Revista 16 17

Page 1

“Laxe das Rodas”

Revista escolar CEIP Plurilingüe de Louro

Curso 2016/17 1


Cando eramos pequenos e nos dicían: “Estás nas nubes”, “Tes a cabeza chea de paxaros”, pois o que che viñan a dicir era que estabas perdendo o tempo. Pois neste curso rebelámonos contra esta idea!. Está moi ben estar cos pés no chan e ser persoas realistas e asentadas, pero de vez en cando, ollar ao ceo, que sensación de libertade da!. O lema do proxecto anual “Ollando o ceo, voando coa imaxinación” foi o combustible que precisabamos para sumarnos a esta aventura. E descubrimos que mirar ás nubes, ás estrelas, ao ceo despexado, á Lúa, premía en nos o botón da fantasía, e facía sair de nos milleiros de contos e historias. Pero non só se nos disparou a nosa imaxinación e creatividade... Tamén aprendemos moitas cousas: curiosidades das aves e paxaros, a apaixoante vida da aviadora Amelia Earthart, as incribles historias dos superheroes e superheroínas voadoras, o mundo da aviación, metereoloxía, astronomía, astroloxía... En fin, xa estou mareada de tantos coñecementos.! E por suposto, tamén nos dou por facer e construir: avións e helicópteros de papel, visores de estrelas, móbiles con astros de barro, paus de chuvia, compases caseiros... Como para ir poñer un posto a praza os días de mercado...! Mais agora que estamos ás portas do verán, toca descanso!, que ben merecido o temos todos e todas …! Propóñovos un cóktel con varios ingredientes: terra (deitadiños na area), auga (un baño refrescante no mar), e aire (sentir no corpo a brisa mariña). E deixemos o lume fóra...! E grazas, porque coa suma de todos os esforzos, poderemos seguir tocando o ceo...

2


3


ÍNDICE Proxecto: “Ollando o ceo voando coa imaxinación”

Biblioteca Concurso literario “Laxe das rodas” Celebracións: Samaín, Nadal, San Valentín, Dia do Libro, Xinkana Saídas

4


Durante este curso traballamos o tema “Ollando o ceo, voando coa imaxinación”, para a súa presentación realizamos diferentes actividades nas que participou todo o alumnado, desde Infantil a 6º. 

Danza tribal para invocar a chuvia

Mural con constelacións

Comedeiros para paxaros

Lectura a escuras

Realización de diferentes modelos de avións de papel Taller de expresión corporal

5


6


Ademais nos diferentes cursos se levaron a cabo diferentes investigaciรณns en equipo: ATA ONDE CHEGA O CEO???

7


POR QUE CAE NEVE DAS NUBES???

O aire ao quentarse E podemos cambiar os estados da auga , con calor ou frĂ­o.

ascende.

Que pensades de todo o que fixemos?

CICLO DA AUGA

8


AVES DA LAGOA

9


POR QUE VOAN OS PAXAROS E OS AVIÓNS???

PRINCIPIO DE BERNULLI

10


BIOGRAFÍA AMELIA EARHART

STONEHENGE

11


BIBLIOTECA Como todos os anos desde a a Biblioteca seguimos a organizar diferentes actividades de dinamización e animación á lectura convencidas do poder que a lectura ten para o bo desenvolvemento do noso alumnado: mochilas viaxeiras, clubs de lectura, contacontos, concursos… son algunhas das que vos mostramos a continuación.

12


MÉRCORES CULTURAIS

Club de Lectura coas familias

E ti como ves o ceo?

13


CLUB DE LECTURA Noraboa ás nosas lectoras: Lucía, Sara, Naira, Inés, Candela e Ana.

Visita dos compañeiros do CEIP de Carnota:

14


LECTURAS POLAS CLASES

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

15


CONTACONTOS NOS RECREOS

16


VISITA MARÍA CANOSA

17


CONCURSO LITERARIO

“LAXE DAS RODAS”

“UXÍA E A SUPERGARDA DA GALAXIA” Había unha vez unha rapaza chamada Uxía.

