Xornal Nº10 Información Obreira

Page 50

O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 50 OPINIÓN

DESMANTELAMENTO CULTURAL? por ZÉ PAREDES

Desde hai décadas as institucións internacionais promoven a idea da democracia cultural, definida como universalización do acceso aos bens culturais pero tamén como asignación dun papel activo aos públicos para que os cidadáns e cidadás sexan actores participantes da cultura e non simples receptores. A democracia cultural inclúe estas dúas dimensións que outorgan novo protagonismo á cidadanía cultural, situando as persoas na cerna da política e da cultura.

A democracia cultural é máis que democratización e superación das posicións elitistas ou endogámicas noutrora prevalentes no sector cultural, significa ademais promover unha apropiación igualitaria da cultura. A democracia cultural obedece así a unha concepción inclusiva que fai da cultura un ben común e accesible a toda a cidadanía e considera o público como protagonista da actividade cultural: os axentes da cultura son os creadores e profesionais da cultura, pero todos os cidadáns e cidadás, en

diferentes formas, desempeñan (ou deben desempeñar) un papel activo. Un dos obxectivos estratéxicos das políticas culturais de Galicia ha ser logo á implicación activa da cidadanía na vida cultural. Ademais de situar os cidadáns e cidadás como beneficiarios das accións públicas que deben ser tidos en conta nas definicións das políticas, hai que contar cos diferentes actores sociais como colaboradores necesarios nas estratexias de acceso á oferta cultural pública (actividades e servizos) e tamén propiciar a súa participación na definición e desenvolvemento da oferta cultural. Reflexión estratéxica sobre a cultura galega Consello da Cultura Galega

Toda cultura viva é a un tempo unha herdanza e unha proxección cara ao futuro, en permanente tensión con cada momento histórico. Cando unha cultura se singulariza, cando unha colectivi-


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.