Música e publicidade de alimentos

Page 1

Música Marketing

Publicidade Melodía

Comunicación Emoción Musical

Jingle Sensorial Sensacións Sentimentos Recordo Cover

Música e publicidade de alimentos


Título da paleta: “Música e publicidade de alimentos”

Cursos: 5º e 6º de ED.Primaria

Área/a: Música

Descrición da paleta: A través da música na publicidade profundizaremos na análise de anuncios de televisión de alimentos así como na creación dos mesmos.

Contidos a desenvolver: -Elementos dun anuncio publicitario: música, imaxes, planos, cores, texto, estrutura narrativa.. -Funcións da música na publicidade e tipos. -Creación de anuncios -Programas básicos de edición de vídeos -Guión de análise

Contextualización: O presente proxecto lévase a cabo dentro dun proxecto anual que traballa a temática da alimentación polo que pretende enriquecer o coñecemento deste tema cunha achega máis a través dos anuncios publicitarios.

Contidos:

Criterios de Avaliación: -Utilizar textos en diferentes soportes para seleccionar e recoller información, ampliar coñecementos e aplicalos en traballos persoais. -Utilizar os medios audiovisuais para a gravación, sonorización e edición de imaxes. -Identificar os elementos fundamentais dos anuncios publicitarios e a súa función. -Distinguir as diferentes funcións e tipoloxía de música na publicidade. -Realizar un informe seguindo un guión para a análise de anuncios de televisión -Expresarse de forma oral e escrita para satisfacer necesidades de comunicación en distintas situacións.

Estándares de aprendizaxe avaliables:

-Utilización dos medios de comunicación e de internet para a busca de información, en soporte impreso e dixital. -Exploración das posibilidades sonoras e expresivas dos medios audiovisuais e tecnoloxías para comunicar. Creación de vídeo anuncios. -Identificación e valoración crítica dos anuncios publicitarios, e valores transmitidos .Función e tipoloxía de música nos anuncios publicitarios. -Realización de informes a partir dun guión onde organizamos a información. -Participación en situacións de comunicación espontáneas e dirixidas

Competencias : - Comunicación lingüística - Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía - Competencia dixital - Aprender a aprender - Competencias sociais e cívicas - Sentido de iniciativa e espírito emprendedor - Conciencia y expresións culturais

Intelixencias: -Intrapersonal -Interpersonal -Lingüística -Matemática -Visual -Corporal -Musical -Naturalista

-Consulta diferentes fontes bibliográficas e textos de soporte informático para obter datos e información para realizar traballos individuais ou en grupo

-Utiliza os medios audiovisuais e recursos informáticos para a gravación, sonorización e edición de imaxes. -Diferenza os distintos elementos do anuncio e a súa función. -Diferenza as función e tipos de música na publicidade. -Elabora un informe seguindo un guión establecido que supoña a procura, selección e organización da información. -Participa activamente e de forma construtiva nas tarefas de aula cooperando en situación de aprendizaxe compartida.


ACTIVIDADE INTRODUTORIA Comezamos cunha proposta: Pensamos nun anuncio onde publiciten un alimento e que saibamos cantar ou tararear a melodía dese anuncio. Entre outros saen:

“Imagina dar una oreo a un vampiro muy aterrador, a la chica no mordera y miedo ya no dara Imagina dar una oreo”

“Mercadona, Mercadona…”


A continuación levamos a cabo o visionado de tres anuncios: Anuncio 1:

“Cola Cao”, antigo anuncio coa versión radiofónica que lle deu fama. Cantamos a canción do anuncio que xa fora ensaida para clausurar o festival de Nadal deste curso. Anuncio 2:

“Hellmanns”, anuncio 1989. Despois de velo a 1ª vez pedimos que alguén se anime a cantar a canción do anuncio. Co 2º visionado pedimos que todos canten a canción. Acabamos de facer que non se lles olvide a marca e a canción para o resto das súas vidas. Anuncio 3:

“Coca- Cola” , último anuncio da marca presentado en Xaneiro de 2016. Despois de velo unha vez eles mesmos din: Pon este outra vez!! A continuación pedimos que manifesten as sensacións que lles quedan despois de ver este anuncio.


Con estes vídeos acabamos de vivenciar tres aspectos interesantes que aporta a música aos anuncios: • No anuncio do “Cola Cao” a música, coa letra da canción, serve para describir as cualidades do produto ademáis de ser un exemplo perfecto de “jingle”, canción creada expresamente para ese anuncio. • Co anuncio de “Hellmanns” comprobamos como a música reforza que nos lembremos do nome da marca da maionesa, que antes non coñecíamos. • Por último “Coca – Cola” válese dunha canción de plena actualidade que reforza as imaxes que saen, aumentando as sensacións que nos evocan as palabras escritas que van saíndo no anuncio.

Vemos o papel importante que xoga a música nos anuncios publicitarios de tv e teremos que averiguar que outros papeis ten, pero antes precisamos realizar unha serie de actividades para ir establecendo os elementos que entran en xogo nos anuncios de televisión que nos permitirán entender mellor a función da música e así lograr unha comprensión máis profunda.


ACTIVIDADE 1 Facemos unha “Tormenta de ideas” cos elementos que utilzamos na elaboración dun cartel publicitario.


Volvemos a ver o anuncio de Coca-Cola e ampliamos cos elementos que non estรกn presentes no cartel publicitario a tormenta de ideas anterior.


OS PLANOS Anuncio: “Actimel”. A por el día. Inspírate

Plano Enteiro

Plano Xeral

Plano Americano

Primeiro Plano

Plano Conxunto

Plano Medio

Plano Detalle


ANGULACIÓNS Anuncio: “Actimel”. A por el día. Inspírate

Picado

Contrapicado

Normal


Compara-Contrasta

Anuncio de TV de Coca-Cola

Cartel publicitario de Coca Cola


Facemos unha busca para investigar sobre as función e tipos de música na publicidade: Introducindo as palabras claves correctas accederemos a algunha destas direcións onde poden adquirir a información sobre as función e tipos de música na publicidade.

http://musicaenaula54.blogspot.com.es/2011/11/funciones-de-la-musica-en-la-publicidad.html http://www.mariajesusmusica.com/inicio/msica-y-publicidad-ejemplos-sobre-las-funciones-y-tipos-de-msica-enlos-anuncios-publicitarios


Organizamos a información para que sexa máis sinxelo identificar a función e o tipo de música:


Distribuimos o alumnado en grupos de catro e asignamos un anuncio a cada grupo que terĂĄ que analizar e presentar ante os compaĂąeiros .Os anucios que analizamos son:


Utilizamos esta plantilla para a anรกlise do anuncio, tendo en conta os aspectos que averiguamos que entran en xogo nos anuncios de TV


ANUNCIOS :


CREACIÓN DUN ANUNCIO DE TV O alumnado deberá participar na creación dun anuncio de televisión no que se publicite un alimento. Feita a proposta o alumnado decide utilizar teléfonos móbiles para a gravación pola súa dispoñibilidade. Debido á cantidade de elementos que deben ter en conta á hora de crear o anuncio o alumnado deberá acompañar o traballo final acompañado dunha folla de reflexión . TRABALLOS A ENTREGAR POR GRUPO • Compara – Contrasta • Análise do anuncio e exposición oral para explicar os distintos elementos ao resto do alumnado • Participación na gravación dun anuncio.


http://www.guiainfantil.com/uploads/ocio/cancionesfrancesas-p.jpg https://www.youtube.com/watch?v=bDwOMFGAT3k https://www.youtube.com/watch?v=KKM7wPi8z40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.