Un día cando se estaba deitando viu unha luz azul, acercouse máis e máis e viu a unha muller azul. Con valentía preguntoulle quen era e ela respondeu: -Son Amanda, a Garda da Galaxia, acabo de perderme e veño do planeta Saturno -Tranquila eu axudareiche– díxolle Uxía. As dúas xuntas esquivaron uns dragóns de sangue, meteoros e chegaron a Saturno onde Amanda fixo unha capa protectora para Uxía , para que non pasara frío. Uxía quedou alí 2 meses e aprendeu o idioma. Amanda converteu a Uxía en Garda da Galaxia e ela tamén se perdeu na terra … e esta historia repetiuse moitas veces!! Autora: Marta Formoso-1º

18


“A VOLTA AO MUNDO” Nun lugar chamado Nova Orleans un home chamado Agustín quería dar a volta ao mundo co seu gato Max nun globo aerostático. A Max gustáballe durmir. Non era un gato de carácter alegre que se diga… Era de cor negro e tiña os ollos azuis. Bueno sigamos contando. A súa viaxe comezaría o 22 de Abril de 2000. Por certo , estaban a 3 de abril e eran as 14:20, Max aínda estaba durmindo. Era capaz de durmir os 365 días do ano sen pararse a comer. Agustín foi a espertar o gato. Co mal carácter que tiña era capaz de rabuñarte toda a cara! Pasaron os días e chegou o 22 de abril, o señor Agustín levaba esperto desde as seis da mañá. -Agora si que me farei famoso, moito máis que: Charles Darwin, Willy Fogg, Mary Curie…

A SÚA VIAXE COMEZABA Xa despegaron a súa viaxe, cando o gato volveu a quedar durmido Pero non lle gustaban as alturas e espertou cun xenio do demo. Quería volver a casa . Non paraba de dar voltas. Pasaron as horas e chegaron ao Mar Mediterráneo. E o gato con tantas voltas que daba 19


caeu ao mar!! O señor Agustín non se decatara de que Max caera. PASARON OS DÍAS… Cheguei!!, din a volta ao mundo pero..Onde está Max? Agustín choraba e choraba.

NO MAR MEDITERRÁNEO.. As gaivotas que sobrevoaban o mar Tipi, Topi, Tupi e Sil, axudárono e levárono a Francia. Elas tiñan o niño na torre Eiffel. A Max non lle gustaba ser gaivota. PASARON OS ANOS…

O gato Max acostumouse e quería aprender a voar. As gaivotas intentaron facerlle unhas as de papel pero non o conseguiron. AO CABO DUN TEMPO… Foi Max a pasear cando se mirou no río e pensou: -Cando vou volver a ver a Agustín? E… viu a súa sombra. Mirou para atrás e non estaba. Pasaron os anos e o gato morreu e nunca o volveu ver. Autora: Clara Pérez Illesca-4º 20


“ESTRELAS A MOGOLLÓN” Había unha vez un neno chamado Pablo. Era alto e delgado. O que máis lle gustaba era ver as estrelas. Todas as noites collía o seu telescopio e poñíase a observalas. Vivía coa súa nai, chamada Teresa, en Louro. Teresa traballaba nunha froitería. Un día, o xefe de Teresa despediuna. Como non lle chegaban os cartos pensaron en ir a Madrid a vivir cos avós de Pablo. Para el sería un cambio moi grande: cambiar de casa, de colexio, de compañeiros… Pero ao que máis lle custaría habituarse sería a vivir nunha cidade. Fixeron as maletas e colleron un avión. Cando aterraron xa estaban os seus avós esperándoos. Saíron do aeroporto e cando veu a cidade pensou entristecido e para si: Que feo!!

21


Chegou a noite e Pablo colleu o seu telescopio como soía facer, disposto a contemplar as estrelas, pero non puido evitar soltar un berro: Que?, on hai estrelas!!!exclamou todo compunxido. Foi xunto a súa nai correndo e díxolle

-Mamá non hai estrelas!! -Pois non sei que pasa fillo, déixame durmir e mañá pregúntaslle ó teu avó!- dixo Teresa. Pola mañá espertou ás 12: 30 e foi correndo xunto ao seu avó -Avó, avó!!, por que non se ven as estrelas? -Aquí nunca se ven as estrelas pola contaminación lumínica.

