súas prominentes golas rubias na primavera. As partes superiores son de cor castaño oscuro e as inferiores brancas. A súa lonxitude pode variar entre os 46 e os 51 cm mentres que a súa envergadura varía entre os 85 e os 90 cm. Vive principalmente en lagoas e charcas, frecuentando no inverno tamén a costa. Aínda que non aniña a demasiada altitude pode chegar incluso aos 1200 metros nalgunhas rexións. Constrúen o niño entre a vexetación na beira do río e fai as súas postas entre marzo e setembro. Os pequenos mergullóns trepan ao dorso dos seus pais ocultándose nas plumas das súas ás. Aliméntase de pequenos peixes, crustáceos e insectos que captura sumerxíndose na auga.

Miñato común É unha ave de presa propia do vello mundo que recibe multitude de nomes. O miñato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm coas ás despregadas. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estenden por Asia. Normalmente é unha ave estacionaria, agás nas partes máis frías do seu hábitat. Os miñatos poden chegar a vivir 20 anos e os machos son máis grandes en tamaño e peso que as femias. (Foto: José Manuel Fernández Tejedor)

Moucho común O moucho común é unha ave rapaz nocturna de pequeño tamaño propia de zonas de clima temperado e Europa, Asia e o norte de África. Forma parte da familia dos mouchos típicos diferenciándose de outros como a coruxa común. É un bufo pequeño, de uns 23 a 27,5 cm de lonxitude. As ás miden uns 50 cm. A´nda sendo aves de rapiña nocturnas son activos tamén polo día. Cando voa pode recoñecerse pola súa cola curta. Pousado fai, en momentos de excitación, movementos moi característicos. Os adultos da subespecie máis característica son castaños con pencs brancas na parte superior e castaños con


raias brancas na zona ventral. A cabeza é relativamente grande e os ollos son de cor amarela brillante, con cellas brancas. As patas son longas. Os exemplares novos son de cores máis apagadas e menos pálidos. (Foto: José Ramón Lora)

Paporrubio O paporubio é un paxaro que se ve moito en Galicia. É pequeño, ten o peito dunha cor avermellada coma unha mazá e o resto do corpo soe ser marrón, branco e negro. Mide entre 10 e 15 cm e come caracois, bagas, miñocas,… Vese durante todo o ano pero sobre todo en outono e tamén en primavera. O seu hábitat natural son os xardíns, soutos e fragas. (Foto: Jesús Valverde)

Paspallás A codorniz é unha especie de ave galiforme. É máis ben pequena, chega a medir de 16 a 20 cm, dos cales 5 ou 7 corresponden á cola. Ten unhas ás longas e puntiagudas, que emprega para migrar dun lugar a outro. A súa plumaxe é case sempre parda con franxas ocráceas. As súas cores confúndense co chan. Na primavera aliméntanse de insectos mentreque no verán e outono de cereais e froitos. A carne e os ovos deste eplumado son moi apreciados. (Foto: Luis Ojembarrena Eguiguren)

Pega azul É unha ave máis pequena ca unha pega e destaca pola coloración azul das súas ás, o que lle da o nome. A cabeza, incluido o peteiro é negra, o lombo gris pardo e o peito gris claro. Vive en zonas con árbores non moi densas próximas a algún curso de auga, sendo habituais na península ibérica.


A súa dieta componse fundamentalmente de insectos, froitos do bosque e sementes.

Pernalonga A pernalonga é unha ave de distribución xeográfica moi ampla, caracterizada pola lonxitude das súas patas, extremadamente longas en relación ao corpo. Os exemplares adultos miden entre 33 e 36 cm de lonxitude e as súas patas son de cor rosada. O seu peteiro é negro, longo e fino. Son de cores contrastadas, negras por riba e brancas por abaixo. A cabeza é branca e o pescozo parcialmente negro. Viven en zonas chás con augas doces, salobres ou salgadas en lagoas, salinas e lagos. A lonxitude das patas permítelles procurar alimento en augas relativamente fondas. As discusións que provoca a exacta cuantificación de especies fan difícil indicar a distribución xeográfica exacta, aínda que se consideramos unha especie única abranguería practicament eos cinco continentes. As poboacións que crían en Europa pasan o inverno en África. (Foto: Alejandro Piñeiro Rodríguez)

Pernileiro É unha ave migratoria duns 40 cm de onxitude. É de costumes nocturnas e aliméntase de insectos e pequenos réptiles. Tamén come ovos e crías de outras aves. É unha ave solitaria, desconfiada e con tendencia a esconderse grazas á súa plumaxe parda. Canta de noite cun berro aillado, sobre todo na época de apareo. (Foto: Pedro Trejo)

Peto real O peto real mide uns 23 cm de longo e as súas ás acadan entre 34 e 39 cm de envergadura. Pesa entre 60 e 90 g. a súa plumaxe é egra a parte superior do corpo con dúas grandes manchas nas ás. A parte inferior é gris e amarela co ventre vermello.


