Día da poesía. Limericks

Page 1

LIMERICKS


O LIMERICK é un poema de 5 versos no que riman, por un lado, o 1º, 2º e 5º versos, e, polo outro, o 3º e outro, o 3º e o 4º versos. Estes últimos xeralmente son máis curtosaínda que Ademais siguen sempre unha mesma estrutura. En cada verso hai que poñer unha información determinada. Son poemas divertidos e incluso absurdos.

Tachán tachán, preséntovos ao chinche, que todo o consigue cun berrinche. Quero bacon con pan e de postre un pouquiño de flan!! Escapa chinche antes de que te linche! Mario Pillado, 6º


Coello vermello é un coello bailón, é superamable e xoguetón. Encántalle comer ata non poder máis e onte zampou xeados de máis. Todos a salvo, pode haber explosión!! Julia Rodríguez , 6º

Unha rapaza chamada Uxía ao borde da piscina comía sandía. Unha gaivota decide atacar e coa sandía logra escapar. Uxía, pataplaf, acaba na auga fría. Miriam Castiñeira, 6º


Estes eran un neto e un avó que estaban xogando ao “culó”. Atropellounos un camión por ir detrás do balón. Todo isto por xogar ao “culó”! Mateo Romero,6º

Vivía na vila Don Chopo, malvado, feo e cun ollo de topo. Mentres comía calamares nun gran restaurante chegou “pá” comelo o oso Sopo. Carme Figueiras, 6º


O destripador Ramón quería matar unha flor, pero cando ía collela picouno sen piedade unha abella. Que idea máis peregrina, Ramón. Miriam Castiñeira, 6º

Este era un típico ruso que estaba moi confuso. Sachou unha cafeteira traballando na súa leira. Pois si que estaba confuso este típico ruso!! Pablo Molinos,6º


Un agricultor chamado Aitor tiña roto o tractor. Como tiña que ir camiñando a súa barriga ía baixando. Ximnasio? Que mellor que unha avería de tractor!! Aarón Tubío, 6º

A miña veciña Mariquiña, ai que pequeniña! Ela xoga ao fútbol e tamén ao boleibol. GOOOOOL DE MARIQUIÑA!!! Leire Gallardo


Este é o can Xoán, grande, traveso e moi larpán. Comeu un montón de pans xeados quedándolle os dentes enganchados . Este Xoán é moi larpán!! Gabriel Suárez. 6º

Está e a historia do don Samueliño un gato vello preguiceiro e rabudiño. O don Samueliño de pequeno quedou rabelo para disimulalo, pon un caramelo. Que intelixente é don Samueliño!! Samuel León, 6º


A miña veciña Magdalena vivía lonxe, en Cartaxena. Estrellou o seu coche, un magnífico porche. Máis cuidado, señora Magdalena! Alba Gorgal,6º 6º

Había unha vez un español que se parecía a un caracol. Un día comeu unha sandía que lle repitiu ao cabo do día. Caramba para o español-caracol Iván Riomao, 6º


Meu avó Don Alfredo, con cara de dedo e patas de medo, matou un sapo pensando que era un pato. Ai, Alfredo, ías moi “pedo”!! LucasEspasandín, 6º

Un día coñecín á nena Catarina. Tiña moita arte para comer mandarinas, pero as mondas tiraba ao chan pisounas e… cataplán! Un pouco cochina a tal Catarina. Lucía Diaz, 6º


Este é o polbo reversible que sabe, ademais, facerse invisible. Pero a maxia lle fallou e unha balea o zampou. Ja, ja, onde está o polbo invencible? Ana Rey,6º

Onte o meu can Pachón Lambón comeu un enorme gambón. A miña avoa tan, tan cabreada converteuse nunha gran fada. Mecachis…, o meu prezado gambón! Ainhoa Morillo, 6º


Juan Carlos é unha salchicha superboa e ultradivertida. Mentras xoga ao parchis pégalle ben ao anís. Que festeira saiu a salchicha! Julia Rodríguez, 6º

Esta é unha singular árbore Que en vez de madeira ten mármore. Foi talada cunha machada De ouro, que non dourada. Non é boa idea… mármore nunha árbore! Pablo Molinos, 6º


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.