O rapaz, ao escoitar iso, pensou en que podería facer para solucionar esta situación. Primeiro pensou en romper cunha pedra as farolas. Vestiuse de negro, colleu unhas cantas pedras do xar22


dín, foi á rúa e empezoulle a tirar pedras ás farolas. Correu á casa e colleu entusiasmado o telescopio. Seguía sen ver as estrelas!!! Logo probou con apagar as luces dos edificios. Entraba polo portal e baixaba os interruptores da luz. Volveu correndo a casa pero aínda non vía as estrelas. Eles xa se ían adaptando á nova vida: súa nai conseguiu un traballo no Eroski e Pablo xa fixo novos amigos. Un día díxolle á profe de Pablo, que ía haber un concurso de contos e o premio era unha viaxe a Portugal, a un pobo pequeno. O neno presentouse ao concurso e gañou. A súa maior ilusión era alí e poder volver a ver as estrelas. Acompañado da súa nai chegou ao destino marcado. 23


El quería ver as estrelas ao grande, así que pensou en subir a unha montaña para velas mellor. Cando chegou ao cume, ao ver as estrelas tan de cerca púxose contentísimo, estivo polo menos 3 horas. Cando xa ía de volta, baixando...Puf!!! Tropezou cunha pedra e caeu a rolos montaña abaixo, con tan mala sorte que tivo que ir ao hospital.

Xa un pouco recuperado dixo: -Antes de caer xa vira moitas estrelas e ao cacer volvín a velas, creo que aínda máis, así que por unha boa temporadiña non quero ver máis.

Autora:

Sara Figueiras Nieto-5º 24


25


26


NADAL Postal gañadora:

Zoe Pérez Illesca 1º de ED. Primaria

Postal gañadora: Iria Fernández Vigo ED. Infantil

27


Postal gañadora: Clara Pérez Illesca 4º de ED. Primaria

Postal gañadora: Inés Louro Noceda

6º de ED. Primaria

28


Que sería de San Valentín sen Cupido , deus do amor , neno con ás , arco e frechas, fillo de Venus, deusa do amor e Marte , deus da guerra.

Sara– ED. Infantil

Marta Fernández Vigo – 1º 29


Unha mañá no medio da xornada, Lúa (unha xoven azafata) viu un morcego precioso pola ventá e falou con el. -Ola morcego… Pero que tonta son!!! claro que non podes entender… Julia– 4º Dixo ela cansa e confusa. -Claro que podo! Chillou o morcego. -Pero… ti que dis? Se es un morcego pequeno...anano!!! Respondeu ela afirmándoo. -Ei, ei, ei...estasme chamando anano? Nin que saíra da fábrica de Papá Noel!!! -Bah, iso é unha tontería. Dixo ela. -Pero...pero...Dixo ela cas fazulas vermellas. -Pero...pero que!?!?Preguntou el con impaciencia. -Quero ser unha morcega!!! e VOAR ao teu carón… Respondeu mirando á ventá. -Bueno…é moi bonito, pero...NON podo ter unha moza coma ti!! Eu tampouco dixen tal cousa. -Xa, claro, e dis que queres estar ao meu carón, eu lisco de aquí. 30


A aquel astronauta que me volve tola: O outro día caeu do ceo unha estrela, aquela estrela eras ti. Ti, que vives nunha cápsula pechada orbitando ao redor da miña alma.

Por moitos Kilómetros que nos separen, eu seguirei amándote como cando che coñecín. Aquel bico prohibido que nunca che puiden dar. Como aquela estrela apagada que ninguén chorou por ela. Ámote, quérote, “I love you”. Soño que volves todas as noites: ata que Morfeo me arrebata o cariño que me falta por darche. O meu corazón voa sobre unha cometa agardándote. Non o entendes? Sen ti non son nada. Se ti eres un paxaro, eu son as ás. Se ti eres a casa, eu son o tellado. Eres a raiola de Sol que me ilumina todos os días. Pase o que pase, Ámote; atentamente Ana—6º

31


O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a proteción da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. O día 23 de abril foi elixido como «Día Internacional do Libro», pois supostamente coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na misma data no ano 1616 . Estes últimos anos realizamos unha actividade onde cada neno elixe un conto e llo ten que ler a un compañeiro doutro curso. Estamos convencidas de que a lectura é a mellor forma de facer voar a imaxinación do nenos/as.

32


33


—

34


—

35


AUUUUU, A LÚA CHEA SOBRE PARÍS….

36


—

37


—

38


—

39


SAÍDAS LAXE DAS RODAS

40


MUNCYT

41


42


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.