Como todos os petos fan o niño en burtaos que constrúen eles memos. Para facelos precisan árbores de madeira blanda e árbores vellos e apodrecidos. Poñen entre 4 e 7 ovos brancos que rompen entre 11 e 13 días. As crías son alimentadas durante 3 ou 4 semanas. Aliméntanse de larvas, insectos e froitos secos. (Foto: Luis M. Cuaresma)

Peto verde Os petos verdes miden ata 31 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de ata 52 cm. Na parte superior do corpo teñen a plumaxe de cor verde oscura, a inferior gris verdosa máis ou menos brillante. Teñen unha máscara facial negra que vai desde a base do bico ata detrás dos ollos. A parte superior da cabeza e a caluga son vermellas, a base da cola amarela verdoso. A zona dos oidos e a gorxa son brancuzadas. As ás teñen cor negra acastañada con manchas acarameladas ou castañas. As diferencias entre os dous sexos son pequenas. Os machos teñen unha mancha vermella coa beira negra nas meixelas que nas femias é completamente negra. Os ollos dos petos verdes son azulados, o peteiro e os pes grises azulados. A plumaxe dos exemplares novos é moi diferente da dos adultos. É moito máis mate, os lados da cabeza o pescozo e a parte inferior do corpo abrancazadas e con moita smandas ou menos bandas oscuras. Caracterízanse por facer o seu niño en ocos na madeira que eles mesmos fan picando.

Píllara das dunas A píllara das dunas ou frailecillo branco é unha especie de ave charadriforme. Mide uns 15 cm de longo. A súa cor varía ao longo do ano. A súa plumaxe é parda grisácea, moi clara no dorso. Ten manchas negras na coronilla, detrás dos ollos. As partes inferiores son brancas e o peteiro negro. Aliméntase de insectos, moluscos e peixes. O seu voo é áxil e rápido e adoita vivir en praias e zonas costeiras areosas. (Foto: Gustavo Peña Tejera)


Pilro Os adultos miden entre 17 e 21 cm, cunha envergadura de ás de entre 32 e 36 cm. Pesan de 40 a 60 g e poden vivir ata 24 anos. O peteiro é longo. En inverno son castaños por arriba e o ventre branco. Na época de cría o ventre ten unha coloración negra e a parte superior é castaña avermellada. Na época de cría viven principalmente en zonas de tundra. Aliméntanse de insectos e lavas e tamén de caracois, vermes e pequenos crustáceos cando se atopan de migración. (Foto: Francisco Javier García Vargas)

Pimpín piñoneiro Trátase de unha ave sixilosa e difícil de observar. É de cor parda anaranxada e posúe un característico antifaz negro. As súas ás son dunha cor oscura nas que sobresae unha franxa branca e a cor azulada das puntas. Vive nos bosques caducifolios e aliméntase de sementes duras que abre co seu gordo e robusto peteiro. (Foto: Javier Coso)

Pita do monte A pita do monte ou pita montesa é unha galinácea que se atopa actualmente en perigo de extinción, quedando algúns exemplares ao longo das zonas boscosas de toda a cornixa cantábrica, os Pirineos, os Alpes e or Xura. En Galicia está presente unicamente nos Ancares. En España vedouse a caza desta especie en 1979 e desde 1986 ten a catalogación de especie protexida,


aínda que con isto non se conseguiu un incremento na poboación até o momento. Vive en zonas montañosas con fragas claras e abertas de coníferas onde haxa abundante vexetación herbácea e auga. A existencia de acivros resulta imprescindible para alimentarse durante o inverno. Acostuma a dormir nas ramas horizontais das árbores, o que se fai un requisito para a súa presenza.

Rabirrubio O rabirrubio tizón é un paxaro pequeño, antigamente clasificado na familia dos melros. Mide uns 13 ou 14 cm de lonxitude e pesa entre 14 e 20 g. Na primavera o macho ten a plumaxe gris ou negra na cabeza, o lombo e barriga, unha mancha branca nas ás e a cola de cor vermella alaranxada. As femias e os exemplares inmaduros son de cor castaña agrisada coa cola castaña mate. Teñen o peteiro apuntado e negro. As patas son tamén negras. (Foto: Manuel Isern)

Verderolo común O verderolo común (carduelis chloris) é un paxaro presente en toda Europa, norte de África e suroeste de Asia. Aínda que se comporta en xeral como ave sedentaria algunhas poboacións que viven nas zonas máis boreais da súa distribución móvense cara o sur no inverno. O verderolo común mide entre 14 e 16 cm de lonxitude. É de cor verde oliva, coas plumas das ás e á beira do rabo de cor amarela dourada. As femias e os exemplares novos son menos brillantes e telen tonos castaños no lombo. O peteiro é groso e cónico. Ten o rabo curto e a cabeza grande. O seu voo ondulante é moi característica. Na época nupcial o macho voa describindo círculos ao arredor da femia cantando sen parar. Non temen a presenza humana. Fóra da época de cría pode xuntarse en bandos, ás veces mesturados con outras especies de frinxílidos. A base da súa alimentación son as sementes, aínda que poden alimentar as crías tamén con algúns insectos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.