Iubilatio Raquel Casal.

Page 67

!

Begin the Beguine: As doas da Barbanza Mª José Bóveda Fernández

Coas ideas claras e o discurso ben espeso planteime no despacho de Raquel Casal para tentar convencela de que o máis lóxico do mundo era que me dirixira unha tese sobre arte megalítica. Non recordo o sermón exacto que soltei, pero supoño que sería unha pretensiosa sarta de incongruencias. O que si lembro é que me mirou con moita curiosidade e que non intentou disuadirme ou convencerme de que fixera algo que se adaptase máis á súa liña de investigación. Foi clara e concisa na súa negativa, e amablemente recitou a lista de profesores do departamento máis axeitados, segundo ela, para dirixir unha tese sobre túmulos. Mentres falabamos interesouse por min, que fixera, onde escavara, de onde lle viña esa teima co megalitismo a unha recén licenciada. A conversación fíxose máis distendida e ao cabo dun rato estabamos a falar dos enxovais megalíticos. Estrañoulle que non coñecera máis cousas sobre os obxectos de adorno. Pareceulle incrible que non soubera que en Galicia tamén había túmulos nos que apareceran obxectos de ouro. “Chatiña, necesitaba subir á biblioteca para coller uns libros, que che parece se de paso lle botas un ollo a esas pezas?” e creo, ese debeu de ser o primeiro dos seus miles de bos consellos. Como vai ser imposible explicar, sen caer en sensiblerías, o meu agradecemento, quero resumilo aquí homenaxeándoa cunha versión revisada do primeiro traballo que fixen baixo a súa dirección, unha comunicación ao VI Colóquio Galaico-Minhoto, Braga, 1994, que nunca chegou a publicarse. Posiblemente, o maior dos problemas que existen á hora de estudar a ourivería prehistórica no noroeste peninsular é a completa falta de contexto dunha grande parte da pezas e a existencia dun contexto imaxinado para boa parte das restantes. Esta falta de referentes creou

&'!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Iubilatio Raquel Casal. by David Fernández Abella - Issuu